A APLTA do Campus Terra organiza unha xornada técnica sobre espectroscopía infravermella para a análise en liña do proceso de produtos lácteos
A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC organiza o vindeiro 21 de xuño, entre as 9.00 e as 14.00h, unha xornada técnica sobre espectroscopía infravermella para a análise en liña do proceso de produtos lácteos, na que se abordarán os detalles técnicos desta tecnoloxía, as posibilidades de axustes e monitorización, así como as aplicacións específicas para as instalacións nas que se elaboran os produtos lácteos.
Para finalizar a xornada, os asistentes participarán nunha sesión práctica realizada na planta piloto da APLTA, que consistirá no seguimento dun proceso de concentración de leite por ultrafiltración. Neste equipo estará instalado un sensor FT-NIR de Bruker co que se poderá verificar, en tempo real, a composición físico-química do leite concentrado e a súa variación ao modificar os parámetros de proceso.
Esta xornada está especialmente deseñada para o persoal dos departamentos de I+D, calidade e industrial, de maneira que poidan valorar a incorporación desta tecnoloxía nos seus actuais procesos de fabricación. O número de asistentes é limitado para facilitar a interacción cos equipos de proceso durante a demostración da técnica na planta piloto, polo que debe formalizarse unha inscrición previa na dirección de correo comunicacion [at] aplta.es (comunicacion[at]aplta[dot]es) ou nos teléfonos 600942343 / 600942347.