Unha adaptación curricular é unha estratexia de planificación e actuación docente para tratar de responder ás necesidades de aprendizaxe de cada alumno.
As adaptacións curriculares deben partir da valoración individual das necesidades de cada estudante con discapacidade. Nas adaptacións curriculares están implicados non só os profesores, senón todos os servizos que poidan colaborar nas adaptacións de postos de traballo, materiais de estudio, acceso á rede…
Se precisas unha adaptación, fai a solicitude de apoio a estudantes con discapacidade e/ou necesidades específicas.