A Área de Inclusión e Participación Social encárgase da coordinación e posta en marcha, en colaboración cos distintos centros, das actuacións necesarias destinadas a favorecer as medidas de atención á diversidade ao alumnado baixo un principio de equidade. Asemade, con outros servizos universitarios e, a través de convenios de colaboración con outras entidades, estase a impulsar a incorporación sociolaboral dos futuros egresados e egresadas con discapacidade ou necesidades específicas.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.02.2023.