Marco de colaboración con entidades sociais para o desenvolvemento de programas de voluntariado.
Para o desenvolvemento de iniciativas de voluntariado e participación social de carácter social, educativo e científico entre os membros da comunidade universitaria, a USC asina convenios de colaboracións con organizacións do terceiro sector e diversas entidades públicas.
Ao abeiro destes convenios realízase a prestación de servizos asistenciais e de apoio e o desenvolvemento de actividades de formación, información, asesoramento e difusión de accións de voluntariado, participación social e cooperación.