Ir o contido principal

Un curso de verán tratará sobre ofimática en proxectos de enxeñaría

Un curso de verano tratará sobre ofimática en proyectos de ingeniería
Un curso de verano tratará sobre ofimática en proyectos de ingeniería
A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre ofimática en proxectos de enxeñaría entre os días 3 e 6 de xullo na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra. A matrícula pode...
Lugo

A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre ofimática en proxectos de enxeñaría entre os días 3 e 6 de xullo na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra. A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través desta páxina web ata o próximo 23 de xuño.

 

O curso, dirixido por Martín Barrasa Rioja, pretende dar a coñecer distintos programas e aplicacións informáticas de uso habitual no ámbito profesional dos proxectos de enxeñaría. Trátase de realizar unha primeira aproximación aos distintos software que adoitan utilizarse nas oficinas de proxectos.

 

O curso inclúe sesións sobre planificación e programación de proxectos, ferramentas para a presupostación, follas de cálculo, procesadores de textos, xestores bibliográficos, así como programas para a avaliación económica, financeira e ambiental de proxectos. O alumnado poderá aprender a manexar, por exemplo, Project Libre, diversas bases de datos, Microsoft Excel, Microsoft Word, Mendeley, Anepro, EIA09, CMaps Tools, MindMup, FreeMind e WBSTool.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.