Ir o contido principal

Unha delegación da Universidade polaca de Cracovia visita o Campus Terra da USC

Una delegación de la Universidad polaca de Cracovia visita el Campus Terra de la USC
Una delegación de la Universidad polaca de Cracovia visita el Campus Terra de la USC
Anna Nowak, do Centro de Transferencia de Tecnoloxía da Universidade de Cracovia e Małgorzata Lalicka, da oficina de fondos estruturais da mesma institución, foron recibidas este mércores polo...
Lugo

Anna Nowak, do Centro de Transferencia de Tecnoloxía da Universidade de Cracovia e Małgorzata Lalicka, da oficina de fondos estruturais da mesma institución, foron recibidas este mércores polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, polo vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro Lois, e polo técnico de transferencia da USC, José Manuel Rebolo.

 

A través do programa Erasmus+, as técnicos da universidade de Cracovia aspiran a coñecer os sistemas de transferencia do Campus Terra da USC. Concretamente, o motivo da visita consiste en obter experiencia e coñecementos relevantes no eido da transferencia de tecnoloxía, desenvolvemento e xestión de proxectos internacionais.

 

Trala recepción na vicerreitoría de Coordinación, a delegación polaca visitou a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias, así como a empresa TasteLab, spin-off do Campus Terra da USC.

 

Este xoves 6 de xullo, está previsto que a delegación visite distintos grupos de investigación do Campus Terra, así como a Plataforma da Madeira Estrutural PEMADE.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.