Resultados
A USC, sentinela da seguridade alimentaria en Europa
A docente e investigadora na Facultade de Veterinaria Marta López Alonso forma parte do panel de expertos da EFSA sobre aditivos e produtos usados en alimentación animal
O Consello de Goberno da USC aproba os graos en Enxeñaría Robótica e Xestión Cultural para a súa implantación no curso 2019-20
A sesión do órgano universitario celebrada en Lugo serviu para presentar un código de boas prácticas en investigación e validou a política de seguridade e xestión da información na USC
Leóns, hienas e rinocerontes nos montes de Lugo
Hai 110.000 anos 40 especies de fauna poboaron esta rexión, segundo se extrae do estudo de 1.400 restos fósiles achados no xacemento Valdavara 3, en Becerreá
O ránking de Shangai destaca a produción científica da USC en dezasete materias
A investigación en Ciencias Veterinarias da USC atópase entre as cen mellores do mundo
A EPS de Enxeñaría comeza o proceso de acreditación EUR-ACE® dos graos en Enxeñaría Forestal e Civil e do máster en Montes
Unha comisión externa supervisa desde hoxe as titulacións do centro lugués e emitirá este mércores o seu informe provisorio ao Instituto da Enxeñaría de España
Estudantes da Economía da USC propoñen melloras en seis barrios e parroquias de Compostela
Nas conclusións do proxecto de Aprendizaxe-Servizo ‘Universidade, sociedade e desenvolvemento. A Aprendizaxe-Servizo no eido do desenvolvemento local’
A Estación Científica da USC promociona a riqueza micolóxica do Courel nunha concorrida Festa da Cantarela
Repartidas máis de 200 racións de cogomelos no marco dunha animada xornada lúdica e gastronómica celebrada en Paderne do Courel
Unha planificación cultural acaída permitiría visibilizar a riqueza patrimonial das vilas históricas de Galicia, di unha investigadora
Ana Mesía defende na súa tese o potencial dos conxuntos históricos de Galicia e ve o cobro de entradas clave para a conservación patrimonial