Ir o contido principal

Historia

A ETSE ten as súas primeiras referencias históricas, antes da súa creación física, na inauguración da titulación de Enxeñaría Química, primeira de orientación tecnolóxica do Campus de Compostela, no curso 1994-1995, e na posta en marcha das titulacións propias da USC Graduado/a Superior en Enxeñaría Ambiental, no curso 2000-2001, e Graduado/a Superior en TIC, no curso 2001-2002.

A primeira fase do edificio da ETSE inaugurouse en febreiro de 2001. O 24 de maio de 2002 publicouse no Diario Oficial de Galicia a creación da ETSE, e en febreiro de 2003 remataron as obras do edificio actual. Nese mesmo mes adscribíronse ao centro a titulación de Enxeñaría Química e o Departamento de Enxeñaría Química. Ao longo do curso 2002-2003 completouse a posta en marcha das actividades docentes e o traslado dos grupos de investigación do Departamento de Enxeñaría Química.

A actual oferta docente do centro consta dunha serie de títulos de grao e máster, nos ámbitos da Enxeñaría Informática, Intelixencia Artificial e Enxeñaría Química. No curso 2003-2004 comezou a impartirse na ETSE a titulación de Enxeñaría  Técnica en Informática de Sistemas. No curso 2007-2008, o título propio de Graduado/a Superior en Enxeñaría Ambiental transformouse no Máster Universitario de Enxeñaría Ambiental. No curso 2009-2010, comezou a impartirse o Grao en Enxeñaría Informática, no curso 2010-2011, o Grao en Enxeñaría Química, e no curso 2022-2023 comeza a impartirse o Grao en Intelixencia Artificial completándose desta forma a actual oferta de estudos de grao.

A oferta de másteres termina de definirse coa posta en marcha do Máster Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións e do Máster Universitario en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais no curso 2010-2011, do Máster Universitario en Tecnoloxías da Información no curso 2011-2012, o Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos no curso 2013-2014, do Máster en Big Data no curso 2015-2016 o Máster en Visión por Computador no curso 2020-2021, o Máster en Intelixencia Artificial no curso 2022-2023 e o Máster en xestión sostible da auga no curso 2023-24. Ademais, no curso 2015-2016 comezouse a impartir o Dobre Grao en Enxeñaría Informática e Matemáticas.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.07.2023.