Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Cores
A Aula Diversia é unha iniciativa conxunta do Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) da USC e da Oficina de Vida Independente de Galicia da Asociación Vigalicia.

Disponse como un instrumento formativo e divulgativo baseado en recursos audiovisuais e Internet capaz de chegar a extensas audiencias, orientado ao cambio de paradigma no xeito de abordar o fenómeno social da discapacidade que significa a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas.

  • A visión de Diversia é lograr unha apreciación práctica xeneralizada da cultura dos dereitos humanos e da inclusión da diversidade na súa conexión co fenómeno social da discapacidade.

    O seu obxectivo é achegar elementos de enriquecemento cultural para o desenvolvemento de boas prácticas a través do fomento do coñecemento académico e da experiencia, dos proxectos creativos e o discurso dende unha perspectiva de inclusión e vida independente, mediante o achegamento ás propostas e ás iniciativas das persoas con diversidade funcional e das organizacións sociais aliñadas coa Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas, así como ás institucións e Administración públicas, alentando un debate intelixente para apoiar a efectividade dos dereitos humanos das persoas discapacitadas na sociedade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.08.2023.