Ir o contido principal

TFG

Os Graos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

No Grao en Administración e Dirección de Empresas e no Grao en Empresa e Tecnoloxía, o TFG é unha materia obrigatoria. Nela o/a estudante  deberá realizar e presentar un traballo orixinal no que demostre as competencias adquiridas nos seus estudos de grao.

O TFG incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica sinxela ou unha análise de casos.

TFG en Administración e Dirección de Empresas

Traballos de Fin de Grao do centro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2024.