Ir o contido principal
  • Estudar

Coñece a Aula de Ruminantes

Para estudantado que queira saber máis sobre vacas, ovellas e cabras

O estudantado que queira ampliar o seu coñecemento sobre vacas, ovellas e cabras ten ao seu dispor a Aula de Ruminantes da Facultade de Veterinaria da USC. Reunións con especialistas, prácticas con profesionais da Veterinaria ou visitas a granxas e centros de interese compoñen os contidos ofertados no marco desta iniciativa. 

As persoas interesadas poden participar introducindo nesta ligazón de Teams o código np2wdw3.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.11.2025.