Análise económica-financeira de Granxa Campomayor SL
Autoría
M.O.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]

Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase en realizar unha análise exhaustiva da empresa galega Granxa Campomayor SL. A súa actividade principal é a comercialización de ovos e derivados a través de diferentes puntos de venta. Trátase dun estudo para analizar tanto os factores externos como os factores internos da empresa e ademais realizar unha análise financeira e económica a través dos datos proporcionados polas contas anuais da empresa do período que abarca dende o 2017 ata o 2022. Grazas a eles poderemos avaliar a situación actual da empresa e do mercado do sector avícola de posta e sacar conclusións dos datos analizados ao longo deste traballo que nos permitan estudar en profundidade á empresa.

Dirección
VEIGA CARBALLIDO, MANUEL (Titoría)
VEIGA CARBALLIDO, MANUEL (Titoría)
Tribunal
VILAS FERNANDEZ, MANUEL ANGEL (Presidente/a)
SILVA MEILAN, VICENTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Vogal)

A influencia de Spotify nos rendementos de bolsa dos selos discográficos
Autoría
A.L.A.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
A.L.A.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.09.2024 09:00
16.09.2024 09:00
Resumo
A música forma parte do noso día a día e é unha fonte de negocios para as compañías musicais. Os usuarios decantáronse nestes últimos anos pola escoita de cancións en liña. Spotify o cal é un servizo que ofrece unha ampla diversidade de música en streaming, converteuse na principal plataforma para os usuarios. Con este traballo investígase se inflúen as reproducións das cancións nos rendementos das principais compañías discográficas do mundo e mediante iso conseguir pescudar as características que fan que estas funcionen ou non, dependendo da empresa. A base de datos está formada por as dez cancións máis escoitadas en Spotify, nun período que vai dende marzo a abril de 2024. Conta con información sobre as reproducións, días nos que se atopan na lista de cancións, posicións, variacións, rendementos e volumen das discográficas. Realizáronse distintos tipos de análises estadísticos e de minería de datos, a través dos cales déronse resultados afirmativos ás cuestións mencionadas e pescudáronse características con predisposición según a discográfica.

PEREZ PICO, ADA MARIA (Titoría)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Titoría)
Tribunal
Barreiro Fernandez, Begoña (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)

Investimento, produtividade e tecnoloxía: DeFi como oportunidade para o desenvolvemento das PEMES
Autoría
J.M.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
J.M.M.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
17.07.2024 12:00
17.07.2024 12:00
Resumo
As finanzas descentralizadas (DeFi) representan un avance significativo que, debido á sua complexidade técnica, a míudo non se recoñece como a gran oportunidade que supoñen para o desenvolvemento das Pequenas e Medianas Empresas (PEMES). Este traballo analiza a interrelación entre produtividade, tecnoloxía e investimento, así como o contexto e a situación actual para as PEMES e o mercado laboral, especialmente para persoas novas con competencias tecnolóxicas. Mediante unha revisión conceptual e estatística, examinanse as dificultades e beneficios da súa implantación, e a súa posible adaptación á estrutura do texido empresarial español. Aínda que xurdiron algunhas limitacións derivadas da escaseza de datos dispoñibles e a falta dunha traxectoria histórica, conseguiuse unha primeira aproximación á relación entre estes conceptos e á conveniencia de ferramentas específicas para as diferentes casuísticas financeiras ás que se poden enfrontar as PEMES españolas.

PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Titoría)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Titoría)
Tribunal
Campo Andión, Modesta (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN (Vogal)

O Emprendemento Universitario e a súa Relación coa Educación Financeira: un estudo con perspectiva de xénero analizado con Power BI
Autoría
L.L.V.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
L.L.V.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
No presente Traballo Fin de Grao preténdese estudar as intencións emprendedoras e as percepcións da educación financeira recibida por parte dos e das estudantes da Universidade de Santiago de Compostela con unha perspectiva de xénero. Para a realización do mesmo a metodoloxía empregada foi a realización dunha enquisa á poboación universitaria, cuxos resultados foron proporcionados polo Equipo GEM Galicia. Toda a análise destes resultados foi realizada coa ferramenta Power BI, con unha previa transformación en Power Query, a cal permitiu unha mellor comprensión dos datos grazas á súa capacidade de integración e de visualización interactiva dos mesmos. Diferenciando entre emprendedores nacentes e activos, abordáronse as taxas de emprendemento, así como as intencións emprendedoras dos estudantes despois de graduarse dende unha perspectiva de xénero. Tamén se analizou a percepción dos estudantes sobre a educación financeira, segundo o xénero e segundo a rama de estudo. Por último, destácase a relevancia de empregar ferramentas de análise de datos, como Power BI, para a realización deste tipo de estudos, onde se traballa con grandes cantidades de datos que poden atoparse en diferentes orixes. O dashboard elaborado como parte desta investigación está dispoñible para visualización ao final deste traballo, ofrecendo unha comprensión máis profunda dos datos presentados.

FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Titoría)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Titoría)
Tribunal
VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)

Deseño dun sistema de intelixencia de negocios (BI) para a medición da economía circular nunha explotación gandeira
Autoría
R.R.S.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
R.R.S.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
18.07.2024 12:00
18.07.2024 12:00
Resumo
A economía circular establece un modelo de produción e consumo máis sostible, que permite afrontar algunhas das principais problemáticas actuais, coma o aumento da demanda de materias primas xunto coa escaseza de recursos, o crecemento da demanda debido ao aumento da poboación mundial e o impacto climático. Ante esta situación, é necesaria a transformación do modelo lineal tradicional á economía circular. O sector agroalimentario e dentro deste, es espacial, a gandaría forma parte das industrias máis contaminantes. Dentro deste ámbito, xa hai esforzos a nivel da Unión Europea e que podemos ver reflectidos nas explotacións gandeiras galegas, a través do control do impacto da pegada de carbono e da auga. Tamén se inclúe o tratamento e mantemento de diferentes residuos xerados durante a produción, coma xurros ou similares, soro de leite, residuos sólidos e líquidos de matadoiros, etc. Non obstante, a implementación efectiva deste modelo en explotacións gandeiras presenta con importantes desafíos, especialmente en canto á medición e seguimento da súa eficacia e impacto. Así, o deseño dun sistema de intelixencia de negocios (Bi ou Business Intelligence) que permita apoiar a introdución e desenvolvemento deste ‘novo’ modelo produtivo axudaría á toma de decisións fundamentadas a través da medición e análise da economía circular dentro das explotacións gandeiras de precisión galegas, en concreto.

VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Titoría)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Titoría)
Tribunal
VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
Análise do desenvolvemento das criptomonedas no contexto actual
Autoría
M.G.B.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
M.G.B.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
Desde hai uns anos asistimos á aparición dunha nova clase de activo que nace como revolución ao sistema financeiro actual. As criptomoedas aparecen inicialmente como alternativa aos bancos, propoñendo un sistema descentralizado e baseado puramente no dixital. A partir de aí xorden tamén novas criptomoedas con distintos propósitos, desde transaccións rápidas e económicas ata innovacións tecnolóxicas. No seguinte traballo lévase a cabo unha revisión polas distintas formas de diñeiro que apareceron na sociedade ata a súa chegada á era dixital da man de Bitcoin, explicando en que consiste e o porqué da súa relevancia na actualidade. Tamén se centra en analizar outro tipo de criptomoedas e como foron evolucionando, ata chegar a noticias relevantes actuais nas que as criptomoedas chegan para dar un paso máis aló na sociedade.

PORTELA MASEDA, MARTA (Titoría)
PORTELA MASEDA, MARTA (Titoría)
Tribunal
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Presidente/a)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Presidente/a)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
Análise económico financeiro de Transportes David ÁLvarez S.L.
Autoría
E.M.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
E.M.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
20.02.2024 11:30
20.02.2024 11:30
Resumo
O obxetico deste traballo consta na realización dunha análise económico financeiro da empresa Transportes David Álvarez S.L. Para iso levouse a cabo unha evaluación da situación da empresa e a súa posterior equioparación co grupo de comparación formado por 5 empresas da zona elegidas polas súas características similares. O traballo dividese fundamentalmente en 2 grandes partes: A primeira unha breve presentación da compañía mostrando a súa estructura, obxetivos e estratexias; acompañado de unha descripción do sector no que opera e as súas características. Esta parte finaliza cunha análise DAFO da empresa. La segunda, y parte principal del trabajo es referido al análisis económico-financeiro da empresa. Comenzase co establecemento das empresas que conforman o grupo de comparación. A continuación, coa información recollida nas contas anuais do período 2016-2020 da empresa e do grupo de comparación, realizase a análise das porcentaxes verticais e horizontais, e dos ratios máis importantes e contrastalos. Por último, realizarase o diagnósticodo estado da empresa e suxirense unhas propostas de mellora. Finalmente, nas conclusións resumese o análise efectuado da empresa, dando unha opinión xeral sobre o seu estado e con relacion ao grupo de comparación

FIGUEROA HERRERO, CARLOS (Titoría)
FIGUEROA HERRERO, CARLOS (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, PAULA (Presidente/a)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Secretario/a)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Vogal)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, PAULA (Presidente/a)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Secretario/a)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Vogal)
Predición da satisfacción do consumidor no sector alimentario mediante Redes Neuronais Artificiais
Autoría
S.D.T.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
S.D.T.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao céntrase na importancia estratéxica da satisfacción do consumidor no ámbito do márketing. Nel, explóranse algúns dos factores que inflúen na satisfacción, utilizando como caso de estudo diferentes restaurantes de comida rápida estadounidense a través dunha metodoloxía pouco utilizada ata o momento no contexto do márketing: as Redes Neuronais Artificiais. Subliñando a utilidade da análise preditiva mediante estes modelos de aprendizaxe automática, empréganse datos históricos do sector alimentario para construír un modelo en Python que identifique e relacione as variables clave que inflúen na satisfacción xeral do consumidor. O propósito de todo este proceso é ofrecer ás empresas novas evidencias sobre os factores determinantes da satisfacción do consumidor co fin de axudarlles a mellorar a experiencia dos seus clientes e a optimizar as súas estratexias de retención e fidelización.

CASTRO GONZALEZ, SANDRA (Titoría)
CASTRO GONZALEZ, SANDRA (Titoría)
Tribunal
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Presidente/a)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Presidente/a)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
Xeración de enerxía en España e estudo de viabilidade dunha planta de biogás
Autoría
A.H.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
A.H.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) enfócase na realización dunha análise do sector enerxético español, tratando de prestar especial atención na transición cara a enerxías renovables en España e Galicia. O traballo inclúe un estudo de viabilidade económica dunha planta de biogás, na que se describe o proceso da súa produción, destacando o seu papel na economía circular e como unha alternativa sostible para a xeración de enerxía. Este estudo non só se centra en coñecer cales son as variables que intervén na viabilidade económica do proxecto, senón que tamén analiza a sensibilidade das variables máis críticas á rendibilidade.
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) enfócase na realización dunha análise do sector enerxético español, tratando de prestar especial atención na transición cara a enerxías renovables en España e Galicia. O traballo inclúe un estudo de viabilidade económica dunha planta de biogás, na que se describe o proceso da súa produción, destacando o seu papel na economía circular e como unha alternativa sostible para a xeración de enerxía. Este estudo non só se centra en coñecer cales son as variables que intervén na viabilidade económica do proxecto, senón que tamén analiza a sensibilidade das variables máis críticas á rendibilidade.
Dirección
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Titoría)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Titoría)
Tribunal
Campo Andión, Modesta (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN (Vogal)
Campo Andión, Modesta (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN (Vogal)
Construción dun bot de trading automático mediante técnicas de aprendizaxe por reforzo
Autoría
D.O.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
D.O.R.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
18.07.2024 12:30
18.07.2024 12:30
Resumo
Os bots de trading son unhas novas ferramentas para realizar operacións en mercados financeiros. Na actualidade, é común que estes bots constrúanse utilizando técnicas de aprendizaxe automática. Un exemplo destas técnicas é a aprendizaxe por reforzo que permite capacitar ao bot para tomar decisións óptimas adaptándose ás condicións cambiantes do mercado. Este traballo ten por labor estudar a estado da arte en canto á utilización de aprendizaxe automática no desenvolvemento de bots de trading, así como a construción de bots propios con estratexias básicas, e tamén con técnicas de aprendizaxe por reforzo. As estratexias que se usarán para desenvolver os bots propostos neste traballo, centraranse en abordar dunha maneira correcta a volatibilidade dos activos, a xestión de riscos e a toma de decisións dinámicas. A avaliación dos resultados levarase a cabo en escenarios simulados e, cando sexa posible en contornas en directo para así optimizar o rendemento de maneira continua.

GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
GARCIA POLO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Presidente/a)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Presidente/a)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
A nova regulación do procedemento concursal
Autoría
H.P.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
H.P.S.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.09.2024 10:00
16.09.2024 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grado analiza a nova regulación do procedemento concursal en España, destacando os cambios introducidos, o seu impacto co sistema legal e económico e os desafíos e o futuro que presenta. O obxectivo principal e proporcionar unha visión comprensiva da normativa actual, evaluando os seus beneficios e desventaxas a través do análisis de casos prácticos e estudios empíricos. Empléase unha metodoloxía basada na revisión bibliográfica e o análisis documental, incluyendo o estudio detallado do libro Las instituciones del Derecho Concursal. Revisión histórica y crítica de Gabriel A. García Escobar (2023).

SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Titoría)
SILVA LOPEZ, SANTIAGO ZOILO (Titoría)
Tribunal
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
Gómez Barreiro, María (Secretario/a)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Vogal)
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
Gómez Barreiro, María (Secretario/a)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Vogal)
O márketing de influencia no sector da moda
Autoría
D.S.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
D.S.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
20.02.2024 11:30
20.02.2024 11:30
Resumo
Este traballo analiza o uso do márketing de influencia nas marcas do sector da moda. Hoxe en día, os hábitos de consumo en moda reflicten unha nova tendencia, o auxe da moda rápida. Grazas ás redes sociais compártese e xestionase máis información das marcas neste sector, o que fai que as empresas modifiquen as súas estratexias de márketing. Por iso, o presente traballo busca mostrar cómo o márketing de influencia impulsa o coñecemento e o recordo das marcas de moda na mente dos consumidores mediante o uso das redes sociais. A investigación organízase en dous estudos: un estudo cualitativo, no que se analizan publicacións de influencers con contido promocional de marcas do sector da moda, en dúas redes sociais, Instagram e TikTok. Con este estudo buscase analizar o grao de engagement que exercen os influencers e coñecer a presenza das marcas nas súas publicacións. O segundo estudo é cuantitativo e realízase mediante unha enquisa. O cuestionario arroxa resultados importantes como que os influencers favorecen o recoñecemento das marcas no sector da moda. Tamén, se pon de manifesto que o consumidor é co-creador da mensaxe publicitaria en redes, en moitas ocasións, aportando información mediante valoracións de experiencias previas ou recomendacións de produtos ou servizos, que son de consideración para a maioría da poboación. Para concluír, confírmase que as empresas de moda logran un maior recoñecemento e notoriedade mediante o márketing de influencia en redes sociais. O márketing de influencia potencia o vínculo entre a marca e o consumidor a través da figura do influencer. Por último, esta investigación remata coa exposición das conclusións, limitacións y posibles liñas de traballo futuras.

BANDE VILELA, MARIA BELEN (Titoría)
BANDE VILELA, MARIA BELEN (Titoría)
Tribunal
VEIGA CARBALLIDO, MANUEL (Presidente/a)
TURIENZO RIVEIRO, JAVIER (Secretario/a)
Campo Andión, Modesta (Vogal)
VEIGA CARBALLIDO, MANUEL (Presidente/a)
TURIENZO RIVEIRO, JAVIER (Secretario/a)
Campo Andión, Modesta (Vogal)
Impacto das novas tecnoloxías nos procesos de afectación
Autoría
I.M.M.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
I.M.M.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.09.2024 09:00
16.09.2024 09:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao investiga o impacto das novas tecnoloxías, como a intelixencia artificial, nos procesos de afectación dentro do contexto empresarial europeo. A análise céntrase en cómo estas tecnoloxías transformaron os métodos tradicionais de recrutamento, tanto dende a perspectiva das empresas como a das persoas novas en busca activa de emprego. O traballo divídese en varias seccións. Para empezar, temos un marco teórico no que se explica a importancia da xestión estratéxica dos recursos humanos na empresa, e se detallan os procesos de recrutamento e selección. Ademáis, faise unha exploración do concepto de “Recrutamento 3.0”, que describe cómo as novas tecnoloxías, especialmente a intelixencia artificial, automatizan ditos procesos. Despois do marco teórico, temos un estudo empírico baseado nun cuestionario realizado a mozos de entre 18 y 30 anos. Os resultados deste cuestionario mostran que a maioría dos cuestionados están familiarizados cas novas tecnoloxías e fan uso de ferramientas de IA para mellorar os seus currículos e prepararse para entrevistas de traballo. Ademáis, destaca a alta satisfacción co uso destas tecnoloxías, polo que se comprobou que facilitan a busca de emprego e melloran a experiencia do candidato. En conclusión, as novas tecnoloxías están a redefinir o recrutamento, ofrecendo tanto oportunidades como retos significativos tanto para as empresas como para os candidatos.

VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Titoría)
VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ RODRIGUEZ, ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Secretario/a)
CASTRO GONZALEZ, SANDRA (Vogal)

Análise económica financeiro da empresa: Prebetong Hormigones, S.A.
Autoría
B.R.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
B.R.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
17.07.2024 12:30
17.07.2024 12:30
Resumo
O desenvolvemento deste traballo consiste en levar a cabo a análise económica e financeiro sobre a empresa Prebetong Hormigones S.A, así como o estudo do sector cementeiro en España. A través da análise de cocientes observarase a situación da empresa e a posición desta no sector. Estes axudarán a coñecer a situación financeira da empresa en termos de liquidez, rendibilidade e solvencia, entre outros. O traballo divídese en duas partes. Unha primeira parte onde se fala da empresa e sobre o sector ao que pertence a mesma, realizando dentro desta parte a análise tanto interna como externo e posteriormente a parte principal do traballo onde se englobará a propia análise económica-financeiro. Unha vez realizado o mesmo, extraeranse unhas conclusións obtidas sobre a situación da empresa. O traballo vai composto por 7600 palabras.
O desenvolvemento deste traballo consiste en levar a cabo a análise económica e financeiro sobre a empresa Prebetong Hormigones S.A, así como o estudo do sector cementeiro en España. A través da análise de cocientes observarase a situación da empresa e a posición desta no sector. Estes axudarán a coñecer a situación financeira da empresa en termos de liquidez, rendibilidade e solvencia, entre outros. O traballo divídese en duas partes. Unha primeira parte onde se fala da empresa e sobre o sector ao que pertence a mesma, realizando dentro desta parte a análise tanto interna como externo e posteriormente a parte principal do traballo onde se englobará a propia análise económica-financeiro. Unha vez realizado o mesmo, extraeranse unhas conclusións obtidas sobre a situación da empresa. O traballo vai composto por 7600 palabras.
Dirección
PORTELA MASEDA, MARTA (Titoría)
PORTELA MASEDA, MARTA (Titoría)
Tribunal
Campo Andión, Modesta (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN (Vogal)
Campo Andión, Modesta (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN (Vogal)
Desenvolvemento, implementación e despregue dunha axencia de viaxes en WordPress e Amazon Web Services
Autoría
N.R.F.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
N.R.F.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
16.09.2024 09:30
16.09.2024 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo deseñar e implementar unha axencia de viaxes especializada na planificación de viaxes a medida para os clientes. O traballo divídese en dúas partes principais. A primeira parte consiste no deseño da axencia de viaxes, permitindo aos clientes crear a súa propia viaxe a través dunha interface web orixinal e funcional. Para o seu desenvolvemento, utilizaranse WordPress e WooCommerce, realizando un estudo previo doutras páxinas web de axencias de viaxes co fin de identificar e analizar as necesidades esenciais dos usuarios, garantindo así unha experiencia de usuario satisfactoria. A segunda parte consiste no despregue da aplicación web de comercio electrónico nunha plataforma cloud pública, garantindo a súa dispoñibilidade para potenciais clientes a través de Internet. Para iso, utilizarase a plataforma Amazon Web Services (AWS).
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo deseñar e implementar unha axencia de viaxes especializada na planificación de viaxes a medida para os clientes. O traballo divídese en dúas partes principais. A primeira parte consiste no deseño da axencia de viaxes, permitindo aos clientes crear a súa propia viaxe a través dunha interface web orixinal e funcional. Para o seu desenvolvemento, utilizaranse WordPress e WooCommerce, realizando un estudo previo doutras páxinas web de axencias de viaxes co fin de identificar e analizar as necesidades esenciais dos usuarios, garantindo así unha experiencia de usuario satisfactoria. A segunda parte consiste no despregue da aplicación web de comercio electrónico nunha plataforma cloud pública, garantindo a súa dispoñibilidade para potenciais clientes a través de Internet. Para iso, utilizarase a plataforma Amazon Web Services (AWS).
Dirección
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Titoría)
VAZQUEZ ALVAREZ, ALVARO (Titoría)
Tribunal
Barreiro Fernandez, Begoña (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)
Barreiro Fernandez, Begoña (Presidente/a)
LOPEZ PEREZ, M. LUISA (Secretario/a)
GARCIA LORENZO, OSCAR (Vogal)
O papel da sucesión na empresa familiar
Autoría
M.G.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
M.G.P.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.09.2024 11:30
16.09.2024 11:30
Resumo
Este traballo fin de grao aborda a importancia das empresas familiares e, en particular, do proceso de sucesión nestas organizacións, tomando como caso práctico o Grupo Calvo. As empresas familiares son fundamentais para a economía global e local, contribúen significativamente ao PIB e proporcionan estabilidade laboral. Non obstante, afrontan desafíos únicos, especialmente na transición de liderado entre xeracións. A sucesión é fundamental para a continuidade e o éxito a longo prazo destas empresas. É esencial unha planificación adecuada da sucesión, incluíndo a preparación temperá dos sucesores e a integración dos valores familiares. O Grupo Calvo exemplifica a xestión eficaz da sucesión, xa que pasou por varias xeracións de liderado mantendo a súa competitividade e crecemento. Este estudo utiliza unha metodoloxía cualitativa para analizar a estrutura organizativa, o goberno e as estratexias de sucesión do Grupo Calvo. Destaca a importancia da formación continua, da comunicación aberta e da profesionalización do consello de administración. Ademais, subliña como a adopción de prácticas sostibles e a innovación son fundamentais para o éxito continuo da empresa.

Barreiro Fernandez, Begoña (Titoría)
Barreiro Fernandez, Begoña (Titoría)
Tribunal
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Presidente/a)
BECERRA DIAZ, ALEJO (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
PIÑEIRO CHOUSA, JUAN RAMON (Presidente/a)
BECERRA DIAZ, ALEJO (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
Liderado feminino
Autoría
A.F.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
A.F.N.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.09.2024 11:00
16.09.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao pretende analizar se existen ou non diferenzas no liderado en función do xénero dos líderes. Para iso, primeiro analizase o desenvolvemento académico das mulleres e o mercado laboral en España, e as características sobre este en relación ao xénero. Seguido a isto, procede a facerse unha revisión sobre diferentes estilos de liderado, dende os máis clásicos, ata algúns dos máis recentes. Ademais, en relación ao anterior e xa con enfoque no obxectivo do traballo, estúdanse as diferenzas no estilo de liderado entre homes e mulleres e a influencia que pode ter o xénero nos distintos modelos, todo isto mediante o análise de estudos de diferentes autores. Como punto final, faise un pequeno estudo de campo realizando unha pequena enquisa, a cal consta de varios ítems que traballaron algúns autores sobre os diferentes estilos e modelos de liderado. Tras a recollida de datos da enquisa, analízanse os resultados obtidos. Para rematar este traballo chéganse a unhas conclusións finais que derivan de todo o mencionado anteriormente. Este traballo contén 10.126 palabras.

Análise rexional do efecto da incerteza nas decisións de consumo-aforro das familias españolas para o período 2006-2019
Autoría
C.G.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
C.G.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
20.02.2024 11:00
20.02.2024 11:00
Resumo
Como consecuencia da elevada incerteza que existe na economía actual, pareceunos especialmente relevante coñecer o comportamento das familias neste tipo de contextos económicos, e máis concretamente as súas decisións de aforro e consumo. En relación a isto, o traballo desenvolveuse mediante unha análise macroeconómica da motivación do aforron. Para iso utilizouse un modelo econométrico no que se utilizaron datos das comunidades autonómicas españolas para o período 2006-2019. No desenvolvemento da obra realizarase un percorrido a partir da revisión de traballos publicados anteriormente referidos a esta cuestión, seguido dunha análise do mercado laboral obxecto de estudo, o correspondente contraste das hipóteses expostas. Como resultado da análise, cabe destacar a diferente interpretación que teñenos axentes, en función das súas circunstancias económicas, dos cambios que se producen nos principais indicadores económico. Por último, realizárase unha análise das consecuencias macroeconómicas das últimas medidas de política económica como o aumento do salario mínimo ou o incremento da inflación.

BANDE RAMUDO, ROBERTO (Titoría)
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Titoría)
Tribunal
VEIGA CARBALLIDO, MANUEL (Presidente/a)
TURIENZO RIVEIRO, JAVIER (Secretario/a)
Campo Andión, Modesta (Vogal)
VEIGA CARBALLIDO, MANUEL (Presidente/a)
TURIENZO RIVEIRO, JAVIER (Secretario/a)
Campo Andión, Modesta (Vogal)
Despoboamento e desagrarización en Galicia. Perspectiva histórica
Autoría
J.P.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
J.P.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
A despoboación do rural leva dende a segunda metade do século XX provocando importantes consecuencias a nivel político, económico e social en todo o territorio español. En Galicia, este fenómeno está aínda máis acentuado pola súa natureza historicamente rural. Nas últimas décadas, estase a provocar un transvase poboacional do mundo rural ao ámbito urbano, situación que provoca o encarecemento de servizos, derivando nunha gran ineficiencia na distribución do gasto público. Unha despoboación rural que tamén provoca a desagrarización da comunidade autónoma galega. De feito o sector primario pasou de aglutinar o 44% da poboación a so xerar o 6% dos empregos en 2016. Con este Traballo de Fin de Grao estudarase a evolución dos dous fenómenos anteriormente mencionados, facendo especial énfase na poboación, na agricultura e na gandeiría. Este estudo será caracterizado por un forte apoio estatístico, representado mediante gráficas que faciliten unha mellor comprensión da evolución ao longo dos anos abarcados por cada un dos estudos realizados, permitindo analizar a evolución histórica do proceso de despoboamento e desagrarización en Galicia. Unha vez presentados os datos sobre a situación actual galega, poderemos descubrir os resultados e as conclusións que nos deixan, para finalmente ofrecer un plan de acción dirixido a mocidade, con propostas que traten de reverter a dinámica poboacional que leva anos afectando a rexión. Este plan impulsará o retorno a espazos rurais das persoas que se atopen nos seus primeiros anos laborais para poder cubrir a brecha existente entre os núcleos urbanos e o rural.

COPENA RODRIGUEZ, DAMIAN (Titoría)
COPENA RODRIGUEZ, DAMIAN (Titoría)
Tribunal
VILAS FERNANDEZ, MANUEL ANGEL (Presidente/a)
SILVA MEILAN, VICENTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Vogal)
VILAS FERNANDEZ, MANUEL ANGEL (Presidente/a)
SILVA MEILAN, VICENTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Vogal)
Análise económico-financieira de Bodegas Martín Códax
Autoría
L.O.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
L.O.A.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
17.07.2024 12:00
17.07.2024 12:00
Resumo
Neste traballo realizouse unha análise económico-financeira da empresa Bodegas Martín Códax SA, co obxectivo de examinar a situación na que se atopa tanto a nivel económico como financeiro. Ademais, realizouse unha comparativa co sector vitivinícola español. O uso de diferentes ratios foi fundamental para realizar esta análise e verificar a rendibilidade, liquidez, solvencia e risco da organización. En primeiro lugar, presentarase a empresa e realizarase unha análise interna e externa para coñecer o sector no que se sitúa. Posteriormente, realizarase a análise económico-financeira e realizarase unha comparativa con empresas do sector. Por último, exporanse as diferentes conclusións obtidas en relación á empresa.

Impacto dos avances tecnolóxicos na produtividade e causas da desaceleración na economía española
Autoría
A.F.O.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
A.F.O.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
18.07.2024 10:30
18.07.2024 10:30
Resumo
A importancia adquirida polas tecnoloxías e os seus constantes avances provocaron un cambio disruptivo na economía e, consecuentemente, na sociedade. O presente traballo realiza unha revisión das principais tecnoloxías emerxentes ao longo das diversas revolucións industriais, demostrando cómo estas impulsaron o crecemento económico a través da mellora de procesos produtivos e condicións de vida, así como, xogaron un papel crucial no desenvolvemento económico e social. A análise céntrase na evolución da produtividade na economía española, considerando tamén outros países da Eurozona e prestando especial atención á produtividade total dos factores como principal indicador representativo da produtividade da economía. A pesar dos avances tecnolóxicos, a produtividade global diminuíu. Mediante unha análise de tendencias e datos búscase identificar patróns e formular hipóteses sobre as posibles causas da diminución da produtividade en España tales como, a falta de capacitación, a estrutura empresarial e os investimentos improductivos, co obxectivo de entender e reverter esta tendencia negativa no futuro.

VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN (Titoría)
VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN (Titoría)
Tribunal
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Presidente/a)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Presidente/a)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
Análise económico-financeira: Aguas de Cabreiroá S.A.
Autoría
N.C.I.A.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
N.C.I.A.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
18.07.2024 10:30
18.07.2024 10:30
Resumo
O presente traballo ten como fin elaborar unha diagnose da situación de Aguas de Cabreiroá S.A. partindo dunha análise económico-financeira realizado a partir dos ratios e as porcentaxes calculados en base aos seus Estados Financeiros. Para iso avaliamos a situación da empresa en contraposición con outras compañías do seu sector cuns ingresos similares. A estrutura do informe é a seguinte: en primeiro lugar, preséntase a empresa obxecto de estudo, así como o grupo ao que pertence, despois realízase unha análise de situación tanto externa coma interna. A continuación, a análise económico-financeira, a parte central do traballo. E, por último, en base á diagnose obtida preséntanse as conclusións, así como as limitacións e as posibles ampliacións do proxecto. Nas conclusións obtidas, destaca a falta de estabilidade de Cabreiroá fronte o seu grupo de comparación, ademais dos problemas para xerar liquidez e afrontar as obrigacións a curto prazo. Por outra banda, pese a que tanto a competencia como Cabreiroá financian a súa actividade gracias ao elevado prazo de pago cos seus proveedores Cabreiroá necesita un maior volume de ingresos para cubrir os costes da súa actividade. O traballo consta de 9510 palabras.
O presente traballo ten como fin elaborar unha diagnose da situación de Aguas de Cabreiroá S.A. partindo dunha análise económico-financeira realizado a partir dos ratios e as porcentaxes calculados en base aos seus Estados Financeiros. Para iso avaliamos a situación da empresa en contraposición con outras compañías do seu sector cuns ingresos similares. A estrutura do informe é a seguinte: en primeiro lugar, preséntase a empresa obxecto de estudo, así como o grupo ao que pertence, despois realízase unha análise de situación tanto externa coma interna. A continuación, a análise económico-financeira, a parte central do traballo. E, por último, en base á diagnose obtida preséntanse as conclusións, así como as limitacións e as posibles ampliacións do proxecto. Nas conclusións obtidas, destaca a falta de estabilidade de Cabreiroá fronte o seu grupo de comparación, ademais dos problemas para xerar liquidez e afrontar as obrigacións a curto prazo. Por outra banda, pese a que tanto a competencia como Cabreiroá financian a súa actividade gracias ao elevado prazo de pago cos seus proveedores Cabreiroá necesita un maior volume de ingresos para cubrir os costes da súa actividade. O traballo consta de 9510 palabras.
Dirección
PORTELA MASEDA, MARTA (Titoría)
PORTELA MASEDA, MARTA (Titoría)
Tribunal
VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
Estudo de predición sobre o absentismo laboral utilizando técnicas de Machine Learning
Autoría
B.M.L.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
B.M.L.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
18.07.2024 12:00
18.07.2024 12:00
Resumo
Ante a preocupación xeral das empresas en materia de absentismo laboral, estase a realizar unha memoria na que se mostra a relevancia e importancia do estudo do absentismo laboral para atopar erros que hai que corrixir e no que aparecen variables que necesitan ser estudadas. A utilización de técnicas de machine learning permite predicir as baixas laborais dos empregados e obter estatísticas a miúdo e pódense observar os patróns de ausencia. Coñecer os días que son máis probables que un empregado non acuda ao traballo axudan a substituír esa baixa o máis rápido posíbel e tomar medidas preventivas.

VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Titoría)
Tribunal
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Presidente/a)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
BANDE RAMUDO, ROBERTO (Presidente/a)
PEREZ PICO, ADA MARIA (Secretario/a)
MOSQUERA CRIADO, MARIA JESUS (Vogal)
Diferenciación por orixe na estratexia de márketing de produtos agroalimentarios. Caso Ternera Gallega.
Autoría
Y.F.D.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Y.F.D.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
O mercado agro-alimentario caracterízase pola presenza dun gran número de competidores xunto a unha alta diversificación dos produtos. Debido a esta competitividade as empresas agro-alimentarias buscan diferenciarse mediante o enxalzamento de atributos específicos dos produtos, como a orixe. O lugar de procedencia permite ao consumidor vincular a calidade do produto con características sociais ou culturais da rexión de orixe. Así mesmo, estas conexións cobran maior interese cando se descoñece o produto ou se carece dun consumo previo. O presente traballo aborda a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega sendo o principal obxectivo coñecer a influenza do atributo orixe na decisión de compra do consumidor. Coa finalidade de lograr este propósito deséñase un estudo cuantitativo aplicando unha técnica de mostraxe por conveniencia, cuxos datos obtidos se codifican mediante o programa estatístico IBM SPSS para a súa posterior análise e extracción de conclusións. Unha vez analizados os resultados dedúcese que a diferenciación por orixe é máis eficaz no xénero feminino que no masculino. Do mesmo modo, constátase que para o consumidor o atributo máis significativo dun produto Ternera Gallega é o propio sabor. Sen embargo, esta cualidade intrínseca garda relación coa propia orixe, debido a que o produto destaca polo seu sabor grazas a alimentación e coidados previos que están ligados co lugar de procedencia do propio animal. O documento conclúe abordando a preocupación por unha posible futura desaparición da IXP Ternera Gallega ante o peche de diversas explotacións gandeiras pola ausencia dun relevo xeracional.

Política monetaria do BCE en resposta a crise do coronavirus: Análise e perspectivas para o periodo 2020-2023
Autoría
P.V.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
P.V.L.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
17.07.2024 12:30
17.07.2024 12:30
Resumo
Neste traballo analízase a política monetaria do Banco Central Europeo (BCE) no contexto postpandemia, cun enfoque particular no Programa de Compras de Emerxencia Pandémica (PEPP). Inicialmente, preséntase un diagnóstico da situación económica e financeira da zona euro ao inicio da pandemia, destacando a incerteza e a volatilidade nos mercados financeiros.

CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Titoría)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Titoría)
Tribunal
VILAS FERNANDEZ, MANUEL ANGEL (Presidente/a)
SILVA MEILAN, VICENTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Vogal)
VILAS FERNANDEZ, MANUEL ANGEL (Presidente/a)
SILVA MEILAN, VICENTE (Secretario/a)
RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Vogal)
Tecnoloxía aplicada á selección de persoas. Novas ferramentas nos Recursos Humanos
Autoría
D.P.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
D.P.V.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
17.07.2024 10:30
17.07.2024 10:30
Resumo
No actual contorno empresarial, a xestión de persoas enfróntase a desafíos sen precedentes debido á revolución dixital. A converxencia de tecnoloxías, a globalización e a crecente interconexión transformaron a forma en que as organizacións operan e como se relacionan cos seus empregados. Neste contexto, é crucial comprender como a xestión de persoas adáptase e evoluciona na era dixital. A dixitalización afectou a todos os aspectos dentro da organización, desde a adopción de xeramentas de colaboración en liña como a automatización de procesos loxísticos máis técnicos. A xestión de persoas tamén se ve afectada por esta transformación, xa que debe dar unha resposta cuestións como o desempeño organizativo, a satisfacción dos empregados dentro da organización ou a selección e desenvolvemento de talento. Dentro do que respecta ao reclutamento e a selección de persoal, estes procesos están en constante evolución xa que a forma na que nos comunicamos e mantemos relacións cambiou de maneira radical, afectando tanto na nosa vida persoal como na organización e a relación empregado-empresa. O departamento de Recursos Humanos viuse obrigado a evolucionar no que refire á xestión de persoas, reclutando aos mellores candidatos e seleccionar a aqueles con maior potencial nun contorno global moi competitivo, polo que utilizar as forramentas adecuadas para lograr os mellores rendementos neste departamento cobra especial importancia permitindo ás empresas unha oportunidade de innovar e axilizar estes procesos complexos aforrando tempo e recursos. Este traballo consiste na analizar as xeramentas e novas tendencias en reclutamento e selección de persoal que a evolución tecnolóxica lles permite ás organizacións utilizar para chegar ao éxito. A extensión do traballo é de 9030 palabras.

O mercado da vivenda en España e Galicia. Dinámica dende a crise e previsións de futuro.
Autoría
I.G.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
I.G.C.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
17.07.2024 10:30
17.07.2024 10:30
Resumo
Neste traballo realizaremos unha análise do mercado inmobiliario. Comezaremos por estudar o sector da construción, considerado fonte de creación de emprego e crecemento económico, pero que foi a maior vítima da crise de 2008. O mercado inmobiliario está afectado por múltiples factores de oferta e demanda: o nivel de ingresos, a capacidade e custos de financiamento, a evolución demográfica, os custos de construción e a cantidade de vivendas dispoñibles determinarán os prezos e a creación de novas vivendas. Terá especial peso a accesibilidade á vivenda en propiedade e en aluguer, xa que na actualidade é unha gran preocupación social; Aumentouse o esforzo económico para comprar unha vivenda, o que pon en risco o acceso a este dereito recollido na Constitución española. A mobilización de vivendas baleiras non axudará a resolver esta situación polas súas limitacións inherentes. Tamén falaremos da vivenda de uso turístico, xa que é o foco dos cambios normativos e do importante ritmo de crecemento que tivo, sobre todo nos concellos costeiros. O actual contexto inflacionista ou a crise sanitaria de 2020 tamén tiveron o seu impacto no mercado inmobiliario. O aumento dos custos enerxéticos e materiais no sector da construción nos últimos anos e a escasa oferta de obra nova provocaron un importante incremento dos prezos no mercado de compravenda de vivendas e indirectamente no de aluguer. As previsións de futuro do mercado están condicionadas, entre outros, pola dispoñibilidade de máis vivendas de obra nova, a evolución do custo do financiamento mediante préstamos hipotecarios e os cambios demográficos da sociedade.

VILAS FERNANDEZ, MANUEL ANGEL (Titoría)
VILAS FERNANDEZ, MANUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
Campo Andión, Modesta (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN (Vogal)
Campo Andión, Modesta (Presidente/a)
HERMIDA GARCIA, MENCIA (Secretario/a)
VILLASANTE LARRAMENDI, CARLOS SEBASTIAN (Vogal)
A Estratexia do Océano Azul: O Caso de Wovo
Autoría
M.V.S.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
M.V.S.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (presencial)
Data da defensa
18.07.2024 12:30
18.07.2024 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao enfócase en avaliar se Wovo logrou posicionarse como un Océano Azul, utilizando ferramentas analíticas específicas para identificar oportunidades e desafíos. Levouse a cabo unha revisión da literatura en canto a estratexia e innovación e un estudo detallado de Wovo, aplicando metodoloxías como o Mapa Pioneiro - Migrante - Colono e o Cadro Estratéxico, para explorar a súa viabilidade no mercado. Wovo posiciónase no mercado de alimentos e bebidas, diferenciándose mediante a oferta de alimentos enriquecidos á base de clara de ovo. Este enfoque busca non só capturar un segmento do mercado, senón tamén crear un salto de valor significativo. O análise enfócase en como a Estratexia de Océano Azul pode servir de referencia a Wovo para alcanzar o éxito a longo prazo; e como pode optimizar a súa diferenciación e estratexia de mercado para maximizar o seu potencial en termos de innovación de valor e crecemento sostible.
O presente Traballo de Fin de Grao enfócase en avaliar se Wovo logrou posicionarse como un Océano Azul, utilizando ferramentas analíticas específicas para identificar oportunidades e desafíos. Levouse a cabo unha revisión da literatura en canto a estratexia e innovación e un estudo detallado de Wovo, aplicando metodoloxías como o Mapa Pioneiro - Migrante - Colono e o Cadro Estratéxico, para explorar a súa viabilidade no mercado. Wovo posiciónase no mercado de alimentos e bebidas, diferenciándose mediante a oferta de alimentos enriquecidos á base de clara de ovo. Este enfoque busca non só capturar un segmento do mercado, senón tamén crear un salto de valor significativo. O análise enfócase en como a Estratexia de Océano Azul pode servir de referencia a Wovo para alcanzar o éxito a longo prazo; e como pode optimizar a súa diferenciación e estratexia de mercado para maximizar o seu potencial en termos de innovación de valor e crecemento sostible.
Dirección
Barreiro Fernandez, Begoña (Titoría)
Barreiro Fernandez, Begoña (Titoría)
Tribunal
VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Presidente/a)
VALLADARES RODRIGUEZ, SONIA MARIA (Secretario/a)
TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO (Vogal)
Análise económica-financeira dunha empresa do sector lácteo: Central Lechera Asturiana
Autoría
N.D.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
N.D.F.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
20.02.2024 11:00
20.02.2024 11:00
Resumo
Este traballo organizouse en tres partes fundamentais: a primeira consiste en presentar a historia da empresa e unha introdución, cun breve marco estratéxico e unha presentación da súa carteira de produtos; a segunda parte inclúe unha análise externa e interna acompañada dun DAFO e dun PESTEL; a terceira parte consiste nunha análise económico-financeira que se divide á súa vez nunha análise de porcentaxes verticais e horizontais, seguida dunha análise financeira tanto a curto como a longo prazo dos ratios máis relevantes e, finalmente, unha análise da rendibilidade económica e financeira e do risco. Despois destas partes, cérrase o traballo cun diagnóstico, propostas de mellora e conclusións, limitacións e posibles expansións.

RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Titoría)
RODRIGUEZ GIL, LUIS IGNACIO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, PAULA (Presidente/a)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Secretario/a)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Vogal)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, PAULA (Presidente/a)
FERNANDEZ MENDEZ, DIANA (Secretario/a)
FEAS VAZQUEZ, JACOBO (Vogal)
Impacto das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no recrutamento e selección de persoal.
Autoría
D.R.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
D.R.R.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.09.2024 10:30
16.09.2024 10:30
Resumo
O Traballo de Fin de Grao examina o impacto das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no recrutamento e selección de persoal. Analiza como ferramentas dixitais, tales como plataformas de emprego e redes sociais, transformaron estes procesos. Utilizando enquisas e revisión de literatura, avalía a experiencia de candidatos e a percepción de reclutadores.
O Traballo de Fin de Grao examina o impacto das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no recrutamento e selección de persoal. Analiza como ferramentas dixitais, tales como plataformas de emprego e redes sociais, transformaron estes procesos. Utilizando enquisas e revisión de literatura, avalía a experiencia de candidatos e a percepción de reclutadores.
Dirección
VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Titoría)
VILA VAZQUEZ, GUADALUPE (Titoría)
Tribunal
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
Gómez Barreiro, María (Secretario/a)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Vogal)
PORTELA MASEDA, MARTA (Presidente/a)
Gómez Barreiro, María (Secretario/a)
CASTAÑON LLAMAS, LUIS (Vogal)
Análise económico da PAC en Galicia 2019-2022
Autoría
A.B.A.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
A.B.A.G.
Grao en Administración e Dirección de Empresas [L]
Data da defensa
16.09.2024 10:30
16.09.2024 10:30
Resumo
Neste traballo levouse a cabo unha analise da PAC nos anos 2019, 2020, 2021 e 2022, co obxetivo de estudar como foi a evolución las axudas que se lles proporciona aos agricultores-gandeiros, e se foron mellorando, tanto as condicións que se lles piden como os beneficios que lles proporcionan estas axudas. en primeiro lugar, para entender e poder analizar estas axudas é necesario coñecer a historia de como e porque se crea a Política Agraria Común. Posteriormente, recolleranse os datos para o análise e levarase a cabo a elaboración das taboas e dos gráficos necesarios para poder explicar a evolución das axudas. Finalmente, procederase a explicar as distintas conclusión obtidas tras o análise en relación coas axudas e coa propia PAC.

BOUZAS GONZALEZ, MERCEDES (Titoría)