Pasar al contenido principal

Actualidad

Juan Rof Codina, o “primeiro influencer veterinario’

Un relatorio sobre o impulsor da Veterinaria en Galicia e España, a cargo do doutor Diego Conde, e a visita ao seu arquivo persoal, depositado na biblioteca Intercentros de Lugo, abren o 21 de setembro os actos organizados pola Real Academia Galega de Ciencias para lembrar a figura e a pegada de Rof Codina, ‘Científico galego do ano 2022’

Leer más

Os concellos de Lugo apostan pola investigación da USC

A coordinadora do proxecto ‘Minerais contra o cancro’, promovido por investigadores da Facultade de Veterinaria e do HULA, Marta López Alonso, agradece o apoio das entidades locais da provincia a unha iniciativa de ciencia solidaria que busca solucións para os doentes oncolóxicos, nun concorrido acto celebrado na Casa do Saber no que participan o reitor Antonio López e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé

Leer más

Un curso sobre deseño e análise de experimentos abre o martes o programa de formación específica do Campus Terra

A propiedade industrial e intelectual e o uso de patentes para a creación de valor centra, a partir do 20 de xullo, outro seminario do Campus Terra, que continuará as súas accións formativas en setembro, outubro e novembro coa celebración de 14 cursos de temática específica dirixidos a estudantes de grao e mestrado, PDI e tecido produtivo. A inscrición é gratuíta e xa está aberta en liña

Leer más

O mexillón atopa no salmón o anfitrión ideal no que hospedarse para garantir a súa supervivencia nos ríos galegos

Pedro A. Castrillo desvela os segredos da “íntima relación parasitaria entre o mexillón de río ‘Margaritifera margaritifera’ e o salmón atlántico na tese de doutoramento desenvolvida na Facultade de Veterinaria baixo a dirección dos investigadores do grupo de Anatomía Patoloxía e Veterinaria (Gapavet) Maribel Quiroga e Roberto Bermúdez, e de Paz Ondina, do grupo de Conservación de Peixes e Moluscos (CoPeMol) da USC

Leer más