Ir o contido principal

O reitor Juan Viaño presidiu a toma de posesión de Begoña Barreiro como decana da Facultade de ADE do Campus Terra

El rector Juan Viaño presidió la toma de posesión de Begoña Barreiro como decana de la Facultad de ADE
El rector Juan Viaño presidió la toma de posesión de Begoña Barreiro como decana de la Facultad de ADE
O reitor da USC, Juan Viaño Rey, presidiu este martes o acto de toma de posesión da profesora Begoña Barreiro Fernández como decana da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus...
Lugo

O reitor da USC, Juan Viaño Rey, presidiu este martes o acto de toma de posesión da profesora Begoña Barreiro Fernández como decana da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra, un cargo académico no que afronta o seu segundo mandato cun equipo renovado, integrado polos profesores Fernando Losada, en calidade de vice decano, e Pablo Durán Santomil, quen desenvolverá as funcións propias da secretaría académica do centro.

 

A cerimonia protocolaria na que a profesora Begoña Barreiro Fernández formalizou a súa toma de posesión como decana da Facultade de ADE do Campus Terra da USC foi un acto aberto ao público que congregou a unha nutrida representación de docentes e cargos académicos do Campus Terra. Os vicerreitores de Coordinación, Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico e Servizos Universitarios do campus de Lugo, Javier Bueno, Andrés Barreiro e Carme Silva, respectivamente, así como a secretaria Xeral da USC, Consuelo Ferreiro, tamén estiveron presentes no acto.

 

Os obxectivos programados pola decana electa para o centro universitario lugués cara aos próximos anos céntranse na posta en marcha dos distintos acordos e liñas de traballo recollidas xa no plano estratéxico aprobado polo centro, un documento de traballo que fai especial fincapé na xestión sustentable e eficaz dos recursos humanos e que sitúa o alumno e a súa formación como prioridade.

 

O deseño dunha oferta de titulacións adaptada ás necesidades da sociedade, a transparencia e eficacia da xestión, a relación da Facultade de ADE de Lugo con outros centros universitarios do Campus Terra da USC e tamén doutros campus, a transferencia efectiva de coñecemento á sociedade e a progresiva internacionalización do centro universitario lugués a través dunha maior proxección exterior da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, constitúen dous dos obxectivos fixados por Begoña Barreiro para o seu segundo mandato.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.