Ir o contido principal

A muller na banda deseñada

A biblioteca Concepción Arenal súmase ao 8M coa mostra bibliográfica "A muller na banda deseñada", unha escolla de obras de banda deseñada onde as protagonistas son as mulleres. Ademais da mostra virtual, poderá visitarse na propia biblioteca ata o 14 de marzo.

Ler máis

Formación de Wiley para autores

Entre o 7 de marzo e o 21 de maio a editorial Wiley oferta unha serie de formacións web na que os autores poderán aprender a realizar buscas efectivas, descubrir ferramentas da intelixencia artificial aplicadas á edición científica e coñecer as últimas iniciativas relacionadas co acceso aberto. É necesaria inscrición previa

Ler máis

Manifesto de REBIUN en defensa dos repositorios de acceso aberto

A Red de Bibliotecas Universitarias y Científicas Españolas (REBIUN) vén de publicar un manifesto no que se defende o papel central dos repositorios como infraestuturas clave nas políticas en favor do acceso aberto e a importancia que estes teñen para o desenvolvemento da investigación e o coñecemento compartido.

Ler máis