Dispoñibles novas guías de estilos de citas e referencias bibliográficas
A BUSC vén de publicar guías coa normativa que define os estilos de citas e referencias bibliográficas máis usados nas distintas disciplinas científicas : ISO 690, APA, Vancouver, MLA, Harvard e IEEE.
Ler máisA EDIUS visibiliza o rol da BUSC na formación en Competencias Informacionais
O director da biblioteca Concepción Arenal, José Rodríguez Dopazo, destaca nunha entrevista publicada no boletín da EDIUS que as competencias informacionais son un pilar básico para a investigación e a comunicación do traballo científico dun xeito eficiente.
Ler máisPeche do depósito e das salas de lectura da biblioteca de Xeografía e Historia
Ambos espazos permanecerán pechados do 9 de outubro ao 15 de novembro debido aos problemas estruturais no depósito que obrigan ao traslado dos fondos.
Ler máisAberto o prazo de matrícula para os cursos de Competencias en Información para alumnado de grao
O alumnado poderá inscribirse no curso básico entre o 1 e o 15 de outubro. A partir do día 14 e ata o 27 de outubro abrirase o prazo para a matrícula do curso avanzado. A superación do curso ten recoñecido un crédito ECTS.
Ler máisO fondo do compositor ourensán José Fernández Vide incorpórase á Biblioteca da Universidade de Santiago
O autor, que durante unha etapa foi docente de música no Centro Galego da Habana, pertence á gran xeración 'Nós' da contorna ourensá dos anos 30
Ler máisA busca de información, eixo dun curso de competencias gratuíto e en liña dirixido a estudantes de grao
A inscrición no curso, recoñecido con 1 crédito ECTS, permanece aberta ata o 15 de outubro
Ler máisA biblioteca de Filoloxía organiza a exposición ‘Poemas nas nosas linguas’ con motivo do Día Europeo das Linguas
O xoves día 26 inaugurarase a exposición cun recital multilingüe titulado ‘Ven recitar un poema’
Ler máisDispoñibles novas guías para crear e manter os identificadores e perfís de investigador de WOS e SCOPUS
Estas guías formativas véñense a sumar a outras xa publicadas pola BUSC, como a da xestión do ORCID ou a do perfil de Google Académico
Ler máisA biblioteca da Facultade de Óptica e Optometría acolle a mostra itinerante "8 libros, 8 mulleres que cambiaron o mundo"
A inauguración da mesma terá lugar o vindeiro luns 9 de setembro, coincidindo coa apertura do curso. O día 17 a mostra viaxará ata a biblioteca de Física, onde recalará ata o 27 de setembro. Aquí, a exposición ficará ampliada cunha escolma de obras de mulleres científicas na biblioteca.
Ler máisA enfermidade, o desexo ou o pensamento cambiaron a percepción sobre o corpo humano desde a Antigüidade
Un seminario internacional na Facultade de Filosofía e unha exposición na Igrexa da Universidade mostran como se representou a figura humana ata a época barroca
Ler máisCiclo de formación online de Web of Science no mes de setembro
Xa está aberto o prazo de inscrición para as tres sesións de formación que terán lugar no mes de setembro
Ler máisAs bibliotecas abrirán no seu horario habitual a partir do 2 de setembro
Finaliza tamén o préstamo de verán para o alumnado de grao e máster.
Ler máisClassiques Garnier, novo recurso electrónico dispoñible
A BUSC conta cun novo recurso electrónico en proba no ámbito da literatura e das ciencias sociais: Classiques Garnier. Esta plataforma inclúe libros e revistas de filosofía, dereito, economía, lingua e literatura francesas.
Ler máisCiclo de formación online de Web of Science no mes de xullo
Xa está aberto o prazo de inscrición para as tres sesións de formación que terán lugar no mes de xullo.
Ler máis