Xestión Dinámica de Carteiras con Aprendizaxe por Reforzo Profundo
Autoría
B.A.M.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)

Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O obxectivo deste proxecto é avaliar ata que punto un axente de aprendizaxe por reforzo profundo, sen coñecementos financeiros previos, pode desenvolver políticas dinámicas de asignación de activos que sexan estables e eficaces. A pregunta de investigación céntrase en se dito axente, adestrado unicamente con datos históricos e sen realizar hipóteses paramétricas sobre a dinámica dos prezos, pode superar en métricas como a rendibilidade ou o control das perdas ás estratexias tradicionais de xestión de carteiras. Para iso, constrúese desde cero un entorno de simulación modular que integra series de prezos reais, indicadores técnicos e variables macroeconómicas, e deseñase un protocolo experimental que permite escoller a mellor configuración de parámetros e comparala con benchmarks clásicos. Os resultados amosan que o axente de DRL non só compite, senón que na maioría das métricas supera ás estratexias tradicionais, confirmando así o seu potencial para a xestión dinámica de carteiras en entornos controlados.

Dirección
PEREZ PICO, ADA MARIA (Titoría)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
Aceptación do coche autónomo entre a mocidade: percepción, confianza e barreiras
Autoría
R.A.V.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
R.A.V.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar o grao de aceptación dos coches autónomos entre os consumidores mozos, así como identificar os factores que inflúen na súa predisposición a utilizalos ou adquirilos no futuro. Nun contexto de rápida transformación tecnolóxica no ámbito da mobilidade, resulta esencial comprender as percepcións, emocións e barreiras que afectan á adopción desta innovación. A investigación estrutúrase nunha primeira parte teórica, onde se revisa a literatura académica dispoñible sobre os coches autónomos, o comportamento do consumidor fronte a eles e a súa aceptación no mercado ata a data, e nunha segunda parte empírica baseada nunha enquisa realizada en Google Forms, cunha mostra de mozos de entre 19 e 25 anos principalmente. O cuestionario procura recoller información relevante sobre variables sociodemográficas, experiencia con tecnoloxías, emocións asociadas, nivel de confianza e disposición a probar ou comprar un coche autónomo, que poden dar resposta á cuestión principal do traballo. Finalmente, os resultados obtidos grazas a un primeiro análise exploratorio sobre a información recollida, e un posterior análise descriptivo traballado sobre a mesma, amosan unha actitude moderadamente favorable cara ao coche autónomo, aínda que condicionada pola falta de confianza, o descoñecemento da tecnoloxía e preocupacións relacionadas coa seguridade, a ética e a perda de control. Por último, o traballo conclúe cunha reflexión sobre os resultados obtidos, as dificultades no seu desenvolvemento e propón futuras liñas de investigación para ampliar o coñecemento sobre este estudo.

BANDE VILELA, MARIA BELEN (Titoría)
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
Impacto da Intelixencia Artificial en España: Percepción social, adopción empresarial e retos de futuro.
Autoría
D.B.V.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
D.B.V.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O presente traballo analiza o impacto da intelixencia artificial (IA) na economía dixital española, explorando a súa percepción social, a súa adopción nas empresas e as posibles implicacións futuras, mantendo unha comparativa constante de España co resto de Europa. O obxectivo principal é comprender como os cidadáns e as empresas españolas están a responder ante esta tecnoloxía emerxente, tanto a nivel de percepción social coma de adopción empresarial, e que pode achegar esta á nosa economía. Os resultados foron conseguidos mediante unha metodoloxía cualitativa, baseada na revisión de literatura e informes estatísticos de fontes secundarias como o INE, EY, ou IBM, cunha análise descritiva dos principais datos, e mostran unha percepción social sorprendentemente positiva que foi aumentando nos últimos anos, unha implementación desigual por parte das empresas (principalmente sesgado polo seu tamaño) e un potencial impacto significativo na produtividade e na economía. En definitiva, este traballo conclúe que a IA representa unha oportunidade estratéxica para España, siempre que se superen barreiras como o custo de adopción e o medo á perda do emprego, que tanto o goberno como as empresas están intentando mitigar proactivamente.

RIOS RODRIGUEZ, RAUL (Titoría)
RIOS RODRIGUEZ, RAUL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
Aloxamentos de turismo rural: análise e predición
Autoría
S.B.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
S.B.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
O turismo é un fenómeno económico e social que abarca un amplo campo de estudo. En España, representa un factor determinante na economía. Estatisticamente, é o segundo país máis visitado do mundo; isto representa unha fonte de ingresos significativa. A maioría dos turistas que chegan a España buscan diversos destinos de sol e praia; non obstante, existe unha gran variedade de destinos alternativos que complementan a oferta turística. Este estudo analiza o papel da evolución do Turismo Rural en Europa e España. O foco da investigación baséase no intento de predicir o comportamento de diferentes variables que afectan tanto á oferta como á demanda de Turismo Rural. Por exemplo: se a demanda destes establecementos de aloxamento rurais se viu afectada pola COVID-19, o seu correspondente confinamento e o estado de emerxencia; a análise da comunidade gallega, comparando a provincia de Lugo coa media das outras tres provincias gallegas; e a predición dos meses de febreiro e marzo para estudar o erro relativo da predición. Analizouse a relación entre as principais variables que describen o número de persoal e o número de viaxeiros residentes. Empregáronse modelos de regresión para determinar se esta relación é a mesma nas diferentes provincias de Lugo e a media nas outras tres provincias gallegas.

ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Titoría)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Titoría)
Tribunal
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
ATRIO LEMA, YAGO (Vogal)

Unha panorámica da desigualdade da renda en Galicia no contexto español a partir da Curva de Lorenz e o Índice de Gini
Autoría
A.C.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
A.C.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
A desigualdade da renda é un fenómeno socioeconómico que reflicte unha repartición desigual dos ingresos e ten importantes consecuencias na cohesión social e no desenvolvemento económico. A desigualdade en España é superior á da Unión Europea, situándoa como un dos países máis desiguais da UE. Galicia é unha rexión periférica que amosa niveis de desigualdade menores ca a media nacional. O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é analizar a evolución da desigualdade da renda en Galicia e en España para os anos 2019 e 2022. Concretamente utilízase a Curva de Lorenz, tanto nas catro provincias galegas como no conxunto estatal. Tamén se combina a análise do Índice de Gini coa ratio S80/S20, en perspectiva temporal desde a crise financeira do 2008. Ademais analizaranse factores sociodemográficos como o acceso á vivenda e as taxas de paro segundo sexo e idade. O estudo achegará unha visión novidosa ao centrarse na análise inter e intra provincial de Galicia, que é unha rexión que, a pesar de ter sido estudada en comparación co resto de Comunidades Autónomas, foi pouco explorada en estudos que profundicen nas súas propias desigualdades territoriais internas. Os resultados amosan que Galicia mantén unha desigualdade significativamente menor ca de España nos anos analizados, amosando unha redución da desigualdade tras a pandemia da COVID-19 superior á nacional, pero existen diferenzas entre as súas provincias, sendo Ourense a provincia máis desigual e Lugo a que presenta unha menor desigualdade. A menor desigualdade galega débese a que as clases privilexiadas situadas nos percentís máis altos de ingreso en Galicia manteñen rendas máis baixas ca as clases máis ricas españolas.

BLANCO VARELA, BRUNO (Titoría)
BLANCO VARELA, BRUNO (Titoría)
Tribunal
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)

Metaestudo da desinformación en liña relacionada coa saúde
Autoría
A.L.C.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (semipresencial)
A.L.C.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (semipresencial)
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Nos últimos anos, o emprego de buscadores e redes sociais para consultar dúbidas sobre saúde converteuse nunha práctica habitual. O auxe de internet facilitou o acceso rápido á información, pero tamén incrementou o risco de exposición a contidos falsos e prexudiciais. A desinformación médica non só xera confusión, senón que pode derivar na toma de decisións erróneas, con consecuencias graves para a saúde das persoas. Este traballo aborda o problema da desinformación médica en buscadores e plataformas en liña. A través da análise de datos da competición internacional TREC Health Misinformation Track (edicións 2020, 2021 e 2022), estúdase como certas consultas médicas poden estar asociadas á recuperación de información útil ou prexudicial nos resultados de busca. O obxectivo principal é identificar patróns nas consultas que permitan anticipar se unha busca médica terá maior risco de recuperar desinformación. Para isto, deseñáronse e avaliáronse tres predictores: a frecuencia léxica, o nivel de sesgo e o uso de modelos de linguaxe de gran tamaño para estimar o grao de controversia dunha consulta. Este análise busca achegar solucións aplicables a buscadores ou redes sociais, axudando a detectar rapidamente consultas con risco de recuperar desinformación médica.

FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Titoría)
FERNANDEZ PICHEL, MARCOS (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
Aloxamentos de Turismo Rural: Análise e predición
Autoría
N.F.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
N.F.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar a evolución e realizar unha predición da oferta e a demanda do turismo rural en Galicia, con especial atención á provincia de Lugo. A través do uso de técnicas de predición econométricas estudaranse series temporais que abranguen desde xaneiro de 2001 ata febreiro de 2025. A metodoloxía empregada baséase na análise de datos obtidos do INE e do IGE, así como na aplicación GRETL. Proponse e valídase distintos modelos ARIMAX para a oferta e a demanda de prazas en aloxamentos de turismo rural tanto en Galicia (excluíndo Lugo) como na provincia de Lugo. Inclúense variables ficticias como o Confinamento, os Estados de Alarma e a Semana Santa, co fin de mellorar a precisión predictiva. Algúns dos modelos propostos presentan un bo axuste, especialmente os de oferta, con erros de predición inferiores ao 1%. En cambio, os modelos de demanda presentan erros superiores ao 10%, o que reflicte unha mala capacidade predictiva. Complementariamente, analizouse a relación entre variables como o prezo, o número de prazas ofertadas e o número de viaxeiros, empregando modelos de regresión dobre logarítmica. Os resultados indican relacións débiles, o que suxire que factores externos como a estacionalidade ou o perfil do turista inflúen notablemente. Conclúese que o turismo rural en Galicia evolucionou desde iniciativas illadas ata un modelo diversificado e en proceso de consolidación, aínda que continúa afrontando retos como a estacionalidade.

Análise da evolución e impacto da banca electrónica no contexto europeo e español
Autoría
A.F.L.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
A.F.L.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como propósito analizar a evolución histórica e o impacto da banca electrónica no contexto europeo, centrándose especialmente no caso español. A través dunha metodoloxía que combina a análise de datos estatísticos procedentes de fontes oficiais (como o Banco de España, o INE, Funcas ou BBVA Research) co emprego de técnicas prácticas como a enquisa e entrevista, estúdase a maneira na que a dixitalización revolucionou as operacións bancarias. Analízanse os factores que favoreceron ou dificultaron o crecemento da banca dixital e realízase unha comparación entre distintos países europeos para identificar as similitudes e diferenzas no uso. Ademais, analízanse os riscos de seguridade como son os ciberataques e os problemas sociais derivados da dixitalización, como son a exclusión financeira en zonas rurais ou entre grupos vulnerables. Desde o punto de vista práctico e co obxectivo de complementar a información achegada mediante fontes secundarias na internet, realizouse unha entrevistas a un profesional do sector bancario co fin de recoller as súas vivencias persoais na xestión da transformación dixital nas entidades financeiras. Tamén, realizouse unha enquisa dirixida aos mozos, orientada a coñecer os seus hábitos, percepcións e nivel de confianza na banca dixital.

FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Titoría)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
Análise, Desenvolvemento e Implantación de Cadros de Mando de Power BI nunha empresa do Sector Conserveiro
Autoría
L.F.L.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
L.F.L.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
A empresa Pescados Marcelino enfróntase ao gran reto de tentar adaptarse a un mercado cada vez máis dixitalizado e competitivo. É preciso destacar que a dixitalización non só consiste en incorporar tecnoloxía aos procesos empresariais, senón que debe lograr unha evolución da cultura das organizacións para que os datos se convertan na base das súas decisións. Este novo modelo permitiralles, entre outras vantaxes, anticiparse aos cambios, optimizar procesos e reducir gastos. Neste sentido, solucións de Business Intelligence (BI) como Power BI son de gran importancia. Esta plataforma facilita especialmente a integración e a análise de datos procedentes de distintas áreas da organización, proporcionando paneis visuais, tamén chamados cadros de mando, que permiten tomar decisións rápidas e con base sólida, ao mesmo tempo que se pode acceder a unha visión global da empresa. Este traballo consiste en desenvolver cadros de mando en Power BI e aplicar neles análises preditivas, co obxectivo de optimizar o rendemento da información e os datos, e mostrando tamén como mellorar na toma de decisión da empresa. Do mesmo xeito neste traballo abórdanse outras actividades claves como poden ser a análise da importancia da dixitalización neste tipo de empresa, comprender e utilizar as distintas maneiras de integración de datos ou aplicar técnicas de análise preditiva para anticiparse a comportamentos futuros. Grazas á combinación da dixitalización e ao uso de ferramentas de análise de datos, como sistemas de Business Intelligence (BI), organizacións como Pescados Marcelino poden xestionar mellor a contorna actual, responder de maneira rápida aos cambios do mercado e progresar cara a unha xestión da empresa máis eficaz.

VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
Sector vacún de carne en Galicia
Autoría
M.G.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
M.G.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A actividade gandeira vacúa de carne forma parte da historia económica de Galicia desde hai centos de anos e actualmente continúa dando a súa achega ao PIB nacional ocupando unha importante posición. Con todo, enfronta grandes retos debido aos cambios que debe asumir para facer ecoloxicamente sostible esta actividade. O obxectivo deste traballo será o de realizar unha análise do sector gandeiro vacún de carne en Galicia para coñecer a súa posición dentro da economía española, a súa saúde económica, o impacto das PAC sobre o sector e as súas perspectivas futuras. Unha das conclusións que podemos destacar é que as marxes de beneficio neto son moi baixas e que as cargas fiscais e administrativas poñen en risco a viabilidade sobre todo das pequenas explotacións. O sector atópase no medio dun proceso de transición ecolóxica que comporta un cambio no modelo de produción polo cal debe de pasar por un proceso de adaptación. A ameaza que latexa co agromo de novas enfermidades tamén supón un risco económico para as explotacións. Por outra banda, o número de explotacións foi diminuíndo durante estes últimos anos e entre os factores a considerar están a elevada media de idade da maioría dos donos das granxas, a incerteza ante a substitución xeracional, a desruralización e a baixa rendibilidade do negocio. As perspectivas de futuro para este sector, aínda seguen sendo esperanzadoras dado que se estima que a demanda de carne seguirá medrando no futuro e que as medidas tomadas para adecuar a actividade ante os retos do cambio climático permitirán ter explotacións máis sostibles co medio ambiente.

CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Titoría)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Titoría)
Tribunal
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
ATRIO LEMA, YAGO (Vogal)
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
ATRIO LEMA, YAGO (Vogal)
Plan estratéxico de Resygn: Deseño, sostenibilidade e identidade nacional nun Marketplace
Autoría
I.G.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
I.G.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o desenvolvemento dun plan de empresa para a creación dun Marketplace dixital dedicado exclusivamente a marcas de moda de orixe nacional, cun enfoque no deseño, a sustentabilidade e a identidade local. A idea xorde dunha necesidade detectada tanto no entorno do membro fundador como na análise do mercado: a ausencia dunha plataforma unificada que visibilice e comercialice marcas nacionais con valores propios, diferenciándose do modelo dominante da moda rápida e dos Marketplace globais xeneralistas. O traballo abrangue unha análise do entorno mediante o modelo PESTEL e as cinco forzas de Porter, así como unha proposta detallada do modelo de negocio, a estratexia de márketing, a imaxe de marca, a organización interna e un plan económico-financeiro a cinco anos. O Marketplace baséase nun modelo de comisións por venda, e a súa viabilidade susténtase en previsións conservadoras pero realistas de crecemento progresivo de marcas adheridas e usuarios. O enfoque combina unha forte identidade estética cunha proposta de valor baseada no compromiso co deseño nacional e a moda con propósito. A estrutura organizativa é lixeira e escalable, axeitada para as fases iniciais do negocio. Finalmente, a análise económico-financeira reflicte unha alta rendibilidade e sustentabilidade dende o primeiro exercicio. Este TFG achega unha visión integral e aplicada de como transformar unha necesidade de mercado nunha proposta empresarial viable e coherente coas tendencias actuais de consumo no sector da moda.

Barreiro Fernandez, Begoña (Titoría)
Barreiro Fernandez, Begoña (Titoría)
Tribunal
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
Análise da viabilidade financeira de OBO WeTeachRobotics mediante a aplicación de Cadenas de Markov e simulación de Monte Carlo
Autoría
R.G.P.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
R.G.P.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar a viabilidade financeira da empresa OBO WeTeachRobotics, especializada en robótica educativa, mediante a aplicación de modelos cuantitativos baseados en álxebra matricial, concretamente Cadenas de Markov e simulacións de Monte Carlo. A través da análise dunha mostra de empresas comparables do sector, constrúense dous modelos de transición: un conservador, baseado en criterios financeiros tradicionais, e outro adaptado ás particularidades propias do sector. Os resultados amosan que a aplicación de modelos estritos tende a reflectir unha elevada concentración en estados de risco financeiro, mentres que o modelo adaptado ofrece unha visión máis realista, permitindo observar traxectorias de mellora cara a estados de estabilidade. O estudo conclúe que a viabilidade financeira de OBO é plausible a curto e medio prazo, aínda que condicionada á súa capacidade para manter ingresos recorrentes e reducir a dependencia de financiamento externo.
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar a viabilidade financeira da empresa OBO WeTeachRobotics, especializada en robótica educativa, mediante a aplicación de modelos cuantitativos baseados en álxebra matricial, concretamente Cadenas de Markov e simulacións de Monte Carlo. A través da análise dunha mostra de empresas comparables do sector, constrúense dous modelos de transición: un conservador, baseado en criterios financeiros tradicionais, e outro adaptado ás particularidades propias do sector. Os resultados amosan que a aplicación de modelos estritos tende a reflectir unha elevada concentración en estados de risco financeiro, mentres que o modelo adaptado ofrece unha visión máis realista, permitindo observar traxectorias de mellora cara a estados de estabilidade. O estudo conclúe que a viabilidade financeira de OBO é plausible a curto e medio prazo, aínda que condicionada á súa capacidade para manter ingresos recorrentes e reducir a dependencia de financiamento externo.
Dirección
BLANCO VARELA, BRUNO (Titoría)
BLANCO VARELA, BRUNO (Titoría)
Tribunal
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
Analítica da aprendizaxe para avaliar o impacto da procrastinación no rendemento académico
Autoría
M.A.G.L.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
M.A.G.L.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 13:30
16.07.2025 13:30
Resumo
O uso crecente de plataformas dixitais no ámbito educativo universitario permite rexistrar con gran detalle o comportamento do alumnado, abrindo a porta a novas oportunidades para comprender fenómenos como a procrastinación. Este Traballo de Fin de Grao analiza a relación entre a procrastinación e o rendemento académico a partir de datos extraídos do campus virtual da Universidade de Santiago de Compostela, concretamente da materia de Obradoiros Tecnolóxicos do Grao en Empresa e Tecnoloxía. A partir das datas de entrega de cinco tarefas, empregouse a antelación coa que foron entregadas e a cualificación obtida. A análise exploratoria revelou unha gran variabilidade tanto nas notas como no tempo de entrega, así como certas diferenzas segundo a modalidade (individual ou en grupo). Posteriormente, mediante técnicas de aprendizaxe non supervisado, máis concretamente co algoritmo de agrupamento K-means, identificáronse catro perfís diferenciados que reflicten distintos niveis de procrastinación e o seu posible impacto nas cualificacións. Aínda que os resultados mostran certa asociación entre entrega tardía e baixo rendemento, tamén se evidencia que a antelación por si soa non é un predictor suficiente da nota final.

LIZ DOMINGUEZ, MARTIN (Titoría)
LIZ DOMINGUEZ, MARTIN (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
Plan de marketing dixital de The Tailor´s Garden
Autoría
S.L.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
S.L.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 14:00
16.07.2025 14:00
Resumo
O obxectivo do presente traballo é deseñar un plan de marketing dixital para o hotel The Tailors Garden, co propósito de mellorar o seu posicionamento e reputación en liña para aumentar a súa rendibilidade nun quince por cento durante o próximo ano. Para levalo a cabo, realizouse unha análise dos competidores, do comportamento do cliente e da situación interna do hotel, salientando a súa escasa presenza dixital, unha páxina web pouco optimizada e unha falta de estratexia de comunicación. Con todo isto, definíronse diferentes plans de acción para acadar o obxectivo principal, mediante melloras na visibilidade en liña, a renovación da páxina web, o posicionamento SEO, a imaxe de marca, as promocións, a fidelización de clientes e a oferta de novas experiencias combinadas. Este proxecto busca consolidar o hotel no mercado en liña, cunha forte presenza dixital que sexa capaz de atraer novos clientes, fidelizar os existentes e mellorar a competitividade do hotel nun mercado cada vez máis dixitalizado.

CASTRO GONZALEZ, SANDRA (Titoría)
CASTRO GONZALEZ, SANDRA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
Análise e predición con técnicas de aprendizaxe automática do impacto da robotización nas granxas galegas
Autoría
L.L.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
L.L.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 14:30
16.07.2025 14:30
Resumo
Actualmente, o sector gandeiro atópase en proceso de modernización e introdución da robotización nas granxas. Aínda que existen múltiples opcións a implementar para os gandeiros, non teñen á súa disposición información sólida que lles axude na toma de decisión. Este estudo ten como obxectivo crear un modelo preditivo que estime o impacto da robotización, en concreto do robot de muxido, nas granxas galegas. Para isto recompiláronse datos de 31 granxas galegas, con información sobre a produción antes e despois da robotización, o número de vacas e demais características da explotación. Combináronse procesos de extracción e transformación de datos cunha análise avanzada a través da ferramenta RapidMiner. Aplicáronse algoritmos de clustering, clasificación e regresión. Obtivéronse modelos cunha precisión do 81,90% na predición categórica do aumento de produción e un erro cadrático medio de 2,056 litros diarios na estimación cuantitativa. Os resultados indican que variables como a superficie dispoñible por vaca, o tipo de explotación (intensiva ou extensiva) e a porcentaxe de proteína do leite teñen unha influencia significativa sobre a mellora produtiva tras a robotización. Tamén, se comprobou que todas as granxas estudadas alcanzan períodos de amortización inferiores a seis anos, amosando que o aumento da produción coa implantación do robot de muxido é máis que suficiente para amortizar os costes desta tecnoloxía. Presentándose así como unha opción viable e intelixente para os gandeiros. Entre as limitacións destacan o reducido número de mostras e a procedencia exclusiva dos datos dunha empresa comercializadora, o que pode introducir certo biaxe. Aínda así, o modelo está preparado para a escalabilidade e a variedade, con expectativas de resultados moi salientables coa introdución dunha base de datos máis ampla.

VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Titoría)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
Dinámica histórica da producción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables en Galicia (1970-2020)
Autoría
N.L.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
N.L.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza como cambiou a produción eléctrica en Galicia entre os anos 1970 e 2020, cun enfoque particular na xeración a partir de fontes de enerxía renovables. Para iso, utilizáronse como principais fontes, os datos proporcionados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) e o Instituto Nacional de Estatística (INE). A partir desta información, elabóranse diferentes gráficos, que facilitan a análise e a explicación da evolución histórica da produción de enerxía eléctrica en Galicia, así como a súa comparación coa do resto do conxunto español. Ao longo deste medio século pódese apreciar como pasa de ser unha rexión produtora de enerxía hidroeléctrica ao desenvolvemento de grandes instalacións termoeléctricas, cuxo combustible principal era o carbón. Non obstante, a partir do inicio do século XXI, prodúcese un novo xiro na tendencia, cun forte impulso cara ao desenvolvemento de proxectos enfocados en fontes de enerxía renovables, destacando principalmente a enerxía eólica. Visto a evolución esperada na produción de enerxía, tamén se identifican os sectores dentro do ámbito renovable con maior potencial de crecemento para a rexión, os cales deberían recibir un forte respaldo público, se se desexa que Galicia continúe á vangarda na transición cara fontes de enerxía máis sostibles e respectuosas co medio ambiente. Entre os sectores con maior potencial para a comunidade atópanse as minicentráis hidráulicas, a enerxía solar na súa totalidade, a eólica mariña e a undimotriz, que aproveita a enerxía producida polas ondas.

COPENA RODRIGUEZ, DAMIAN (Titoría)
COPENA RODRIGUEZ, DAMIAN (Titoría)
Tribunal
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
Uso de Machine Learning para simular o comportamento en liña de clientes nun sitio web.
Autoría
M.L.S.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
M.L.S.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo principal analizar e predicir o comportamento dos usuarios en liña mediante técnicas de aprendizaxe automática. Para iso, empréganse modelos de Markov, que permite interpretar secuencias de clics e anticípanse accións máis probables durante a navegación, mellorando así a experiencia do usuario no seu paso pola web ao reducir o número de pases necesarios para alcanzar un obxectivo determinado. Ante a ausencia de bases de datos públicas, xerouse un conxunto de datos usando intelixencia artificial e modelos de linguaxe para simular unha librería en liña, incluíndo información detallada sobre autores ficticios, os seus libros e descricións. Para estruturar a navegación e simular o comportamento, establecéronse obxectivos estratéxicos simulando tarefas que os usuarios poderían realizar dentro dunha web. A implementación dos modelos realizouse mediante librerías de Python. Os resultados obtidos mostran que, cun volume suficiente de datos, os modelos de Markov son capaces de predicir secuencias de navegación na web, o que facilita a súa integración noutras aplicacións con necesidade de personalización.

BOULLON MAGAN, MARCOS (Titoría)
BOULLON MAGAN, MARCOS (Titoría)
Tribunal
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
Políticas económicas e tecnolóxicas do uso do Vehículo Eléctrico na Unión Europea
Autoría
A.M.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
A.M.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O traballo analiza e compara as políticas económicas e tecnolóxicas para o uso do vehículo eléctrico (VE) en España e Alemaña, dentro do marco da Unión Europea. A UE ten como obxectivo a neutralidade climática para 2050 e a prohibición da venda de vehículos de combustión interna a partir de 2035, apoiándose en regulacións para o desenvolvemento de infraestruturas de combustibles alternativos. En España, a adopción do VE enfronta obstáculos como o alto prezo de adquisición e a limitada infraestrutura de recarga. O Goberno implantou o Plan MOVES III, que incentiva directamente a compra de vehículos e a instalación de puntos de carga, e o PERTE VEC, que impulsa a transformación industrial e a I+D+i no sector da automoción. A pesar dun crecemento sostido nas matriculacións de vehículos electrificados, especialmente híbridos, España atópase atrasada fronte á media europea. Alemaña, como potencia industrial, apostou pola electrificación cun obxectivo de neutralidade climática para 2045. Logrou ser o maior mercado europeo de VE en 2021 grazas a bonificacións como o Umweltbonus e exencións fiscais. Non obstante, a cancelación destas bonificacións en decembro de 2023 xerou a expectativa dunha ralentización temporal no ritmo de adopción a partir de 2024. De feito, os datos do primeiro trimestre de 2025 suxiren un estancamento en grandes mercados como Alemaña. A pesar diso, Alemaña continúa a ampliar a súa infraestrutura con plans como Deutschlandnetz, que busca unha rede nacional de carga rápida. O traballo conclúe que, aínda que España avanza, necesita intensificar as súas políticas para converxer cos países europeos máis desenvolvidos en mobilidade eléctrica.

BOUZAS GONZALEZ, MERCEDES (Titoría)
BOUZAS GONZALEZ, MERCEDES (Titoría)
Tribunal
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
O estudo do impacto do COVID-19 na provincia de Lugo usando técnicas de minería de datos.
Autoría
N.M.C.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
N.M.C.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao pretende analizar o impacto da pandemia da COVID-19 nos distintos sectores produtivos da provincia de Lugo. Aplícanse técnicas de minería de datos para descubrir perfís e tendencias nos datos dispoñibles antes e despois da pandemia, aplicando técnicas de minería de datos tanto de aprendizaxe supervisada como de aprendizaxe non supervisada. Na preparación do proceso inclúese o tratamento dos datos para o seu correcto procesamento. Está composto polas fases de recompilación, limpeza, elaboración de procesos de aprendizaxe automática e a posterior análise. As técnicas empregadas ao longo do estudo son o clustering, para a identificación de áreas xeográficas e como lles afectou a COVID. A clasificación e a regresión permitiron o estudo do comportamento das distintas variables económicas, cuantificando a relación entre o impacto e as súas características. Os resultados obtidos reflicten as desigualdades nos concellos da provincia de Lugo e a que se deben.

Criterios ESG: claves para rendibilidades superiores nos ETF?
Autoría
A.M.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
A.M.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
As finanzas sostibles cobraron unha gran relevancia como resposta a desafíos globais como o cambio climático, a xustiza social ou a gobernanza empresarial. Neste contexto, os criterios ESG convertéronse nunha ferramenta clave, entre os investidores, para avaliar a sustentabilidade das súas inversións. Entre os múltiples activos financeiros dispoñibles nos mercados, os ETFs (ou fondos de investimento cotizados) consolidáronse como un dos instrumentos máis populares, grazas á súa liquidez, diversificación e baixo custo. A combinación de ambas tendencias (ESG e ETFs) impulsou un notable crecemento do mercado de ETFs con enfoque ESG. Con todo, a literatura académica aínda non acadou un consenso claro sobre o impacto dos criterios ESG na súa rendibilidade. Por este motivo, o obxectivo deste Traballo de Fin de Grao (TFG) é analizar se a consideración dos criterios ESG na toma de decisións de investimento pode resultar beneficiosa para a rendibilidade das inversións en ETFs. Para iso, aplicouse unha proba ANOVA dun factor sobre unha mostra de 115 ETFs de renda variable, analizando a relación entre a súa cualificación ESG de MSCI e a súa rendibilidade a 10, 5 e 3 anos. Ademais, segmentouse a base de datos segundo o nivel de risco e o tamaño do ETF, así como pola rexión xeográfica e a capitalización das empresas incluídas na carteira. Os resultados amosan que os ETFs cunha mellor clasificación ESG tenden a obter rendibilidades superiores, aínda que con certas matizacións segundo as características do ETF e o seu contexto. Este TFG enriquece a literatura existente ao tempo que ofrece información relevante para investidores, xestores e responsables de investimento na súa busca por acadar uns mercados financeiros que impulsen o desenvolvemento sostible. Este traballo contén 11.764 palabras.

LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Titoría)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Titoría)
Tribunal
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
Aplicación de técnicas de Machine Learning para a análise e predición de accións: The Coca-Cola Company
Autoría
A.P.F.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
A.P.F.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo elaborar un modelo de predición bursátil fundamentado en métodos de ML, que resulte preciso, comprensible e doado de interpretar. Para iso, realizouse unha análise de varios algoritmos supervisados empregados no sector financeiro, salientando a súa capacidade para identificar patróns complexos en datos en tempo real, superando así as limitacións dos modelos estatísticos convencionais. A continuación, puxéronse en práctica e comparáronse varios modelos en Python, como a regresión lineal, árbores de decisión, random forest e redes neuronais, empregando información histórica real do mercado bursátil. Cada modelo foi analizado mediante métricas de avaliación, o que facilitou a identificación do máis eficiente. O traballo acompáñase de representacións gráficas e cadros comparativos que simplifican a interpretación dos resultados, guiando o proxecto non só cara a unha perspectiva técnica, senón tamén práctica. Procurouse desenvolver un instrumento entendible para usuarios non especialistas, que poidan empregalo como apoio para calcular o prezo futuro das accións. Finalmente, suxíranse estratexias futuras de optimización, como o uso de datos externos, a incorporación de modelos híbridos e a construción dunha interface máis intuitiva. En resumo, este proxecto evidencia a capacidade da aprendizaxe automática no estudo financeiro e o seu uso efectivo na toma de decisións no mercado bursátil. O número de palabras do presente traballo é de 10.908.

MIRAMONTES VIÑA, VANESSA (Titoría)
MIRAMONTES VIÑA, VANESSA (Titoría)
Tribunal
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
Estudo do impacto do uso dos LLM na aprendizaxe de linguaxes de programación en graos non de Informática
Autoría
X.P.T.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
X.P.T.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
Os modelos de linguaxe de gran tamaño (LLM), como ChatGPT, chegaron con forza ao ámbito educativo, creando novas oportunidades para personalizar a aprendizaxe, automatizar tarefas e axudar na comprensión de conceptos complexos. Neste sentido, xorde a cuestión da súa aplicabilidade en ámbitos non especializados en informática, onde a programación é unha competencia transversal, pero non principal. Este Traballo de Fin de Grao céntrase en investigar o impacto do uso dos LLM na aprendizaxe de linguaxes de programación en alumnado de graos non informáticos, como por exemplo o Grao en Empresa e Tecnoloxía. Para levalo a cabo, realizouse unha investigación que combina a análise teórica do papel da intelixencia artificial na educación cun dobre estudo de casos prácticos: primeiro un experimento preliminar con alumnado de Bacharelato e, despois, un segundo experimento con alumnado universitario. Ambos achegamentos permitiron observar de forma cualitativa e comparativa como interactúan os estudantes coa intelixencia artificial, que dificultades atopan e cal é a mellora correspondente nos niveis de autonomía, comprensión e resolución de problemas. Os resultados obtidos postulan que os LLM poden ser ferramentas de apoio valiosas na aprendizaxe da programación, especialmente se están guiadas por un soporte educativo e formativo axeitado. Porén, tamén se identificaron certas limitacións vinculadas ao nivel de madurez do alumnado, ao risco de dependencia tecnolóxica, á ausencia de interpretación emocional por parte da IA e á posibilidade de obter respostas incorrectas. Na conclusión deste traballo de investigación sinálase que non existe outra opción que integrar estes modelos como recursos adicionais aos xa existentes, creando unha educación híbrida na que a tecnoloxía facilite e promova a aprendizaxe, pero sen substituír a figura do docente.

Gutiérrez Gallardo, Juan Diego (Titoría)
Gutiérrez Gallardo, Juan Diego (Titoría)
Tribunal
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
Avaliación humana de modelos de aprendizaxe automática para mellorar o seu impacto na medicina
Autoría
S.P.I.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
S.P.I.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao propón a creación dun modelo de aprendizaxe automática para predicir o risco de nacementos de bebés con baixo peso. O modelo desenvolvido en Python partiu dunha base de datos do proxecto IMPACT-BCN, con variables demográficas e clínicas das nais, así como medidas dos bebés nas diferentes ecografías. Seleccionámolas en base a unha serie de criterios para lograr a maior precisión posible, alcanzando no mellor modelo un 73,13% de precisión . De forma paralela ao desenvolvemento do modelo, planificamos a elaboración dunha enquisa para coñecer o grao de dificultade de comprensión da información presentada nos informes médicos das ecografías á vez que preguntamos polo nivel de aceptación da IA por parte das participantes. Observamos que son termos demasiado técnicos para dar unicamente con valores e que, o uso de rangos numéricos ou analoxías pódenlles axudar a entender mellor os resultados. Por outra parte, a maioría mostran unha actitude receptiva ao uso da intelixencia artificial, pero si é certo que seguen preferindo un diagnóstico por parte dos profesionais médicos. O estudo conclúe cun resumo da análise que se levou a cabo ao longo do proxecto e con aplicacións futuras.

NUÑEZ GARCIA, MARTA (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, MARTA (Titoría)
Tribunal
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
Análise económico financeira de Recambios Infra S.L.
Autoría
B.P.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
B.P.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como obxectivo elaborar unha análise da empresa Recambios Infra e do sector ao que pertence mediante os datos dispoñibles dos últimos anos. Esta análise estará dividida en dúas partes. Na primeira parte, farase unha breve presentación da empresa a analizar, seguida dunha descrición do sector no que se atopa. Na segunda parte, elaborarase unha análise económico financeira da empresa cos datos do período 2018.2022, cuxos resultados se compararán coa análise en paralelo do grupo de comparación seleccionado, o cal representará ao sector e estará formado por empresas galegas cunha facturación anual similar á de Recambios Infra. Neste análise estudaranse as porcentaxes verticais e horizontais e unha serie de ratios relacionados coa situación financeira a curto e longo prazo. Por último, resumiranse as conclusións sobre a situación da empresa e como se atopa en relación cos seus competidores do sector. Ademais, tamén se valorarán as limitacións que puideron xurdir durante a elaboración deste traballo.

FIGUEROA HERRERO, CARLOS (Titoría)
FIGUEROA HERRERO, CARLOS (Titoría)
Tribunal
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
Liderado ético e desempeño laboral: O papel mediador do bullying e a influencia do xénero e o sector.
Autoría
D.P.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
D.P.O.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
As persoas son o recurso máis importante co que contan as empresas, e por tanto o seu benestar no lugar de traballo é esencial. Os procesos de acoso psicolóxico no traballo (bullying) provocan que o ambiente laboral non sexa o adecuado para o devandito benestar, podendo verse afectado o desempeño das persoas (job performance). Por tanto, o bullying é unha variable crucial neste aspecto ao pór aos traballadores nunha situación de tensión, de malestar e de inferioridade para poder desenvolver as súas tarefas. No presente traballo analizouse se dúas variables (xénero e sector) ven condicionadas por este tipo de procesos para poder comprender mellor este fenómeno e discernir quen están máis afectados. Doutra banda, hase testado un modelo de mediación moderada para entender como afecta o bullying (variable mediadora) á relación entre o liderado ético (X) e o job performance (E). Isto levouse a cabo cunha mostra representativa da poboación asalariada española (N= 968). Os resultados indican que só existen diferenzas significativas por xénero na taxa de incidencia da intimidación, estando os homes máis afectados por esta conduta. O bullying non afecta significativamente a ningún sector por encima doutro. Doutra banda, o bullying media a relación entre o liderado ético e o job performance. Con todo, o xénero e o sector non moderan a relación entre o bullying e o job performance. Por tanto, o presente traballo axuda a entender como funcionan as relacións do bullying con outras variables para levar a cabo medidas con impacto que aseguren o benestar laboral e o rendemento das persoas traballadoras.

VAZQUEZ RODRIGUEZ, PAULA (Titoría)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, PAULA (Titoría)
Tribunal
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
Análise económico-financeiro de Pescados Rubén SL
Autoría
M.R.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
M.R.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo, cunha extensión total de 10.135 palabras, presenta unha análise económico-financeira da empresa galega Pescados Rubén, S.L., actualmente en concurso de acredores. O obxectivo principal foi estudar o seu desempeño recente mediante un análise económico-financeiro, analizando o entorno geral e proporcionando unha visión completa do seu panorama competitivo. Para iso, empregamos ferramentas tradicionais de análise empresarial, como o DAFO o PESTEL e o modelo das cinco forzas competitivas de Porter, así como un estudo das súas contas anuais, ratios financeiras e desempeño empresarial durante o concurso de acredores. Os resultados revelan unha empresa con fortes raíces rexionais, boas infraestruturas e recoñecemento de marca, pero con graves problemas de liquidez, sobreendebedamento e a capacidade limitada para adaptarse ao novo entorno de mercado. As dificultades para competir cos grandes grupos do sector, xunto co aumento dos custos e un descenso no consumo de peixe tradicional, contribuíron ao deterioro progresivo da sua situación. O entorno externo, analizado mediante o modelo PESTEL, revela unha alta presión regulatoria, tecnolóxica e social, que afecta a toda a industria pesqueira. A análise de Porter tamen confirma que Pescados Rubén, S.L. operou nun sector con alta rivalidade competitiva e unha posición debilitada fronte a proveedores, clientes e produtos substitutivos. Propónse un estudo adicional sobre posibles escenarios de reestruturación, o impacto territorial do seu peche e a viabilidade dun relanzamento baixo unha nova dirección. En xeral, o estudo ofrece unha visión realista e crítica das causas do declive ducha empresa tradicional do sector pesqueiro e do marisco de Galicia, proporcionando ferramentas utilizes para a análise e a reflexión estratéxica.

VEIGA CARBALLIDO, MANUEL (Titoría)
VEIGA CARBALLIDO, MANUEL (Titoría)
Tribunal
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
ATRIO LEMA, YAGO (Vogal)
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
ATRIO LEMA, YAGO (Vogal)
Análise económica- financeiro de Durán Maquinaria Agrícola S.L.
Autoría
L.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
L.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Neste traballo levouse a cabo unha análise económica-financeiro da empresa Durán Maquinaria Agrícola S.L. entre o 2018 e o 2023. Para iso, realizáronse análises verticais e de tendencias sobre dúas das súas contas anuais (a saber: Balance e Conta de Perdas e Ganancias) e calculáronse diferentes indicadores e cocientes que posteriormente foron comparados cos dun grupo de comparación conformado polas súas principais empresas competidoras. Desta forma, realizouse un diagnóstico sobre a súa situación actual e formuláronse propostas para mellorar a súa xestión e rendementos futuros. O informe estrutúrase en tres partes principais. En primeiro lugar, presentarase a empresa e realizarase unha análise interna e externo, a fin de coñecer mellor a estratexia da empresa e as características do sector no que opera. En segundo lugar, realizarase a análise económica financeiro comparándoo con outras empresas que operan no sector. Finalmente, exporanse as diferentes conclusións obtidas en relación coa empresa. O informe consta de 10.884 palabras.

RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Titoría)
RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Titoría)
Tribunal
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
ATRIO LEMA, YAGO (Vogal)
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
ATRIO LEMA, YAGO (Vogal)
Influencia da IA e as Experiencias Inmersivas: Redefinición da Experiencia do Cliente no Contexto da Omnicanalidade.
Autoría
A.R.O.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
A.R.O.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxetivo analizar o impacto da Intelixencia Artificial e as Tecnoloxías Inmersivas no uso de estratexias omnicanais, determinando a súa posterior influencia exercida na experiencia e as decisións de compra do cliente. A través dunha metodoloxía cuantitativa, mídense as percepcións de 71 individuos, así como o seu comportamento en canto aos conceptos tratados no estudo. O propósito é establecer se a utilización das diversas tecnoloxías mencionadas é considerada un factor positivo en términos de satisfacción e lealdade cara a marca. Os resultados do estudo, obtidos mediante análises de correlacións, regresións lineais e análises bivariantes, amosan que gran parte das variables aportan un incremento da fidelización. Porén, destácase a relevante preocupación derivada do masivo uso de datos persoais, e que a Intelixencia Artificial, tras diversas análises, non é considerada significativa, sendo destacada como futura liña de investigación.
O presente traballo de fin de grao ten como obxetivo analizar o impacto da Intelixencia Artificial e as Tecnoloxías Inmersivas no uso de estratexias omnicanais, determinando a súa posterior influencia exercida na experiencia e as decisións de compra do cliente. A través dunha metodoloxía cuantitativa, mídense as percepcións de 71 individuos, así como o seu comportamento en canto aos conceptos tratados no estudo. O propósito é establecer se a utilización das diversas tecnoloxías mencionadas é considerada un factor positivo en términos de satisfacción e lealdade cara a marca. Os resultados do estudo, obtidos mediante análises de correlacións, regresións lineais e análises bivariantes, amosan que gran parte das variables aportan un incremento da fidelización. Porén, destácase a relevante preocupación derivada do masivo uso de datos persoais, e que a Intelixencia Artificial, tras diversas análises, non é considerada significativa, sendo destacada como futura liña de investigación.
Dirección
CASTRO GONZALEZ, SANDRA (Titoría)
CASTRO GONZALEZ, SANDRA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Vogal)
Estrés e redes sociais no ámbito laboral. Diagnóstico e proposta dun plan de prevención
Autoría
L.R.A.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
L.R.A.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 13:30
16.07.2025 13:30
Resumo
O traballo presentado ofrece unha visión xeral sobre como o uso das redes sociais (RRSS) no entorno laboral conduce á aparición do estrés e do síndrome de burnout. O traballo recompila información de diversas fontes que evidencian que as RRSS producen certos efectos sobre o traballador. Deste xeito, realizouse unha revisión bibliográfica de autores importantes da literatura no eido do estrés e do burnout, tales como Selye (1976), Maslach e Jackson (1981), Karasek (1979) ou Siegrist (1996), así como estudos recentes sobre RRSS e saúde mental como os de Hilal Bashir e Bhat (2017), Wu et al. (2021) ou Wang et al. (2021). A lectura e recompilación de información permite determinar que as RRSS poden ter efectos, tanto positivos como negativos, sobre os empregados. Por unha banda, un mal uso destas aplicacións podería xerar ansiedade, despersonalización ou insatisfacción laboral, mentres que, por outra banda, un uso axeitado podería incrementar a produtividade e mellorar a comunicación entre equipos, xerando beneficios e vantaxes para a empresa. Debido ás conclusións presentadas, xorde a necesidade de mitigar os efectos negativos. Para iso, este traballo presenta unha proposta dun plan de prevención do síndrome de burnout no ámbito laboral. Plan dividido en 5 fases: sensibilización, formación, diagnóstico, transformación e seguimento. A través deste plan búscase atallar as consecuencias das RRSS no traballo mediante un control activo e un seguimento continuo dos factores que producen burnout e afectan aos traballadores.

HERMIDA GARCIA, MENCIA (Titoría)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Titoría)
Tribunal
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
A empresa familiar: A importancia do protocolo familiar no proceso de sucesión
Autoría
A.R.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
A.R.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao, cunha extensión total de 9.636 palabras, analiza a problemática do relevo xeracional nas empresas familiares en España, centrando a atención no protocolo familiar como ferramenta clave para afrontar un dos momentos máis críticos: a sucesión. As empresas familiares representan o 92% do tecido empresarial español e xeran aproximadamente o 60% do PIB. A pesar do seu peso económico, moitas delas non superan a segunda ou terceira xeración pola falta de planificación sucesoria. A investigación baséase na revisión bibliográfica, na consulta a expertos no ámbito da empresa familiar e na análise de dous casos reais. Nun deles, unha empresa sen protocolo familiar fracasa na terceira xeración. No outro, unha empresa que atravesaba conflitos entre o fundador e os seus dous herdeiros decide implantar un protocolo familiar na primeira xeración para chegar a un consenso e garantir a continuidade empresarial. Os resultados revelan que o protocolo familiar non só define os roles dos membros da familia na empresa, senón que tamén prevén conflitos e profesionaliza a xestión. Aconséllase elaboralo desde as primeiras xeracións, adaptándoo á realidade de cada organización e contando coa colaboración de profesionais externos á familia. O protocolo familiar non é un documento simbólico, senón unha guía estratéxica que garante a continuidade da esencia empresarial no longo prazo. Trátase dunha ferramenta flexible que pode marcar a diferenza entre a supervivencia e a desaparición do proxecto familiar.

Análise InputOutput dunha política económica
Autoría
M.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
M.R.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 12:30
16.07.2025 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza o impacto económico da política pública Kit Dixital en Espana mediante a aplicación dun modelo InputOutput estático de Leontief. O Kit Dixital financiado con fondos europeos NextGenerationEu, está orientado a fomentar a dixitalización de pemes e autónomos a través de subvencións directas. A metodoloxía empregada un modelo input-output de carácter estático permite cuantificar os efectos directos e indirectos derivados desta intervención pública. O estudo estima o impacto multiplicador do investimento do Kit Dixital na economía, avaliando como cada euro investido se transmite ao longo da cadea produtiva en termos de producción e valor engadido. Os resultados obtidos ofrecen unha versión integrada do alcance desta política, evidenciando a importancia do sector TIC como principal receptor dos fondos e anticipando un efecto positivo no conxunto do tecido económico.

FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Titoría)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Titoría)
Tribunal
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
Influencia das redes sociais na saúde mental da Xeneración Z
Autoría
M.S.P.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
M.S.P.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A Xeración Z, comprendida entre os nados en 1997 e 2010, medrou completamente inmersa nas redes sociais, o que expón interrogantes sobre o seu impacto na saúde mental deste colectivo. Este Traballo de Fin de Grao explora como os hábitos de uso de plataformas dixitais inciden en variables psicoemocionales como ansiedade, autorregulación e benestar subxectivo. A presente análise ten como obxectivo determinar a relación entre a intensidade e os patróns de uso de redes sociais e o estado de saúde mental de mozos da Xeración Z e identificar factores protectores e preventivos e usos positivos que poidan mitigar efectos adversos. Desenvolveuse unha metodoloxía baseada nunha revisión bibliográfica en bases como Google Scholar, artigos e traballos de investigación. Por outra banda, deseñouse unha enquisa en liña que conta con 43 preguntas, a maioría de escala Likert e unha minoría de resposta aberta difundida durante cinco días mediante Google Forms. A mostra final incluíu 186 enquisados de entre 18 e 30 anos, seleccionados por mostraxe de conveniencia. A análise combina estatísticos descritivos e correlacións de Spearman e Pearson mediante IBM SPSS Statistics para explorar asociacións entre variables clave. Os achados reafirman a hipótese de que un uso intensivo de redes sociais pode afectar negativamente a saúde mental da Xeración Z, pero demostran tamén que contidos de calidade e hábitos saudables actúan como reguladores preventivos. Suxírese o desenvolvemento de intervencións dixitais que integren ferramentas de autorregulación, promoción de exercicio físico e contidos optimistas para fomentar o benestar emocional.

Determinantes macroeconómicos das fusións e adquisicións
Autoría
A.A.S.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
A.A.S.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo analiza os determinantes macroeconómicos das fusións e adquisicións nos Estados Unidos e no Reino Unido mediante Modelos de Corrección de Erros Vectoriais (VECM). Empregando datos trimestrais entre 1988 e 2023, estúdanse tanto as dinámicas de curto prazo como as relacións de equilibrio a longo prazo. Os resultados empíricos amosan patróns nacionais diferenciados: a curto prazo, a actividade de fusións e adquisicións está condicionada polos seus propios retardos e polo comportamento dos mercados bursátiles, cunha maior intensidade nos Estados Unidos; a longo prazo, a análise de cointegración identifica relacións significativas entre o número de operacións e variables como o desemprego, a inflación e os índices bursátiles. Cómpre salientar os efectos inesperados dos tipos de xuro, especialmente dos bonos do Tesouro a tres meses, o que supón un reto para os supostos clásicos. O estudo contrasta os enfoques neoclásico e condutual, e achega un marco econométrico sólido para o estudo dos determinantes estruturais das fusións e adquisicións.

Sociedades de Capital: diferenzas clave entre a S.A. e a S.L.
Autoría
C.V.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
C.V.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo estudar as diferenzas entre dúas das principais formas societarias do dereito mercantil español: a Sociedade Anónima e a Sociedade de Responsabilidade Limitada. Ambas forman parte do grupo de sociedades de capital que están reguladas polo Real Decreto Lexislativo 1/2010, do 2 de xullo. A través dunha análise comparativa e dunha revisión tanto da doutrina como da normativa vixente, analizaranse algúns factores como o capital mínimo esixido, a transmisión de participacións ou accións, ou os órganos de administración. Ademais, realizarase unha análise das vantaxes e inconvenientes de ambas formas xurídicas. O traballo consta de 10.878 palabras, excluíndo índices, resumo e bibliografía.

SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Titoría)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Titoría)
Tribunal
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
Tributación dos creadores de contido dixital
Autoría
M.V.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
M.V.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 14:00
16.07.2025 14:00
Resumo
Este traballo de fin de grao estuda a tributación dos creadores de contido dixital en España, un colectivo que xera unha gran cantidade de ingresos a través de plataformas dixitais como YouTube e Instagram. Introdúcese unha primeira aproximación conceptual onde o creador de contido é unha persoa que produce e difunde materiais en plataformas co obxectivo de xerar ingresos de forma directa ou indirecta. A análise parte do xurdimento desta nova figura na sociedade e da súa posterior consideración como empresario, para despois examinar a tributación como persoa física (IRPF) ou como sociedade (Imposto de Sociedades). É importante coñecer como se van clasificar os ingresos xerados segundo cada imposto, xa que diso dependerá a carga fiscal soportada e os correspondentes tipos impositivos. A tributación polo Imposto de Sociedades será máis beneficiosa para aqueles creadores que conten cun volume elevado de ingresos, mais para iso é necesario demostrar que existe unha sociedade cunha estrutura real. A tributación polo IRPF realizarase mediante unha escala progresiva de tipos impositivos, de maneira que canto maiores sexan os ingresos, maior será a porcentaxe a pagar. Como consecuencia, existen varios conflitos tributarios para os creadores de contido. Un deles é a consideración da residencia fiscal e o traslado da mesma a outros países con baixa tributación, como Andorra, onde o tipo máximo do IRPF é do 10 %, fronte ao 47 % en España. Para iso, a AEAT establece unha serie de criterios clave que poden determinar se unha persoa segue sendo residente fiscal en España. Outro conflito importante é a dedución de gastos, que poden ser cuestionados se non se demostra que están exclusivamente relacionados coa actividade.

Taboada Villa, Jorge (Titoría)
Taboada Villa, Jorge (Titoría)
Tribunal
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Presidente/a)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
Xestoría, estudos de mercado e planes de negocio. BIVS Gestion S.L
Autoría
A.B.V.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
A.B.V.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 13:30
16.07.2025 13:30
Resumo
Esta memoria presenta o deseño dun plan de negocio para a creación de BIVS Gestion S.L, unha sociedade de responsabilidade limitada, dedicada a ofrecer diversos servizos de xestión administrativa (fiscal, laboral, contable e legal), así coma estudos de mercados e elaboración de planes de negocios. O proxecto xorde tras detectar a necesidade de apoio técnico e teórico sobre as obrigacións administrativas por parte das pemes e autónomos. Este negocio localizarase en Sarria (Lugo), onde a oferta dalgúns dos servizos é inexistente. O traballo inclúe unha análise do entorno económico e social do municipio mediante as ferramentas coma o modelo PESTEL e a análise das cinco forzas de Porter, que permiten a comprensión do comportamento do mercado local. Tamén elabórase unha análise DAFO para identificar as fortalezas e debilidades do proxecto aos que fará fronte na fase inicial. En canto o plan de marketing, deséñanse diferentes estratexias orientadas o cumprimento dos obxectivos establecidos. Do mesmo modo establecese un plan de recursos humanos e un plan de organización que asegura unha estrutura eficiente. Desde o punto de vista económica, expóñense as principais previsións operativas, destacando unha demanda anual de 525 ventas, repartidas en catro liñas de negocio. Estas cifras considéranse alcanzables en función dunha análise previa do tecido empresarial local. En conclusión, BIVS Gestion S.L. representa unha proposta viable, coherente co entorno, e con potencial de consolidarse como xestoría de referencia na comarca. Este traballo ten unha extensión de 10.248 palabras.

BECERRA DIAZ, ALEJO (Titoría)
BECERRA DIAZ, ALEJO (Titoría)
Tribunal
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
ATRIO LEMA, YAGO (Vogal)
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Secretario/a)
ATRIO LEMA, YAGO (Vogal)
Índices Encadeados do Sector Pesqueiro Galego
Autoría
N.V.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
N.V.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.07.2025 13:30
16.07.2025 13:30
Resumo
Neste traballo analizaremos a evolución do valor económico das diferentes especies comercializadas nas lonxas galegas desde o ano 2001 ata o 2024, a través de diferentes índices estatísticos de prezos, volume e valor. O principal obxectivo é ser capaces de descompoñer as variacións do valor total para determinar o impacto dos cambios nos prezos e volumes de venda, empregando metodoloxías como os índices de Laspeyres, Paasche e encadeados. Seleccionáronse 5 especies representativas e coñecidas (bacallao, dourada, navalla, polbo e sardiña) para aplicar a metodoloxía que posteriormente será estendida ás 336 especies existentes nos datos dispoñibles. A partir dos índices compostos e encadeados conseguirase unha representación máis precisa e real da evolución interanual. A través dos resultados identifícanse e explícanse diferentes etapas do sector pesqueiro en Galicia no período estudado. Preténdese achegar unha metodoloxía especialmente útil para a toma de decisións e a planificación en sectores con gran variablidade como pode ser o pesqueiro. O traballo consta de un total de 7131 palabras.

MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Titoría)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Titoría)
Tribunal
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
ESTEVEZ NUÑEZ, JUAN CARLOS (Vogal)
Estudo da Calidade do Emprego no Territorio Español
Autoría
A.V.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
A.V.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.07.2025 14:30
16.07.2025 14:30
Resumo
A calidade do emprego é un tema de debate entre moitos autores e, incluso a día de hoxe, non se chegou a unha conclusión sobre unha definición clara de calidade do emprego nin sobre os factores que se deben ter en consideración á hora de analizar se un emprego ten boa calidade ou non. Fálase de varias dimensións e de posibles definicións para o concepto. Para este traballo desenvólvese unha definición propia a partir dos artigos lidos doutros autores e téñense en conta 4 das dimensións da calidade do emprego propostas por Serrano, Soler e Pascual (2003) para realizar unha análise gráfica descriptiva e para construír un indicador sintético da calidade do emprego. Escóllense 4 variables e analízanse os seus datos en cada unha das Comunidades Autónomas españolas en tres anos distintos: 2008, 2020 e 2023, seleccionados por corresponderse coa Gran Recesión española, a época da covid e os datos máis recentes dos que se dispoñen. O obxectivo do traballo é construír un indicador para comprobar se o salario (unha das variables seleccionadas e a única que se pode considerar como positiva) ten unha relación directa cos resultados obtidos da agregación das outras tres variables á hora de definir unha orde xerárquica das Comunidades Autónomas en función da calidade do emprego. O traballo realizado consta dun total de 9058 palabras nas que se desenvolverán os aspectos previamente mencionados.

LUGILDE SANCHEZ, ALBA (Titoría)