A Escola conta para a docencia con:
- Aula 1. Capacidade: 120 postos
- Aula 2. Capacidade:110 postos
- Aula 3. Capacidade 110 postos
- Aula 4. Capacidade: 60 postos
- Aula 5. Capacidade: 40 postos
- Un seminario. Capacidade: 42
- Unha aula de informática con 20 postos.
- Dúas salas para titorías.
Cada aula está dotada cun ordenador, con conexión á rede, canón e retroproxector, e os seminarios dispoñen de ordenador con conexión á rede e canón.
A biblioteca da EUTS dispón de 32 postos na sala de consulta.
O resto dos espazos dispoñibles destínanse a despachos de profesorado, dirección, secretaría, administración e sala de xuntas.
Os representantes do alumnado dispoñen de arquivo e caixa de correo propio de acceso exclusivo. En función das súas necesidades e interese, os representantes do alumnado poden dispoñer, previa solicitude á dirección da Escola, de espazos para o seu uso.