Skip to main content
  • USC

Conferencia o próximo venres, 3 de marzo no salón de actos da EPSE.

Ponencia: "A transformación na era dixital. Estratexia e tendencias de futuro"

Laura Ríos Pena impartirá unha ponencia titulada "A transformación na era dixital. Estratexia e tendencias de futuro". no marco do Máster de Dirección de Proxectos este venres día 3 de marzo de 16:00 a 18:00 horas no Salón de Actos da EPSE

Laura, cursou as titulacións de Enxeñeira Técnica Forestal e Enxeñería de Montes na EPSE ademáis de facer a súa tese doutoral de forma conxunta entre o programa de doutoramento de Enxeñería para o Desenvolvemento Rural e Civil e a Estación Biológica de Doñana do CSIC. Continuando cunha intensa traxectoria caracterizada por combinar o ámbito científico e profesional no eido da análise dos datos actualmente desempeña o posto de Líder de Machine Learning do equipo de Analytics dunha das maiores empresas do sector retail mundiais con sede en Galicia. 

Na súa ponencia presentará como desenvolve o seu traballo mediante exemplos de diferentes proxectos de Intelixencia Artificial (IA) que teñen como obxectivo democratizar as decisións de forma segura e confiable e de como esto se pode levar a cabo mediante o liderazgo nos cambios organizacionais