Habilitaranse aulas de estudo para os exames do primeiro período académico
Peche de Nadal da Facultade de Ciencias e Políticas Sociais
A Facultade de Ciencias Políticas permanecerá pechada durante a semana entre os días 26 e 1 de xaneiro, ademais do día de Noiteboa, que non é hábil na USC, de acordo coa política de racionalización de gasto e redución da pegada de carbono. O día 3 reabrirá as portas.

Aulas de Estudo
Así mesmo, por petición da representación estudantil, as aulas 0.1 e 0.2 estarán abertas entre o día 3 e o día 25 para os estudantes do Grao en Ciencias Políticas e da Administración, para facilitar a preparación dos exames do primeiro período académico. Esta disponibilidade está condicionada á celebración de exames, polo que os días 11 e 21 non se poderán usar.