Existe un cupo reservado de cuartos para estudantes con discapacidade.
O número de prazas varía segundo as necesidades dos alumnos solicitantes. Ademais o Servizo Universitario de Residencias conta con 11 cuartos adaptados para o aloxamento de estudantes con discapacidade. O programa quere facilitar a máis acaída integración do estudante para que o seu rendemento académico sexa o mellor posible.
Se queres solicitar apoio
- Cubre a solicitude de apoio.
- Contacta co Servizo Universitario de Residencias para coñecer o procedemento de solicitude de praza do SUR. Pavillón de Estudantes. Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela. Para calquera aclaración tamén podes contactar por teléfono nos números 881 814 574 /881 814 525 / 881 814 526, ou a través do correo electrónico escribíndonos a: sur [at] usc.es (sur[at]usc[dot]es).