Ir o contido principal
Investigacion voluntariado
Dende a Área de Inclusión e Participación Social lévanse a cabo tarefas de Investigación sobre temas relacionados co voluntariado.

Actualmente, está en proceso de elaboración un estudio no que se realizará unha análise das accións voluntarias, tendo como poboación os voluntarios que pasaron polo servizo dende que empezou a funcionar.

Os obxectivos que se perseguen son avaliar o grado de satisfacción dos estudantes que teñen participado en accións de voluntariado e, ademais, realizar unha análise diagnóstica das habilidades e aprendizaxes que os universitarios/as obteñen a través da súa participación en actividades como voluntarios/as.

Á súa vez, estase elaborando un Manual de Boas Prácticas en colaboración cos servizos similares doutras universidades españolas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2023.