Beneficios que aporta a música ás persoas maiores con demencia dende o Traballo Social. Proxecto de investigación cuantitativa.
Autoría
L.S.I.
Grao en Traballo Social
L.S.I.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
25.06.2024 11:30
25.06.2024 11:30
Resumo
A demencia é un termo global que fai referencia ás diferentes enfermidades que afectan á memoria, ó pensamento e á capacidade para realizar as actividades básicas da vida diaria. Afecta principalmente ás persoas maiores, de idade avanzada e os síntomas empeoran a medida que vai pasando o tempo. Dende o Traballo Social trabállase coa persoa e coa súa familia para aliviar os síntomas e reducir a situación que a enfermidade provoca. Non existe un tratamento farmacolóxico efectivo, pero si existen diversas terapias ou tratamentos non farmacolóxicos que producen beneficios nas áreas afectadas como pode ser a musicoterapia. Esta defínese como unha disciplina terapéutica que ten como obxectivo a aplicación da música coa finalidade de producir cambios na conducta que axuden a adaptación do individuo e a mellora da súa saúde física e mental. O estudo que se presenta é un proxecto de investigación no que se emprega unha metodoloxía cuantitativa e cuxo obxectivo xeral é analizar os beneficios que aporta o uso da música como terapia nas persoas con demencia. Para logralo, empregaráse o Cuestionario MEC de Lobo e a Escala de calidade de vida WHOQOL - BREF cos/as participantes nas sesións de musicoterapia. Despois realizarase unha análise profunda dos datos obtidos coa finalidade de interpretar os resultados e devolver a información aos axentes implicados e á poboación en xeral.

Dirección
Murcia Álvarez, Evelia (Titoría)
Murcia Álvarez, Evelia (Titoría)
Tribunal
Murcia Álvarez, Evelia (Titor do alumno)

Relación entre as Redes de Apoio e a Autoestima nos Estudantes Universitarios/as: Un Proxecto de Investigación Cuantitativo
Autoría
A.C.R.
Grao en Traballo Social
A.C.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.09.2024 10:30
04.09.2024 10:30
Resumo
Este proxecto de investigación cuantitativa busca coñecer a que redes de apoio recorren máis os universitarios e cal é a súa calidade en función da súa autoestima. A relevancia deste estudo radica na importancia do benestar dos universitarios, así como en comprender como as interaccións sociais poden ser un factor protector dos problemas que pode sufrir este colectivo e influír na súa autoestima. O obxectivo principal é identificar as redes de apoio máis habituais dentro do alumnado, ademais tamén temos como obxectivos explorar os niveis de autoestima do alumnado, e a partir destes dous buscamos establecer correlacións entre a percepción de apoio. recibidos e os niveis de autoestima. A metodoloxía empregada é de carácter cuantitativo, empregando cuestionarios estandarizados para recoller datos sobre a percepción das redes de apoio e a autoestima dos participantes. Espérase que os resultados deste proxecto revelarán as redes de apoio máis utilizadas estudantes universitarios, entre os que podemos atopar familiares, amigos/as, compañeiros/as de clase ou profesores da universidade e avaliar a súa calidade en función da súa incidencia na súa autoestima. En conclusión, este estudo busca contribuír ao coñecemento, investigando o benestar dos universitarios, ofrecendo perspectivas relevantes para o deseño de intervencións que reforcen estas redes e fomenten unha autoestima saudable neste colectivo.

VILAS CASTRO, XIANA (Titoría)
VILAS CASTRO, XIANA (Titoría)
Tribunal
VILAS CASTRO, XIANA (Titor do alumno)
VILAS CASTRO, XIANA (Titor do alumno)
Revisión bibliográfica narrativa teórica sobre o Traballo Social no rural aplicado ás persoas maiores
Autoría
Y.T.M.
Grao en Traballo Social
Y.T.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
24.06.2024 09:00
24.06.2024 09:00
Resumo
O Traballo Fin de Grao consistiu nunha revisión bibliográfica narrativa, co fin de analizar o Traballo Social en persoas maiores no rural, lembrando que o Traballo Social aplicado ás persoas maiores inclúe actividades como a detección e prevención de problemas sociais, o fomento da participación activa, a avaliación da atención, deseño de programas asistenciais, e rexistro de información poboacional, entre outros. Estes, vense afectados polas limitacións do medio rural como o illamento, a baixa poboación, a redución dos recursos económicos e de infraestruturas e as fallas nos transportes e as comunicacións, entre outras. Evidentemente non todas as zonas rurais presentan os mesmos fallos. O obxectivo xeral, foi analizar a literatura científica sobre a experiencia das persoas maiores no rural desde a perspectiva do Traballo Social. Para isto, implementouse como estratexia metodolóxica, unha revisión bibliográfica narrativa teórica, que se realizou baixo o seguinte esquema: delimitación do problema, busca de información (bases de datos utilizadas Dialnet, ÍnDICEs-CSIC, PubMed), determinación de criterios de selección, selección de datos, e organización e análise da información. O resultado foi a selección de 17 artigos; tres dos cales, foron realizados en España e China, e o resto noutros países. A maioría dos artigos datan do ano 2023. Conclúese que entre os elementos chave para a vulnerabilidade das persoas maiores no rural, están a calidade de vida, o nivel de saúde, os recursos económicos, o sistema de apoio e a autonomía, entre outros. Mentres que as necesidades sociais detectadas no rural foron fallas no acceso aos servizos sociosanitarios, mal transporte, illamento, aumento da migración da poboación nova e maior índice de coidadores informais que de persoal formado.

Souto Gómez, Ana Isabel (Titoría)
Souto Gómez, Ana Isabel (Titoría)
Tribunal
Souto Gómez, Ana Isabel (Titor do alumno)

Traballo social, actividades físicas e deportivas e o seu impacto na saúde mental Revisión bibliográfica
Autoría
Y.C.M.
Grao en Traballo Social
Y.C.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
05.07.2024 11:00
05.07.2024 11:00
Resumo
O deporte e a actividade física son elementos fundamentais para promover e potenciar a saúde mental. Ambos aumentan a calidade de vida, o benestar das persoas, a saúde tanto física como psicolóxica e a cohesión social. Mediante o uso destes dous elementos no traballo social, búscase abordar intervencións analizando as necesidades e demandas dos distintos colectivos; co fin de utilizar a actividade deportiva como medio de inserción social para loitar contra diversas problemáticas e procurar o benestar social das poboacións máis vulnerables. Esta revisión bibliográfica busca analizar a literatura científica relativa á actividade física e deportiva, analizando os seus efectos sobre a saúde mental das persoas e estudando o seu uso dende o traballo social. Pretendese entender a utilidade do deporte nas políticas sociais, estudando a influencia da actividade física como un medio para a inclusión social e comprendendo a relación entre deporte e traballo social. En canto aos resultados principais, encontrámonos coa cantidade de efectos positivos que produce o deporte nas investigacións a analizar. Sendo este unha vertente tanto para mellorar as condicións de vida das persoas, como a súa saúde mental e un recurso para a inclusión social, así como un medio para a implementación de propostas de intervención deseñadas por parte dos e das traballadoras sociais.

Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Tribunal
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titor do alumno)

Páxinas web fomentadoras de trastornos da conduta alimentaria. Proxecto de investigación cualitativa.
Autoría
A.L.R.
Grao en Traballo Social
A.L.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
08.02.2024 11:00
08.02.2024 11:00
Resumo
As redes sociais transformaron totalmente a forma na que nos relacionamos e, a medida que estas plataformas evolucionan, aparece unha evidente preocupación sobre a existencia e facilidade de acceso a certos contidos prexudiciais para a saúde mental da poboación máis nova, como é o caso dos trastornos da conduta alimentaria. O contido e sitios web Pro-Ana e Pro-Mía están ao alcance de calquera persoa usuaria de Internet. A través da elaboración do presente proxecto de investigación cualitativa, se pretende analizar a relación existente entre as páxinas web que promoven trastornos da conducta alimentaria e a percepción da imaxe corporal, dende a perspectiva do Traballo Social. Co fin de acadar o obxectivo do traballo, utilizarase unha metodoloxía cualitativa respaldada por un enfoque construtivista. Levarase a cabo un grupo de discusión como método de recolección de datos, no que participarán persoas que teñan superado un trastorno da conduta alimentaria. Este proceso apoiarase nun guion de dinamización que se baseará na formulación de cinco preguntas abertas, propiciando así un intercambio enriquecedor de ideas e opinión entre as persoas participantes.

Frieiro Padín, Paula (Titoría)
Frieiro Padín, Paula (Titoría)
Tribunal
Facal Fondo, Teresa (Coordinador)
Facal Fondo, Teresa (Coordinador)
O papel do/a traballador/a social na mediación familiar
Autoría
A.E.K.
Grao en Traballo Social
A.E.K.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
03.09.2024 12:00
03.09.2024 12:00
Resumo
Neste traballo de Fin de Grao levouse a cabo unha revisión bibliográfica narrativa de natureza teórica sobre o rol do traballador/a social na mediación familiar. Para esta revisión, seleccionáronse 22 documentos en total, seguindo uns criterios de selección baseados no ano de publicación, o idioma e a área de coñecemento dos artigos. A procura realizouse en tres bases de datos de acceso gratuíto. Subliñamos a importancia da mediación familiar no ámbito do Traballo Social, xa que é aplicable a todos os contextos e colectivos atendidos. Con este traballo, queremos salientar o valor da mediación, particularmente a mediación familiar, no noso campo profesional. Os traballadores/as sociais poden achegar perspectivas e experiencias distintas que enriquecen o proceso, diferenciándose doutros profesionais. A mediación familiar é unha alternativa para resolver conflitos familiares, onde o obxectivo principal é que as persoas implicadas no conflito, coa axuda e guia do mediador, desenvolven e apliquen as técnicas e métodos necesarios para chegar a un acordo que beneficie a ambas as partes.

Facal Fondo, Teresa (Titoría)
Facal Fondo, Teresa (Titoría)
Tribunal
Facal Fondo, Teresa (Titor do alumno)
Facal Fondo, Teresa (Titor do alumno)
A soidade non desexada desde a perspectiva do ámbito sociosanitario.
Autoría
X.G.C.
Grao en Traballo Social
X.G.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
08.02.2024 13:00
08.02.2024 13:00
Resumo
Este traballo de fin de grao pretende indagar sobre como afectan as situacións de soidade ás persoas e que alternativas poden existir para palialas dende o ámbito sociosanitario, así como comprender como se atopan as persoas nestas situacións complexas e cales son as causas. que os provocan. A temática escollida da miña experiencia persoal durante o período de prácticas no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, no que tiven que atender a pacientes con esta problemática social que pouco a pouco comeza a ser máis visible. Ao longo do proxecto definiranse cuestión fundamentais relativas á soidade non desexada e tamén se achegará a experiencia adquirida durante os meses de prácticas no citado servizo hospitalario, que supuxeron un enriquecemento tanto persoal como profesional sobre o tema tratado.

García Álvarez, Purificación (Titoría)
García Álvarez, Purificación (Titoría)
Tribunal
García Álvarez, Purificación (Titor do alumno)

A importancia da ética en traballo social. Unha revisión bibliográfica narrativa
Autoría
L.A.G.
Grao en Traballo Social
L.A.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 09:30
26.06.2024 09:30
Resumo
O presente Traballo Final de Grao (TFG) é un informe de revisión bibliográfica narrativa que se propuxo como obxectivo principal afirmar a importancia que ten a dimensión ética e deontolóxica na profesión de traballo social, analizar dilemas actuais que lle afectan e presentar posibles solucións ou axudas ante eles. A ética pode ser considerada pola maioría dos/as profesionais como algo demasiado teórico e separado da realidade. Mesmo pode ser que a consideren inútil por todo iso. En cambio, a moral constitúe un eixo fundamental para unha profesión como a de traballo social que ten na súa esencia o intervir con persoas en situación de vulnerabilidade. Esta condición especial require maior protección e madurez á hora de traballar, habilidades como a empatía, a prudencia, a xustiza… son necesarias para unha intervención de calidade. O avance das novas tecnoloxías e o desenvolvemento do sistema burocrático alimentan a xeración de novos conflitos éticos que esixen novas respostas. #Ante esta nova realidade en continuo cambio é primordial non só establecer protocolos de actuación senón examinar con profundidade os fundamentos éticos básicos que permitan dar respostas adecuadas e de calidade. Para iso preséntase a teoría ética de Emmanuel Lévinas, como unha proposta de recoñecemento da vida humana por encima de todo e de defensa da súa dignidade en calquera dos procedementos, accións e políticas sociais. Nado do encontro do usuario/a co/a traballador/a social ten como froito o respecto pola autonomía e o desexo de coidado que producen unha intervención social de calidade.

Escobar Árias, Diana Morela (Titoría)
Escobar Árias, Diana Morela (Titoría)
Tribunal
Escobar Árias, Diana Morela (Titor do alumno)

Educación afectivo-sexual: Percepción do alumnado de bacharelato de diferentes centros da Coruña.
Autoría
H.V.T.
Grao en Traballo Social
H.V.T.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 11:00
26.06.2024 11:00
Resumo
A educación afectivo-sexual en adolescentes procura promover unha sexualidade segura, respectuosa e satisfactoria, abordando aspectos como a saúde sexual, relacións saudables, consentimento, diversidade, autocoñecemento, influencia social e dereitos. Este traballo de fin de grao é un proxecto de investigación cualitativa sobre a importancia que ten a educación afectivo-sexual na vida diaria, pero sobre todo, cal é a percepción que teñen os adolescentes de 16 a 18 anos sobre que importancia ten este tipo de educación e como creen que afectou as súas vidas. A utilidade de levar a cabo esta investigación podería axudar a mellorar as políticas e programas educativos, abordando preocupacións específicas dos adolescentes e promovendo a súa saúde sexual e emocional. Ademais, permitiría aos adolescentes expresar as súas opinións e experiencias, reforzando a súa autonomía e capacidade para tomar decisións informadas sobre o seu benestar. A elección da metodoloxía cualitativa para este traballo débese á súa capacidade para explorar en profundidade as percepcións dos adolescentes (de 16 a 18 anos) sobre a importancia da educación afectivo-sexual e como creen que influíu nas súas vidas. Esta metodoloxía permite unha comprensión detallada e contextualizada do tema ao involucrar aos adolescentes como participantes directos, adaptarse ao seu entorno sociocultural e proporcionar datos ricos para análise.

Traballo de fin de grao. Esquizofrenia e traballo social: proxecto de investigación cualitativa na unidade de continuidade de coidados do hospital psiquiátrico de conxo.
Autoría
C.M.D.L.F.
Grao en Traballo Social
C.M.D.L.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
08.02.2024 10:00
08.02.2024 10:00
Resumo
O aumento dos problemas de saúde mental en España é importante, por iso consideramos que é un problema que está á orde do día. Actualmente, os traballadores sociais poden desempeñar un papel moi importante na vida dos que sofren problemas de saúde mental. Neste documento proponse un proxecto de investigación sobre o Traballo Social no ámbito da Saúde Mental, concretamente o obxectivo é analizar os procesos de intervención que se realizan dende o traballo social con usuarios con esquizofrenia na Unidade de Continuidade Asistencial do Hospital Psiquiátrico de Conxo. Para cumprir este obxectivo proponse realizar unha investigación cualitativa onde a técnica de recollida de datos sexa a entrevista semiestruturada. Os participantes en estudo serán, en primeiro lugar, os pacientes que acudan ao servizo, en segundo lugar, a traballadora social e en terceiro e finalmente, aqueles profesionais sanitarios que relacionen a súa intervención con el. Para facilitar a comprensión do traballo, achegarase un marco teórico-referencial sobre Saúde Mental e Traballo Social, contextualizando os aspectos de organización, estrutura, funcións e outros que se desenvolven no Hospital Psiquiátrico de Conxo. Finalmente, a investigación realizarase nun período de dous meses, xaneiro e febreiro. Os resultados obtidos serán socializados en xornadas ou revistas relacionadas coa profesión e o ámbito de estudo, no período de marzo, abril e maio.

Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Presidente/a)
Moreno Parra, Leidi Viviana (Secretario/a)
Souto Gómez, Ana Isabel (Vogal)

Implicación do Traballo Social con mulleres con VIH: o caso de Uganda.
Autoría
A.B.P.
Grao en Traballo Social
A.B.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
24.06.2024 11:30
24.06.2024 11:30
Resumo
En Uganda, as mulleres con VIH enfrontan unha serie de desafíos complexos que abarcan desde o acceso limitado á asistencia sanitaria e o tratamento ata o estigma social e a discriminación arraigada na cultura. Pese as melloras en prevención e tratamento do VIH no país, as mulleres continúan enfrontando barreiras significativas para utilizar os servizos de saúde adecuados, debido a factores socioculturais. O estigma e a discriminación cara ás mulleres con VIH persisten en moitas comunidades ugandesas, o que dificulta que estas mulleres busquen recursos e apoio social. Este proxecto de investigación cualitativa ten como obxectivo analizar a vivencia das mulleres con diagnóstico médico por VIH procedentes de Uganda. No referente á metodoloxía, empregarase o paradigma sociocrítico e o método narrativo biográfico. Doutra banda, o tipo de mostraxe utilizada será en primeiro lugar a mostraxe de estratexia de bóla de neve ou en cadea, e, en segundo lugar, utilizarase a mostraxe por conveniencia. A técnica que se empregará neste proxecto de investigación serán as historias de vida, e os instrumentos utilizados incluirán entrevistas narrativas, o biograma e a liña de vida, tanto para as mulleres con VIH como para os seus familiares. Por último, a análise dos datos levarase a cabo a través do software Nvivo na súa versión 14.3.4. E a duración do proxecto de investigación cualitativa será de febreiro do 2024 ata o ano 2025.

Consecuencias do diagnóstico de demencia no ámbito sociofamiliar dende a perspectiva do Traballo Social.
Autoría
E.B.S.
Grao en Traballo Social
E.B.S.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
25.06.2024 12:00
25.06.2024 12:00
Resumo
Neste estudo darase a ver como pode chegar a afectar o diagnóstico, que consecuencias poden suceder, falarase do Síndrome do coidador queimado, de como se ve a vida dunha persoa que acaba de recibir a noticia do diagnóstico. Tipoloxía e sintomatoloxía, centrándose no Alzheimer xa que é a causa principal de demencia. Este estudo é de suma importancia xa que a demencia é un trastorno que afecta a millóns de persoas no mundo e en España. Este numero cada vez vai incrementándose máis ao longo do tempo. Este trastorno non só afecta a persoa enferma senón ao seu entorno e sobre todo ao seu ámbito sociofamiliar. Dende un paradigma constructivo, centrándonos na realidade das persoas afectadas. Tendo en conta sempre o obxectivo principal que é coñecer e analizar como é a vida do usuario, persoa maior, e da súa familia, principalmente o seu coidar principal, despois dun diagnóstico de demencia en centros de día da comarca de Santiago. As persoas participantes terán que cumplir unha serie de criterios de selección, pero o perfil ideal sería persoas con demencia entre 65 a 90 anos, en primer estadio con coidador informal non profesional, familiar.

Edadismo e animación: Percepción dos nenose nenas de Ferrol
Autoría
S.C.D.
Grao en Traballo Social
S.C.D.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
25.06.2024 11:00
25.06.2024 11:00
Resumo
O idadismo é un tipo de discriminación invisibilizada que está presente na realidade das persoas maiores. Co paso do tempo, a poboación está sufrindo un gradual envellecemento, que se reflicte nun aumento de persoas maiores na nosa sociedade, polo que o idadismo está a cobrar máis importancia. A pesar diso, medios de comunicación como o cine actúan como promotores do idadismo, fomentando estereotipos e prexuizos sobre as persoas maiores, afectando na saúde mental e física dos/as mesmos/as. Isto sucede tanto no cine convencional como no cine de animación, o cal cobra máis importancia debido a que os menores, o público obxetivo das películas de animación, son máis influenciables e forman as súas actitudes e crenzas en base á imaxe que as películasrepresentan das persoas maiores. Por isto, o obxectivo principal deste proxecto de investigación cualitativa é analizar a percepción dos nenos e nenas de 8 e 9 anos de Ferrol sobre a imaxe que se proxecta das persoas maiores nas películas de animación e explorar a idea que teñen sobre as persoas maiores, avaliando a posible existencia de idadismo nas películas de animación, todo isto a través de dous grupos de discusión e partindo dun paradigma interpretativista. Este proxecto abórdase dende unha perspectiva de Traballo Social, aportando estratexias para acadar a erradicación do idadismo e funcións propias da disciplina para contribuir á súa eliminación.

Soidade non desexada na vellez, explorando as súas causas e consecuencias no concello de A Estrada.
Autoría
D.C.P.
Grao en Traballo Social
D.C.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
02.07.2024 12:30
02.07.2024 12:30
Resumo
Este traballo vai destinado a coñecer as causas e consecuencias que levan ás persoas maiores de 65 anos que viven soas, a experimentar o sentimento de soidade non desexada. A poboación que se analiza está concretamente sinalada, que é o concello de A Estrada, este pertence á provincia de Pontevedra. Onde primeiramente explórase o propio significado da soidade e os factores que levan ás persoas para atoparse nesta situación a través de diferentes investigacións existentes sobre a temática, e logo utilízase unha metodoloxía de tipo mixta, onde a través de dous enfoques (cuantitativo e cualitativo) explorarase utilizando dúas técnicas de investigación, que son o cuestionario e a entrevista, a esta poboación concreta para comprender e analizar a realidade, máis de preto, destas persoas. Finalmente, tamén se detalla o cronograma, que indica os tempos nos que se realizará esta investigación e o plan de difusión do mesmo.

VILAS CASTRO, XIANA (Presidente/a)
Moreno Parra, Leidi Viviana (Secretario/a)
Escobar Árias, Diana Morela (Vogal)

A figura do traballador social hospitalario do SERGAS cos pacientes diagnosticados de ELA. Deseño de proxecto de investigación cualitativa
Autoría
A.R.V.
Grao en Traballo Social
A.R.V.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
05.07.2024 12:30
05.07.2024 12:30
Resumo
Este TFG amosa cómo se intervén dende os hospitais do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) cos e cas doentes de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Para iso, consultouse como fonte principal o Proceso Asistencial Integrado desta mesma enfermidade publicado polo SERGAS, onde se resume cómo interveñen as distintas disiciplinas. Este proxecto correspóndese cun deseño de proxecto de investigación cualitativa e empregarase a metodoloxía propia. Cómo técnica principal de recollida de datos usarase a entrevista semi-estructurada ós traballadores sociais dos hospitais galegos que teñan adxunto o servizo de neuroloxía e experiencia nestes casos. Polo tanto, o obxectivo principal de este traballo é coñecer e decribir o papel do traballador social hospitalario do SERGAS cos pacientes diagnosticados de ELA.
Este TFG amosa cómo se intervén dende os hospitais do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) cos e cas doentes de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Para iso, consultouse como fonte principal o Proceso Asistencial Integrado desta mesma enfermidade publicado polo SERGAS, onde se resume cómo interveñen as distintas disiciplinas. Este proxecto correspóndese cun deseño de proxecto de investigación cualitativa e empregarase a metodoloxía propia. Cómo técnica principal de recollida de datos usarase a entrevista semi-estructurada ós traballadores sociais dos hospitais galegos que teñan adxunto o servizo de neuroloxía e experiencia nestes casos. Polo tanto, o obxectivo principal de este traballo é coñecer e decribir o papel do traballador social hospitalario do SERGAS cos pacientes diagnosticados de ELA.
Dirección
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Tribunal
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titor do alumno)
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titor do alumno)
Acceso á Atención Médica para Persoas LGTBI no Ámbito Rural Galego: Unha Mirada dende o Traballo Social
Autoría
V.M.A.P.
Grao en Traballo Social
V.M.A.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 10:00
26.06.2024 10:00
Resumo
No presente documento, plantéxase unha investigación sobre o acceso aos servicios sanitarios específicos para persoas LGTBI no ámbito rural galego. Este proxecto céntrase en tres ámbitos nos que pode actuar una persoa profesional do Traballo Social e que poden ser determinantes para que unha persoa estea en risco ou situación de exclusión: a saúde, a diversidade sexual e o ámbito rural. Os dous obxectivos principáis desta investigación son analizar que recursos sanitarios específicos para persoas LGTBI chegan ao medio rural e investigar cál é a percepción que teñen os/as profesionais sanitarios/-as é do Traballo Social sobre a accesibilidade e a efectividade destes servizos. A hipótese principal é que as persoas LGTBI no medio rural encóntranse nunha situación de exclusión maior debido á zona na que viven. Consoidérase que hai determinantes sociais que poden afectar negativamente á inclusión social das persoas que residen en zonas rurais e non así ás que viven en cascos urbanos ou cidades máis poboadas nas que o acceso a recursos é máis sinxelo. Por outro lado, para facilitar a comprensión do tema obxecto de estudo, inclúese no traballo un marco teórico, composto por apartados que poden ser de utilidade como unha delimitación conceptual, a revisión de estudos previos coas conclusión destes, as funcións do Traballo Social neste ámbito, a lexilatura vixente etc. Para finalizar é importante destacar que a metodoloxía utilizada para a realización deste proxecto correspóndese coa mixta, os datos serán obtidos mediante cuestionarios autoadministrados ao persoal sanitario e mediante entrevistas en profundidade realizadas a Traballadores/-as Sociais do ámbito sanitario, todo isto nos municipios galegos de menos de 2500 habitantes.

Trata de menores con fins de explotación sexual
Autoría
M.L.O.
Grao en Traballo Social
M.L.O.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 11:15
26.06.2024 11:15
Resumo
A trata de menores con fins de explotación sexual é un fenómeno oculto e invisible aos ollos da sociedade. Este fenómeno supón unha grave violación dos dereitos humanos, sendo os nenos un colectivo especialmente vulnerable. A trata é unha problemática multi-causal, afectada por diversos factores de risco como o sexo, orixe, situación económica e social. As consecuencias que trae consigo afectan de forma devastadora a nivel físico, psi-colóxico e social. Para que as vítimas poidan saír e conseguir unha integración plena na sociedade, é fundamental intervir e traballar dende o Traballo Social. O presente Traballo de Fin de Grao pretende abordar e profundar no fenómeno de trata e coñecer o grao de concienciación dos estudantes do terceiro curso da Escola Uni-versitaria de Traballo Social Santiago de Compostela respecto disto. Para iso levarase a cabo un proxecto de investigación cualitativa, cuxo obxectivo principal é determinar a percepción dos estudantes do terceiro curso da EUTS acerca do fenómeno de trata de menores con fins de explotación sexual. Co obxectivo de conseguir o devandito propósito, levarase a cabo unha entrevista estruturada a aqueles estudiantes que accedan de forma voluntaria a participar no proxecto. A entrevista componse de 8 pregun-tas abertas, deseñadas para obter unha maior cantidade de información nas respostas. To-das as entrevistas serán anónimas, asegurando a confidencialidade e protección de datos.

Moreno Parra, Leidi Viviana (Titoría)
Moreno Parra, Leidi Viviana (Titoría)
Tribunal
Moreno Parra, Leidi Viviana (Titor do alumno)

Perspectiva de xénero en persoas con esquizofrenia no ámbito rural galego
Autoría
L.L.S.
Grao en Traballo Social
L.L.S.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
05.07.2024 11:30
05.07.2024 11:30
Resumo
Neste deseño de investigación sobre a esquizofrenia en áreas rurais de Galicia, búscase comprender cómo esta enfermidade afecta socialmente a homes e mulleres dende unha perspectiva de xénero. O obxectivo é coñecer as opinións dos usuarios/as e profesionais sobre estas diferenzas. Esperase que os achados axuden a reducir a exclusión social asociada a esta e outras enfermidades. O estudo seguirá un enfoque cualitativo con entrevistas semiestruturadas a persoas que padecen esquizofrenia e grupos de discusión de traballadores/as sociais especializados/as en Saúde Mental.
Neste deseño de investigación sobre a esquizofrenia en áreas rurais de Galicia, búscase comprender cómo esta enfermidade afecta socialmente a homes e mulleres dende unha perspectiva de xénero. O obxectivo é coñecer as opinións dos usuarios/as e profesionais sobre estas diferenzas. Esperase que os achados axuden a reducir a exclusión social asociada a esta e outras enfermidades. O estudo seguirá un enfoque cualitativo con entrevistas semiestruturadas a persoas que padecen esquizofrenia e grupos de discusión de traballadores/as sociais especializados/as en Saúde Mental.
Dirección
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titoría)
Tribunal
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titor do alumno)
Bascuas Jardón, Xoán Carlos (Titor do alumno)
Mulleres, prostitución e OnlyFans: percepcions e experiencias dende o traballo social
Autoría
L.M.M.
Grao en Traballo Social
L.M.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 10:00
26.06.2024 10:00
Resumo
Este deseño de proxecto de investigación mixta céntrase en caracterizar as principais necesidades que teñen as mulleres que exercen a prostitución e as mulleres que crean contido para OnlyFans. Tamen pretende analizar o grao de coñecemento do alumnado de traballo social sobre o fenómeno da prostitución e da plataforma OnlyFans e identificar as principais estratexias de intervención que dende o traballo social realizan os/as profesionais que trabajan con esta poboación. Aborda diversos aspectos, desde economía ata os aspectos legais e sociais, incluindo riscos, proteccions e a presencia no grao de Traballo Social. Plantexanse hipóteses y describese una metodoloxía que inclue entrevistas en profundidade a estas mulleres e cuestionarios a profesionais e alumnado. En última instancia, busca contribuir ao debate académico e práctico, informar futuras investigacions, políticas y prácticas, e promover unha maior comprensión destas actividades e o seu impacto no trabajo social y na sociedade en xeral.

A Claudicación familiar en pacientes da unidade de cuidados paliativos
Autoría
K.V.A.
Grao en Traballo Social
K.V.A.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
28.06.2024 11:00
28.06.2024 11:00
Resumo
O deseño que se realiza é un proxecto de investigación cualitativa. Desenvólvese no marco do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), concretamente na unidade de coidados paliativos do hospital de Oza. O seu obxectivo xeral é analizar a aparición da claudicación familiar en pacientes que se encontran en cuidados paliativos, entendendo o por qué se presenta e como é moitas veces unha decisión que teñen que tomar contra eles mesmos debido á incapacidade que supón facerse cargo dos seus coidados e non porque realmente deneguen dos/das pacientes. A poboación obxecto de estudo son os/as familiares de I Grao dos/as pacientes que se encontran na unidade de cuidados paliativos do Hospital de Oza de A Coruña. Finalmente, o procedemento de recollida de datos nesta investigación cualitativa baséase en entrevistas semiestructuradas onde se analiza a opinión dos devanditos familiares, que previamente darán o seu consentimento para participar no proxecto.

Percepcións sobre a feminización da pobreza en Galicia: un proxecto de investigación mixta.
Autoría
C.M.G.
Grao en Traballo Social
C.M.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
25.06.2024 10:00
25.06.2024 10:00
Resumo
A feminización da pobreza, actualmente, converteuse nun problema social a nivel mundial pola súa prevalencia e repercusión nas diferentes esferas da vida das mulleres. Esta problemática ten a súa orixe nas diferentes desigualdades de xénero que se produciron ao longo da historia e que, hoxe en día, mantéñense a través de diferentes mecanismos e aspectos da realidade social. Isto, xunto con outros factores de exclusión, interfere significativamente no nivel de benestar das mulleres. Partindo desta base, exponse un proxecto de investigación mixta sobre a percepción deste fenómeno na poboación galega. A parte cuantitativa realizarase a través dun cuestionario voluntario en liña á poboación galega e, a parte cualitativa, a través da realización de entrevistas semiestructuradas a traballadores sociais que traballen co colectivo de mulleres en situación de pobreza e/o exclusión social. Ambas estarían enfocadas a coñecer a percepción social actual do tema. En base a isto, determínanse como obxectivos principais da investigación analizar a percepción da poboación galega sobre á feminización da pobreza e indagar na opinión e coñecemento dos profesionais do traballo social sobre as estratexias e medidas actuais e as que se han de implementar para liquidar dita problemática. Finalmente, determínase como hipótese principal da investigación que a poboación galega non considera que o sexo sexa unha variable decisiva no nivel de pobreza dunha persoa.

A adicción a opioides en España: O fentanilo
Autoría
L.C.C.
Grao en Traballo Social
L.C.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.09.2024 09:30
04.09.2024 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao é unha revisión bibliográfica narrativa e a temática é a adicción a opioides en España: o fentanilo. O obxectivo xeral deste traballo é analizar a produción literaria sobre a adicción a opioides en España. Para logralo, faise un estudo de varios artigos encontrados en diferentes bases de datos: Google Académico, Dialnet e Scielo. Ao analizar esa búsqueda utilizáronse unhas palabras chave para obter mellores resultados. Tras a lectura do resumo dos artigos encontráronse un total de 18, pero finalmente ao facer a lectura máis completa os artigos finais son 11. Para a recolhida de datos, tivéronse en conta unhas variables bibliométricas: ano no que foron publicados; número de autores; e revistas nas que se publican os aritgos. Tamén unhas variables temáticas: a adicción a opioides en España; a adicción a opioides por prescripción médica en España; e o papel do traballo social na adicción a opioides en España. Como conclusións, a problemática que hai en España co consumo indebido de opioides que xera adicción, como se pode facer un control máis exhaustivo coa formación dos/as médicos/as que os prescriben e cun seguimento do/a paciente. Por último, como o traballo social é unha disciplina importante xa que axuda á reinserción social da persoa que sufre o problema de adicción e a súa rede de apoio.

SOIDADE NON DESEXADA NAS PERSOAS MAIORES: Factores de risco, impacto psicosocial e intervención dende o Traballo Social.
Autoría
R.Q.N.
Grao en Traballo Social
R.Q.N.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
14.02.2024 11:30
14.02.2024 11:30
Resumo
En España, observouse unha crecente interese na investigación sobre a soidade, cun aumento no uso do termo soidade non desexada a cal se define como a discrepancia entre as relacións sociais desexadas por unha persoa e as que realmente experimenta. Esta revisión bibliográfica ten como obxectivo principal examinar a produción científica sobre a soidade non desexada en persoas maiores. A metodoloxía empregada implica unha revisión bibliográfica narrativa de tipo teórico realizada nas bases de datos Dialnet, Pubmed e Scielo. Despois de aplicar os criterios de selección pertinentes, identificáronse 30 artigos. Ademais, establecéronse unha serie de variables bibliométricas e temáticas para realizar unha análise máis detallada dos documentos elixidos. Segundo os resultados recollidos, os factores de risco máis comúns diferéncianse en biolóxicos (idade, sexo, enfermidades dexenerativas) e sociodemográficos (estado civil, nivel educativo, nivel de ingresos, modo de vida) entre los que predominan: la perda de seres queridos, el illamento social, problemas de saúde e de mobilidade, cambios na vida (xubilación, mudanzas), ser muller, estar solteiro/a ou viúvo/a, ter baixos niveis educativos, baixos ingresos e vivir solos/as. Por outro lado, a soidade nas persoas maiores pode ter diversos impactos negativos no seu benestar físico y mental. Algúns destes impactos comúns inclúen problemas de saúde mental, deterioro cognitivo, problemas físicos, maior mortalidade, menor calidade de vida, illamento social e impacto na función inmunolóxica. Actualmente as intervencións dende o Traballo Social non solo buscan mitigar a soidade, se non mellorar a calidade de vida e promover a participación activa das persoas maiores, adaptando as intervencións ás necesidades individuais e circunstancias únicas.

Discapacidade Física no ámbito laboral : Un proxecto de investigación mixta dende traballo social en COGAMI
Autoría
A.C.M.
Grao en Traballo Social
A.C.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
03.09.2024 10:00
03.09.2024 10:00
Resumo
A inserción laboral das persoas con discapacidade é un problema existente en todo o mundo. As persoas con discapacidade quedan excluídas do mercado laboral ordinario polo simple feito de ter unha discapacidade física, orgánica, sensorial, intelectual ou psíquica. Neste caso concreto, céntrase dende o punto de vista dos usuarios con discapacidade que traballan nos centros de recursos de COGAMI. O tipo de estudo a desenvolver é un estudo exploratorio, debido á novidade da temática e a pouca investigación existente sobre ela. O que se propón neste proxecto é levar a cabo a investigación e as súas actividades nun espazo de tempo previsto, que se pode visualizar no cronograma. Por iso, espérase cumprir o presente proxecto no tempo exposto en leste. De tal modo, este Traballo de Fin de Grao, consiste en propoñer un Proxecto de Investigación de carácter mixto, coa finalidade de analizar as dificultades das persoas con discapacidade física para a inclusión no mundo laboral. Para iso, utilizaranse como técnica de recollida de datos a entrevista e a enquisa, para pescudar o grao de satisfacción das persoas usuarias no seu posto de traballo. Finalmente, ditos resultados publicaranse en revistas científicas e poder tamén presentalos en conferencias ou congresos.

A importancia das redes de apoio na población envellecida. Mecanismos para afrontar a soidade
Autoría
C.L.P.
Grao en Traballo Social
C.L.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
07.02.2024 13:00
07.02.2024 13:00
Resumo
No presenta proxecto, plantéase unha investigación acerca da importancia das redes de apoio e os mecanismo para afrontar a soidade non desexada na población envellecida e ata qué punto a disciplina do Traballo Social pode influír positivamente na consecución de dito proceso. Na actualidade, existen unha serie de investigación e publicación sobre a importancia destas redes e unha gran variedade de programas de prevención e intervención sobre a soidade non desexada, polo impacto favorecedor que estas xeran entre as persoas maiores, además de favorecer a súa calidade de vida. Neste caso, a investigación busca indagar sobre as redes de apoio e os mecanismos para afrontar a soidade non desexada na población envellecida da Residencia Puentevea (Teo, A Coruña). Para iso proponse a realización dun proxecto de investigación cualitativa que utilizará a realización de entrevistas semiestructuradas a diferentes persoas directamente relacionadas co ámnito residencial; traballadora social, residentes, familiares de estos, animadora sociocultural e auxiliares, para poder aportar unha nova visión sobre a temática e interpretar a información existente. Por último, o período de tempo do traballo será de tres meses, de marzo a maio deste ano. Os resultados obtidos socializaranse en congresos e revistas relacionadas ca profesión de Traballo Social e co ámbito de estudo

Percepción da mellora da calidade de vida en persoas usuarias dun centro de día. Proxecto de investigación cualitativa
Autoría
I.T.B.
Grao en Traballo Social
I.T.B.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 12:00
26.06.2024 12:00
Resumo
A esperanza de vida das persoas está a ser cada vez maior, dándose así unha poboación moi envellecida; ante este fenómeno, as situacións de dependencia van en constante aumento, polo que se deben aportar respostas eficaces a través de recursos dispoñibles para a cidadanía, como son os centros de día, coa finalidade de ofrecer unha atención integral para aquelas persoas que o precisen. Partindo de esta idea, xurde o seguinte deseño de investigación, cuxo obxectivo principal é estudar cal é a percepción das persoas maiores que asisten a un centro de día sobre a mellora na súa calidade de vida. Por último, mencionar que a metodoloxía que se vai empregar neste estudo é a cualitativa, mediante un paradigma interpretativo e utilizando unha mostra de tipo intencional. Así, preténdese realizar a recollida de información a través dunha entrevista de carácter individual e aberta coas persoas seleccionadas co fin de recoller as súas opinións e vivencias en relación cos centros de día.

O Traballo Social en Funerarias: un novo campo de actuación
Autoría
A.A.T.
Grao en Traballo Social
A.A.T.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
25.06.2024 10:00
25.06.2024 10:00
Resumo
O Traballo Social en Funerarias preséntase como un campo laboral novo e descoñecido pola maior parte da poboación, pero á vez como un desafogo da profesión en relación con outros ámbitos. Por iso, a presente investigación ten como obxectivo analizar o grao de coñecemento e coñecer a percepción que teñen os traballadores e as traballadoras sociais sobre o novo campo de traballo nas funerarias. A metodoloxía se que leva a cabo nesta investigación é a cualitativa a través da paradigma constructivista con un tipo de mostraxe con informante claves. No procedemento de recollida de datos utilízanse os grupos focais. Estes serán creados a partir dos contactos que proporcionan as informantes chaves, os cales cederán 36 persoas dos diferentes Colexios Oficiais de Traballo Social de España que se repartirán en 4 grupos focais de 9 persoas cada un. Os datos obtidos permitirán xerar coñecemento e dar visibilidade que é o que se pretende con esta investigación.

A importancia das redes de apoio no proceso oncolóxico das persoas pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. Proxecto de investigación cualitativa
Autoría
C.M.R.
Grao en Traballo Social
C.M.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.09.2024 11:30
04.09.2024 11:30
Resumo
O cancro é unha das principais causas de mortalidade no mundo. Esta enfermidade afecta en gran medida a todas as áreas da persoa paciente e das persoas familiares, debido aos problemas físicos, psicolóxicos e sociais que desencadea. Este traballo de fin de grao é un proxecto de investigación cualitativa sobre a importancia e influencia que teñen as diferentes redes de apoio durante o proceso oncolóxico. Realizada dende a perspectiva das persoas pacientes de oncoloxía do Hospital Universitario de A Coruña a través dunha entrevista. Con esta investigación preténdese coñecer a situación actual das personas pacientes de oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña para así identificar áreas de mellora e desenvolver estratexias que poidan incrementar de forma significativa a calidade de vida dos e das pacientes a través do traballo social. É por iso que se optou por unha metodoloxía cualitativa, debido á súa capacidade para explorar en profundidade as percepcións das persoas participantes.

Como afecta a soidade na saúde mental das persoas maiores no ámbito rural do Concello de Melide: un proxecto de investigación cualitativa.
Autoría
C.L.L.
Grao en Traballo Social
C.L.L.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
27.06.2024 10:30
27.06.2024 10:30
Resumo
A soidade é un fenómeno que afecta a día de hoxe a moitas persoas maiores en Galicia, tendo especialmente en conta ás persoas que residen en ámbitos rurais. O presente proxecto de investigación cualitativa pretende reflexar a realidade que estas persoas viven e como lles afecta no seu día a día e na súa saúde, facendo especialmente fincapé na saúde mental dos e das veciñas do concello de Melide. A investigación será levada a cabo dende o Centro de Saúde de Melide en coordinación coas persoas profesionais de medicina familiar e comunitaria, profesionais de enfermería e traballadora social do centro. As persoas participantes serán por un lado as persoas maiores de 75 anos pero tamén se terá en conta a percepción das persoas profesionais do centro sobre a soidade. O método utilizado será a entrevista semiestructurada mediante a cal se pretende detectar como viven estas persoas así como as actuación de detección que serán levadas a cabo polas persoas profesionais.

As narrativas das persoas en coidados paliativos oncolóxicos dende a perspectiva do Traballo Social
Autoría
M.G.O.
Grao en Traballo Social
M.G.O.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
24.06.2024 09:30
24.06.2024 09:30
Resumo
Este proxecto de investigación cualitativa enfócase nas persoas que se atopan recibindo coidados paliativos oncolóxicos, podende ser recibidos nun hospital por parte dun equipo profesional sanitario, ou ben darse no domicilio familiar da persoa. O obxetivo xeral deste proxecto de investigación cualitativa é analizar a vivencia das persoas que se atopan en situación oncolóxica paliativa. En referencia á metodoloxía empregada, está fundamentada no paradigma constructivista, e usando o método narrativo biográfico, onde o instrumento que se emprega son os relatos de vida que se constrúen a partir dunha entrevista narrativa ás persoas usuarias; emprégase o muestreo teórico - intencionado ou intencional. A análise que se emprega é a análise do contido cualitativo, e emprégase o software ATLAS.TI (versión 23). A duración da investigación exténdese dende febreiro de 2024 ata maio de 2025.

Traballo Social e Servizo de Axuda no Fogar: Experiencias e opinións das persoas usuarias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
Autoría
L.P.M.
Grao en Traballo Social
L.P.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 11:00
26.06.2024 11:00
Resumo
No presente traballo, preséntase unha investigación acerca do Traballo Social e o Servizo de Axuda no Fogar na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (provincia de A Coruña) cuxos obxectivos principais son indagar sobre a atención recibida das persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar da Mancomunidade de Ordes e indagar acerca da importancia da intervención desempeñada polas persoas profesionais durante o tempo que dura o servizo. A investigación lévase a cabo para coñecer de primeira man e narrado polas propias persoas usuarias como é ou como foi a súa experiencia co propio servizo, ademais de entre outras cousas, analizar que melloras ou modificacións lle aplicarían ao servizo. Ademais, para encadrar dita investigación, realizarase un marco teórico, o cal tratará sobre distintos aspectos do Servizo de Axuda no Fogar como son: a súa propia definición, as persoas destinatarias, contido do servizo, dereitos e deberes das persoas usuarias, intensidade do servizo… Por último, mencionar que a metodoloxía de estudio que se vai utilizar é a cualitativa, xa que se da relevancia á escoita das persoas, polo que se emprega o grupo de discusión no cal participarán algunhas persoas usuarias do servizo, e a entrevista que se realizará ás dúas profesionais do Traballo Social da Mancomunidade de Ordes para saber así se estas coñecen de primeira man as situacións e experiencias (boas ou malas) polas que pasan as súas persoas usuarias.

O Dano Cerebral Adquirido e a influencia do papel do/a traballador/a social
Autoría
L.B.T.
Grao en Traballo Social
L.B.T.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
27.06.2024 11:00
27.06.2024 11:00
Resumo
O “Dano Cerebral Adquirido” (DCA) é unha lesión repentina e brusca no cerebro que se produce despois do nacemento, con múltiples consecuencias que varían segundo a gravidade e a zona afectada do cerebro onde se orixina, estas afectan á realización das actividades básicas da vida diaria. Prodúcense diferentes alteracións en funcións cognitivas como a atención, a memoria así como problemas físicos. Cáusanas poden ser diversas; por ictus, traumatismos cranioencefálicos, anoxias, entre outras e a atención integral, médica, social e psicolóxica ten gran importancia para estes usuarios. Esta revisión bibliográfica pretende abordar o papel do traballador social á hora de avaliar as necesidades e planificar servizos para persoas con Dano Cerebral Adquirido, destacando a escaseza de información sobre a intervención. O obxectivo é contribuír ao coñecemento práctico e teórico no traballo social, mellorando así a calidade de vida destas persoas. Ademais destácase a escasez de información sobre a intervención do/a traballador/a social cas persoas que sufren dano cerebral adquirido.

Consecuencias da Violencia Obstétrica na Saúde Mental das mulleres
Autoría
S.A.V.
Grao en Traballo Social
S.A.V.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
28.06.2024 11:30
28.06.2024 11:30
Resumo
O presente traballo, trátase dun proxecto de investigación cualitativa acerca da violencia obstétrica e as súas consecuencias na saúde mental das mulleres. Este proxecto de investigación, ten como obxectivo principal coñecer o impacto da violencia obstétrica na saúde mental das mulleres maiores de idade da área Sanitaria de Ferrol, entre os anos 2020 e 2021. Tratando o concepto e tipos de violencia obstétrica, así como, as súas consecuencias a nivel físico, psicolóxico e no vínculo maternal. Centrándose na importancia da introdución da profesión do traballo social ante a problemática. Para iso levarase a cabo unha entrevista semiestruturada que conta con dezaseis preguntas, realizada a un mínimo de 25 e a un máximo de 30 mulleres, de maneira individual. Baseada nun paradigma socio-crítico e cunha mostraxe de conveniencia.

Lazada a lazada
Autoría
R.M.L.
Grao en Traballo Social
R.M.L.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao correspóndese cun proxecto de intervención social directa de carácter grupal, o cal ten como obxectivo incrementar a atención social de forma integral a aquelas familias cuxa unidade de convivencia esté conformada por alguna persoa en situación oncolóxica e que, a súa vez, teña a cargo a unha persoa menor de idade, pertencentes ó Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Este proxecto de intervención levarase a cabo a través dunha serie de charlas e talleres de diversa índole, ca finalidade de mellorar e fortalecer unha dinámica familiar positiva, o que contribuirá á prevención dunha posíbel desestructuración familiar. Así pois, a aparición e presenza da enfermidade provoca, indirectamente, unha heteroxeneidade de cambios nos múltiples ámbitos que inciden tanto no mentemento como no progreso das unidades familiares de convivencia, así como no dos seus compoñentes, polo que faise imprescindíbel preservar a súa saúde social e así cubrir, na medida do posíbel, as necesidades sociais derivadas de dita situación. Este proxecto de intervención social adáptase á proposta exposta por García Herrero e Ramírez Navarro no manual Diseño y evaluación de proyectos sociales (1996) e no Manual práctico para evaluar proyectos sociales (2006), creado por estos mesmos autores. De tal forma que, desde este enfoque, a referenza táctica á que dito proxecto pretende contribuir provén do programa titulado Todos Contra el Cáncer, creado pola Asociación Española Contra el Cáncer (2022) e iniciativa proclamada Acontecimiento de Excepcional Interés Público polo Gobierno de España.

Murcia Álvarez, Evelia (Secretario/a)
VILAS CASTRO, XIANA (Vogal)

A outra cara do deporte: un proyecto de investigación cualitativa sobre os factores sociais dos Trastornos de Conducta Alimentaria en deportistas de elite desde o Traballo Social.
Autoría
C.S.C.
Grao en Traballo Social
C.S.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Este proxecto de investigación cualitativo trata sobre a contextualización dos factores sociais nas persoas deportistas de alto nivel que residan na Coruña e estean na Federación Galega de Deportes en idades comprendidas entre 18 e 25 anos e cun diagnóstico de Trastornos de Conduta Alimentaria. A temática de deportistas de elite cun diagnóstico de Trastorno de Conduta Alimentaria é crucial para o Traballo Social, xa que permite abordar a intersección entre saúde mental e rendemento deportivo. Identificar e tratar estes trastornos axuda a mellorar a calidade de vida e o desempeño dos atletas, promovendo unha atención integral que considera tanto o benestar emocional como físico. Ademais, sensibiliza sobre a importancia de crear contornas deportivas saudables e de apoio. O obxectivo xeral é identificar os factores sociais vinculados aos trastornos de conduta alimentaria en deportistas de elite xa que permite desenvolver estratexias de prevención e intervención efectivas. Comprender estes factores permite aos profesionais do Traballo Social deseñar programas e políticas que aborden as presións sociais ás que se enfrontan os e as atletas.Respecto á metodoloxía, usamos o paradigma da teoría crítica e o método da investigación-acción participativa que se basea nas persoas a través da acción social. O tipo de mostraxe empregado é a mostraxe teórica intencionada caracterizada pola selección de persoas participantes de acordo co xuízo ou criterios da persoa investigadora. Empregamos unha triangulación de datos por informantes, onde o primeiro vértice, son os e as mozas que practiquen deportes de alto rendemento de entre 18 e 25 anos, o segundo vértice son as súas familias e o terceiro vértice fai referencia ás persoas adestradoras. En referencia ao procedemento de recollida e tratamento dos datos usaremos a técnica do metaplan que promove unha participación equitativa e sen influencias individuais, cunha persoa moderadora facilitando a comprensión. O programa de software Atlas. Ti 22.2 seleccionase como ferramenta principal para levar a cabo esta análise do contido dos datos. É un programa software amplamente recoñecido no campo da investigación cualitativa que facilita a análise de datos textuais e multimedia a través de diversas técnicas, como a análise de contido, a análise temática e a análise de redes semánticas. A investigación dura desde febreiro de 2024, que é cando se inicia a revisión documental, ata febreiro do ano 2025, que se emitirá o informe final.

Vida Independente. Alternativa de vivenda comunitaria para persoas con enfermidade mental
Autoría
P.S.V.
Grao en Traballo Social
P.S.V.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
25.06.2024 12:00
25.06.2024 12:00
Resumo
Vida independente é un proxecto de intervención social, onde se pretende ofrecer unha alternativa de vivenda comunitaria ás persoas que presenten un diagnóstico de saúde mental, principalmente dirixido a mulleres, maiores de idade e cuns ingresos suficientes que lles permitan facerse cargo dos gastos necesarios do piso. Dito proxecto consta de unha serie de actividades a levar cabo coa finalidade de promover a independencia e autonomía das persoas usuarias, para lograr a súa inclusión social na comunidade, aumentando ao mesmo tempo a súa autoestima. Para lograr dito obxectivo se desenvolverán unha serie de actividades tanto de acompañamento, como de orientación, apoio social e coordinación, tanto coas familias das persoas usuarias como con distintas entidades so sector, entre outras. Este proxecto será un gran avance cara a independencia das persoas que teñan algún tipo de enfermidade mental, xa que lles proporcionan unha alternativa de vivenda que fomenta a inclusión social e o traballo na comunidade destas persoas.

A perspectiva do alumnado de Traballo Social acerca da legalización do cannabis en España.
Autoría
L.L.A.
Grao en Traballo Social
L.L.A.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O consumo de sustancias psicoactivas supón un dos maiores e máis graves problemas de saúde no mundo. Esta problemática existe dende hai moito tempo e foi evolucionando ao largo dos anos. A existencia de estas substancias leva consigo a prohibición ou legalización de estas. O seguinte traballo tratará de contextualizar o mundo das sustancias psicoactivas centrándonos no protagonista, o cannabis, así como a súa posible regulación e/ou legalización desta. Ademais de contextualizar as sustancias psicoactivas e o propio cannabis, este proxecto céntrase en mostrar a parte xurídica da substancia, é dicir, as leis principais que xiran en torno ao cannabis e algunhas propostas parlamentarias que foron xurdindo estes últimos anos. Tamén analizarase o papel que teñen os/as traballadores/as sociais neste ámbito e o proceso de intervención que levan a cabo. Trátase dun proxecto de investigación cualitativa no que o obxectivo xeneral no que o obxectivo xeral é analizar a perspectiva que ten o alumnado de 4º curso de Traballo Social acerca da legalización do cannabis en España. No relativo á metodoloxía, neste proxecto se ten en conta o paradigma interpretativo. As persoas participantes deste serían o alumnado de 4º curso de Traballo Social da Escola Universitaria de Santiago de Compostela e o tipo de mostraxe que se utilizaría é o no probabilístivo. Este proxecto levaráse a cabo a través dunha entrevista estruturada aos/ás participantes, os/as cales serán elixidos/as a partir dos criterios de inclusión e exclusión escollidos.

A calidade de vida das persoas maiores no Concello de Palas de Rei. Proxecto de investigación cuantitativa
Autoría
L.A.R.
Grao en Traballo Social
L.A.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao correspóndese cun proxecto de investigación cuantitativa a través do cal se pretende analizar a calidade de vida das persoas maiores no Concello de Palas de Rei. A crecente importancia do benestar deste sector de poboación, combinada co contexto rural no que se sitúa dito concello, xustifican a relevancia deste estudio, o cal ten como obxectivo xeral analizar a calidade de vida das persoas maiores de 70 anos en Palas de Rei. Para acadar dito obxectivo, utilizarase unha metodoloxía cuantitativa, empregando a enquisa como principal intrumento de recollida de datos. Dita enquisa permitirá obter información de xeito directo da poboación obxecto de estudo, abordando aspectos relevantes para avaliar a súa calidade de vida en relación a diferentes áreas (saúde, relacións sociais e/ou uso dos Servizos Sociais, entre outros). Este estudo non só busca comprender a situación actual das persoas maiores neste concello, senón que tamén busca identificar as posibles áreas de mellora e contribuír ao desenvolvemento de políticas e programas sociais centrados en mellorar o benestar e calidade da vida das persoas maiores en contextos rurais coma o Concello de Palas de Rei.

racismo e saúde mental
Autoría
P.V.S.
Grao en Traballo Social
P.V.S.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
02.07.2024 11:30
02.07.2024 11:30
Resumo
Ao longo deste documento preséntase un proxecto de investigación cualitativa que ten como obxectivo xeral analizar a posible relación entre o racismo e a saúde mental en persoas afroamericanas. Con el búscase realizar unha investigación nunha comunidade en Galicia de persoas afroamericanas para poder extraer as pertinentes conclusións acerca da súa saúde mental en relación coas discriminacións sufridas. Na metodoloxía detállase que o paradigma que se utilizará é a teoría crítica, debido a que se trata de comprender e cuestionar as estruturas de poder e as diferenzas sociais. En base a iso, emprégase o método etnográfico, que permite unha visión do racismo desde a perspectiva cultural das persoas. As persoas participantes son mozas entre 18 e 29 anos pertencentes á poboación afroamericana e residentes na comunidade autónoma de Galicia. Para iso aplícase a mostraxe homoxénea debido a que as unidades seleccionadas posúen unhas mesmas características, resaltando con iso o proceso do racismo nesta poboación. Na entrada ao campo utilízase a un gatekeeper que facilitará a mesma e a selección de persoas participantes para realizar entrevistas e grupos de discusión e observación partipante como técnicas de recollida de datos. A análise de contido é o tipo de análise que se emprega, utilizando ademais, o software que se utilizará será o Atlas.ti versión 23. Úsase un razoamento abductivo para establecer unha relación entre teorías e datos. A investigación iníciase no mes de novembro ata decembro.

Proxecto de intervención para diminuír a sobrecarga dos coidadores informais de persoas maiores
Autoría
C.M.D.
Grao en Traballo Social
C.M.D.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.09.2024 10:30
04.09.2024 10:30
Resumo
Os avances nos coidados médicos incrementaron notablemente a esperanza de vida, dando como resultado unha poboación envellecida que necesita asistencia e coidados específicos. Neste contexto, os coidadores informais, xeralmente familiares sen cualificación nin remuneración, desempeñan un papel crucial no apoio e atención destas persoas maiores. Sen embargo, este rol leva consigo unha considerable carga física e psicolóxica, afectando á calidade de vida tanto dos coidadores como das persoas que reciben los coidados, xerando así a situación coñecida como sobrecarga do coidador informal. Para abordar esta problemática preséntase un proxecto de intervención seguindo o modelo de Ander Egg (2005) e o de Gustavo A. García Herrero e José Manuel Ramírez Navarro (2003), para os apartados de programación, orzamento e indicadores de avaliación. O obxectivo é diminuír a sobrecarga desenvolvendo un conxunto de actividades de apoio físico, psicolóxico e social para poder mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas coidadoras do Concello de Fisterra, e desta forma tamén mellorar os coidados que ofrecen ás persoas maiores dependentes.

A Saúde Mental das persoas militares despois dos conflitos bélicos dende a perspectiva do Traballo Social. Unha revisión bibliográfica narrativa.
Autoría
L.B.G.
Grao en Traballo Social
L.B.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Os conflitos bélicos, constitúen unha problemática social que desencadean unha serie de consecuencias, tanto na poboación civil como no persoal militar, entre elas, a influencia negativa na saúde mental das persoas militares e do seu entorno. O obxectivo xeral desta revisión, é analizar a literatura científica referente á problemática da saúde mental dos e das militares despois dos conflitos bélicos dende á perspectiva do Traballo Social. A estratexia metodolóxica empregada nesta revisión bibliográfica narrativa do estado do arte, sobre a problemática da saúde mental nos e nas militares, despois dos conflitos bélicos, comeza realizando unha busca nas bases de datos: Scopus, Dialnet, Eric, PsycInfo, WoS e PubMed, utilizándose, nestas dúas últimas, os DeCS E MeSH a fin de atopar literatura científica referente a dita temática, cunha limitación dende o ano 2009 ata 2024, en inglés e español. Dos 2640 artigos recuperados, despois de facer a selección en base os criterios de inclusión e exclusión, da aplicación de filtros e da selección en base ó título, resumo e finalmente ó corpo do artigo, o resultado final foi de 15 artigos. Os principais resutados indican que, as guerras provocan numerosas patoloxías psíquicas sumadas tamén a unha perda da confianza e seguridade e a unha desestruturación total da sociedade concibida, sendo os diagnósticos máis común o Trastorno de Estrés Post Traumático e a depresión. Chégase á conclusión de que, o tratamento do Trastorno de estrés Post Traumático constitúe a temática máis abordada, seguida do forte estigma e autoestigma, polo que o persoal militar non busca a atención adecuada e da necesidade das persoas militares por reintegrarse de xeito óptimo na comunidade. Conclúese necesaria unha intervención directa dende o traballo social, de xeito individual e familiar dende unha perspectiva social para que se posibilite unha adecuada reintegración dos e das veteráns na sociedade.

Camiño cara á reinserción: proxecto de investigación sobre as narrativas das persoas privadas de liberdade no sistema penitenciario galego
Autoría
N.K.C.
Grao en Traballo Social
N.K.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
24.06.2024 12:15
24.06.2024 12:15
Resumo
A exclusión social das persoas ex-reclusas ubícase nun contexto social de gran complexidade, onde a súa reinserción na sociedade tras a súa estancia no sistema penitenciario supón un desafío significativo. Na actualidade, este colectivo sofre estigmas e obstáculos para acceder a servizos ou recursos básicos, que pode provocar situacións de exclusión, afectando de maneira negativa a diferentes aspectos das súas vidas e ás súas posibilidades de reinserción na sociedade. Esta temática será abordada a través dun proxecto de investigación cunha metodoloxía cualitativa, co obxectivo de analizar a experiencia das persoas ex-reclusas en relación á exclusión social. O paradigma deste proxecto de investigación cualitativa é o da Teoría Crítica, que permitirá identificar as dificultades ás que este colectivo se enfronta para conseguir a súa reinserción, onde ademais se utiliza o método narrativo-biográfico. Utilizarase unha triangulación de informantes ás persoas que se atopan nesta situación e os seus familiares, coa finalidade de coñecer de maneira holística e profunda este tema. O instrumento de recollida de datos son as entrevistas semiestructuradas, para as cales se utiliza unha análise narrativa, que estará apoiado polo software MAXQDA. A investigación terá unha duración dende febreiro de 2024 ata xullo de 2025

Factores sociais que afectan na recaída do consumo de sustancias psicoactivas
Autoría
L.C.G.
Grao en Traballo Social
L.C.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 10:00
26.06.2024 10:00
Resumo
O consumo de sustancias psicoactivas é algo cada vez máis presente e coñecido na sociedade, pero que a súa vez mostra as incógnitas que ainda existen ao respecto, sobretodo relacionadas coas recaídas no consumo de sustancias psicoactivas. A sociedade é coñecedora dos seus aspectos máis psicolóxicos e biolóxicos pero, e os aspectos sociais?, que cambios no entorno da persona poden levarlle a volver a consumir sustancias psicoactivas? Este proxecto de investigación de metodoloxía cualitativa pretende ampliar a compresión de cómo os factores sociais poden ter un gran impacto na forma de consumo de sustancias das personas, enfocándose neste caso na población da área sanitaria de Santiago de Compostela. A recollida de datos realizaráse a partir dunha entrevista, para coñecer de forma individualizada e especializada, as experiencias, pensamentos e opinións desta población. Visibilizar a situación das personas con este tipo de adiccións é imprescindible para a creación e actualización de recursos e tratamentos, que axuden ás personas a ter unha vida o maís saudable posible.

Proxecto de investigación cualitativa sobre a vivencia do benestar social das persoas con depresión que teñan un diagnostico de Corpos de Lewy
Autoría
M.G.P.
Grao en Traballo Social
M.G.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
24.06.2024 13:00
24.06.2024 13:00
Resumo
A demencia por Corpos de Lewy é a segunda demencia neurodexenerativa máis común en maiores de 75 anos. Caracterízase pola acumulación anormal de proteínas no cerebro, causando problemas cognitivos, trastornos do movemento e cambios na función autonómica. Os síntomas non motores frecuentes inclúen trastornos do sono, alucinacións visuais e depresión. Aínda que a depresión é significativa nos criterios de diagnóstico, non é indispensable para diagnosticar a demencia por Corpos de Lewy. A demencia de Corpos de Lewy representa desafíos significativos para a saúde mental e o benestar social das persoas, especialmente no que respecta á depresión. Non obstante, a comprensión de como esta interacción afecta aos individuos é aínda limitada. É por iso que o obxectivo desta investigación é explorar o constructo do benestar social das persoas con depresión que teñen un diagnóstico de Corpos de Lewy. Este proxecto de investigación utiliza unha metodoloxía cualitativa exploratoria desde un paradigma sociocrítico, fomentando a participación directa das persoas afectadas para a identificación de solucións e a implementación de accións concretas. Lévarase a cabo o método fenomenolóxico para explorar esta vivencia desde unha perspectiva total, detectando os significados e percepcións subxacentes. Realizaranse entrevistas semiestruturadas e grupos de discusión con participantes seleccionados mediante mostraxe intencionada a través da Federación FEAFES en Santiago de Compostela. Os datos recompilados serán analizados tematicamente co software Atlas.ti para identificar patróns, temas e narrativas clave ata alcanzar a saturación teórica. A interpretación dos datos realizarase mediante razoamento abductivo, xerando hipóteses baseadas nas observacións do estudo. Esta investigación lévase a cabo durante todo o ano, comezando coa revisión documental en febreiro e realizando o informe final en decembro para a súa difusión de datos no ano 2025.

A situación laboral das mulleres inmigrantes en Vilagarcía de Arousa
Autoría
T.B.R.
Grao en Traballo Social
T.B.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
As migracións son un proceso que estivo presente ao longo dos anos en España. As circunstancias polas que as persoas deciden migrar a outro país son diversas, pero sempre co obxectivo de mellorar a calidade de vida. As persoas cando migran vénse na necesidade de aceptar diversos traballos que a poboación española non exerce. No caso das mulleres, a oferta de empego é na súa maioría para traballos adicados a limpeza, coidado de menores, atención e coidado de persoas maiores e ao sector da hostalería. Estos traballos danse xeralmente en situacións irregulares, con salarios moi baixos, cunhas condicións laborais deficientes e cunha sobrecarga horaria. Este proxecto de investigación cualitativa ten como obxectivo xeral analizar a experiencia, percepción e opinión das mulleres inmigrantes sobre a actividade laboral que exercen en Vilagarcía de Arousa. A metodoloxía que se usa ten un enfoque cualitativo, en base ao paradigma interpretativo cuxo método é a fenomenoloxía. O proceso de recolloida de datos farase a través de entrevistas individuais e grupais, utilizando unha serie de criterios de inclusión e de exclusión a mulleres inmigrantes en idade laboral que residan no municipio de Vilagarcía de Arousa. Nas entrevistas recolleránse os datos necesarios para a súa posterior análise e tratamento a través dun programa específico e respetando sempre os aspectos éticos e legais correspondentes á entrevista e a investigación.

As barreiras sociais dos MENAs. Unha revisión bibilográfica narrativa.
Autoría
I.C.F.
Grao en Traballo Social
I.C.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.09.2024 11:30
04.09.2024 11:30
Resumo
O presente traballo é unha revisión sistemática sobre a literatura científica das barreiras sociais ás que teñen que facer fronte os MENAs. Unha vez que colleitamos e analizamos os artigos de interese, comparamos e destacamos a evidencia e as conclusións que dita literatura lanza. Neste sentido, a maioría de autores destacan a necesidade de mellora na regulación xurídica á que teñen que enfrontarse os menores. Tamén hai bastante acordo respecto a a victimización que sofre este colectivo, e como este o fai máis vulnerable aínda. Precisamente por este motivo, gran parte dos traballos atopados subliñan a importancia da intervención socioeducativa e a necesidade de que os profesionais que traballen con MENAs sexan coñecedores das súas experiencias migratorias para poder deseñar programas efectivos de integración e apoio.

Traballo Social e o tratamento do Trastorno Mental Grave nas Institucións Penitenciarias Españolas. Unha revisión bibliográfica.
Autoría
M.C.F.
Grao en Traballo Social
M.C.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 11:00
26.06.2024 11:00
Resumo
Unha de cada catro persoas padecerá un trastorno mental ao longo da súa vida, os trastornos de saude mental constitúen unha problemática que, se se prolonga ao longo do tempo, pode chegar a cronificarse e transformarse nun Trastorno Mental Grave. A propia condición mental das persoas que padecen un Trastorno Mental Grave pode propiciar o non control dos seus impulsos ou a non cognición da responsabilidade social, así coma un maior grado de vulnerabilidade no momento de enfrontarse a un proceso xudicial, o cal pode levalor a cometer actos delictivos e finalizar cunha condena privativa de liberdade nun centro penitenciario. Esta revisión bibliográfica pretende analizar a literatura referente ao tratamento das persoas que padecen un Trastorno Mental Grave en Institucións Penitenciarias, en concreto nos centros penitenciarios de réxime xeral, enfocándose na labor realizada dende o ámbito do Traballo Social nesta institución e especialmente no proceso rehabilitador das persoas que padecen esta tipoloxía de trastornos

Queer, tullidas e tolas. A realidade das persoas con discapacidade LGTBIQ+
Autoría
I.E.M.
Grao en Traballo Social
I.E.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
25.06.2024 09:30
25.06.2024 09:30
Resumo
As persoas con discapacidade foron sempre relegadas a un segundo plano, reducidas a pacientes e tratadas como nenas cuxa existencia baseábase nas súas limitacións ou enfermidades. Nos últimos anos, co cambio de paradigma da discapacidade, esta visión foi mudando e comeza a verse o colectivo como un conxunto de persoas diversas onde coexisten diferentes realidades, entre elas ás LGTBI. Para poder dar voz ás persoas con discapacidade e visibilizar ás súas realidades LGTBI plantéxase esta investigación, que dende un enfoque cualitativo e utilizando os grupos de discusión busca coñecer os retos, barreras e situacións ás que enfróntanse as persoas con discapacidade LGTBI.
As persoas con discapacidade foron sempre relegadas a un segundo plano, reducidas a pacientes e tratadas como nenas cuxa existencia baseábase nas súas limitacións ou enfermidades. Nos últimos anos, co cambio de paradigma da discapacidade, esta visión foi mudando e comeza a verse o colectivo como un conxunto de persoas diversas onde coexisten diferentes realidades, entre elas ás LGTBI. Para poder dar voz ás persoas con discapacidade e visibilizar ás súas realidades LGTBI plantéxase esta investigación, que dende un enfoque cualitativo e utilizando os grupos de discusión busca coñecer os retos, barreras e situacións ás que enfróntanse as persoas con discapacidade LGTBI.
Dirección
Murcia Álvarez, Evelia (Titoría)
Murcia Álvarez, Evelia (Titoría)
Tribunal
Murcia Álvarez, Evelia (Titor do alumno)
Murcia Álvarez, Evelia (Titor do alumno)
A violencia de xénero na Universidades de Santiago de Compostela unha perspectiva dende o traballo social
Autoría
V.P.G.
Grao en Traballo Social
V.P.G.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
25.06.2024 11:00
25.06.2024 11:00
Resumo
A violencia de xénero é un problema grave que afecta ás mulleres de todo o mundo, incluso nas universidades. A violencia de xénero, recoñecida como unha forma de discriminación que impide o pleno exercicio dos dereitos das mulleres, inclúe o dano físico, sexual, psicolóxico e económico. Nas universidades, os estudos internacionais amosan altos índices de violencia nas relacións, con moitas vítimas que coñecen aos seus atacantes e afrontan barreiras para denunciar debido á falta de apoio institucional. Os obxectivos xerais deste estudo son analizar a violencia de xénero entre os estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e explorar en profundidade as súas experiencias e percepcións sobre este fenómeno. As hipóteses plantexadas son que as políticas e recursos actuais da USC se perciben como insuficientes, que o alumnado ten un coñecemento limitado sobre os recursos dispoñibles e que a violencia de xénero repercute negativamente no benestar psicolóxico e no rendemento académico do alumnado. A metodoloxía baséase nun enfoque mixto que combina técnicas cuantitativas e cualitativas. Esta combinación de enfoques permite unha comprensión profunda do fenómeno e achega unha valiosa información para a prevención e intervención na violencia de xénero no ámbito universitario.

O Impacto da rede familiar na conduta delictiva dos menores infractores
Autoría
M.S.F.
Grao en Traballo Social
M.S.F.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.09.2024 11:00
04.09.2024 11:00
Resumo
A delincuencia xuvenil é un problema de gran preocupación polas súas consecuencias individuais e sociais. O comportamento criminal xuvenil non só afecta ás vítimas e ás comunidades, senón que tamén configura o futuro dos mozos delincuentes. Esta revisión bibliográfica céntrase no impacto da rede familiar no comportamento criminal dos menores, clave na formación de valores e comportamentos baseados en teorías como o apego de Bowlby e a teoría ecolóxica de Bronfenbrenner. Estas teorías explican como os ambientes familiares disfuncionais poden predispoñer á delincuencia xuvenil. Factores como a mala supervisión dos pais, os conflitos intrafamiliares e as condicións socioeconómicas adversas demostraron unha correlación significativa co comportamento delincuente. A calidade da relación entre pais e fillos emerxe como crucial, xa que a falta de cariño e disciplina coherente pode levar aos mozos a buscar o recoñecemento en contornas problemáticas. Este traballo busca comprender como as dinámicas familiares inflúen na delincuencia xuvenil, fundamental para mellorar as estratexias de prevención e tratamento mediante unha revisión da literatura narrativa.

O papel do apego nas adiccións: unha visión dende o Traballo Social
Autoría
A.F.V.
Grao en Traballo Social
A.F.V.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
02.07.2024 13:00
02.07.2024 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao trátase dunha revisión bibliográfica narrativa, na cal se analiza a influencia do apego nas persoas con consumo problemático e trastornos por consumo de substancias. No relativo á estratexia de busca, consultáronse cinco bases de datos diferentes, seleccionando unicamente artigos de revista que utilizaran a Teoría do Apego de Bowlby, publicados nos últimos 30 anos, de libre acceso e escritos en español, inglés ou traducidos ao primeiro. Para a súa realización, escolléronse 30 artigos, dos cales 13 foron finalmente empregados. Encontrouse que máis da metade dos documentos confirmaron a existencia dunha correlación entre o estilo de apego inseguro e os trastornos por consumo de substancias. En canto aos resultados obtidos dos artigos analizados, estes remataron sendo significativos para a disciplina do Traballo Social, pois comprendendo o modo en que as persoas se relacionan é posible crear unha alianza terapéutica máis sólida, ademais de saber o que unha persoa pode esperar das outras e coñecer cales son as súas limitacións e capacidades, adaptándose ás necesidades de cada caso para, desta maneira, garantir unha asistencia de calidade.

A Patoloxía dual en España
Autoría
L.O.T.
Grao en Traballo Social
L.O.T.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
05.07.2024 12:00
05.07.2024 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado consiste nunha revisión bibliográfica narrativa de tipo teórica, sobre a patoloxía dual e a sua intervención. Para iso, seleccionaronse un total de 25 documentos en base a uns criterios de selección determinados con anterioridade; idioma, ano de publicación e os correspondentes co tema seleccionado para a revisión. A búsqueda realizouse en Dialnet, Scielo e Google Academy, bases de datos de carácter gratuito. O principal obxetivo do traballo é estudar a conceptualización da patoloxía dual. Según os documentos consultados e revisados conclúese que a patoloxía dual é un tema ao que se lle debe dar mais visibilidade xa que resulta de gran relevancia e é necesario tratala como patoloxía individualizada, así a súa ya rehabilitación resultaría máis eficaz nos/as usuarios/as. Como obxetivos específicos, indagase nos modelos de intervención, nos riscos de futuro que presenta e a importancia da intervención social. Así como, a importancia da continua investigación para a mellora da calidade de vida das persoas que a padecen.

Planificación Compartida da Atención e o Traballo Social
Autoría
A.C.C.
Grao en Traballo Social
A.C.C.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
28.06.2024 12:00
28.06.2024 12:00
Resumo
O avance médico no século XX e principios do XXI aumentou a esperanza de vida, pero a morte é parte do proceso vital do ser humano. A Bioética xurde para abordar os conflitos éticos na atención médica, promovendo unha relación máis participativa e un modelo asistencial menos paternalista e máis comunicativo. En España, as Vontades Anticipadas ou Instrucións Previas chegan para conducirnos a un enfoque máis centrado na comunicación efectiva e na toma de decisións compartida. A Planificación Compartida da Atención (PCA) xurde como unha evolución de conceptos anteriores, enfocándose en desenvolver un plan de atención centrado na persoa e orientado na comunicación entre o médico, o paciente e a familia de este. O presente proxecto enfócase en investigar o papel do Traballo Social Sanitario na Planificación Compartida da Atención a través de entrevistas as sete xefas de servizo da Unidade de Traballo Social de cada área sanitaria de Galicia.

Traballo social e mulleres en contextos de prostitución: Experiencias de intervención dende as entidades da Congregación das Irmás Oblatas do Santísimo redentor.
Autoría
A.B.S.
Grao en Traballo Social
A.B.S.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 11:30
26.06.2024 11:30
Resumo
A trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual é unha forma de violencia contra as mulleres invisibilizada e abandonada, na que se produce unha interseccionalidad de vulnerabilidades que se institucionaliza no sistema prostitucional. A continuación exponse unha investigación exploratoria, de carácter mixto cuxo obxectivo principal é o de abordar, desde unha perspectiva holística e interseccional, as atencións proporcionadas a mulleres en situación de prostitución desde o traballo social. Así mesmo, preténdese profundizar nas dificultades coas que se atopan as mulleres prostituídas pola súa condición étnico-racial e a historia da congregación. A metodoloxía empregada será a correspondente ao modelo de investigación cualitativa, desenvolvido a través da execución de entrevistas abertas, grupos de discusión e a reelaboración de datos secundarios. Todo iso aplicado a dous grupos, determinados como persoas participantes, as MSP intervidas e as e os profesionais do traballo social.

A bifobia e as súas consecuencias: unha proposta de investigación en Galicia
Autoría
A.P.P.
Grao en Traballo Social
A.P.P.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 12:00
26.06.2024 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao é un proxecto de investigación mixta que ten como principal obxectivo analizar a discriminación que sofren as persoas bisexuais en Galicia e indagar se esta afecta ao seu desenvolvemento vital. As persoas obxecto de estudo son as persoas bisexuais maiores de idade que residen na Comunidade Autónoma de Galicia. Con este proxecto búscase coñecer a realidade das persoas bisexuais, como inflúe a bifobia nas súas vidas e cales son as principais consecuencias. A bisexualidade sofre un gran problema non so de invisibilización senón tamén de falta de categorización como identidade propia. Esto produce importantes repercusións para as persoas bisexuais entre as que atopamos maiores taxas de problemas de saúde mental, baixas porcentaxes de saída do armario e altas probabilidades de sufrir violencia de xénero e sexual, no caso das mulleres. Este proxecto xurde da necesidade de visibilizar unha realidade que continúa sendo moi descoñecida, para a poboación xeral pero tamén para os profesionais das ciencias sociais. Polo que se considera de vital importancia abordar esta temática dende o ámbito do Traballo Social. Para realizar esta análise empregase como ferramentas de recollida de datos a entrevista semiestruturada e a enquisa, combinando as metodoloxías cualitativa e cuantitativa.

Resultados da implementación do modelo Housing First en Europa: Unha revisión bibliográfica
Autoría
N.V.V.
Grao en Traballo Social
N.V.V.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
03.09.2024 12:30
03.09.2024 12:30
Resumo
O Housing First é unha metodoloxía de intervención que aborda o sinhogarismo crónico proporcionando unha vivenda estable a persoas en estado de sinhogarismo con altas necesidades de apoio sen esixir sobriedade ou abstinencia. Este enfoque contraponse cos sistemas tradicionais de atención denominados en escaleira que buscan capacitar ás persoas usuarias para vivir de maneira independente nun domicilio propio. A presente revisión bibliográfica de tipo narrativa de estado da arte nace co obxectivo de revisar a literatura científica correspondente aos resultados do modelo Housing First en Europa. Seguindo a estratexia metodolóxica deseñada realízanse once procuras en tres basees de datos Dialnet, Scopus e Web of Science, das cales se obteñen 580 resultados. Tras aplicar filtros e criterios de exclusión e inclusión selecciónanse 16 artigos a fin de analizalos en base ás súas variables bibliométricas e temáticas. Estes artigos expoñen investigacións realizadas en trece países diferentes, maioritariamente España e Francia, e publícanse entre 2017 e 2024 en once revistas de diversas temáticas. Os resultados do programa Housing First que máis se abordan nos artigos son: experiencias, perspectivas e relación persoa usuaria-profesional, retención da vivenda e uso de servizos sociais e sanitarios. A análise e contraste dos estudos resolven que o modelo Vivenda Primeiro presenta efectos positivos principalmente en materia de estabilidade do aloxamento. Con todo, debido á carencia de investigacións que avalíen resultados a longo prazo, os resultados pertencentes a outros ámbitos non son concluíntes.

Coidado non profesional a persoas maiores dependentes: Características e Recursos
Autoría
S.B.A.
Grao en Traballo Social
S.B.A.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 10:30
26.06.2024 10:30
Resumo
A evolución da pirámide de poboación en España, ó igual que en Galicia, vén experimentando nos últimos anos un aumento de poboación avellentada; cada vez a poboación é maior e, con isto, tamén aumentan as situacions de dependencia e necesidade dos coidados e atencións a este grupo poboacional. Con isto, e debido á ética do coidado que configura, entre outros, os valores sociais actuais, os coidados non profesionais foron e continúan sendo os comúnmente exercidos en situacions de dependencia a personas maiores. Polo tanto, o presente proxecto de investigación pretenderá analizar a atención e coidados que exercen as personas coidadoras non profesionais no ámbito familiar das personas maiores dependentes. Para isto, a metodoloxía empregada será a cualitativa, a cal apoiarase nas bases do paradigma interpretativo. Ademáis, a información recollida para dita investigación cualitativa obterase mediante entrevistas abertas semiestructuradas de forma individual a cada persoa participante. Finalmente, analizaranse e posteriormente difundiranse os resultados da investigación, tendo en conta os aspectos éticos e legais oportunos que poidan influir na mesma.

O acceso das persoas en situación de senfogarismo ao sistema de protección social en Santiago de Compostela: o Ingreso Mínimo Vital
Autoría
R.R.S.
Grao en Traballo Social
R.R.S.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
03.09.2024 12:00
03.09.2024 12:00
Resumo
Esta investigación nace da necesidade de visibilizar ás persoas en situación de sen teito, que a pesar de que a súa presenza é unha constante na nosa sociedade, sempre foi un colectivo minorizado e estigmatizado do que apenas se ten información rexistrada. O que se pretende é analizar o acceso destas persoas a prestacións sociais, centrándonos no Ingreso Mínimo Vital. Para iso, analizaremos o número de persoas solicitantes e beneficiarias desta prestación en Santiago de Compostela durante o ano 2023, observando cal é o seu perfil sociodemográfico, os impedimentos no acceso a esta axuda e alternativas á mesma. Tendo en conta que o Ingreso Mínimo Vital é unha prestación de recente implementación, observamos que o 31,5% das persoas sen teito percibiron estes ingresos, cunha media de 8 meses de espera desde a solicitude ata a concesión e que se denegaron o 28% das solicitudes realizadas.

Relación entre o consumo de sustancias e a violencia de xénero
Autoría
N.V.A.
Grao en Traballo Social
N.V.A.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
27.06.2024 12:00
27.06.2024 12:00
Resumo
A violencia de xénero e ás adiccións son dous problemas na sociedade que están ligados entre sí e afectan a calquera persoa. A violencia de xénero pode ser física, sexual ou psicolóxica e ten consecuencias na vida das víctimas. As mulleres que sofren violencia de xénero poden recurrir ás adiccións como unha forma de escape ou para afrontar o trauma emocional existente, pero tamén é certo que as adiccións poden aumentar a vulnerabilidade de unha persoa para ser víctima de violencia de xénero, xa que pode chegar a disminuir a sua capacidade para afrontar decisións e protexerse a sí mesma ou aos seus fillos/as. Polo tanto as adiccións poden ser tanto unha causa como unha consecuencia da violencia de xénero: A prevención e o tratamento de estas duas problemáticas requiere un unfoque multidisciplinario e só a través dun esforzo conxunto e coordinado se pode conseguir que as mulleres vivan libres de violencia de xénero e de adiccións. Neste traballo plantease realizar una investigación cualitativa para coñecer en profundidade a relación existente entre as adiccións e a violencia de xénero, ademáis dos recursos actuáis aos que poden recurrir. Para levar a cabo esta investigación realizarase una entrevista semiestructurada e unha observación de diferentes documentos.

Proxecto de investigación cualitativa sobre a experiencia das persoas coidadoras non profesionais.
Autoría
R.E.D.
Grao en Traballo Social
R.E.D.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
02.09.2024 12:00
02.09.2024 12:00
Resumo
A situación de dependencia está cada vez máis presente no noso día a día, os recursos existentes son escasos en non chegan a todas as persoas, polo que cada ve máis persoas son coidadas por familiares, sen formación no coidado e sen experiencia no mesmo. Os coidados de persoas en situación de dependencia están cada vez máis presentes na realidade de moitas persoas coidadoras non profesionais debido a diversos factores como, o avellentamento que existe na poboación en Galicia e ás características e necesidades da poboación galega. O obxectivo xeral deste proxecto de investigación é analizar a rutina das persoas coidadoras non profesionais de persoas en situación de dependencia. Cabe mencionar que a metodoloxía de este proxecto basease nunha investigación cualitativa dente un paradigma socio-crítico, o cal permite coñecer de forma pormenorizada o colectivo seleccionado para levar a cabo o estudo, debido a que se centra no diálogo que as propias persoas participantes verbalizan a través dos seus relatos; tendo como método para seleccionar a poboación participante o mostrexo de conveniencia e se empregará a técnica dos relatos de vida. As persoas participantes serán persoas coidadoras non profesionais maiores de idade do concello de Curtis que coiden algunha persoa con un grado de dependencia recoñecido e que esta tarefa se faga no domicilio. Prevese que a investigación teña unha duración de 18 meses sen ter en conta o tempo que se vai a empregar a difusión dos resultados obtidos.

Claudicaciones familiares: Experiencias das persoas atendidas no Hospital Meixoeiro de Vigo
Autoría
D.U.M.
Grao en Traballo Social
D.U.M.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
04.09.2024 12:30
04.09.2024 12:30
Resumo
Este proxecto de investigación cualitativa céntrase nas claudicacións familiares, un fenómeno que afecta hoxe en día a moitas familias, entre elas, pacientes atendidos no Hospital Meixoeiro de Vigo. No contexto dun sistema de saúde que enfronta crecentes demandas de coidado, é crucial entender como estes coidadores ven afectados na súa vida diaria. O obxectivo xeral é explorar os cambios que experimentan as persoas coidadoras tras dedicarse ao coidado dun familiar. Para iso, empregarase unha metodoloxía cualitativa, seleccionando unha mostra intencionada de coidadores entre 45 e 55 anos. A través de entrevistas semiestructuradas, buscarase obter unha comprensión profunda das súas experiencias, estratexias de afrontamiento e o impacto na súa calidade de vida. Este enfoque recollerá as múltiples dimensión da súa realidade, proporcionando una visión detallada dos retos e adaptación aos que se enfrontan. A investigación abordará aspectos emocionais, físicos e sociais, ofrecendo unha perspectiva integral do coidado familiar no contexto actual.

Marisqueo a pé e traballo social: condicións sociolaborais das mulleres da Illa de Arousa
Autoría
J.G.R.
Grao en Traballo Social
J.G.R.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
03.09.2024 10:30
03.09.2024 10:30
Resumo
Este traballo de fin de grao analiza as condicións sociolaborais das mariscadoras a pé do concello da Illa de Arousa, tamén se tratará a figura da muller no mercado laboral e a súa evolución ata pasar a ser a totalidade de profesionais do marisqueo a pé, ademais de analizar os apoios sociais e recursos que teñen á súa dispoñibilidade e coñecer o marco legal polo que se rexe e funciona a súa profesión. Abordaranse temas de interese relacionados co sector da acuicultura, como a importancia dun desenvolvemento sostible, o perigo da contaminación e como afecta todo iso ao traballado destes profesionais do mar. Falarase da figura do traballador social, e indagásese sobre os tipos de intervención que leva a cabo con este sector, para todo isto, contásense cos testemuños das propias mariscadoras/res a pé e dos traballadores sociais do concello da Illa de Arousa.

A relación entre o bullying e a saúde mental nos adolescentes de Santiago de Compostela: promoción da saúde desde o traballo social
Autoría
M.Y.V.
Grao en Traballo Social
M.Y.V.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
26.06.2024 13:00
26.06.2024 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao correspóndese cun Proxecto de investigación mixta que, ten por obxectivo dar a coñecer a relación de causalidade entre o feito de ser víctima de bullying e a probabilidade de padecer trastornos de saúde mental na adolescencia, máis concretamente: depresión. As preguntas de investigación ás que se pretende dar una resposta son: o feito de ser víctima de bullying incrementa o risco de aparición de trastornos de saúde mental? Cómo enfrentan as administración os casos de acoso escolar? Para dar resposta a estas preguntas, configúrase como obxectivo xeral incrementar o coñecemento a cerca da relación entre ser víctima de bullying e a posibilidade de desenvolver un trastorno depresivo nos/nas adolescentes. Así mesmo, elabórase un amplio marco teórico, proporcionando información acerca dos temas de interese relacionados coa temática seleccionada: saúde mental, depresión, bullying, lexislación relevante, programas nacionais de actuación e prevención…todo isto co fin de relacionalo coa disciplina de Traballo social e o seu papel na promoción da saúde. A metodoloxía de dita investigación, pretende levarse a cabo no ámbito educativo, seleccionando poboación adolescente de entre 12 e 17 anos de 4 institutos da zona de Santiago de Compostela, obtendo una aproximación da realidade investigada. As técnicas de recollida de datos serán tanto cuantitativas como cualitativas, levando a cabo una entrevista e una enquisa. No que á cronoloxía se refiere, espérase que o tempo de realización da investigación non supere os 11 meses (de setembro a xullo) que se corresponden máis ou menos coa etapa de curso académico.

O que ven despois: A realidade da violencia de xénero dende a perspectiva do traballo social
Autoría
A.P.A.
Grao en Traballo Social
A.P.A.
Grao en Traballo Social
Data da defensa
25.06.2024 09:30
25.06.2024 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase na figura do traballo social no ámbito da violencia de xénero, propoñendo unha investigación no Centro de Recuperación Integral para Mulleres vítimas de violencia de xénero (en adiante CRI) de Santiago de Compostela. A finalidade do mesmo está dirixida a proporcionar unha visión detallada sobre as consecuencias que emerxen durante os procesos de recuperación das mulleres. Frecuentemente, a violencia persiste, causando un dano continuo e crecente ás mulleres. Nalgúns casos, utilízanse aos fillos e fillas para exercer o que se coñece como violencia vicaria. O obxectivo xeral do estudo é analizar as principais problemáticas que se encontran as mulleres vítimas de violencia de xénero despois de ser atendidas no CRI. Para alcanzar este obxectivo, emprégase unha metodoloxía mixta que combina a utilización da entrevista e o cuestionario, permitindo unha comprensión detallada das experiencias das mulleres atendidas. Este estudo propón establecer o perfil sociodemográfico destas mulleres, identificar as estratexias de afrontamento utilizadas para facer fronte á violencia e determinar as súas necesidades e demandas. Ademais, examínase a súa rede de apoio e a súa situación laboral, económica, educativa e de vivenda, así como a eficacia dos recursos dirixidos a combater a violencia de xénero. A investigación tamén busca obter a perspectiva dos/as profesionais do CRI sobre a súa experiencia na intervención con mulleres vítimas de violencia de xénero. Finalmente, considérase necesario indagar sobre a percepción das persoas participantes acerca das funcións dos/as traballadores/as sociais nestes contextos, para proporcionar unha visión holística sobre a intervención social en situacións de violencia de xénero.