Ir o contido principal

Mobilidade

A Escola Universitaria de Traballo Social participa nos programas de mobilidade da USC apoiando a saída dos estudantes propios e acollendo a estudantes externos (nacionais e internacionais).

O noso estudantado pode cursar parte dos seus estudos noutras universidades nacionais (SICUE) ou doutros países (Erasmus+, Erasmus Prácticas, Convenios bilaterais...).

O Servizo de Relacións Internacionais da USC coordina, centraliza e xestiona as actividades relacionadas cos programas internacionais de mobilidade de estudantes, PAS e profesores.

Hai que estar matriculado/a na USC en estudos oficiais de grao cun mínimo de 30 créditos e ter superados un mínimo de 45 créditos.

Destinos

Universidade de destino Prazas Meses
Alacante 2 5
Barcelona 2 9
Castela-A Mancha (Cuenca) 1 9
Complutense de Madrid 3 9
Girona 2 5
Girona 2 9
Huelva 2 9
Illes Balears (Palma de Mallorca) 2 9
A Rioxa 1 9
Málaga 1 9
Navarra (só no 1º semestre) 2 5
Pablo de Olavide (Sevilla) 2 9
Salamanca 2 9
Valladolid 3 9
Zaragoza 1 9
Universidade de destino Estado Prazas Meses Idioma
Hoschule de Neubrandenburg
Universidade de Ciencias Aplicadas
Alemaña 2 5 Aleman B1
Universidade de Coimbra Portugal 2 9 Portugués A2 e B1
Instituto Superior Miguel Torga-Coimbra Portugal 2 9 Portugués B1
Universidade de Tras os Montes e Alto Douro Portugal 3 5 Portugués B1
Universidade de Oporto: Cooperativa de Ensino Superior de Serviço Social Portugal 2 9 Portugués B1
Universitá per Stranieri "Dante Alighieri" - Reggio-Calabria Italia 2 5 Italiano B1

A Universidade de Santiago de Compostela participa en Erasmus+ International Credit Mobility (ICM) na Acción Chave 1 - KA107 dende 2016 (cambiando de nomenclatura por KA171, desde o Curso Académico 2022-23) con institucións socias en varios países, segundo o Plan Estratéxico de Internacionalización.

Erasmus+ ICM ofrece oportunidades de estudo para alumnos a través de intercambios con institucións socias fóra da Unión Europea. A través deste programa, o alumnado de grao pode realizar un intercambio dun semestre e obter créditos ECTS

A USC convoca cada curso académico, prazas de mobilidade para realizar estudios en diversas universidades de países extracomunitarios.

As prazas son para países de América Latina, Europa do Leste e Asia, Suíza, Estados Unidos, Canadá e Australia, nas Universidades coas que a USC ten formalizado convenios de intercambio bilateral de estudantes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.02.2024.