Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS. Neste curso abordarase a situación do alumando que se atopa desenvolvendo un doutoramento con perspectiva de xénero, ofrendo ferramentas e estratexias para o afrontamento e a resolución dos distintos pasos do proceso investigador, desde un marco teórico-práctico feminista. así, revisaranse os diferentes casos de teses que incorporen a devandita perspectiva, acompañando as dificultades propias deste tránsito académico, incidindo nas particularidades dun doutoramento con perspectiva de xénero. Neste senso, abordaranse os posibles problemas que poidan presentar os distintos traballos, as dificultades e preocupacións do alumnado, na busca de solucións potenciais; descubrindo e analizando alternativas con respecto á inclusión de ideas, mais, tamén, no relativo á expresión con linguaxe inclusiva, tanto na fase de redacción como de cara á súa defensa. Fomentarase a (auto- e co-)avaliación dos diferentes proxectos e propostas -re-situando os traballos desde a singularidade de cada caso- recoñecendo e poñendo en valor a importancia das súas contribucións en prol do desenvolvemento dun coñecemento, dunha ciencia, máis relevante para a sociedade.
Localización
Santiago
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 10
Total: 10
Matrícula na actividade
03/04/2025 - 10/04/2025
Desenvolvemento da actividade
22/04/2025 - 30/04/2025
Profesor/a
Jorge Garcia Marin
Profesor/a
Aixa Permuy Martinez
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
Doutorarse con perspectiva de xénero | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | martes 22, mércores 23, martes 29 e mércores 30 de abril de 2025 | 11:00 - 13.30 h |
- Capacidade para a definición e análise das particularidades, problemáticas e preocupacións que atravesan un doutoramento con perspectiva de xénero.
- Estratexias e ferramentas para o afrontamento e a resolución de dificultades e/ou problemas.
- Desenvolvemento en contextos con pouca información específica.
- Integración de coñecementos, defensa e crítica de ideas.
- Deseño, creación e desenvolvemento de alternativas expresivas e comunicativas.
- Traballo reflexivo -autónomo e cooperativo-.
- O desenvolvemento dunha tese de doutoramento con perspectiva de xénero:
- particularidades, problemáticas e preocupacións
- Formulación da investigación: cuestións sensibles ao sexo-xénero
- corpos incluídos e corpos descartados
- normas ou relacións reforzadas ou transformadas
- oportunidades creadas e oportunidades perdidas
- Estratexias e ferramentas para o afrontamento e a resolución de problemas no marco dunha tese de doutoramento con perspectiva de xénero.
- Elaboración dunha tese con perspectiva de xénero: inclusión de ideas, linguaxes e formatos.
- A presentación e exposición pública dunha tese con perspectiva de xénero
Jorge García Marín https://investigacion.usc.gal/investigadores/59087/detalle?lang=gl
Aixa Permuy https://investigacion.usc.gal/investigadores/105523/detalle