O SGC marco da USC deseñouse seguindo o modelo do programa FIDES-AUDIT que se concreta en 6 directrices e que da resposta aos estándares europeos para a garantía da calidade (ESG).
A USC aprobou o primeiro sistema marco en decembro de 2009, e foi simplificado posteriormente no ano 2013. En febreiro de 2018 aprobouse unha nova versión para asegurar os criterios e directrices europeos naqueles ámbitos de decisión que recaen na institución.
Así, a nova estrutura da documentación está formada por un nivel institucional e un nivel marco de centro. Ambos contan cun manual do sistema e cun manual de procesos que asegura a toma de decisións nos diferentes órganos responsables, a dispoñibilidade dos recursos necesarios e a mellora continua dos programas formativos e do propio funcionamento do sistema.
Os centros deben adaptar o deseño do sistema marco ás súas particularidades, asegurando a revisión periódica para detectar os axustes necesarios.
O deseño dos SGC, obrigatorio para os centros, foi certificado despois de superar unha avaliación documental. Os centros cunha xestión da calidade máis consolidada poden someterse a unha fase voluntaria de certificación da implantación dos SGC que posibilita a acreditación institucional do centro.