Ir o contido principal

TFG

Os Graos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao que debe realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O/a estudante debe elaborar un traballo de síntese onde aplique e integre, de xeito orixinal e creativo, os coñecementos e destrezas adquiridos nos estudos de Grao.

O TFG en Enxeñaría Informática é unha materia obrigatoria de 12 ECTS.

A matrícula do TFG faise no período ordinario, coma calquera outra materia. O alumno pode matricularse no TFG cando lle resten, ao comezo do curso, como máximo 75 créditos (excluídos os que corresponden ao TFG).

Para realizar o TFG nunha empresa é necesario asinar un convenio de colaboración entre a ETSE e a empresa.

A Comisión de Traballo Fin de Grao en Enxeñería Informática establécese co obxectivo de supervisar e coordinar todas aquelas actividades relativas á organización, planificación e titorización dos TFGs da titulación, así como de garantir o normal desenvolvemento dos procesos de presentación e defensa dos mesmos.

A Comisión está composta por cinco Profesores con carga docente en formación básica ou obrigatoria na Titulación e será presidida por un dos seus membros.

Membros actuais da Comisión de TFG:

Presidenta:
Prof. Dna. María Jesús Taboada Iglesias
Profesores EI:
Prof. Dna. Dora Blanco Heras
Prof. D. Francisco Argüello Pedreira
Prof. D. Juan Carlos Vidal Aguiar
Prof. D. Alejandro Tobar Quintanar

Altia Premia:

Dende o curso 2018/2019 Altia esponsoriza un premio ao mellor TFG defendido en cada curso académico. Mais información aquí.

VERSION BOTON_V2_1.jpg

O TFG de EQ consta de 24 ECTS obrigatorios.

Os TFG poden ser das seguintes categorías:

  1. Deseño dunha instalación industrial, dunha sección ou unidade da mesma. Pódese contemplar a nivel de proxecto básico ou de execución en función da extensión e do nivel de concreción.
  2. O deseño dunha instalación a escala piloto, cando a importancia e/ou novidade do proceso a abordar o xustifiquen.

 

O TFG poderá facerse de forma individual ou en grupo. O número máximo de membros do grupo será de 3.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2023.