Ir o contido principal

USC e Concello de Lugo acordan converter o espazo arqueolóxico da Domus do Mitreo nun museo con “nervio” universitario

USC y Concello de Lugo acuerdan convertir el espacio arqueológico de la Domus del Mitreo en un museo con “nervio” universitario
USC y Concello de Lugo acuerdan convertir el espacio arqueológico de la Domus del Mitreo en un museo con “nervio” universitario
O Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinaron este mércores, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, dous convenios de colaboración...
Lugo

O Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinaron este mércores, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, dous convenios de colaboración entre a institución municipal e a universitaria. Ao acto tamén asistiu o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro, e a vicerreitora de Servizos Universitarios, Carme Silva.

 

Trátase, por unha banda, dun convenio para que a USC se faga cargo en solitario da xestión do museo da Domus do Mitreo, ubicado no Vicerreitorado, con vistas a transformalo no Museo Universitario Domus do Mitreo, e coa finalidade de que este se converta nunha potente infraestrutura de apoio á docencia e á investigación, dotada ademais dunha dimensión divulgativa; e dun segundo convenio marco, para o estudo, difusión e valorización do patrimonio cultural lucense, que se poderá materializar en outros convenios específicos de colaboración. Ambos os dous teñen unha duración de catro anos, podendo renovarse de común acordo por igual período.

 

O Reitor enxalzou o obxectivo de cada un dos convenios, por un lado poñer a Domus do Mitreo como museo a disposición da sociedade luguesa, e por outro relanzar actividades científicas e pedagóxicas do Centro de Estudos, propio da USC, principalmente co Concello de Lugo, ambos os dous co obxecto de inculcar "nervio universitario", á cidade. Para rematar, agradeceu a disposición do Concello para materializar estes dous acordos.

 

"A entidade beneficiaria da sinatura destes convenios é a cidadanía de Lugo e con estes acordos gaña a cultura", asegurou na traxectoria do acto a Alcaldesa, quen enmarcou este acto de firma nunha "colaboración do público-público, capaz de crear sinerxías positivas que redunden beneficiosamente no marco de actuación das dúas institucións e da cidade de Lugo", e máis aínda no ano 2018, ano Europeo do Patrimonio Cultural.

 

Ambos os dous convenios propician a realización de actividades de interese común e a utilidade pública de dous espazos, que constitúen un importante recurso, non só dende o punto de vista educativo e divulgativo, senón tamén cultural e turístico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.