Dirixido a estudantes da EDIUS.
Localización
ONLINE
Modalidade
Telemática
Duración
Horas presenciais: 12
Total: 12
Matrícula na actividade
30/10/2024 - 06/11/2024
Desenvolvemento da actividade
13/11/2024 - 22/11/2024
Profesor/a externo/a
Emilio Ángel Abad Vidal
Grupo | Lugar | Datas | Horario |
---|---|---|---|
Tecnoloxías de análise de información xeo-espacial para investigación | Actividade Online, utilizando MSTeams | 13, 14, 18, 20 e 22 de novembro de 2024 | 13, 14, 18 e 20 de novembro de 2024 de 9 a 11 horas; e 22 de novembro de 9 a 11 horas e 11:30 a 13:30. |
O alumno aprenderá a:
- Os principios teóricos para poder adaptar os datos de investigación á información xeográfica e ser tratadas con software que a manexa.
- Manexo das ferramentas dun software que usa datos xeo-espaciais para crealos, editalos, analizalos e presentar resultados.
- Atopar recursos cartográficos que podan ser útiles para a súa investigación.
- Aplicar os coñecementos adquiridos no curso á súa investigación.
As sesións serán: 13 y 15 de novembro de 2024 de 9 a 11 horas; 18 e 20 de novembro de 9 a 11 horas e 22 de novembro de 9 a 11 horas e 11:30 a 13:30.
Modelado, tratamento e adaptación da información xeo-espacial de investigación aos sistemas de información xeográfica. Fundamentos das tecnoloxías xeo-espaciais. Conceptos básicos. Ferramentas software. Conceptos e manexo SIX.
1.- Introdución a conceptos e teoría da Información Xeográfica. Os datos xeo-espaciais nos permiten modelar a realidade, executar análises e obter resultados que nos axudan a tomar decisións. Prestarase especial atención aos conceptos de modelos de datos, ráster e vectorial; formatos de arquivo, shapefile, DGN, GPX, TIFF, ECW, servizos de información xeográfica WMS, WFS, WCS …, ademais de bases de datos espaciais, baseadas en arquivos Ao mesmo tempo, deterémonos tamén nunha explicación completa para a comprensión e manexo das proxeccións xeográficas, e a súa importancia á hora de traballar con SIG.
2.- Recursos software de SIX de escritorio. Farase un percorrido polas diferentes opcións de programas de software libre que manexan información xeográfica. Existe un amplo abanico de opcións de software, pero no curso utilizaremos fundamentalmente QGIS como aplicación de escritorio. No curso instaremos a aplicación e aprenderemos como poder configuralo segundo as necesidades que teñamos para traballar con datos xeográficos; sen esquecer que QGIS baséase nun software principal, pero que á súa vez utiliza unha serie de librerías xeográficas que lle permiten ter unha gran robustez e capacidade de análise
3.- Organización dos datos para realizar un proxecto con xeo-datos. Sen os datos non podemos utilizar un SIX. As aplicacións poden ter máis ou menos funcionalidades, pero sen os datos, os SIX non serven de nada. No curso verás como poder crear os teus propios datos, modelando a información e editándoa. Ademais, veremos como acceder ás numerosas fontes de datos que poñen á nosa disposición as Infraestruturas de Datos Espaciais (IDE). As IDE facilitarannos o acceso ás fontes de información, tanto para a descarga de cartografía, como a diferentes tipos de servizos de acceso á información xeográfica.
4.- Presentación de resultados. O obxectivo dos SIX non é facer mapas, senón realizar análises. De todos os xeitos, en moitos casos o resultado final pode ser un mapa. Dese xeito, no curso verase como xerar cartografía con QGIS, tanto mapas individuais como coleccións de mapas a través da creación dun atlas.
Emilio-Ángel Abad Vidal
Licenciado en Xeografía e Historia coas especialidades de Xeografía Aplicada e Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela , e doutor en Historia, Xeografía e Historia da Arte pola mesma universidade.
Traballa como técnico superior en sistemas de información xeográfica no Centro de Supercomputación de Galicia e como analista en sistemas de información xeográfica aplicados a análises territoriais para diferentes empresas e institucións. As temáticas nas que desenvolve unha especial actividade, son aquelas que fan referencia a aplicación dos SIX en historia e arqueoloxía, así como en diferentes problemáticas espaciais en ordenación e medio ambiente.