Eficacia das técnicas de realidade virtual para o tratamento da dor crónica
Autoría
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
A.C.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
A dor crónica afecta á calidade de vida de quen o padece, non só polas limitacións asociadas á dor e síntomas comórbidos, senón tamén porque afecta as relacións sociais e a situación laboral. Existen numerosas formas de tratamento, pero ultimamente está en auxe a realidade virtual (RV), pois proporciona a capacidade de recrear experiencias de dor máis facilmente, ademais dun factor de distracción que axuda ao paciente para afrontar mellor a situación de dor. Esta revisión sitemática céntrase en analizar a eficacia das técnicas de RV para tratar a dor crónica. Para iso, realizouse unha búsqueda nas bases de datos PsychInfo e PubMed, coa que se seleccionaron 10 artigos seguindo os criterios de inclusión e exclusión establecidos. O traballo realizouse seguindo a metodoloxía PRISMA, e o risco de sesgo dos estudos realizouse utilizando a ferramenta Cochrane para ensaios aleatorizados. A maioría dos resultados obtidos mostraron que, en xeral, e a pesar da heteroxeneidade dos procedementos empregados, a RV é eficaz para tratar a dor crónica, ao conseguir unha redución da intensidade da dor dos participantes. A condición de dor crónica cos mellores resultados foi a dor lumbar, mentres que, para a fibromialxia, a RV non resultou efectiva. A evidencia obtida é robusta posto que o risco de sesgo dos estudos foi baixo, fóra da condición de cego, difícil de conseguir dada a natureza da intervención. En conclusión, a RV parece eficaz para tratar a dor crónica. Con todo, sería importante para futuras investigacións contar cun procedemento estandarizado que permitise obter conclusións máis xeneralizables e comparables entre traballos.

Dirección
Carrillo De la Peña, María Teresa (Titoría)

Tribunal
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)

Intervencións para previr o uso abusivo da internet en adolescentes
Autoría
T.C.A.
Grao en Psicoloxía
T.C.A.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
O uso abusivo da internet aumentou significativamente en poboación adolescente, dando lugar a preocupacións sobre as súas repercusións. Ante esta situación, nace a necesidade de poñer en práctica programas preventivos que aborden este problema de maneira temperá. O obxectivo deste traballo é analizar a existencia de programas deseñados para previr a adicción a Internet en adolescentes e solicitar información sobre a súa efectividade. Con este propósito realizouse unha revisión sistemática en tres bases de datos, identificando novar artigos que cumprían os criterios de inclusión e exclusión definidas. De acordo cos resultados obtidos, a maioría dos estudos revisados indican que os programas preventivos son efectivos para reducir o mal uso, abuso ou adicción a Internet en adolescentes, xa que oito dos nove programas revisados achegaron resultados positivos. Así mesmo, varios destes estudos incorporan variables adicionais como: habilidades sociais, saúde mental, motivación académica e autorregulación, revelando igualmente efectos positivos nestes ámbitos. Por tanto, conclúese que é posible a abordaxe preventiva deste fenómeno e que os programas preventivos implementados ata o momento son útiles para previr o desenvolvemento da adicción a Internet en adolescentes.

CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
CUTRIN MOSTEIRO, OLALLA (Titoría)
Tribunal
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
Efectos do cannabis na memoria e na atención de consumidores novos
Autoría
I.C.C.
Grao en Psicoloxía
I.C.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
Introdución: O cannabis é a droga máis consumida polos adolescentes en España. Un inicio temperá do seu consumo produce cambios na estrutura e no desenvolvemento do cerebro, que non completou todavía a súa maduración, polo que a adolescencia é un período especialmente vulnerable. Obxectivo: Identificar e describir os efectos do consumo de cannabis nas funcións cognitivas de atención e memoria nunha poboación de adolescentes e adultos xóvenes. Método: Levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura durante os meses de novembro e decembro de 2024. Definíronse os criterios de elexibilidade e os termos de busca, a cal foi feita nas bases de datos Web of Science, Dialnet, PubMed e Cochrane. Realizouse unha selección de 8 estudos para incluir na revisión. Resultados: Tanto a memoria como a atención se viron perxudicadas por un consumo de cannabis na adolescencia. Encontrouse peor rendimento en memoria episódica, memoria verbal, atención selectiva e atención sostida. Porén, o sistema de alerta pareceu mellorar co consumo, así como a velocidade de procesamento. Tras un período de abstinencia, o cerebro adolescente pode ser capaz de recuperar as funcións de memoria, pero a atención podería requerir de máis tempo. Conclusións: Precísanse máis estudos lonxitudinais que investiguen o funcionamento do cerebro baixo o efecto do cannabis ao longo do tempo, e tamén máis información sobre os seus efectos aillados do consumo do alcohol e tabaco, drogas consumidas frecuentemente co cannabis.

Cadaveira Mahía, Fernando (Titoría)
Cadaveira Mahía, Fernando (Titoría)
Tribunal
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
A Tarefa do Stroop Emocional e os Veteranos de Guerra
Autoría
N.Q.G.
Grao en Psicoloxía
N.Q.G.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
O Trastorno por Estrés Postraumático é unha patoloxía intensa e persistente, que se asocia tanto a síntomas físicos como a un alto nivel de comorbilidad con outros trastornos, como a depresión, a ansiedade e o abuso de substancias. Unha das poboacións máis prexudicadas son os veteranos de guerra, quenes adoitan verse afectados debido á exposición prolongada a eventos traumáticos e ameazas constantes á súa integridade física. A Tarefa do Stroop Emocional é unha proba que avalía o impacto de estímulos emocionais, como palabras relacionadas con situacións de ameaza ou traumáticas, nos procesos de atención selectiva e control cognitivo. O obxectivo é nomear a cor no que están escritas as palabras, e obsérvase un maior tempo de resposta naquelas emocionalmente relevantes para a persoa. O propósito deste traballo é analizar as diferenzas que se perciben entre veteranos de guerra con Trastorno por Estrés Postraumático e aqueles que non o padecen na execución da tarefa. Para iso realizouse unha revisión da literatura e seleccionáronse un total de 10 artigos para profundar no tema. Os resultados principais indican que os veteranos de guerra con Trastorno por Estrés Postraumático presentan maior lentitude ao nomear a cor das palabras relacionadas co combate, en comparación con outras categorías de palabras e co grupo control. A pesar das diferenzas metodolóxicas entre os estudos revisados, os resultados mostran consistencia, evidenciando un rumbo atencional nestas persoas cara a estímulos de carácter ameazante.

Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titoría)
Álvarez Cruz, Antonio Alfonso (Titoría)
Tribunal
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
PONTE FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
Rodríguez Holguín, Socorro (Secretario/a)
Castro Bolaño, Maria Cristina (Vogal)
Retorno ao Traballo tras Ausencia por Trastornos Mentais Comúns. Unha Revisión Bibliográfica dende a Perspectiva do Empregado.
Autoría
M.L.A.B.
Grao en Psicoloxía
M.L.A.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
Os trastornos mentais comúns representan unha das principais causas de ausentismo laboral, cun impacto significativo tanto para os traballadores como para as organizacións. Precisamente, o retorno ao traballo despois dun trastorno mental común é un proceso complexo que require un enfoque integral para garantir unha reincorporación sostible. Neste sentido, o obxectivo principal deste traballo foi revisar a evidencia científica dispoñible sobre o retorno ao traballo tras ausencia por trastornos mentais comúns, centrándose na perspectiva do traballador. Para iso, realizouse unha procura sistemática de estudos primarios nas principais bases de datos no campo da Psicoloxía da Saúde Ocupacional entre 2010 e outubro de 2024. Extraeuse información sobre as principais barreiras e facilitadores para unha reincorporación ao traballo sostible. Os resultados revelan que, segundo os traballadores, o proceso de retorno ao traballo implica unha interacción complexa entre barreiras (p. ex., a falta de adaptacións adecuadas ou o estigma asociado ás condicións de saúde mental) e facilitadores (p. ex., o apoio social por parte de supervisores e compañeiros) que inflúen nas experiencias dos traballadores ao longo das diferentes fases da reintegración. Como conclusión, sublíñase a importancia de adoptar un enfoque holístico que contemple tanto os factores laborais como os persoais, co fin de proporcionar un apoio efectivo aos traballadores con trastornos mentais comúns, facilitando a súa reintegración laboral e garantindo a sustentabilidade deste proceso a longo prazo.

Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Montes Piñeiro, Carlos (Titoría)
Tribunal
Mirón Redondo, María Lourdes (Presidente/a)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)

O uso da tarefa Stroop emocional na avaliación do risco de suicidio
Autoría
J.G.O.
Grao en Psicoloxía
J.G.O.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
Tomando en conta os múltiples incentivos para ocultar a súa situación que ten unha persoa cando se avalía o seu risco de suicidio, tentouse atopar métodos alternativos máis obxectivos e rigorosos. Unha posible opción que chegou a ter uns resultados iniciais prometedores é a tarefa Stroop emocional, pero os intentos de replicar os seus achados tiveron unha gran variedade de resultados poñendo en dúbida a súa utilidade. O obxectivo desta revisión bibliográfica é aclarar a posible utilidade da tarefa Stroop emocional comprobando a literatura científica dos últimos 10 anos. Atopouse que os intentos de replicar as respostas iniciais daban resultados moi variados, polo que múltiples autores estudaron as propiedades psicométricas da tarefa e atoparon que a súa versión inicial tiña unha moi pobre validez e consistencia interna. Recentemente, propúxose unha versión modificada, seguindo recomendacións dos artigos que estudaron as propiedades psicométricas da tarefa, que presenta unha gran melloría en relación á versión inicial pero que aínda necesita dunha maior investigación. Ademais, a capacidade preditiva da tarefa foi moi pouco estudada, polo que aínda é moi pronto para chegar a unha conclusión.

Relación entre o tempo de uso de redes sociais e a autoestima na adolescencia. Unha revisión rápida.
Autoría
Y.A.L.J.
Grao en Psicoloxía
Y.A.L.J.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
A adolescencia é unha etapa de crecemento e formación marcada por cambios físicos, emocionais e sociais fundamentais para o benestar emocional e o desenvolvemento psicolóxico. Neste contexto, o uso das redes sociais adquiriu especial importancia, pois os/as adolescentes fóronse adaptando a estas novas feramentas tecnolóxicas a medida que foron xurdindo, conformando o seu desenvolvemento individual e colectivo. O obxectivo deste traballo de fin de grao foi coñecer a relación entre o tempo de uso das redes sociais e a autoestima na adolescencia. Con este propósito, realizouse unha revisión rápida da literatura, que consistiu nunha busca inicial de revisións sistemáticas en Epistemonikos e unha busca sistemática de estudos primarios na base de datos PubMed. Trala aplicación dos criterios de inclusión e exclusión o número total de artigos incluídos na revisión foi de 8. A síntese da evidencia realizada pon de manifesto que a maioría dos estudos atoparon unha relación negativa estatísticamente significativa entre autoestima e tempo de uso de redes sociais. A nivel aplicado estes resultados sinalan a necesidade de desenvolver programas preventivos acerca do uso das redes sociais tanto dende o ámbito escolar como familiar. Futuras investigacións poderían investigar en maior profundidade o papel de posibles variables mediadoras na relación entre autoestima e o uso das redes sociais, como a soidade.

GOMEZ SALGADO, PATRICIA (Titoría)
GOMEZ SALGADO, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
Mirón Redondo, María Lourdes (Presidente/a)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)
Mirón Redondo, María Lourdes (Presidente/a)
TORRES MAROÑO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
MARTIN RAJO, MONTSERRAT (Vogal)
Influencia do sesgo de deseabilidade social na medición da eficacia negociadora
Autoría
D.M.P.
Grao en Psicoloxía
D.M.P.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
O estudo da negociación e as habilidades necesarias para levala a cabo de maneira eficaz é un campo en constante crecemento, ao igual que o é a investigación sobre o sesgo de desexabilidade social e a súa influencia no proceso de recollida de datos. Este traballo busca estudar a relación que ten esta variable contaminante coa medición da eficacia negociadora, tomando como punto de partida o modelo de W.F.G. Mastenbroek (1987; 1991). Para iso, administráronse un cuestionario de eficacia negociadora e unha medida de desexabilidade social en dous tipos de mostras: unha con experiencia en tarefas de negociación no ámbito laboral dunha empresa do sector do contact center, e outra sen experiencia, co fin de comprobar o posible efecto deste sesgo e posibles diferenzas entre ambas as poboacións. A través do procedemento analítico factorial xeral desenvolvido por Ferrando et al. (2009), que controla o impacto da desexabilidade social nas medidas de autoinforme, analizouse o falsamento, atopando que a medida de eficacia negociadora é sensible á desexabilidade social. Igualmente, observouse que as persoas con menos experiencia en tarefas de negociación son máis sensibles a este sesgo, o que fai que as súas puntuacións en eficacia negociadora sexan máis elevadas cando non se corrixen. Discútese as implicacións destes achados no contexto formativo da selección de persoal.

Variables psicolóxicas e sociodemográficas que preceden ao consumo de moda sostible
Autoría
A.F.C.
Grao en Psicoloxía
A.F.C.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 10:30
13.02.2025 10:30
Resumo
Este traballo tivo como obxectivo principal analizar as variables psicolóxicas que predín o consumo sostible, centrando a súa atención na industria da moda, unha das máis contaminantes debido ao auxe do fast fashion. A través dunha revisión da literatura nas bases de datos PsycInfo e Web of Science identificáronse 19 estudos sobre factores clave como os valores biosféricos, as emocións positivas e a identidade social, que desempeñan un papel fundamental na promoción de comportamentos responsables. Os resultados tamén salientan diferenzas significativas entre xeracións e xéneros. Mentres a Xeración Z prioriza os beneficios ambientais, os Millennials adoitan centrarse máis en aspectos económicos. Ademais, as mulleres amosan unha maior implicación no consumo colaborativo. Porén, persisten barreiras prácticas, económicas e sociais que perpetúan a fenda entre actitudes e comportamentos. En conclusión, este traballo subliña a necesidade de estratexias integradoras e culturalmente adaptadas para fomentar o consumo sostible. Aínda que a investigación actual achega unha base sólida, persisten limitacións, como a predominancia de estudos realizados en contextos occidentais e a falta de análises lonxitudinais, que abren novas liñas de investigación.

ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titoría)
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titoría)
Tribunal
ANDRADE FERNANDEZ, ELENA MARIA (Titor do alumno)

Establecemento de metas e rendemento deportivo: unha revisión bibliográfica.
Autoría
M.G.V.
Grao en Psicoloxía
M.G.V.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 11:00
13.02.2025 11:00
Resumo
A motivación é un construto psicolóxico moi influínte á hora de practicar un deporte e desenvolvéronse numerosas investigacións para mellorala. Neste traballo, estúdase o establecemento de metas e a relación que ten co rendemento deportivo, considerando tamén a influencia do clima motivacional e outros factores psicolóxicos. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica de 9 artigos extraídos das bases de datos Web of Science e Scopus, e analizáronse os resultados de forma conxunta. Neles, obsérvase unha relación positiva entre o establecemento de metas e o rendemento deportivo, destacando as metas de proceso e as metas orientadas á tarefa, que achegan, ademais, numerosos beneficios psicolóxicos. Por outra banda, as metas de resultado tamén ofrecen resultados significativos, aínda que en menor medida ca as anteriores, e non se acompañan dunha mellora psicolóxica noutros ámbitos. Do mesmo xeito, as metas orientadas ao ego inflúen positivamente no desempeño, pero poden xerar efectos psicolóxicos negativos nalgunhas circunstancias. No que respecta ao clima motivacional, apóiase a combinación dun enfoque cooperativo e competitivo para optimizar o rendemento. Así mesmo, evidénciase que outros factores poden influír positivamente na motivación e no compromiso, como a retroalimentación, a dispoñibilidade de instalacións e o recoñecemento. En definitiva, establecer diferentes tipos de metas e dispoñer dun entorno de apoio no que impere a cooperación e a competitividade pode mellorar significativamente o rendemento deportivo e fomentar o benestar psicolóxico dos atletas.

ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titoría)
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titoría)
Tribunal
ARCE FERNANDEZ, CONSTANTINO (Titor do alumno)

Ansiedade Precompetitiva e Rendemento Deportivo
Autoría
L.V.F.
Grao en Psicoloxía
L.V.F.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
17.02.2025 11:00
17.02.2025 11:00
Resumo
O obxectivo desta revisión bibliográfica é analizar o impacto da ansiedade análise precompetitiva sobre o rendemento deportivo e examinar que factores inflúen na modulación da ansiedade precompetitiva. Para iso, realizouse unha busca bibliográfica na base de datos Web of Science (WoS) das investigacións máis recentes sobre a ansiedade no contexto deportivo; concretamente, no momento anterior ao competición en diferentes deportes. Para realizar a revisión sistemática seleccionáronse 10 artigos. Os resultados indican que a ansiedade precompetitiva é un fenómeno complexo, posto que depende de diversas variables, como o tipo de deporte (individual ou colectivo), o nivel deportivo, xénero, contexto, clima motivacional e social, así como características individuais. O factor ligado principalmente á ansiedade precompetitiva é a autoconfianza, que se correlaciona inversamente coa ansiedade precompetitiva, polo que cómpre traballar a autoconfianza dos deportistas para reducir os niveis de ansiedade. O tipo de clima motivacional tamén está intimamente relacionado coa ansiedade, que demostra que o papel do adestrador e dos compañeiros no equipo ten unha grande influencia sobre o estado emocional e o rendemento dos deportistas. Finalmente, a importancia da formación dos deportistas na xestión de emocional para mellorar o teu benestar e optimizar o rendemento deportivo. Tamén convídase aos adestradores e psicólogos para que tomen conciencia da importancia de xestionar a ansiedade precompetitiva adecuadamente para proporcionar un mellor rendemento e benestar nos deportistas. Isto inclúe programas específicos e personalizados, que priorizan reforzar a autoconfianza e fomentar climas motivacionais e sociais de apoio que premien o esforzo máis que a vitoria.

A percepción do tempo en individuos con TDAH.
Autoría
P.G.M.
Grao en Psicoloxía
P.G.M.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 12:00
13.02.2025 12:00
Resumo
Este traballo de fin de grao constitúe unha revisión exhaustiva sobre a relación entre a percepción do tempo e o Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH). A través dun marco teórico que abarca definicións clave, abórdase os distintos aspectos que influín na percepción temporal en nenos con TDAH en comparación cos que non teñen o trastorno. En primeiro lugar, analízanse as diferenzas na percepción temporal entre ambos os grupos, detallando como o TDAH afecta a capacidade de percibir e xestionar o tempo. A continuación, explóranse os mecanismos cerebrais implicados na percepción temporal, facendo fincapé nas estruturas cerebrais que se ven involucradas nestes procesos. Ademais, examínanse as variacións nas respostas a estímulos externos, as cales están alteradas nos individuos con TDAH. O estudo tamén identifica os factores que afectan a medición da percepción temporal, tendo en conta influencias ambientais, cognitivas e emocionais. Deste xeito, sublíñase a importancia destes factores na interpretación dos resultados en tarefas temporais. Do mesmo xeito, abórdase o impacto que ten o tipo de presentación do estímulo na realización de tarefas relacionadas coa medición do tempo, resaltando as diferenzas entre estímulos visuais, auditivos e doutro tipo. Réxense tanto teorías clásicas como novas perspectivas sobre o sentido do tempo, achegando un marco conceptual máis amplo para comprender os trastornos da percepción temporal no TDAH. Por último, discútese as alteracións neurolóxicas asociadas ao TDAH, así como as diferenzas de xénero na percepción temporal. O traballo conclúe con posibles implicacións para futuras investigacións e aplicacións prácticas, propoñendo novas liñas de estudo e posibles enfoques terapéuticos.

BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titoría)
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titoría)
Tribunal
BLANCO RIAL, MANUEL JOSE (Titor do alumno)

Efecto da estimulación HD-tACS de frecuencias combinadas theta-gamma, sobre a memoria de traballo. Un estudio piloto
Autoría
M.R.B.
Grao en Psicoloxía
M.R.B.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 12:30
13.02.2025 12:30
Resumo
A estimulación transcraneal por corrente alterna (tACS) é unha técnica de neuromodulación non invasiva que modula procesos cognitivos mediante a modificación dos ritmos oscilatorios cerebrais. Estudos previos demostraron a súa eficacia na memoria de traballo (MT), empregando frecuencias de estimulación theta (4-8 Hz) e gamma (30-80 Hz). Porén, existe aínda moi pouca evidencia sobre o uso da frecuencia de onda combinada theta-gamma, especialmente en poboacións envellecidas sans ou dentro do continuo da enfermidade de Alzheimer (EA). Por este motivo, o obxectivo do presente estudo piloto será determinar se a estimulación con tACS de alta densidade (HD-tACS), con frecuencias combinadas theta-gamma (6 Hz e 50 Hz), aplicada no coiro cabeludo sobre o córtex prefrontal dorsolateral (CPFDL) esquerdo, nunha mostra de 16 persoas con diagnóstico de Deterioro Cognitivo Lixeiro (DCL) ou Deterioro Cognitivo Subxectivo (DCS), mellora a execución nunha tarefa de MT. Para comprobalo, realizouse un estudo piloto intra-suxeito, simple-cego e aleatorizado, no que 16 participantes (11 homes e 5 mulleres) cunha idade comprendida entre os 57 e os 83 anos foron avaliados ata 3 veces nunha tarefa de memoria visoespacial emparellamento moderado. Entre as sesións de avaliación, os participantes recibiron estimulación por HD-tACS ou placebo. Os datos condutuais das variables D prima, TR (Tempo de Reacción)-Aciertos, TR-Falsas alarmas e TR-Rechazos correctos foron sometidos a unha análise de varianza (ANOVA) 2x2, cun factor principal Sesión con dous niveis (avaliación pre-intervención e avaliación post-intervención) e outro factor principal Tratamento con dous niveis (estimulación real e estimulación placebo). Os resultados mostraron unicamente un efecto marxinalmente significativo para a variable D prima no factor principal sesión, é dicir, houbo diferenzas entre as sesións previas e posteriores á estimulación, pero non en relación ao tipo de estimulación recibida, mentres que non se atoparon diferenzas significativas no resto de variables. Estes resultados non apoian a hipótese inicial de que a estimulación HD-tACS combinada theta-gamma mellora a execución en MT en comparación coa condición placebo.

Díaz Fernández, Fernando (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
Díaz Fernández, Fernando (Titoría)
CORREA JARABA, KENIA SHAILY Cotitoría
Tribunal
CORREA JARABA, KENIA SHAILY (Titor do alumno)
Díaz Fernández, Fernando (Titor do alumno)

Influencia da regulación emocional no consumo de alcohol en universitarios
Autoría
P.R.L.
Grao en Psicoloxía
P.R.L.
Grao en Psicoloxía
Data da defensa
13.02.2025 13:00
13.02.2025 13:00
Resumo
A baixa tolerancia ao malestar pode estar asociada cunha pobre regulación emocional e contribuír a motivacións para beber co propósito de afrontar os problemas. Numerosos estudos na literatura atopan que as dificultades na regulación emocional están relacionadas positivamente co aumento do consumo. O obxectivo deste traballo é estudar esta relación, considerando as diferentes dimensións da escala de regulación emocional e as diferenzas de sexo, nunha mostra de 185 estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 19 e os 21 anos. Para isto, os participantes responderon á escala de dificultades na regulación emocional (DERS) e á Proba de Identificación de Trastornos Relacionados co Consumo de Alcohol (AUDIT). Os resultados mostran que os déficits na regulación emocional están significativamente relacionados co consumo intensivo de alcohol, especialmente nas dimensións Metas, Claridade, Estratexias e Impulso. En concreto, Metas e Claridade son as estratexias que mellor predín as puntuacións do AUDIT, cunha porcentaxe de varianza do 11,6%. Porén, non se atopan datos significativos respecto das diferenzas de sexo. Os resultados deste estudo destacan a importancia de crear intervencións que incorporen o desenvolvemento de habilidades emocionais como unha estratexia central para previr e tratar o consumo abusivo de alcohol.

RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titoría)
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ GONZALEZ, MARIA SOLEDAD (Titor do alumno)