Ir o contido principal

Propiedade industrial e transferencia de tecnoloxía

  • 2024/2025

Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS de Ciencias da Saúde. Unha das formas de retorno do valor xerado pola investigación á sociedade é a transferencia dos resultados obtidos polos grupos de investigación ao sistema produtivo. A transferencia de tecnoloxía converteuse nestes últimos anos nunha cuestión prioritaria para os países da UE por iso, e importante que os investigadores coñezan ben este proceso e o incorporen a súa actividade diaria. O primeiro paso para a transferencia debe dirixirse a protección dos resultados de investigación, para obter uns dereitos en exclusiva que nos permitan decidir quen e como pode utilizalos. O segundo paso sería conseguir que o coñecemento protexido sexa interesante para o sector produtivo. Para iso, precísase que os resultados acadados se valoricen e evolucionen ata un coñecemento o suficientemente maduro para que resulte de interese ás empresas. O terceiro paso iría dirixido a atopar unha empresa que estea interesada en probar a nosa tecnoloxía ou, directamente, en explotala. Nesta actividade formativa afondaremos en todos estes pasos necesarios para que un resultado de investigación chegue a mercado, utilizando exemplos de resultados relacionados coas ciencias da saúde.