Ir o contido principal
Alumnx ApS
A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha metodoloxía educativa que integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna, o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social.

Os programas de Aprendizaxe-Servizo (service-learning) constitúen unha proposta de innovación educativa asociada na súa definición, aplicación e desenvolvemento, a patróns de mellora cognitiva e social do alumnado universitario, coa finalidade de optimizar o seu crecemento persoal e avanzar no logro de competencias profesionais a través dun servizo á comunidade.

O auxe da ApS na educación superior está ligado a unha activa relación da Universidade coa sociedade civil.

No ano 2015, a CRUE recoñeceu a importancia da institucionalización da ApS como estratexia docente dentro do marco da responsabilidade social universitaria para promocionar a sustentabilidade.

A USC conta xa con achegas significativas no desenvolvemento desta metodoloxía, pois dende hai anos lévase traballando no eido da formación, a investigación e a difusión. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.05.2024.