Ir o contido principal

Ovica recibe o XVII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural no Campus Terra

Ovica recibe el XVII Premio Aresa de Desarrollo Rural en el Campus Terra
Ovica recibe el XVII Premio Aresa de Desarrollo Rural en el Campus Terra
A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) recibiu este venres o XVII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado polo grupo empresarial Aresa e a USC, que nesta...
Lugo

A Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica) recibiu este venres o XVII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado polo grupo empresarial Aresa e a USC, que nesta súa décimo sétima edición fai fincapé no gran labor de Ovica á hora de loitar contra o despoboamento do rural, ademais de incidir no feito de que a produción de carne de ovino e de caprino desenvolvida polos criadores agromados en Ovica responde a un proceso que permite tanto o aproveitamento de recursos naturais como a conservación de espazos naturais.

 

A presidenta de Ovica, María do Carmen Fernández Carreira, foi a encargada de recoller o galardón, dotado con 10.000 euros en metálico e placa conmemorativa, no transcurso dunha cerimonia presidida polo reitor da USC, Juan Viaño, e o fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras. O profesor de Economía Agraria na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC Francisco Sineiro ofreceu nesta sesión o relatorio ‘O sector lácteo galego no mercado global’.

 

O xurado encargado de fallar o XVII Premio Aresa, integrado polo reitor da USC, Juan Viaño Rey; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o vicerreitor de Innovación e Transferencia do Campus de Excelencia de Córdoba, Enrique Quesada Morada; o conselleiro delegado de Calfensa, José Ramón Panete Fernández, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, tivo en conta na concesión deste premio os obxectivos e a inserción des Ovica no contexto gandeiro e forestal da rexión.

 

A actividade sostida de Ovica nun entorno de especial significado para Galicia, nun sector difícil como é a cría e explotación do gando ovino e caprino, a implicación da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia en proxectos e accións de I+D+i, constitúen algúns dos elementos valorados polo xurado do XVII Premio Aresa, que co seu fallo tamén recoñece o traballo de Ovica, “unha asociación que medrou confiando nos recursos da terra”, sinalou Viaño.

 

O reitor da USC remarcou a capacidade integradora de Ovica por reunir a 174 socios gandeiros, aos que garante unha excelente prestación de servizos especializados como a solicitude de axudas en común, apoio técnico e profesional, asesoramento, formación... Juan Viaño fixo especial fincapé no compromiso desta asociación coa innovación tecnolóxica, como o proban as súas colaboracións en proxectos de investigación co Campus Terra da USC e co Centro Tecnolóxico da Carne. Tamén destacou o labor de formación continua de Ovica coa organización de xornadas técnicas e co acollemento de estudantes universitarios para a realización de prácticas durante os seu estudos.

 

O voceiro de Ovica, Diego Fernández, Diego Fernández González, agradeceu a concesión  deste galardón, un recoñecemento que “fai posible que o noso sector sexa hoxe un pouco máis visible”. Fernández González lembrou aos 13 fundadores que en 1994 impulsaron a asociación como piares fundamentais de todo o camiño percorrido e adiantou algúns dos principais obxectivos polos que apostarán no futuro. Neste senso, sinalou “a necesidade de mellorar a formación das novas xeracións para obter cordeiros, cabritos e las da mellor calidade a través da creación dunha escola de pastores en Galicia e regulando a docencia para obter o carné profesional de esquilador de ovellas”. A aposta pola marca de produción e distribución Pastores de Galicia como elemento identificatio e dierencial no mercado como merecemos é outro dos retos, dixo.

 

Representantes da vida política, social e académica

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo; o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Álvaro Santos; o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; o secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; a secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, Raquel Arias; o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois; os senadores do PP por Lugo José Manuel Barreiro e Fernando Carlos Rodríguez, os deputados provinciais Sonsoles López Izquierdo e Lino Rodríguez Ónega, concelleiros e outros representantes políticos municipais.

 

A presidenta de El Progreso, Blanca García Montenegro; o presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José  Antonio Varela Agrelo; o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela López; os presidentes dos colexios de veterinarios e aparelladores, Ana María López e Antonio Javier Núñez; Blanca de Cora e Luis García Santalla, do Consello Social da USC, así como unha nutrida representación académica, na que estaban o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, ademais de decanos e directores de centros do campus de Lugo.

 

Traxectoria e premiados

O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural é un galardón cun recoñecido prestixio no sector e en cuxo palmarés figuran Novafrigsa (2000), o catedrático da USC Javier Guitián Rivera (2001), a Aula de Produtos Lácteos  da USC(2002), o exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea José Manuel Silva (2003), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa da Televisión de Galicia 'O Agro-Labranza' (2005), a DO Ribeira Sacra (2006), a queixería Casa Macán (2007), a Facultade de Veterinaria de Lugo (2008), Ingapan (2009), Acruga (2010), a SAT Monte de Trabada (2011), Champivil (2012), Alibós Galicia (2013), a DO Queixo San Simón da Costa (2014) e Agroamb (2015).

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.