Ir o contido principal

TFG

Os Graos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao (TFG) que debe realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFG consiste na elaboración dun traballo orixinal no que se acrediten os coñecementos, competencias e destrezas adquiridas durante os estudos das titulacións de grao. Comprenderá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, selección, tratamento e elaboración de información, e presentación e defensa pública. É un traballo final onde se deben reflectir as competencias adquiridas na titulación e, ao mesmo tempo, unha ponte cara á práctica profesional.

Para poder matricularse do Traballo de fin de grao o alumnado deberá superar 150 créditos de formación básica e obrigatoria. No momento de presentación do traballo deberá ter superados 234 créditos.

Para poder matricularse do Traballo de fin de grao o alumnado deberá superar 150 créditos de formación básica e obrigatoria. No momento de presentación do traballo deberá ter superados 234 créditos.

O Traballo de fin de grao articúlase como unha materia anual no último curso cunha distribución en 3 créditos no 7.º cuadrimestre e 6 no 8.º. A súa programación anual permitirá, por unha banda, diferencialo do Prácticum, e, por outra, facilitar ao alumno o tempo necesario para planificar, desenvolver e integrar as competencias adquiridas ao longo da formación de Grao.

Para ser admitido no Traballo de fin de grao será requisito ter superados polo menos 150 créditos dos tres primeiros cursos do Grao.

O Traballo de fin de grao articúlase como unha materia anual no último curso cunha distribución en 3 créditos no 7.º cuadrimestre e 6 no 8.º. A súa programación anual permitirá, por unha banda, diferencialo do Prácticum, e, por outra, facilitarlle ao alumno o tempo necesario para planificar, desenvolver e integrar as competencias adquiridas ao longo da formación do grao.

Para ser admitido no Traballo de fin de grao será requisito ter superados polo menos 150 créditos dos tres primeiros cursos do Grao.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.07.2024.