Ir o contido principal
Fondo Hospital Real
Fundado polos Reis Católicos a finais do século XV para a atención dos enfermos e peregrinos que chegaban a Santiago de Compostela.

Na súa historia hai dúas etapas ben diferenciadas: a primeira vai desde a súa fundación ata 1846, cando o Estado deixa de ocuparse do seu funcionamento. Neste ano pasa a depender das catro Deputacións galegas baixo a denominación de Hospital Xeral de Galicia. En 1879, o hospital é declarado provincial e pasa a depender da Deputación da Coruña que, por causa do traslado a unha nova sede, cede á Universidade os fondos documentais da institución para incorporalos ao Arquivo Histórico en 1960.

As series documentais reflicten unha visión de conxunto do hospital nos seus máis diversos aspectos: goberno, administración, xurisdición, xestión económica, voto de Santiago, fundamento do seu financiamento no Antigo Réxime, a chegada e atención aos peregrinos, aos enfermos ou a vida das nenas e os nenos expósitos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2023.