Skip to main content

Training and Teaching Innovation Program

December 2024

Galego seguro: solución de dúbidas na escrita

O curso Galego Seguro pretende dar certeza naqueles aspectos da norma que xeran máis dúbidas e, tamén, darlle unha perspectiva real do seu nivel de lingua. O obxectivo é clarexar erros recorrentes relacionados coa norma, pero tamén pór en valor a lingua real; as capacidades comunicativas tan valiosas que todos e todas atesouran dalgunha maneira.
Dates
10 ó 20 de decembro
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Dereitos e deberes lingüísticos na USC. O regulamento de usos lingüísticos

Este curso tratará de aclarar e afianzar contidos sobre dereitos lingüísticos da Constitución, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, os Estatutos da Universidade e, especialmente, o Regulamento de Usos Lingüísticos.
Dates
10 ó 19 de decembro
Place
Curso en liña, Campus Virtual USC
Pre-registration
Closed

November 2024

Cambios de nome e de mención relativa ao sexo na usc: teoría e aplicacións

Para evitar calquera discriminación hoxe, segundo a legalidade vixente, as institucións incorporan protocolos específicos de actuación para novas identidades de xénero. Neste sentido, no curso explicarase o Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e interxénero da USC. Tamén se reflexionará, de modo xeral, sobre prácticas lingüísticas inclusivas.
Dates
25 de novembro ó 4 de decembro
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

A Saúde Comunitaria Baseada en Activos como campo de boas prácticas e proxectos en innovación educativa.

Este curso pretende impartir unha formación básica non deseño de proxectos de innovación educativa en Saúde Comunitaria para docentes da Universidade de Santiago de Compostela. O curso tratará amplamente o tema de Promoción da Saúde Comunitaria Baseada en Activos, cunha especial atención aos enfoques salutoxénico e determinantes sociais da saúde e o benestar como vía para o desenvolvemento e deseño de proxectos de innovación educativa.
Dates
5 ó 12 de novembro
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

October 2024

Creación de cuestionarios no Campus Virtual

Os cuestionarios son ferramentas que nos permiten crear probas cunha serie de preguntas con diversos obxectivos, desde a autoavaliación á propia avaliación final dos estudantes. O Campus Virtual dispón da actividade Cuestionario, que permite construír probas empregando unha variedade de tipos de preguntas. Ao longo deste curso revisarase o seu funcionamento xeral e os tipos de preguntas dispoñibles. Tamén se revisarán mecanismos para axilizar esta creación a través dos formatos Aiken e GIFT, permitindo así utilizar preguntas creadas previamente
Dates
14 ó 31 de outubro
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

September 2024

Curso de Da Vinci Resolve Básico

Davinci Resolve é un programa gratuíto e cada vez mais en uso polos profesionais da industria, válido para calquera software de edición. DaVinci Resolve é a única solución do mercado que combina ferramentas profesionais para editar, etalonar, compor efectos visuais, crear animacións gráficas e mesturar audio nun só programa. O curso estará dividivo en dous grupos, un primeiro grupo de 20 persoas e un segundo grupo de 10 persoas, no que através de 20 horas de sesións online repartidas en 10 videoconferencias en directo. A estas 20 horas sumaránselle 10 horas de traballo autónomo, o estudante poderá adquirir as nocións básicas para poder empezar a crear proxectos de vídeo profesionais con esta ferramenta
Dates
30 de setembro ó 8 de novembro
Place
En liña, aula virtual CIXUG
Pre-registration
Closed

Introdución a Python

Python é unha linguaxe de alto nivel de programación interpretada cuxa filosofía fai fincapé na lexibilidade do seu código, está administradopor Python Sotware Foundation e posúe unha licenza de código aberto. Python experimentou nos últimos anos un auxe sen precedentes, dominando a escena das linguaxes de programación de propósito xeral. A aprendizaxe de Python é moi recomendable na actualidade debido ás súas vantaxes na automatización de tarefas administrativas, a análisede datos, o desenvolvemento de aplicacións web, a investigación académica, o ensino e titoría, a colaboración con outros profesionais e aadaptación ás últimas tecnoloxías. Aprender Python proporciona habilidades e ferramentas para mellorar a eficiencia, aproveitar datosinstitucionais, desenvolver proxectos académicos e manterse actualizado nunha contorna académica en constante evolución.
Dates
30 de setembro ó 15 de outubro
Place
En liña, aula virtual CIXUG
Pre-registration
Closed

Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP

A creación e manipulación de imaxes é unhas das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico. Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou titorial posterior sobre estes programas.
Dates
30 de setembro ó 1 de novembro
Place
En liña, aula virtual CIXUG
Pre-registration
Closed

Introducción a la edición de textos científicos con LateX

Neste curso aprenderase a redactar un documento científico en LaTeX dende cero, a través de exemplos prácticos que permitan coñecer dende os fundamentos máis básicos ata as opcións avanzadas desta linguaxe. LaTeX é un sistema de composición de textos, orientado á creación de documentos escritos que presenten unha alta calidade tipográfica. Polas súas características e posibilidades, é usado de forma especialmente intensa na escritura de artigos e libros científicos que inclúen, entre outros elementos, expresións matemáticas.
Dates
30 de setembro ó 10 de outubro
Place
En liña, aula virtual CIXUG
Pre-registration
Closed

Iniciación a GNU Octave

GNU Octave é un software liberado baixo unha licenza libre. Considérase unha alternativa real ás distintas solucións privativas utilizadas na realización de estudos de cálculo numérico. O curso vai dende a instalación de Octave, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a instalación de librerías e complementos.
Dates
23 de setembro ó 25 de outubro
Place
En liña, aula virtual CIXUG
Pre-registration
Closed

Curso básico en ferramentas de apoio á docencia híbrida e virtual: Campus Virtual e Microsoft 365

A introdución nas titulacións oficiais das modalidades híbrida e virtual como contrapunto da modalidade presencial obriga a por en valor as ferramentas dispoñibles para o profesorado para crear estratexias didácticas específicas e materiais de estudo adaptados á docencia non presencial. Neste curso percorreranse os aspectos máis esenciais do Campus Virtual e Microsoft 365 co fin de adquirir as habilidades básicas para afrontar as modalidades de docencia híbrida e virtual con garantías.
Dates
23 de setembro ò 18 de outubro
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Dereitos e deberes lingüísticos na USC. O regulamento de usos lingüísticos

Este curso tratará de aclarar e afianzar contidos sobre dereitos lingüísticos da Constitución, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, os Estatutos da Universidade e, especialmente, o Regulamento de Usos Lingüísticos.
Dates
16 ó 30 de setembro
Place
Curso en liña, Campus Virtual USC
Pre-registration
Closed

Máxima: Software de Cálculo Simbólico y Álgebra Computacional

Maxima é un sistema de álxebra computacional, escrito en lenguaxe Lisp e publicado baixo licenza libre de GNU GPL, que se usa para a manipulación de expresións simbólicas e numéricas, incluíndo diferenciación, integración, expansión en series de Taylor, transformadas de Laplace, ecuacións diferenciais ordinarias, sistemas de ecuacións lineais, vectores, matrices e tensores. Maxima produce resultados de alta precisión usando fraccións exactas, números enteros de precisión arbitraria e números de coma flotante con precisión variable. Adicionalmente pode facer gráficas de funcións e datos en dúas e tres dimensións.
Dates
16 de setembro ó 18 de outubro
Place
En liña, aula virtual CIXUG
Pre-registration
Closed

June 2024

Creación de contidos interactivos con H5P no Campus Virtual

Os contidos interactivos facilitan a apropiación do coñecemento dentro do proceso de ensinanza-aprendizaxe, permitindo integrar diferentes formatos (audio, vídeo, texto, imaxe, animación...) que se adecúan aos estilos e ritmos de aprendizaxe dos estudantes, á vez que aumenta a súa atención durante o proceso xerando un rol activo do estudante á hora de explorar os elementos da aula virtual. Neste curso ofrecerase unha introdución ao funcionamento de H5P dentro do Campus Virtual e revisaranse exemplos para ilustrar as posibilidades que ofrece. Detallarase o funcionamento específico para determinados tipos de contidos interactivos (como vídeos interactivos, presentacións, xogos, tours virtuais, liñas de tempo, etc) que servirán de base para explorar o resto de formatos dispoñibles.
Dates
27 de xuño ò 12 de xullo
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Avaliación por pares coa actividade Obradoiro do Campus Virtual

O Campus Virtual pon á disposición a actividade Obradoiro, unha ferramenta que permite implementar a avaliación por pares, onde o alumnado realiza e entrega tarefas que serán distribuídas entre o resto de participantes, que avaliarán e cualificarán seguindo unhas instrucións específicas e formais. Esta avaliación é altamente personalizable e inclúe elementos como a autoavaliación, o uso de rúbricas ou a resposta a preguntas específicas. O profesorado controla en todo momento o proceso e pode guiar ao alumnado a través del. Neste curso realizarase un percorrido guiado pola actividade Obradoiro, expoñendo as súas funcionalidades e posibilidades de configuración, enfocándose no seu uso práctico e aportando recomendacións para a solución das incidencias máis habituais no seu uso.
Dates
18 de xuño ò 5 de xullo
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Xestión de documentos na nube con OneDrive

A nube da USC, baseada en Microsoft 365, inclúe entre os seus aplicativos a Microsoft OneDrive. Trátase dun servizo que permite almacenar ficheiros na nube e mantelos sincronizados entre diversos dispositivos, como ordenadores, portátiles ou dispositivos móbiles. Tamén permite compartir os ficheiros con outras persoas e traballar de forma colaborativa. Estas características eliminan a necesidade de realizar duplicados e xestionar diferentes versións dos mesmos. Neste curso realizarase un percorrido guiado por Microsoft OneDrive, expoñendo as súas funcionalidades, introducindo o seu funcionamento xeral e aportando recomendacións para o uso eficiente e seguro da documentación en liña.
Dates
12 ò 27 de xuño
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Curso básico en ferramentas de creación de contidos

Coñecer as posibilidades das ferramentas TIC para o desenvolvemento das nosas estratexias didácticas, facilita e optimiza a nosa labor docente. No curso básico en ferramentas de creación de contidos faremos un percorrido polas ferramentas que nos permiten desenvolver contido didáctico, as súas vantaxes e posibilidades e a forma óptima de integralas na aula de xeito que poidamos achegarnos ao noso alumando con distintos enfoques e utilizando ferramentas e espazos de uso habitual por eles e elas.
Dates
10 de xuño ó 5 de xullo
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

May 2024

Gestión de equipos y reuniones en línea con Microsot Teams

A nube da USC, baseada en Microsoft 365, inclúe entre os seus aplicativos a Microsoft Teams. Trátase dun espazo de traballo colaborativo baseado en chat que permite unificar na mesma aplicación toda a comunicación e documentación xestionada en liña: definición de equipos de traballo, edición compartida de documentos, repositorio de contidos e comunicación entre os seus membros. Neste curso realizarase un percorrido guiado por Microsoft Teams, expoñendo as súas funcionalidades, introducindo o seu funcionamento xeral e aportando recomendacións para o uso eficiente do mesmo.
Dates
29 de maio ó 7 de xuño
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Obradoiro de elaboración de unidades didácticas en galego

Curso interdisciplinar de formación de profesorado para a elaboración e edición de unidades didácticas para a docencia universitaria. Trátase de promover o uso e a actualización de recursos técnicos e metodolóxicos para a elaboración de materiais docentes de calidade. Para iso ponse á disposición do profesorado as ferramentas específicas para a execución do propio traballo e ofrécese asesoramento personalizado tanto do punto de vista lingüístico coma didáctico. Impartiranse contidos de didáctica, editoriais, lingua e lexislación, de acordo cun modelo de unidade didáctica na primeira quenda de sesións telepresenciais. A seguir, cada asistente elaborará unha unidade didáctica dalgunha das materias que imparta, no marco dun proxecto docente, co apoio do profesorado do curso, mediante titorías virtuais individuais e en grupo. Ao final realizarase unha posta en común de todas as unidades nas sesións presenciais do mes de xuño.
Dates
20 de maio ó 18 de xuño
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

April 2024

Curso básico en ferramentas de creación de contidos

Coñecer as posibilidades das ferramentas TIC para o desenvolvemento das nosas estratexias didácticas, facilita e optimiza a nosa labor docente. No curso básico en ferramentas de creación de contidos faremos un percorrido polas ferramentas que nos permiten desenvolver contido didáctico, as súas vantaxes e posibilidades e a forma óptima de integralas na aula de xeito que poidamos achegarnos ao noso alumando con distintos enfoques e utilizando ferramentas e espazos de uso habitual por eles e elas.
Dates
17 de abril ó 16 de maio
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Creación de infografías e deseños vectoriais

A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos. Durante o curso utilizarase Inkscape, unha aplicación multiplataforma de código aberto liberada baixo a licenza GNU GPL. Esta aplicación encontrase dispoñible e de balde para ser descargada na seguinte URL: https://inkscape.org/es/descargas/ No curso atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a infografía.
Dates
15 de abril ó 17 de maio
Place
En liña, aula virtual CIXUG
Pre-registration
Closed

Benestar e manexo de animais de experimentación

Comprender mellor a necesidade do uso de animais de experimentación e os requisitos que garantan o seu benestar. Refinar o uso de técnicas de manipulación das especies animais de experimentación máis comúns centrándose nun manexo que minimice o estrés
Dates
9 ó 16 de abril
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

March 2024

Uso das Cualificacións no Campus Virtual

A avaliación permite valorar o grado de consecución dos obxectivos nun proceso de ensinanza-aprendizaxe. O Campus Virtual conta con mecanismos e ferramentas para avaliar a actividade do estudantado, xa sexa realizada na plataforma virtual como presencialmente. Neste curso ofrecerase unha introdución ao sistema de cualificacións do Campus Virtual e á xestión das cualificacións das distintas actividades co fin de obter dun resultado final. Detallarase unha serie de boas prácticas encamiñadas a reducir as incidencias.
Dates
18 de marzo ó 5 de abril
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Tipos de agrupamento, métodos de ensino e organización de actividades de ensino-aprendizaxe

As modalidades organizativas (sesión expositivas, seminarios, laboratorio...) preestablecidas nas materias e os tipos de agrupamento, condicionan o tipo de traballo a realizar na aula co alumnado, polo que será necesario analizar e reflexionar sobre os métodos de ensino e as propostas de actividades, para en función dos grupos de estudantes, espazos e tempos, traballar os contidos e alcanzar os obxectivos previstos para a nosa materia mellorando os procesos de ensino e aprendizaxe.
Dates
12 ó 22 de marzo
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

February 2024

Aprendizaxe activa en grupos numerosos

A utilización de metodoloxías activas vese dificultada con frecuencia pola presenza de moitos alumnos en clase (máis de 60). Certamente, as metodoloxías máis ambiciosas (por exemplo, a aprendizaxe baseada en proxectos) son inviables (ou moi difíciles de aplicar) nestas condicións. Pero outras moitas son posibles (e moi beneficiosas) sempre que exista unha planificación coidadosa do traballo que deben realizar os alumnos dentro e fóra de clase. No taller ofreceranse recomendacións e pautas para abordar este reto.
Dates
21 ó 23 de febreiro
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Sobrecarga da voz

O obxectivo deste curso é adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para un bo uso da voz como instrumento de traballo.
Dates
19 de febreiro ó 4 de marzo
Place
Curso en liña
Pre-registration
Closed

Galego seguro: solución de dúbidas na escrita

O curso Galego Seguro pretende dar certeza naqueles aspectos da norma que xeran máis dúbidas e, tamén, darlle unha perspectiva real do seu nivel de lingua. O obxectivo é clarexar erros recorrentes relacionados coa norma, pero tamén pór en valor a lingua real; as capacidades comunicativas tan valiosas que todos e todas atesouran dalgunha maneira.
Dates
15 de febreiro ó 5 de marzo
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Dereitos e deberes lingüísticos na USC. O regulamento de usos lingüísticos

Este curso tratará de aclarar e afianzar contidos sobre dereitos lingüísticos da Constitución, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, os Estatutos da Universidade e, especialmente, o Regulamento de Usos Lingüísticos.
Dates
15 ó 29 de febreiro
Place
Curso en liña, Campus Virtual USC
Pre-registration
Closed

Metodoloxía Flipped Classroom na educación superior

O propósito deste curso é coñecer o modelo Flipped Classroom, clase invertida, analizando a súa posible aplicabilidade na educación superior, as vantaxes do seu desenvolvemento e os problemas ou inconvenientes que podemos atopar ao poñelo en práctica, detallando, á súa vez, algúns estudos que abordan a súa eficacia. Faremos un percorrido por diferentes ferramentas e recursos dispoñibles para empregar, centrándono s nalgunhas delas, que requirirán a creación de contido didáctico invertido por parte dos participantes. Polo tanto, é un enfoque eminentemente práctico que proporciona aos estudantes coñecementos, recursos e ferramentas para poñer en práctica este modelo, no contexto da súa propia aula.
Dates
14 de febreiro ó 1 de marzo
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Avaliación de Tarefas no Campus Virtual: uso de rúbricas e guías de avaliación

A actividade Tarefa en Moodle proporciona un espazo no que os estudantes poden enviar os traballos para ser avaliados e recibir comentarios. Ademais de integrarse dentro do Campus Virtual e das diferentes actividades realizadas en cada aula, non só permite aforrar papel, senón que simplifica e estandariza a recepción e avaliación dos traballos, en contraposición ao uso do correo electrónico. Ademais, a actividade Tarefa permite accións máis avanzadas, como realizar correccións cegas, permitir o envío en grupo ou establecer un fluxo de traballo (para que todos os estudantes reciban a cualificación á vez). Entre estas opcións destaca a posibilidade de usar rúbricas e guías de avaliación, ferramentas coas que realizar avaliacións obxectivas e estandarizadas de acordo a criterios específicos ligados aos obxectivos de aprendizaxe.
Dates
12 de febreiro ó 1 de marzo
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

December 2023

Creación de cuestionarios no Campus Virtual

Os cuestionarios son ferramentas que nos permiten crear probas cunha serie de preguntas con diversos obxectivos, desde a autoavaliación á propia avaliación final dos estudantes. O Campus Virtual dispón da actividade Cuestionario, que permite construír probas empregando unha variedade de tipos de preguntas. Ao longo deste curso revisarase o seu funcionamento xeral e os tipos de preguntas dispoñibles. Tamén se revisarán mecanismos para axilizar esta creación a través dos formatos Aiken e GIFT, permitindo así utilizar preguntas creadas previamente
Dates
13 de decembro ao 15 de xaneiro
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Dereitos e deberes lingüísticos na USC. O regulamento de usos lingüísticos

Este curso tratará de aclarar e afianzar contidos sobre dereitos lingüísticos da Constitución, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, os Estatutos da Universidade e, especialmente, o Regulamento de Usos Lingüísticos.
Dates
5 ó 19 de decembro
Place
Curso en liña, Campus Virtual USC
Pre-registration
Closed

November 2023

Creación de contenidos interactivos con H5P en el Campus Virtual

Os contidos interactivos facilitan a apropiación do coñecemento dentro do proceso de ensinanza-aprendizaxe, permitindo integrar diferentes formatos (audio, vídeo, texto, imaxe, animación...) que se adecúan aos estilos e ritmos de aprendizaxe dos estudantes, á vez que aumenta a súa atención durante o proceso xerando un rol activo do estudante á hora de explorar os elementos da aula virtual. Neste curso ofrecerase unha introdución ao funcionamento de H5P dentro do Campus Virtual e revisaranse exemplos para ilustrar as posibilidades que ofrece. Detallarase o funcionamento específico para determinados tipos de contidos interactivos (como vídeos interactivos, presentacións, xogos, tours virtuais, liñas de tempo, etc) que servirán de base para explorar o resto de formatos dispoñibles.
Dates
20 de novembro ó 4 de decembro
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Cambios de nome e de mención relativa ao sexo na USC

Para evitar calquera discriminación hoxe, segundo a legalidade vixente, as institucións incorporan protocolos específicos de actuación para novas identidades de xénero. Neste sentido, no curso explicarase o Protocolo de actuación para os cambios de nome e de mención relativa ao sexo das persoas transexuais, transxénero e interxénero da USC. Tamén se reflexionará, de modo xeral, sobre prácticas lingüísticas inclusivas
Dates
8 ó 30 de novembro
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

October 2023

Deseño e creación de material didáctico interactivo con infografías en Genially

As infografías, e outros formatos dixitais visuais, constitúen recursos que nos permiten axudar ao noso alumnado na consolidación do seu aprendizaxe ao tempo que explotan a creatividade do persoal docente. Transformar a información a transmitir ao noso alumnado en formatos que permitan a súa publicación, compartición e interacción, non redundan mais que nun reforzo do proceso ensinanza aprendizaxe.
Dates
18 de outubro ó 10 de novembro
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Máxima: Software de Cálculo Simbólico e Álxebra Computacional

Maxima é un sistema de álxebra computacional, escrito en lenguaxe Lisp e publicado baixo licenza libre de GNU GPL, que se usa para a manipulación de expresións simbólicas e numéricas, incluíndo diferenciación, integración, expansión en series de Taylor, transformadas de Laplace, ecuacións diferenciais ordinarias, sistemas de ecuacións lineais, vectores, matrices e tensores. Maxima produce resultados de alta precisión usando fraccións exactas, números enteros de precisión arbitraria e números de coma flotante con precisión variable. Adicionalmente pode facer gráficas de funcións e datos en dúas e tres dimensións.
Dates
Do 2 de outubro ao 3 de novembro
Place
En liña, aula virtual CIXUG
Pre-registration
Closed

June 2023

Curso básico en ferramentas de creación de contidos

Coñecer as posibilidades das ferramentas TIC para o desenvolvemento das nosas estratexias didácticas, facilita e optimiza a nosa labor docente. No curso básico en ferramentas de creación de contidos faremos un percorrido polas ferramentas que nos permiten desenvolver contido didáctico, as súas vantaxes e posibilidades e a forma óptima de integralas na aula de xeito que poidamos achegarnos ao noso alumando con distintos enfoques e utilizando ferramentas e espazos de uso habitual por eles e elas.
Dates
19 de xuño ao 12 de xullo
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Dereitos e deberes lingüísticos na USC. O regulamento de usos lingüísticos

Este curso tratará de aclarar e afianzar contidos sobre dereitos lingüísticos da Constitución, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, os Estatutos da Universidade e, especialmente, o Regulamento de Usos Lingüísticos.
Dates
19 ao 23 de xuño
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Curso básico en ferramentas de apoio á docencia híbrida e virtual: Campus Virtual e Microsoft 365

A introdución nas titulacións oficiais das modalidades híbrida e virtual como contrapunto da modalidade presencial obriga a por en valor as ferramentas dispoñibles para o profesorado para crear estratexias didácticas específicas e materiais de estudo adaptados á docencia non presencial. Neste curso percorreranse os aspectos máis esenciais do Campus Virtual e Microsoft 365 co fin de adquirir as habilidades básicas para afrontar as modalidades de docencia híbrida e virtual con garantías.
Dates
15 xuño ao 10 de xullo
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Formación de acollida. Estratexias para deseñar actividades de aprendizaxe

Os participantes valorarán a importancia de deseñar actividades de aprendizaxe que favorezan a aprendizaxe activa dos seus estudantes, para iso, traballarase sobre os elementos clave que hai que considerar no deseño e importancia que ten o papel do/a docente no seguimento e avaliación das mesmas. Traballarase a partir de distintos tipos de actividades e farán unha aplicación didáctica ós seus contextos reais.
Dates
9 ao 28 de xuño
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Obradoiro de elaboración de unidades didácticas en galego

Curso interdisciplinar de formación de profesorado para a elaboración e edición de unidades didácticas para a docencia universitaria. Trátase de promover o uso e a actualización de recursos técnicos e metodolóxicos para a elaboración de materiais docentes de calidade. Para iso ponse á disposición dos profesores as ferramentas específicas para a execución do propio traballo e ofrécese asesoramento personalizado tanto do punto de vista lingüístico coma didáctico. Impartiranse contidos de didáctica, editoriais, lingua e lexislación, de acordo cun modelo de unidade didáctica na primeira quenda de sesións telepresenciais. A seguir, cada asistente elaborará unha unidade didáctica dalgunha das materias que imparta, no marco dun proxecto docente, co apoio do profesorado do curso, mediante titorías virtuais individuais e en grupo. Ao final realizarase unha posta en común de todas as unidades nas sesións presenciais do mes de xuño. Por último todas as unidades terán un proceso de revisión co obxecto de deixalas listas para a súa publicación posterior.
Dates
5 ao 27 de xuño
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

May 2023

LibreOffice, Calc nivel Avanzado

Coa vista posta na mellora do dominio da folla de cálculo, este curso aborda conceptos como a xestión de estilos e a súa aplicación, ou un mellor desenvolvemento daquelas funcións de maior frecuencia de uso e que nos axudarán a mellorar os resultados diarios cando manexamos unha folla de cálculo de LibreOffice Calc.
Dates
29 de maio ao 30 de xuño
Place
En liña, aula virtual CIXUG
Pre-registration
Closed

Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais

LibreOffice e OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas. Neste curso poderás atopar apuntes, vídeos e exercicios para aprender a dominar edición de documentos de texto.
Dates
29 de maio ao 30 de xuño
Place
En liña, aula virtual CIXUG
Pre-registration
Closed

Curso básico en ferramentas de creación de contidos

Coñecer as posibilidades das ferramentas TIC para o desenvolvemento das nosas estratexias didácticas, facilita e optimiza a nosa labor docente. No curso básico en ferramentas de creación de contidos faremos un percorrido polas ferramentas que nos permiten desenvolver contido didáctico, as súas vantaxes e posibilidades e a forma óptima de integralas na aula de xeito que poidamos achegarnos ao noso alumando con distintos enfoques e utilizando ferramentas e espazos de uso habitual por eles e elas.
Dates
29 de maio ao 19 de xuño
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Galego seguro: solución de dúbidas na escrita.

O curso Galego Seguro pretende dar certeza naqueles aspectos da norma que xeran máis dúbidas e, tamén, darlle unha perspectiva real do seu nivel de lingua. O obxectivo é clarexar erros recorrentes relacionados coa norma, pero tamén pór en valor a lingua real; as capacidades comunicativas tan valiosas que todos e todas atesouran dalgunha maneira.
Dates
23 de maio ao 9 de xuño
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Curso básico en ferramentas de apoio á docencia híbrida e virtual: Campus Virtual e Microsoft 365

A introdución nas titulacións oficiais das modalidades híbrida e virtual como contrapunto da modalidade presencial obriga a por en valor as ferramentas dispoñibles para o profesorado para crear estratexias didácticas específicas e materiais de estudo adaptados á docencia non presencial. Neste curso percorreranse os aspectos máis esenciais do Campus Virtual e Microsoft 365 co fin de adquirir as habilidades básicas para afrontar as modalidades de docencia híbrida e virtual con garantías.
Dates
22 maio ao 16 de xuño
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

Aprender a ensinar na aula: o uso do Método do Caso

Este curso da unha visión teórico-práctica do uso de metodoloxías activas e concretamente das oportunidades que ofrece traballar co Método do Caso (MdC). O profesorado que participe conseguirá coñecer os aspectos clave necesarios para aplicar o MdC na aula, facilitando o desenrolo de competencias transversais nos estudantes, como traballo en equipo, comunicación eficaz, aprender a aprender, pensamento crítico, creatividade, etc.
Dates
8 de maio a 7 de xuño
Place
En liña, Teams
Pre-registration
Closed

April 2023

Educación da voz

O curso ten como obxectivos comprender o funcionamento vocal e coñecer as estratexias de prevención de problemas da voz.
Dates
24 de abril ao 8 de maio
Place
Curso en liña
Pre-registration
Closed