Ir o contido principal

Mobilidade

A ETSE participa activamente nos programas de mobilidade da USC apoiando a saída do seu alumnado e profesorado e acollendo a estudantes e docentes externos/as.

Destinos Erasmus e Bilateral

A ETSE anima ao alumnado a participar nos programas de intercambio. O intercambio académico é unha das experiencias máis valoradas polas empresas ao seleccionar aos/ás titulados/as.

Os programas de intercambio constitúen unha ocasión inmellorable para coñecer o mundo real e, sobre todo, para que o alumnado se coñeza a si mesmo e aprenda a desenvolverse en distintos ambientes.

Programa ERASMUS+: A finalidade é dar ao alumnado a posibilidade de realizar estudos recoñecidos pola USC nas diversas universidades participantes no Programa ERASMUS PLUS en toda Europa.

Adicionalmente, o programa de intercambios mediante Convenio Bilateral, oferta a posibilidade de facer estadías en universidades de todo o mundo.

Programa SICUE: o alumnado pode cursar estudos nunha Universidade española cursando materias ou realizando o Traballo de Fin de Grao, co recoñecemento académico na USC.

Tamén se pode facer estadías orientadas a prácticas en empresa (programa ERASMUS+ prácticas).