Avaliación do risco de exposición a estróxenos a través do consumo de produtos lácteos
Autoría
C.A.C.
Grao en Veterinaria
C.A.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
As políticas europeas en seguridade alimentaria e as novas tecnoloxías puxeron de manifesto a gran cantidade de substancias presentes nos alimentos que son potencialmente prexudiciais para a saúde do consumidor. Os estróxenos, sintéticos ou naturais, poden estar presentes nos produtos lácteos de orixe bovina debida á contaminación ambiental, os tratamentos veterinarios, ou de orixe endóxena polo propio animal. En tal caso, estes compoñentes estroxénicos terán a capacidade de actuar sobre os receptores hormonais do consumidor podendo afectar á súa saúde. A pesar das estritas normativas europeas que prohiben o uso de substancias de efecto hormonal en gandería, a ausencia destes compostos nos alimentos non pode asegurarse, particularmente para o caso dos naturais. O obxectivo deste traballo é revisar a literatura científica publicada na última década sobre a presenza de compostos estroxénicos en produtos lácteos de orixe bovina, a fin de avaliar o risco de exposición para o consumidor. Os resultados obtidos mostran unha ampla variabilidade nas concentracións de estróxenos, en función do tipo de produto lácteo e do método analítico empregado. En xeral, detectáronse maiores niveis no leite enteiro e en produtos con alto contido lipídico, como a nata ou a manteiga. Como conclusión, aínda que a maioría dos estudos non sinalan un risco claro para a poboación xeral, si se destaca a necesidade de continuar investigando, en particular, en poboacións vulnerables como nenos ou embarazadas, e no efecto acumulativo da exposición crónica.

Dirección
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)

Culícidos de interés sanitario en Galicia
Autoría
B.C.G.
Grao en Veterinaria
B.C.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
Os mosquitos son dípteros cunha gran importancia sanitaria debido á súa capacidade vectorial para un gran número de enfermidades. Con todo, esta capacidade depende de relacións moi complexas entre os patóxenos e os propios mosquitos, polo que soamente determinadas especies poden actuar como vectores de enfermidades concretas. Por esta razón, é moi importante coñecer a distribución das especies de interese sanitario para poder valorar o risco de transmisión en cada zona e tomar medidas para poder mitigalo. O obxectivo deste estudo foi coñecer as especies de culícidos presentes Galicia, e a súa distribución xeográfica, en que zonas están establecidas, ademais do risco sanitario que supoñen e as épocas de maior incidencia. Para iso levou a cabo un estudo entomolóxico durante o ano 2024 ao longo de todo o territorio galego. Para a captura de exemplares de culícidos utilizáronse os métodos de dipaxe e trampas de ovoposición para a captura de fases inmaturas, mentres que para a captura de adultos empregáronse trampas BG Sentinel, e CDC-UV. A análise destas mostraxes evidenciou a presenza das seguintes especies de interese sanitario: Culex pipiens, Cx. hortensis, Cx. theileri, Cx. modestus, Culiseta longiareolata, Cs. annulata, Anopheles claviger/petragnani, An. maculipennis, An. plumbeus e Aedes vexans pero non se detectou a presenza de ningunha especie invasora. A presenza de especies de interese sanitario reforza a necesidade de continuar a vixilancia entomolóxica en Galicia, e poder así implementar programas de prevención e control das enfermidades transmitidas por mosquitos.

CAZAPAL MONTEIRO, CRISTIANA FILIPA (Titoría)
ABREU RAMOS, INES ISABEL Cotitoría

ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)

Desprazamento do abomaso en bovino leiteiro: etiopatoxenia, diagnóstico e abordaxes cirúrxicos
Autoría
A.C.A.
Grao en Veterinaria
A.C.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
O desprazamento do abomaso é unha das patoloxías dixestivas máis relevantes nas vacas leiteiras de alta produción, especialmente durante o período de transición. Este traballo aborda os seus aspectos anatómicos, etiolóxicos, clínicos, diagnósticos, terapéuticos e preventivos relacionados con esta enfermidade, salientando o seu impacto sobre o benestar animal, a produtividade e a economía da explotación. Analízanse os principais factores predispoñentes, entre eles a xenética, o estado reprodutivo, os erros nutricionais e as enfermidades metabólicas asociadas. Descríbense os signos clínicos característicos do desprazamento cara á esquerda, cara á dereita e vólvulo de abomaso, así como as ferramentas diagnósticas complementarias, entre as que se inclúen o perfil hematobioquímico, biomarcadores específicos e parámetros como o L-lactato. O tratamento do desprazamento do abomaso pode abordarse mediante métodos conservadores ou cirúrxicos, sendo estes últimos os máis eficaces na maioría dos casos. Porén, a detección temperá e un bo manexo posoperatorio son claves para o éxito terapéutico. A nivel económico, o desprazamento do abomaso supón perdas importantes debido á diminución da produción, os gastos veterinarios e o risco de recidivas. Finalmente, destacan as medidas de prevención e control: unha dieta axeitada combinada cun bo manexo, tendo sempre en conta o benestar animal. O desprazamento de abomaso reflicte desequilibrios no sistema produtivo e debe ser abordado desde unha perspectiva integral para mellorar a sustentabilidade e a rendibilidade da explotación.

MUIÑO OTERO, RODRIGO (Titoría)
MUIÑO OTERO, RODRIGO (Titoría)
Tribunal
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
Control biolóxico da saprozoonose e reciclaxe de aceite: sinerxía circular
Autoría
J.C.S.
Grao en Veterinaria
J.C.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
O uso intensivo e prolongado de tratamentos antiparasitarios deu lugar a un incremento nas resistencias que os parasitos presentan fronte a estes fármacos, sendo máis notable naqueles que afectan os animais de produción. Debido a esta situación, a procura de alternativas e métodos complementarios para o tratamento e a prevención das devanditas infeccións parasitarias está a tomar unha importancia crecente. Entre estes métodos de prevención complementarios atópase o control biolóxico, o cal emprega substancias e metabolitos naturais, así como organismos vivos, como alternativas sostibles e eficaces para minimizar a presenza dos devanditos parasitos no ambiente. Neste estudo avaliouse a actividade parasiticida de Trichoderma atrobrunneum, un fungo con demostrada eficacia fronte a certos fitopatóxenos, aínda que o seu potencial contra nematodos non foi amplamente documentado. Analizouse a súa actividade ovicida contra Ascaris suum, en comparación cos fungos Mucor circinelloides e Clonostachys rosea, ao longo dun período de 60 días. Outro punto avaliado foi a capacidade ovicida de T. atrobrunneum fronte a Toxascaris leonina e Trichuris spp. en presenza de distintas porcentaxes de aceite de cociña usado, ao longo de 45 días, onde se observou que dita actividade mantíñase. Tamén se estudou a capacidade de crecemento deste fungo en medios líquidos con diferentes porcentaxes de aceite usado, comparándose coa capacidade de crecemento de M. circinelloides. En ambos os casos, observouse como porcentaxes baixas (1%) de aceite de cociña usado favoreceron o desenvolvemento dos fungos.

PAZ SILVA, ADOLFO (Titoría)
HERNANDEZ MALAGON, JOSE ANGEL Cotitoría
PAZ SILVA, ADOLFO (Titoría)
HERNANDEZ MALAGON, JOSE ANGEL Cotitoría
Tribunal
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
Displasia de cadeira en cans
Autoría
E.F.G.
Grao en Veterinaria
E.F.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
A displasia de cadeira canina (DCC) é unha enfermidade de orixe multifactorial na que os factores xenéticos xogan un papel predominante, aínda que tamén interveñen diversos elementos ambientais como a alimentación, o crecemento acelerado e o exceso de peso corporal. Esta afección aparece con maior frecuencia en razas de gran tamaño, xigantes e braquicéfalas (Schachner e Lopez, 2015). Durante o desenvolvemento, unha laxitude anormal na articulación coxofemoral pode provocar unha perda de congruencia entre o acetábulo e a cabeza femoral. Esta desalineación dá lugar a alteracións estruturais na articulación, favorecendo a aparición de sinovite, aumento da presión do líquido sinovial e posibles subluxacións ou luxacións. Estas modificacións progresan cara a unha enfermidade dexenerativa articular (EDA), caracterizada por cambios anatómicos, inflamación crónica e dor de intensidade variable (Carmona, 2018). A laxitude nos tecidos brandos da cadeira xera inestabilidade, o que provoca un desenvolvemento anormal da articulación coxofemoral. O desprazamento lateral da cabeza femoral incrementa a forza de reacción articular, concentrando a presión nunha zona máis pequena, especialmente entre as posicións das 10 e as 2 en punto. Esta sobrecarga afecta o bordo dorsal do acetábulo, provocando microfracturas no óso esponxoso trabecular en formación. Ademais, o movemento constante da cabeza femoral pode estirar a cápsula articular fibrosa, xerando tensión e posibles lesións nos nervios sensoriais do periósteo fibroso. A rotura das fibras de Sharpey e a estimulación do periósteo asócianse con dor e formación de osteófitos no acetábulo e no colo femoral. En exemplares novos, a dor causada por unha laxitude articular severa maniféstase mediante intolerancia ao exercicio, desprazamento en salto de coello, dificultade para erguerse tras o repouso e coxeira intermitente ou continua. Nos animais adultos, o malestar e a disfunción derivan do desenvolvemento de osteoartrose (OA), cuxos signos clínicos inclúen atrofia muscular nas extremidades posteriores, dificultade para incorporarse, rixidez nos membros pélvicos e falta de disposición para camiñar, correr ou saltar (Harper, T. A. M., 2017).

MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
MUÑOZ GUZON, FERNANDO MARIA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
Tribunal
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)

Estratexias de modulación da microbiota intestinal en cans: moda ou realidade?
Autoría
U.F.P.
Grao en Veterinaria
U.F.P.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
A microbiota intestinal canina está directamente relacionada co estado de saúde e benestar dos cans, polo que calquera alteración na súa composición ou na súa función pode ser indicativo de enfermidade. Esta alteración do equilibrio intestinal recibe o nome de disbiose, a cal está asociada principalmente con patoloxías gastrointestinais. O crecente interese pola microbiota provocou a investigación sobre o emprego de diferentes compoñentes que consigan modificar a flora intestinal canina. O uso de prebióticos, probióticos e simbióticos demostrou ter efectos beneficiosos sobre o organismo e sobre o conxunto de microorganismos do tracto dixestivo. Pola contra, o uso de antibióticos provocou desequilibrios na microbiota intestinal. Na búsqueda de alternativas terapéuticas aos antibióticos no ámbito clínico, comezouse a empregar o trasplante de microbiota fecal, no que ao partir das feces dun animal san pódense resolver alteracións gastrointestinais de natureza aguda e crónica.

ORJALES GALDO, INMACULADA (Titoría)
ORJALES GALDO, INMACULADA (Titoría)
Tribunal
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
Cirurxía laparoscópica en cabalos: revisión
Autoría
M.F.C.
Grao en Veterinaria
M.F.C.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
O presente é un traballo de revisión bibliográfica sobre a técnica quirúrxica da laparoscopia aplicada na medicina equina. Nel preténdese avaliar, mediante o uso da bibliografía existente, en que consiste dita técnica, o sitio que ocupa a laparoscopia actualmente entre os expertos e para que sirve. Nos seguintes apartados se explicará de que se trata unha cirurxía por laparoscopia, así como o amplio repertorio de instrumentos laparoscópicos existentes e en que casos se utilizan. Tamén se mencionará a anatomía do abdome equino dende o punto de mira dun laparoscopio e comentaranse os beneficios e inconvenientes que presenta esta técnica, sobre todo comparada con outras técnicas mais tradicionais como a laparotomía. Posteriormente, desenvólvense con detalle as intervencións mais comúns realizadas con esta técnica, dende o período preoperatorio ata a recuperación. Xunto con estas, expóñense outras cirurxías tamén dispoñibles por laparoscopia aínda que menos frecuentes na casuística diaria dunha clínica ou hospital. Finalmente, se explicará o uso diagnóstico que tamén presenta esta técnica.

GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Titoría)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA Cotitoría
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO (Titoría)
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA Cotitoría
Tribunal
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
O efecto do benestar animal na microbiota do leite en vacas.
Autoría
Y.H.A.
Grao en Veterinaria
Y.H.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
O benestar animal inflúe tanto na saúde dos animais como na calidade dos produtos que xeran. No caso do leite cru, unha posible consecuencia das alteracións no benestar é a variación na súa microbiota, o que podería ter implicacións na hixiene, conservación e procesado do produto. Este traballo ten como obxectivo analizar se existen diferenzas na carga e diversidade bacteriana do leite en función do nivel de benestar animal, avaliado seguindo o porotocolo Welfair Quality. Seleccionáronse 10 explotacións de vacún leiteiro en réxime intensivo en Galicia, con distintas puntuacións de benestar. As mostras de leite de tanque foron analizadas mediante técnicas dependentes de cultivo e qPCR, e comparáronse os resultados obtidos con ambas técnicas. As análises permitiron observar certas tendencias entre o nivel de benestar e a presenza de distintos grupos bacterianos mediante a técnica de qPCR, cousa que non se observou co cultivo clásico. A qPCR revelou unha relación significativa entre maiores niveis de benestar e menor presenza de Actinobacteria, Clostridium XIV, Enterococcus e Firmicutes, así como unha tendencia positiva noutros grupos bacterianos, aínda que sen significación estatística. Estes resultados abren a porta a seguir investigando a relación entre o benestar animal e a microbiota do leite cru, destacando o valor das técnicas moleculares como ferramentas sensibles neste tipo de estudos.

LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Titoría)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA Cotitoría
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Titoría)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
REMESAR ALONSO, SUSANA (Vogal)
Avaliación preliminar de formulacións fúnxicas pulverizables como bioparasiticidas
Autoría
P.M.F.
Grao en Veterinaria
P.M.F.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
A aparición de problemas relacionados co control de parasitos de interese en medicina veterinaria e humana converteuse nun inconveniente crecente nas últimas décadas. A pesar de dispoñer de antiparasitarios comerciais altamente eficaces, as estratexias tradicionais, baseadas unicamente na súa aplicación, deron lugar a tratamentos cada vez máis frecuentes e á diminución da súa eficacia, favorecendo a aparición de resistencias en diferentes especies parasitarias. Co obxectivo de contribuir a mellorar esta situación, prestouse especial atención a microorganismos presentes de forma habitual no medio, con actividade antagonista fronte a diversos estadios parasitarios, como ovos, ooquistes ou larvas. Neste traballo proponse un modelo experimental para establecer o mecanismo de acción de fungos con actividade antiparasitaria, mediante dous ensaios in vitro baseados na exposición de Mucor circinelloides e Trichoderma atrobrunneum fronte a ovos dos nematodos Ascaris suum e Parascaris equorum, obtidos directamente de feces de porcino e équidos infectados de forma natural. Os resultados obtidos permiten clasificar o efecto destes fungos en ovicida (se se observa destrución ou inviabilidade permanente dos ovos) ou en ovistático (se se retrasa o seu desenvolvemento ata a fase infectante). Ademais, demóstrase que o uso de ovos de ambos ascáridos constitúe un modelo sinxelo e reproducible para a avaliación cualitativa da actividade parasiticida dos fungos, achegando unha alternativa prometedora ao control convencional das parasitoses gastrointestinais no marco dun enfoque One Health.

Síndrome de Despoboamento das Colmeas
Autoría
P.M.R.
Grao en Veterinaria
P.M.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
11.09.2025 09:30
11.09.2025 09:30
Resumo
A denominada Síndrome de Despoboamento das Colmeas (SDC) consiste na ausencia incomprensible e nun breve período de tempo de gran parte das abellas obreiras dunha colmea. Ademais da problemática que conleva a perda de abellas na apicultura e as súas consecuencias na alimentación mundial, únese a alarma social xurdida nos últimos anos por non coñecerse de maneira certeira a súa etiología ou causalidade. Por unha banda certos científicos e apicultores consideran que o SDC podería posuír entidade propia, mentres que outros cren que non é máis que un conxunto de eventualidades que ocasionaron un acontecemento transitorio. Por iso, o obxectivo de leste traballo fin de grao consistiu en realizar unha revisión bibliográfica do que ata o de agora se coñece sobre a Síndrome de Despoboamento das Colmeas no que se trataron desde as nocións máis básicas como o seu concepto ou antecedentes, ás máis complexas como a súa etiología e as solucións que se propuxeron en distintas partes do mundo. A diminución de, principalmente, as poboacións de abellas e, en menor medida, do resto de insectos polinizadores segue alarmando ano tras ano, co punto de atención e as investigacións centradas no papel dos pesticidas (co seu uso cada día máis limitado), dos residuos procedentes dos fármacos fornecidos polos propios apicultores, o cambio climático, as ondas electromagnéticas emitidas desde dispositivos como os móbiles e as redes 5G, a urbanización de zonas rurais, os depredadores e a desnutrición, así como de factores bióticos como as bacterias, fungos, parasitos (onde Varroa ten unha gran incidencia), protozoos e virus. Do benestar das abellas depende todo o potencial nutricional e económico que nos achegan a través da apicultura e o equilibrio dos ecosistemas nos que habitan, co que iso supón para a agricultura, o mantemento dos cultivos e a diversificación da flora. Asegurar o futuro das abellas nas próximas décadas require impulsar a creación de programas e plans de investigación, coordinados por institucións mundiais, que consigan identificar e combater as causas do SDC, establecer sistemas de vixilancia que alerten sobre a aparición de novos factores de risco, así como previr e combater enfermidades emerxentes.

PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Titoría)
GARCIA DIOS, DAVID Cotitoría
PANADERO FONTÁN, ROSARIO (Titoría)
GARCIA DIOS, DAVID Cotitoría
Tribunal
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Tuberculosis en Mamíferos Silvestres
Autoría
G.P.D.
Grao en Veterinaria
G.P.D.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
La tuberculosis en los animales mamíferos, enfermedad infecciosa zoonótica causada principalmente por Mycobacterium bovis, representa un desafío creciente en la fauna silvestre, tanto por su impacto en la conservación de especies como por su relevancia para la salud pública. Este trabajo revisa el papel de la anatomía patológica en el diagnóstico de la tuberculosis en animales salvajes, con especial énfasis en las lesiones producidas por micobacterias del complejo Mycobacterium tuberculosis. Se analizan las características macroscópicas y microscópicas de las lesiones granulomatosas en diversas especies, así como los métodos diagnósticos disponibles (desde la necropsia y el examen histopatológico, hasta técnicas moleculares como la PCR), destacando sus ventajas y limitaciones. Este trabajo pone de manifiesto la complejidad del diagnóstico diferencial frente a otras enfermedades granulomatosas, así como la necesidad de adaptar las metodologías diagnósticas a cada especie. Además, se estudian los patrones lesionales en especies clave como jabalíes, cérvidos o cánidos, y se evalúan sus implicaciones epidemiológicas y ecológicas. La persistencia del patógeno en el ambiente, la dificultad del diagnóstico en fases subclínicas y la existencia de reservorios silvestres obstaculizan los programas de erradicación, subrayando la importancia de una estrategia multidisciplinar bajo el enfoque One Health. Este trabajo resalta la necesidad de fortalecer la vigilancia sanitaria en fauna silvestre y fomentar la investigación en métodos diagnósticos específicos y efectivos.

LOPEZ PEÑA, MONICA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
LOPEZ PEÑA, MONICA (Titoría)
PERMUY MENDAÑA, MARIA Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
Patoloxías de Produción no Sector Leiteiro Español: Unha Análise do Impacto da Intensificación.
Autoría
A.P.G.
Grao en Veterinaria
A.P.G.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
O presente traballo analiza, mediante unha revisión bibliográfica, as principais patoloxías de produción como a mamite, as coxeiras, a cetose e a acidose ruminal, no contexto da intensificación do sector leiteiro español. Este modelo produtivo, con menos explotacións pero máis grandes e eficientes, incrementou o risco destas doenzas, que están profundamente interconectadas. Abórdase o manexo da mamite, destacando o éxito do Plan Nacional fronte á Resistencia aos Antibióticos; a conexión entre as dietas de alta enerxía, a acidose ruminal subclínica, a laminite e as coxeiras; e o papel da cetose subclínica como consecuencia do balance enerxético negativo e como doenza de entrada que eleva o risco doutros trastornos. Conclúese que un enfoque preventivo e holístico, centrado no manexo do período de transición, a nutrición e o confort, é indispensable para a sustentabilidade, a saúde e o benestar animal nas explotacións modernas.

LOPEZ SANDEZ, CEFERINO MANUEL (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, CEFERINO MANUEL (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
Estudo da seroprevalencia da gasterofilose en cabalos de Galicia
Autoría
R.P.R.
Grao en Veterinaria
R.P.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
Existen diferentes tipos de parasitismos, entre os que se atopan as miasis, que poden afectar a numerosas especies. No noso caso, a gasterofilose está causada por moscas do xénero Gasterophilus, que afectan aos équidos, xa sean domésticos ou silvestres, e, de maneira menos frecuente, tamén ás persoas, nas que poden provocar cadros de oftalmomíase. Trátase dunha miasis obrigatoria, xa que o parasito necesita completar o seu ciclo endóxeno no interior dun hóspede vivo para obter os nutrientes necesarios para o seu desenvolvemento. A mosca adulta voa ao redor do hóspede e deposita os ovos nun lugar específico do animal, dependendo da especie de Gasterophilus. En poucos días, os ovos conteñen xa larvas en primeiro estadio (L1), que, tras seren inxeridas, permanecen na cavidade oral ata que eclosionan. Unha vez migran pola boca, mudan a L2 e aderéncense durante un breve período á mucosa oral ou farinxea, para logo avanzar polo esófago ata alcanzar o estómago ou o intestino, segundo a especie, onde evolucionan a larvas L3. Unha vez completado o seu desenvolvemento, despréndense e son expulsadas coas feces ao exterior, onde se enterrarán no chan. Ao cabo de 2 ou 3 días forman puparios que, tras unha complexa metamorfose, darán lugar a unha nova mosca adulta. Entre as distintas técnicas inmunolóxicas utilizadas para a detección de anticorpos, destaca polo seu uso estendido o ensaio ELISA. Tendo en conta que o extracto cru das larvas en segundo estadio (L2) é o compoñente máis inmunóxeno, desenvolveuse un ensaio inmunoenzimático baseado en antíxenos de excreción/secreción obtidos de L2 de Gasterophilus haemorrhoidalis. Esta técnica permite identificar a presenza de anticorpos específicos fronte ao parasito, o que facilita determinar se o hóspede tivo contacto previo con especies do xénero Gasterophilus. Con base neste ensaio ELISA desenvolveuse o presente traballo, co obxectivo de estudar a seroprevalencia da gasterofilose equina en Galicia e a súa posible correlación con distintos factores intrínsecos (idade, xénero e raza) e extrínsecos (maneixo, provincia e estación do ano). A partir dos resultados obtidos, observouse que máis da metade dos animais analizados (52%) foran expostos ao parasito, coincidindo con datos recollidos en estudos previos. En relación cos factores intrínsecos, os cabalos máis expostos eran os de máis de 10 anos (33%), as femias (10%) e os exemplares de razas cruzadas (12%). No que respecta aos factores extrínsecos, detectouse unha maior exposición nos cabalos que vivían en réxime mixto (prado e cortello) (13%), especialmente na provincia de Ourense (31%). En concordancia con estudos anteriores, comprobouse que os meses de maior exposición foron os de inverno (67%), mentres que os de menor exposición corresponderon a primaveira e verán (10 e 24% respectivamente). Este patrón podería explicarse pola presenza de larvas L3 durante o inverno e verán, que presentan unha menor capacidade inmunóxena, ou mesmo pola ausencia de estadios larvarios. A partir do verán, a seroprevalencia aumenta, posiblemente como consecuencia dun novo estímulo antigénico asociado á inxestión de ovos que conteñen larvas L1 no seu interior.

ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Titoría)
ABREU RAMOS, INES ISABEL Cotitoría
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Titoría)
ABREU RAMOS, INES ISABEL Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
Tóxicos bioacumulables en plantas
Autoría
J.R.L.
Grao en Veterinaria
J.R.L.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
A bioacumulación de substancias tóxicas nas plantas, como metais pesados, pesticidas e contaminantes orgánicos, é consecuencia do aumento da contaminación ambiental provocada polas actividades humanas. Estas substancias son absorbidas principalmente a través do solo e da auga, afectando á saúde vexetal e facilitando a súa transferencia a animais e humanos a través da cadea trófica. Dado o papel fundamental das plantas nos ecosistemas e na alimentación, é esencial analizar como se acumulan estes compostos e os seus impactos para desenvolver estratexias de xestión ambiental eficaces. O obxectivo xeral foi analizar, mediante unha revisión bibliográfica, o papel das plantas como vehículos de substancias tóxicas bioacumulables e a súa repercusión na saúde vexetal e animal. Levouse a cabo unha estratexia de procura bibliográfica de estudos e documentos sobre “tóxicos bioacumulables en plantas”. Identificáronse diversas substancias químicas persistentes e bioacumulables nas plantas, como PFAS, metais pesados e microplásticos, que se acumulan pola súa alta estabilidade. Tamén se identificou que a súa absorción ocorre principalmente polas raíces, mediante mecanismos de transporte activo e proteínas transportadoras, influenciados por factores ambientais e xenéticos. Esta acumulación vexetal representa un risco para animais domésticos, de produción e silvestres, xerando efectos inmunolóxicos, endócrinos e alimentarios a través da cadea trófica.

LENDOIRO BELIO, ELENA (Titoría)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES (Presidente/a)
FERNANDEZ VILLA, CANDELA (Secretario/a)
MONDRAGON PORTOCARRERO, ALICIA DEL CARMEN (Vogal)
Estudo do proceso de rexerarquización nunha poboación de Macaca fascicularis
Autoría
M.S.R.
Grao en Veterinaria
M.S.R.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
11.09.2025 09:30
11.09.2025 09:30
Resumo
Neste traballo de fin de grao realizamos un estudo experimental comportamental sobre unha poboación estandarizada de Macaca fascicularis, residente en Marcelle Natureza, para avaliar o comportamento social desenvolvido e o proceso de rejerarquización establecido tralo falecemento sobrevido da líder do grupo. Deséñase un protocolo observacional para a recollida de datos sobre as interaccións que realiza cada individuo e analízanse mediante o software de análise de redes sociais Gephi, de maneira que se obteñe unha serie de gráficas que permiten avaliar a tendencia do grupo e as modificacións de conduta a través do tempo, así como a maneira en que se levou a cabo o proceso de estabilización social. Os resultados analízanse e compáranse cos escasos estudos referidos a poboacións similares, de xeito que se extraen as conclusións que se detallan ao final.

FERNANDEZ TROCONIZ REVUELTA, PATRICIA (Titoría)
Valderrabano Cano, Esther Cotitoría
FERNANDEZ TROCONIZ REVUELTA, PATRICIA (Titoría)
Valderrabano Cano, Esther Cotitoría
Tribunal
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Da dor á recuperación: Abordaxe integral da estenosis lumbosacra dexenerativa en cans
Autoría
M.S.M.
Grao en Veterinaria
M.S.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
11.09.2025 09:30
11.09.2025 09:30
Resumo
A estenose lumbosacra dexenerativa é unha enfermidade neurolóxica que afecta á poboación canina, especialmente á raza pastor alemán. Caracterízase polo estreitamento do conduto espiñal e das raíces nerviosas. Aínda que a prevalencia da enfermidade na poboación canina xeral non é moi alta, afecta gravemente a calidade de vida e o benestar do animal que a padece. As manifestacións clínicas máis destacables desta patoloxía son a dor lumbosacra e a debilidade do terzo posterior que, dependendo do grao de afectación neurolóxica, poden ir acompañadas de signos clínicos máis graves como ataxia, déficit propioceptivo, coxeira e falta de control dos esfínteres, entre outros. A etioloxía da enfermidade, aínda que multifactorial, é descoñecida. Non obstante, a protrusión do disco intervertebral xoga un papel importante e crese que marca o comezo do desenvolvemento da patoloxía. A fisiopatoloxía da estenose lumbosacra dexenerativa debe entenderse como unha secuencia progresiva de cambios anatómicos en resposta á inestabilidade da articulación lumbosacra, que finalmente resulta na estenose do canal espiñal na rexión lumbosacra e dos forames intervertebrais. Diagnosticar a enfermidade é fundamental para establecer un tratamento axeitado e adaptado a cada paciente. Isto baséase principalmente no historial médico do paciente, na exploración física e neurolóxica e nas probas de imaxe diagnóstica, especialmente as avanzadas como a tomografía computarizada e a resonancia magnética, sendo esta última a proba de elección. Actualmente utilízanse outras técnicas complementarias na medicina veterinaria para axudar no diagnóstico definitivo da enfermidade. Actualmente, non existe un consenso en medicina veterinaria que estableza un protocolo terapéutico a seguir para estes pacientes. O tratamento ten como obxectivo principal aliviar a dor lumbosacra e descomprimir a medula espiñal e as raíces nerviosas afectadas. Aínda que as opcións de tratamento médico e cirúrxico son amplas e variadas, non sempre se consegue a recuperación completa, especialmente nos casos máis graves.

ESPINO LOPEZ, LUCIANO (Titoría)
ESPINO LOPEZ, LUCIANO (Titoría)
Tribunal
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Clasificación actualizada do linfoma canino: implicacións prognósticas e terapéuticas
Autoría
N.S.M.
Grao en Veterinaria
N.S.M.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
11.09.2025 09:30
11.09.2025 09:30
Resumo
O linfoma canino constitúe unha entidade patolóxica extraordinariamente heteroxénea, cuxa prevalencia crecente fai indispensable a constante actualización dos métodos diagnósticos, terapéuticos e prognósticos. As primeiras clasificacións propostas para esta patoloxía resultan hoxe insuficientes para predicir a evolución da enfermidade e actuar en consecuencia. Por iso, incorporáronse diferentes parámetros que permiten estratificar con maior precisión esta enfermidade. Neste marco, o presente traballo propón como obxectivo analizar as clasificacións máis actualizadas do linfoma canino e avaliar o seu impacto prognóstico e terapéuticos. Para iso realizouse unha procura sistemática en bases de datos académicas recoñecidas, seleccionando literatura científica de calidade para sustentar a análise. A revisión bibliográfica pon de manifesto cinco dimensións fundamentais na clasificación actual da enfermidade: a localización anatómica, o estadio clínico segundo a OMS, a arquitectura histolóxica e citolóxica, o inmunofenotipo e o perfil molecular. A forma anatómica multicéntrica segue a ser a presentación máis frecuente e, en xeral, a que mellor responde aos protocolos terapéuticos, mentres que as demais formas cursan con supervivencias medias máis curtas e requiren esquemas terapéuticos modificados. O estadio e subestadio clínicos exercen un forte efecto no prognóstico e na terapéutica, modulando tanto a duración da remisión como a necesidade de coidados de soporte. A clasificación inmunofenotípica confírmase como un dos predictores prognósticos máis importantes: os linfomas de células B acadan medianas de supervivencia superiores ás dos de células T cando reciben protocolos de quimioterapia equivalentes. A nivel sistémico, os índices prognósticos compostos e as razóns hematolóxicas sinxelas achegan valor prognóstico independente, permitindo axustar a intensidade terapéutica en cada paciente. A dimensión molecular, aínda incipiente na práctica rutineira, conseguiu identificar mutacións específicas en varios xenes asociadas a recaídas temperás e deu lugar a un panel de secuenciación de nova xeración capaz de agrupar os pacientes en categorías prognósticas, anticipando a integración inminente da xenómica na estratificación de riscos. Estas evidencias catalizaron a transición de protocolos universais cara a terapias cada vez máis personalizadas. En conxunto, a clasificación multidimensional do linfoma canino non só mellora a capacidade de predición da supervivencia, senón que permite seleccionar protocolos cunha boa taxa de resposta global e planificar con antelación os réximes de rescate.

Santamarina Pernas, Germán (Titoría)
Santamarina Pernas, Germán (Titoría)
Tribunal
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
SUAREZ REY, MARIA LUISA (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Vogal)
Análise xenética de poboacións de stocks autóctonos de troita común (Salmo trutta) para a conservación dos seus recursos naturais na Comunidade Valenciana
Autoría
R.T.A.
Grao en Veterinaria
R.T.A.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
A troita común (Salmo trutta) é un peixe pertencente á familia dos salmónidos, cunha distribución euroasiática autóctona, que habita ríos frescos, limpos e ben osixenados. Na Península Ibérica, atópanse principalmente nas cabeceiras dos ríos. No último século, debido principalmente á actividade humana, observouse un declive nas poboacións da especie. Actualmente, a súa principal ameaza é o cambio climático, aínda que outro factor a ter en conta é a introgresión xenética causada pola liberación de troitas das piscifactorías centroeuropeas. Isto levou á incorporación dos seus xenes ás poboacións ibéricas autóctonas. A introdución de peixes piscívoros, a alteración dos hábitats fluviais por obras hidráulicas, a actividade mineira nos leitos dos ríos e a contaminación química procedente de vertidos de augas residuais son tamén factores que poñen en perigo a conservación da especie. A Comunidade Valenciana creou un Plan de Xestión da Troita común para protexer as poboacións naturais de troita común mediterránea nos ríos valencianos, preservando estas poboacións, mantendo a súa estrutura xenética e fortalecéndoas e ampliándoas con individuos das súas propias liñas xenéticas. Un total de 319 exemplares de troita común de catro localizacións habitadas por poboacións salvaxes da especie na Comunidade Valenciana, cinco liñas de troita salvaxe mantida en catividade e dous lotes de piscifactorías centroeuropeas foron xenotipados para 10 marcadores moleculares (é dicir, microsatélites) para analizar a súa diversidade xenética e diferenciación poboacional. Tras analizar os niveis de diversidade xenética e estrutura poboacional dos exemplares en catividade e comparalos cos seus homólogos naturais, só se atoparon diferenzas significativas entre a mostra natural (VA08) e o stock (HTVA20) do río Bohilgues. A causa podería ser a deriva xenética e a perda de diversidade no cultivo. Polo tanto, os datos suxiren que as liñas cultivadas dos diferentes grupos de poboación foron xestionadas adecuadamente, son representativas dos seus lugares de orixe e poden utilizarse para reforzar as súas poboacións orixinais, coa excepción da liña Bohilgues.

VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Titoría)
Bouza Fernandez, M Carmen Cotitoría
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Titoría)
Bouza Fernandez, M Carmen Cotitoría
Tribunal
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
ARIAS VAZQUEZ, MARIA SOL (Presidente/a)
Flament Simon, Saskia Camille (Secretario/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Vogal)
Diagnóstico de procesos respiratorios mediante ecografía torácica
Autoría
I.V.S.
Grao en Veterinaria
I.V.S.
Grao en Veterinaria
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
A ecografía pulmonar é unha técnica diagnóstica non invasiva que experimentou un desenvolvemento exponencial na medicina veterinaria nos últimos anos. O seu uso está a expandirse debido á capacidade para ofrecer imaxes en tempo real, á súa portabilidade e á rapidez e precisión diagnóstica, o que a converte nunha ferramenta especialmente útil en situacións de emerxencia e coidados intensivos en animais de compaña. Ademais, pode ser empregada por persoal non especializado que conte coa formación axeitada. Este traballo ten como obxectivo avaliar os distintos protocolos de ecografía pulmonar en animais de compaña, co fin de valorar a súa utilidade como ferramenta diagnóstica na detección de patoloxías do espazo pleural e pulmonar. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica centrada na descrición dos patróns e achados ecográficos máis representativos de enfermidades respiratorias como o derrame pleural, neumotórax, edema pulmonar, neumonía, entre outras, incluíndo tamén a imaxe ecográfica do pulmón san. A pesar das numerosas vantaxes que ofrece esta técnica, continúa a ser relativamente nova e o seu potencial uso aínda é descoñecido no ámbito profesional. Por este motivo, é preciso realizar máis estudos que permitan estandarizar os protocolos, establecer unha terminoloxía clínica consensuada e desenvolver itinerarios formativos específicos que favorezan a súa aplicación na práctica clínica veterinaria.

VILA PASTOR, MONICA (Titoría)