Ir o contido principal

Última semana para participar na Olimpíada Solidaria de Estudo no Campus Terra da USC

Última semana para participar en la Olimpiada Solidaria de Estudio en el Campus Terra de la USC
Última semana para participar en la Olimpiada Solidaria de Estudio en el Campus Terra de la USC
A USC volve sumarse á Olimpíada Solidaria, unha campaña de sensibilización e solidariedade pola que por cada hora de estudo do alumnado contabilizada en bibliotecas dos campus de Santiago e Lugo as...
Lugo

A USC volve sumarse á Olimpíada Solidaria, unha campaña de sensibilización e solidariedade pola que por cada hora de estudo do alumnado contabilizada en bibliotecas dos campus de Santiago e Lugo as entidades colaboradoras desta iniciativa doarán un euro para o desenvolvemento de proxectos solidarios. Concretamente, no Campus Terra participan a Biblioteca Intercentros, así como as de Veterinaria e Formación do Profesorado.

 

A campaña creada pola ONGD Coopera e coordinada na USC polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) rematará o próximo 5 de decembro. As entidades patrocinadoras, entidades públicas o empresas privadas, serán quen acheguen os fondos necesarios para executar os proxectos, tendo en conta o número de horas contabilizadas nas universidades participantes.

 

Esta ano, as horas de estudo que se contabilicen en Galicia servirán para axudar a reconstruír tres escolas de Ecuador que quedaron destruídas a causa do terremoto do pasado mes de abril: o Centro de Formación Artesanal Ángela Rosa Cevallos e as escolas Elios Puertas e Sagrada Familia. As tres atópase na provincia de Manabí, unha das máis pobres de Ecuador.

 

Máis información no Xornal da USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.