Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS de Ciencias e Enxeñerías. Motivación do curso Ao longo da vida profesional dun investigador, un científico ou un empregado con formación en ciencias, o contacto con patentes será continuado. Como investigador, as patentes son unha fonte de información moi valiosa e é esperable que un investigador utilice os documentos de patentes coa mesma soltura que utiliza a literatura científica, e poida localizar a información que necesita sen perderse no contido do documento completo. Como empregado, o coñecemento de patentes pode supoñer nalgúns casos unha diferenciación ventaxosa no posto de traballo. E en calquera caso, coñecer o sistema de patentes é fundamental para comprender a estratexia empresarial e os obxectivos propostos pola empresa. Como profesional con formación científica, as patentes poden ser o centro da súa carreira profesional, como axente de patentes, examinador ou mesmo no departamento de propiedade industrial dunha empresa. Metodoloxía Clases expositivas en castelán nas que se empregarán exemplos para a mellor comprensión dos conceptos. Os contidos do curso están basados na práctica europea, comentando aquelas particularidades da lexislación española que sexan de aplicación. Os contidos de cada sesión enviaranse sempre con antelación para o mellor aproveitamento (en inglés ou castelán según demanda do alumno/a). Proporcionaranse exercicios en inglés e faranse exercicios en grupo para poñer en práctica os coñecementos adquiridos. Traballo persoal final no que o alumno/a reflectirá os coñecementos e habilidades adquiridas
Localización
Santiago
Modalidade
Presencial
Duración
Horas presenciais: 12
Horas de traballo: 8
Total: 20
Matrícula na actividade
13/03/2025 - 20/03/2025
Desenvolvemento da actividade
27/03/2025 - 15/05/2025
Profesor/a
Susana Torrente Vilasanchez
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
As patentes como elemento de valor estratéxico: Ciencias e Enxeñarías | Aula de formación da EDIUS, Edificio CEA, Parque de Vista Alegre | 27 de marzo, 3, 10 e 24 de abril e 8 e 15 de maio de 2025 | de 9:30 a 11:30h |
- Curso práctico no que os alumnos aprenderán a manexar os documentos de patentes, extraer a información relevante e analizala. Comprenderán as estratexias de protección, o proceso de solicitude dunha patente e o proceso completo da vida dunha patente. Comprenderán os fundamentos do sistema de patentes e como inflúe na estratexia empresarial. Complementado cos procesos de valorización e transferencia de tecnoloxía.
- Os exemplos de patentes que manexarán neste curso serán, entre outros, familias de patentes relacionadas coa química, novos materiais, principios activos, formulacións farmacéuticas, nanotecnoloxía, aparatos, procesos e invencións implementadas por ordenador.
I.- Información xeral
Propiedade Intelectual e Industrial.
O sistema de patentes
Estratexias de protección
II.- As patentes
Requerimentos de patentabilidade.
Cómo ler unha patente: apartados e comprensión dos contidos. Comprensión do Informe do estado da técnica.
Búsqueda de patentes en bases de datos públicas.
III.- Coñecementos específicos
Protección de compostos químicos: a fórmula de Markush
A protección do software
Conceptos avanzados de novidade e actividade inventiva
IV.- A valorización dos resultados de investigación e a transferencia de tecnoloxía
Susana Torrente Vilasánchez Doutora en Química Orgánica, Registered Technology Transfer Professional e parcialmente cualificada para exercer como axente europeo de patentes (European Qualifying Examination).
Iniciou a súa formación en materia de propiedade industrial e intelectual no 2001 e nun primeiro momento a puxo en práctica na industria químico-farmacéutica (Gadea Pharmaceutical Group, Valladolid). Dende 2007, é Técnica Superior de Xestión na Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela. A súa labor comprende a protección, valorización e transferencia das invencións químicas, farmacéuticas e nanotecnolóxicas da USC.