O requisito para poder participar no programa é ter superados, como mínimo, 60 créditos.
O primeiro curso é teórico e nel dáse información completa sobre á USC e fórmase aos participantes en técnicas necesarias para poder orientar ao estudantado de novo ingreso.
No segundo curso, o alumno ou alumna titor dará acollida ao estudantado de novo ingreso, exercendo de titor durante todo o ano académico, colaborará na difusión da USC nos centros de ensino media de Galicia, nas visitas guiadas que o alumnado de secundaria realiza á USC e noutras actividades relacionadas co ensino medio que serán encomendadas polo centro ou polos coordinadores do Programa A Ponte.
Poden acollerse ao apoio titorial extraordinario:
- Alumnos/as que teñan pendentes de superación, para rematar os estudos do Grao, un máximo de 18 créditos ou tres materias (exclúese do cómputo o Traballo de fin de grao e o Prácticum).
- Alumnos/as que teñan esgotadas 2 convocatorias, cando menos, en cada unha das materias para as que solicite o apoio.