A Memoria do Plan de estudios do Grao en Traballo Social establece que é requisito indispensable para matricularse no Prácticum ter superados 150 créditos básicos e obrigatorios, entre eles todos os da primeira metade da titulación.
Recoméndase, ademais, que se teñan cursadas as seguintes materias:
- Servizos sociais especializados
- Traballo social con individuos e familias
- Soportes documentais e xestión da información en Traballo Social
- Deseño e avaliación de proxectos de intervención social
- Medidas de protección social
- Xestión e planificación de servizos sociais
- Xestión de organizacións
A Lei 26/2015 establece a obrigación de que se acheguen certificados negativos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais para todos os/as profesionais e voluntarios/as que traballan en contacto habitual con menores.
Os/as estudantes que pretendan matricularse en materias de prácticas en contacto con menores deberá achegar o certificado negativo xunto coa solicitude de centro de prácticas.
O alumnado que non cumpra o requisito non poderá realizar as prácticas.
Todo o alumnado da EUTS matriculado no Prácticum debe entregar copia do certificado no centro.
Para solicitar o certificado de delitos de natureza sexual é necesario estar rexistrado no sistema CL@VE (sistema específico de xestión de certificaciones do ministerio de Xustiza) ou disponer dun dos 2 distintos certificados electrónicos da plataforma @firma que son:
-
Certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT)
-
DNI-e (Documento Nacional de Identidade electrónico)
Hai que tramitalo nesta ligazón do ministerio de Xustiza.
Se non se dispón destes certificados, pode realizarse a solicitude a través de internet e posteriormente acudir a algunha das dependencias da Rede de Oficinas de Rexistro CL@VE na Axencia Tributaria, na oficina da Seguridade Social, no Servizo Público de Emprego ou na Delegación do Goberno.