A visión por computador é a capacidade de ver nas máquinas, é dicir, extraer a estrutura espazo-temporal de imaxes/vídeos co obxectivo de interpretar completamente unha escena. Trátase dun campo no que se desenvolve unha abundante actividade investigadora, pero non só se trata de investigación. As tecnoloxías da visión por computador teñen a capacidade de contibuír ao benestar, ao crecemento económico e á sustentabilidade ambiental a maior velocidade e a un custo inferior ao que se fixo nunca.
Máster Universitario en Visión por Computador (Computer Vision)
Duración:
2 anos académicos
Código RUCT: 4316989
Número de ECTS: 90
Número prazas: 7
Decano/a ou director/a do centro:
JULIA GONZALEZ ALVAREZ
julia.gonzalez [at] usc.es
Coordinador-a do título:
Victor Manuel Brea Sanchez
victor.brea [at] usc.es
Linguas de uso:
Inglés
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña
Universidade de Vigo
Universidade do Porto
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde do 16/06/2020 (DOG do 1/07/2020)
Data de publicación no BOE:
07/05/2021
A comprensión automática do noso mundo visual nunca foi máis importante en aplicacións tales como: asistencia sanitaria, industria 4.0, robótica móbil, seguridade de infraestruturas e servizos, seguridade viaria, vehículos autónomos, lecer, publicidade e moito máis. Este máster ofrece unha especialización interdisciplinar nos fundamentos xerais da visión por computador. O máster pretende cubrir a fenda actual no noroeste peninsular e Portugal en relación á formación deste perfil, pero tamén pretende atraer estudantes doutras partes de España, Portugal e a nivel internacional.

Obrigatorias: 48
Optativas: 9
Prácticas externas 3
Traballo fin de máster: 30
Total: 90
Non se contemplan
Fundamentos de procesado e análise de imaxe
- P4231101
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Procesado e análise de imaxe avanzados
- P4231102
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 6 créditos
Modelado e recoñecemento tridimensional
- P4231201
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Descrición e modelado de imaxe
- P4231103
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Recoñecemento visual
- P4231104
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 6 créditos
Recoñecemento de accións humanas
- P4231202
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Fundamentos de aprendizaxe automática para visión por computador
- P4231105
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Aprendizaxe automática avanzada para visión por computador
- P4231106
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 6 créditos
Instrumentación e procesamento para visión artificial
- P4231107
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Fotogrametría e visión robótica
- P4231203
- Optativo
- Segundo semestre
- 6 créditos
Visión artificial en tempo real
- P4231204
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Instrumentación e procesamento para aplicacións biomédicas
- P4231108
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 6 créditos
Análise de imaxes biomédicas
- P4231205
- Optativo
- Segundo semestre
- 6 créditos
Biometría
- P4231206
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Prácticas en empresas
- P4231110
- Obrigatorio
- Prácticas en Empresas de Grao e Máster
- 3 créditos
Traballo fin de máster
- P4231109
- Obrigatorio
- Traballos Fin de Grao e Máster
- 30 créditos
O máster aborda a necesidade de formar expertos nun campo que se está facendo fundamental para manter o impulso innovador na automatización de tarefas visuais cognitivas. O plan de formación está dirixido tanto a estudantes como a profesionais que busquen unha especialización de Visión por Computador orientada ao mercado de traballo, así como a aqueles moi motivados pola investigación, que precisan un máster neste campo antes do inicio dunha tese doutoral. En resumo, o perfil do alumando ao que vai dirixido o máster pódese resumir nos seguintes puntos:
- Emprendedores que buscan formación para crear as súas propias empresas no campo.
- Profesionais que traballan en empresas tecnolóxicas e buscan unha actualización da súa formación.
- Estudantes que remataron os seus estudos universitarios en Matemáticas, Física, Informática, calquera outrao grao en Enxeñaría ou Ciencias, ou que teñan un título relacionado con estes, e buscan unha maior especialización antes de incorporarse ao mercado de traballo;
- Os estudantes pre-doutorais que van facer a súa tese no campo da visión por computador.
O perfil de ingreso recomendado é:
- Formación matemática equivalente como mínimo a un grao en enxeñaría.
- Coñecementos de programación en linguaxes tipo C/C++ ou Java, ou de prototipado tipo Matlab ou Python.
- Coñecementos de inglés para a comprensión, escritura e fala, mínimo ao equivalente do nivel B2 do marco europeo de referencia para linguas do Consello de Europa.
Obrigatorias: 48
Optativas: 9
Prácticas externas 3
Traballo fin de máster: 30
Total: 90
O sistema de apoio e orientación dos estudantes comprende as seguintes actividades e servizos, tanto os proporcionados polas universidades a nivel xeral, como os específicos do mestrado:
- Xornada de presentación do máster, por parte dos coordinadores de todas as universidades, que terá lugar o primeiro día lectivo. Nesta xornada presentaranse os obxectivos do mestrado, a súa organización académica, competencias a adquirir e programación de actividades docentes.
- Información sobre os centros, a través das webs institucionais e de guías específicas de información pormenorizada sobre os centros (biblioteca, aulas de docencia, aulas de informática, departamentos, profesorado, etc.). Como xa se fai nas titulaciones actualmente en activo, ofrecerase así mesmo información sobre o plan de estudos do Máster en Visión por Computador (estrutura, materias, Traballo Fin de Máster, recoñecemento de créditos, etc.), a normativa académica pertinente (regulamento interno, Xunta de Centro e comisións, reclamaciones, cambios de grupo, uso de instalacións, etc.), organización docente do curso (horarios, calendario de exames, grupos, etc.), así como programas docentes detallados de todas as materias.
- Listas de distribución de estudantes a través das cales se fai chegar información administrativa puntual sobre determinados procesos.
- Delegación do alumnado.
- Programa de titorías académicas: asignarase a cada estudante un titor académico que lle proporcionará asistencia ao longo do curso. Este apoio será máis intenso no caso daqueles estudantes provenientes de programas de mobilidade (Erasmus, Erasmus Mundus External Cooperation Window, convenios bilaterais).
- Servizo de atención a estudantes con necesidades educativas específicas.
- Servizo de orientación laboral.
Cada estudante recibirá información, a través do correo electrónico, sobre todos estes aspectos; ademais de terá os datos de contacto dos responsábeis do título. Disporase de listas de distribución específicas do alumnado de novo ingreso para difundir información do seu interese que xurda ao longo do curso.
Todos os centros contan cunha delegación de alumnado cuxo obxectivo é a representación dos intereses dos estudantes nos diferentes órganos de goberno a nivel de centro e de universidade, e é considerada polos protocolos dos Sistemas de Garantía de Calidade de cada centro nos termos do órgano canalizador de suxestións e reclamacións e servirá de enlace entre o alumnado e a comisión académica.
Con carácter xeral as universidades dispoñen dos servizos de orientación que se relacionan a continuación, e que asisten ao alumnado durante a súa estancia na universidade.
A Oficina de información Universitaria (OIU) é o servizo que a USC pon a disposición da comunidade universitaria e das persoas alleas á mesma, coa finalidade de canalizar e dar resposta ás demandas informativas sobre a súa organización, funcionamento e actividades.
Con carácter xeral, informa sobre trámites e xestións dos procedementos académicos e de extensión universitaria e colabora na súa difusión, tanto no contorno máis inmediato como organizando ou participando en feiras e eventos de carácter educativo. É un servizo transversal que depende orgánicamente da xerencia e funcionalmente do Vicerrectorado de Comunicación e Coordinación.
Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
- A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
- A supresión gradual da impartición da docencia.
- Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Acceso
Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.
Admisión
Modalidade: criterios específicos
Titulacións de acceso:
Titulacións da rama de ciencias, enxeñaría e enxeñarías técnicas
CRITERIOS DE SELECCIÓN:
A priorización dos candidatos basearase nos seguintes aspectos:
1º) Adecuación de expediente académico e curriculum vitae ao perfil académico esperado.
2º) Acreditación de nivel de inglés mínimo B1.
3º) Expediente académico.
4º) Experiencia laboral no ámbito da visión por computador (preferentemente) e das TIC en xeral.
5º) Outros méritos relacionados co ámbito da visión por computador (preferentemente) e das TIC en xeral.
Os dous primeiros criterios son excluíntes, de modo que os candidatos para os que se estabeleza a non adecuación en conxunto de expediente académico e curriculum vitae, ou non acrediten nivel mínimo de inglés, quedarán excluídos. Para o resto, o expediente académico terá un peso do 80% do total, a experiencia laboral terá un peso do 15% e outros méritos o 5%.
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formularen xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
- Capacidade de análise e síntese de coñecementos.
- Capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito da visión por computador e determinar a mellor solución tecnolóxica.
- Capacidade para desenvolver sistemas de visión por computador dependendo das necesidades existentes e aplicar as ferramentas tecnolóxicas máis adecuadas
- Capacidade de análise crítica e de avaliación rigorosa de tecnoloxías e metodoloxía
- Capacidade para identificar problemas sen resolver e achegar solucións innovadoras
- Capacidade para identificar resultados teóricos ou novas tecnoloxías con potencial innovador e convertelos en produtos e servizos de utilidade para a sociedade
- Capacidade de aprendizaxe autónoma para a especialización nun ou máis campos de estudo
- Coñecer e aplicar os conceptos, metodoloxías e tecnoloxías de procesado de imaxe
- Coñecer e aplicar técnicas de aprendizaxe automática e recoñecemento de patróns aplicadas a visión por computador
- Coñecer e aplicar os conceptos, metodoloxías e tecnoloxías de análises de imaxe e vídeo
- Concibir, desenvolver e avaliar sistemas complexos de visión por computador
- Analizar e aplicar métodos do estado da técnica en visión por computador
- Coñecer e aplicar os fundamentos dos sistemas de adquisición de imaxe e de visión artificial
- Coñecer e aplicar os fundamentos da adquisición de imaxe médica e o seu procesamento e análise
- Comunicar e espallar os resultados e conclusións da investigación
- Coñecer e aplicar os conceptos, metodoloxías e tecnoloxías para o recoñecemento de patróns visuais en escenas reais
- Exercer a profesión con conciencia clara da súa dimensión humana, económica, legal e ética e cun claro compromiso de calidade e mellora continua
- Capacidade de traballo en equipo, organización e planificación
- Desenvolvemento do espírito innovador e emprendedor
- Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria
- Incorporar no exercicio profesional criterios de sustentabilidade e compromiso ambiental. Adquirir habilidades no uso equitativo, responsábel e eficiente dos recursos
Mobilidade
Impulsarase a sinatura de convenios con empresas e centros tecnolóxicos para a realización de Traballos de Fin de Máster co-titorizados por empresa e universidade. O obxectivo é facer unha oferta o máis ampla posible de TFM con esta orientación profesional e innovadora. Varias empresas e institucións xa colaboraron na definición deste plan de estudos e manifestado o seu interese en ofertar proxectos para TFM.
Tamén se ofertarán propostas para TFM e Prácticas Externas para seren realizadas en Centros de Investigación (CITIUS, CTIC, atlanTTIC, INESC TEC), aos que están adscritos moitos dos docentes dos departamentos que impulsan o mestrado. Estes TFM terán unha maior orientación investigadora.
A ETSE-USC, a FIC-UDC, a EET-Uvigo, e a FEUP-Ou.Porto contan cun grande número de convenios de prácticas externas con empresas e centros de investigación que permiten garantir unha oferta suficiente de prácticas para a demanda dos estudantes deste título de máster. Os convenios son aprobados polo consello de goberno das respectivas universidades e o seu seguimiento corresponde á comisión académica de cada título. Os estudantes no primeiro ano de matrícula, tanto a tempo completo como a tempo parcial, non poderán realizar as prácticas até o segundo cuadrimestre. En anos sucesivos, os estudantes poderán realizalas en calquera dos cuadrimestres. Ademais, a comisión académica do mestrado definirá normativas para a adxudicación das prácticas, o seu seguimiento, o informe final dos titores externos, e elaboración da memoria de prácticas, atendendo ás normativas vixentes en cada Universidade.
Se promoverá que as prácticas externas sirvan como adaptación do alumnado ao novo contorno de traballo, e como preámbulo para a realización do TFM, que por esixencias da normativa portuguesa debe ter unha carga mínima de 30 ECTS
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Prácticas
As prácticas externas deben proporcionar ao estudante un contacto directo coa realidade laboral. Aínda que os créditos son limitados, procurarase que os estudantes se integren en proxectos en marcha, non só para aprender os fluxos e dinámicas de traballo en equipo no ámbito da visión por computador, senón tamén tratar de achegar nalgún lugar do proxecto os coñecementos adquiridos no mestrado até a data
As prácticas consensuaranse coas empresas e cos centros de investigación ofertantes (que teñan asinado un convenio de colaboración), de tal xeito que se cumpra o requisito de os proxectos en que se integren axudaren a completar a súa formación nalgunhas das materias obrigatorias ou optativas cursadas e que lles permitan ter un contacto directo coa realidade do mercado.
O Traballo Fin de Máster é un exercicio orixinal que debe ser realizado individualmente e que consiste nun proxecto integral de natureza investigadora ou de aplicación innovadora que sintetice as competencias adquiridas no mestrado. Para a sua superación será defendido perante un tribunal formado por profesorado do título. Cada estudante terá polo menos un profesor ou unha profesora para a función de titorización durante o proceso e que velará pola calidade do traballo. A oferta de Traballos Fin de Máster realizarase ao comezo de cada curso académico. A oferta poderá incluír traballos ofertados por empresas e centros de investigación colaboradores, e traballos ofertados por profesores de departamentos con docencia no mestrado. A oferta de Traballos Fin de Máster debe ser suficiente para todos os estudantes matriculados da materia.
O equipo docente, cuxos membros pertencen a centros singulares de investigación (CiTIUS, CITIC, AtlanTTIC e INESC TEC) das catro universidades, desenvolve actividades releantes en docencia, investigación e transferencia de coñecemento en varias áreas da visión por computador e da intelixencia artificial. Dentro da súa especialidade cabe destacar: segmentación, clasificación e seguimento de obxectos; inspección e monitorización de procesos industriais; visión robótica; cámaras intelixentes; análise de imaxe médica; verificación biométrica; apoio á condución; fotogrametría con UAVs; recoñecemento de xestos e condutas en vídeos; análise de documentos; interfaces persoa-máquina, ou realidade virtual e aumentada.
Indicador |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|
Oferta |
|||
IN01 Prazas ofertadas Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Info da escala: Número enteiro |
6,0 |
7,0 |
|
Matrícula |
|||
IN02 Matrícula Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming. Info da escala: Número enteiro |
7,0 |
10,0 |
|
IN03 Matrícula de acceso Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción. Info da escala: Número enteiro |
5,0 |
6,0 |
|
IN04 Matrícula de novo ingreso por preinscrición Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción. Info da escala: Número enteiro |
5,0 |
6,0 |
|
IN05 Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
66,67 |
- |
|
Perfil de entrada |
|||
IN06 Nota media de acceso por preinscrición Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada. Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos). |
7,3513 |
6,9405 |
|
IN08 Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
14,29 |
10,0 |
|
IN09 Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
0,0 |
30,0 |
|
IN13 Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
28,57 |
20,0 |
|
Adecuación á demanda |
|||
IN12 Tasa de ocupación Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
83,33 |
85,71 |
Indicador |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|
Mobilidade allea |
|||
IN18 Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
0,0 |
0,0 |
Indicador |
2021-2022 |
2022-2023 |
---|---|---|
IN22 Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
75,0 |
Indicador |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|
Abandono |
|||
IN41 Taxa de abandono RD 1393/2007 Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
33,33 |
|
Avaliación |
|||
IN36 Taxa de avaliación Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
87,4 |
83,77 |
|
Duración media dos estudos |
|||
IN38 Duración media dos estudos Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos. Info da escala: Número racional con dous decimais |
2,0 |
2,0 |
|
Eficiencia dos titulados |
|||
IN53 Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
93,02 |
|
Estudantes por grupo |
|||
IN32 Media de alumnos por grupo de docencia interactiva Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva. Info da escala: Número racional con dous decimais |
4,1667 |
4,75 |
|
IN55 Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas) Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias. Info da escala: Número racional con dous decimais |
5,0 |
5,875 |
|
IN56 Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas) Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias. Info da escala: Número racional con dous decimais |
2,3333 |
2,0 |
|
Éxito |
|||
IN35 Taxa de éxito Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
95,5 |
90,7 |
|
IN50 Taxa de éxito dos egresados Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
94,49 |
|
Graduación |
|||
IN37 Taxa de graduación Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
66,67 |
|
Rendemento |
|||
IN34 Taxa de rendemento Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
83,46 |
75,48 |
|
Satisfacción |
|||
IN19 Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
- |
4,8889 |
|
IN20 Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
- |
3,67 |
|
IN42 Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
3,55 |
- |
|
IN46 Satisfacción do alumnado coa docencia recibida Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
2,43 |
4,58 |
|
IN47 Satisfacción do profesorado coa docencia impartida Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
3,9487 |
3,8974 |
|
IN48 Taxa de resposta na enquisa de satisfacción Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
20,0 |
42,8571 |
Indicador |
2021-2022 |
2022-2023 |
---|---|---|
IN24 Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
100,0 |
IN25 Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
100,0 |
100,0 |
IN26 Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
87,5 |

Victor Manuel Brea Sanchez |
Eva Cernadas García |
Daniel Cores Costa |
Julian Carlos Flores Gonzalez |
Pablo Garcia Tahoces |
Paula López Martínez |
Xosé Manuel Pardo López |
Nicolas Vila Blanco |