Prevención do acoso escolar a través da educación emocional
Autoría
M.U.A.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]

Data da defensa
02.09.2025 10:00
02.09.2025 10:00
Resumo
O eixo central deste traballo de fin de grao é a prevención do acoso escolar a través da educación emocional na aula. Baseándose na perspectiva da escola como espazo para o desenvolvemento holístico, esta proposta presenta unha intervención dirixida ao alumnado de sexto de primaria, orientada a fortalecer competencias emocionais clave como a consciencia emocional, a regulación das emocións e a autonomía persoal. Estas habilidades non só contribúen ao benestar individual do alumnado, senón que tamén son esenciais para mellorar a convivencia e previr condutas de acoso escolar. A intervención forma parte do currículo de educación en valores cívicos e éticos, o que permite unha integración curricular coherente e significativa. A través de sesións prácticas e participativas, os nenos traballan aspectos como a identificación das emocións propias e das dos demais, a xestión da frustración, a toma de decisións responsables e a construción de relacións baseadas no respecto e a empatía. O deseño da proposta ten en conta as características específicas do grupo e do contexto escolar e está pensado para ser implementado polo titor da aula, que ten experiencia e formación en educación emocional. O estudo conclúe que intervencións como esta son eficaces e necesarias para fomentar un clima escolar máis seguro, inclusivo e respectuoso, e reforza a importancia de incorporar sistematicamente a educación emocional no currículo escolar.

Dirección
Martínez López, Zeltia (Titoría)
Martínez López, Zeltia (Titoría)
Tribunal
Martínez López, Zeltia (Titor do alumno)

O tratamento da crise climática nas estratexias estatais e autonómicas de Educación Ambiental en España dende a perspectiva da Educación Social (1999-2024).
Autoría
M.A.D.
Grao en Educación Social
M.A.D.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2025 11:00
03.09.2025 11:00
Resumo
A crise climática conforma a principal problemática global que ameaza ao conxunto dos sistemas biofísicos e polo tanto aos humanos. A súa orixe sinérxica provoca a necesidade de que a solución implique unha transformación dos modelos de produción e consumo agora hexemónicos. Para isto precísase a coordinación e a colaboración internacional, con expresións a escala local, onde o deseño das políticas públicas ten un papel fundamental. As estratexias de Educación Ambiental serven como guía para a redacción de políticas públicas e para que a acción de diversos axentes educativos sitúense aliñada coas finalidades da Educación Ambiental. Por conseguinte, a integración efectiva da crise climática nestas propostas estratéxicas é primordial para harmonizar os esforzos e involucrar á cidadanía na mitigación das causas da crise climática e na adaptación aos impactos que xa está provocando.

MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Titoría)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Titoría)
Tribunal
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Titor do alumno)

O uso de recursos educativos dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH)
Autoría
N.A.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.A.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 10:00
02.09.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado ten como temática principal o emprego de recursos tecnolóxicos no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). O seu obxectivo principal é valorar o posible impacto do uso das tecnoloxías dixitais na mellora da atención, o rendemento académico e o comportamento dos estudantes con TDAH. Neste traballo, baixo a modalidade de iniciación á investigación documental, realizarase unha revisión bibliográfica sobre o uso de tecnoloxías para o alumnado con TDAH no ámbito escolar. Para iso, levarase a cabo unha indagación sobre o concepto de TDAH e das tecnoloxías dixitais, así como unha revisión sobre a lexislación vixente. Finalmente, analizaranse propostas tecnolóxicas de diversos autores para observar que beneficios ou desvantaxes podería ter para o alumnado con TDAH a súa implementación na aula.

FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
FRAGA VARELA, FERNANDO (Titor do alumno)

O benestar emocional en Educación Infantil: Estado da cuestión en Galicia
Autoría
I.B.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.B.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 12:00
03.09.2025 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao examina o benestar emocional na etapa de Educación Infantil, un aspecto fundamental recollido na Axenda 2030 como parte dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Este estudo desenvólvese a través dunha investigación documental co obxectivo de analizar como se promove o benestar emocional no contexto educativo galego. Dado o impacto que ten este aspecto durante os primeiros anos de vida, ao longo do traballo explóranse as distintas propostas de intervención existentes na nosa comunidade, e identifícanse estratexias orientadas a mellorar o desenvolvemento emocional do alumnado (como a Estratexia Galega de Convivencia Escolar e o Plan de Benestar Emocional). Esta temática foi elixida #ante a necesidade dunha educación integral dentro do noso sistema educativo, na que tamén se teña en conta o desenvolvemento emocional do alumnado. A pesar de que se centre no ámbito educativo, tamén se fai referencia á influencia doutros factores, como o papel que xogan as familias ou o propio benestar do profesorado. Tamén se propoñen unha serie de medidas que poden aplicarse nos centros educativos para fomentar contornas máis saudables e emocionalmente positivos.

FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

A intervención socioeducativa con menores estranxeiras/os non acompañadas/os en España: unha revisión sistematizada dende a Educación Social.
Autoría
I.B.T.
Grao en Educación Social
I.B.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2025 10:30
03.09.2025 10:30
Resumo
A chegada de menores estranxeiros/as non acompañados/as a España constitúe un desafío social e educativo que require respostas específicas dende a Educación Social. A súa situación de vulnerabilidade, marcada pola ausencia de referentes familiares, a inestabilidade xurídica e as dificultades para acceder aos seus dereitos, reclama unha intervención socioeducativa que promova a súa inclusión e desenvolvemento integral. Este TFG ten como obxectivo principal analizar a intervención socioeducativa dirixida a estas/estes menores no contexto español, mediante unha revisión sistematizada da literatura especializada publicada entre 2015 e 2025, a partir da cal se identifican os principais modelos e estratexias de intervención, as súas fortalezas e limitacións, así como as fendas existentes no ámbito profesional e investigador. Os resultados permiten reflexionar sobre os retos actuais da intervención e conducen á formulación de implicacións profesionais para a Educación Social, así como a propostas de acción orientadas á súa mellora futura.

MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titor do alumno)

O Teatro do Oprimido como ferramenta educativa na Educación Primaria
Autoría
O.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
O.C.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 10:30
03.09.2025 10:30
Resumo
Este traballo de fin de grao desenvolve unha revisión documental sobre o potencial educativo do Teatro do Oprimido (TO) no contexto da Educación Primaria. A partir dun corpus de vinte e seis fontes bibliográficas, analízanse as bases teóricas do TO, o seu encaixe na normativa galega, as súas contribucións á inclusión educativa e os desafíos para a súa implementación nas aulas. Ademais, propóñense liñas de acción para incorporar esta metodoloxía de forma crítica e contextualizada nos centros escolares. O estudo fundamenta a relevancia do TO como ferramenta pedagóxica transformadora, comprometida cunha educación democrática, inclusiva e participativa.

CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titor do alumno)

Proxecto lector para a Educación Primaria: unha viaxe a través da lectura.
Autoría
S.M.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.M.C.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 10:00
02.09.2025 10:00
Resumo
O seguinte traballo presenta unha proposta didáctica dirixida ao terceiro ciclo de Educación Primaria (cursos de quinto e sexto), que pretende mostrar a importancia da lectura na etapa de primaria mediante a implementación dun Proxecto Lector de Centro. O traballo divídese en dúas partes: unha parte teórica na que se fai un percorrido polo termo de proxecto lector, e unha segunda parte máis práctica, centrada na escolma de 21 libros para integrar no proxecto. O obxectivo principal é comprender como funciona realmente un proxecto lector dentro dun centro educativo, así como o seu uso adecuado.

HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)

Do trazo á palabra. Unha proposta creativa para o desenvolvemento da lectoescritura en Educación Infantil
Autoría
M.C.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.C.F.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.09.2025 10:45
02.09.2025 10:45
Resumo
A lectura e a escritura son habilidades inherentes á aprendizaxe, configurándose como porta de acceso ao coñecemento. Aínda que o currículo da Educación Infantil non contempla como obxectivo a súa adquisición total, si destaca a importancia dunha primeira aproximación, salientando a necesidade de estimular ao alumnado e achegalo aos procesos previos esenciais para o seu desenvolvemento. Neste marco, resulta especialmente relevante o deseño dun contexto interactivo, creativo e motivador que favoreza unha aprendizaxe significativa. Así, a arte como recurso educativo pode actuar como elemento integrador, promovendo a expresión artística e permitindo a creación de prácticas de ensino de maior competencia. Deste xeito, partindo da hipótese inicial da arte como ferramenta pedagóxica capaz de estimular de forma significativa e positiva o desenvolvemento das habilidades lectoescritoras, o obxectivo deste TFG é explorar o uso concreto da pintura como motor para o desenvolvemento de ambas competencias. Para isto, proponse unha investigación cualitativa, fundamentada nunha busca bibliográfica e no deseño, aplicación e análise dunha proposta de intervención de enfoque creativo. Ao longo do proceso, a pintura preséntase como elemento catalizador, promovendo a estimulación das diferentes destrezas necesarias para o progreso do alumnado na lectura e na escritura.

PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titor do alumno)

Contos sobre a perda e o dó de familiares
Autoría
M.D.S.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.D.S.I.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 11:00
03.09.2025 11:00
Resumo
A perda dun ser querido e o proceso de dó son situacións que poden ocorrer no noso día a día, sendo complexas de tratar, independentemente da etapa vital na que estemos. Estes dous temas non acostuman ser tratados con normalidade na vida adulta, polo tanto, en educación infantil son completamente tabús. O propósito deste Traballo de Fin de Grao consiste en deseñar unha proposta de intervención que contribúa a facilitar a asimilación e a regulación das emocións que van ligadas á perda de persoas significativas dentro do ámbito familiar dos nenos e nenas (pais, avós, irmáns etc.), a través do emprego de contos infantís e narracións. Na primeira parte, elaborarase unha revisión bibliográfica que proporcione a información necesaria para comprender o proceso de dó, a maneira na que se desenvolve nas primeiras infancias, a forma de axudar dos docentes e das familias e a utilidade dos contos como instrumentos pedagóxicos. Posteriormente, presentarase unha proposta de intervención para levar a unha aula de educación infantil, baseada nunha selección lectora de obras elaborada por min mesma. Finalmente, expóñense unhas conclusións que poñen de manifesto a relevancia de incorporar estas temáticas na etapa infantil e alentando o uso de contos como ferramenta eficaz para traballar emocións complexas.

FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ VAZQUEZ, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

Proxecto de intervención socioeducativa: Atención Temperá en menores con diversidade funcional.
Autoría
A.F.T.
Grao en Educación Social
A.F.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.09.2025 10:30
02.09.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na Atención Temperá dirixida a nenos/as con diversidade funcional, un colectivo que, polas súas características específicas, require intervencións adaptadas que favorezan o seu desenvolvemento global e a súa inclusión social e educativa. O traballo combina un marco teórico no que se abordan os conceptos clave de Atención Temperá e Diversidade Funcional, así como as implicacións no desenvolvemento infantil, co deseño dun proxecto de intervención socioeducativa contextualizado en Espacio Casiopea, centro no que se realizaron as prácticas curriculares. A proposta baséase na estimulación multisensorial e na exploración do contorno como estratexias para potenciar o benestar, a autonomía e a participación activa dos menores. O traballo tamén reflexiona sobre o papel da Educación Social neste ámbito e propón melloras relacionadas coa necesidade de recursos, formación especializada e traballo en rede.

RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titor do alumno)

Do papel á pantalla, introdución do cine a través do cómic
Autoría
S.F.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.F.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 11:00
02.09.2025 11:00
Resumo
O presente traballo de Fin de Grado céntrase nunha proposta didáctica innovadora para as aulas de Educación Primaria centrada no uso do cómic e do cine como recursos educativos. A parte teórica analiza de maneira breve a historia do cómic, o tratamento deste xénero nas aulas e os seus elementos principais, ademais de introducir o cine destacando similitudes e diferenzas co propio cómic a nivel narrativo e expresivo. A proposta didáctica ten como obxectivo introducir o cine como recurso educativo nas aulas a través do cómic, empregando metodoloxías activas e un enfoque interdisciplinar, promovendo unha aprendizaxe significativa baseada na participacion activa e na inclusión educativa, sendo conscientes da potencialidade e importancia que teñen os recursos visuais e audiovisuais na sociedade de hoxe en día.

CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

Un recurso para transformar a práctica docente: a literatura infantil como ferramenta para impulsar proxectos educativos motivadores
Autoría
M.F.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.F.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 12:00
03.09.2025 12:00
Resumo
O profesorado de Educación Infantil enfróntase ao reto constante de manter a motivación e o interese do seu alumnado. Nun contexto no que o máis sinxelo é recorrer a metodoloxías tradicionais, que a miúdo resultan insuficientes, moitos docentes senten a necesidade de replantexar a súa práctica e recuperar a ilusión por ensinar. Porén, a sobrecarga de traballo e certas actitudes do alumnado dificultan a implementación dun cambio metodolóxico real. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo xeral ofrecer unha posible resposta á desmotivación tanto do alumnado como do profesorado, a través dun recurso que facilite o achegamento a unha metodoloxía construtivista. Para iso, proponse unha ferramenta motivadora para o alumnado e de doada aplicación para o docente, baseada na literatura infantil e na realización de proxectos. En primeiro lugar, analizarase o valor da literatura infantil como ferramenta transversal na aula. A continuación, afondarase nos beneficios da aprendizaxe baseada en proxectos. Finalmente, presentarase unha proposta orixinal que inclúe un álbum ilustrado e un proxecto didáctico deseñado para ser aplicado directamente no contexto educativo. A través dunha narrativa atractiva e significativa, o conto proposto actúa como detonante emocional, promovendo metodoloxías activas e construtivistas. Así mesmo, ofrécese un proxecto estruturado que permite ao profesorado aforrar tempo de preparación, ao tempo que se favorece un ensino centrado na infancia, activo e emocionalmente significativo.

Investigación documental sobre o uso da arte como ferramenta pedagóxica para traballar as emocións na aula de primaria
Autoría
N.F.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.F.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 13:00
02.09.2025 13:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como finalidade abordar o uso da arte como ferramenta pedagóxica no traballo das emocións na aula de educación primaria, a través dunha investigación documental. Parte da necesidade de promover a educación emocional no ámbito escolar, defendendo a educación artística como instrumento imprescindible de expresión da mesma. O traballo conta cun marco teórico no que se desenvolven numerosos aspectos da educación emocional e achegas da neuroeducación durante esta intervención. Lévanse a cabo moitas propostas metodolóxicas e resalta o papel do docente neste proceso, así como proxectos orixinais que deixan en evidencia a realidade existente nas aulas. Toda a información extráese de fontes especializadas, referenciadas correctamente baixo o formato APA 7, as cales serviron de gran inspiración polas súas ideas orixinais e novidosas. Conclúe con que a arte favorece, en todos os aspectos da realidade diaria, a convivencia entre o alumnado e constitúe o medio de expresión máis importante nas idades que engloba a educación primaria.

O uso da Literatura Infantil e Xuvenil galega como ferramenta para traballar a diversidade e a inclusión na aula.
Autoría
A.F.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.F.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 10:30
03.09.2025 10:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grao, pertencente á modalidade de iniciación á investigación documental, céntrase no potencial da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) como recurso pedagóxico. O principal obxectivo é analizar como esta pode favorecer a inclusión e promover o respecto pola diversidade en todas as súas manifestacións no contexto da Educación Primaria. A través dunha revisión teórica e de análise de propostas e experiencias educativas, o traballo analiza o papel da LIX no currículo e os seus usos para fomentar valores como a empatía, a solidariedade e a tolerancia. Así mesmo, reflíctese sobre a presenza da LIX en galego en comparación co castelán neste tipo de iniciativas, sinalando a necesidade de ampliar a oferta de materiais inclusivos na lingua propia.

NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titor do alumno)

A foliada no colexio, unha proposta Unidade de Didáctica Integrada baseada na música tradicional galega.
Autoría
M.F.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.F.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 16:30
02.09.2025 16:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) pretende demostrar o potencial didáctico que ten a música tradicional galega para desenvolver a competencia en conciencia e expresións culturais. Isto realizouse tras unha busca que nos aproximou ao estado da música no ensino actual e que axudou a completar a elaboración dunha unidade didáctica integrada. A UDI aplicouse nun centro educativo, permitindo obter resultados que confirman que a música tradicional é unha ferramenta útil na procura da mellora da CCEC, conectando ao alumnado coa cultura da súa contorna.

DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
Tribunal
DIZ OTERO, MARIO (Titor do alumno)
DIZ OTERO, MARIO (Titor do alumno)
Os Colexios Rurais Agrupados (CRAs) en Galicia. Escolas con vida. Escolas con alma.
Autoría
M.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.09.2025 12:30
05.09.2025 12:30
Resumo
Este Traballo Fin de Grao versa entorno aos Colexios Rurais Agrupados (CRAs). O obxectivo principal deste TFG consiste en analizar, comprender e reflexionar sobre a evolución das escolas rurais desde as antigas escolas unitarias ata a actualidade. Para iso, faise mención a todos os aspectos que fan referencia aos CRAs, desde a súa orixe e normativa a aplicar ata a súa estrutura e organización, deixando claro o seu concepto e todas as características que presentan, así como aos pasos a seguir para constituír un CRA. Analízanse tamén as potencialidades, limitacións e necesidades metodolóxicas, organizativas, formativas e relacionais deste tipo de centros, facendo fincapé nas súas fortalezas e necesidades actuais e poñendo en valor as escolas rurais dos CRAs e a educación no rural. Este TFG enmárcase na modalidade de investigación documental e ao longo do mesmo realízase unha análise bibliográfica en profundidade sobre os CRAs, reivindicando a importancia que cobran estes centros na educación do alumnado do medio rural tendo en conta o seu labor e valor pedagóxico, así como facendo referencia ao papel que xogan, actuando polo tanto estes centros como dinamizadores da contorna.

FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN (Titoría)
ABAL ALONSO, NURIA Cotitoría

ABAL ALONSO, NURIA (Titor do alumno)
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Son o/a xefe/a das miñas emocións! Proposta de intervención educativa para mellorar a regulación emocional no alumnado con TDAH
Autoría
C.H.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.H.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 10:30
02.09.2025 10:30
Resumo
A día de hoxe, nas aulas, atopámonos que un de cada dez nenos/as presenta Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). Este trastorno afecta á capacidade para concentrarse das crianzas, e dificulta gravemente a regulación das súas emocións. Esta falta de control emocional repercute negativamente no seu desenvolvemento emocional e social e limita a súa integración na aula. Ante esta situación, a educación emocional xoga un papel fundamental, proporcionando a estas crianzas as ferramentas necesarias para recoñecer, comprender e xestionar as súas emocións eficazmente. Neste traballo de fin de grao preséntase unha proposta de intervención educativa para mellorar as competencias de conciencia e regulación emocional nas crianzas con TDAH, o que facilitará a súa inclusión efectiva e benestar na contorna escolar.

Programa de prevención do abuso sexual infantil a través da literatura: unha proposta educativa co álbum ilustrado como recurso clave
Autoría
L.I.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.I.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 12:00
03.09.2025 12:00
Resumo
O abuso sexual infantil (ASI) é unha das formas máis graves de violencia contra a infancia que aínda persisten na sociedade actual. A súa prevalencia, impacto, invisibilidade e as barreiras sociais e institucionais poñen de manifesto a necesidade de respostas educativas eficaces. Neste contexto, deseñouse unha proposta didáctica orientada á prevención primaria do ASI no ámbito educativo. Para iso, elaborouse un programa baseado principalmente en sete sesións dirixidas ao alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria, coa colaboración activa da comunidade docente e familiar. Polo seu valor formativo, recorreuse á literatura infantil, concretamente ao álbum ilustrado, como recurso pedagóxico central, grazas á súa linguaxe visual e simbólica, que permite abordar cuestións complexas dun xeito próximo. Por tanto, o obxectivo principal foi fomentar o deseño deste tipo de propostas preventivas no contorno escolar, así como o uso do álbum ilustrado polo seu potencial na prevención do ASI. Conclúese que a educación afectivo-sexual desde idades temperás, a selección axeitada de recursos e a implicación da comunidade educativa resultan esenciais para contribuír á protección da infancia fronte ao abuso sexual.

FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)

Descubrindo a historia da Nosa cidade
Autoría
A.L.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.L.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 10:30
03.09.2025 10:30
Resumo
O presente traballo centra o seu interese en aproximar ao alumnado a historia da Coruña e o seu patrimonio histórico, aprendendo a valoralo e recoñecendo a súa importancia para a sociedade actual. Entre os obxectivos, prenténdese mellorar as competencias, orientadas ao deseño de propostas de traballo coa educación patrimonial e a educación basada no lugar, profundizando nos estudos máis recentes desarrolladas dende ambas liñas de investigación. Dende o punto de vista metodolóxico, levarase a cabo unha revisión da literatura a partir da cal se diseñará unha proposta didáctica para primaria. Esta emplea métodos activos de aprendizaxe, fomentando o traballo cooperativo e colaborativo, o aprendizaxe basado en proxectos e o aprendizaxe dialóxico. Así mesmo, prestarase atención a diversidade (a aquel alumnado con menor nivel de rendemento). Realizando as adaptacións oportunas en relación ás metoloxías e os procesos de avaliación. A proposta será implementada no prácticum analizando posteriormente os resultados e levando a cabo unha valoración global dos mesmos. Ao longo de dita proposta se traballará con algúns espacios patrimoniais claves na historia da cidade (Torre de Hércules, parques arquelóxicos,...)

LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titor do alumno)

Análise das posibilidades dos recursos tecnolóxicos informais para a ensinanza e aprendizaxe do inglés como LE.
Autoría
L.M.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.M.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 11:00
02.09.2025 11:00
Resumo
O uso das TIC transformou significativamente a forma na que os e as estudantes acceden ao coñecemento, por iso este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar as posibilidades que ofrecen os recursos tecnolóxicos informais, como as redes sociais e os videoxogos, no proceso de ensinanza e aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira no alumnado de Educación Primaria. Para abordar isto, empregouse unha metodoloxía de investigación documental, a través da revisión e análise de diversas fontes e artículos. Para isto, teranse en conta as diferenzas entre os diferentes tipos de aprendizaxe, as correntes pedagóxicas que integran as TIC, o papel que xogan os videoxogos e as redes sociais na aprendizaxe... Contando tamén cunha análise específica de TikTok, Instagram, Youtube e os videoxogos, atendendo á súa relación coa educación, aos seus beneficios e á percepción do profesorado. Os resultados desta indagación mostran que este tipo de recursos complementan a aprendizaxe do inglés, aumentando a motivación, a exposición ao idioma e a aprendizaxe autónoma. Sen embargo, require unha formación adecuada do profesorado para mellorar o proceso de ensinanza e unha reflexión pedagóxica crítica para sacar proveito do seu potencial.

PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
Tribunal
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titor do alumno)

A igualdade de xénero nos plans de estudo do Grao de Educación Social: unha revisión das universidades galegas
Autoría
D.M.M.
Grao en Educación Social
D.M.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.09.2025 11:00
02.09.2025 11:00
Resumo
Nos últimos anos o feminismo fixo que nos cuestionasemos moitas das formas de relacionarnos, as cales perpetuaban a desigualdade entre mulleres e homes e os roles de poder. Este movemento puxo entre os seus focos a educación, ao considerala un espazo clave para transmisión de valores e estereotipos de xénero. Os e as educadores/as sociais somos un perfil profesional centrado na educación, que ten como unha das principais características a capacidade de adaptación ás necesidades da poboación, analizando e intervindo naquelas situacións nas que se xera unha desigualdade. Precisamente nós dende a nosa labor temos un lugar privilexiado para poder traballar con cuestións que xiren arredor deste ámbito como a igualdade, a violencia, os roles de xénero, etc. Para poder levar a cabo unha boa praxe profesional, que nos permita actuar no campo da igualdade, precisamos de institucións e plans de estudo que formen profesionais comprometidos coa igualdade e os doten de ferramentas e recursos. Nesta temática se centra o presente TFG, cuxo obxectivo se encamiña a analizar en que grao o plan de estudos do Grao en Educación Social das tres universidades de Galicia inclúe obxectivos, competencias, contidos e resultados de aprendizaxe vinculados coa igualdade de xénero.

GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titor do alumno)

Os videoxogos como recursos didácticos na área de Ciencias Sociais de Educación Primaria
Autoría
J.J.M.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.J.M.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 11:20
02.09.2025 11:20
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao, que segue a modalidade de iniciación á investigación documental, analiza o potencial dos videoxogos como recurso didáctico na área de Ciencias Sociais na etapa de Educación Primaria. Partindo dunha revisión teórica sobre a educación mediática, o pensamento histórico e as competencias clave, abórdase a relevancia de integrar propostas lúdico-digitais no proceso de ensinanza-aprendizaxe. O estudo inclúe unha análise comparativa entre videoxogos educativos e comerciais, valorando o seu uso en contextos escolares a partir de criterios como a pertinencia curricular, a accesibilidade, a interactividade ou o desenvolvemento competencial. Exemplos como Minecraft Education Edition, CivilizationsEDU ou Assassin’s Creed Origins ilustran diferentes formas de empregar estas ferramentas con intencionalidade pedagóxica. O traballo conclúe que, sempre que exista unha planificación adecuada e unha mediación docente crítica, os videoxogos poden favorecer aprendizaxes significativas, promover o pensamento crítico e motivar o alumnado na comprensión dos contidos sociais e históricos. Finalmente, propóñense reflexións didácticas para unha integración consciente dos videoxogos na práctica educativa.

Aldeas Infantiles SOS. O caso de Galicia
Autoría
C.M.M.
Grao en Educación Social
C.M.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.09.2025 11:00
02.09.2025 11:00
Resumo
A modalidade elixida para o desenvolvemento deste Traballo de Fin de Grao é a de revisión documental e análise de caso. O obxectivo principal deste estudo é analizar o modelo de intervención de Aldeas Infantiles SOS en Galicia desde unha perspectiva pedagóxica, valorando o seu papel na atención á infancia e á adolescencia en situación de vulnerabilidade. A protección infantil e a garantía dos dereitos constitúen unha conquista que cómpre preservar en calquera contexto, especialmente naqueles onde as dificultades estruturais, familiares e sociais requiren respostas educativas sostidas e coordinadas. Neste sentido, Aldeas Infantiles SOS articula unha proposta que vai máis alá da mera cobertura de necesidades básicas e do asistencialismo, centrando a súa intervención na construción de contornos afectivos, no acompañamento individualizado e na promoción do desenvolvemento integral a través de accións preventivas e protectoras. Ao longo deste traballo realízase unha contextualización teórica, histórica e normativa do modelo da organización, descríbense os seus principais programas e analízase a súa fundamentación pedagóxica, baseada en principios como a educación na vida cotiá, a pedagoxía do coidado e o enfoque baseado nos dereitos. Finalmente, expóñense conclusións e propostas de mellora que permiten reflexionar sobre a investigación realizada.

DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
Tribunal
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titor do alumno)

Formación sobre o Trastorno por Déficit de Atención y/o Hiperactividade no Grao de Mestre/a en Educación Primaria: Percepción do estudiantado
Autoría
M.P.M.P.
Grao en Pedagoxía
M.P.M.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.09.2025 09:30
02.09.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) pretende analizar a formación dos/as futuros/as profesionais da Educación Primaria sobre a atención á diversidade, incidindo na atención ó alumnado diagnosticado de Trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade (TDAH). O obxectivo principal que se persegue é estudar as competencias profesionais adquiridas na formación inicial para intervir co estudantado con TDAH, comparándoas coas necesarias para realizar unha intervención de calidade que promova as oportunidades de aprendizaxe neste alumnado. Esta investigación enfócase na análise da formación específica do estudantado do Grao de Mestre/a en Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela, centrándose únicamente no Campus de Santiago. Deste xeito, realízase un estudo descritivo que investiga a relevancia da formación do profesorado para garantir unha atención de calidade ó alumnado con TDAH, unha análise documental do plan de estudos da universidade, e unha recollida de datos sobre a percepción do estudiantado universitario con respecto a súa formación no trastorno mencionado.

FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ REY, ELENA (Titor do alumno)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titor do alumno)
Métodos e estratexias para ensinar soporte vital básico aos escolares: un enfoque pedagóxico e práctico.
Autoría
S.M.I.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.M.I.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.09.2025 10:00
02.09.2025 10:00
Resumo
Obxectivo: Realizar unha revisión do alcance das diversas intervencións para o ensino de manobras de soporte vital básico a nenos de primaria. Metodoloxía: Realizouse unha revisión bibliográfica baseada en varios estudos que abordaron o adestramento de nenos de entre 0 e 12 anos en BLS. Para seren incluídos no estudo, estes estudos requirían unha intervención. Seguiuse un modelo PCC: considerando os nenos de primaria como poboación, o adestramento en BLS como concepto e as escolas como contexto (Peters et al., 2024). A busca realizouse en Medline/Pubmed, Web of Science e CINHAL. Resultados: Baseándose nos resultados obtidos dos 77 documentos finalmente seleccionados, dun total de 3.624, só o 28,7 % dos estudos adaptaron realmente os procesos de ensino ás características do alumnado. Os resultados dos artigos mostraron que os escolares son capaces de aprender BLS, aínda que os factores antropométricos e as estratexias ou metodoloxías utilizadas ás veces inflúen. Por outra banda, tamén se evidenciou que, co paso do tempo, as habilidades e a lembranza da secuencia de accións diminúen. Conclusións: O alumnado de primaria é capaz de aprender e realizar correctamente a secuencia BLS. Polo tanto, a incorporación desta formación ao ámbito escolar debe ser unha realidade que permita ao alumnado responder con confianza en diversas situacións de emerxencia.

Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Titor do alumno)
CARBALLO FAZANES, AIDA (Titor do alumno)

O cómic como recurso didático na educación primaria
Autoría
I.N.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.N.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 12:00
03.09.2025 12:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao consiste nunha intervención educativa cuxo obxectivo é o de promover a creatividade e a competencia artística a través do xénero do cómic. Por unha banda, advertimos sobre o uso do cómic como un recurso de gran valor para lograr unha aprendizaxe satisfactoria nesta materia, xa que a través del desenvólvense distintas habilidades que axudan á súa formación á vez que se fomentan valores prosociais contribuíndo ao seu desenvolvemento persoal. Doutra banda, teremos en conta o noso factor principal, o cómic. O uso deste material e o proceso de ensino a través del permite multitude de situacións de aprendizaxe que non só limítanse ao estritamente curricular, senón que tamén atenden a aquelas que se aproximan á educación en valores como o respecto, o compañeirismo ou a empatía. A través deste traballo poderemos coñecer os aspectos máis importantes do cómic e comprender o valor educativo que pode chegar a ter nas aulas a través dunha intervención didáctica válida para o último ciclo da etapa de Educación Primaria.

Non todos somos iguais ante o racismo e a xenofobia: Unha análise da súa interseccionalidade. Cando a orixe, o estatus e a economía moldean o racismo.
Autoría
M.P.
Grao en Educación Social
M.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2025 11:30
03.09.2025 11:30
Resumo
Ao longo deste Traballo de Fin de Grao de Educación Social da liña temática de movementos migratorios, vaise analizar o concepto de racismo dende a súa perspectiva máis integral. Ísto lógrarase mediante un enfoque interseccional, que fai referencia a como existen factores que interactúan co racismo (con posibilidade de interactuar tamén entre si, se se dan dous ou máis) e como isto cambia o tipo de discriminación, o día a día da vítima e a percepción da sociedade sobre ela. Con iso, lógrase unha visión total do fenómeno, respondendo á realidade representativa de toda a poboación. Destácase tamén o compromiso social, non só de educadoras e educadores, senón tamén de todos os cidadáns para lograr crear unha comunidade con bases na convivencia e o respecto.

González Blanco, María (Titoría)
González Blanco, María (Titoría)
Tribunal
González Blanco, María (Titor do alumno)

Mulleres xitanas e dereitos humanos: unha aproximación socioeducativa e feminista ás tensións entre tradición e emancipación.
Autoría
A.P.L.
Grao en Educación Social
A.P.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2025 11:00
03.09.2025 11:00
Resumo
Este traballo analiza as tensións entre tradición cultural e dereitos humanos na experiencia das mulleres xitanas en España dende unha perspectiva socioeducativa e feminista. A través dunha revisión documental sistemática, examínase como a discriminación interseccional, que combina xénero, etnia e clase social configura barreiras específicas para a emancipación destas mulleres. O estudo identifica obstáculos tanto internos á comunidade xitana; roles de xénero tradicionais, control da sexualidade feminina, presións para o matrimonio temperán, como externos; antixitanismo estrutural, estereotipos, segregación escolar. Os datos revelan que só o 17% das mulleres xitanas completan a educación secundaria e o 63,7% abandona os estudos antes dos 16 anos. A investigación cuestiona a falsa dicotomía entre manter a identidade cultural xitana e promover a igualdade de xénero, mostrando como as propias mulleres xitanas están a liderar procesos de transformación cultural dende dentro. Propóñense estratexias socioeducativas que respecten a diversidade cultural mentres promoven os dereitos humanos, enfatizando a responsabilidade da sociedade maioritaria na superación do racismo estrutural. O traballo conclúe que a educación social debe desenvolver competencias antirracistas e traballar colaborativamente coas organizacións de mulleres xitanas para construír unha sociedade máis xusta.

GRADAILLE PERNAS, RITA (Titoría)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Titoría)
Tribunal
GRADAILLE PERNAS, RITA (Titor do alumno)

Tui, un lugar para a aprendizaxe en Educación Infantil: patrimonio e arqueoloxía.
Autoría
U.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
U.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 10:30
03.09.2025 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao contempla unha base teórica sobre o patrimonio e a arqueoloxía, apoiada nas investigacións máis recentes. Ten como obxectivo analizar o grao de coñecemento do alumnado acerca do patrimonio e a arqueoloxía, así como fomentar a curiosidade pola contorna de Tui. A través dunha investigación, coñécese tanto a percepción dos alumnos e alumnas hacia o patrimonio de Tui como o nivel de involucración das familias en relación coa educación dos seus fillos e fillas sobre estes temas. Preséntase unha proposta de intervención e innovación pedagóxica para unha aula de educación infantil. Nesta, adquiren unha ensinanza sobre o patrimonio e a arqueoloxía, así como nocións de tempo e lugar, educación patrimonial e de aprendizaxe basada no lugar de maneira vivencial e significativa. Os resultados obtidos evidencian a importancia de integrar o patrimonio no currículo educativo, favorecendo dende a infancia unha conexión estreita entre a contorna e o alumnado. Unha participación activa das familias na educación educación patrimonial dos seus fillos e fillas é fundamental para afianzar estos coñecementos.

A xeometría nas aulas de Educación Primaria
Autoría
N.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.09.2025 13:00
01.09.2025 13:00
Resumo
A temática deste traballo é a ensinanza da xeometría nas aulas de Educación Primaria e os obxectivos que se plantexan son a análise da presenza da xeometría nas aulas de Educación Primaria, a través dos libros de texto. Analizarase todo isto e verase se realmente se cumpren os obxectivos fixados no currículo oficial e que tipo de exercicios e actividades se desenvolven nas clases para acadalos. A metodoloxía que se utilizará para realizar este proxecto será un enfoque mixto, desenvolvendo un estudo comparativo e descritivo no cal se realizará unha análise tanto cualitativa como cuantitativa. Analizarase a presenza de diferentes editoriais nas aulas de Educación Primaria e os seus respectivos contidos relacionados coa xeometría.

SALGADO SOMOZA, MARIA (Titoría)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titoría)
Tribunal
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titor do alumno)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titor do alumno)
A escoita musical no desenvolvemento cognitivo e sensorial na primeira etapa de educación infantil. Unha revisión sistemática con metodoloxía PRISMA.
Autoría
P.R.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.R.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 12:00
02.09.2025 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao analiza, a través dunha revisión sistemática con metodoloxía PRISMA, a influencia da escoita musical no desenvolvemento cognitivo e sensorial dos nenos e nenas na primeira etapa da educación infantil (desde a etapa prenatal ata os dous anos de idade). A través da revisión de literatura científica dispoñible en Dialnet, identifícanse evidencias que destacan os efectos positivos da música na atención, memoria, linguaxe, coordinación motora, regulación emocional e integración sensorial. A revisión abrangue fontes publicadas entre os anos 2000 e 2025, incluíndo artigos, libros e teses, evidenciando o valor da música como ferramenta de estimulación temperá. Conclúese que a inclusión da música nos contextos educativos e familiares resulta fundamental para o desenvolvemento integral durante os primeiros anos de vida.

LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titoría)
Tribunal
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Titor do alumno)

A educación emocional e o Trastorno do Espectro Autista: deseño dun proxecto de intervención
Autoría
A.R.O.
Grao en Pedagoxía
A.R.O.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.09.2025 09:30
03.09.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao propón unha intervención educativa centrada na mellora da competencia emocional do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) na etapa de Educación Primaria. A proposta xorde tras unha revisión documental que identifica as principais dificultades que experimentan estes estudantes no recoñecemento, expresión e regulación das emocións, así como a importancia dunha intervención temperá e adptada ás súas necesidades. A intervención está dirixida a un grupo de nenas e nenos con TEA que actualmente cursan a educación primaria. Estrutúrase en actividades prácticas que promoven a identificación emocional, o control dos impulsos e a mellora das habilidades sociais. O enfoque metodolóxico baséase na inclusión, a participación activa e a colaboración entre profesionais, co fin de crear un ambiente seguro e favorecedor para o desenvolvemento emocional. Este TFG busca demostrar que o traballo sistemático das emocións contribúe de maneira significativa ao benestar e á inclusión educativa do alumnado con TEA, ofrecendo unha proposta aplicable e adaptable a diferentes contextos escolares.

Mella Núñez, Igor (Titoría)
Mella Núñez, Igor (Titoría)
Tribunal
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
Espazos verdes como contextos socioeducativos en Santiago de Compostela.
Autoría
A.C.R.M.
Grao en Educación Social
A.C.R.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2025 12:00
03.09.2025 12:00
Resumo
Neste traballo de Fin de Grao, enmarcado na cidade de Santiago de Compostela, realizaráse unha análise medioambiental seguindo as pautas da nova Carta de Leipzig, centrándose especialmente no potencial dos espazos verdes urbanos dentro de contextos socioeducativos. En base a este marco conceptual, procederase a explorar os diversos programas existentes na cidade relacionados co uso destes espazos, e analizarase o grao de accesibilidade e inclusión destos lugares en relación coas características socioeconómicas da poboación.

GARCIA VINUESA, ANTONIO (Titoría)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Titor do alumno)

Evolución das Habilidades Motrices Básicas en Educación Primaria: unha análise intercursos.
Autoría
C.R.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.R.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 10:30
02.09.2025 10:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grao, realizado na modalidade de traballo de campo, explora a evolución do desenvolvemento das Habilidades Motrices Básicas en alumnado de Educación Primaria, analizando datos rexistrados dende primeiro ata sexto curso. O estudo baséase nunha mostra de 437 nenas e nenos, cuxos niveis de competencia motriz foron avaliados a través de Alfamov, unha ferramenta especificamente deseñada para a avaliación da competencia motriz en poboación escolar. Empregando un enfoque cuantitativo, analízanse indicadores clave e compáranse os resultados entre cursos, detectando patróns e posibles tendencias.
Este traballo de Fin de Grao, realizado na modalidade de traballo de campo, explora a evolución do desenvolvemento das Habilidades Motrices Básicas en alumnado de Educación Primaria, analizando datos rexistrados dende primeiro ata sexto curso. O estudo baséase nunha mostra de 437 nenas e nenos, cuxos niveis de competencia motriz foron avaliados a través de Alfamov, unha ferramenta especificamente deseñada para a avaliación da competencia motriz en poboación escolar. Empregando un enfoque cuantitativo, analízanse indicadores clave e compáranse os resultados entre cursos, detectando patróns e posibles tendencias.
Dirección
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Titor do alumno)
CARBALLO FAZANES, AIDA (Titor do alumno)
Abelairas Gómez, Cristian (Titor do alumno)
CARBALLO FAZANES, AIDA (Titor do alumno)
Intelixencia artificial xenerativa e educación social: análise das principais oportunidades e retos socioeducativos
Autoría
R.R.T.
Grao en Educación Social
R.R.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.09.2025 10:30
02.09.2025 10:30
Resumo
O presente traballo establécese en base á relación entre a Intelixencia Artificial Xenerativa e a Educación Social. A partir dunha revisión documental teórica analízase o impacto que esta tecnoloxía está a ter na sociedade: transformando o mercado laboral, fomentando novas fendas dixitais e escondendo sesgos nos seus algoritmos. Tendo en conta estes factores, establécense os principais retos socioeducativos derivados deste fenómeno tecnolóxico e en base aos mesmos determínanse as liñas de traballo dende a educación social. Para finalizar, recóllense unha serie de criterios de uso destas tecnoloxías dende unha mirada socioeducativa, co fin de construír espazos educativos e sociais máis xustos, críticos e adaptados á transformación social que supón a irrupción da Intelixencia Artificial na sociedade.

ABEAL PEREIRA, CRISTINA (Titoría)
ABEAL PEREIRA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
ABEAL PEREIRA, CRISTINA (Titor do alumno)

O Lecer das Persoas Maiores en Contextos Rurais. Un estudo de Caso en Castrelo do Val (Ourense).
Autoría
X.R.G.
Grao en Educación Social
X.R.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2025 10:00
03.09.2025 10:00
Resumo
No seguinte traballo recóllese unha investigación cualitativa sobre o lecer das persoas maiores no rural. O estudo céntrase na contorna de Castrelo do Val (Ourense) e aborda a o papel do lecer como unha ferramenta da Educación Social para acadar o benestar, a desenvolvemento persoal e a participación social mediante o envellecemento activo. Para obter a información, ademais da revisión documental desenvolveronse varias entrevistas a diversos axentes dentro do ámbito do lecer: unha educadora social, unha persoa en representación dunha asociación e catro persoas maiores (dúas que participan en actividades de lecer dirixidas e outras dúas que non). Ao longo do documento préstase especial atención ás dificultades de acceso que existen no acceso ao lecer no ámbito rural como a dispersión territorial, a falta de recursos e escasos orzamentos ou a falta de actividades adaptadas.

CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
Tribunal
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titor do alumno)

A performance como práctica multidisciplinar para o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Proposta pedagóxica
Autoría
I.S.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.S.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 11:00
03.09.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao propón unha aproximación innovadora á ensinanza artística na eta de Educación Infantil a través da performance como práctica multidisciplinar. Partindo da necesidade de replantexar as metodoloxías tradicionais, presentase unha proposta pedagóxica baseada no arte performativo, entendido como un medio para fomentar a creatividade, a expresión emocional, a comunicación non verbal e o traballo colaborativo na aula. A performance explórase non só dende a súa dimensión artística, senón tamén como unha ferramenta educativa viva, lúdica e transformadora. O traballo inclúe unha fundamentación teórica sobre o Performance Art, unha selección de artistas relevantes e unha proposta didáctica estruturada en tres bloques, que guía ao alumnado nun proceso de exploración corporal, creación simbólica e representación colectiva. A metodoloxía activa, a implicación emocional e o enfoque constructivista definen esta intervención educativa, orientada ao desenvolvemento do neno e da nena.

DIAZ SEOANE, ANGELES (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA Cotitoría
DIAZ SEOANE, ANGELES (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA Cotitoría
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titor do alumno)
DIAZ SEOANE, ANGELES (Titor do alumno)

Os animais na literatura infantil: un enfoque interdisciplinar para a aprendizaxe en Educación Infantil
Autoría
N.S.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
N.S.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.09.2025 10:00
02.09.2025 10:00
Resumo
A literatura infantil desempeña un papel fundamental no desenvolvemento integral dos nenos e nenas durante os seus primeiros anos de vida. A lectura de contos, ademais de favorecer o gusto pola lectura desde as primeiras etapas, tamén contribúe ao desenvolvemento da linguaxe, da creatividade e da comprensión do mundo no que viven. Neste traballo abordarase, mediante a literatura infantil, a temática dos animais -concretamente, os animais da granxa-, un contido significativo e motivador para os discentes, especialmente ao traballarse nun contexto rural. A proposta descrita ofrece un amplo abano de posibilidades para achegar ao alumnado ao medio natural máis próximo, favorecendo unha aprendizaxe conectada coa súa realidade. Ademais, a combinación da área literaria e científica potenciará unha aprendizaxe holística que non só fomente a comprensión lectora, senón tamén habilidades como a expresión oral, a reflexión e o coñecemento do medio. A estrutura do traballo inclúe unha xustificación teórica inicial sobre a relevancia das áreas abordadas, así como sobre os beneficios de traballar mediante un enfoque interdisciplinar. Posteriormente, presentarase unha proposta de intervención didáctica baseada na lectura de contos, acompañada de actividades pensadas para o traballo de coñecementos científicos. Para isto, empregarase unha metodoloxía construtivista, promovendo unha aprendizaxe significativa e motivadora.

Narrativas para o cambio: a literatura infantil como ferramenta para a sensibilización ambiental do alumnado de Educación Primaria
Autoría
N.S.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
N.S.G.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
08.09.2025 10:00
08.09.2025 10:00
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como propósito explorar o potencial da literatura infantil como recurso educativo para promover a educación ambiental no alumnado de Educación Primaria. A necesidade de formar persoas conscientes, críticas e comprometidas co medio ambiente xorde do contexto actual de crise ecolóxica. A etapa de Primaria representa un momento clave para fomentar actitudes responsables e hábitos sostibles, a través da comprensión do impacto das accións humanas e da importancia de preservar os recursos naturais. Para acadar este obxectivo, preséntase unha proposta didáctica composta por sete sesións que integran contidos das áreas de Ciencias da Natureza e Lingua e Literatura, cun enfoque interdisciplinar centrado na reflexión sobre o consumo responsable, a contaminación e a xestión de residuos. A literatura infantil, en particular os álbums ilustrados e os contos, constitúe o eixo vertebrador da proposta; pois permite achegar estas temáticas ao alumnado dun xeito próximo e significativo. A partir das historias lidas, proponse a realización de actividades manipulativas e vivenciais que promoven unha aprendizaxe activa, favorecendo a reflexión crítica e a transferencia dos contidos ao seu día a día.

Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
GONZALEZ COSTA, IRENE Cotitoría
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
GONZALEZ COSTA, IRENE Cotitoría
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Titor do alumno)
GONZALEZ COSTA, IRENE (Titor do alumno)
Blanco Anaya, Paloma (Titor do alumno)
GONZALEZ COSTA, IRENE (Titor do alumno)
Deseño dunha proposta de intervención para mellorar a lectura e escritura no segundo ciclo de Educación Primaria.
Autoría
M.S.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.S.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 16:30
02.09.2025 16:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase no trastorno de lectura ou dislexia e no trastorno de escritura ou disgrafía, abordando os procesos de adquisición da lectura e escritura, a súa historia ao longo do tempo así como os indicadores e o impacto que ambos trastornos teñen na vida dos suxeitos que os sofren a partir dunha revisión teórica actualizada. Ademais, este traballo inclúe o deseño dunha proposta de intervención na cal se establecen os destinatarios específicos, obxectivos claros e realistas e propón actividades concretas orientadas á mellora das dificultades nas cales se centra este Traballo de Fin de Grao. O TFG ten como principal finalidade ofrecer un modelo de atención individualizada e inclusiva que responda de forma eficaz ás necesidades específicas destes/as nenos e nenas.

Couce Santalla, Ana Isabel (Titoría)
Couce Santalla, Ana Isabel (Titoría)
Tribunal
Couce Santalla, Ana Isabel (Titor do alumno)

A literatura e o seu uso nas aulas de educación especial con alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE)
Autoría
V.T.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
V.T.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2025 11:15
03.09.2025 11:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao busca demostrar a importancia que ten a literatura no desenvolvemento do alumnado, máis concretamente na etapa de Educación Primaria. Ademais, hai que ter en conta que existen múltiples dificultades no desenvolvemento do alumnado en diversas áreas polo que estas dificultades teranse en conta á hora de usar a literatura e aproveitarse das calidades que nos poden ofrecer. Para iso, terase en conta a gran importancia da literatura na educación de diferentes idades, xa que se trata dunha ferramenta que fomenta beneficios á hora de adquirir calidades e desenvolverse individual e colectivamente. Polo que este Traballo de Fin de Grao céntrase na importancia da literatura e do seu uso como ferramenta pedagóxica na educación especial.

Animación á lectura na aula de Educación Primaria
Autoría
L.V.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.V.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2025 17:15
02.09.2025 17:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao pretende realizarse dentro da modalidade: proposta de intervención didáctica. O obxectivo principal do mesmo será realizar unha proposta de intervención para fomentar a animación á lectura en alumnado de segundo ciclo de Educación Primaria, (no contexto de aula dun centro educativo). Para desenvolver este Traballo de Fin de Grao, empezarase cunha revisión documental na que se abordarán os conceptos que configuran o marco teórico: lectura, animación á lectura e hábito lector, así como o papel da figura do mediador como vía para definir o obxectivo da animación á lectura. Neste bloque de conceptualización, abordarase tamén a lectura como pracer, vía de satisfacción persoal e obxectivo en si mesmo, complementándoo coa análise da súa situación curricular na etapa de Educación Primaria. No segundo bloque do traballo deseñarase unha proposta de intervención didáctica co obxectivo de animar á lectura.

O rol dos irmáns na familia e a súa relación con trastornos do desenvolvemento: impacto do alumnado con TEA no desenvolvemento socioafectivo dos seus irmáns.
Autoría
C.V.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
C.V.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.09.2025 10:15
02.09.2025 10:15
Resumo
Os irmáns son un elemento importante a ter en conta cando analizamos a aprendizaxe e o desenvolvemento dentro do microsistema familiar. Varios aspectos do desenvolvemento infantil, como a capacidade para regular emocións ou o desenvolvemento de habilidades sociais, pódense ver influídos pola presenza e a posición dos irmáns, sendo condicionados tamén polas diferentes tipoloxías familiares ou a presenza de trastornos do desenvolvemento. O obxectivo xeral do presente traballo de fin de grao é valorar o impacto dos irmáns e como inflúe neles a relación con trastornos do desenvolvemento como o TEA, especialmente no ámbito socioafectivo. Para iso, consideraranse variables como ao número de irmáns, a posición na familia, a influencia dos modelos de familia ou estilos educativos, e as diferenzas individuais que poden existir respecto a cada fillo ou filla. A metodoloxía empregada para alcanzar o obxectivo inclúese na Modalidade de Iniciación á investigación documental, mediante a cal se realizará unha procura manual e revisión sistemática en diferentes bases de datos electrónicas (Dialnet, ERIC, Psycinfo, WOS...) a fin de identificar e analizar as investigacións máis relevantes para o tema obxecto de estudo.

Taboada Ares, Eva María (Titoría)
Taboada Ares, Eva María (Titoría)
Tribunal
Taboada Ares, Eva María (Titor do alumno)