Ir o contido principal

Un workshop sobre ingredientes e aditivos na industria leiteira e alimentaria cita en Veterinaria uns 100 participantes

Un workshop sobre ingredientes y aditivos en la industria láctea y alimentaria cita en Veterinaria unos 100 participantes
Un workshop sobre ingredientes y aditivos en la industria láctea y alimentaria cita en Veterinaria unos 100 participantes
A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC citou este xoves na Facultade de Veterinaria de Lugo arredor dun centenar de participantes na terceira edición do...
Lugo

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC citou este xoves na Facultade de Veterinaria de Lugo arredor dun centenar de participantes na terceira edición do Workshop sobre Ingredientes e Aditivos na Industria Leiteira e Alimentaria, un foro dirixido especialmente a responsables e técnicos dos departamentos de I+D+i, marketing, produción e calidade de empresas do sector leiteiro, en particular, e alimentario, nun contexto máis amplo, no marco do que se abordaron as novas tendencias que está a presentar o mercado na actualidade, así como os procesos de diversificación que está a experimentar a industria láctea e alimentaria.

 

Este foro de traballo, cuxas sesións programadas continuarán desenvolvéndose este venres, conta coa participación de compañías multinacionais como Chr. Hansen, DSM, IFF, Frulact, FMC, Beneo, GBI, Ceamsa, Biópolis, CPKelco, un amplo abano de empresas que presentan en Lugo as súas principais novidades nos aditivos e ingredientes empregados na formulación de alimentos a partir de experiencias e estudos xa desenvolvidos.

 

A multinacional Mintel e colaboradores do clúster luso de alimentación Portugal Foods presentan neste foro, cuxo programa está accesible en liña, as tendencias actuais dos consumidores, ao tempo que analizan as futuras demandas globais no ámbito da alimentación, o que servirá ás empresas para orientar futuras estratexias de comercialización dos seus produtos.

 

Outra das novidades deste workshop vén dada polo feito de que as persoas inscritas teñen a oportunidade de valorar por si mesmas as últimas propostas de ingredientes e aditivos. Para facilitar este test, a organización habilitou un espazo de presentación de produtos no que as empresas contan cunha área específica de exposición, cata de prototipos e produtos comerciais nas instalacións da  Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta), cuxas instalacións tamén foron obxecto de visita por parte dos congresistas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.