Unha aproximación ás habilidades socioemocionais en menores en situación de desprotección
Autoría
I.F.V.
Grao en Educación Social
I.F.V.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
As habilidades socioemocionais son imprescindibles para o desenvolvemento integral dos/as menores. Non obstante, adoitan quedar relegadas a un segundo plano con respecto ás competencias cognitivas. A través deste traballo preténdese indagar sobre o desenvolvemento destas habilidades en menores en situación de desprotección, un colectivo especialmente vulnerable na área persoal e social. Desta forma, levarase a cabo unha revisión documental mediante diferentes bases de datos, revisando a literatura existente no contexto nacional e internacional. Así, recóllese como as experiencias adversas na infancia son a causa do trauma complexo que impide un óptimo desenvolvemento socioemocional nos/as menores. Compréndese que os/as educadores/as sociais deben intervir a través da crianza terapéutica para traballar a súa capacidade de resiliencia e poder facer fronte ás experiencias adversas vividas. Nos últimos apartados, recompílanse instrumentos para a avaliación das habilidades estudadas e programas que fomentan o seu progreso. Por último, sinálanse as funcións e competencias do/a profesional da educación social con este colectivo. Tras a súa realización, considérase imprescindible seguir indagando nas consecuencias socioemocionais causadas polo maltrato infantil, principalmente dende o campo da Educación Social. Ademais, créese necesaria a incorporación destes/as profesionais nos centros educativos, así como unha maior prevención dende a educación familiar.

Dirección
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
Tribunal
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titor do alumno)

Que é unha Aula Hospitalaria? Unha proposta de material didáctico
Autoría
L.C.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.C.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O presente traballo propón unha innovación pedagóxica para mellorar a comprensión e adaptación de novos pacientes e familias en Aulas Hospitalarias. Desenvólvese un xogo de cartas deseñado para ser accesible a todas as idades, co obxectivo de explicar de maneira lúdica e comprensible que poden esperar durante a súa estancia no hospital. O xogo busca informar sobre aspectos relevantes da contorna hospitalaria: os procedementos educativos, o persoal de atención, así como brindar consellos prácticos para facer máis doada a experiencia hospitalaria. A metodoloxía baséase na participación activa dos xogadores, fomentando a aprendizaxe interactiva e a construción de coñecemento de maneira colaborativa. Espérase que esta proposta non só facilite a comprensión da situación na que se atopan inmersos, senón que tamén contribúa a reducir o estres e a ansiedade asociados co ingreso hospitalario e o cambio educativo, promovendo así un ambiente máis acolledor para todos os implicados. Este enfoque innovador busca mellorar a experiencia educativa en Aulas Hospitalarias e aumentar a calidade de vida durante a estancia.

RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría

FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titor do alumno)

O desenvolvemento de competencias chave a través dos videoxogos nas aulas de Educación Primaria
Autoría
N.V.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.V.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 13:10
02.07.2024 13:10
Resumo
Este TFG, que segue a modalidade de iniciación á investigación documental, inicia o seu marco teórico analizando como os videoxogos evolucionaron ao longo da historia, ao igual que o fixo a educación. Debido a isto, as tecnoloxías pasaron a incorporarse máis comunmente nas aulas. Isto deu lugar a que os videoxogos pasaran a converterse en ferramentas para a ensinanza. Se se escollen e integran correctamente, poden desenvolver numerosas competencias chave recollidas no currículo aproveitando as súas posibilidades educativas. Desta forma, xeraranse diversidade de vantaxes para o alumnado, aínda que é necesario prestar atención ás posibles consecuencias negativas que poden aparecer se se fai un mal uso destes. Ao longo deste TFG, veremos como os videoxogos traballan diferentes competencias e crean posibilidades educativas. Neste caso, investigarase acerca de tres videoxogos en concreto: O profesor Layton, Civilization e Just Dance, e as súas posibilidades como recursos didácticos nas clases de Educación Primaria.

PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
Tribunal
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titor do alumno)

Proposta de intervención para fortalecer as habilidades socioemocionais en nenos con TDAH
Autoría
A.V.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.V.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 16:00
02.09.2024 16:00
Resumo
Cando falamos de habilidades sociais referímonos ao conxunto de condutas e hábitos que son observables, así como de pensamentos e emocións que fomentan a comunicación eficaz, as relacións satisfactorias entre as persoas e o respecto cara os demais todo isto leva a alcanzar un mellor sentimento de benestar. As habilidades sociais son fundamentais no día a día xa que aportan calidade de vida e facilitan o desenvolvemento e mantemento dunha autoestima san. Un tipo de habilidades sociais son as emocionais. Estas caracterízanse por estar relacionadas co manexo e identificación dos sentimentos e das emocións. As persoas que posúen poucas habilidades poden sentir estrés, malestar e emocións negativas. Isto é o que ocorre con nenos con TDAH. Estes presentan dificultades para identificar a súas emocións e a das persoas que os rodean o que lles provoca problemas de rexeitamento, illamento e incluso de soidade. Realizar actividades de autocoñecemento, autoexpresión emocional, empatía e autoestima con nenos e nenas afectadas por TDAH, axuda a potenciar o óptimo desenvolvemento socio afectivo. Por isto, este Traballo de Fin de Grao tenta deseñar unha proposta de intervención educativa que axuden ao alumnado a xerar estratexias de autocontrol intrínsecas que suavice a desregulación emocional que en certas ocasións padecen os afectados con TDAH.

Couce Santalla, Ana Isabel (Titoría)
Couce Santalla, Ana Isabel (Titoría)
Tribunal
Couce Santalla, Ana Isabel (Titor do alumno)

As familias ante o uso das tecnoloxías no fogar: información, coñecemento e supervisión.
Autoría
A.G.R.
Grao en Educación Social
A.G.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2024 12:00
03.09.2024 12:00
Resumo
Hoxe en día a influenza das diferentes tecnoloxías no día a día e na vida cotiá collen máis forza tanto a nivel particular ou persoal nos fogares como a nivel educativo nos centros escolares. Por este motivo é preciso que as familias estean involucradas e tomen conciencia en materia de TIC, é dicir, na supervisión do uso destas, no seu bo uso, nas potencialidades, nos riscos...etc. no que aos menores se refire. O cambio sucedido pola influenza das tecnoloxías foi tal que incluso a maneira de comunicarnos cambiou en moitos ámbitos, pasando de facelo de maneira máis persoal e presencial a ser substituídas polo dixital, directo e rápido. Estes aspectos de información, coñecemento e supervisión en materia de TIC intentarán recollerse a través dunha investigación cualitativa levada a cabo a través de entrevistas anónimas a familias con menores en etapas de educación primaria e secundaria

Abal Alonso, Nuria (Titoría)
Abal Alonso, Nuria (Titoría)
Tribunal
Abal Alonso, Nuria (Titor do alumno)
Abal Alonso, Nuria (Titor do alumno)
A acción titorial coas familias: unha análise dende o PAT.
Autoría
N.M.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.M.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao centra a súa análise na importancia da participación das familias na escola e de establecer canles de colaboración para garantir un óptimo desenvolvemento dos/as nenos e nenas no segundo ciclo de Educación Infantil. Unha das estratexias clave no establecemento dunha comunicación eficaz coas familias é a acción titorial, cuxo marco de actuación se sintetiza no Plan de Acción Titorial. Partindo dunha análise documental, realizarase en primeiro lugar unha aproximación a conceptos clave (familias, participación, normativa, acción titorial, etc.). Posteriormente procederase á análise dun conxunto de Plans de Acción Titorial de diferentes centros educativos, nos que se indagará sobre as estratexias de intervención que se establecen dende os centros para fomentar a comunicación, participación e coordinación coas familias do alumnado de Educación Infantil.

GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titor do alumno)

Animación á lectura da poesía en Educación Primaria: deseño dunha proposta de intervención
Autoría
C.C.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.C.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O seguinte Traballo de Fin de Grao (TFG) pretende mostrar o deseño dunha proposta de intervención para animar ao alumnado de Educación Primaria (EP) a ler, en concreto a ler poesía. Para iso, vaise analizar o proceso lector do alumnado de EP partindo de conceptos como a lectura e o hábito lector e afondando en cuestións relacionadas coa formación de lectores competentes, o tratamento da lectura nas diversas lexislacións educativas, a evolución da ensinanza literaria (en concreto da poesía) así como o papel e estratexias levadas a cabo polos mediadores do proceso lector do alumnado de EP.

FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)

Xénero e videoxogos: unha perspectiva pedagóxica
Autoría
I.P.M.
Grao en Pedagoxía
I.P.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo de investigación documental analiza a representación de xénero nos videoxogos e o seu impacto na formación de identidades, especialmente entre os mozos e mozas. Os videoxogos, como produtos culturais de gran influenza, teñen o poder de perpetuar ou desafiar estereotipos de xénero. Este análise céntrase en como as imaxes e narrativas dos personaxes femeninos e masculinos nos videoxogos reflexan e afectan as normas e valores cuturais da sociedade. A investigación aborda a problemática da hipersexualización e cosificación dos personaxes femininos, así como a promoción de estereotipos que poden perpetuar desigualdades de xénero. Ao mesmo tempo, destácanse as oportunidades que ofrecen os videoxogos para o empoderamento das mulleres e a promoción dunha representación máis equitativa e inclusiva. O propósito deste traballo é entender a influencia dos videoxogos na construción de identidades de xénero e propoñer estratexias para unha representación máis consciente e diversa. A investigación conclúe con recomendacións para a industria do videoxogo e futuras investigacións, salientando a importancia dunha representación xusta e diversa para fomentar unha cultura de respecto e igualdade.

GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)
Programas de prevención europeos contra o acoso escolar na Educación Primaria: unha revisión sistemática.
Autoría
D.C.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.C.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
A través do presente Traballo de Fin de Grao preténdese realizar un achegamento cara ao fenómeno do bullying, co obxectivo principal de analizar en profundidade as diferentes propostas de prevención contra o acoso escolar, fundamentalmente no alumnado de Educación Primaria. Por conseguinte, levarase a cabo unha revisión sistemática sobre o mesmo, profundando en diferentes proxectos europeos e incidindo en programas como Kiva (Finlandia), o programa Zero (Noruega) e o programa TEI (España). É así como, o obxectivo da presente revisión non se centrará unicamente en examinar a información anteriormente mencionada, senón que se levará a cabo co propósito de analizar e comparar as diferentes propostas que tiveron éxito na súa implementación, obtendo deste xeito diversas metodoloxías e ferramentas que poidan resultar de utilidade á hora de enfrontarse a esta problemática.

GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE (Titoría)
Tribunal
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
Fracaso escolar no ámbito matemático e a súa relación co currículo en Educación Primaria.
Autoría
N.D.R.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.D.R.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 18:00
02.09.2024 18:00
Resumo
Este traballo realiza unha análise comparativa dos sistemas educativos de España, Finlandia, os Países Baixos e Estados Unidos, centrándose no currículo de educación primaria na área de matemáticas e empregando os resultados obtidos nas probas PISA e TIMSS. A importancia do estudo e a necesidade de poder entender as diferenzas internacionais na educación é fundamental para traballar o concepto de fracaso escolar, así como as súas causas e consecuencias, tendo en conta tamén a prevención do mesmo. A importancia do estudo refléxase na necesidade de adaptar as políticas educativas para poder mellorar o rendemento académico dos alumnos e alumnas de educación primaria, reducindo así o fracaso escolar na área matemática. Contribuír á comprensión das prácticas dos distintos países en canto á ensinanza das matemáticas é importante para así poder aplicalas ao noso traballo como docentes desta etapa.

SALGADO SOMOZA, MARIA (Titoría)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titoría)
Tribunal
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titor do alumno)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Titor do alumno)
A narración oral na aula de Infantil: unha proposta de intervención
Autoría
K.A.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
K.A.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo achegar o emprego da narración oral mediante contos na etapa de educación infantil e coñecer Galicia a través da mesma. A xustificación non é outra que a necesidade humana que existe de inventar e escoitar historias e transmitilas oralmente; algo que cada vez é menos común, debido, principalmente, ás novas formas de entretemento e aos cambios no ámbito familiar, tendo a escola un papel fundamental para reverter esta situación. Así pois, trátase dun traballo de corte cualitativo de tipo investigación-acción, de modo que primeiro se leva a cabo unha revisión bibliográfica acerca do tema de investigación e a continuación, realízase unha proposta de intervención nunha aula de 5º de educación infantil de Santiago de Compostela. Esta consiste na narración oral de catro contos sobre diferentes puntos de Galicia. Finalmente, detállase a posta en práctica da proposta xunto á análise dos datos obtidos. Así, tras observar ó alumnado ante as diferentes sesións, o resultado obtido revela a necesidade e idoneidade do seu uso, debido ós beneficios que reporta e ó interese e motivación que xera.

PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titor do alumno)

Deseño dun programa de intervención para traballar autoconcepto e autoestima a través da danza.
Autoría
A.L.D.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.L.D.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 12:30
01.07.2024 12:30
Resumo
A práctica de Actividade Física achega grandes beneficios na saúde, tanto física como mental. Entre estes atópase a construción dun autoconcepto positivo, o cal é esencial para conseguir un desenvolvemento persoal óptimo. Este pódese traballar mediante a danza, unha das actividades extraescolares máis demandadas polos infantes, aínda que pouco presente na normativa educativa pese aos moitos beneficios que reporta. Tras realizar unha revisión bibliográfica na que se puideron comprobar os beneficios de realizar AF e de desenvolver un autoconcepto positivo desde a infancia, ademais da influencia da AF no mesmo, deseñouse un programa de intervención educativo destinado a unha aula mixta de segundo ciclo da etapa de Educación Infantil. No mesmo preténdese desenvolver e mellorar o autoconcepto e a autoestima no alumnado a través da inclusión da expresión corporal e a danza na rutina semanal, elaborando un produto final en cada trimestre: unha coreografía. Desta maneira, o obxectivo deste traballo é dar importancia a construír unha valoración positiva e axustada dun mesmo desde a infancia, ademais de incluír a expresión corporal e a danza como unha rutina nas aulas.

ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Titoría)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Titoría)
Tribunal
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Titor do alumno)

Función didáctica da escultura pública na Educación Primaria.
Autoría
D.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
As esculturas urbanas perderon relevancia na sociedade actual. Con todo, é unha arte fundamental xa que nos permite rememorar a historia, a través de monumentos que representan acontecementos memorables, personaxes, figuras, épocas... pero sobre todo, permiten representar á sociedade. A memoria histórica debería ter maior relevancia na Educación Primaria, e é por iso que a función principal deste TFG é ensalzar a importancia das esculturas urbanas na Educación Primaria como instrumento para promover a competencia de memoria histórica nos discentes. Á súa vez, é destacable e preocupante que cada vez é maior a desconexión entre as esculturas e a contorna, e ao existir esa desconexión a escultura carece de significado. Desta mesma forma, é preocupante a desvinculación que presenta o alumnado coas esculturas, coa relación escultura-contorna, e coa relación escultura-sociedade. Por iso este traballo pretende xerar inquietude no alumnado por coñecer, saber e entender a función dos monumentos urbanos na sociedade e na historia, así como que sexan capaces de asimilar a función e relación da escultura coa seu día a día.

CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

A aprendizaxe por proxectos en Educación Infantil.
Autoría
E.B.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
E.B.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 10:00
04.09.2024 10:00
Resumo
A investigación, do Traballo de Fin de Grao, pretende indagar a perspectiva docente sobre o enfoque de proxectos na Educación Infantil a través de entrevistas a profesorado e de observación nunha aula concreta, así como a revisión de documentos. A importancia que o enfoque de proxectos ten nos documentos oficiais sobre as innovacións a introducir, para a mellora das propostas educativas en Educación Infantil, xustifican a realización de traballos sobre que está pasando nas aulas das nosas escolas con iniciativas arredor dos mesmos. Para o desenvolvemento da investigación, deseñamos un guión de entrevista e recollemos datos cualitativos, que foron analizados mediante análise de contido e, no seu caso, serán contrastados cos datos recollidos coas outras técnicas citadas anteriormente. O estudo remata cun Informe descritivo e interpretativo que reflicte a perspectiva docente sobre o enfoque de proxectos analizando as posibilidades, obstáculos e apoios que emerxen para o seu desenvolvemento nun contexto concreto.

FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Titoría)
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Titoría)
Tribunal
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Titor do alumno)

Educación inclusiva do alumnado con trastorno do espectro autista nas distintas etapas da escolarización obrigatoria: barreiras e facilitadores.
Autoría
A.R.F.
Grao en Educación Social
A.R.F.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase en analizar a situación da educación inclusiva do alumnado con Trastorno do Espectro Autista, abarcando as idades comprendidas entre tres e dezaseis anos. Para iso, examinamos non só a evolución do termo de inclusión educativa, senón tamén os principais retos aos que se enfrontan estas persoas durante as transicións entre as distintas etapas educativas: Infantil, Primaria e Secundaria. Tamén se destacan tanto os obstáculos como as oportunidades que afectan a súa verdadeira inclusión, tendo en conta as achegas tanto das propias persoas no espectro do autismo como das súas familias e do equipo docente. Así mesmo, faise fincapé no papel crucial da Educación Social como axente de cambio neste contexto, así como nas boas prácticas que poden favorecer o desenvolvemento e a plena participación deste colectivo no ámbito educativo. En definitiva, este estudo ofrece unha perspectiva integral sobre un tema de actualidade: a inclusión educativa das persoas que presentan esta condición.

ABEAL PEREIRA, CRISTINA (Titoría)
ABEAL PEREIRA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
ABEAL PEREIRA, CRISTINA (Titor do alumno)

Aprendizaxe das Ciencias Naturais en Educación Infantil a través dun Enfoque por proxectos.
Autoría
D.B.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
D.B.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:30
01.07.2024 12:30
Resumo
O presente traballo baséase na importancia que teñen as Ciencias Naturais nos primeiros anos dos nenos e nenas ao axudarlles a coñecer e describir o mundo que lles rodea e, no ámbito educativo, unha das metodoloxías máis adecuadas para achegar ao alumnado ás mesmas é o Enfoque por Proxectos. É por isto que, máis concretamente, as páxinas que seguen céntranse no desenvolvemento dun proxecto sobre o Polo Norte nunha aula do último curso de Educación Infantil. Con este preténdese amosar que é posible traballar coas Ciencias Naturais na etapa educativa mencionada, tratando contidos que nun primeiro momento poden parecer complexos para o alumnado e o importante que é atender a súas demandas e intereses, posibilitando a construción dos seus propios coñecementos e aprendendo a aprender e a investigar por si mesmos.

Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Titor do alumno)
Blanco Anaya, Paloma (Titor do alumno)
A importancia da psicoloxía positiva en alumnado con TDAH
Autoría
A.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
A pesar do crecente interese por parte dos/as profesionais e institucións por implantar programas máis enfoques vinculados á psicoloxía positiva, o seu impacto no plan de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia segue a ser totalmente limitada ou practicamente inexistente. Todo isto ocorre porque na nosa sociedade actual segue 2 La importancia de la psicología positiva en alumnado con TDAH persistindo a idea de que a adquisición de coñecementos teóricos presentes no currículo oficial é máis relevante que o ámbito intrapersoal dos escolares (a súa xestión emocional, a súa capacidade de resolución de conflitos, a súa conciencia emocional ou a identificación de fortalezas persoais). Para abordar esta problemática, realizarase unha busca bibliográfica exhaustiva e elaborarase unha proposta de intervención para un alumno con TDAH de 5º de educación primaria. Por iso, este traballo estruturarase nun primeiro marco teórico sobre a importancia da psicoloxía positiva neste tipo de estudantes. Así mesmo, a proposta de intervención incluirá estratexias específicas para mellorar a autoestima do infante, o autoconcepto e o desenvolvemento das fortalezas persoais. Como conclusión, este documento busca resaltar a importancia de integrar a psicoloxía positiva no ámbito educativo, favorecendo o desenvolvemento integral da autoestima e a procura de fortalezas persoais no ser humano, especialmente no alumnado con trastornos do neurodesenvolvemento.

LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titor do alumno)

Proxecto de intervención para o desenvolvemento da competencia gramatical e ortográfica no 5º curso de Ed. Primaria coa gamificación como elemento motivador
Autoría
A.N.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.N.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:50
02.07.2024 11:50
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao, que adopta a modalidade de deseño dun proxecto de intervención, presentará unha metodoloxía innovadora que pode ser empregada no ámbito educativo (concretamente en Educación Primaria) co obxectivo de aumentar o interese e participación do alumnado nas actividades académicas. Esta metodoloxía é a gamificación. Primeiramente, realizarase unha aproximación ao concepto de gamificación, diferenciándoa da metodoloxía de aprendizaxe baseado en xogos. Ademais, comentaranse algúns recursos TIC que se poden empregar para implementar esta metodoloxía e os beneficios que presenta esta implementación. Por outra banda, comentarase acerca da importancia da motivación no alumnado e establecerase unha relación entre esta e a gamificación. Por último, presentarase unha innovadora proposta de intervención educativa que emprega a gamificación como elemento motivador para mellorar as habilidades gramaticais e ortográficas en alumnos/as que cursan 5º de Educación Primaria. Espérase que esta intervención mellore o rendemento académico e fomente unha actitude positiva cara á aprendizaxe destas disciplinas, afastándose do ensino tradicional.

Coñeces o mundo que che rodea? Os libros como ferramenta para o traballo do cultural awareness en lingua estranxeira.
Autoría
S.T.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.T.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Os prexuízos e estereotipos son dúas ideas altamente presentes nunha sociedade, e que, en maior medida, causan diversos problemas, e en xeral, efectos negativos sobre os individuos víctimas de tales especulacións. É por iso que a escola se entende como o motor principal de cambio desta situación, como o recurso ao que os docentes recurrirán para promover a igualdade de dereitos e oportunidades, o respeto e a tolerancia. E, particularmente, unha das ferramentas máis empregadas dende os primeiros cursos de infantil ata os máis elevados de primaria é a literatura. É por iso que se establece a lectura e a literatura infantil como a chave a través da cal se verán expostas teorías e coñecementos promotores dunha cultural awareness ou conciencia cultural que os máis pequenos interiorizarán co paso do tempo, medrando cunha mente máis aberta, libre de calquera tipo de convencionalismo, e reticente ante a manipulación e a mentira.

GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Titoría)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Titor do alumno)

Adentrándonos na nosa contorna: A tradición dos sancosmeiros
Autoría
L.I.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.I.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 11:30
03.07.2024 11:30
Resumo
Traballo vinculado a las ciencias sociais, máis concretamente co patrimonio cultural inmaterial. Ten como finalidade afondar no coñecemento dos postulados da educación patrimonial, explorar as diversas posibilidades que ofrece este tema en educación infantil e desenvolver e avaliar unha proposta didáctica de traballo co patrimonio local nunha aula desa etapa educativa. Para iso levarase a cabo un proxecto sobre o patrimonio cultural inmaterial do territorio, concretamente do sancosmeiro, un sombreiro tradicional, creado por mulleres, da zona da ría de Muros e Noia (A Coruña) que se atopa en vías de desaparición.

LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
Eirín Nemiña, Raúl (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
Eirín Nemiña, Raúl (Vogal)
A educación emocional en familia a través da Educación Social
Autoría
N.R.D.
Grao en Educación Social
N.R.D.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2024 12:00
03.09.2024 12:00
Resumo
O concepto de familia evolucionou significativamente. Inicialmente, definíase como un grupo unido por vínculos de amor e sangue, con matrimonios duradeiros e crianza no fogar. Co tempo, esta definición modificouse para recoñecela como principal axente educativo e socializador, crucial para o desenvolvemento afectivo e cognitivo dos/as nenos/as, novos e adolescentes. Estes cambios na estrutura familiar plasmáronse en diferentes tipos de familia e estilos parentais. O obxectivo deste TFG é presentar a relevancia da Educación Emocional (EE) en familia para potenciar a necesidade da interiorización das competencias emocionais desde a Educación Social (ES). Seguindo unha metodoloxía documental básica configuramos unha procura bibliométrica non sistemática acorde ao obxectivo xeral. Desde É a EE en familia podía converterse nun ámbito esencial para a adquisición de competencias socioemocionais e para a vida, permitindo desenvolver e desenvolver unha actitude activa, crítica, responsable e comprometida entre os membros da familia. Este ámbito actualmente non ten recoñecemento, polo que, os Educadores e as Educadoras Sociais teñen un papel fundamental á hora de crear programas e proxectos que axuden ao desenvolvemento do mesmo.

Gutierrez Moar, María del Carmen (Titoría)
Gutierrez Moar, María del Carmen (Titoría)
Tribunal
Gutierrez Moar, María del Carmen (Titor do alumno)

Efectos do Programa “Espazo Compartido” na experiencia educativa de estudantes con diversidade funcional
Autoría
N.A.C.
Grao en Pedagoxía
N.A.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2024 16:00
03.07.2024 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase na análise do programa “Espazo Compartido”, unha iniciativa da Universidade da Coruña que está destinada a crear unha contorna universitaria inclusiva para persoas con diversidade funcional. O obxectivo do estudo é analizar o funcionamento e a eficacia do programa, así como a medida en que se cumpren os obxectivos do mesmo. Para iso, emprégase nunha metodoloxía cualitativa, apoiada no paradigma sociocrítico, utilizando as entrevistas como principal instrumento de recollida de información. Isto permitiu a recompilación de testemuños de estudantes que formaron parte do programa, familias e profesionais da asociación Teima Down Ferrol. As conclusións obtidas refiren que, a pesar de que “Espazo Compartido” tenta promover unha contorna inclusiva e fomentar a autonomía e inclusión laboral dos/as participantes, existen certas áreas de mellora. A este respecto, as principais dificultades a abordar refírense á inclusión do alumnado no contexto educativo no que se desenvolve o programa, a súa desmotivación e un maior impulso da súa incorporación ao mercado laboral. Ademais, das reflexións das persoas implicadas conclúese a necesidade dunha revisión e axuste na implementación do programa para asegurar unha maior efectividade e satisfacción de todos/as os/as involucrados/as.

GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)

A prevención do acoso escolar na educación secundaria: un programa de formación para o profesorado
Autoría
C.B.S.
Grao en Pedagoxía
C.B.S.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.09.2024 10:00
02.09.2024 10:00
Resumo
Este estudo aborda o fenómeno do acoso escolar desde unha perspectiva integral, combinando análises teóricas coa implementación dun programa de intervención específico nun Instituto de Educación Secundaria en Vilagarcía de Arousa. Inicialmente, exploráronse as definicións, características e manifestacións do acoso escolar, destacando os seus efectos adversos en vítimas, agresores e observadores, tanto a curto como a longo prazo. No referente á parte empírica do traballo, o programa deseñado enfócase en formar ao profesorado en técnicas para a xestión do conflito, promovendo un ambiente escolar seguro e respectuoso. Destácase a importancia de traballar con ferramentas clave para fomentar habilidades socioemocionais entre os estudantes, como a empatía e a asertividade. Este traballo contribúe ao campo educativo ao ofrecer un modelo práctico e teórico para abordar o acoso escolar, integrando a pedagoxía como elemento esencial para o desenvolvemento integral dos estudantes e a promoción dun clima escolar positivo

VILLAR GARCIA, EVA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA (Titoría)
Tribunal
VILLAR GARCIA, EVA (Titor do alumno)
VILLAR GARCIA, EVA (Titor do alumno)
Promoción de hábitos saudables no alumnado de Educación Infantil para a prevención de enfermidades crónicas como a obesidade e a diabetes.
Autoría
E.S.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
E.S.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 10:30
02.09.2024 10:30
Resumo
Nos últimos tempos producíronse unha serie de cambios no estilo de vida e alimentación da sociedade. Gradualmente, foise abandonando a dieta mediterránea, equilibrada e saudable, e tamén se foi adoptando unha vida cada vez máis sedentaria, o que provocou un aumento na prevalencia de certas enfermidades infantís crónicas como a obesidade e a diabetes. Isto formúlanos unha situación complexa, cos riscos e consecuencias que estas enfermidades supoñen para as cativas e cativos. Padecer obesidade a estas idades tan temperás, aumenta enormemente o risco de mantela na idade adulta, coas consecuentes repercusións na saúde, como enfermidades cardiovasculares derivadas, problemas co sono, respiratorios ou endócrinos, que poden derivar en outras enfermidades como a diabetes tipo II. Pola súa banda, a diabetes tipo I, de orixe xenética, pode ser prexudicada por unha mala alimentación e estilo de vida, empeorando a patoloxía e as súas consecuencias. Por esta razón, no presente documento proponse unha intervención para a aula que axude a concienciar ás familias e tamén, que inflúa positivamente nas cativas e cativos.

MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Titoría)
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Titoría)
Tribunal
MALLAH NASRALLAH, NARMEEN (Titor do alumno)

Un día sen lesbianas é coma un día sen sol. Humor, lesbianas e inclusión dende a Educación Social
Autoría
M.N.A.
Grao en Educación Social
M.N.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.09.2024 11:30
02.09.2024 11:30
Resumo
O humor é un fenómeno eminentemente social. É unha expresión da experiencia colectiva das persoas que participan nel, pero non existe nun vacío carente de implicacións: está atravesado por relacións de clase, raza, idade, xénero ou orientación sexual; reflicte as dinámicas de poder do contexto no que xorde e, aínda que haxa quen se esforza en negalo, nada é nunca só unha broma. O presente traballo académico enmárcase no ámbito da educación para a inclusión e diversidade, concretamente, analiza o humor coma ferramenta de liberación, inclusión ou exclusión social dende e cara a experiencia queer lésbica.

Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titor do alumno)

Aprendizaxe baseada en contos: O traballo das emocións en Educación Infantil.
Autoría
F.A.D.L.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
F.A.D.L.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
A educación emocional é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento dos nenos e nenas, participando nos seus procesos de relación co mundo e cos iguais aportándolle a maneira correcta na cal xestionar as emocións que están presentes nos mesmos. Neste Traballo Final de Grao preséntanse o concepto de emoción, a relevancia de levar a educación emocional ao sistema educativo, así como as problemáticas que a falta desta xera, avogando na importancia de traballar esta competencia nas aulas dende as idades temperás. De igual modo, deséñase unha unidade didáctica formada por actividades a través das cales podemos traballar coas crianzas diversas emocións e reforzar a utilización do conto como recurso didáctico na aula para traballar diferentes competencias. Preténdese así alcanzar o obxectivo de deseñar ferramentas que acerquen a educación emocional ao alumnado para traballar no seu desenvolvemento persoal e acercar o conto infantil ás aulas, non só como unha ferramenta lúdica, senón como material didáctico indispensable na tarefa docente.

LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
Tribunal
LESTON OTERO, ANDREA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titor do alumno)

A Educación Emocional no currículum escolar
Autoría
S.F.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.F.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
Nas últimas décadas a educación emocional foi gañando relevancia tanto no plano educativo como na vida diaria. A súa presenza volveuse esencial no desenvolvemento integral dos estudantes, abarcando aspectos cruciais para o seu benestar social e persoal. Con todo, aínda que se recoñece a súa relevancia, existen escasos programas e recursos efectivos neste ámbito. É por iso, polo que este Traballo de Fin de Grao céntrase na inclusión da educación emocional no currículum escolar de Educación Primaria, iniciando cunha fundamentación teórica que actúa como base da posterior proposta de intervención titulada “Emociónate”. Esta última está dirixida ao alumnado de sexto de Educación Primaria e o seu obxectivo principal é desenvolver as súas competencias emocionais, ao mesmo tempo que se promove o seu benestar e madurez emocional.

Hortos escolares como recurso educativo para as persoas con discapacidade
Autoría
C.C.B.
Grao en Pedagoxía
C.C.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.02.2024 10:30
01.02.2024 10:30
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao presenta información relevante acerca da importancia dos hortos escolares como recurso educativo, tema central da investigación documental realizada. Da mesma forma, pódese ver reflectida información achega do concepto de discapacidade e dos seus diferentes tipos, así como das medidas de actuación educativas ordinarias e extraordinarias fronte a necesidades educativas especiais. Este traballo ten como obxectivo xeral dar a coñecer as diferentes estratexias e metodoloxías educativas que se poden levar a cabo en persoas con diferentes graos de discapacidade e introducir a idea dos hortos escolares como unha delas. Ao longo do documento verase reflectida un labor de investigación documental baseada nunha perspectiva descritiva e constructivista, facendo fincapé na necesidade dun cambio no currículo educativo que teña en conta a importancia das investigacións acerca dos beneficios dos hortos e da natureza para todo tipo persoas. Así como, a importancia da necesidade de enmarcar esta metodoloxía nas unidades didácticas dos centros educativos ordinarios e de educación especial.necesidad de enmarcar esta metodología en las unidades didácticas de los centros educativos ordinarios y de educación especial.

LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR (Titoría)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR (Titoría)
Tribunal
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Coordinador)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR (Titor do alumno)

“Crecendo en igualdade”. Programa de coeducación en Educación Infantil
Autoría
G.G.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
G.G.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 09:30
01.07.2024 09:30
Resumo
A violencia de xénero resulta dun fenómeno cun crecemento exponencial na nosa sociedade e a coeducación dende as primeiras idades unha das ferramentas para combatela. Con esta base, realizouse unha revisión non sistemática con respecto ós temas de coeducación, socialización diferencial e violencia de xénero, que xustifican a necesidade do deseño e implementación de programas que fomenten a igualdade de xénero dende as primeiras idades. A proposta deseñada, “Crecendo en igualdade”, diríxese ao segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos) coa finalidade de erradicar as diferenzas e desigualdades de xénero, deconstruíndo os modelos tradicionais de masculinidade e feminidade e promovendo a aceptación e o respecto entre nenos e nenas. O programa articúlase arredor de cinco actividades cunha complexidade crecente desencadeadas a partires da literatura por ser un medio natural e lúdico de aprendizaxe que simplifica conceptos tan abstractos para a infancia como é o xénero. O desenvolvemento deste tipo de iniciativas responde á demanda social de transformación dos modelos de transmisión de desigualdades asociadas ao xénero dende idades nas que aínda non se teñen adquiridos, como as que corresponden á etapa de Educación Infantil, para tratar de acadar un futuro máis xusto para a muller.

Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Tribunal
Mallo López, Sabela Carme (Titor do alumno)

O Entroido ourensán: Unha proposta interdisciplinar para a integración da cultura endóxena no currículo de Educación Primaria
Autoría
G.G.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
G.G.M.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 10:45
03.07.2024 10:45
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao de mestre/a de Educación Primaria presentarase unha proposta interdisciplinaria de innovación pedagóxica baseada na integración do Entroido ourensán como centro de interese no marco dunha metodoloxía ABP. Esta iniciativa fundaméntase na riqueza cultural e histórica, así coma no interese social que esta celebración suscita, ofrecendo unha oportunidade levar a cabo unha aprendizaxe competencial baseada na motivación intrínseca do alumnado. Deste xeito, promóvese unha secuencia didáctica con actividades destinadas para 4º curso de Educación Primaria nas que se traballan todas as áreas de coñecemento que se estipulan no currículo vixente. O obxectivo principal é fomentar un enfoque educativo integral que supere os límites didácticos convencionais, incluíndo elementos significativos da cultura local, como é o Entroido ourensán, no currículo desta etapa e promovendo o desenvolvemento dunha identidade e aprendizaxe contextualizadas. Co deseño desta proposta, aválase a viabilidade do desenvolvemento de iniciativas transversais, evidenciándose a necesidade e importancia de estender as estratexias educativas interdisciplinarias e, máis concretamente, as enriquecidas polos contextos culturais máis próximos dos/as estudantes.

SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Presidente/a)
Peixoto Pino, Lucía (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)

Gamificación e Matemáticas: unha combinación gañadora
Autoría
D.L.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.L.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 12:30
03.07.2024 12:30
Resumo
Este traballo céntrase en analizar o impacto da metodoloxía da gamificación no proceso de ensino-aprendizaxe das matemáticas nun grupo de estudantes de 6º de Educación Primaria. O obxectivo principal é avaliar os cambios nas actitudes e sentimentos do alumnado cara a materia, especialmente a nivel afectivo, mediante cuestionarios aplicados antes e despois do desenvolvemento da proposta didáctica. Deste xeito, comprobarase se esta técnica pode aumentar a motivación e reducir as emocións negativas dos e das estudantes cara as matemáticas, mentres que á súa vez desenvolven as competencias correspondentes. O documento está estruturado en varias seccións que abordan diferentes aspectos do estudo: un marco teórico sobre os factores asociados ao rendemento en matemáticas e a gamificación como estratexia educativa, unha descrición da proposta didáctica, o desenvolvemento da práctica en nove sesións e unha análise dos resultados obtidos a través dos cuestionarios e os instrumentos de avaliación. Finalmente, inclúense as conclusións nas que sintetizan os principais achados tras a intervención, así como a contribución desta experiencia ás competencias profesionais.

CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Presidente/a)
Peixoto Pino, Lucía (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
Abelairas Gómez, Cristian (Presidente/a)
Peixoto Pino, Lucía (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
O Proxecto E-Dixgal: unha análise dende a perspectiva do profesorado en Educación Primaria
Autoría
O.O.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
O.O.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 09:15
01.07.2024 09:15
Resumo
O ámbito onde se sitúa o presente traballo de fin de grao está relacionado coa educación e as Tecnoloxías Dixitais, máis concretamente coa súa integración dentro das aulas de Educación Primaria. Estamos ante un contexto con centros educativos públicos de alta dispoñibilidade tecnolóxica baixo modelo 1 a 1, en Galicia dependentes do proxecto E-dixgal. Con alrededor de dez anos de traxectoria do programa, atopámonos ante unha situación de incerteza e cuestionamento a nivel social sobre a eficacia da iniciativa. Por este motivo, o obxectivo é coñecer mediante as perspectivas do profesorado, diversos aspectos da práctica educativa en relación coa implementación do proxecto E-Dixgal, co fin de identificar áreas de mellora. Para iso, realizamos un marco teórico previo sobre o campo, para posteriormente contrastalo cos resultados do traballo de investigación de campo, sendo a entrevista o método principal de forma individual para a recollida de datos. Tras a transcrición das entrevistas, analizamos a información mediante o software AtlasTI. De esta forma, temos un estudo de casos formado por dúas docentes, titoras de quinto de primaria de dúas realidades diferentes. Os resultados permitíronnos conocer os principais aspectos de E-Dixgal que se ven reflexados na práctica educativa e as súas valoracións, as cales mostran unha certa satisfacción, pero amosan seu descontento con cuestións como a formación ou o libro de texto dixital, elementos que requiren dun cambio.

FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
FRAGA VARELA, FERNANDO (Titor do alumno)

As actitudes das comunidades de acollida cara ás persoas inmigrantes: un proxecto de intervención en Burela
Autoría
A.R.V.
Grao en Pedagoxía
A.R.V.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2024 20:00
03.07.2024 20:00
Resumo
Os movementos migratorios son fenómenos complexos, que se viron intensificados a causa da globalización e os conflitos, traendo consigo unha maior diversidade nas comunidades de acollida. Este fenómeno formula desafíos e oportunidades para a convivencia e o desenvolvemento social, destacando a importancia das actitudes que estas comunidades adoptan cara ás persoas inmigrantes. Así pois, este estudo examina as actitudes cara á poboación inmigrante, cun enfoque particular en España e en Galicia. Neste senso, o obxectivo principal é analizar as percepcións da poboación local cara o colectivo inmigrante, identificando os factores que as configuran. Optouse por unha metodoloxía cualitativa, baseada nunha revisión documental, a partir de referencias nacionais e internacionais, co fin de sentar as bases para unha proposta educativa. Os resultados da investigación revelan que as actitudes das comunidades de acollida están influenciadas por múltiples variables, como as experiencias persoais ou a representación nos medios dos/as inmigrantes. Ademais, identificouse que a educación desempeñan un papel crucial na configuración destas actitudes, destacando a necesidade de intervencións que promovan a comprensión e interacción entre as diversas culturas. Certamente, resulta de vital importancia a existencia de proxectos educativos interculturais que favorezan un proceso de inclusión bidireccional, promovendo sociedades con maior cohesión social.

NUÑEZ GARCIA, JESICA (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Titoría)
Tribunal
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
Eco-Reto: deseño de un material didáctico para a educación ambiental téxtil
Autoría
L.R.R.
Grao en Pedagoxía
L.R.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2024 19:15
03.07.2024 19:15
Resumo
No presente traballo realízase unha análise xeral do impacto ambiental da industria téxtil a nivel global, enmarcándoo como unha problemática da sociedade de consumo actual. Faise fincapé na educación ambiental, e nas súas vertentes, como ferramenta de cambio. Con este fin, realízase unha busca sistemática de recursos educativos existentes con esta temática nos ámbitos estatal e autonómico, observando unha notable carencia, e recollendo unha valoración crítica deles. Finalmente, preséntase o deseño dun recurso educativo que busca promover a responsabilidade socioambiental dos e das adolescentes de entre 15 e 17 anos. O recurso deseñado é un xogo de interpretación denominado Eco-Reto que trata a problemática da industria téxtil dende unha perspectiva holística, favorecendo un aprendizaxe significativo do alumnado.

Conde López, Julio José (Titoría)
Conde López, Julio José (Titoría)
Tribunal
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
O vínculo emocional no proceso de ensinanza-aprendizaxe das matemáticas na Educación Primaria
Autoría
A.T.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.T.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 18:00
02.07.2024 18:00
Resumo
Nos centros escolares o proceso de ensinanza-aprendizaxe das matemáticas soe centrarse en aspectos procedimentais. Este feito pode levar a que os/as nenos/as desenvolvan valoracións negativas hacia a propia asignatura. Desta forma, xeraselles ansiedade e/ou frustración, xunto cun autoconcepto que non é favorable. Por iso, este traballo ten como obxectivo analizar o impacto das metodoloxías innovadoras dentro da aula nos aspectos afectivos do alumnado. Concretamente, nos centramos nas crenzas que se xeran sobre a disciplina e na influencia directa do papel docente na difusión destas. Para iso, realizouse unha investigación cuantitativa e elaborouse un cuestionario que axudou en todo o proceso. Finalmente, no traballo observouse unha correlación positiva entre o uso de metosoloxías innovadoras e unha visión positiva do alumnado cara a materia. Esto demostra que estes enfoques nas prácticas educativas repercuten favorablemente nos aspectos afectivos do alumnado.

RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titor do alumno)

A gamificación como elemento motivador na aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira. O potencial do Escape Room como recurso na aula de primaria.
Autoría
I.G.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.G.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) da área de inglés, encadrado na modalidade de deseño dun proxecto de intervención, examina o potencial da gamificación como metodoloxía motivadora na aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira. Despois dunha revisión bibliográfica, realízase unha fundamentación teórica sobre as metodoloxías activas como marco educativo innovador, o concepto de gamificación, a motivación como fundamento teórico, a súa aplicación na área de inglés e o Escape Room como recurso didáctico na aula de primaria. A continuación, desenvólvese un proxecto de intervención dirixido ao alumnado de quinto de primaria baseado no emprego desta metodoloxía. Os resultados da posta en práctica evidencian unha mellora na motivación, participación, atención e rendemento académico do alumnado. Deste xeito, a gamificación concíbese como unha pedagoxía innovadora capaz de aproveitar as posibilidades dos elementos dos xogos e das novas tecnoloxías para crear escenarios educativos lúdicos, significativos e conectados cos intereses da nova mocidade.

Dificultades e necesidades asociadas ao emprego de recursos didácticos en lingua galega nas primeiras idades
Autoría
L.S.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.S.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 16:45
02.07.2024 16:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a situación dos recursos en galego empregados no ensino infantil, centrándose nas dificultades e necesidades asociadas ao uso de recursos didácticos en lingua galega nas primeiras idades: dos 0 aos 4 anos. Levouse a cabo unha investigación que inclúe unha análise cuantitativa baseada en datos recollidos a través dunha enquisa dirixida a docentes de educación infantil en Galicia, así como unha revisión dos principais repositorios de recursos didácticos en galego. A análise de datos revela unha escaseza significativa de recursos didácticos en galego en comparación cos materiais dispoñibles en castelán, especialmente para as primeiras idades. Esta falta de recursos implica que os docentes se vexan frecuentemente obrigados a crear os seus propios materiais, o que supón unha carga adicional de traballo e dificulta a implementación efectiva da lingua galega nas aulas. As recomendacións propostas neste traballo buscan ofrecer solucións viables para superar os desafíos identificados e avanzar cara a unha educación infantil máis inclusiva e rica en galego, reforzando así a identidade cultural e lingüística dos estudantes galegos.

Lorenzo Herrera, Lara (Titoría)
Lorenzo Herrera, Lara (Titoría)
Tribunal
Lorenzo Herrera, Lara (Titor do alumno)
Lorenzo Herrera, Lara (Titor do alumno)
Vivir e convivir co Camiño de Santiago: unha resposta pedagóxica na creación de vínculos entre as persoas peregrinas e a veciñanza en Compostela
Autoría
B.A.G.
Grao en Pedagoxía
B.A.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O presente TFG sitúa as súas principais achegas na realización dun estudo sobre a convivencia na cidade de Santiago de Compostela, entre persoas residentes e peregrinas, dende unha perspectiva pedagóxica para a resolución de conflitos e convivencia pacífica. Os seus obxectivos toman como referencia unha dobre intencionalidade: dunha banda, identificar valores, actitudes, percepcións e experiencias dos individuos para clarificar as súas necesidades, demandas e intereses; e, doutra, elaborar propostas de carácter educativo que contribúan a ampliar e diversificar as oportunidades formativas e informativas para a mellora da convivencia na cidade. Empregarase unha metodoloxía baseada na recollida de información a partir dunha revisión bibliográfica, xunto, ca realización e análise de entrevistas e dun DAFO para comprender as diferentes experiencias e enfoques. Entre as súas conclusións máis relevantes, maniféstase que existen desexos comúns de aprendizaxe social e cultural, mais a baixa comprensión entre as institucións e o resto de colectivos evidencian dificultades para o seu logro. As accións orientadas á mellora da convivencia, puxéronse en marcha fai tres anos dende institucións privadas e públicas, pero non resultaron suficientes ata o momento, polo que deberán promoverse outras accións de intervención e sensibilización educativas que contribúan a optimizar a calidade das experiencias.

CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titoría)
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titoría)
Tribunal
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Titor do alumno)

os factores de risco vinculados ao uso de poppers na xuventude
Autoría
A.G.L.
Grao en Educación Social
A.G.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O consumo de poppers entre a mocidade presenta unha serie de factores de risco que deben ser estudados e comprendidos para implementar estratexias efectivas de prevención e educación. O presente estudo analiza a posible correlación entre a busca de novas experiencias, a influencia do entorno social e a desinformación sobre os riscos asociados co consumo así como o emprego do Popper no chemsex. A dependencia que produce e os efectos negativos para a saúde destacan a necesidade de intervencións educativas que promovan un maior coñecemento sobre os riscos e alternativas saudables para o lecer e a socialización.
O consumo de poppers entre a mocidade presenta unha serie de factores de risco que deben ser estudados e comprendidos para implementar estratexias efectivas de prevención e educación. O presente estudo analiza a posible correlación entre a busca de novas experiencias, a influencia do entorno social e a desinformación sobre os riscos asociados co consumo así como o emprego do Popper no chemsex. A dependencia que produce e os efectos negativos para a saúde destacan a necesidade de intervencións educativas que promovan un maior coñecemento sobre os riscos e alternativas saudables para o lecer e a socialización.
Dirección
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titor do alumno)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titor do alumno)
Implicación familiar en Educación Primaria: avaliación da formación docente
Autoría
M.P.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.P.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 13:00
03.07.2024 13:00
Resumo
A implicación familiar nas escolas de EP presenta, na actualidade, unha insuficiencia notoria debido á escaseza de formación existente neste eido, tanto para o futuro profesorado como para os e as docentes en activo. Neste horizonte, o presente TFG ten por finalidade analizar a formación dos mestres e mestras na implicación familiar nos centros escolares na etapa de Educación Primaria. Así pois, óptase por unha metodoloxía cualitativa, baseada nunha revisión documental a partir de referencias internacionais e nacionais. Consecuentemente, os resultados acadados amosan a necesidade de loitar polo logro dunha meta común entre as principais institucións que promulgan o desenvolvemento integral do alumnado: a familia e a escola. Alén disto, requírese o acrecentamento de formación específica ao profesorado en técnicas de comunicación, colaboración e participación coas familias, a fin de poder facer efectiva a implicación destas últimas nas realidades escolares.

LOPEZ SANDEZ, MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
Educación Emocional e Intelixencia no alumnado de Educación Infantil Novas metodoloxías e recursos para a súa abordaxe na aula
Autoría
M.R.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.R.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:30
01.07.2024 12:30
Resumo
Partindo dunha primeira definición de intelixencia emocional aportada polo Mayer e Salovery, este concepto foi complementado eventualmente con outras teorías, como a das intelixencias múltiples de Howard e Gardner ou mesmo redefinida polo psicólogo Goleman. En calquera das propostas, conclúese que o punto común de todas as definicións é a capacidade de recoñecer e manexar as emocións propias e alleas. Para o correcto e íntegro desenvolvemento das persoas e infantes é fundamental acadar este tipo de intelixencia. A relación entre a intelixencia emocional e os aspectos vitais dos infantes, o desenvolvemento de ferramentas útiles para a súa avaliación e a aplicación deste tipo de intelixencia en determinadas áreas son algúns dos obxectivos que se plantexan no presente documento para acadar un maior e progresivo coñecemento da intelixencia emocional e a mellora da súa aplicación e compresión. Tendo en conta os obxectivos a procurar, presentarase unha metodoloxía que conste dunha unidade didáctica cuxo eixo principal será a evolución desta clase de intelixencia, coa finalidade de que o alumnado adquira destrezas nas competencias básicas que a compoñen. Con este modelo de proposta predise unha melloría nos nenos e nenas con respecto á intelixencia emocional e ás competencias traballadas.

LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titor do alumno)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titor do alumno)
Maiores Down e o mundo afectivo-emocional. Que debería facer un/ha profesional da Educación Social?
Autoría
P.R.B.
Grao en Educación Social
P.R.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2024 11:00
03.09.2024 11:00
Resumo
A expectativa de vida das persoas con Síndrome de Down (SD) está a mudar e, con ela, as súas necesidades e demandas. As diversas institucións que albergan a este colectivo deben dar resposta aos cambios e potenciar o seu desenvolvemento como persoas de xeito integral, atendendo a todas as áreas posibles. A Educación Emocional (EE) está tomando especial importancia na sociedade e no sistema educativo; non obstante, as persoas con trisomía 21 están quedando ao marxe. Porén, no seguinte documento recóllese unha proposta de intervención de EE con persoas maiores con Síndrome de Down chamado «Sentíndo(nos), pensándonos e actuando» onde se pretende dotar a este colectivo de ferramentas e competencias precisas para mellorar as habilidades e capacidades emocionais para un desenvolvemento integral e permanente. Para o seu deseño tivéronse en conta as características destas persoas, así como o Deterioro Cognitivo (DC) que poden presentar debido ao envellecemento prematuro.

RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Gutierrez Moar, María del Carmen Cotitoría
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Gutierrez Moar, María del Carmen Cotitoría
Tribunal
Gutierrez Moar, María del Carmen (Titor do alumno)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titor do alumno)

Emerxencias Vitais e Primeiros Auxilios en Educación Infantil.
Autoría
A.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 09:15
01.07.2024 09:15
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao de Mestre/a en Educación Infantil abórdase o descoñecemento sobre as emerxencias sanitarias nos niveis educativos en idades temperás e a necesidade de transmitir coñecementos básicos de primeiros auxilios e de actuación ante emerxencias vitais na contorna da aula de infantil. Nesta Proposta de Intervención o principal obxectivo será introducir aos nenos e nenas de 5 anos (5o curso de Educación Infantil) nos conceptos básicos sobre situacións de emerxencias sanitarias comúns e como actuar ante elas. Para iso, desenvolveranse actividades de prevención fronte as emerxencias vitais e de primeiros auxilios, dende un ámbito lúdico e educativo.

REY BRANDARIZ, JULIA (Titoría)
REY BRANDARIZ, JULIA (Titoría)
Tribunal
REY BRANDARIZ, JULIA (Titor do alumno)
REY BRANDARIZ, JULIA (Titor do alumno)
As escolas unitarias en Galicia: a creación de CRA.
Autoría
M.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.G.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao examina a evolución histórica e o estado actual das escolas unitarias en Galicia, con especial atención ao seu rol nas comunidades rurais e a implantación dos Centros Rurais Agrupados. Analízanse os factores políticos, económicos e culturais que influíron no desenvolvemento educativo dende o século XIX, destacando a importancia da Lei Moyano de 1857 e as transformacións durante o século XX, incluíndo a II República, o franquismo e os cambios posteriores aos anos sesenta. O estudo documenta como estas escolas afrontaron desafíos como a falta de infraestrutura e altas taxas de analfabetismo, e como os CRA intentaron modernizar e centralizar a educación rural. A través dunha análise de diversas fontes, o traballo resalta a necesidade de adaptar as estratexias educativas ás particularidades das comunidades rurais galegas. Os resultados destacan a importancia de continuar investigando e mellorando as prácticas educativas para fortalecer a educación nas áreas rurais, ofrecendo propostas para futuras investigacións e reflexións sobre as limitacións do estudo.

GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR Cotitoría

GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titor do alumno)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR (Titor do alumno)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titor do alumno)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR (Titor do alumno)
A influencia dos estilos educativos parentais no desenvolvemento afectivo-emocional das crianzas
Autoría
A.B.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.B.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
09.07.2024 11:00
09.07.2024 11:00
Resumo
A familia é a institución encargada da socialización primaria por excelencia, pois constitúe un contexto privilexiado para que as crianzas poidan medrar e desenvolverse como persoas. O seu papel pode desempeñarse a través de diferentes estilos educativos: autoritario, permisivo-indulxente, permisivo-neglixente e democrático (Torío et al., 2008). O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal analizar como inflúen os diferentes estilos educativos parentais no desenvolvemento das crianzas, centrándonos especialmente no aspecto afectivo-emocional. Para a elaboración deste traballo de iniciación á investigación documental, baseareime nunha revisión bibliográfica como metodoloxía fundamental. Así, este documento consta dun primeiro apartado sobre os estilos educativos parentais, analizando os tipos e as consecuencias educativas de cada un deles. Nun segundo apartado darei conta dos aspectos clave para un correcto desenvolvemento afectivo-emocional. Por último, no terceiro apartado profundarei na relación entre ambos conceptos e farei algunhas propostas dirixidas ás familias co obxectivo de conciencialas sobre o impacto das súas accións na saúde emocional das crianzas, así como de ofrecerlles pautas e técnicas de actuación que lles permitan establecer vínculos sans e seguros cos seus fillos/as.

JIMENEZ ESQUINAS, GUADALUPE (Titoría)
JIMENEZ ESQUINAS, GUADALUPE (Titoría)
Tribunal
JIMENEZ ESQUINAS, GUADALUPE (Titor do alumno)

Método Singapur e aprendizaxe cooperativa aplicados á ensinanza da divisibilidade no terceiro ciclo de educación primaria
Autoría
A.B.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.B.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 17:00
03.07.2024 17:00
Resumo
As matemáticas desempeñan un papel fundamental no noso día a día, pois están presentes na maioría de actividades que realizamos en sociedade. Non obstante, o aumento progresivo de dificultade dos contidos, unido ao emprego de metodoloxías didácticas tradicionais, fan que sexa unha das áreas de coñecemento máis rexeitadas polo alumnado. Por esta razón, no presente traballo recóllese unha proposta baseada no Método Singapur, unha metodoloxía centrada na aprendizaxe das matemáticas que busca cambiar o enfoque conceptual e memorístico por un máis dinámico e construtivo. Fundaméntase na resolución de problemas, no traballo manipulativo con diferentes materiais e na evolución desde o concreto cara o abstracto. Así mesmo, esta proposta relaciónase tamén coa aprendizaxe cooperativa, pois dita estratexia consegue unha maior motivación e implicación do alumnado cara a aprendizaxe propia e dos demais. Baixo estas premisas, este Traballo de Fin de Grao recolle unha proposta de innovación pedagóxica que vincula o Método Singapur e a aprendizaxe cooperativa. Está dirixida ao alumnado do terceiro ciclo de Educación Primaria e con ela preténdense traballar as relacións de divisibilidade, promovendo a adquisición dos sentidos matemáticos numérico e socioemocional.

CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titoría)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titoría)
Tribunal
BLANCO SEOANE, VANESSA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
Proxecto de intervención para a mellora das relacións filio-parentais nas casas de familia de Galicia.
Autoría
A.G.L.
Grao en Pedagoxía
A.G.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Ao longo deste traballo farase, en primeiro lugar, unha exposición sobre as persoas menores de dezaoito anos que se atopan en situación de desprotección, concretamente en réxime de acollemento residencial. Coñécese, debido a observarse durante as prácticas de Pedagoxía nunha casa de familia, que se adoita dar unha deficiente relación e escasa comunicación entre os/as menores e as súas familias. Debido a este factor, tras concretar un marco teórico que o contextualice e xustifique, realizarase un proxecto que busque a mellora das relacións filio-parentais para aplicar nas casas de familia de Galicia. Este proxecto terá como fin o benestar das persoas usuarias.

GODAS OTERO, AGUSTIN (Titoría)
GODAS OTERO, AGUSTIN (Titoría)
Tribunal
GODAS OTERO, AGUSTIN (Titor do alumno)
GODAS OTERO, AGUSTIN (Titor do alumno)
A indagación científica mediante o uso de estacións e traballo colaborativo
Autoría
M.C.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.C.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Este proxecto consiste en fomentar o pensamento crítico e as competencias científicas en estudantes de Educación Primaria mediante unha metodoloxía de indagación científica. A través de varias estacións de aprendizaxe, os alumnos exploran temas de ciencias da natureza, promovendo a curiosidade, a formulación de preguntas e a resolución de problemas. Ademais, foméntase o traballo colaborativo, permitindo que os estudantes traballen en equipo para investigar e aprender xuntos, potenciando así as súas habilidades de colaboración e comunicación.

Gallástegui Otero, Juan Ramón (Titoría)
Gallástegui Otero, Juan Ramón (Titoría)
Tribunal
Gallástegui Otero, Juan Ramón (Titor do alumno)

O ocio como recurso socioeducativo para o avellentamento activo
Autoría
N.B.R.
Grao en Educación Social
N.B.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
28.06.2024 10:00
28.06.2024 10:00
Resumo
En España, estase producindo un aumento da esperanza de vida e un envellecemento cada vez maior, o que leva a que o colectivo da terceira idade estea gañando un gran volume poboacional. A demencia, é unha enfermidade que afecta na súa maior parte á persoas maiores. Esta prexudica ás capacidades funcionais, ocasionando unha dependencia total conforme o seu avance (resultando necesario un coidado constante doutra persoa) e un illamento social, que reduce o contacto da/o enferma/o ao seu círculo máis próximo. Tendo en conta estes dous factores, vemos como se presentan como necesidades ás que lles dar resposta dunha maneira transversal dende diversos ámbitos de actuación. A OMS define o envellecemento activo como un proceso que pretende manter e mellorar a saúde física e mental ao longo da vida, polo que na práctica da súa filosofía, o ocio preséntase coma un recurso para a promoción e mantemento da calidade de vida das persoas enfermas e das persoas coidadoras. Por esta razón, no presente Traballo de Fin de Grao (TFG) indagarase arredor desta circunstancia e expoñerase como as prácticas de ocio poden contribuir positivamente no benestar dos maiores, ademáis de reivindicar a Educación Social como profesión competente para intervir neste contexto.

CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
Tribunal
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titor do alumno)

As actividades físicas no medio natural: unha proposta de Educación Física.
Autoría
L.M.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.M.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
As actividades físicas no medio natural son unha ferramenta poderosa, non so para o desenvolvemento físico e mental do alumnado, senón tamén para o fomento do coidado co medio ambiente. Neste Traballo de Fin de Grao, preséntase este concepto, os beneficios e os desafíos que supón a súa implementación, así como tamén a importancia de levalo a cabo nas aulas dende idades temperás. Como docentes é a nosa responsabilidade proporcionar ao alumnado experiencias de aprendizaxe que os preparen para a vida e o medio natural, é sen dúbida unha aula inigualable para lograr ese obxectivo. Para iso, preséntase unha proposta detallada e adaptada que garante levar a cabo estas actividades de maneira regular e efectiva, contribuíndo así tanto ao benestar como ao desenvolvemento do alumnado. A través da experiencia directa e a participación activa, o alumnado desenvolverá unha conexión profunda coa natureza e un compromiso coa súa conservación.

Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
Tribunal
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
Análise da situación das identidades masculinas hexemónicas vs. disidentes na infancia: cara unha proposta de intervención na Educación Primaria.
Autoría
D.P.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.P.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
26.06.2024 14:00
26.06.2024 14:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao, preséntase unha revisión da sociedade occidental/europea/galega, onde a diferenza de sexo/xénero está suxeita a un contrato social heterocentrado, que fai que os corpos dos individuos sigan normas moi pechadas e ancoradas na violencia e dominación, co correspondente recoñecemento social, desde o nacemento. Neste senso, é necesario analizar a imposición por parte da sociedade dunha dicotomía que divide aos individuos, a través da masculinidade e a feminidade, con relacións asimétricas. Pese a gozar dos privilexios de sexo/xénero, a masculinidade tamén presenta divisións e xerarquías e a masculinidade hexemónica, configurase na cume, en oposición á disidente. Esta situación acontece a través de prácticas sociais desenvoltas por axentes socializadores como a educación, os medios de comunicación, a medicina... A análise sitúa a etapa de Educación Primaria como vía de intervención chave para afondar e traballar nesta situación. A acción educativa desenvólvese cunha proposta de intervención xerando espazos e tempos de des/re-identificación aos individuos mediante propostas e accións desde idades temperás e eliminando a naturalización das prácticas do sistema de sexo-xénero e apoiando a disidencia ao binarismo.

PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
Sobrevivindo a Cronos: o uso da dramatización para o ensino-aprendizaxe da Historia en Educación Primaria
Autoría
U.S.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
U.S.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:30
02.07.2024 12:30
Resumo
A dramatización presenta un amplo potencial dentro do ámbito educativo, ao contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado. Neste traballo preséntase unha proposta de intervención baseada na dramatización como metodoloxía, co propósito de ampliar a visión conceptual da historia na Educación Primaria. A través da dramatización, promóvense competencias de pensamento histórico, polo que se busca desenvolver un tratamento da historia que vaia máis aló dunha visión lineal e pechada. Con este fin, emprégase un enfoque conceptual por encima do factual ou memorístico, debido ao seu carácter reducionista.

CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titoría)
Tribunal
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Titor do alumno)

A educación física para a inclusión na Educación Primaria.
Autoría
I.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O seguinte traballo trata da educación inclusiva na Educación Primaria, e de como a educación física pode ser unha boa ferramenta para lograr sistemas inclusivos. Primeiro, realízase unha contextualización teórica do concepto de inclusión, das barreiras do sistema educativo en xeral que impiden os procesos de inclusión, e como isto se traslada ao ámbito da educación física. Despois, realízase un marco lexislativo e propóñense unha serie de orientacións metodolóxicas, a través de exemplos, de como a educación física actúa para crear sistemas inclusivos.

O TDAH como factor de risco para o consumo de substancias. Unha análise dende a Educación Social.
Autoría
C.S.L.
Grao en Educación Social
C.S.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2024 19:00
03.07.2024 19:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao [TFG] investiga a relación entre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade [TDAH] e o consumo de substancias, utilizando unha metodoloxía de análise documental. Tras realizar un marco teórico sobre o estado da cuestión, examínanse dezaseis documentos de bases de datos de relevancia educativa como Dialnet, Scopus e Web of Science. Analízanse doce documentos que se centran na relación entre o TDAH e o consumo de substancias e catro que ofrecen pautas e recomendacións para a prevención e/ou tratamento da patoloxía dual. Os resultados da análise conclúen que existe unha relación entre o TDAH e o consumo de substancias. Esta comorbilidade, ademais, pode incrementar a gravidade da adicción, influír no inicio máis temperá do consumo, favorecer o policonsumo e estar asociada a unha maior psicopatoloxía, o que implica unha forma máis grave de Trastorno por Consumo de Substancias [TCS]. Con respecto ao tratamento, os resultados indican que apenas existen estudos que aborden esta problemática dende a Educación Social, mais si que existen pautas dende outras disciplinas que poden ser adaptadas. O presente traballo propón futuras liñas de investigación e suxire algunhas propostas de intervención dende a Educación Social, co fin de mellorar a abordaxe desta problemática dende un enfoque socioeducativo.

VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Presidente/a)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Rodríguez Groba, Ana (Vogal)

Potencial do cine no aula: o séptimo arte como fonte de aprendizaxe
Autoría
L.X.G.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.X.G.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
No seguinte traballo de fin de grao, a temática principal xirará en torno ao cine e o seu potencial didáctico na ensinanza da lingua e a literatura. Neste sentido, contará cunha primeira parte na que se abordan os aspectos de tipo teórico-conceptual, expoñendo os beneficios desta disciplina e as posibilidades que se poden explorar a través dela. Así mesmo, contarase co testemuño dunha personalidade do mundo do cine e a interpretación, que nos ofrece o seu punto de vista sobre o que lles aportou o cine nas súas vidas e no seu desenvolvemento persoal, ademais de valorar o que este pode aportar a nivel educativo. Por outra banda, farase unha breve análise sobre creacións audiovisuais na aula, abordando diferentes formas de traballo e experiencias prácticas en contextos variados. Neste apartado analizaranse a variedade de posibilidades didácticas que rodean ao cine. Por último, levarei a cabo o deseño e explicación dun proxecto interdisciplinar, que consiste na elaboración dunha curtametraxe de cine mudo nunha aula de 6º de primaria. Trátase dun traballo que fomenta principalmente o traballo en equipo, a creatividade e a expresión de emocións, integrando diferentes contidos presentes no currículo oficial. En canto á metodoloxía empregada para este traballo de fin de grao, esta está baseada na procura bibliográfica de documentos nos que se expliquen os beneficios e as utilidades do cine á hora de abordar coñecementos e competencias, así como a expedición doutras propostas prácticas nas que se traballe co cine na aula.

A poesía e a música de tradición oral galega: deseño dunha proposta didáctica interdisciplinar.
Autoría
L.A.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.A.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo fin de grao desenvolve unha proposta de intervención educativa interdisciplinar na que se pretende reforzar a conexión entre a música e a poesía tradicional de transmisión oral galegas co coñecemento das mesmas por parte do alumnado. Faise baixo a similitude e potencialidade de ambas as dúas artes como formas de expresión. O punto de partida é nas clases de literatura e de música. O material empregado serán gravacións do patrimonio oral que se atopan a disposición pública, libro-discos e instrumentos, con actividades nas que estean presentes habilidades musicais, expresivas e de interpretación poética. A proposta xorde coa finalidade de ofrecer unha ligazón entre poesía e música de tradición oral galega, a súa unión co alumnado ao levarse a cabo nun centro educativo considerablemente desvinculado da cultura e lingua galegas.

GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL Cotitoría
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Titor do alumno)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titor do alumno)

O alumnado TEA: Unha proposta de actividades lúdico-deportivas en espazos inclusivos.
Autoría
A.L.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.L.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é un conxunto de condicións do neurodesarrollo que afectan á comunicación, á interacción social e ao comportamiento. Denomínase espectro porque abarca unha amplia gama de manifestacións e graos de severidade, dende leves ata significativas. As aulas do noso país teñen unha gran representación de alumnos autistas; por iso, é preciso garantir unha plena inclusión de este alumnado no sistema educativo e na vida social dos centros. En esta proposta, tívose como obxectivo principal o desenvolvemento de actividades lúdico-deportivas, así como xogos tradicionais, no tempo de recreo da escola. A través dos espacios inclusivos, como aulas ou patios inclusivos, acadarase de forma óptima o obxectivo de lograr unha plena inclusión de todo o alumnado da escola, mais poñendo o foco sobre todo nos nenos autistas-

SOUTO CABO, JOSÉ ANTÓNIO (Titoría)
SOUTO CABO, JOSÉ ANTÓNIO (Titoría)
Tribunal
SOUTO CABO, JOSÉ ANTÓNIO (Titor do alumno)

A alarma ignorada. O burnout docente no tecido educativo: unha revisión
Autoría
A.G.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.G.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 09:30
03.09.2024 09:30
Resumo
A profesión docente é fundamental, transmitindo coñecementos e valores para formar individuos que contribúan ao benestar colectivo. Porén, a carga excesiva de traballo, a presión social ou a perda de autoridade poden xerar un estrés significativo e desembocar no Síndrome de Burnout. Este estado de cansazo físico e emocional pode ter consecuencias negativas tanto sobre o propio docente coma no rendemento do grupo-clase. A pesar da importancia desta cuestión, non existen, no noso coñecemento, traballos de revisión que analizasen a experiencia de burnout en mestres de educación primaria. O obxectivo deste traballo foi analizar a conceptualización, as causas e as manifestacións do burnout, así como as súas consecuencias e a importancia de adoptar estratexias para a súa abordaxe, neste nivel educativo. Para elo, revisouse a literatura científica ata abril de 2024, empregando as bases de datos Eric e Psycinfo. Localizáronse 29 investigacións. Os resultados desta revisión indican un notable nivel de prevalencia, factores destacados como a sobrecarga de traballo ou un clima laboral negativo, desembocando no desexo de abandonar definitivamente a profesión, pero podendo evitalo a través de diversas medidas de prevención.

BLANCO SEOANE, VANESSA (Titoría)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titoría)
Tribunal
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titor do alumno)

A educación emocional na aula: unha proposta de formación docente para un desenvolvemento integral en Educación Primaria
Autoría
R.F.C.
Grao en Pedagoxía
R.F.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Abordando a educación emocional no contexto da educación primaria, este traballo identifica un problema significativo: a falta de formación adecuada do profesorado de educación primaria neste eido. O obxectivo principal é analizar a influencia da formación docente en educación emocional para o desenvolvemento integral dos/as estudantes. Optouse por unha metodoloxía cualitativa, a través dunha documental, explorando as bases teóricas, a lexislación, o currículo de educación primaria, o grao de formación inicial e permanente dos/as mestres/as, as prácticas educativas, a acción titorial, as novas metodoloxías e estratexias pedagóxicas e elabórase o deseño dun proxecto de formación. Os resultados destacan a carencia de lexislación concreta sobre educación emocional, así como a necesidade dunha maior formación docente e recursos de apoio. Así mesmo, é crucial resaltar a importancia do rol do/a docente como peza chave no desenvolvemento emocional dos/as estudantes e que exerce como guía e modelo no fomento da intelixencia emocional do alumnado. Evidénciase a efectividade de programas de educación emocional nas aulas de primaria e os seus beneficios para o desenvolvemento integral dos/as nenos/as. En síntese , este traballo ofrece unha mirada crítica e reflexiva sobre a formación en educación emocional, subliñando a súa relevancia para o benestar e o éxito académico do alumnado.

NUÑEZ GARCIA, JESICA (Titor do alumno)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Titor do alumno)
Fortalecendo vínculos. Un enfoque familiar na prevención do acoso escolar
Autoría
F.F.M.
Grao en Pedagoxía
F.F.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 09:30
01.07.2024 09:30
Resumo
O presente traballo comeza cunha análise da situación actual sobre o bullying e o ciberbullying, destacando o seu impacto na aparición de condutas suicidas entre os xoves e facendo referencia a importancia da implicación familiar para evitar estas problemáticas. Acentúase o papel crucial dos concellos na prevención do acoso escolar, evidenciando a necesidade de intervencións integrais que involucren ás familias, a escola e a comunidade. Posteriormente, presentase o deseño dun proxecto de intervención dirixido desde o Concello de Lalín ás familias e á comunidade no seu conxunto. Comprendido como unha campaña de sensibilización sobre o risco de suicidio como consecuencia do bullying ou ciberbullying, ten en conta a relación triangular familia-escola-comunidade. Este proxecto enfócase en crear unha rede de prevención que integre a todos os actores relevantes, promovendo contornas seguras e fomentando a conciencia sobre a importancia da prevención e detección temperá destas problemáticas, desde contornas físicas e virtuais.

MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)

A evolución dos estereotipos de xénero en A Bela e a Besta
Autoría
N.A.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.A.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
A transmisión de estereotipos de xénero que perpetúan a desigualdade é unha preocupación central na sociedade contemporánea, especialmente dada a crecente influencia dos medios tecnolóxicos e dixitais na vida dos/as menores. Así, o obxectivo deste estudo é analizar a evolución dos estereotipos de xénero presentes en dúas versións da película A Bela e a Besta producidas por The Walt Disney Company, abarcando a versión animada de 1991 e a versión de acción real de 2017. Utilizando unha metodoloxía cualitativa respaldada por un instrumento de análise deseñado especificamente a partir da literatura revisada, analízanse os estereotipos descritivos -aparencia física, aspectos de personalidade e intelectuais- e os estereotipos prescritivos -roles-. Os resultados revelan a persistencia dos estereotipos de xénero tradicionais en ambas versións, con cambios mínimos. Destácase, así, a necesidade de cuestionar e redefinir estes estereotipos para promover unha representación máis equitativa nos medios de comunicación e animación, aos que cada vez os/as menores dedican máis tempo. Por conseguinte, sublíñase a importancia de analizar criticamente as narrativas para avanzar cara unha sociedade máis inclusiva e xusta en termos de xénero, superando a socialización diferencial e destacando así a importancia da educación en igualdade.

ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titor do alumno)

Mediación escolar: acoso escolar ou bullying na ESO.
Autoría
M.D.R.
Grao en Educación Social
M.D.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 10:45
01.07.2024 10:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a problemática do acoso escolar ou bullying nos cursos da Educación Secundaria Obligatoria a través da mediación escolar. Tras unha fundamentación teórica, proponse un proxecto de intervención dinámico e creativo para traballar esta temática co alumnado de ESO. Destácase a importancia da mediación escolar na prevención do acoso escolar, propóñense estratexias educativas específicas como o fomento da autoestima, o traballo das emocións e o compañeirismo, a través de actividades variadas nas que a participación activa e a aprendizaxe participativa do alumnado son algúns dos piares fundamentais, promovendo un ambiente escolar positivo e seguro. Este enfoque busca mellorar a convivencia escolar e a calidade de vida dos/as alumnos/as e as súas familias.

BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Titoría)
BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Titoría)
Tribunal
BARREIRO FERNANDEZ, FELICIDAD (Titor do alumno)

A aprendizaxe por recantos internivel: unha proposta de innovación pedagóxica no CEIP Torre Cela
Autoría
C.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 18:00
01.07.2024 18:00
Resumo
O presente TFG céntrase, por unha banda, na conceptualización da aprendizaxe por recantos internivel, como enfoque pedagóxico innovador que busca superar as limitacións tradicionais na aula ao integrar contidos de diferentes niveis educativos nun entorno colaborativo, apostando por unha aprendizaxe cooperativa e, por outra, na aplicación dunha proposta de innovación pedagóxica baseada nesta metodoloxía no CEIP Torre Cela. A proposta implica a creación de actividades orientadas aos recantos, cada unha delas deseñadas para abordar obxectivos pedagóxicos específicos e adaptarse ás necesidades individuais dos estudantes do segundo ciclo de Educación Infantil. Así, o traballo consta dun marco teórico onde se abordarán as posibilidades da aprendizaxe por recantos en tanto metodoloxía innovadora, que destaca non só por mellorar a comprensión das crianzas dos contidos curriculares, senón tamén de desenvolver habilidades transversais esenciais na nosa sociedade. En resumen, a aprendizaxe por recantos internivel emerxe como unha estratexia pedagóxica integral, que persegue a persoalización da aprendizaxe, a participación activa e o desenvolvemento global do alumando nun contexto inclusivo. Xa na segunda parte, preséntase a proposta de innovación pedagóxica, deseñada para traballar man a man co contexto máis próximo, neste caso coas familias, para achegar ao alumnado aprendizaxes de tipo histórico-social.

MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titor do alumno)

Recursos tecnolóxicos e aprendizaxe da coeducación nas aulas de educación infantil: unha proposta de intervención
Autoría
A.M.R.J.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.M.R.J.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
A igualdade de xénero, como dereito humano fundamental, é un dos principais obxectivos en materia de educación para conseguir o progreso e o desenvolvemento social que se desexa. A educación infantil convértese nunha etapa primordial na que poñer o foco de atención e desenvolver unha educación baseada na coeducación coa fin de romper cos estereotipos e buscar a non discriminación dende as idades temperás. Este traballo de fin de grao fai un recorrido pola evolución do concepto de coeducación, aportando información lexislativa e teórica, e expón unha proposta coa que converter as tecnoloxías da información e da comunicación nun mecanismo para lograr obxectivos formulados. Esta engloba, polo tanto, actividades innovadoras e diversas oportunidades de aprendizaxe coas que trasladar a coeducación ás aulas amosando a súa importancia e fomentando a tolerancia e o respecto para adquirir unha visión crítica da realidade e formar aos que serán os/as futuros/as cidadáns/ás.

GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Titor do alumno)

A relación entre adolescentes e persoal educador en centros de Ocio Xuvenil: Un estudo de caso en Galicia
Autoría
L.C.G.
Grao en Pedagoxía
L.C.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2024 16:45
03.07.2024 16:45
Resumo
Este Traballo Fin de Grao, enmarcado na modalidade de iniciación á investigación de campo, céntrase na relación entre adolescentes e persoal educador en centros de lecer xuvenil en Galicia. No marco teórico destácase o papel da pedagoxía no lecer e establécense os principios básicos sobre a relación educativa. Realízase un estudo de caso con metodoloxía mixta sobre a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, cunha primeira fase cuantitativa, que inclúe cuestionarios ad hoc dirixidos a adolescentes e educadores/as, e unha segunda fase cualitativa, conformada por entrevistas semiestruturadas a persoal educador. O obxectivo principal do estudo é coñecer, analizar e comprender a relación entre adolescentes e educadores/as nestes centros. Os resultados amosan aspectos característicos da relación educativa en xeral e en función do xénero, o nivel de grupo e o centro xuvenil de pertenza. As conclusións subliñan a importancia de fortalecer as relacións entre educadores/as e adolescentes para promover un entorno de lecer saudable e educativo, así como resaltan a necesidade de incorporar a relación educativa como ámbito de reflexión na práctica profesional dos educadores/as.

VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA Cotitoría
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA Cotitoría
Tribunal
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
Simón o memorioso: Proxecto de educación patrimonial sobre o Arquipélago de San Simón (Vigo)
Autoría
S.B.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.B.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Dende a didáctica das Ciencias Sociais vense enfocando a adquisición de competencias para resolver problemas reais e construír coñecemento histórico, mediante o desenvolvemento do pensamento histórico. O patrimonio local, en tanto que é unha construcción seleccionada críticamente e inscrita nunha narración coherente por un grupo cultural para representar os valores comúns cos que se identifica, é un potente medio para acadar estes apredizaxes. Neste traballo, se deseña unha intervención educativa para alumnado de 6º de Educación Primaria centrada na planificación dunha saída escolar ao arquipélago de San Simón en Vigo (Pontevedra), lugar de lazareto no século XIX e de campo de concentración entre 1936-1943. O seu obxectivo principal consiste en promover a interpretación e significación crítica deste espazo patrimonial por parte do alumnado, á vez que se abordan as habilidades metodolóxicas da historia.

Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Portela Fontán, Ana Cotitoría
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Portela Fontán, Ana Cotitoría
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Titor do alumno)
Portela Fontán, Ana (Titor do alumno)

Inclusión educativa do alumnado estranxeiro e actitudes do profesorado
Autoría
I.A.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.A.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 17:30
01.07.2024 17:30
Resumo
Na actualidade son moitas as nenas e nenos procedentes doutros países que están escolarizados nos centros educativos, xa que a educación, constitúe unha das ferramentas imprescindibles para a participación cidadá. Nas últimas décadas as políticas educativas desenvoltas, fan especial fincapé na necesidade de avanzar cara sistemas educativos inclusivos, sendo precisamente neste aspecto no cal enmarcamos o traballo que desenvolveremos neste Traballo Fin de Grao (TFG), e máis concretamente na inclusión educativa, tanto no centro como na aula, das nenas/os procedentes doutros países. Tamén consideramos que é de especial relevancia a actitude do profesorado cara a inclusión deste alumnado, polo que tampouco obviaremos a súa actitude así como a súa planificación cara a levar prácticas inclusivas. Os obxectivos que pretendemos acadar son analizar a evolución da inclusión educativa segundo os distintos acordos levados a cabo polos distintos países, así como as medidas que se foron adoptando a nivel lexislativo que atinxenao alumnado estranxeiro. Por outra banda tratamos de coñecer a actitude do profesorado cara a inclusión do alumnado estranxeiro na aula, así como as prácticas que levan a cabo para fomentar esta. A metodoloxía para desenvolver a indagación será de carácter descritivo, e os instrumentos para recoller a información serán o cuestionario e a entrevista estruturada. Así mesmo, durante o período do Prácticum, farase observación nas aulas onde estean nenos/as estranxeiros.

SANTOS GONZALEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
SANTOS GONZALEZ, MARIA CARMEN (Titoría)
Tribunal
SANTOS GONZALEZ, MARIA CARMEN (Titor do alumno)

Ocio e inclusión das persoas con discapacidade intelectual: un estudo de caso.
Autoría
J.M.P.P.
Grao en Educación Social
J.M.P.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2024 13:15
03.07.2024 13:15
Resumo
O propósito deste estudo é explorar a importancia do lecer para a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade intelectual, así como indagar en como a Educación Social pode contribuír á creación dunha contorna de lecer inclusivo. A investigación focalizarase na Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Santiago de Compostela como punto de referencia. Primeiro, levará a cabo unha revisión bibliográfica sobre o tema para entender o panorama actual e familiarizarnos cos conceptos clave. Logo, procederase a un estudo de caso cualitativo no contexto da asociación, utilizando diversas técnicas de recompilación de datos, como a análise das memorias recentes do centro e entrevistas semiestructuradas de diferentes perfís. Estas técnicas permitirán unha exploración profunda do programa de lecer e deportes, así como unha avaliación do seu impacto na promoción dun lecer inclusivo en clave socioeducativa.

Varela Crespo, Laura María (Titoría)
Varela Crespo, Laura María (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Secretario/a)
Conde López, Julio José (Vogal)

Terapia Asistida por Animais: Unha proposta de Intervención para o Apoio Emocional en Educación Primaria.
Autoría
E.M.G.
Grao en Pedagoxía
E.M.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 17:00
02.07.2024 17:00
Resumo
Este traballo ten como temática principal a Terapia Asistida con Animais. Inclúe un marco teórico que recolle a información necesaria para coñecer a historia, a situación en España e os beneficios das intervencións asistidas con animais, xunto a unha proposta de innovación pedagóxica que consiste nun proxecto de intervención para o apoio emocional que utiliza a Terapia Asistida con Animais para reducir o estrés e a ansiedade e promover o benestar emocional e psicolóxico do alumnado de todos os cursos de Educación Primaria. Para isto, descríbense unha serie de actividades que axudarán ós/ás alumnos/as a recoñecer e diferenciar as súas emocións, expresar os seus sentimentos e pensamentos, establecer conexións emocionais, coñecer a importancia do respeto, a empatía e a responsabilidade cara ós animais, mellorar a súa autoestima e autoconfianza e colaborar cos/coas seus/súas compañeiros/as, ao mesmo tempo que se crea un ambiente de confianza, relaxación e seguridade que permita que os/as profesionais (titores/as e terapeutas) poidan identificar posibles problemas ou necesidades emocionais do alumnado. Para finalizar, engadese un apartado no que se extraen diversas conclusións, como a ausencia de leis que regulen esta modalidade de terapia ou os grandes custos asociados á proposta.

Igualdade de xénero: A coeducación como instrumento promotor
Autoría
M.E.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.E.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda de maneira exhaustiva o concepto de coeducación na etapa de Educación primaria. Neste sentido, a través dunha investigación que toma como referente libros, revistas, teses e outros documentos levados a cabo por diversos autores, reflexionase acerca da coeducación. O obxectivo non se limita unicamente a examinar este termo, senón que tamén se analiza criticamente a historia da educación dende unha perspectiva de xénero, a eficacia de diversos programas coeducativos desenvoltos no territorio español e as actitudes e accións que se deben de promover dende o contexto educativo para a súa correcta implementación.

A Arteterapia nas Persoas Maiores, a través da Educación Social (ES)
Autoría
A.V.F.
Grao en Educación Social
A.V.F.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.02.2024 11:00
01.02.2024 11:00
Resumo
A realidade que se comezou a vivir no Século XXI caracterízase por un aumento da esperanza de vida e, como consecuencia do descenso da natalidade, aparece un avellentamento masivo da poboación, o cal continua a aumentar co paso dos anos. Dita realidade orixina múltiples necesidades entre o colectivo das persoas maiores, entre elas, a de dotar de vida a este proceso. Polo tanto, vólvese ineludible crear unha nova mentalidade sobre o avellentamento e a vellez, así como tamén, ofrecer unha serie de respostas á problemáticas que lle afectan directamente como a Soidade, os Coidados Especializados, a falta de Recursos ou a loita contra o Edadismo. No presente Traballo Fin de Grao (TFG), ofrécese unha proposta de proxecto de intervención socioeducativa de estimulación cognitiva e emocional a través do manexo das artes plásticas (Arteterapia); cuxo principal propósito é lograr crear accións profesionalizadoras adaptadas ás necesidades e destinatarios/as, ademais de construír unha base teórica entorno aos conceptos centrais que dan forma ao coñecemento defendido. Así, o proxecto A arte de ser nós mesmos está destinado a adultos maiores de 70 anos con Deterioro Simple e Deterioro Cognitivo leve-moderado, usuarios/as do Centro de Día Vitais (Ordes), lugar onde foi realizado o Prácticum II do Grao en Educación Social (ES) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O xogo motor como metodoloxía educativa en distintas áreas de Educación Primaria
Autoría
U.G.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
U.G.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 10:45
03.07.2024 10:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao de Mestre/a en Educación Primaria céntrase na investigación do xogo motor como metodoloxía educativa nas distintas áreas curriculares. Explorando o seu potencial, evidéncianse os numerosos beneficios que reporta, contribuíndo ao desenvolvemento do alumnado nas dimensións cognitiva, física, emocional e social. O obxectivo xeral foi elaborar unha proposta de innovación pedagóxica coa que fomentar o uso do xogo motor en distintas áreas curriculares. A proposta elaborada é orixinal e trátase dun proxecto de innovación educativa enmarcado no Plan Proxecta+, na modalidade de Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD) e Máis e Mellor Actividade Física (MMAF). Na proposta, o alumnado toma un papel protagonista na educación a través de xogos motores adaptados ás súas características e necesidades, e aos contidos de diferentes áreas do currículo de Educación Primaria; buscando fomentar a motivación e un estilo de vida activo. Así, ofrécense orientacións pedagóxicas sobre planificación, temporalización e avaliación, xunto con exemplos prácticos de actividades adaptables a distintas materias. En definitiva, preséntase unha proposta innovadora cara un modelo educativo máis eficaz e inclusivo, orientado ao desenvolvemento integral e ao benestar do alumnado.

BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Titoría)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Titoría)
Tribunal
Guisande Couñago, María Adelina (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)

A Importancia da Intelixencia Emocional e a Convivencia nos Centros de Educación Secundaria Obrigatoria: Unha aproximación dende a Educación Social.
Autoría
S.P.P.
Grao en Educación Social
S.P.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 13:00
01.07.2024 13:00
Resumo
O Traballo de Fin de Grao titulado A Importancia da Intelixencia Emocional e a Convivencia nos Centros de Educación Secundaria Obrigatoria: Unha aproximación dende a Educación Social analiza o impacto da intelixencia emocional (IE) e a convivencia escolar en adolescentes. O obxectivo é promover estas habilidades e relacións positivas na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), destacando o papel do educador social. Mediante unha investigación documental, explóranse os conceptos de IE e convivencia escolar, revisando a súa evolución, modelos teóricos e lexislación relevante. Identifícanse competencias clave como a conciencia e regulación emocional, autonomía, habilidades socioemocionais e competencias para a vida e o benestar. O estudo mostra que desenvolver a IE mellora a convivencia escolar e reduce problemas como o acoso e o absentismo escolar. Saliéntase a necesidade de estratexias educativas que integren estas competencias, propoñendo ao educador social como figura esencial nos centros educativos para facilitar estas melloras. En conclusión, o traballo subliña a importancia dun enfoque educativo integral que contemple o benestar emocional e a convivencia positiva para o desenvolvemento integral dos estudantes na ESO.

NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)

Introdución da técnica do gravado.
Autoría
M.V.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.V.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 13:00
01.07.2024 13:00
Resumo
O TFG aborda a integración do gravado como ferramenta pedagóxica na educación primaria. A pesar de non estar explícito no currículo, o estudio demostra a viabilidade e os beneficios do gravado para o desenvolvemento creativo e artístico dos estudantes. A metodoloxía socioconstructivista e activa foi empregada para facilitar a exploración e experimentación cos alumnos. As actividades, centradas no enfoque experiencial, mostraron un impacto positivo na creatividade e nas habilidades técnicas dos estudantes. No feedback recollido destacou a satisfacción dos alumnos e a súa vontade de repetir as actividades. En resumo, o TFG ofrece unha proposta innovadora e efectiva para incorporar o gravado na educación primaria, preparando os estudantes para enfrontar os desafíos do mundo laboral con confianza e competencia.

Discapacidade visual e dificultades no proceso de ensino-aprendizaxe
Autoría
N.P.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
N.P.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 10:00
03.07.2024 10:00
Resumo
A discapacidade visual, a pesar de ser considerada unha das necesidades educativas máis prevalentes no mundo, non recibe a atención suficiente no contexto educativo; provocando graves consecuencias e limitacións na vida do alumnado. Estas dificultades pódense superar proporcionando unha resposta educativa adecuada. Non obstante, para iso, o docente debe dispoñer das ferramentas necesarias para atender ás necesidades educativas promovendo o uso dun modelo de intervención inclusivo. Polo tanto, o obxectivo deste traballo é identificar as principais dificultades presentes no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado con discapacidade visual e propor estratexias educativas adecuadas. A metodoloxía inclúese dentro da Modalidade de Iniciación á investigación documental, realizando unha revisión exploratoria e unha revisión sistemática consultando diferentes bases de datos electrónicas (Google Scholar, Dialnet, Psycinfo e WOS). Os principais resultados mostran a práctica docente e a formación como as principais barreiras que impiden a plena inclusión do alumnado cego, ademais da falta de recursos e infraestruturas adaptadas as súas necesidades educativas, feito que debería favorecer que o profesorado poida anticipar e previr posibles consecuencias no seu desenvolvemento, dando unha resposta conxunta e flexible no proceso educativo do neno/a.

Taboada Ares, Eva María (Titoría)
Taboada Ares, Eva María (Titoría)
Tribunal
PERNAS MORADO, EULOGIO (Presidente/a)
MURIAS ROMAN, RUTH (Secretario/a)
CASAL OTERO, LORENA (Vogal)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Presidente/a)
MURIAS ROMAN, RUTH (Secretario/a)
CASAL OTERO, LORENA (Vogal)
A interculturalidade como valor nas aulas de Educación Infantil: proposta de intervención nun centro privado
Autoría
S.S.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.S.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 17:00
01.07.2024 17:00
Resumo
No presente traballo levase a cabo unha proposta de intervención educativa, dirixida a explorar como a interculturalidade se atopa integrada nas aulas de Educación Infanil. Na primeira parte do traballo realizase unha revisión teórica, na que se concretan a definición de cultura, as diferenzas entre multiculturalidade e interculturalidade, a educación intercultural e a súa importancia, e por último, a interculturalidade nas aulas de Educación Infantill. Baseada nesta revisión, presentarase unha proposta de intervención educativa pensada para fomentar a diversidade cultural e por tanto, a interculturalidade nas aulas de Educación Infantil, máis concretamente no segundo ciclo de esta etapa. Ademais de todos os apartados correspondentes á proposta, inclúense unhas paxinas dedicadas á posta en práctica e ós resultados obtidos de dita proposta.
No presente traballo levase a cabo unha proposta de intervención educativa, dirixida a explorar como a interculturalidade se atopa integrada nas aulas de Educación Infanil. Na primeira parte do traballo realizase unha revisión teórica, na que se concretan a definición de cultura, as diferenzas entre multiculturalidade e interculturalidade, a educación intercultural e a súa importancia, e por último, a interculturalidade nas aulas de Educación Infantill. Baseada nesta revisión, presentarase unha proposta de intervención educativa pensada para fomentar a diversidade cultural e por tanto, a interculturalidade nas aulas de Educación Infantil, máis concretamente no segundo ciclo de esta etapa. Ademais de todos os apartados correspondentes á proposta, inclúense unhas paxinas dedicadas á posta en práctica e ós resultados obtidos de dita proposta.
Dirección
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titor do alumno)
MIGUEZ SALINA, GABRIELA DOLORES (Titor do alumno)
O desenvolvemento emocional a través da Expresión Corporal en Educación Primaria: proposta de intervención nun centro privado
Autoría
S.S.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.S.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
No presente traballo levase a cabo un programa de intervención educativa, dirixido a explorar como o alumnado de Educación Primaria é capaz de recoñecer as emocións básicas e as expresa a través da súa corporalidade. Na primeira parte do traballo realizase unha revisión teórica, na que se concretan diversos puntos como poden ser, a relevancia da Expresión Corporal na infancia, a importancia da educación emocional en Educación Primaria e finalmente, a relación entre a Expresión Corporal e as emocións na escola. Baseado nesta revisión, presentase un programa de intervención educativa pensado para fomentar a xestión emocional mediante a Expresión Corporal, no alumnado de Educación Primaria, máis concretamente no primeiro ciclo de esta etapa. Ademais de todos os apartados correspondentes á proposta, inclúense unhas páxinas de reflexión final.

Proposta de intervención educativa para favorecer a educación emocional en alumnado con TEA.
Autoría
A.V.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.V.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
Na actualidade, nas aulas de Educación Primaria existe unha gran diversidade funcional entre o alumnado. Dentro desta diversidade, incluímos ao alumnado diagnosticado con TEA, quen posúe unhas características e necesidades, a nivel cognitivo, emocional e de personalidade, diferentes ás do alumnado normotípico. Como mestres e mestras, temos o deber de promover o desenvolvemento integral de tódolos/as nenos e nenas e para isto debemos adaptar a nosa metodoloxía, empregando todos os recursos dispoñibles para atender ás súas necesidades. No caso do alumnado con TEA, é importante dar resposta aos problemas emocionais que presentan, xa que xogan un papel importante no seu desenvolvemento, debido a que lles axuda a afianzar a empatía e a tolerar a frustración. O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo central deseñar unha proposta de intervención educativa que favoreza o a educación emocional no alumnado con TEA. O documento estará dividido en dous bloques. No primeiro, de carácter teórico, describirase o TEA e falarase sobre a importancia da educación emocional no desenvolvemento integral deste alumnado. No segundo, presentarase unha proposta de intervención para traballar a educación emocional en alumnado con TEA.

Martínez López, Zeltia (Titoría)
Martínez López, Zeltia (Titoría)
Tribunal
Martínez López, Zeltia (Titor do alumno)

Aprendizaxe da fenoloxía en Educación Infantil
Autoría
P.R.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.R.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.09.2024 18:00
05.09.2024 18:00
Resumo
Este traballo céntrase nunha proposta didáctica innovadora de ciencias experimentais sobre a aprendizaxe da fenoloxía nas aulas de educación infantil, utilizando diferentes metodoloxías como a Aprendizaxe Baseada en Proxectos, a educación na natureza e o traballo por recunchos. Para planificar a proposta centrarémonos en primeiro lugar en coñecer como se traballan estes contidos nas aulas de educación infantil para, a continuación, reflexionar e crear a nosa proposta. Neste caso, o obxectivo que se quere conseguir é analizar e indagar sobre as diferentes formas que se utilizan para abordar a fenoloxía en educación infantil e deseñar unha proposta a partir desa análise. De maneira que, a metodoloxía que se leva a cabo no traballo é cualitativa. Mediante a información recompilada ao longo do traballo, deseñase unha proposta innovadora que se centra no estudo da fenoloxía da contorna do alumnado, mediante actividades de observación de especies vexetais e a reflexión dos cambios que se producen ao longo do curso escolar.

Proposta de intervención para a mellora comunicativa entre adolescentes con TEA e as súas familias
Autoría
A.P.S.
Grao en Educación Social
A.P.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2024 12:00
03.09.2024 12:00
Resumo
O trastorno do espectro autista caracterízase por inconvenientes e deficiencias no establecemento dunha comunicación eficaz, relacións sociais e xestión das emocións, así como outras características problemáticas deste trastorno. Este Traballo Fin de Grao (en diante TFG) busca afondar no tema do Trastorno do Espectro Autista (en diante TEA), establecendo a súa definición, características, ademais de coñecer as diferentes técnicas ou metodoloxías para o seu diagnóstico e tratamento. A partir da información e coñecementos recollidos, realízase unha proposta de intervención socio-educativa para adolescentes, coa utilización do método de Tratamento e Educación de Nenos con Autismo e Problemas Relacionados de Comunicación (en diante TEACCH), co obxectivo de mellorar as súas habilidades sociais e comunicativas. Dende o enfoque centrado na familia, traballamos desde a detección de puntos fortes e, para iso, é fundamental formar ás familias, empoderalas, para que elas mesmas detecten as súas fortalezas e as utilicen con eficacia no seu día a día. O primeiro obxectivo do TFG é realizar unha revisión bibliográfica sobre programas familiares para traballar as posibles dificultades que os pais e nais poidan atopar á hora de educar ou convivir cos seus fillos, así como estratexias de intervención para tratar os obstáculos existentes na convivencia cos mozos adolescentes diagnosticados de TEA. Como segundo obxectivo, preténdese facer unha proposta de intervención en familias de adolescentes diagnosticados de TEA que contribúa ao desenvolvemento óptimo da comunicación entre adolescentes entre as partes. A proposta de intervención busca mellorar a calidade de vida dos adolescentes con TEA mediante a intervención familiar e a inclusión social.

As actividades extraescolares como instrumento de mellora da atención e a concentración en menores de 4º e 5º e 6º de Educación Primaria: unha proposta socioeducativa dende a animación sociocultural.
Autoría
Z.M.C.
Grao en Educación Social
Z.M.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grado (TFG), titulado «As actividades extraescolares como instrumento de mellora da atención e a concentración en menores de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: unha proposta socioeducativa dende a animación sociocultural.», explórase como as actividades extraescolares impactan no desenvolvemento da atención e a concentración dos cativos, propoñendo unha intervención innovadora baseada na animación sociocultural. Estas actividades non soamente ofrecen entretemento, senón que tamén promoven habilidades sociais, valores e crecemento persoal. O marco teórico céntrase na relevancia da atención, a concentración e o ocio no proceso educativo e no desenvolvemento integral dos mozos. A animación sociocultural emerxe como unha metodoloxía innovadora que busca fomentar a participación activa e o desenvolvemento persoal a través da educación non formal. Dándolle énfase ao papel do educador/a social na implementación de intervencións efectivas, que van máis alá da ensinanza convencional. Este TFG busca enriquecer o debate sobre o ocio educativo e o potencial da animación sociocultural para mellorar a atención e a concentración nas nenas e nenos, ofrecendo orientacións prácticas para programas socioeducativos efectivos en contornas escolares e comunitarias.

A mellora da autoestima no aula de educación primaria: unha proposta de intervención.
Autoría
S.R.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.R.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O autoestima ten un papel fundamental dentro dos elementos que conforman o ser humán. Esta aparece nos primeiros anos de vida, segue construíndose na infancia e ten unha influencia significativa na adolescencia e na vida adulta do individuo. O traballo finaliza cunha proposta de mellora e intervención psicoeducativa adaptada as necesidades do alumnado de primaria, , especialmente no alumnado de segundo ciclo. Coa intención de promover unha autoestima positiva no alumnado, se implementará na aula unha proposta de actividades temporalizadas ao longo de todo o curso académico. Esta intervención ten como obxectivo fomentar no alumnado de Educación Primaria unha autoestima positiva. No seguinte traballo analízase cómo a autoestima se relaciona co comportamento infantil e como a influencia da familia e a escola é importante á hora de construir o autoestima.

Perspectiva histórica da Educación Ambiental no Estado español a través das “Firmas del mes” do CENEAM
Autoría
G.C.E.
Grao en Pedagoxía
G.C.E.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Nesta investigación documental, procurarase coñecer a evolución da Educación Ambiental no Estado español mediante o análise das “Publicaciones del mes” do CENEAM. Procurando amosar unha imaxe fiel coa realidade a nivel nacional e internacional así coma pesquisar as relacións que se producen entre ambas. Asemade, procurase aplicar os coñecementos adquiridos ao longo do Grao, realizado dita investigación sobre a evolución histórica da Educación Ambiental (EA) en España, empregando como base as publicacións do mes do CENEAM. A Educación Ambiental, a cal cada vez toma máis importancia como ferramenta ante a crise climática, recoñecida polos resultados de multitude de estudos climáticos e sociais, é crucial para a consecución dos cambios políticos e socias precisos para o establecemento dos valores da sustentabilidade a longo prazo na sociedade. Deste xeito, a investigación estuda a evolución da EA, reflexionando sobre a relevancia desta fronte a crise climática global que nos atinxe, contextualizandoa a xeito internacional e nacional mediante os datos recollidos coa lectura das publicacións do mes do CENEAM e a documentación pertinente, permitindo abordar conceptos fundamentais da EA, a súa evolución así como a dicotomía entre a interpretación da sostibilidade forte e feble. Por outra banda, procurase expoñer e debater sobre os resultados obtidos desta investigación, que resulten axeitados para a resolución das preguntas da investigación e o cumplimento dos obxectivos da mesma.

Conde López, Julio José (Titor do alumno)

Os espazos de xogo na Educación Infantil
Autoría
L.B.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.B.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 17:30
01.07.2024 17:30
Resumo
Os espazos educan, teñen fundamentación académica e son un material educativo, polo que este traballo consiste en analizar os espazos que se utilizan nos colexios para o xogo en infantil. Comezase cunha investigación documental para coñecer os espazos de xogo e os elementos que os conforman así como a súa importancia, valorándoo como terceiro mestre. Logo analizanse, mediante unha enquisa, os espazos de xogo centrándose no patio do recreo dos colexios na Educación Infantil, analizanse os diferentes elementos aos que teñen acceso as crianzas e, relacionándoo co tipo de centro no que se sitúan e coa zona na que se encontra, pregúntase sobre a presencia de zonas verdes, pistas, areeiros,… observando así os puntos fortes e débiles para facer unha proposta de mellora xeral. O estudo obtivo unha mostra de 99 docentes e mestras/es en prácticas e para a obtención dos datos aplicouse un cuestionario de Google Forms con 18 preguntas acerca do tema que nos interesaba: Os patios do recreo en Educación Infantil, cunha breve comparación co de Educación Primaria. Os resultados revelan a falta de patios interiores, de recursos e de estruturas para un bo uso do momento do recreo cunha intención pedagóxica.

BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Titor do alumno)

Persoas sen fogar: análise das dificultades de inserción socio-laboral
Autoría
L.R.C.
Grao en Educación Social
L.R.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao pon o foco sobre unha das problemáticas sociais máis relevantes e complexas na actualidade: o senfogarismo. Este traballo de revisión documental ten a finalidade de identificar as principais dificultades de inserción socio-laboral das persoas sen fogar e de delimitar o papel que desenvolve a educación social na intervención con este colectivo. Para isto, ofrécese unha visión xeral sobre este fenómeno, abordando diferentes aspectos como os tipos de senfogarismo, as súas causas, o perfil das persoas sen fogar ou os datos estatísticos actuais. A continuación, conceptualízase a inclusión social e a inserción laboral para, posteriormente, presentar os factores e as dificultades que presentan as persoas sen fogar no seu proceso de inserción socio-laboral. Ademais, delimítase o papel que desenvolve a educación social na intervención con persoas sen fogar, centrándose principalmente no acompañamento socioeducativo; e, para concluír, compróbanse os resultados acadados con este traballo, salientando a evolución desfavorable que presenta o senfogarismo, as numerosas dificultades que teñen as persoas sen fogar para lograr a súa inserción sociolaboral e a importancia de adoptar medidas multiinterdisciplinares que traballen sobre as necesidades destas persoas de forma individual.

González Blanco, María (Titoría)
González Blanco, María (Titoría)
Tribunal
González Blanco, María (Titor do alumno)

Construindo a sexualidade feminina. Proxecto de Intervención socioeducativa.
Autoría
M.G.M.
Grao en Educación Social
M.G.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 14:00
01.07.2024 14:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado (TFG) consiste na elaboración dun proxecto de intervención socioeducativa que aborda a influencia do patriarcado na construción do pracer sexual feminino. O seu principal obxectivo consiste en desafiar os estereotipos e normas sociais que repercuten negativamente no pracer sexual das mulleres. Levarase a cabo na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde se buscará promover un espacio de discusión e reflexión, que proporcione a información e os recursos educativos necesarios para poder gozar dunha sexualidade pracenteira e segura.
O presente Traballo de Fin de Grado (TFG) consiste na elaboración dun proxecto de intervención socioeducativa que aborda a influencia do patriarcado na construción do pracer sexual feminino. O seu principal obxectivo consiste en desafiar os estereotipos e normas sociais que repercuten negativamente no pracer sexual das mulleres. Levarase a cabo na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde se buscará promover un espacio de discusión e reflexión, que proporcione a información e os recursos educativos necesarios para poder gozar dunha sexualidade pracenteira e segura.
Dirección
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
A presenza da pedagoxía Reggio Emilia na educación infantil na documentación científica do século XXI. Unha revisión sistemática
Autoría
N.P.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.P.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:30
02.07.2024 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda unha revisión sistemática sobre a realidade das investigacións que existen no presente século sobre a pedagoxía Reggio Emilia na educación infantil. Para a súa realización empregouse o método PRISMA, recoñecido como unha das ferramentas máis adecuadas para desenvolver este tipo de investigacións. Neste estudo analizaranse algúns dos principios pedagóxicos do modelo reggiano a partir dos estudos publicados en acceso aberto na base de datos SCOPUS en diferentes linguas (español, inglés e italiano).

CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Titoría)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Titoría)
Tribunal
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Titor do alumno)

Deseño dunha proposta para traballar a alimentación na Educación Primaria a través das prácticas científicas.
Autoría
A.M.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.M.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:15
01.07.2024 10:15
Resumo
A alimentación saudable é fundamental para garantir o correcto desenvolvemento e crecemento dos nenos/as. É primordial crear uns hábitos alimenticios saudables desde a infancia para previr a aparición de enfermidades. Por este motivo, no traballo xustifícase a súa necesidade e pertinencia nas aulas, para logo presentar a proposta Investigadores da alimentación, a cal pretende ofrecer ao alumnado un coñecemento acerca da temática da alimentación, centrándose na adquisición de hábitos saudables. A metodoloxía empregada son as prácticas científicas, as cales implican a participación activa dos estudantes, á vez que contribúen ao desenvolvemento integral e promoven que o coñecemento sexa significativo e se integre de maneira máis sólida na súa percepción do mundo.

Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Tribunal
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titor do alumno)

O traballo por proxectos en Educación Infantil: deseño, desenvolvemento e avaliación
Autoría
M.D.L.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.D.L.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo explora a implementación da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP) na educación infantil, estruturada en varias seccións clave. Examina a ABP, a súa orixe, características, fases de desenvolvemento e os roles do profesorado e do alumnado. Tamén se destacan as vantaxes educativas e as dificultades da ABP na educación infantil. No terceiro capítulo, preséntase un estudo de caso do proxecto Nenos do mundo: China. Detállase a posta en marcha do proxecto, a selección de obxectivos e contidos, así como o desenvolvemento de actividades. Analízase a secuencia temporal das actividades, a xestión da aula e a avaliación das aprendizaxes. Esta investigación proporciona unha guía práctica para educadores sobre como deseñar, desenvolver e avaliar proxectos en educación infantil. Detállanse estratexias concretas para a planificación e execución de proxectos, ademais de ofrecer ferramentas de avaliación que permiten medir tanto o progreso dos estudantes como a eficacia do proxecto, asegurando unha mellora continua na práctica educativa. Este enfoque integral facilita a implementación exitosa da ABP, promovendo unha aprendizaxe máis activa e significativa para os nenos e nenas.

ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titoría)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Titor do alumno)

A formación do profesorado en materia de interculturalidade en España. Análise de boas prácticas educativas.
Autoría
H.C.N.
Grao en Pedagoxía
H.C.N.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
O presente traballo analiza a situación actual da formación docente en materia de interculturalidade no sistema educativo español. Para iso descríbese, en primeiro lugar, o panorama da diversidade cultural no ámbito escolar, en segundo lugar, os posibles roteiros formativos a seguir polo profesorado e, en terceiro lugar, a unión de ambas, a través dos procesos vinculados á formación docente neste ámbito. Posteriormente, leva a cabo unha procura e selección de boas prácticas educativas vinculadas coa temática intercultural, así como unha reflexión final con posibles propostas de mellora a futuro.

VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titor do alumno)

Análise bibliográfica de estratexias de inclusión social en nenos/as con Trastorno do Espectro Autista.
Autoría
N.Q.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.Q.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
O déficit na área das habilidades sociais é unha realidade común en todos os individuos con diagnóstico de Trastorno de Espectro Autista (TEA). En consecuencia, resulta de importancia capital que sexan traballadas para optimizar ao máximo a súa calidade de vida e as interaccións relacionais cos demais suxeitos. Así, o obxectivo do presente Traballo de Fin de Grao é analizar as técnicas e estratexias existentes para lograr esa mellora nas habilidades sociais de ditas persoas. Primeiramente, a fin de contextualizar a temática, abordarase o concepto e as características do TEA, facendo un percorrido ao longo da súa historia e evolución. Así mesmo, desenvolverase con maior precisión unha análise sobre o comportamento que presentan os suxeitos con esta condición en canto a este plano principalmente no ámbito escolar. Para levar a cabo a revisión sistemática empregáronse catro bases de datos diferentes: Dialnet, ProQuest, SciELO e Redalyc. Mediante os documentos extraídos destas, foi posible coñecer numerosas estratexias e técnicas aplicadas a nenos/as con TEA, así como os resultados da súa aplicación e eficacia.

Illa do Pensamento: Proxecto para Educación Infantil arredor do patrimonio do Arquipélago de San Simón (Vigo) a través dunha saída escolar
Autoría
S.B.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.B.T.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.09.2024 10:30
03.09.2024 10:30
Resumo
Algúns enfoques da ensinanza da Educación Infantil, aprendizaxe baseado no lugar, toman como punto de partida experiencias positivas na contorna, para que os nenos/as adquieran conciencia sobre o seu lugar de orixe, mentres desenvolven contidos curriculares. Á vez, o patrimonio local, como parte deste medio, constitúe una potente ferramenta para espertar, no alumnado, o interese polos rasgos culturais da súa cidade. Polo tanto, esta proposta educativa planifica unh saída escolar ó arquipélago de San Simón, enmarcada no área de descuberta da contorna social e deseñada para alumnado del último curso de Educación Infantil (5-6 anos). O obxectivo principal é conectar ós nenos/as con este espazo, comezando a configurar a súa identidade a medida que exploran o patrimonio da Ría de Vigo. En conclusión, este arquipélago achega ós nenos/as ós bens artísticos locais e lles permite experimentar en entornos valiosos polo seu protagonismo na historia local, o seu dinamismo cultural e diversidade biolóxica.

LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Titor do alumno)

Os programas de intervención para agresores de parella no contexto nacional e internacional. Unha revisión sistemática
Autoría
N.S.S.
Grao en Educación Social
N.S.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2024 18:00
03.07.2024 18:00
Resumo
Nun contexto no que a violencia de xénero se establece como un problema multicausal que ameaza os dereitos humanos de millóns de mulleres e xera discriminación e exclusión, as intervencións para homes maltratadores preséntanse como unha das principais respostas á problemática. Nesta investigación lévase a cabo unha revisión sistemática baseada no método PRISMA sobre este tipo de programas no contexto nacional e internacional. A extracción da información inclúe un total de sete artigos das bases de datos Web of Science, Scopus e Dialnet publicados na década comprendida entre 2013 e 2023. Os datos analízanse en función dos resultados dos estudios, os modelos de intervención empregados e as taxas de abandono e participación. Os resultados da revisión indican unha predominancia da terapia cognitivo-condutual e respostas positivas con efectos moderados ou baixos. Os datos tamén apuntan a un cambio no panorama das intervencións, avanzando cara a enfoques máis integrais que reclaman a necesidade dunha abordaxe integral e comunitaria coa presenza da Educación Social.
Nun contexto no que a violencia de xénero se establece como un problema multicausal que ameaza os dereitos humanos de millóns de mulleres e xera discriminación e exclusión, as intervencións para homes maltratadores preséntanse como unha das principais respostas á problemática. Nesta investigación lévase a cabo unha revisión sistemática baseada no método PRISMA sobre este tipo de programas no contexto nacional e internacional. A extracción da información inclúe un total de sete artigos das bases de datos Web of Science, Scopus e Dialnet publicados na década comprendida entre 2013 e 2023. Os datos analízanse en función dos resultados dos estudios, os modelos de intervención empregados e as taxas de abandono e participación. Os resultados da revisión indican unha predominancia da terapia cognitivo-condutual e respostas positivas con efectos moderados ou baixos. Os datos tamén apuntan a un cambio no panorama das intervencións, avanzando cara a enfoques máis integrais que reclaman a necesidade dunha abordaxe integral e comunitaria coa presenza da Educación Social.
Dirección
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
Tribunal
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Presidente/a)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Rodríguez Groba, Ana (Vogal)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Presidente/a)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Rodríguez Groba, Ana (Vogal)
Proposta de Intervención sensorial para alumnado con Discapacidade Intelectual
Autoría
L.V.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.V.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 17:00
01.07.2024 17:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao (TFG), que ten como temática principal a Discapacidade Intelectual (DI) abórdanse diferentes cuestións. Inicialmente atopámonos coa xustificación da temática, na cal se explican os motivos polos cales se decidiu realizar o traballo sobre a DI. Acto seguido, presentanse os obxectivos que se pretenden cumprir ao desenvolver este TFG. Agregado ao anterior, preséntase unha fundamentación teórica na cal se describe a propia evolución do concepto de Discapacidade Intelectual, a definición que posuímos actualmente, así como os factores de aparición deste trastorno, ademais das diferentes clasificacións que se establecen hoxe en día. Debido as dificultades xerais que ten o alumnado con DI en todos os ámbitos, expónse unha proposta de intervención para traballar acerca dos cinco sentidos, coa finalidade de dar resposta ás necesidades do alumnado dentro deste ámbito. Este apartado, igual que o anterior, abrangue diferentes apartados, como son: obxectivos e contidos que se pretenden acadar, metodoloxía, temporalización, a proposta de actividades e o sistema de avaliación, entre outras cuestións. Para finalizar, preséntase un apartado de conclusións no que se reflexiona acerca da viabilidade de establecer esta proposta de intervención nunha aula de Educación Especial, así como os posibles resultados que se poderían obter.

Relación entre a autoestima e o autoconcepto e os Trastornos da Conducta Alimentaria no alumnado de Educación Primaria.
Autoría
D.M.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.M.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
A autoestima e o autoconcepto son esenciais no desenvolvemento psicolóxico infatil e teñen un impacto significativo no benestar e na saúde mental. Na etapa de educación primaria, os nenos e nenas atópanse nun período crítico de formación da súa identidade e percepción persoal. Os Trastornos da Conducta Alimentaria son afecións psiquiátricas que afectan ó comportamento alimentario das persoas e inflúen negativamente na súa saúde física e mental. A detección temperá e a intervención é crucial, xa que estos trastornos poden comezar a manifestarse en idades temperás. Polo tanto, o obxectivo do presente traballo consiste en buscar a relación existente entre o autoconcepto e a autoestima e a súa influencia na aparición dos TCA no alumnado de idades comprendidas entre os 6 e 12 anos. A metodoloxía elixida inclúese dentro da modalidade de iniciación á investigación documental. Así, realizouse unha revisión en diferentes bases de datos. Entre os principais resultados, cabe destacar o recoñecemento dun pobre autoconcepto e unha baixa autoestima como factores de risco na aparición dun TCA. Así pois, o estudo amósanos a necesidade de identificar, tratar e previr os trastornos da conducata alimentaria dende idades temperás a partir do traballo pola mellora do autoconcepto e a autoestima nas aulas de educación primaria.

Taboada Ares, Eva María (Titor do alumno)

A integración dos aspectos afectivo-sexuais na aprendizaxe sobre o corpo humano na Educación Primaria
Autoría
V.P.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
V.P.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 12:00
03.07.2024 12:00
Resumo
Dende hai décadas, a UNESCO reivindica a nivel internacional a necesidade de incorporar a educación sexual nos currículos educativos. A educación sexual ten como obxectivo comprender que a sexualidade é unha parte integral da vida dos seres humanos e, como tal, contribúe ao desenvolvemento e benestar das persoas. En España, na Educación Primaria, a lexislación educativa establécea como obxectivo das Ciencias da Natureza, atendendo ás dimensións física, emocional, ética e social. Pese a isto, en moitas aulas séguese a falar en exclusiva da dimensión biolóxica da reprodución humana. O presente TFG persegue o obxectivo central de coñecer o impacto da implantación dunha proposta de educación sexual, baseada no modelo de educación sexual integral (ESI), nas aprendizaxes do alumnado participante de 6º de Educación Primaria. A metodoloxía de traballo presenta un carácter cualitativo do estudo dun caso concreto do que se recolleron as respostas obtidas dende o inicio ata o final da realización da implantación. Delas destacan as carencias nas aprendizaxes previas do alumnado e a necesidade de traballar a educación sexual de forma sistémica dende unha perspectiva construtivista.

GONZALEZ COSTA, IRENE Cotitoría
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
GONZALEZ COSTA, IRENE Cotitoría
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
Proposta de intervención para traballar estratexias de ensino resilientes na aula de 5º curso de Primaria mediante recursos dixitais
Autoría
M.S.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.S.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 11:00
04.09.2024 11:00
Resumo
A educación emocional e as Tecnoloxías de Información e Comunicación están a gañar cada vez máis relevancia, tanto no ámbito educativo como na vida diaria. O termo resiliencia, o cal podemos encaixar dentro desta educación emocional, é un aspecto determinante para poder adoptar unha actitude positiva ante a vida e ser capaces de afrontar os diferentes desafíos que se nos presentan. Por iso, a través deste Traballo de Fin de Grao, exponse unha proposta de intervención dirixida ao alumnado de 5º EP e titulada “ResilienTIC”. Esta ten como obxectivo principal o desenvolvemento da resiliencia nos/as estudantes utilizando as Tecnoloxías de Información e Comunicación como ferramenta principal; é dicir, aproveitando ao máximo os diferentes recursos en liña para fomentar esta capacidade no alumnado.

As altas capacidades na etapa de Educación Infantil: resposta e intervención educativa
Autoría
N.P.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
N.P.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
A superdotación, a pesar de ser considerada unha necesidade específica de apoio educativo, non recibe a atención adecuada durante a etapa de Educación Infantil. Así, unha boa parte do alumnado que ten altas capacidades pode non ser capaz de desenvolver todo o seu potencial e mesmo pode mostrar un rendemento baixo, polo que será necesario que o profesorado dispoña das ferramentas necesarias para detectar, estimular e abordar as súas peculiaridades. En consecuencia, o obxectivo deste Traballo Fin de Grao será coñecer a situación das altas capacidades na etapa de educación infantil a través dunha exhaustiva revisión bibliográfica que permita tamén extraer conclusións e presentar liñas de actuación que marquen a intervención do profesorado nas aulas.

Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titoría)
Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titoría)
Tribunal
Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titor do alumno)

Proposta de imprementación do método TEACCH para fomentar a interacción social e adaptación ao cambio do alumnado con TEA nas aulas de Educación Infantil
Autoría
A.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
Malia que houbo importantes avances no relativo á conceptualización e intervención sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA), o alumnado con TEA segue mostrando dificultades para adaptarse ao día a día das aulas. A comprensión do TEA é fundamental para poder fomentar a inclusión deste alumnado nas clases de educación infantil. Nos últimos anos o método TEACCH demostrou a sua eficacia á hora de lograr un ambiente estimulante e adaptado a estas nenas e nenos. Neste TFG desenvolverase unha proposta de intervención nunha aula ordinaria de Educación Infantil para un alumno de 3 anos diagnosticado con TEA en 2º nivel. Este presenta dificultades no desenvolvemento de relacións cos seus iguais, así como na comprensión da reciprocidade social, respondendo de forma reactiva como sinal de rexeitamento. Ademais, presenta certa resistencia ao cambio, distraéndose facilmente ante estímulos visuais. A través do Ensino Estruturado proposto polo método TEACCH, buscarase estimular a iniciativa social espontánea do individuo cos seus iguais, así como lograr unha maior adaptación ante o cambio, ofrecendo apoios visuais, físicos e organizativos.

O impacto da educación temperá no desenvolvemento infantil
Autoría
A.F.I.
Grao en Educación Social
A.F.I.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o impacto da educación temperá no desenvolvemento infantil. Centra o seu estudo nun proxecto de intervención temperá levado a cabo nunha escola de pais, deseñado e implementado por un educador social. O estudo analiza como a educación temperá pode influír nas competencias cognitivas, sociais e emocionais dos nenos durante os primeiros anos de vida. No marco teórico, examínanse varias teorías do desenvolvemento infantil e da aprendizaxe, incluíndo o construtivismo, o cognitivismo e a teoría do desenvolvemento psicosocial. O proxecto de intervención estrutúrase arredor de eixes temáticos como o desenvolvemento cognitivo, lingüístico, social e motor dos nenos de tres anos. Ademais, descríbense as metodoloxías e actividades deseñadas para implicar os pais no proceso educativo, proporcionando ferramentas prácticas para apoiar o desenvolvemento integral dos seus fillos. A temporalización do proxecto abarca cinco semanas, con sesións semanais orientadas á formación e avaliación continua. En conclusión, o proxecto subliña a importancia da educación temperá e a participación activa dos pais para o benestar e éxito futuro dos nenos.

Cortinas abertas, emocións espertas: o teatro como medio para contribuír ao desenvolvemento emocional do alumnado de Educación Primaria.
Autoría
A.L.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.L.R.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
As mentes do futuro, así coma brilantes e prometedoras enfróntanse a un desafío actual, o analfabetismo emocional. Para a súa abordaxe, resulta fundamental traballar nas aulas non só a dimensión cognitiva, senón tamén a emocional. Para iso, no presente traballo plantéxase unha proposta de intervención educativa que ten coma finalidade desenvolver as competencias emocionais. Empregando como fío condutor o dramatismo, pretendo promover o desenvolvemento emocional do alumnado mellorando a súa capacidade para conectar co mundo que lles rodea.
As mentes do futuro, así coma brilantes e prometedoras enfróntanse a un desafío actual, o analfabetismo emocional. Para a súa abordaxe, resulta fundamental traballar nas aulas non só a dimensión cognitiva, senón tamén a emocional. Para iso, no presente traballo plantéxase unha proposta de intervención educativa que ten coma finalidade desenvolver as competencias emocionais. Empregando como fío condutor o dramatismo, pretendo promover o desenvolvemento emocional do alumnado mellorando a súa capacidade para conectar co mundo que lles rodea.
Dirección
Martínez López, Zeltia (Titoría)
Martínez López, Zeltia (Titoría)
Tribunal
Martínez López, Zeltia (Titor do alumno)
Martínez López, Zeltia (Titor do alumno)
Impacto dos Estilos Parentales no Rendemento Académico dos/as Nenos/as e Adolescentes: Perspectiva desde a Educación Social.
Autoría
L.R.C.
Grao en Educación Social
L.R.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo, pretende analizar a relación entre estilos parentales e rendemento académico, mediante a análise documental de investigacións que nos permitan obter respostas. A influencia da familia no desenvolvemento dos nenos e as nenas foi un tema de interese e estudo constante no ámbito da psicoloxía e a educación. A familia ademais de ser o axente primario de socialización desempeña un papel substancial no rendemento/satisfacción escolar infantil. Desde o autoritarismo ata a permisividade, ao longo das décadas, son numerosos os estudos que investigaron sobre os diferentes estilos parentales e o seu impacto no desenvolvemento dos máis pequenos. Ademais, analizáronse diferentes variables que inflúen no rendemento e satisfacción escolar, como: o nivel socio-económico, apoio e control familiar o nivel académico, dos pais e nais etc. Comprender estes factores é vital para poder levar a cabo intervencións que promovan o éxito académico de todos os nenos e nenas sen distinción, independentemente do seu contexto familiar. Os/as profesionais da Educación Social, debemos estar capacitados para traballar de maneira colaborativa con familias, proporcionando espazos seguros de apoio, orientación, prevención e promoción de relacións positivas entre pais/nais e fillos/as.

A normación do consumo de drogas na música: unha análise de contido audiovisual.
Autoría
S.C.G.
Grao en Educación Social
S.C.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.02.2024 11:00
01.02.2024 11:00
Resumo
A música é un medio de entretemento e comunicación masivo que constitúe unha das principais fontes de entretemento na actualidade. De igual modo, a través dela tamén adquirimos aprendizaxes que poden ter unha gran influencia nas nosas emocións e noso comportamiento. Mediante o presente traballo fin de grao realizarase unha análise de contido dende un punto de vista socioeducativo de diferentes cancións, centrado na romantización e normalización do consumo de drogas, sobre todo, entre o colectivo das persoas mozas e adolescentes. Ademais, realizarase unha reflexión acerca do papel da Educación Social neste ámbito, centrándose nunha das funcións principais dos/as educadores/as sociais: a prevención.
A música é un medio de entretemento e comunicación masivo que constitúe unha das principais fontes de entretemento na actualidade. De igual modo, a través dela tamén adquirimos aprendizaxes que poden ter unha gran influencia nas nosas emocións e noso comportamiento. Mediante o presente traballo fin de grao realizarase unha análise de contido dende un punto de vista socioeducativo de diferentes cancións, centrado na romantización e normalización do consumo de drogas, sobre todo, entre o colectivo das persoas mozas e adolescentes. Ademais, realizarase unha reflexión acerca do papel da Educación Social neste ámbito, centrándose nunha das funcións principais dos/as educadores/as sociais: a prevención.
Dirección
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titor do alumno)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titor do alumno)
A lectoescritura na educación primaria. Proposta de intervención educativa.
Autoría
A.T.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.T.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
No contexto educativo actual, é necesario desenvolver un proceso de ensinanza e aprendizaxe que aborde tanto a lectura como a escritura de maneira eficiente para alcanzar o éxito escolar. As metodoloxías aplicadas no sector da educación dificultan o desenvolvemento dun sentimento do pracer e da gratificación que supón ler e escribir para o alumnado, debido a que as técnicas e as estratexias caracterízanse por ser estritas e maxistrais dificultando ir más alá. No presente traballo proporciónanse aspectos chave para entender ambas destrezas, como son: unha conceptualización sobre a lectura e a escritura, estratexias de comprensión lectora, a avaliación da lectura, as capacidades previas necesarias á escritura, os obxectivos da escritura, os métodos fundamentais de ensinanza, etc. Os desenvolvementos teóricos antes mencionados sentaran as bases da proposta de intervención implementada sobre a lectura e a escritura, dirixida ao primeiro curso de Educación Primaria, co obxectivo de proporcionar aos futuros docentes estratexias e dinámicas beneficiosas que poidan levar a cabo na súa labor docente.

MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
Tribunal
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titor do alumno)
VILLAR GARCIA, EVA (Titor do alumno)
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titor do alumno)
VILLAR GARCIA, EVA (Titor do alumno)
Adicción ás TIC na adolescencia. Un estudo en chave educativa.
Autoría
D.A.L.
Grao en Pedagoxía
D.A.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
04.09.2024 10:30
04.09.2024 10:30
Resumo
O uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) transformou a vida contemporánea afectando significativamente aos adolescentes. Este traballo aborda a crecente preocupación sobre a adicción ás TIC nesta etapa destacando a importancia de estratexias educativas para promover un uso equilibrado e saudable da tecnoloxía. Mediante unha revisión documental exhaustiva en bases de datos como Google Académico e Dialnet, recompilouse información sobre a relación entre adolescencia, adiccións e TIC e analizáronse programas e estratexias educativas para a prevención desta adicción. Os resultados indican que as prácticas parentais e o contexto familiar son cruciais no uso e abuso das TIC polos adolescentes. O control excesivo ou a falta de límites claros asócianse cun maior risco de adicción mentres que o apoio e a comunicación aberta actúan como factores protectores. Este estudo subliña a importancia dunha educación integral que involucre a estudantes, familias e educadores. A colaboración entre estes axentes é esencial para abordar os desafíos relacionados coas TIC. Programas como «Cubilete» e «Clickeando» demostraron ser efectivos en reducir hábitos negativos e promover un uso saudable da tecnoloxía.

Mella Núñez, Igor (Titoría)
Mella Núñez, Igor (Titoría)
Tribunal
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
Mella Núñez, Igor (Titor do alumno)
Explorando a saúde mental en prisións e o Potencial Transformador da Pedagoxía
Autoría
U.A.G.
Grao en Pedagoxía
U.A.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
No ámbito penitenciario, as persoas con problemas de saúde mental son especialmente vulnerables, xa que os seus trastornos psiquiátricos e os seus respectivos síntomas adoitan ser incapacitantes, o seu estado xeral de saúde é deficitario e, con frecuencia, son dependentes de persoas coidadoras para poder realizar actividades diarias básicas. Son, ademais, persoas dobremente discriminadas, por padecer un trastorno mental e por ter cometido delitos. Esto describe un problema social (por ende, educativo), polo que é relevante analizar e avaliar os programas e intervención desenvolvidas polas institución. Este traballo, enmarcado na modalidade de investigación documental, tenta afondar na situación e analizar cales son as barreiras e oportunidades da intervención educativa neste contexto.

LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

A gamificación como estratexia para aumentar o rendemento no aula: Revisión sistemática
Autoría
M.V.B.
Grao en Pedagoxía
M.V.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Introdución: O tema de estudo deste documento é a relación entre a gamificación e o rendemento académico, mencionando as variables que inciden neste, principalmente a motivación. O seu obxectivo é analizar o estado da investigación actual. Metodoloxía: Para iso, séguense as pautas do método PRISMA. Despois da busca, inclúense revisións sistemáticas publicadas en Scopus, Dialnet e Web of Science en castelán, inglés e galego entre 2020 e 2024. Estas céntranse na educación formal e pódese acceder ao texto completo. Resultados: Recóllese unha análise cuantitativa que menciona os anos, autores e relacións entre eles, áreas de investigación, idiomas, filiacións, países, tipo de documento e palabras clave. No que se refire ao cualitativo, inclúense as principais conclusións en relación aos recursos, metodoloxías, etapas educativas e materias; rendemento e aprendizaxe; factores que inflúen no rendemento, como a motivación; bases teóricas que apoian a gamificación; e aspectos a ter en conta á hora de deseñar e implementar gamificacións. Discusión: a gran maioría dos resultados afirman beneficios á hora de implementar gamificacións en termos de rendemento académico e motivación, entre outros. Son poucos os que informan de efectos nulos ou negativos.

A mellora da autoestima para a adaptación á xubilación: un traballo de revisión bibliográfica.
Autoría
L.G.B.
Grao en Educación Social
L.G.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 09:30
01.07.2024 09:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo principal expoñer que intervencións resultan eficaces á hora de mellorar a autoestima tras a xubilación. Para isto, emprega a modalidade de iniciación á investigación documental, realizando unha busca exhaustiva en bases de datos como Web of Science, PsycInfo, Scopus e ERIC. Os resultados obtidos destacan a necesidade de ferramentas e recursos que axuden á adaptación á xubilación, especialmente dende a perspectiva da Educación Social. Neste sentido, a revisión bibliográfica revelou unha falta de intervencións destinadas a previr e paliar os efectos da xubilación na autoestima, encontrando tan só dúas actuacións destinadas a solucionar esta problemática. Sendo así as cousas, neste traballo preséntase unha breve proposta de intervención que pretende preparar ás persoas para esta etapa vital, evitando os efectos adversos que o abandono do mercado laboral pode xerar no seu benestar.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
Tribunal
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titor do alumno)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titor do alumno)
Cómo escapar do libro e da libreta
Autoría
S.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.M.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Desde a idea tradicional de abordar o ensino das matemáticas, atópase o erro dunha metodoloxía sistemática e estrita, excluíndo o uso da manipulación de ferramentas que permitan a adquisición do contido. É por isto que este traballo de fin de grao estará enfocado ao desenvolvemento dunha proposta proafectiva para a área das matemáticas, buscando a afectividade e o interese por esta materia; así como a adquisición de coñecementos da materia. Este proxecto está destinado cara ao alumnado de 1º de educación primaria, idades entre os 6 e 7 anos. A metodoloxía da proposta será de aprendizaxe baseada no desenvolvemento dun escape room de creación propia, con actividades a modo de probas. Aplicaranse recursos xa coñecidos e empregados nas aulas e desenvolveranse outros novos de creación propia, onde se traballarán as matemáticas de forma manipulativa. Os contidos para traballar estarán relacionados co establecido no plan de estudos da comunidade autónoma de Galicia (Decreto 155/2022), concretamente, co bloque 3 da área de Matemáticas, o sentido espacial. O Escape Room constará dunha serie de “probas” que serán a base do proxecto no que os estudantes poñerán en práctica as súas habilidades matemáticas. A execución do proxecto realizarase na aula do centro escolar en horario lectivo e buscará que os estudantes sexan os protagonistas da aprendizaxe e o docente un guía no proceso. Así, a proposta pretende promover tanto o afecto e interese polas matemáticas, como a adquisición de contidos xeométricos, usando recursos didácticos e manipulativos como metodoloxía de aprendizaxe. Nas actividades que forman parte do corpo do escape room, pódense atopar actividades de procura de obxectos, construción de figuras, manipulación de robots; así como tamén se promove o traballo en equipo, a coordinación e o respecto. Finalmente preténdese conseguir o obxectivo proposto e que na futura aprendizaxe desta materia a nivel global, exista un interese e unha motivación por parte do alumnado, á vez que se promova unha afectividade e unha aprendizaxe significativa.

ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
Tribunal
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Coordinador)
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titor do alumno)

Problemas socialmente relevantes e conciencia socio- crítica no alumnado de primaria. Racismo, Xenofobia e Identidade Cultural en 2o de Educación Primaria
Autoría
K.M.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
K.M.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O seguinte Traballo de Fin de Grado presenta unha investigación educativa creada coa idea de promover unha educación intercultural, mantendo o foco en problemas sociais relevantes da actualidade, como son o racismo, a xenofobia e a identidade cultural. Búscase fomentar a identificación de actitudes que contribúen á súa persistencia, así como explorar posibles solucións ou formas de combatelos. Mediante unha metodoloxía cualitativa, que combina observacións e análises temático a través de datos descritivos recolleitos dunha actuación didáctica exposta para o 2o curso de Educación Primaria, evidénciase como a simbiose entre unha educación baseada en estratexias innovadoras que alenten o pensamento crítico e a construción dun contexto emocional favorable contribúen a reforzar no alumnado destrezas cívico-sociais.

DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titor do alumno)

Proxecto de intervención sobre a educación sexual en alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA).
Autoría
C.L.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.L.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao, preséntase unha proposta co educativa en materia de educación sexual, dirixida ao alumnado do último ciclo da etapa de Educación Primaria -idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos- e, con especial atención ao alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). O propósito principal deste é proporcionar aos/ás alumnos/as unha formación específica en materia sexual, co obxectivo de dotalos/as de coñecementos, habilidades e destrezas que lles permitan un desenvolvemento íntegro. Con esta finalidade, deseñouse un proxecto que conta cun total de 11 actividades divididas en 6 bloques de contido, sustentadas baixo o modelo biográfico-profesional. O proxecto non está creado unicamente para ser levado a cabo por docentes, senón que está concibido para ser posto en práctica por calquera persoa interesada na súa aplicación, incluído distintos perfís de educadores/as. En consecuencia, todas as actividades foron deseñadas tendo en conta variables como o tempo, o coste dos materiais e o nivel de formación específica na materia que se requiriría para a súa posta en práctica.

Detección e prevención do maltrato infantil nas aulas de Educación Primaria
Autoría
M.M.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.M.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:15
01.07.2024 11:15
Resumo
O maltrato infantil é un problema de gran relevancia que afectou á infancia dun importante número de nenos e nenas ao longo da historia, deixando pegadas e traumas na infancia perdendo, así, a esencia da mesma. Esixe unha prevención e detección efectivas, especialmente desde o ámbito educativo e, por iso, este Traballo Fin de Grao pretende analizar e afondar no coñecemento e información do profesorado de Educación Primaria sobre o maltrato infantil. A metodoloxía elixida inclúese dentro da modalidade de iniciación á investigación documental. Realizouse unha revisión exploratoria e unha revisión sistemática nas bases de datos electrónicas CSIC, Dialnet, PsycInfo, Scopus e ERIC, utilizando diferentes descritores tanto de forma independente como combinada. A exhaustiva revisión da literatura revelou que, aínda que os/as docentes recoñecen a gran importancia do seu papel nestes casos, a maioría non dispón da información e dos coñecementos necesarios para actuar ante eles. Por iso, estímase a urxente necesidade de reforzar e mellorar a formación do profesorado e, sobre todo, do futuro profesorado, non só para crear un ambiente escolar seguro, senón tamén para garantir a protección e benestar dos/as menores, contribuíndo a cultivar un futuro máis xusto e esperanzador para as xeracións vindeiras.

A aprendizaxe baseada en xogos e a súa aplicación na ensinanza da lingua inglesa en Educación Infantil.
Autoría
P.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:40
02.07.2024 10:40
Resumo
A través do presente traballo pretende, cuxo obxectivo xeral é investigar e desenvolver unha proposta de intervención que fusione a ensinanza da lingua inglesa coa Aprendizaxe Baseada en Xogos, avaliando a súa viabilidade e limitacións, pretende explicarse por que este é un método de ensinanza valioso e beneficioso de cara á aprendizaxe de linguas. En primeiro lugar, realízase unha exposición teórica acerca do xogo e a ensinanza do inglés en Educación Infantil. No caso de xogo, presentaranse diversas definicións, teorías e metodoloxías, afondando especificamente na Aprendizaxe Baseada en Xogos, beneficios e diferencias con outros métodos de ensinanza. Con respecto á aprendizaxe do inglés, preséntase a lexislación a nivel europeo, español e galego que a regula e como o uso do xogo pode resultar motivador no proceso de ensinanza-aprendizaxe da mesma. En segundo lugar, descríbese o deseño dunha proposta de innovación baseada na metodoloxía mencionada a través da su contextualización, obxectivos, contidos, desenvolvemento das actividades, e proposta de avaliación. Por último, concluirase o traballo cunha análise valorando o grao de consecución dos obxectivos inicialmente propostos e a bibliografía empregada durante a elaboración do mesmo.

Relación entre dislexia e bilingüismo temperán: implicacións para a educación infantil.
Autoría
R.V.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
R.V.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 17:30
02.07.2024 17:30
Resumo
As crianzas que medran en contextos bilingües acaban adquirindo ditas linguas de forma natural, o que supón aparentemente unha clara vantaxe dentro do seu desenvolvemento tanto cognitivo como lingüístico; mais, o bilingüismo pode supoñer certas dificultades específicas para o alumnado con dislexia. A dislexia defínese como unha discapacidade do aprendizaxe intrínseca á persoa, caracterizada por ter inconvenientes no recoñecemento de palabras e dificultades nas habilidades de interpretación, que a miúdo dan lugar a problemas tanto na lectura como na comprensión lectora. Neste contexto, este TFG pretende realizar un estudo das relacións presentes entre o bilingüismo en linguas primeiras e a dislexia mediante unha revisión bibliográfica e un análise crítica desta. O obxectivo é abordar tanto as dificultades engadidas ás que están expostos estes suxeitos como as estratexias didácticas que se poden levar a cabo na aula de educación infantil para mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe neste tipo de alumnado. Ademais, tamén se tratarán algúns prexuízos que aínda persisten entre os propios docentes en relación con este tema.

Proposta de intervención na aula: Ensino e aprendizaxe do inglés mediante a actividade física
Autoría
N.I.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.I.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
A temática do traballo consiste nunha proposta educativa para o ensino e aprendizaxe do Inglés mediante a actividade física nas aulas de primarias. Con isto preténdese crear actividades que permitan fomentar nos cativos e cativas hábitos de vida saudables, colaborando no cumprimento das recomendacións da OMS sobre a actividade física na infancia, a vez que se intenta mellorar os resultados e percepcións dos/das estudantes sobre o aprendizaxe desta lingua. Tendo en conta que os nenos e nenas levan un estilo de vida cada vez máis sedentario, no que entre as actividades predominantes no seu día a día atópanse: o uso de videoxogos, redes sociais, plataformas de visualización de vídeos, series e películas… E que, en adición, a moitos deles a materia de Inglés despértalles emocións negativas, poderíase dicir que este tipo de propostas resultarían moi útiles nas escolas. Para iso levarase a cabo unha revisión bibliográfica sobre o tema, que permita crear as actividades e se é posible a posta en práctica da proposta nun aula. Polo tanto os obxectivos principais do traballo son: Revisar bibliográficamente o tema, poñer en práctica a proposta nun aula. A metodoloxía de traballo será un proxecto de intervención en aula.

Impacto e efectividade da Aprendizaxe Basado en Xogos na ensinanza do inglés: beneficios no proceso educativo
Autoría
M.C.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.C.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao proponse un enfoque innovador para o ensino do inglés como lingua estranxeira, centrado en desenvolver a competencia comunicativa, con especial énfase na expresión oral, en estudantes de sexto de primaria. Esta proposta tamén incorpora contidos de historia de maneira transversal para enriquecer e contextualizar a aprendizaxe. O obxectivo principal deste proxecto analizar as potencialidades do uso do xogo como recurso educativo no ensino e aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira, proporcionando aos estudantes unha experiencia de aprendizaxe dinámica, interactiva e significativa. Para logralo, deseñáronse diversas actividades lúdicas organizadas en varias sesións. Ademais, este estudo inclúe unha análise exhaustiva dos beneficios e posibilidades da Aprendizaxe Baseada en Xogos (ABX), destacando como esta metodoloxía pode aumentar a motivación dos alumnos, fomentar a súa participación activa e desenvolver as súas habilidades lingüísticas en contextos relevantes e significativos.
No presente Traballo de Fin de Grao proponse un enfoque innovador para o ensino do inglés como lingua estranxeira, centrado en desenvolver a competencia comunicativa, con especial énfase na expresión oral, en estudantes de sexto de primaria. Esta proposta tamén incorpora contidos de historia de maneira transversal para enriquecer e contextualizar a aprendizaxe. O obxectivo principal deste proxecto analizar as potencialidades do uso do xogo como recurso educativo no ensino e aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira, proporcionando aos estudantes unha experiencia de aprendizaxe dinámica, interactiva e significativa. Para logralo, deseñáronse diversas actividades lúdicas organizadas en varias sesións. Ademais, este estudo inclúe unha análise exhaustiva dos beneficios e posibilidades da Aprendizaxe Baseada en Xogos (ABX), destacando como esta metodoloxía pode aumentar a motivación dos alumnos, fomentar a súa participación activa e desenvolver as súas habilidades lingüísticas en contextos relevantes e significativos.
Dirección
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
Tribunal
LESTON OTERO, ANDREA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titor do alumno)
LESTON OTERO, ANDREA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titor do alumno)
Proposta Interdisciplinar da Plástica para Primaria
Autoría
M.H.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.H.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 13:00
04.09.2024 13:00
Resumo
Proposta interdisciplinar, que integra as artes plásticas coas demais disciplinas impartidas na etapa de Educación Primaria: Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza, Educación Física, Lingua Castelá e Literatura, e Música e Danza. Este proxecto ten como obxectivo visibilizar a Educación Plástica e Visual no curso específico de 4º de Educación Primaria; traballando diversas disciplinas, empregando distintas técnicas e contidos segundo a área seleccionada, e incluíndo actividades variadas para tal fin, promovendo así unha maior integración e comprensión dos contidos académicos a través da arte. Realizarase previamente unha investigación exhaustiva sobre a metodoloxía interdisciplinaria, analizando os seus obxectivos e a súa relevancia na educación, e abordando de maneira detallada a situación da Educación Plástica e Visual no contexto educativo. O traballo busca fomentar unha aprendizaxe integral xunto co desenvolvemento de habilidades creativas, críticas e cognitivas nos estudantes de primaria, promovendo unha reflexión sobre a importancia da educación artística interdisciplinaria no contexto da etapa primaria.

Taller de resolución de problemas matemáticos baseado no xogo
Autoría
A.D.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.D.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
28.06.2024 10:30
28.06.2024 10:30
Resumo
O presente TFG centra o seu contido no uso dos xogos educativos como recurso indubidable no ensino das matemáticas en Educación Primaria. Á súa vez, tamén resalta a necesidade de talleres de resolución de problemas polo papel que teñen no desenvolvemento de habilidades académicas e socioemocionales. Esta metodoloxía consegue intensificar o valor que ten o xogo no proceso ensino-aprendizaxe, así como fomentar a resolución de problemas e a motivación do alumnado. O marco teórico baséase nas teorías pedagóxicas de Piaget, Vigotsky e Papert, que salientan a participación activa dos estudantes a través do constructivismo, a exploración e o descubrimento. Este taller de resolución de problemas está deseñado para, na súa hipotética posta en práctica, promover o pensamento crítico, a resolución autónoma e o traballo colaborativo. Tamén busco comprensión por parte do alumnado, o que permitirá que empreguen os conceptos aprendidos en contextos reais, e a súa innovación á hora de resolver problemas. O deseño do taller, ademais, está planificado baixo sólidos principios educativos para maximizar a aprendizaxe e os beneficios dos estudantes e promover un enfoque activo e participativo que teña en conta a diversidade de estilos de aprendizaxe. En último lugar, a avaliación inclúe criterios para valorar a participación, a comprensión de conceptos aritméticos e a capacidade para traballar en grupo, fomentando a reflexión e a mellora continua a través do feedback.

A relación entre escola, familia e comunidade no proceso educativo do alumnado inmigrante
Autoría
M.C.P.
Grao en Pedagoxía
M.C.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
04.09.2024 10:00
04.09.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) céntrase na relación entre a escola, a familia e a comunidade dentro do proceso educativo do alumnado inmigrante. Estes factores son fundamentais para o desenvolvemento persoal, social e académico de calquera estudante inmerso no sistema educativo, pero cando se trata de alumnado estranxeiro, a situación vólvese complexa. Este traballo exponse como unha investigación documental, co obxectivo de analizar a influencia da escola, da familia e da comunidade nos ámbitos escolares e sociais, explorando os factores que facilitan ou dificultan a integración deste colectivo no sistema educativo e na sociedade. Os fluxos migratorios son unha realidade inherente a nosa sociedade, e pode invisibilizar as circunstancias que levan aos estudantes e ás súas familias a emigrar lonxe dos seus países de orixe, en busca de mellores condición que satisfagan as súas necesidades. É por isto polo que, dada a súa relevancia, é crucial profundizar nestas problemáticas, que, dende unha perspectiva pedagóxica, deben ser visibilizadas e atendidas mediante todos os medios posibles.

A saúde mental dos menores en acollemento residencial: o papel do educador social
Autoría
A.B.C.
Grao en Educación Social
A.B.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
05.02.2024 10:00
05.02.2024 10:00
Resumo
Na actualidade, os trastornos de saúde mental supoñen unha problemática que cada vez está máis presente na vida das persoas. Concretamente, os datos recentes poñen o foco no colectivo de mozos e mozas, especialmente naqueles que sofren algún tipo de situación de vulnerabilidade. O obxectivo deste traballo é coñecer o papel do profesional da educación social que acompaña a este colectivo nun contexto de intervención concreto como é o acollemento residencial, e poñer de relevo a importancia das súas funcións e competencias neste ámbito. Con este traballo pretendemos, de forma introdutoria, ofrecer unha contextualización da situación actual da saúde mental e dos conceptos que a rodean, e posteriormente abordaremos a realidade da mocidade, para concretar no ámbito de menores en risco e desamparo. Para isto recolleremos os datos dos estudos de máis relevancia na actualidade. Posteriormente realizaremos unha revisión da documentación que posuímos con respecto ao desenvolvemento dos educadores e educadoras sociais neste campo e procederemos á selección dos documentos. O que buscamos con isto é determinar como se relacionan as necesidades deste colectivo coa figura do profesional da educación social e reflexionar sobre o seu papel nesta intervención, expoñer as carencias que atopamos e considerar posibles melloras.

A gamificación educativa en ciencias sociais: unha proposta de intervención educativa para segundo curso.
Autoría
A.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.M.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 10:30
03.07.2024 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao enmárcase dentro do modelo denominado “proxecto de intervención” ou “proposta de innovación pedagóxica”, centrado no deseño dunha proposta didáctica para a área de ciencias sociais. Esta iniciativa levarase a cabo nunha aula de segundo de Educación Primaria, empregando a gamificación educativa como metodoloxía vertebradora. Así mesmo, poñeranse en práctica outras metodoloxías activas como a aprendizaxe cooperativa ou Aprendizaxe Baseada en Xogos (ABX). Con esta proposta, búscase estimular o interese e a curiosidade dos estudantes pola materia de ciencias sociais a través de metodoloxías activas. Presentaranse unha serie de actividades previas para proporcionar aos alumnos/as unha base de coñecementos, que logo serán potenciados coa actividade gamificada denominada “Aventura sociémon”. Esta actividade permitirá ao alumnado aplicar os coñecementos adquiridos de maneira atractiva e entretida, á vez que fomenta o traballo cooperativo.

IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Titoría)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
A aprendizaxe baseada en xogos para promover o Desenvolvemento Emocional na aula de Educación Infantil
Autoría
E.L.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
E.L.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:20
02.07.2024 11:20
Resumo
As emocións son unha parte intrínseca das nosas vidas dende o nacemento, influíndo na nosa personalidade, interacións sociais e aprednizaxe. O obxectivo principal deste traballo é deseñar e propoñer actividades lúdicas que permitan aos nenos e nenas de Educación Infantil explorar, identificar e xestionar as súas emocións de maneira saudable. Tamén, destácase a relevancia da educación emocional no ámbito escolar e proporciónase unha base teórica sólida para a implementación destas actividades na aula. No marco teórico, explóranse os conceptos de emoción e sentimento, a súa clasificación, e a importancia do desenvolvemento emocional na Educación Infantil. Inclúense teorías sobre o xogo infantil e o seu papel no desenvolvemento emocional, conforme ao decreto de Educación Infantil de Galicia, que resalta a necesidade dunha contorna adecuada para a expresión emocional. A metodoloxía céntrase no alumno/a como protagonista activo da súa aprendizaxe, detallando as actividades na aula. A avaliación realizarase mediante observación, e presentaranse conclusións finais que reflictan as experiencias e aprendizaxes obtidos.
As emocións son unha parte intrínseca das nosas vidas dende o nacemento, influíndo na nosa personalidade, interacións sociais e aprednizaxe. O obxectivo principal deste traballo é deseñar e propoñer actividades lúdicas que permitan aos nenos e nenas de Educación Infantil explorar, identificar e xestionar as súas emocións de maneira saudable. Tamén, destácase a relevancia da educación emocional no ámbito escolar e proporciónase unha base teórica sólida para a implementación destas actividades na aula. No marco teórico, explóranse os conceptos de emoción e sentimento, a súa clasificación, e a importancia do desenvolvemento emocional na Educación Infantil. Inclúense teorías sobre o xogo infantil e o seu papel no desenvolvemento emocional, conforme ao decreto de Educación Infantil de Galicia, que resalta a necesidade dunha contorna adecuada para a expresión emocional. A metodoloxía céntrase no alumno/a como protagonista activo da súa aprendizaxe, detallando as actividades na aula. A avaliación realizarase mediante observación, e presentaranse conclusións finais que reflictan as experiencias e aprendizaxes obtidos.
Dirección
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
Tribunal
LESTON OTERO, ANDREA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titor do alumno)
LESTON OTERO, ANDREA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titor do alumno)
Promovendo a interdisciplinariedade en Educación Infantil a través da sonorización dun conto. Deseño dunha proposta para a aula de 5 anos.
Autoría
L.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.M.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
Os contos son unha ferramenta esencial na educación temperá, xa que fomentan unha aprendizaxe significativa a través da comunicación e a expresión. Na contorna educativa, os contos ofrecen unha ampla gama de posibilidades didácticas, e poden estar intimamente ligados ao desenvolvemento de habilidades musicais na aula. O presente Traballo de Fin de grao presenta o deseño dunha proposta didáctica que ten como obxectivo que o alumnado desenvolva habilidades de expresión musical de maneira lúdica e atractiva mediante a sonorización dun conto. Esta proposta brinda unha oportunidade única para abordar de maneira interdisciplinaria diversas áreas e habilidades, incluíndo habilidades musicais, a estimulación da educación da atención e escoita, así como o desenvolvemento de aspectos motrices, creatividade e intelixencia emocional. O propósito deste Traballo de Fin de Grao é destacar a relevancia dos recursos musicais nos contos infantís e explorar a súa aplicación didáctica de maneira efectiva. Ademais, busca cultivar o interese polos contos desde unha idade temperá e fomentar a adquisición de habilidades para aprender contidos mediante este recurso narrativo, facendo especial fincapé no desenvolvemento da creatividade como ferramenta fundamental.

A importancia da acción titorial na etapa de Educación Primaria
Autoría
L.S.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.S.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 15:30
02.09.2024 15:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo investigar a importancia da acción titorial para o alumnado de Educación Primaria. En primeiro lugar, elaborei un marco teórico no cal falo do seu valor e das principais funcións que lle tocan desempeñar ás persoas titoras para que esta sexa efectiva. Atendendo a estes aspectos, realicei unha investigación documental que ten como base a busca, selección e análise de fontes documentais arredor do papel que xoga a acción titorial no desenvolvemento integral do alumnado de Educación Primaria. Os resultados indican que unha boa acción titorial contribúe a desenvolver as habilidades sociais e emocionais do alumnado co fin de facilitar o seu éxito. Ademais, ao longo do traballo, destácanse recursos e estratexias efectivas para fortalecer esta acción. Por outra banda, as persoas titoras, como personaxes principais neste proceso, tamén deben promover unha participación activa das familias no proceso educativo dos seus nenos e nenas. Polo tanto, unha parte da investigación está enfocada nas familias, as cales se adoitan manter ao marxe cando a súa implicación é imprescindible e beneficiosa para garantir unha educación de calidade.

Aulas Enriquecidas. Un enfoque interdisciplinar para Incluir, Desafiar e Motivar a nenos e nenas con altas capacidades.
Autoría
C.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 10:45
03.07.2024 10:45
Resumo
Este traballo de fin de grao adscríbese á modalidade de Deseño dun Proxecto de Intervención co obxectivo de deseñar un programa educativo de carácter interdisciplinar, é dicir, que integre varias disciplinas de coñecemento no proceso educativo, que promova a atención á diversidade do alumnado con altas capacidades no sistema de escolarización ordinario. Para iso, este enfoque aséntase en tres piares: Incluír, Desafiar e Motivar. Entendendo Incluír como a creación dun ambiente inclusivo a través de cal se poidan atender as necesidades específicas dos nenos e nenas con altas capacidades co obxectivo de que sentan parte da comunidade educativa. Desafiar como procura de retos académicos acordes ás necesidades académicas, demandas cognitivas e intereses dos nenos e nenas con altas capacidades. E Motivar entendido como a procura e potenciación do interese e motivación intrínseca e extrínseca. Esta planificación incluirá, polo menos, os seguintes apartados: Revisión Bibliográfica, contexto e xustificación da intervención, deseño da intervención e deseño do sistema de avaliación.

ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
PERNAS MORADO, EULOGIO (Presidente/a)
MURIAS ROMAN, RUTH (Secretario/a)
CASAL OTERO, LORENA (Vogal)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Presidente/a)
MURIAS ROMAN, RUTH (Secretario/a)
CASAL OTERO, LORENA (Vogal)
A educación artística e a súa influencia na creación dunha identidade cultural
Autoría
J.V.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.V.I.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
06.02.2024 12:00
06.02.2024 12:00
Resumo
Neste traballo proponse abordar de maneira integral a relación entre a arte, a educación e a identidade cultural. En primeiro lugar, levarase a cabo unha investigación da arte dende Idade Moderna ata a Contemporánea, explorando seis movementos históricos relevantes. Esta análise proporcionará unha perspectiva contextual para comprender a evolución da arte e o seu impacto continuo na sociedade. Ademais, reflexionarase sobre os valiosos aportes que realiza á educación, destacando o seu papel formativo e enriquecedor. A segunda liña de investigación centrarase no papel histórico da arte na formación de identidades culturais. Examinarase como este influíu na construción e desenvolvemento de identidades ao longo do tempo, proporcionando un marco histórico que permita comprender a complexidade das identidades culturais actuais. Outra meta do TFG ten como obxectivo analizar o impacto da arte na educación, cun enfoque orientado á preservación e transmisión da cultura. Exploraranse estratexias e enfoques pedagóxicos que faciliten o ensino artístico. En resume, este traballo aspira a analizar a interconexión entre arte, identidade cultural e educación.

Propostas educativas innovadoras de atención á diversidade para fomentar a inclusión do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA): unha revisión sistemática
Autoría
S.C.G.
Grao en Pedagoxía
S.C.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 16:30
01.07.2024 16:30
Resumo
A pesar da extensa investigación sobre a inclusión educativa, a atención específica aos estudantes con Trastorno do Espectro Autista (TEA) aínda presenta desafíos significativos. O TEA é un trastorno do neurodesenvolvemento que afecta a comunicación, a interacción social e a flexibilidade de comportamento, o que require un enfoque educativo individualizado. Este Traballo de Fin de Grao (TFG) enfócase en revisar sistematicamente propostas educativas innovadoras que fomenten a inclusión de alumnos con TEA en contornas escolares. Analizáronse diversas fontes bibliográficas para identificar e sintetizar metodoloxías e ferramentas efectivas. Investíganse estratexias pedagóxicas que demostraron éxito na inclusión educativa destes estudantes. A través desta revisión, identifícanse patróns e avalíanse as mellores prácticas, ofrecendo recomendacións para mellorar a participación e o desenvolvemento integral dos alumnos con TEA. Os resultados suxiren que as prácticas educativas adaptativas e individualizadas son cruciais para a inclusión exitosa de estudantes con TEA. Ademais, a participación activa e a sensibilización de toda a comunidade educativa son fundamentais para crear unha contorna escolar inclusiva e enriquecedor.

Proxecto de intervención para a mellora da educación sexual con persoas con Síndrome de asperxer - TEA.
Autoría
S.M.N.
Grao en Pedagoxía
S.M.N.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
O programa de intervención para a mellora da educación sexual integral das persoas con TEA- Síndrome de Asperxer, parte da falta de precedentes neste campo e a necesidade real de abarcar a sexualidade nos adolescentes con TEA adaptándose ás súas necesidades. O programa ten un carácter aberto, o que implica que se pode implementar en calquera asociación que traballe con este colectivo de persoas e que estas abarquen entre os 13-15 anos. Como eixos temáticos necesarios na formación en educación integral sexual ofrécenos unha visión do autocuidado e autoconcepto, a fisioloxía do corpo, as habilidades sociais e as prácticas sexuais. Que se reflicten nun conxunto de catorce actividades onde se reforcen o uso de pictogramas, dun vocabulario claro e preciso, sen métaforas para explicar termos, cunhas dinámicas e sesións estruturas previamente para reforzar as dificultades na adaptación cognitiva. Ademais, preséntanse actividades como o videoforum ou rol-playing para ofrecerlles experiencias reais e que poidan ver como se desenvolven nunha situación real. Todo iso con iso co obxectivo de que os usuarios melloren a súa forma de relacionarse e vivir a súa sexualidade dunha forma plena e coa mesma igualdade de oportunidades que as persoas neurotípicas.

Proxecto de intervención educativa: inclusión social e comunitaria de persoas inmigrantes de Marín.
Autoría
N.A.R.
Grao en Educación Social
N.A.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
04.09.2024 12:00
04.09.2024 12:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grado enfócase no deseño dun Proxecto de intervención educativa denominado: Inclusión social e comunitarias de persoas inmigrantes de Marín (Pontevedra). O proxecto ten como obxectivo principal promover a integración e a participación activa da poboación inmigrante, fomentando a cooperación social e o entendemento intercultural. Para conseguilo, desenvolverase un marco teórico que aborde os principais temas relacionados coa interculturalidade, incluíndo a inclusión, a normativa europea e española, así como a importancia de convivir na diversidade. A metodoloxía proposta neste proxecto combina a participación activa, creativa e dialóxica de todas as persoas involucradas. A flexibilidade e a adaptabilidade son principios fundamentais nesta intervención, axustándose ás necesidades, tempos e o contexto das persoas participantes. As actividades están deseñadas para facilitar o intercambio cultural, o entendemento mutuo e o fortalecemento dos lazos comunitarios. Ademais, destácase a importancia de crear unha rede sólida entres os/as axentes educativos para promover a colaboración e o apoio mutuo para maximizar os recursos dispoñibles e solucionar as problemáticas comúns.

A convivencia nos centros escolares. Análise de distintos programas de intervención para a modificación e mellora de condutas.
Autoría
M.B.D.
Grao en Pedagoxía
M.B.D.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 09:00
01.07.2024 09:00
Resumo
Coa promulgación no ano 2020 da última lei de educación, comunmente coñecida como Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica de Educación (LOMLOE), comézase a darlle importancia á convivencia escolar como un eixo fundamental para o progreso dos procesos de aprendizaxe e para a creación dun bo clima e cultura escolar nos centros educativos. Neste contexto, o presente traballo, centrado en dita temática, busca afondar nesta realidade a través dunha análise documental tanto do concepto e de todo o que implica como dunha análise exhaustiva e comparativa de tres programas pioneiros sobre a temática que contan con unha fundamentación real de como a mellora da convivencia pode ser real para toda a comunidade educativa a través de diferentes metodoloxías de traballo en función da realidade na que se promoven. Con devandito traballo demóstrase a verdadeira eficacia dos programas por medio dos seus resultados, e incluso se da pé e invita a outros centros a seguir traballando a prol dunha boa convivencia como elemento chave de progreso educativo e de benestar social.
Coa promulgación no ano 2020 da última lei de educación, comunmente coñecida como Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica de Educación (LOMLOE), comézase a darlle importancia á convivencia escolar como un eixo fundamental para o progreso dos procesos de aprendizaxe e para a creación dun bo clima e cultura escolar nos centros educativos. Neste contexto, o presente traballo, centrado en dita temática, busca afondar nesta realidade a través dunha análise documental tanto do concepto e de todo o que implica como dunha análise exhaustiva e comparativa de tres programas pioneiros sobre a temática que contan con unha fundamentación real de como a mellora da convivencia pode ser real para toda a comunidade educativa a través de diferentes metodoloxías de traballo en función da realidade na que se promoven. Con devandito traballo demóstrase a verdadeira eficacia dos programas por medio dos seus resultados, e incluso se da pé e invita a outros centros a seguir traballando a prol dunha boa convivencia como elemento chave de progreso educativo e de benestar social.
Dirección
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR Cotitoría
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR Cotitoría
Tribunal
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titor do alumno)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR (Titor do alumno)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titor do alumno)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR (Titor do alumno)
O patrimonio lúdico desde unha mirada pedagóxica
Autoría
A.Q.T.
Grao en Pedagoxía
A.Q.T.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2024 18:30
03.07.2024 18:30
Resumo
O patrimonio lúdico forma parte da nosa identidade e compre conservalo. Así o sinalan os numerosos estudos que sinalan o valor pedagóxico do xogo, en xeral, e do xogo tradicional, en particular. Porén, a incidencia do xogo tradicional na nosa sociedade parece minguar paulatinamente en favor doutras iniciativas máis estáticas. Nese senso, o obxectivo deste traballo é indagar cal é, segundo a literatura científica, o uso actual do xogo tradicional nos diferentes contextos educativos. Para conquirir este fin, realizamos unha revisión sistemática seguindo o protocolo PRISMA. Deste xeito, fíxose unha revisión en tres bases de datos (Dialnet, SCOPUS e Web Of Science), empregando unha ecuación que utilizaba os termos “xogo tradicional”, “educación” e “pedagoxía”. Os resultados da investigación sinalan unha maior presenza do xogo tradicional en contextos educativos regrados, así como a súa pertinencia como recurso educativo para promover condutas e actitudes prosociais; e para desenvolver as competencias de diferentes áreas educativas.
O patrimonio lúdico forma parte da nosa identidade e compre conservalo. Así o sinalan os numerosos estudos que sinalan o valor pedagóxico do xogo, en xeral, e do xogo tradicional, en particular. Porén, a incidencia do xogo tradicional na nosa sociedade parece minguar paulatinamente en favor doutras iniciativas máis estáticas. Nese senso, o obxectivo deste traballo é indagar cal é, segundo a literatura científica, o uso actual do xogo tradicional nos diferentes contextos educativos. Para conquirir este fin, realizamos unha revisión sistemática seguindo o protocolo PRISMA. Deste xeito, fíxose unha revisión en tres bases de datos (Dialnet, SCOPUS e Web Of Science), empregando unha ecuación que utilizaba os termos “xogo tradicional”, “educación” e “pedagoxía”. Os resultados da investigación sinalan unha maior presenza do xogo tradicional en contextos educativos regrados, así como a súa pertinencia como recurso educativo para promover condutas e actitudes prosociais; e para desenvolver as competencias de diferentes áreas educativas.
Dirección
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
Sharenting: unha análise educativa sobre a sobreexposición da infancia nas redes sociais
Autoría
V.R.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
V.R.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 09:00
02.09.2024 09:00
Resumo
O obxectivo deste traballo de fin de grao foi o de analizar o fenómeno do sharenting para ofrecer unha posible resposta desde o ámbito educativo no ámbito da Educación Primaria. Para isto levouse a cabo unha investigación documental para poder analizar o fenómeno do sharenting e as súas implicacións educativas estudando os axentes causais, os motivos polos que esta práctica é tan frecuente, os riscos que leva e as implicacións legais que pode ter. Foron tratados os conceptos de identidade e pegada dixital e xustificouse a actuación do profesorado ante o mesmo mediante o traballo competencial. As conclusións obtidas con esta investigación subliñan a necesidade de esixir leis que protexan aos menores, pero tamén claman pola posibilidade de actuación dende o sector educativo mediante a información e formación do alumnado e das súas familias baixo o amparo da necesidade de colaboración e implicación destas coa escola para garantir os procesos satisfactorios de ensino-aprendizaxe.

Hábitos de alimentación saudable nos estudantes de educación infantil: Proposta de intervención.
Autoría
N.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Nos últimos anos, estase a observar no noso país, un elevado aumento de problemas de obesidade na población infantil, debido, en maior medida, á maneira de alimentarnos. Esta preocupación nno debe ser allea á escola, e por conseguinte aos profesionais que traballamos nela, os Mestres e mestras, e dende as etapas máis temperás. Por iso, consideramos oportuno plantexar neste Traballo de Fin de Grao (TFG) unha análise da situación para intentar afrontar o problema e por o noso grao de area afrecendo unha proposta de actividades que permita educar aos nenos e nenas coa axuda das familias en hábitos de alimentación saudables dende idades temperás, intentando favorecer a prevención de estilos de vida non saudables. Para iso partiremos dunha revisión bibliográfica que permitiranos establecer o marco teórico sobre a temática, centrándonos nos conceptos máis relevantes e programas que xa están a ser postos en práctica na actualidade orientados á prevención e promoción de hábitos de alimentación saludables e, posteriormente, deseñaremos a nosa propia proposta de intervención centrada en educación infantil, para traballar e fomentar a alimentación saudable nesta etapa, a través de diferentes recursos didácticos e actividades.

A (in)competencia dos futuros docentes de Educación Infantil na atención ao alumnado con NEAE
Autoría
B.B.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
B.B.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 10:00
03.09.2024 10:00
Resumo
Neste traballo de Fin de Grao en Mestre de Educación Infantil preséntase unha investigación documental baseada na falta de competencia dos futuros docentes de Educación Infantil da Universidade de Santiago de Compostela na atención ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. Esta investigación fundaméntase na busca de documentos e artigos que ofrezan unha información rica acerca das necesidades específicas para posteriormente realizar unha exposición das carencias que sofre o alumnado de Educación Infantil da USC nesta competencia específica. O obxectivo principal é tratar de expor os diferentes contidos que se imparten no Grao en Mestre de Educación Infantil na Universidade de Santiago de Compostela para, tendo en conta a actual lexislación, realizar unha crítica construtiva tanto da formación dos futuros docentes coma de diversos aspectos desta. Coa realización desta investigación documental, evidénciase a posibilidade de ofrecer unha mellor atención ao alumnado con NEAE, partindo da base de formar mellor aos futuros docentes, o que ofrece unha educación de máis calidade e que ten en conta á atención á diversidade.

A Animación Sociocultural. Unha estratexia socioeducativa para revitalizar a identidade rural.
Autoría
R.C.M.
Grao en Educación Social
R.C.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Os contextos rurais españois, caracterizado pola súa riqueza cultural e patrimonial, enfróntase a diversos retos que poñen en perigo a preservación e transmisión da súa identidade cultural, como o despoboamento, o envellecemento dos seus habitantes ou a falta da relevo xeracional. Ante esta situación, a Animación Sociocultural preséntase como unha ferramenta socioeducativa clave para revitalizala, utilizando metodoloxías participativas, creativas e innovadoras. Este TFG ten como obxectivo realizar unha revisión bibliográfica sobre as experiencias e proxectos de ASC que se desenvolveron en España para revitalizar a identidade cultural en contextos rurais, así como analizar e describir intervencións socioeducativas e as súas características desde os supostos da ASC, identificar dentro das experiencias aquelas estratexias máis relevantes na preservación identitaria; comparar as experiencias segundo as dimensións (educativa, social e cultural) da ASC e identificar logros e dificultades na consolidación de identidade e valores tradicionais. Espérase que esta investigación contribúa a un mellor coñecemento deste ámbito e a promoción desta metodoloxía para o desenvolvemento rural.

MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)

Festividades e datas relevantes dende os contos infantís: unha análise dende a perspectiva de xénero e a interculturalidade crítica
Autoría
A.R.J.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.R.J.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 12:45
03.09.2024 12:45
Resumo
A temática da presente investigación baséase nos contos infantís vinculados a festividades e datas relevantes que o colexio CEIP ADR Castelao de Ordes, escolle para a súa celebración e ou conmemoración. Exponse unha investigación baseada na metodoloxía cualitativa que ten como obxectivo xeral identificar e analizar a literatura infantil que se destina á celebración de festividades e datas relevantes no segundo ciclo, en concreto en 6º de Educación Infantil, dende a perspectiva de xénero e de interculturalidade crítica. Para cumprir con este obxectivo, emprégase a técnica de análise do contido. O número resultante de unidades de análise é de 4. Os resultados principais evidencian que predomina a autoría de orixe occidental e de xénero masculino, o que inflúe directamente na invisibilización da diversidade étnica-cultural nas obras. Con isto, obsérvase a tendencia a non representar personaxes, tanto principais como secundarios, con diversidade étnica. Así mesmo, existe a tendencia á representación igualitaria do xénero feminino e masculino pero non se perciben outras identidades. A linguaxe, na metade das obras é inclusiva (O coelliño branco e Nadarín), mentres que na outra se debate entre a linguaxe non inclusiva (Até as princesas soltan peidos) e o sexismo intencionado (Artur e Clementina). Os roles e os estereotipos de xénero e étnico-raciais están presentes no 50% das obras literarias de xeito non intencional, o que non indica unha tendencia á súa representación.

AÑON LOUREIRO, LORENA (Titoría)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Titoría)
Tribunal
AÑON LOUREIRO, LORENA (Titor do alumno)
AÑON LOUREIRO, LORENA (Titor do alumno)
Educación emocional e mellora da convivencia nos centros de Educación Secundaria
Autoría
L.G.S.
Grao en Pedagoxía
L.G.S.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
A temática elexida para este traballo de fin de grao está relacionada coa educación emocional, máis concretamente, co seu potencial na mellora da convivencia. Desta maneira, o obxectivo do traballo non será outro que explorar en qué medida a educación emocional pode contribuír a optimizar as relacións entre iguais nos centros de Educación Secundaria Obrigatoria, posto que as investigacións levadas a cabo neste eido teñen constatado un incremento no número de conflitos entre o estudantado. Con tal finalidade, dende o punto de vista metodolóxico, servirémonos da revisión bibliográfica e, en particular de investigacións e traballos publicados nos últimos anos sobre o asunto, tanto a nivel nacional como internacional.

PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Titoría)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Titoría)
Tribunal
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Titor do alumno)

Fiabilidade intra-observadora (en vivo vs. cámara lenta) na avaliación das habilidades motrices básicas de estabilidade
Autoría
M.H.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.H.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 09:15
02.07.2024 09:15
Resumo
O presente estudo ten como obxectivo analizar a fiabilidade intra-observadora comparando a avaliación en vivo ca avaliación en cámara lenta das habilidades motrices básicas de estabilidade na educación primaria. Para isto cóntase con 68 participantes dun centro de educación primaria de Santiago de Compostela (A Coruña), que foron gravados en vídeos realizando cada unha das habilidades que indica a app Alfamov en canto a estabilidade (equilibrio estático, viravolta cara adiante, viravolta cara atrás, rolo, equilibrio dinámico). A continuación, avaliáronse os vídeos seguindo os criterios de éxito propostos pola app mencionada e valorouse a súa fiabilidade obtendo un resultado de Coeficiente de Correlación de Interclase xeral de bó a excelente.

Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Titor do alumno)

As consecuencias da prisionización e a importancia da acción socioeducativa.
Autoría
U.B.I.
Grao en Educación Social
U.B.I.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2024 16:30
03.07.2024 16:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao encadrado na modalidade de iniciación á investigación de campo, sitúase no ámbito da mediación, inclusión social e a diversidade da Educación Social. Ten como obxectivo analizar as consecuencias da prisionización nas persoas ex-reclusas tanto nos centros penais como na súa reincorporación á vida en liberdade, e valorar as accións socioeducativas que se desenvolven ao respecto. Tamén pretende facer visible a falta de profesionais da Educación Social no cadro de persoal das prisións. Para o seu desenvolvemento analízanse catro entrevistas a partir dunha metodoloxía cualitativa tendo, como mostra non probabilista, a tres persoas ex-reclusas e a unha educadora social da asociación Aliad Ultreia de Lugo que traballa no ámbito penal como entidade externa. Os resultados afirman a existencia de consecuencias principalmente a nivel físico, psicolóxico e relacional (diminución dos sentidos corporais, dificultade para conciliar o sono, aumento da agresividade, non exteriorización das emocións e dos sentimentos, masificación das reaccións emocionais...) observándose diferentes opinións concordantes nalgúns aspectos e discrepantes noutros entre ex-reclusos e a profesional da Educación Social. Ademais, amósase unha prevalencia valorativa cara a efectividade da acción socioeducativa realizada polas entidades externas a prisión, quedando nun segundo plano todos os recursos ofrecidos pola propia institución penal.

Arte Comunitaria como estratexia de transformación dende a Educación Social: unha revisión sistemática a través de experiencias
Autoría
A.R.A.
Grao en Educación Social
A.R.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2024 17:15
03.07.2024 17:15
Resumo
As artes, entendidas como a máxima expresión das culturas, constitúen unha ferramenta fundamental para catalizar a transformación social dende a Educación Social. Este estudo céntrase en evidenciar si, e de que xeito, a Arte Comunitaria (AC) pode contribuír á intervención socioeducativa, baseándose na análise de diversas intervencións no ámbito da Animación Sociocultural (ASC), para extraer a relevancia da súa conxunción dende a praxe. Dende esta inquietude formúlase o obxectivo xeral da investigación, conducente a delimitar a evidencia científica en torno a AC como estratexia de ASC a través da análise de experiencias socioeducativas. A tal fin, empregase un proceso metodolóxico de revisión sistemática baseado no protocolo PRISMA. Esta análise posibilitou, mediante un sistema de categorías e códigos, a detección de evidencias que xustifican a relevancia desta estratexia para a citada práctica educativa. Os resultados suxiren que a AC fortalece o tecido social, favorece o procomún e promove as identidades comunitarias e o desenvolvemento persoal a través de métodos horizontais e participantes. Neste senso, conclúese que a AC configúrase como estratexia eficaz para a transformación social, destacando a importancia da mediación socioeducativa e a necesidade de poñer énfase na sistematización das prácticas artísticas comunitarias para potenciar os seus efectos transformadores.

Proposta de intervención socioeducativa para potenciar a autoestima nos rapaces e rapazas adolescentes con Trastorno da Conduta Alimentaria
Autoría
L.G.P.
Grao en Educación Social
L.G.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
Os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA) compréndense como graves enfermidades que poñen en detrimento a saúde física. Porén, isto só representa a punta do iceberg destas patoloxías, cuxa orixe é persoal e social. Esta epidemia silenciosa, agudizada co auxe das redes sociais, está evidenciándose de maneira acelerada, presentando unha maior incidencia na adolescencia e, en especial, no xénero feminino. A recuperación dun TCA preséntase como unha viaxe desafiante e chea de obstáculos, na cal conflúen unha multiplicidade de elementos que reclaman unha intervención interdisciplinar, co fin de responder de maneira efectiva e integral á súa complexidade. Así mesmo, os desordes alimenticios representan o espello da baixa autoestima e da distorsión corporal, o que visibiliza a relación entre a mesma, a imaxe corporal e os TCAs. Partindo disto e da conexión innegable entre as emocións e a comida, cómpre considerar a xestión emocional e o autoconcepto positivo como factores de protección. Por este motivo, neste Traballo de Fin de Grao proponse o deseño dun proxecto de intervención na adolescencia con TCA dende a Educación Social, co fin de visibilizar o seu papel na saúde á hora de promover nas persoas destinatarias un proceso de catarse persoal que acelere a súa recuperación.

A mediación familiar como estratexia para mellorar as relacións dos/as menores cos seus proxenitores separados ou divorciados
Autoría
E.R.R.M.
Grao en Educación Social
E.R.R.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
A mediación familiar é unha alternativa máis vantaxosa que a vía xudicial, destacando pola súa economía, personalización e neutralidade, sendo fundamental en contextos de desacordos e conflitos familiares, ao prover unha guía profesional e as ferramentas necesarias ás partes involucradas, asegurando os dereitos dos/as nenos/as durante os procesos de separación e divorcio dos seus proxenitores. Tamén, é crucial considerar as necesidades e perspectivas dos/as menores para lograr o seu benestar integral. Este traballo de fin de grao profundará nesta temática desde a perspectiva da Educación Social, desde a cal se considera que a mediación familiar é unha vía para proporcionar as habilidades necesarias para abordar os conflitos de maneira construtiva. Así, os/as mediadores/as, a través das diversas fases que compoñen a mediación familiar, protexen as opinións e sentimentos dos/as nenos/as, fomentando un ambiente harmonioso para todas as partes. A intervención destes/as profesionais busca crear unha contorna segura e adecuada para a interacción familiar, promovendo así unha comunicación efectiva e a resolución pacífica de conflitos. Tamén, garanten que os/as nenos/as poidan participar activamente e expresar os seus sentimentos e necesidades sen coacción, sendo esencial para abordar as alteracións psicolóxicas que poden experimentar nestas situacións.

Proposta de intervención educativa para desenvolver as destrezas sociais en alumando con TEA.
Autoría
P.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
A diversidade cognitiva, condutual, persoal, social, etc. é unha realidade dos centros educativos ordinarios e recae no profesorado a responsabilidade de dar resposta ás necesidades educativas derivadas da mesma. O alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) é un dos colectivos con necesidades específicas de apoio educativo máis presentes nas aulas. Este trastorno responde a un determinado perfil cognitivo, emocional e de personalidade, que se caracteriza por presentar alteracións nas relacións cos demais, a conducta, a comunicación, etc. Como persoal docente é fundamental innovar en técnicas e metodoloxías de aula que permitan atender ás demandas do alumnado con TEA, para favorecer así a calidade das relacións sociais de estes individuos. No presente traballo de fin de grado, en primeiro lugar, recadarase información sobre o trastorno de espectro autista e as diferentes metodoloxías e estratexias para traballar de xeito eficaz con este tipo de alumnado. Finalmente, deseñarase unha proposta de intervención educativa co fin de favorecer as destrezas sociais en alumnado con TEA.

Proxecto para o desenvolvemento de habilidades sociais en alumnado con altas capacidades no segundo ciclo de educación primaria.
Autoría
I.R.R.
Grao en Pedagoxía
I.R.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
O alumnado con Altas Capacidades Intelectuais é un alumnado enmarcado dentro das Necesidades Educativas Especiais. Este tipo de alumnado pode ter necesidades á hora de establecer relacións cos seus iguais, debido a unha necesidade nas habilidades sociais. Para traballar o desenvolvemento destas habilidades sociais en aulas con alumnado con Altas Capacidades Intelectuais no segundo ciclo de Educación Primaria planéase un traballo multidisciplinar ao longo dun curso escolar, para poder dar resposta a estas necesidades, que á súa vez, mellorarán o funcionamento e bo traballo da aula.
O alumnado con Altas Capacidades Intelectuais é un alumnado enmarcado dentro das Necesidades Educativas Especiais. Este tipo de alumnado pode ter necesidades á hora de establecer relacións cos seus iguais, debido a unha necesidade nas habilidades sociais. Para traballar o desenvolvemento destas habilidades sociais en aulas con alumnado con Altas Capacidades Intelectuais no segundo ciclo de Educación Primaria planéase un traballo multidisciplinar ao longo dun curso escolar, para poder dar resposta a estas necesidades, que á súa vez, mellorarán o funcionamento e bo traballo da aula.
Dirección
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
Prevención no ámbito socioeducativo do deterioro cognitivo na terceira idade: unha revisión sistemática.
Autoría
M.M.A.
Grao en Educación Social
M.M.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 10:15
01.07.2024 10:15
Resumo
Este Traballo Fin de Grao expón a situación de deterioro cognitivo das persoas maiores. O obxectivo principal deste estudo é analizar propostas de intervención socioeducativa a nivel global sobre a prevención do deterioro cognitivo en persoas maiores dos últimos dez anos así como coñecer os factores de risco que pode provocar un deterioro cognitivo, averiguar as consecuencias que o deterioro cognitivo ten no medio ambiente e determinar o papel da educación nesta enfermidade. Utilizando a modalidade de iniciación á investigación documental, realizáronse diferentes buscas en tres bases de datos a través dunha fórmula con diferentes operadores: Web of Science, Eric e Scopus. Os resultados que se recolleron coa realización desta investigación indican a importancia da realización de exercicios físicos e cognitivos para a prevención ou retraso do deterioro cognitivo, favorecendo a autonomía e mellorando a calidade de vida das persoas deste colectivo.

Navegando xuntos cara novos horizontes
Autoría
A.F.C.
Grao en Pedagoxía
A.F.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
O presente traballo está orientado a evocar o papel das familias no desenvolvemento dos seus fillos e fillas, xa que se percibe unha notable ausencia de recursos e programas específicos nesta área. Este busca equilibrar, reducir e/ou evitar o impacto destas carencias proporcionando ferramentas e múltiples estratexias prácticas orientando e acompañando ás familias para mellorar a capacidade de apoio e coidado das mesmas. Así, este proxecto enfócase no desenvolvemento de habilidades sociais, xestión das emocións e a promoción da autonomía, desde unha perspectiva xeral. En particular, esta investigación diríxese ás familias de persoas adultas con discapacidade intelectual empregando metodoloxías participativas e centradas na familia cun enfoque integral e adaptado ás necesidades específicas de cada unidade familiar e dos membros da mesma. Desta maneira, preténdese non só fornecer coñecementos teóricos, senón tamén proporcionar ferramentas prácticas que permitan unha mellor calidade de vida para as persoas adultas con discapacidade intelectual e as súas familias. O obxectivo final é contribuír a unha sociedade máis inclusiva e equitativa, onde cada individuo poida desenvolver ao máximo o seu potencial e participar plenamente na comunidade.

O rendemento académico, a autoestima e as conductas adictivas: un traballo de investigación
Autoría
A.P.D.
Grao en Educación Social
A.P.D.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
As adiccións exercen unha notable influencia na vida daquelas persoas que as padecen, presentándose como un factor que afecta a todos os niveis das súas vidas. Se centramos a mirada na etapa da adolescencia, o rendemento académico e a autoestima poden ser factores afectados por tales conductas. O obxectivo principal do presente traballo é coñecer a relación que existe entre rendemento académico e autoestima co consumo de substancias e xogos de azar en adolescentes galegos e galegas, tratando de observar as posibles diferenzas entre homes e mulleres. Para tal propósito, unha mostra de 112 persoas estudantes de 3º ESO de ambos sexos dun instituto galego respondeu a un cuestionario anónimo. Os datos obtidos mostraron que existe un maior número de persoas que non consumen e/ou xogan que persoas que seguen tales conductas, sendo o consumo máis habitual no caso masculino. As substancias máis consumidas son, por orde de maior a menor número de persoas consumidoras, o alcohol, o tabaco e o cánnabis. Porén, os datos obtidos nas análises de correlación amosaron a non existencia dunha relación significativa entre as variables estudadas.

Identidade de xénero, familia e educación sexual. A importancia dos proxectos de intervención socioeducativa na escola.
Autoría
R.S.A.
Grao en Educación Social
R.S.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
17.07.2024 13:00
17.07.2024 13:00
Resumo
Actualmente, somos testemuñas de cambios a distintos niveis que son chave para a cidadanía no seu conxunto e para cada persoa en particular, todos acompañados de novas necesidades que precisan atenderse dende a Educación Social. A estudar algunhas delas dedicamos o contido desta investigación documental, sostida sobre dous eixes de análise: a identidade de xénero e a educación sexual. En particular, o desenvolvemento do traballo responde ao propósito de analizar a Educación Social como ferramenta para afrontar os desafíos que a sociedade expón á educación sexual dos máis novos e no que ten que ver coa construción da súa identidade de xénero. O informe levouse a cabo a través da análise de numerosos traballos publicados en revistas referentes do ámbito educativo, así como outras fontes que permitiron coñecer os avances lexislativos e sociais da realidade a estudar. Con este traballo podemos constatar que nos enfrontamos a unha problemática que pon e valor o papel dos educadores/as sociais, deseñando e implementando en contextos como o escolar proxectos de intervención socioeducativa cos que o alumnado poida adquirir coñecementos e habilidades que, en ocasións, a educación formal deixa atrás.

A educación política para a superación dos discursos de odio na sociedade: unha análise pedagóxica.
Autoría
I.F.S.
Grao en Pedagoxía
I.F.S.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
05.09.2024 17:00
05.09.2024 17:00
Resumo
O planeta terra no s. XXI parece estar enfermo. Guerras, epidemias, recesións, crise climática, cuestionamento da democracia, aumento dos discursos do odio… Un conxunto de afeccións que fan que o futuro das sociedades que habitan o globo terráqueo vexan ameazadas a súa existencia por mor da súa propia acción. Cando a idea de enfermidade aparece, inevitablemente, tamén o fai a idea da cura. ¿É a educación a cura da enfermidade do s. XXI? O certo é que aquel que pretenda que a educación revirta esta tendencia de pesimismo sen a axuda de outros axentes sociais que teñen calado na comunidade estará pecando de idealista. Pero quizáis si que é o momento de comezar a limpar determinadas feridas superficiais e a poñer sobre a mesa que é preciso preocuparse pola saúde se non queremos perder o humanismo. Unha das formas de acción social máis efectivas e transformadoras que coñecemos é o cultivo e promoción da Sociedade Civil; un signo de saúde comunitaria. No presente traballo preténdese ampliar coñecementos sobre un concepto certamente polémico polas súas connotacións históricas e contextuais: a educación política. A través dunha revisión sistemática guiada polo protocolo PRISMA e de unha reconceptualización do termo preténdese responder a unha serie de preguntas que poden indicarnos si esta proposta pedagóxica é axeitada para recuperar a senda da convivencia pacífica e do estado de benestar. En definitiva, entre as principais conclusións destacamos que a literatura existente sobre un enfoque pedagóxico da política é insuficiente para afirmar que existe unha correlación entre a educación política e accións que contribúan a diminuír os discursos do odio. Por outra banda, tamén se pretende abrir un debate sobre a presenza (ou non) noutros enfoques académicos.

CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
Proxecto de mellora da competencia dixital do coletivo docente da Escola Infantil Breogán.
Autoría
C.S.L.
Grao en Pedagoxía
C.S.L.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
06.02.2024 11:30
06.02.2024 11:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao optouse pola modalidade do deseño dun proxecto de intervención pedagóxica centrado na área das TIC e dirixido ao profesorado da Escola Infantil Breogán. O obxectivo principal do devandito proxecto é proporcionar unha formación e orientación adecuada ao profesorado na utilización das TIC. Tras a realización do Prácticum I na devandita institución observáronse unha serie de carencias docentes formativas en TIC. Neste sentido, realizouse un diagnóstico das necesidades formativas do colectivo docente a través da aplicación dun cuestionario. Os resultados obtidos constatan a necesidade de incrementar a formación en TIC e mellorar a capacitación do colectivo docente nesta área. Deste xeito, faise necesaria unha mellora nas competencias profesionais e pedagóxicas do profesorado en relación coas TIC.

Saúde sexual na adolescencia, educación sexual e modelos de intervención: a escala formal como agente educativo
Autoría
A.C.S.
Grao en Educación Social
A.C.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Tras analizar as demandas e porblemáticas actuais do colectivo adolescente, poñendo o foco en como viven a súa sexualidades e a maneira na que xestionan as súas emocións, preséntase unha proposta socioeducativa baseada nos valores de educación sexual integral e saúde sexual. Neste enfoque tense en conta a importancia da escola como principal axente educativo universal, argumentando non só a necsidade de implementar a educación sexual nas aulas como algo obrigatorio, senón a incorporación de profesionais especializadas nesta materua para abordala de maneira integral. Esta proposta busca proporcionar ao estudantado ferramentas e coñecementos para tomar decisións seguras sobre a súa sexualidade, promocionando así a súa liberdade e benestar.
Tras analizar as demandas e porblemáticas actuais do colectivo adolescente, poñendo o foco en como viven a súa sexualidades e a maneira na que xestionan as súas emocións, preséntase unha proposta socioeducativa baseada nos valores de educación sexual integral e saúde sexual. Neste enfoque tense en conta a importancia da escola como principal axente educativo universal, argumentando non só a necsidade de implementar a educación sexual nas aulas como algo obrigatorio, senón a incorporación de profesionais especializadas nesta materua para abordala de maneira integral. Esta proposta busca proporcionar ao estudantado ferramentas e coñecementos para tomar decisións seguras sobre a súa sexualidade, promocionando así a súa liberdade e benestar.
Dirección
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
Análise do potencial do álbum ilustrado para a educación emocional na Educación Infantil.
Autoría
C.C.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.C.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 17:00
02.07.2024 17:00
Resumo
Podemos considerar a educación emocional como a gran esquecida na práctica docente a pesar de que se demostraron os seus múltiples beneficios ao longo das diferentes etapas educativas. Distintos expertos defenden esta como unha boa solución ante os crecentes casos de problemas de saúde mental que nos atopamos, como a ansiedade e a depresión, sendo estes os máis frecuentes entre a poboación. Por isto resulta necesario implementar nos centros programas de educación emocional que se acheguen aos alumnos/as. Na etapa de Educación Infantil podemos considerar unha boa metodoloxía de ensino-aprendizaxe o uso da literatura infantil, e tendo en conta a gran variedade de opcións das que dispoñemos neste momento, podería ser unha boa forma de achegar a educación emocional aos máis pequenos/as. Deste xeito, neste Traballo de Fin de Grao búscase crear unha proposta de intervención na que se traballen as emocións básicas a partir dos diferentes álbums ilustrados que se propoñen.

LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
Educación emocional con menores en risco de exclusión
Autoría
S.H.P.
Grao en Educación Social
S.H.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta un proxecto de intervención socioeducativa con menores en risco de exclusión que se deseñou para levar a cabo nun centro de Aldeas Infantís SOS, en Tomiño. Nace da necesidade de proporcionar a estes nenos e nenas unha educación emocional que lles permita identificar e expresar as súas propias emocións, así como as dos demais, polo que se poderán atopar contidos relacionados coa exclusión social, as emocións e sentimentos e coa xestión dos mesmos. Establecendo como obxectivo principal desenvolver competencias e proporcionar ferramentas para a xestión emocional e desenvolver un benestar psico-socioafectivo para desenvolverse plenamente en todo tipo de contextos ao longo da súa vida.

Educación Social e inmigración. Trazando o mapa de ruta que abre paso á integración
Autoría
C.N.R.
Grao en Educación Social
C.N.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O traballo presentado céntrase na inmigración, unha temática amplia con diversos factores, polo que é importante a elaboración dun estudo que indague sobre a situación das persoas inmigrantes en España. A realidade e as necesidades, así como as barreiras que se presentan ao fomar parte deste colectivo nun novo país, cunha sociedade e cultura diferentes, coa necesidade de integrarse no ámbito social, laboral i educativo. En canto a esta cuestión, seguen tendo lugar trabas e inconvenientes ao levar a cabo a integración, polo que, dende a Educación Social, dispóñese de ferramentas que poidan contribuir a promover a inclusión das persoas extranxeiras incluíndo medidas en función do perfil dos seus protagonistas. Co obxectivo de escrutar os desafíos vinculados á condición migratoria no contexto nacional a partir do estudo en profundidade de variables asociadas ao seu perfil, caso do xénero, a idade e a procedencia. Para iso, realizamos unha investigación documental dos aspectos fundamentais das persoas inmigrantes en España, así como as súas necesidades e limitacións tanto dende o Estado, como dende os estereotipos que existen na sociedade, dando importancia ao ámbito educativo.

A educación emocional nas aulas de Educación Infantil. Proposta de intervención a través de medios dixitais.
Autoría
S.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:30
02.07.2024 11:30
Resumo
A través deste Traballo de Fin de Grao, que segue a modalidade de deseño dun proxecto de intervención, trabállanse diferentes aspectos relativos á educación emocional nas aulas de educación infantil. Para este, pártese dun marco teórico no cal se fai un percorrido histórico arredor da educación emocional e a importancia desta nas aulas. Analízase o papel das novas tecnoloxías na educación emocional, a necesidade de formación do profesorado neste ámbito e a relación entre a neuroeducación e a educación emocional. Logo, preséntase unha proposta de intervención para o traballo das emocións na etapa de Educación Infantil. A proposta combina contos motores con recursos dixitais. Dentro da proposta detallarase a fundamentación na que se basea, os obxectivos a acadar, destinatarios, a metodoloxía a empregar, contidos que involucra, a propia descrición das actividades, recursos necesarios, temporalización e avaliación da proposta. Por último, preséntanse as conclusións finais e referencias bibliográficas.
A través deste Traballo de Fin de Grao, que segue a modalidade de deseño dun proxecto de intervención, trabállanse diferentes aspectos relativos á educación emocional nas aulas de educación infantil. Para este, pártese dun marco teórico no cal se fai un percorrido histórico arredor da educación emocional e a importancia desta nas aulas. Analízase o papel das novas tecnoloxías na educación emocional, a necesidade de formación do profesorado neste ámbito e a relación entre a neuroeducación e a educación emocional. Logo, preséntase unha proposta de intervención para o traballo das emocións na etapa de Educación Infantil. A proposta combina contos motores con recursos dixitais. Dentro da proposta detallarase a fundamentación na que se basea, os obxectivos a acadar, destinatarios, a metodoloxía a empregar, contidos que involucra, a propia descrición das actividades, recursos necesarios, temporalización e avaliación da proposta. Por último, preséntanse as conclusións finais e referencias bibliográficas.
Dirección
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titor do alumno)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titor do alumno)
A conciencia fonolóxica dende unha perspectiva innovadora para o alumnado con trastorno do espectro autista na Educación Infantil
Autoría
A.L.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.L.E.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 11:00
03.09.2024 11:00
Resumo
Este presente Traballo de Fin de Grao estuda un compoñente da linguaxe que comeza a desenvolvese en Educación Infantil, a conciencia fonolóxica. Tendo en conta que este aspecto forma parte da nosa vida cotiá, tamén é importante destacar o seu desenvolvemento no alumnado con trastornos. Este traballo céntrase no desenvolvemento da CF do estudantado con Trastorno do Espectro Autista (TEA). O proxecto trata do proceso de adquisición da conciencia fonolóxica no alumnado con diagnóstico TEA, dentro dunha aula dun centro ordinario. Expóñense unha serie de sesións para o grupo - clase que teñen por obxectivo potenciar a conciencia fonolóxica, partindo dunha educación inclusiva e integral. Ademais, expóñense sesións individualizadas para o alumnado TEA, as cales teñen en conta as dificultades e necesidades que presente o/a alumno/á o/á que vai destinada a proposta, adaptándose así as actividades e o material en función do seu repertorio comunicativo. Tendo en conta a gran transcendencia que ten o fomento da CF nas nosas vidas e a necesidade do seu uso na oralidade cotiá, é imprescindible reflexionar sobre a necesidade de formación e concienciación dos docentes ao traballar devandito aspecto co alumnado.

VARELA PORTELA, CRISTINA (Coordinador)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Coordinador)
Masculinidades no Réxime Franquista: O Papel da Escola dende unha Perspectiva Antropolóxica.
Autoría
L.D.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.D.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.09.2024 17:00
05.09.2024 17:00
Resumo
O presente traballo empregará a investigación documental para estudar como o réxime franquista utilizou a escola coma ferramenta para a transmisión dos seus valores e ideais. Aplicando a perspectiva antropolóxica poderemos estudar e analizar a construcción e evolución de xénero, facilitando diversas teorías e autoras para entender a relación entre o poder e o xénero. O punto central será a creación das masculinidades hexemónicas alineadas con este contexto específico, masculinidades necesarias para a continuación da Patria. Analizaránse políticas educativas e manuais escolares para comprender a escola coma un axente socializador de xénero, sendo estos utilizados coma propaganda das políticas empregadas no réxime. Ao mesmo tempo, o estudo do papel dos mestres e da muller será chave para dar un maior entendemento á formación destas masculinidades.

BUSTO MIRAMONTES, BEATRIZ (Titoría)
BUSTO MIRAMONTES, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA MARIN, JORGE (Presidente/a)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Secretario/a)
FERNANDEZ REY, ELENA (Vogal)
GARCIA MARIN, JORGE (Presidente/a)
FERNANDEZ LOPEZ, ISABEL (Secretario/a)
FERNANDEZ REY, ELENA (Vogal)
Análise das barreiras que dificultan a inclusión socioeducativa do alumnado con diversidade funcional
Autoría
R.B.C.
Grao en Educación Social
R.B.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
26.06.2024 09:00
26.06.2024 09:00
Resumo
O tema de estudo do presente Traballo Fin de Grao céntrase na análise das barreiras que dificultan a inclusión socioeducativa do alummnado con diversidade funcional; co obxectivo de profundar no tipo e caracterización desas barreiras e nas necesidades que orixinan ás persoas con este tipo de dificultade. Para iso, seguirase unha metodoloxía de traballo de corte teórico, na que a investigación adoptará como base a busca documental sobre a diversidade funcional e as barreiras para a inclusión socioeducativa deste colectivo, analizando, mediante diferentes fontes consultadas, o estado da cuestión sobre o tema, o que permitirá unha análise profunda da información relacionada con esta temática.

ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)

A problemática do suicidio en contextos penitenciarios. A perspectiva socioeducativa.
Autoría
L.G.S.
Grao en Educación Social
L.G.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 13:00
02.07.2024 13:00
Resumo
O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao é investigar e analizar a problemática do suicidio en prisións, centrándonos en observar cal é o papel da acción socioeducativa nesta problemática. Para tal fin, exponse no marco teórico unha contextualización do sistema penitenciario español centrada no tratamento que se lle dá ao suicidio en prisión. Seguidamente, abordaranse os conceptos de suicidio, autolesión e ideación suicida para pasar a examinar os factores de risco e protección de suicidio en prisión. Realízase, ademais, unha análise dos protocolos de prevención de suicidio nos cárceres de España e Catalunya. Finalmente, a partir dunha revisión bibliográfica sistemática en varios buscadores e bases de datos como Google Académico, Dialnet, Scopus e WOS, recóllense diferentes propostas de intervención e prevención de suicidio, co fin de coñecer as actuacións que se están levando a cabo e cal é o papel da educadora social á hora de realizar unha abordaxe nesta gran problemática. Tras a discusión, observamos que a Educación Social está practicamente invisibilizada no contexto penitenciario, xunto a unha case nula sistematización da acción socioeducativa en prisión en relación ao suicidio. Atopouse tamén que os tratamentos empregados ante dita problemática propóñense maiormente dende un enfoque médico, psiquiátrico e/ou farmacolóxico.

O uso da fotografía como ferramenta educativa para traballar a flora en Educación Infantil.
Autoría
T.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
T.C.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
O propósito do presente traballo de fin de grao é utilizar a fotografía como medio e ferramenta didáctica que propicie a aprendizaxe e curiosidade pola flora da contorna próxima na etapa de Educación Infantil. Para iso, deséñase unha proposta didáctica co fin de tratar aqueles aspectos que se podan levar á aula, como son os usos ou lendas tradicionais dalgunha destas especies. Ademais, unha cuestión que debemos ter en conta no traballo con fotografías é a importancia de utilizar imaxes familiares e próximas ao alumnado xa que son as que van producir un maior interese e implicación no tema a tratar. Por tanto, en moitas ocasións a propia fotografía pode utilizarse como recurso educativo por presentar un potente compoñente motivador, fundamental en todo proceso de ensinanza-aprendizaxe. A etapa de infantil é idónea á súa vez para traballar a natureza, de xeito que as crianzas comecen a tomar conciencia do medio onde viven e da repercusión dos seus actos, de xeito manipulativo, visual e sobre todo significativo.

CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titoría)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titor do alumno)

Estudo sobre a inclusión socioeducativa das persoas con discapacidade intelectual
Autoría
A.D.I.
Grao en Educación Social
A.D.I.
Grao en Educación Social
Data da defensa
26.06.2024 10:15
26.06.2024 10:15
Resumo
Este estudo sobre a inclusión socioeducativa das persoas con discapacidade intelectual, é un traballo de iniciación á investigación documental que ten como obxectivo principal coñecer a realidade das persoas con este tipo de discapacidade, buscando comprender as barreiras e as necesidades coas que estas persoas se atopan durante o seu ciclo vital. Para isto levarase a cabo unha revisión da inclusión social e educativa destas persoas no contexto educativo-escolar, no laboral, no sociocomunitario e no familiar. Os resultados obtidos indican que o nivel de inclusión é máis elevado na actualidade que en épocas pasadas. Ademais de demostrar a importancia da participación e a autonomía das persoas con esta discapacidade na comunidade, como impulsoras dunha boa calidade de vida. Recolleuse, ao mesmo tempo, a importancia da presenza da familia en todos os ámbitos de desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual. Do mesmo xeito, coñecéronse os diferentes tipos de traballo aos que este colectivo pode acceder e o seu funcionamento.
Este estudo sobre a inclusión socioeducativa das persoas con discapacidade intelectual, é un traballo de iniciación á investigación documental que ten como obxectivo principal coñecer a realidade das persoas con este tipo de discapacidade, buscando comprender as barreiras e as necesidades coas que estas persoas se atopan durante o seu ciclo vital. Para isto levarase a cabo unha revisión da inclusión social e educativa destas persoas no contexto educativo-escolar, no laboral, no sociocomunitario e no familiar. Os resultados obtidos indican que o nivel de inclusión é máis elevado na actualidade que en épocas pasadas. Ademais de demostrar a importancia da participación e a autonomía das persoas con esta discapacidade na comunidade, como impulsoras dunha boa calidade de vida. Recolleuse, ao mesmo tempo, a importancia da presenza da familia en todos os ámbitos de desenvolvemento das persoas con discapacidade intelectual. Do mesmo xeito, coñecéronse os diferentes tipos de traballo aos que este colectivo pode acceder e o seu funcionamento.
Dirección
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
Música clásica e emocións: deseño dunha proposta didáctica para alumnado de educación primaria
Autoría
P.D.R.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.D.R.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 12:00
02.09.2024 12:00
Resumo
Desde as súas orixes, o ser humano notou a influencia que a música tiña nas súas emocións e nos seus actos. As investigacións de antropólogos e psicólogos dan a coñecer a importancia da intelixencia no desenvolvemento e progreso do home. A través dos traballos de Binet, Goleman e Gardner sostense que intelixencia e emocións son potenciais biopsicológicos que interactúan para resolver os problemas e as necesidades da persoa. O descubrimento de múltiples intelixencias no ser humano revoluciona a concepción da mente. En España, Bisquerra desvela un universo de emocións. Neste traballo preséntase o deseño dunha proposta didáctica na que aparece a intelixencia emocional como unha habilidade fundamental para coñecerse e relacionarse de maneira eficaz consigo mesmo e cos demais. A educación emocional necesita presenza nas aulas. A música clásica, desde a intelixencia musical, achega estímulos, experiencias e respostas gratificantes e enriquecedoras ao difícil mundo das emocións en Educación Primaria.

O tratamento das dificultades idiomáticas do alumnado estranxeiro no proceso de ensino-aprendizaxe do español como L2 na educación infantil.
Autoría
M.S.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.S.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2024 12:00
18.07.2024 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao analiza os erros máis comúns que comete o alumnado sinofalante e arabófono na adquisición do español como segunda lingua, concretamente, na etapa de educación infantil. Ao longo da análise identifícanse os principais erros relacionados coa pronunciación e a gramática, atribuíbles a numerosas diferenzas estruturais entre a lingua materna deste alumnado estranxeiro e o español. A realización desta análise lévase a cabo co obxectivo principal de mellorar o sistema educativo actual, xa que este se atopa en constante cambio debido á mobilidade global, e ademais, a atención á diversidade lingüística é completamente insuficiente nesta primeira etapa educativa. Polo tanto, destácase a necesidade de estratexias educativas específicas e adaptadas para facilitar a integración e a aprendizaxe destes estudantes. Neste caso, o enfoque comunicativo preséntase como o método máis adecuado. Así mesmo, analízanse tres manuais útiles para o ensino de ELE en educación infantil. Finalmente, sublíñase a importancia de adaptar os métodos de avaliación destes estudantes, para que sexan inclusivos e reflictan correctamente o seu progreso individual na adquisición do español como L2.

Censura e autocensura nos libros infantís: o que as mestras e os mestres non len nas aulas
Autoría
I.R.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.R.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 10:45
03.07.2024 10:45
Resumo
A censura é unha prohibición que afecta á lectura, á escritura e á publicación ou edición de certos textos. Por outra banda, a autocensura dáse cando as persoas escritoras ou mediadoras non se permiten chegar a eses contidos. En concreto, as mestras e mestres de educación infantil levan a cabo esta autocensura cando deciden non ler ás crianzas un libro. Tendo en conta as múltiples funcións da literatura infantil para a formación do alumnado como lectores e como cidadáns, privalos de certos libros ten unhas consecuencias que deben ser valoradas. O obxectivo deste TFG é explicitar as censuras que exercen e os seus motivos, polo que, partindo dunha revisión bibliográfica, realízase unha investigación cualitativa a través de entrevistas semiestruturadas a mestras e mestres en formación, para finalizar extraendo unhas conclusións.

Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
GARCIA BERNADAL, LUIS MANUEL (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)

Relación entre a regulación emocional e o desempeño académico en Educación Infantil: unha revisión
Autoría
M.G.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.G.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Estudar a regulación emocional durante a etapa de Educación Infantil resulta fundamental para comprender o seu impacto no desenvolvemento persoal, familiar e académico dos/as infantes. Nesta etapa, os nenos e nenas comezan a discernir entre comportamentos aceptables e inaceptables, a expresar as súas emocións e a comprender as dos demais, e a resolver conflitos, habilidades que están intrínsecamente relacionadas coa regulación emocional. O obxectivo deste traballo é investigar e analizar como a regulación emocional pode influir no desempeño académico do alumnado de Educación Infantil. Para tal fin, levouse a cabo unha revisión exhaustiva e sistemática da literatura científica en bases de datos como Iacobus, Dialnet, ERIC ou Psycinfo. Así mesmo, examináronse os resumos dos estudos identificados, seleccionando aqueles que se consideraron relevantes para incluír nesta revisión. Localizáronse 12 estudos, que están incluídos nesta revisión. Os resultados mostran que unha maior capacidade de regulación emocional relaciónase cun mellor desempeño académico (mellor competencia académica e hábitos de traballo, maior adaptación escolar e éxito temperá, menos comportamentos disruptivos na aula, relacións máis positivas, maior participación e emocionalidade na aula, menos dificultades para adquirir coñecementos).

Guisande Couñago, María Adelina (Titoría)
Guisande Couñago, María Adelina (Titoría)
Tribunal
Guisande Couñago, María Adelina (Titor do alumno)

Relación entre a regulación emocional e o rendemento académico en Educación Primaria: unha revisión
Autoría
M.G.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.G.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
As habilidades socioemocionais son fundamentais para o desenvolvemento integral do alumnado de Educación Primaria, destacando a regulación emocional como unha das máis importantes. Esta habilidade desempeña un papel significativo dentro do ámbito educativo, que é un contexto privilexiado para a súa promoción. A pesar da relevancia desta cuestión, non existen traballos previos de revisión que estudasen a relación entre regulación emocional e rendemento académico nesta etapa educativa. O obxectivo deste traballo foi analizar a relación entre a regulación emocional e o rendemento académico do alumnado de Educación Primaria. Levouse a cabo unha revisión exhaustiva e sistemática da literatura en diferentes bases de datos como Iacobus, Dialnet, ERIC e Psycinfo, localizando 11 estudos, que están incluídos nesta revisión. Os resultados mostraron que unha maior capacidade de regulación emocional (tolerancia ao distrés, manexo efectivo das emocións, menos estratexias desadaptativas, niveis máis baixos de ira, maior regulación do comportamento e maior percepción e regulación das habilidades socioemocionais) relacionábase cun mellor desempeño académico (mellor comprensión lectora e cálculo matemático, maior confianza na resolución de tarefas, maior motivación, compromiso e logro académico, niveis máis altos de comprensión, motivación e persistencia na aprendizaxe).

Casas de Patín: intervención educativa sobre patrimonio etnográfico de Cangas (Pontevedra)
Autoría
A.G.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.G.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 11:30
03.07.2024 11:30
Resumo
Algúns bens singulares non son recoñecidos como patrimonio pola comunidade local, a pesar de convivir con eles diariamente. O presente traballo emprega un destes exemplos para fomentar a valoración e o compromiso crítico dun grupo de primeiro curso de Educación Primaria coa súa contorna. En particular, deséñase, impleméntase e analízase unha intervención de educación patrimonial realizada na localidade de Cangas do Morrazo (Pontevedra), cuxo centro histórico alberga as chamadas Casas de Patín, edificacións de arquitectura tradicional mariñeira. Mediante a combinación de metodoloxías activas, de natureza fundamentalmente comunicativa e colaborativa, o alumnado transita dende a desafección cara á apropiación simbólica destes elementos. A travesía fundaméntase nun proxecto transversal coas áreas de Ciencias Sociais, Lingua Galega e Educación Plástica, cuxo produto final trátase da elaboración dun conto. O conto é un recurso familiar no momento vital do alumnado cuxo esqueleto organizativo resulta simple de asumir polos educandos. Concíbese como un elemento transmisor de coñecementos e historias significativas que, extrapoladas ao interese do estudo, recuperan o patrimonio para conectalo e compartilo coa sociedade.
Algúns bens singulares non son recoñecidos como patrimonio pola comunidade local, a pesar de convivir con eles diariamente. O presente traballo emprega un destes exemplos para fomentar a valoración e o compromiso crítico dun grupo de primeiro curso de Educación Primaria coa súa contorna. En particular, deséñase, impleméntase e analízase unha intervención de educación patrimonial realizada na localidade de Cangas do Morrazo (Pontevedra), cuxo centro histórico alberga as chamadas Casas de Patín, edificacións de arquitectura tradicional mariñeira. Mediante a combinación de metodoloxías activas, de natureza fundamentalmente comunicativa e colaborativa, o alumnado transita dende a desafección cara á apropiación simbólica destes elementos. A travesía fundaméntase nun proxecto transversal coas áreas de Ciencias Sociais, Lingua Galega e Educación Plástica, cuxo produto final trátase da elaboración dun conto. O conto é un recurso familiar no momento vital do alumnado cuxo esqueleto organizativo resulta simple de asumir polos educandos. Concíbese como un elemento transmisor de coñecementos e historias significativas que, extrapoladas ao interese do estudo, recuperan o patrimonio para conectalo e compartilo coa sociedade.
Dirección
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Tribunal
Guisande Couñago, María Adelina (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Guisande Couñago, María Adelina (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Ocio e tempo libre da xuventude do concello de Ribeira (A Coruña): unha análise dende a Educación Social.
Autoría
M.S.P.
Grao en Educación Social
M.S.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2024 10:00
03.09.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao titulado ''Ocio e tempo libre da xuventude do concello de Ribeira (A Coruña): unha análise dende a Educación Social'' pretende aportar luz a como as mozas e mozos de 18 a 30 anos do municipio de Ribeira empregan o seu tempo libre e desfrutan do seu lecer. A investigación, realizada mediante unha metodoloxía cualitativa con grupos de discusión, identifica características, beneficios, potencialidades, limitacións, dificultades e barreiras do ocio xuvenil, e ofrece propostas de mellora dende un enfoque socioeducativo. O estudo destaca a importancia dos beneficios do lecer pese á dualidade do ocio xuvenil entre o saudable e o nocivo, e subliña a importancia do asociacionismo, así como do apoio institucional e as políticas locais para fomentar un lecer inclusivo e beneficioso para o desenvolvemento persoal e comunitario da mocidade.

Construíndo contornas seguras. Proxecto de Intervención sobre educación afectivo-sexual para familias.
Autoría
N.S.P.
Grao en Pedagoxía
N.S.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 11:15
01.07.2024 11:15
Resumo
A educación afectivo sexual é un aspecto necesario a tratar durante a infancia e a adolescencia, xa que inflúe directamente no desenvolvemento e evolución das persoas. Dado que, a familia é un dos contextos principais, xunto coa escola, de educación e socialización plantéxase un proxecto de intervención dirixido á formación dos pais e nais neste ámbito coa finalidade de brindarlles as ferramentas necesarias para á educación dos seus fillos e fillas nos temas de sexualidade e afectividades nunha contorna segura.
A educación afectivo sexual é un aspecto necesario a tratar durante a infancia e a adolescencia, xa que inflúe directamente no desenvolvemento e evolución das persoas. Dado que, a familia é un dos contextos principais, xunto coa escola, de educación e socialización plantéxase un proxecto de intervención dirixido á formación dos pais e nais neste ámbito coa finalidade de brindarlles as ferramentas necesarias para á educación dos seus fillos e fillas nos temas de sexualidade e afectividades nunha contorna segura.
Dirección
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)
Revisión da eficacia de programas de habilidades comunicativas en nenos/as con TEA en Educación Infantil
Autoría
A.F.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.F.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 10:00
03.07.2024 10:00
Resumo
comunicación e a interacción social, así como por patróns de comportamento, intereses ou actividades restritivos ou repetitivos. Unha das características principais deste trastorno son as dificultades nas habilidades comunicativas, as cales implican alteracións na atención conxunta e ecolalia, e dificultades nos compoñentes da linguaxe, derivando en problemas nas interaccións sociais e na expresión e comprensión da fala. O aumento na prevalencia do autismo e a importancia do desenvolvemento comunicativo na educación infantil, fan necesario afondar na orixe desta dificultade, analizando a relevancia e o impacto que ten no desenvolvemento das nenas e nenos con TEA, e examinando a eficacia de diversos programas que traballen as habilidades comunicativas en crianzas con este trastorno. Así, o obxectivo deste traballo foi analizar a eficacia de intervencións en habilidades comunicativas en alumnado con TEA aplicadas por docentes en educación infantil. Mediante unha revisión sistemática da literatura científica seleccionáronse 11 estudos. Os resultados obtidos foron alentadores, confirmando que, coas intervencións adecuadas, se poden acadar avances relevantes con consecuencias moi positivas para este alumnado.

CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)
Os nenos/as de Terezín e a arte como ferramenta para o tratamento das emocións no segundo ciclo de Educación Infantil: unha proposta didáctica
Autoría
G.C.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
G.C.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 17:45
02.07.2024 17:45
Resumo
Hai pouco máis de 80 anos, a localidade de Terezín, en República Checa, foi convertida polos nazis nun campo-gueto que trataron de vender como unha cidade cómoda para a xubilación dos xudeus que alí se atopaban. Entre estes xudeus destacaba un amplo número deartistas que, polo interese dos nazis de aparentar unha realidade completamente afastada da auténtica, poideron crear unha rica vida cultural na que tamén estiveron involucrados os nenos e nenas que alí habitaban e que, gracias á arte, puideron expresar a través das súas múltiples formas todo o que aquela inhumana situación lles facía sentir, Tomando este feito histórico como punto de partida, preténdese reforzar con este Traballo de Fin de Grado, mediante a exposición de datos recabados e a formulación dunha proposta didáctica baseada na metodoloxía Waldorf, a idea da necesidade de empregar as múltiples linguaxes atísticas que existen como ferramentas para o tratamento das emocións nas aulas do segundo ciclo de educación infantil.

A inclusión de material auténtico e realia para o ensino e promoción do galego: unha proposta de intervención para o quinto ano de Infantil
Autoría
L.D.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.D.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 18:30
02.07.2024 18:30
Resumo
Este traballo adéntrase na travesía de ensinar e fomentar o galego nunha aula de 5 anos mediante unha proposta didáctica que vai máis aló das convencionais. Afondando na cultura de cada país, e neste caso de Galicia, esta proposta rompe con materiais didácticos convencionais para o ensino e promoción dunha lingua, e utiliza materiais auténticos ou realia, propios de cada país, como catalizadores de aprendizaxe. O resultado final non é só unha recompilación de actividades, senón un xogo emocionante que fusiona a riqueza cultural de Galicia coa súa lingua. Con respecto á cultura galega e o seu idioma, estes materiais inspiran autenticidade, e preséntanse actividades pedagóxicas que incorporan estes elementos xenuínos da vida cotiá galega, adaptados ao nivel de desenvolvemento do alumnado neste caso. As actividades que utilizamos van máis aló dos típicos exercicios baseados na linguaxe e, en cambio, incorporan xogos, cancións, baile, comida e historias que captan a esencia da cultura galega. Con isto, o obxectivo non é só o dominio lingüístico, senón tamén alimentar a súa conexión emocional e o sentido de asombro cara a súa contorna.

Meaningful PE, da teoría á práctica
Autoría
T.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
T.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Meaningful PE é unha metodoloxía para a ensinanza da educación física baseada na aprendizaxe significativa. Isto é, crear experiencias de aprendizaxe que sexan relevantes e significativas para o alumnado e así desenvolver unha aprendizaxe real e duradeira. Para iso, esta metodoloxía propón unha serie de principios ou ideas como o desafío, a actividade motora, a inclusión, a competitividade, o compoñente emocional… Así, este traballo de fin de grao consistirá nunha revisión documental de dita metodoloxía na que se exploran os seus principios e ideas. Tamén se realiza unha análise comparativa co currículo sobre a visión e a educación física en educación primaria. Ademais, tras esta revisión documental exporanse unha serie de estratexias para a aplicación práctica da metodoloxía e exporase unha proposta didáctica baseada tamén nesta.

Materiais manipulativos empregados para a ensinanza da aritmética
Autoría
G.S.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
G.S.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
28.06.2024 11:00
28.06.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo recalcar a importancia do uso dos materiais manipulativos no proceso de ensinanza-aprendizaxe das matemáticas, especificamente na rama da aritmética. Para elo, apoiándome nas formulacións de diversos autores, levouse a cabo unha revisión bibliográfica coa finalidade de coñecer diversos aspectos sobre os materiais didácticos, como as distintas definicións de material didáctico que existen, as súas clasificacións, os beneficios e limitacións que presenta o emprego destes materiais nas clases de Educación Primaria ou o papel do xogo e a manipulación na aula de matemáticas. Por último, procederase a explicar algúns dos materiais manipulativos, tanto estruturados como non estruturados, que poden ser empregados na ensinanza da aritmética en Educación Primaria. Así mesmo, describiranse os contidos que poden ser traballados con cada un deles e formularase unha actividade que se poida desenvolver coa utilización de cada material.

A creación da identidade e o sentimento de pertenza tomando como ferramenta a arte comunitaria.
Autoría
D.G.M.
Grao en Educación Social
D.G.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Cando pensamos nun barrio coas características das Tres Mil Vivendas (Sevilla) é habitual que recorramos a unha gran cantidade de estigmas que poidan formar unha opinión negativa. Todos estes prexuízos afectan as persoas que o habitan, perpetuando o estancamento socioeconómico e cultural do mesmo. Para confrontar isto, a arte comunitaria pode ser unha gran ferramenta para que os/as veciños tomen conciencia da situación que están a vivir, asuman como propia a responsabilidade do cambio e sentan parte del, acrecentando consecuentemente o seu sentimento de pertenza cara a unha comunidade que desexa deixar atrás os estereotipos que os castigaron durante anos na procura dunha mellor calidade de vida. Por iso, a través do presente proxecto tratarase de achegar a arte ás persoas non só como disciplina illada, senón tendo tamén a oportunidade de facer uso dela como ferramenta de transformación social.

LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
Tribunal
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titor do alumno)

A realidade dos CRA dende a visión docente.
Autoría
A.B.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.B.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 10:40
04.09.2024 10:40
Resumo
A temática que abordará este traballo de investigación xira en torno ao funcionamento dos Colexios Rurais Agrupados (CRA) dende a visión dos docentes, é dicir, a través das súas concepcións, prácticas e emocións. Así, a través da técnica da entrevista ao profesorado, recolleranse datos para explorar a súa perspectiva arredor das vantaxes e desvantaxes que supón impartir docencia neste tipo de escolas, e tamén se poñerá especial atención ás dificultades que se lles presentan aos docentes ao longo da súa traxectoria neste tipo de centros. Os datos recollidos serán analizados a través de análise de contido. O estudo rematará cun informe descritivo e interpretativo que reflicta a perspectiva docente sobre os CRA e os desafíos e dilemas emerxentes para este tipo de centros.

Fillos e fillas de inmigrantes en España: a construcción da identidade dentro da escola.
Autoría
S.G.V.
Grao en Educación Social
S.G.V.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2024 10:00
03.07.2024 10:00
Resumo
As dinámicas migratorias e os enfoques derivados destas fan da migración un concepto de gran complexidade. Tanto a existencia social como a categorización das persoas migrantes vense influenciadas por unha serie de factores que converten a identidade nun aspecto crucial, especialmente para os fillos e fillas de persoas migrantes que naceron en España. Afrontan unha alteridade aínda máis pronunciada, e os axentes de socialización desempeñarán un papel chave no desenvolvemento da súa identidade individual e grupal. Este traballo céntrase en como se constrúe dita identidade dende a escola.
As dinámicas migratorias e os enfoques derivados destas fan da migración un concepto de gran complexidade. Tanto a existencia social como a categorización das persoas migrantes vense influenciadas por unha serie de factores que converten a identidade nun aspecto crucial, especialmente para os fillos e fillas de persoas migrantes que naceron en España. Afrontan unha alteridade aínda máis pronunciada, e os axentes de socialización desempeñarán un papel chave no desenvolvemento da súa identidade individual e grupal. Este traballo céntrase en como se constrúe dita identidade dende a escola.
Dirección
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
QUIROGA CARRILLO, ANAIS (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Secretario/a)
Conde López, Julio José (Vogal)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Secretario/a)
Conde López, Julio José (Vogal)
Análise dunha mostra dos libros de texto e materiais didácticos de música na educación secundaria.
Autoría
L.M.A.G.
Grao en Pedagoxía
L.M.A.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.09.2024 13:15
03.09.2024 13:15
Resumo
Este TFG presenta unha análise descritiva e interpretativa sobre unha pequena mostra de diferentes recursos didácticos e libros de texto de música empregados na educación secundaria obrigatoria. Para acadar dito propósito empregouse como instrumento unha guía de avaliación, elaborada tomando como referencia a autores especializados na avaliación de materiais e dirixida a analizar os materiais didácticos da mostra en base a 5 dimensións. Este instrumento aplicouse a unha mostra de 15 materiais didácticos de diferentes cursos da ESO mediante a metodoloxía de análise de contido. Como resultado obtivemos unha visión ampla das características de diferentes tipos de materiais musicais empregados durante a ESO, recollendo tanto materiais de autoría docente como materiais editoriais. De tal forma, este estudo revelou os materiais editoriais, producidos por editoriais comerciais, destacaron pola súa estrutura organizada, presentación gráfica e cobertura extensiva do currículo oficial. Con todo, mostraron deficiencias na adaptación á contorna inmediata do alumnado, a inclusión de actividades grupais ou a proporción entre os distintos tipos de contido, predominando os contidos conceptuais. Doutra banda, os materiais elaborados por docentes mostraron adaptabilidade e contextualización cara ás necesidades específicas da aula, mostrando un enfoque personalizado e flexible na selección de contidos e metodoloxías. Pese a isto, presentaron limitacións ao redor da xustificación das decisións tomadas no material, na vinculación cos eixos transversais do currículo ou na inclusión de elementos que axudan á memorización, como esquemas ou resumos. Ademais, observouse unha presentación visual menos consistente en comparación cos materiais editoriais.

A deconstrución da masculinidade hexemónica para a prevención da violencia de xénero. Proxecto de intervención socioeducativa.
Autoría
A.F.M.
Grao en Educación Social
A.F.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Mediante este Traballo de Fin de Grao elaborarase o deseño dun proxecto de intervención socioeducativa dirixido a adolescentes que se atopen cursando 3º de Educación Secundaria Obrigatoria, incluído no ámbito de acción socioeducativa en infancia e mocidade. Concretamente, a proposta de intervención aborda a relación intrínseca entre as normas tradicionais da masculinidade hexemónica e a perpetuación da violencia de xénero. A intervención xustifícase pola necesidade de abordar a violencia machista como unha problemática estrutural e sistémica en España, onde máis da metade das mulleres maiores de 16 anos sufriron algún tipo de violencia. A masculinidade hexemónica caracterízase por atributos como o dominio, control ou represión emocional, o que propicia a aparición de diferentes tipos de violencia contra as mulleres. Deste xeito, persegue obxectivos como o fomento de modelos de masculinidades baseados no respecto e igualdade, coñecer como o sistema sexo-xénero inflúe na identidade de homes e mulleres, coñecer que se entende por masculinidade hexemónica e por que ten consecuencias negativas para a saúde, fomentar a xestión emocional e aprender a identificar as expresións de violencia machista e os discursos estereotipados sobre a violencia de xénero.

DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
Tribunal
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titor do alumno)

Pornografía e educación sexual: motivacións no consumo de contido pornográfico en persoas adolescentes.
Autoría
C.C.D.C.
Grao en Educación Social
C.C.D.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 09:30
01.07.2024 09:30
Resumo
O presente traballo ten por obxectivo indagar nas motivacións que levan ás persoas adolescentes a consumir contido pornográfico. Pretende coñecer se algunha das motivacións pode estar relacionada coa falta de educación sexual. Para iso, levouse a cabo a interpretación dos resultados de diferentes estudos, cuxos datos confirman que unha porcentaxe de persoas adolescentes emprega a pornografía como fonte educativa para aprender sobre sexo e sexualidade.
O presente traballo ten por obxectivo indagar nas motivacións que levan ás persoas adolescentes a consumir contido pornográfico. Pretende coñecer se algunha das motivacións pode estar relacionada coa falta de educación sexual. Para iso, levouse a cabo a interpretación dos resultados de diferentes estudos, cuxos datos confirman que unha porcentaxe de persoas adolescentes emprega a pornografía como fonte educativa para aprender sobre sexo e sexualidade.
Dirección
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
Pobreza e senfogarismo: factores determinantes de exclusión social. Unha aproximación desde a Educación Social á contorna galega
Autoría
S.V.E.
Grao en Educación Social
S.V.E.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
A pobreza, o senfogarismo e a exclusión social preséntanse como unha problemática social que está a adquirir un auxe significativo no panorama internacional. Por iso, o presente traballo académico mostra unha visión xeral sobre ditos termos, en forma de iniciación á investigación documental desde o eido da Educación Social dentro da contorna galega. Seguindo dita finalidade, proponse unha revisión documental de carácter cualitativo, que emprega como técnica de recollida de datos a análise documental, co obxectivo último de comprender a relación entre os termos obxecto de estudo, así como as causas e consecuencias e as estratexias de intervención actuais que buscan darlles resposta. Ademais de establecer un marco teórico global, preséntase á súa vez un marco lexislativo internacional, europeo, nacional e autonómico, para coñecer así as diferentes políticas que se establecen. Os resultados obtidos, mostran a importancia do papel da Educación Social na implementación de estratexias baixo a premisa dun enfoque de dereitos, así como a necesidade de afondar no estudo dos fenómenos, orientando o labor a detectar as necesidades específicas dos individuos e a adecuar e adaptar as intervencións aos mesmos.

Arte, escola e museos: os procesos de creación en educación primaria a través da obra de Pablo Picasso.
Autoría
A.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo céntrase na importancia de achegar ao alumnado de Educación Primaria á arte buscando conectar a escola cos museos e cos artistas. Neste caso en concreto, tomarase como referencia a obra dun artista prolífico e universal como Pablo Picasso para poder abordar distintas estratexias artísticas e cuestións temáticas. A Educación Artística ten unha presenza moi reducida dentro do curriculum e é considerada como unha materia pouco relevante, polo que é preciso cambiar estas crenzas. Diversos autores falan da súa importancia e da necesidade de promover a creatividade para poder formar a persoas críticas, independentes e autónomas. A modalidade escollida para o traballo é a de deseño dunha proposta de intervención no contexto educativo co obxectivo de favorecer a transición da Educación Infantil á Educación Primaria, coñecer parte da obra de Pablo Picasso e potenciar a creatividade.

Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
Trigo Martínez, Cristina (Titor do alumno)

Novas perspectivas para a Acción Socioeducativa: a educación do ocio nas actividades extraescolares.
Autoría
L.P.C.
Grao en Educación Social
L.P.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
16.07.2024 11:00
16.07.2024 11:00
Resumo
O presente TFG aborda como os cambios da estrutura familiar e a incorporación da muller no mercado laboral transformaron o uso do tempo libre das familias. A dificultade de conciliar vida laboral e familiar levou a un aumento do uso das actividades extraescolares, que se vuelven un ámbito de socialización importante. Esta investigación documental centrase na Comunidade Autónoma de Galicia. Este estudio documental analiza o impacto destas actividades dende unha perspectiva socioeducativa, argumentando que o ocio debe considerarse un dereito fundamental para o benestar humano, máis aló de ser un simple entretemento. A educación do ocio evolucionou dende a educación para o tempo libre e promove un desenvolvemento persoal e de cohesión social, así como a promoción de habilidades sociais, valores e igualdade de oportunidades. Este TFG resalta a importancia de integrar a educación social nas actividades extraescolares, fomentando a colaboración entre familias, escolas e comunidades. Este enfoque pretende determinar se a educación social inflúe na calidade de vida e na prevención de conductas de risco en nenos/as e adolescentes. Finalmente, destacase a necesidade de políticas educativas e sociais que apoien a conciliación e aseguren que o ocio sexa asequible para todos/as, contribuíndo así a unha educación integral e equitativa.

A discriminación e o acoso escolar entre iguais no contexto escolar por razóns de sexo/xénero en España: unha revisión sistemática da bibliografía dispoñible.
Autoría
C.B.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.B.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O acoso escolar defínese como o fenómeno polo cal unha ou varias persoas exercen maltrato psicolóxico, verbal e/ou físico sobre outra ou outras de forma reiterada e sostida no tempo; tanto na contorna escolar como a través de medios tecnolóxicos. Nos últimos anos, a súa crecente incidencia demostra a necesidade de que sexan os e as profesionais da contorna fundamental do fenómeno (a escola) os e as que o estuden dende idades temperás, para poder así previlo dende a raíz. No presente Traballo de Fin de Grao, realízase unha revisión da literatura sobre o acoso escolar por cuestións de sexo e/ou xénero no contexto de España; valorándose as diferenzas existentes entre os nenos e as nenas de entre 6 e 12 anos, así como as causas e consecuencias que derivan nel e del. Deste xeito, este traballo afonda en categorías relativas á identidade, á expresión de xénero, aos estereotipos ou ás características físicas. Polo tanto, contribúe a obter as necesidades e signos de alerta aos que as escolas e o profesorado, como axentes socializadores fundamentais, deben ceder especial importancia e atención co fin de previr (ou, no seu defecto, frear) o fenómeno do acoso escolar.

ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
Tribunal
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titor do alumno)

As consecuencias da prematuridade no desenvolvemento. Orientacións para o profesorado e as familias
Autoría
A.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 10:00
03.07.2024 10:00
Resumo
A prematuridade é unha condición neonatal pola que un suxeito nace antes das 37 semanas de xestación. Na actualidade, trátase dun factor cada vez máis frecuente e pode derivar en dificultades a nivel motor, cognitivo, lingüístico e socioemocional. Así, unha estimulación integral e unha atención educativa temperá son dous elementos clave a ter en conta polo profesorado da etapa de Educación Infantil. Neste contexto, o presente traballo de fin de grao ten como obxectivo principal coñecer as implicacións da prematuridade no campo educativo. Con esta finalidade, realizouse unha revisión bibliográfica dun corpus de 23 artigos, grazas á cal se puideron coñecer as características desta condición, as variables influentes e determinantes, as consecuencias no desenvolvemento das crianzas, os efectos na familia dos suxeitos e as repercusións para o profesorado e o ámbito de Educación Infantil. Ademais, especificouse a importancia de ofrecer un servizo de atención temperá e presentáronse unha serie de pautas para a xestión da prematuridade, dirixidas tanto aos familiares como ao persoal docente.
A prematuridade é unha condición neonatal pola que un suxeito nace antes das 37 semanas de xestación. Na actualidade, trátase dun factor cada vez máis frecuente e pode derivar en dificultades a nivel motor, cognitivo, lingüístico e socioemocional. Así, unha estimulación integral e unha atención educativa temperá son dous elementos clave a ter en conta polo profesorado da etapa de Educación Infantil. Neste contexto, o presente traballo de fin de grao ten como obxectivo principal coñecer as implicacións da prematuridade no campo educativo. Con esta finalidade, realizouse unha revisión bibliográfica dun corpus de 23 artigos, grazas á cal se puideron coñecer as características desta condición, as variables influentes e determinantes, as consecuencias no desenvolvemento das crianzas, os efectos na familia dos suxeitos e as repercusións para o profesorado e o ámbito de Educación Infantil. Ademais, especificouse a importancia de ofrecer un servizo de atención temperá e presentáronse unha serie de pautas para a xestión da prematuridade, dirixidas tanto aos familiares como ao persoal docente.
Dirección
Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titoría)
Sánchez Castaño, Maria Teresa (Titoría)
Tribunal
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
GARCIA BERNADAL, LUIS MANUEL (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
GARCIA BERNADAL, LUIS MANUEL (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)
Pedagogical translanguaging: revisión bibliográfica sistemática dunha nova teoría didáctica e a súa aplicación nas aulas de Educación Primaria
Autoría
A.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 19:15
03.07.2024 19:15
Resumo
O pedagogical translanguaging (tamén coñecido como “translingüismo pedagóxico”) é unha teoría didáctica que consiste na proposta de actividades que requiran o emprego de todo o repertorio lingüístico do alumnado, de xeito que se mellore a competencia individual neses idiomas e se revaloricen todas as linguas como ferramentas válidas no proceso comunicativo. O presente traballo de fin de grao ten por obxectivo principal conceptualizar o pedagogical translanguaging, de forma que se coñeza a súa orixe, beneficios, aplicación e presenza nos sistemas educativos. Para cumprir con esta finalidade, levouse a cabo unha revisión bibliográfica sistemática dun corpus de 29 artigos, extraídos da base de datos Scopus. A partir dela puidéronse analizar os contextos de aplicación do translingüismo a nivel mundial, a súa vinculación coas linguas minoritarias, as crenzas do profesorado con respecto á teoría didáctica e o tipo de prácticas que se desenvolven en Educación Primaria en distintos continentes. Os resultados indican que se trata dunha metodoloxía válida para contrarrestar as ideoloxías monolingües e para revalorizar as linguas minoritarias, pero tamén que existen políticas e crenzas por parte do corpo docente que dificultan a súa aplicación nas aulas.

FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
Tribunal
BLANCO SEOANE, VANESSA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
Educación emocional a través da linguaxe artística.
Autoría
R.V.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
R.V.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
Con este traballo preténdese realizar o deseño dunha proposta de intervención en educación emocional para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe sobre a mesma na educación infantil mediante o uso de actividades relacionadas coa linguaxe artística. Educar ao noso alumnado sobre a educación emocional xera resultados positivos para os estudantes, tanto no presente como para o seu futuro, e é por iso que é importante darlle o valor necesario a través da realización de propostas similares ás que se presentarán neste traballo. Ao deseñar esta proposta de intervención preténdese propor unha serie de actividades a través das cales se persegue o obxectivo de que o alumnado de Educación Infantil mellore a súa educación emocional a través do arte, mediante a realización dunha serie de actividades, incorporándoas na súa rutina semanal.

Traballar a natureza na educación infantil a través da arte
Autoría
A.V.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.V.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 12:45
01.07.2024 12:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao baséase na análise das posibilidades educativas que aportan as experiencias nas que se integran arte, ciencias e natureza. Así, os obxectivos de traballo son deseñar, poñer en práctica e analizar unha proposta didáctica de carácter innovador que combina estes tres ámbitos. Esta parte da relevancia que teñen as tres áreas no desenvolvemento dos nenos e nenas, tanto na dimensión cognitiva como na social e emocional, e das vantaxes e posibilidades que ofrecen no contexto de educación infantil, centrándose principalmente no fomento do razoamento científico. Para conseguir os obxectivos propostos, realízase inicialmente unha análise e xustificación teórica do tema, explorando a intersección entre as áreas. Posteriormente, lévase a cabo unha investigación na que se deseña unha intervención innovadora para analizala e responder ás preguntas de investigación. Nesta, examínase a propia proposta para determinar en que medida é posible integrar nela os tres ámbitos e os resultados obtidos tras a súa posta en práctica, estudando as destrezas científicas ás que contribúe. Os resultados acadados resultan positivos e favorables, amosando que se poden tratar de maneira integrada as tres áreas e desenvolver habilidades de razoamento científico no alumnado desde esta perspectiva educativa.

Coñecemento histórico e perspectiva socio-crítica no alumnado de primaria a través das representacións artísticas
Autoría
A.V.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.V.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
Nun plano teórico, unha das demandas que se fan á educación é fomentar o pensamento crítico no alumnado. Porén, as rutinas que prevalecen no día a día das aulas da escola primaria mostran un claro dominio do memorístico, envolto en rutinas reprodutivas de contidos pautados. Neste Traballo de Fin de Grao preténdese indagar e reflexionar sobre outras tendencias educativas enfocadas en desenvolver o pensamento socio-crítico do alumnado, focalizado no ensino e aprendizaxe da ciencias sociais en educación primaria e concretamente das representacións artísticas, presentes no pasado, presente e, posiblemente, futuro das sociedades humanas. Pártese da idea de que o coñecemento histórico pode sustentarse máis solidamente traballando con temáticas problemáticas que formen parte da vida social do alumnado. Proponse así un traballo de índole teórica no que se analicen as diversas posibilidades educativas que ofertan a arte e as manifestacións artísticas desde diferentes perspectivas para o ensino das ciencias sociais nas aulas de educación primaria, incidindo no desenvolvemento do pensamento socio-crítico a partir do coñecemento científico, a análise e a reflexión para a formación dunha cidadanía activa, cívica e democrática.

Influencia e evolución das inteligencias cinestésica e motriz na Educación Infantil
Autoría
C.Q.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.Q.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 10:00
03.09.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste traballo de iniciación á investigación documental é analizar como a intelixencia cinestésica conectase con outros tipos de intelixencia, como a cognitiva e a motora. Tamén preténdese investigar como estas conexións poden axudar aos nenos a aprender e crecer na aula. A intelixencia cinestésica ten que ver co movemento e a motricidade, e é algo que a miúdo pasamos por alto cando se trata de educación. A cuestión é que a intelixencia cinestésica é moi importante para o desenvolvemento dos nenos e nenas, especialmente nos primeiros anos de crecemento, pola súa influencia directa e indirecta no desenvolvemento físico, emocional, social, cognitivo e lingüístico; así como na estimulación sensorial e o fomento dun estilo de vida activo. O estudo pretende amosar que esta intelixencia é unha parte fundamental da educación infantil e que débeselle prestar máis atención na aula. Ao comprender como o movemento e a acción poden axudar aos infantes a aprender e desenvolverse, podemos crear entornos educativos máis eficaces e atractivos. Para eso, analízase o curriculum actual de educación infantil, buscando posibles mencións de movemento e acción. Posteriormente buscarase unha relación entre estos elementos e os fundamentos teóricos da intelixencia cinestésica e motriz.

A música como ferramenta educativa. Un proxecto de intervención para potenciar as habilidades sociais en adolescentes con discapacidade visual
Autoría
C.F.E.
Grao en Educación Social
C.F.E.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O tema do traballo é a integración e a autopercepción de menores adolescentes con discapacidade visual. Proponse un traballo baseado no deseño dun proxecto de intervención que me permita desenvolver as competencias adquiridas ao longo da titulación. A partir dunha revisión bibliográfica que facilite a comprensión do estado da cuestión, deseñarase un proxecto de intervención destinado a adolescentes con discapacidade visual co obxetivo de mellorar as súas actitudes fronte á discapacidade, mellorar as súas relacións sociais e a confianza neles/as mesmos/as. A metodoloxía partirá dunha procura de documentación que facilite o marco teórico e a achega a diferentes proxectos de referencia que foran ou estean sendo desenvolvidos. Na proposta de intervención, deseñaranse diferentes actividades acotadas a un contexto, o máis específico posible, e delimitarase unha temporalización axeitada á experiencia, así como a metodoloxía e a avaliación.

Influencia do emprego das redes sociais na crenza do amor romántico en adolescentes
Autoría
E.T.R.
Grao en Pedagoxía
E.T.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 18:00
02.07.2024 18:00
Resumo
Na cultura occidental, o amor romántico é concibido como o amor ideal, que leva inscrito crenzas que fan que as mulleres e os homes actúen a través duns roles específicos que veñen dados polos mitos románticos. Forman parte da construción das relacións de xénero, que se transforman e incrementan coa utilización das redes sociais, un instrumento de socialización de gran auxe que continúa en crecente evolución tecnolóxica. O presente traballo plantexa como obxectivo analizar a influencia que ten o uso das redes sociais nos pensamentos do alumnado de ensino secundario, en relación ao amor romántico e as relacións amorosas. Trátase dun estudo descritivo e exploratorio, cun deseño metodolóxico cualitativo, mediante a análise documental; e cuantitativo a través da aplicación de cuestionarios ao alumnado. O perfil da mostra estivo formado por 52 alumnos/as de entre 14 e 17 anos de idade, estudantes de 3º e 4º da ESO do IES Plurilingüe Aquis Celenis. Os resultados mostraron como na adolescencia se seguen mantendo actitudes sexistas marcadas pola cultura do amor romántico, e como estas se manteñen e incrementan a través do uso das redes sociais.

FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ REY, ELENA (Titor do alumno)
FERNANDEZ REY, ELENA (Titor do alumno)
O sentido da Pedagoxía en contextos diversos: un proxecto co cine na universidade
Autoría
L.C.B.
Grao en Pedagoxía
L.C.B.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
04.09.2024 10:00
04.09.2024 10:00
Resumo
As artes ocupan un lugar importante no imaxinario social e educación das sociedades. Así, o cine lidera a representación de influenza nas últimas décadas debido ao poder do seu linguaxe e a globalización do acceso aos medios audiovisuais, así como o poder de activación do compoñente afectivo das persoas. A través de una revisión da literatura sobre as fortalezas e debilidades dos diferentes elementos que conforman o cinema e as investigacións pedagóxicas vinculantes, deseñase un proxecto de intervención para o alumnado de segundo, terceiro e cuarto curso do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela. O deseño do proxecto basease no emprego de metodoloxías activas que empregan o cine como potenciador de pensamento e sensibilidade dos individuos/as. Diferéncianse as labores e reivindícanse a diversidade de figuras pedagóxicas que optimizan a busca da calidade educativa, respectando a liberdade de cátedra das/os docentes.

Fabricación e uso de instrumentos cotidiáfonos para a composición dunha canción na Educación Primaria. Proposta de intervención para 6º de EP.
Autoría
J.L.H.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.L.H.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 11:30
02.09.2024 11:30
Resumo
A busca e creación de instrumentos musicais para crear obras compositivas parece ter sido unha constante na historia da humanidade. Hoxe en día, aqueles instrumentos que se constrúen a partir de elementos reciclados son denominados “cotidiáfonos”, podendo chegar a ser moi útiles para o proceso de ensinanza-aprendizaxe na Educación Primaria. No presente traballo, centralizado na combinación destas dúas temáticas, realízase unha búsqueda bibliográfica de información relativa a estes instrumentos “informáis” e á composición musical nun nivel básico, adaptados para a súa implementación pseudo-interdisciplinar nas aulas a través dunha proposta de intervención guiada que dea como resultado unha canción colaborativa e cooperativa. Xunto con proxecto EDIXGAL e as teorías psicopedagóxicas pertinentes, ademáis de elementos de desenvolvemento musical no alumnado de EP, búscase non só a aprendizaxe de elementos musicais concretos, senón tamén o fomento da creatividade, o desenvolvemento de habilidades motoras, a aplicación de habilidades sociais e a concienciación sobre a importancia da ecoloxía e a sustentabilidade, inculcando valores e competencias esenciais para contribuir de forma positiva na sociedade e no medio ambiente.

Creación de vínculos afectivos a través da educación sexual: proposta de intervención con mulleres migrantes
Autoría
E.N.P.
Grao en Educación Social
E.N.P.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
Mediante este Traballo de Fin de Grao, recollerase unha proposta de intervención e a súa aplicación, onde se apoiará a creación de vínculos interpersoais entre mulleres migrantes a través da esucación sexual. Deseñarase un Proxecto de Intervención Socioeducativa no contexto da Asamblea Loca de Santiago de Compostela de Cruz Vermella, enmarcado no programa CRECE, adicado ás persoas en situación de Soidade Non Desexada. Integraranse conxuntamente as temáticas de Soidade Non Desexada e educación sexual para, despois de facer unha revisión bibliográfica sobre o tema, se deseñen unhas actividades e se elaboren unha serie de materiais didácticos, que fagan cumplir os obxectivos e sexan factibles para a súa implementación no tempo establecido. Desa forma, comprobarase a eficacia dos resultados grazas á aplicación da evaluación deseñada nas distintas fases.

O papel da educación emocional na Educación Infantil
Autoría
C.R.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.R.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 11:10
04.09.2024 11:10
Resumo
Este traballo de Fin de Grao ten como finalidade indagar acerca da educación emocional no ámbito educativo, máis concretamente na etapa de Educación Infantil. O propósito é abordar conceptos fundamentais relacionados coas emocións e a educación emocional para alcanzar unha mellor comprensión do concepto e do que engloba. Unha das complexidades que conleva tratar sobre os ámbitos citados é que as emocións senten, non é posible visualizalas nin tocalas. As emocións constitúen un ámbito de relevancia pois afectan á correcta asimilación dos contidos abordados dada a importancia das relacións interpersoais nos procesos de ensino-aprendizaxe Por conseguinte, preséntase unha proposta centrada no traballo sobre as emocións, deseñada para o alumnado de Educación Infantil onde se incorporan diversas actividades ademais doutros elementos curriculares.
Este traballo de Fin de Grao ten como finalidade indagar acerca da educación emocional no ámbito educativo, máis concretamente na etapa de Educación Infantil. O propósito é abordar conceptos fundamentais relacionados coas emocións e a educación emocional para alcanzar unha mellor comprensión do concepto e do que engloba. Unha das complexidades que conleva tratar sobre os ámbitos citados é que as emocións senten, non é posible visualizalas nin tocalas. As emocións constitúen un ámbito de relevancia pois afectan á correcta asimilación dos contidos abordados dada a importancia das relacións interpersoais nos procesos de ensino-aprendizaxe Por conseguinte, preséntase unha proposta centrada no traballo sobre as emocións, deseñada para o alumnado de Educación Infantil onde se incorporan diversas actividades ademais doutros elementos curriculares.
Dirección
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Titor do alumno)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)
FUENTES ABELEDO, EDUARDO JOSE (Titor do alumno)
O folclore galego como recurso educativo nun aula de Educación infantil
Autoría
A.A.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.A.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O folclore tradicional galego como recurso educativo na aula de Educación infantil é unha proposta de ensinanza centrada na actual situación da música tradicional no contexto escolar galego. Esta etapa conleva unha serie de aprendizaxes e vivencias que marcarán a vida do alumnado, por iso é apta para fomentar o arraigo e a identidade cultural nas aulas. A finalidade última do traballo e achegar un exemplo de proposta de ensinanza para traballar diferentes obxectivos a través de cancións tradicionais galegas adaptadas á aula de Educación Infantil, contribuíndo á posta en valor do patrimonio musical cultural galego nos centros educativos promovendo e favorecendo, a súa vez, o uso da nosa lingua co noso alumnado.
O folclore tradicional galego como recurso educativo na aula de Educación infantil é unha proposta de ensinanza centrada na actual situación da música tradicional no contexto escolar galego. Esta etapa conleva unha serie de aprendizaxes e vivencias que marcarán a vida do alumnado, por iso é apta para fomentar o arraigo e a identidade cultural nas aulas. A finalidade última do traballo e achegar un exemplo de proposta de ensinanza para traballar diferentes obxectivos a través de cancións tradicionais galegas adaptadas á aula de Educación Infantil, contribuíndo á posta en valor do patrimonio musical cultural galego nos centros educativos promovendo e favorecendo, a súa vez, o uso da nosa lingua co noso alumnado.
Dirección
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titor do alumno)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titor do alumno)
Análise das manifestacións e consecuencias da segregación escolar na actualidade
Autoría
L.V.J.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.V.J.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 13:15
03.07.2024 13:15
Resumo
A segregación escolar é un modelo de xestión negativa da diversidade que consiste na separación do alumnado en diferentes espazos e/ou centros educativos en función de factores como a etnia, o xénero, o desempeño académico ou o nivel socioeconómico. Pese a que este modelo foi prohibido a nivel legal nos anos 90, a realidade é que, de facto, aínda continúa vixente en moitas escolas. O obxectivo deste traballo é coñecer como se manifesta na actualidade a segregación escolar por motivos étnico-raciais e cales son as súas consecuencias principais. Baseándome nunha revisión sistemática da literatura publicada, neste traballo de iniciación á investigación realizarei en primeiro lugar unha aproximación conceptual á segregación escolar, profundando nas principais consecuencias para o alumnado. En segundo lugar, levarei a cabo unha aproximación histórica a esta forma negativa de xestión da diversidade nas escolas. Por último, centrareime no contexto español, dando conta tanto de cal a situación actual da segregación escolar no noso contexto como de cales son as posibles medidas a tomar para paliala.
A segregación escolar é un modelo de xestión negativa da diversidade que consiste na separación do alumnado en diferentes espazos e/ou centros educativos en función de factores como a etnia, o xénero, o desempeño académico ou o nivel socioeconómico. Pese a que este modelo foi prohibido a nivel legal nos anos 90, a realidade é que, de facto, aínda continúa vixente en moitas escolas. O obxectivo deste traballo é coñecer como se manifesta na actualidade a segregación escolar por motivos étnico-raciais e cales son as súas consecuencias principais. Baseándome nunha revisión sistemática da literatura publicada, neste traballo de iniciación á investigación realizarei en primeiro lugar unha aproximación conceptual á segregación escolar, profundando nas principais consecuencias para o alumnado. En segundo lugar, levarei a cabo unha aproximación histórica a esta forma negativa de xestión da diversidade nas escolas. Por último, centrareime no contexto español, dando conta tanto de cal a situación actual da segregación escolar no noso contexto como de cales son as posibles medidas a tomar para paliala.
Dirección
JIMENEZ ESQUINAS, GUADALUPE (Titoría)
JIMENEZ ESQUINAS, GUADALUPE (Titoría)
Tribunal
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
GARCIA BERNADAL, LUIS MANUEL (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
GARCIA BERNADAL, LUIS MANUEL (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)
Programas de intervención sobre os problemas de conduta no alumnado de educación primaria: unha revisión.
Autoría
L.V.J.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.V.J.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
Os problemas de conduta son comúns entre o alumnado de educación primaria, e teñen repercusións en diferentes ámbitos da súa vida, incluíndo o familiar, o académico e o social. Debido ao grao de afectación no funcionamento que xeran, é preciso que dende as escolas se lles preste unha atención especial. Non obstante, a miúdo son grandes descoñecidos polos/as mestres/as de educación primaria, que non dispoñen das ferramentas axeitadas para manexalos; e non existen, no noso coñecemento, estudos de revisión previos que analizasen a eficacia dos programas de intervención sobre os mesmos, neste nivel educativo. O obxectivo deste traballo foi analizar a eficacia dos programas de intervención sobre os problemas de conduta entre o alumnado de educación primaria. Con esta finalidade, levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura publicada ata marzo de 2024 e seleccionáronse 10 investigacións que estudaban a implementación de diferentes intervencións encamiñadas a mellorar os problemas condutuais en contextos escolares. A revisión das mesmas permitiu constatar a súa potencialidade para mellorar os problemas de conduta no contexto escolar, incidindo positivamente nas habilidades socio-emocionais así como na redución dos comportamentos disrutivos do alumnado.
Os problemas de conduta son comúns entre o alumnado de educación primaria, e teñen repercusións en diferentes ámbitos da súa vida, incluíndo o familiar, o académico e o social. Debido ao grao de afectación no funcionamento que xeran, é preciso que dende as escolas se lles preste unha atención especial. Non obstante, a miúdo son grandes descoñecidos polos/as mestres/as de educación primaria, que non dispoñen das ferramentas axeitadas para manexalos; e non existen, no noso coñecemento, estudos de revisión previos que analizasen a eficacia dos programas de intervención sobre os mesmos, neste nivel educativo. O obxectivo deste traballo foi analizar a eficacia dos programas de intervención sobre os problemas de conduta entre o alumnado de educación primaria. Con esta finalidade, levouse a cabo unha revisión sistemática da literatura publicada ata marzo de 2024 e seleccionáronse 10 investigacións que estudaban a implementación de diferentes intervencións encamiñadas a mellorar os problemas condutuais en contextos escolares. A revisión das mesmas permitiu constatar a súa potencialidade para mellorar os problemas de conduta no contexto escolar, incidindo positivamente nas habilidades socio-emocionais así como na redución dos comportamentos disrutivos do alumnado.
Dirección
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titoría)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titoría)
Tribunal
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titor do alumno)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Titor do alumno)
Música clásica e emocións: deseño dunha proposta didáctica para alumnado de educación primaria
Autoría
P.D.R.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.D.R.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 11:30
03.07.2024 11:30
Resumo
Desde as súas orixes, o ser humano notou a influencia que a música tiña nas súas emocións e nos seus actos. As investigacións de antropólogos e psicólogos dan a coñecer a importancia da intelixencia no desenvolvemento e progreso do home. A través dos traballos de Binet, Goleman e Gardner sostense que intelixencia e emocións son potenciais biopsicológicos que interactúan para resolver os problemas e as necesidades da persoa. O descubrimento de múltiples intelixencias no ser humano revoluciona a concepción da mente. En España, Bisquerra desvela un universo de emocións. Neste traballo preséntase o deseño dunha proposta didáctica na que aparece a intelixencia emocional como unha habilidade fundamental para coñecerse e relacionarse de maneira eficaz consigo mesmo e cos demais. A educación emocional necesita presenza nas aulas. A música clásica, desde a intelixencia musical, achega estímulos, experiencias e respostas gratificantes e enriquecedoras ao difícil mundo das emocións en Educación Primaria.
Desde as súas orixes, o ser humano notou a influencia que a música tiña nas súas emocións e nos seus actos. As investigacións de antropólogos e psicólogos dan a coñecer a importancia da intelixencia no desenvolvemento e progreso do home. A través dos traballos de Binet, Goleman e Gardner sostense que intelixencia e emocións son potenciais biopsicológicos que interactúan para resolver os problemas e as necesidades da persoa. O descubrimento de múltiples intelixencias no ser humano revoluciona a concepción da mente. En España, Bisquerra desvela un universo de emocións. Neste traballo preséntase o deseño dunha proposta didáctica na que aparece a intelixencia emocional como unha habilidade fundamental para coñecerse e relacionarse de maneira eficaz consigo mesmo e cos demais. A educación emocional necesita presenza nas aulas. A música clásica, desde a intelixencia musical, achega estímulos, experiencias e respostas gratificantes e enriquecedoras ao difícil mundo das emocións en Educación Primaria.
Dirección
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
PERNAS MORADO, EULOGIO (Presidente/a)
MURIAS ROMAN, RUTH (Secretario/a)
CASAL OTERO, LORENA (Vogal)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Presidente/a)
MURIAS ROMAN, RUTH (Secretario/a)
CASAL OTERO, LORENA (Vogal)
Proposta didáctica sobre a xestión das emocións en 6º de infantil no marco LOMLOE en Galicia.
Autoría
S.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.P.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.02.2024 17:00
01.02.2024 17:00
Resumo
A educación emocional é un ámbito moi soado e importante na actualidade xa que é clave á hora de desenvolver unha boa saúde mental. É por iso que neste traballo realizaremos unha proposta didáctica que axude aos nenos e nenas de Educación Infantil a poder traballar desde pequenos o control das súas emocións. Así a medida que vaian crecendo gozarán dunha vantaxe en canto á xestión das emocións. Traballaremos as emocións xenéricas dividíndoas en dúas unidades didácticas. Na primeira traballaremos as emocións, a súa identificación e o seu recoñecemento e na segunda unidade didáctica, traballaremos de forma máis específica a frustración xa que se considera que nestas idades é a que máis pode afectarlles a longo prazo, e é por iso que lles ensinaremos a través do xogo e actividades, ferramentas que poderán usar sempre que o precisen ao longo da súa vida.

A danza como vehículo de comunicación para alumnado con TEA en Educación Infantil. Unha Proposta de Intervención baseada na Dance Movement Therapy
Autoría
A.M.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.M.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 12:30
03.07.2024 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao asume o potencial de estratexias innovadoras como elemento vehicular para o paulatino desenvolvemento comunicativo e expresivo do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) en Educación Infantil. En base á modalidade de proxecto de intervención, o presente traballo parte dunha aproximación teórica ao Trastorno do Espectro Autista, á Danza e aos beneficios asociados ao emprego desta no ámbito educativo, facendo fincapé na Dance Movement Therapy ou “Danza Movemento Terapia” como terapia novidosa e as súas potencialidades educativas. Todo isto, co fin de elaborar unha proposta de intervención en Educación Infantil que teña como obxectivo principal o emprego de devandita terapia como eixo metodolóxico para a mellora da comunicación e expresión verbal e non verbal no alumnado con Trastorno do Espectro Autista. Ademais, a través dela, iniciarase ao alumnado na concepción positiva da danza, como recurso expresivo, de aprendizaxe e gozo.
Este Traballo de Fin de Grao asume o potencial de estratexias innovadoras como elemento vehicular para o paulatino desenvolvemento comunicativo e expresivo do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) en Educación Infantil. En base á modalidade de proxecto de intervención, o presente traballo parte dunha aproximación teórica ao Trastorno do Espectro Autista, á Danza e aos beneficios asociados ao emprego desta no ámbito educativo, facendo fincapé na Dance Movement Therapy ou “Danza Movemento Terapia” como terapia novidosa e as súas potencialidades educativas. Todo isto, co fin de elaborar unha proposta de intervención en Educación Infantil que teña como obxectivo principal o emprego de devandita terapia como eixo metodolóxico para a mellora da comunicación e expresión verbal e non verbal no alumnado con Trastorno do Espectro Autista. Ademais, a través dela, iniciarase ao alumnado na concepción positiva da danza, como recurso expresivo, de aprendizaxe e gozo.
Dirección
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Titoría)
ABILLEIRA GONZALEZ, MAITE (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
Eirín Nemiña, Raúl (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
Eirín Nemiña, Raúl (Vogal)
Efectividade de intervencións baseadas en Atención Plena para alumnado de Educación Primaria con sintomatoloxía ansiosa.
Autoría
A.M.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.M.D.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 09:30
01.07.2024 09:30
Resumo
Existe recente investigación sobre a aplicación de intervencións baseadas en Atención Plena ou mindfulness como estratexia para incrementar o benestar xeneralizado das persoas. Con todo, é moi reducida a achega científica centrada exclusivamente nos efectos positivos das devanditas intervencións na sintomatoloxía ansiosa, concretamente en Educación Primaria, etapa que comprende desde os 6 aos 12 anos. Ante esta situación, o obxectivo do presente traballo é realizar unha revisión bibliográfica da literatura existente que permita analizar a efectividade da práctica de Atención Plena no alumnado de Educación Primaria que presenta sintomatoloxía ansiosa. Para iso, levouse a cabo unha procura en catro bases de datos, relacionando as palabras chave: (1) anxiety, (2) education, (3) mindfulness e (4) efficacy. O número total de artigos atopados superou os 600 cos que levou a cabo un proceso de xestión bibliográfica. Finalmente, mantivéronse nove estudos que cumprían cos criterios de inclusión e exclusión previamente establecidos. Os resultados finais evidencian a efectividade das intervencións baseadas en Atención Plena (aplicadas en diversos formatos) na sintomatoloxía ansiosa tanto na infancia como adolescencia. Así como a necesidade imperante da súa incorporación no ámbito educativo.

Xogo na Natureza en Educación Primaria
Autoría
E.O.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
E.O.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 17:00
01.07.2024 17:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda un estudo teórico a través dunha investigación documental, así como curricular, sobre as novas pedagoxías que defende a natureza como medio e recurso para a educación, na que os xogos son o eixo principal. Para iso, partirase dunha base de diversos estudos sobre a aprendizaxe ao aire libre e, posteriormente, sobre o xogo como metodoloxía, para enlazar ambos conceptos nunha revisión final. Seguidamente, desenvólvese unha proposta de innovación pedagóxica baseada no xogo na natureza e formúlase unha serie de actividades dentro de cada área de coñecemento na Educación Primaria que responden a estas características. Para finalizar, reflexiónase sobre a necesidade e importancia de poñer en práctica nos centros escolares unha metodoloxía baseada nos xogos na natureza, especialmente na contorna próxima do alumnado.

Escola Inclusiva dende a perspectiva da Identidade de Xénero: Proposta de Intervención.
Autoría
L.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
A normativa educativa dispón que o alumnado de Educación Primaria debe formarse en igualdade de xénero, un principio xurídico universal relativo a que todas as persoas temos os mesmos dereitos, responsabilidades e oportunidades independentemente do noso sexo. Como mestres/as temos o deber de traballar a igualdade de xénero dende o centro escolar para promover que este sexa un espazo seguro e equitativo para toda a cativada. Debemos romper coa transmisión de códigos condutuais sexistas e eliminar as diferentes xerarquías, roles, estereotipos e relacións desiguais que xorden entre homes e mulleres durante a infancia. O obxectivo central do presente traballo de fin de grao é, en primeiro lugar, buscar a información necesaria para analizar os estereotipos e roles de xénero a través do concepto de xénero e sexo; elementos fundamentais para comprender a nosa identidade de xénero. Todo isto para logo deseñar unha proposta de intervención dende a idea dunha escola inclusiva, que fomente a igualdade.

Proposta de proxecto de intervención sobre orientación laboral en personas migrantes
Autoría
U.M.R.
Grao en Educación Social
U.M.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 12:30
01.07.2024 12:30
Resumo
A migración foi un fenómeno constante ao longo da historia, reflectindo a procura de oportunidades e a necesidade de escapar de situacións adversas. Actualmente, España converteuse nun destino importante para migrantes de diversas partes do mundo, incluíndo un número significativo de migrantes africanos. Estes movementos, impulsados por factores económicos, políticos e sociais, presentan desafíos e oportunidades para a sociedade receptora. A educación social é crucial neste contexto, promovendo a cohesión social e a integración dos migrantes. A orientación laboral, como parte da educación social, é fundamental para facilitar o acceso ao mercado de traballo e desenvolver as competencias necesarias para a contorna laboral español. Ademais, reforza a autoestima e o sentido de pertenza dos migrantes, valorando as súas capacidades e experiencias previas. Por tanto, este proxecto de educación social enfócase na orientación laboral de 17 persoas migrantes africanas usuarias da ONG Movemento Pola Paz en Santiago de Compostela.

Educar a través do cine. Mirando a realidade social a través do cine quinqui.
Autoría
D.C.F.
Grao en Educación Social
D.C.F.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.09.2024 11:00
03.09.2024 11:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao (TFG) ofrécese unha revisión bibliográfica sobre unha temática relevante na actualidade relacionando a Educación Social coa utilización de medios cinematográficos, o «cinema quinqui», cunha finalidade didáctica e/o educativa. Á súa vez, preténdese demostrar a capacidade do cinema para modificar a realidade grazas á educación e, simultaneamente, é capaz de plasmar a realidade social a través da pantalla. O traballo enmárcase na modalidade de iniciación á investigación documental, xunto á elaboración dun informe temático, dado que se analiza o estado da cuestión. o «cinema quinqui», desde a perspectiva da Educación Social. Así, comézase por falar sobre o cinema como instrumento didáctico demostrando as súas características e potencialidades. Doutra banda, realízase unha exhaustiva análise sobre o «cinema quinqui» a través dunha película representativa do xénero. Finalmente, examinarase a potencial relación entre cinema e Educación Social explorando as posibilidades simbióticas de uso entre os mesmos.

A literatura oral como instrumento de coñecemento do pasado: proposta didáctica interdisciplinaria dende a Educación Musical
Autoría
M.V.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.V.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 12:10
02.09.2024 12:10
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao explora a literatura oral e a súa relación coa música de tradición oral, un campo pouco estudado especialmente no ámbito educativo. Dentro da modalidade de deseño dun proxecto de intervención, este traballo parte dunha revisión bibliográfica exhaustiva para o deseño dunha proposta didáctica interdisciplinaria que integra a materia de Música e Danza e a de Lingua Galega e Literatura e que está dirixida ao sexto curso de Educación Primaria. A proposta en cuestión inclúe actividades que fomentan a aprendizaxe activa e integrada para a valoración do patrimonio cultural galego mediante a análise, creación e presentación de pezas musicais e literarias da tradición. O obxectivo último deste traballo é destacar a relevancia deste enfoque interdisciplinario para a literatura oral na educación e o seu potencial para afondar na comprensión da cultura galega entre o alumnado.

As familias disfuncionais e a protección do menor. A perspectiva dos profesionais.
Autoría
S.P.N.
Grao en Pedagoxía
S.P.N.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 11:30
02.07.2024 11:30
Resumo
A familia é o elemento primario que contribúe ao desenvolvemento persoal e social do/a menor. É o primeiro grupo social ao que pertence unha persoa e o cal, sen dúbida, terá influencia nos seus ideais e formación. Co obxectivo de coñecer en profundidade a vinculación que ten a presenza dun clima familiar funcional ou disfuncional no desenvolvemento do/a menor, exponse un traballo delimitado por unha introdución teórica que permita inducir ao lector dentro deste ámbito. Así mesmo, para poder coñecer con maior profundidade esta realidade, lévase a cabo unha análise enmarcada dentro da investigación Avaliación do Programa Espazos de Preservación Familiar. Tras esta, evidéncianse certas premisas que tentan fomentar a reflexión propia e a construción de novos ideais baseados na argumentación racional, apoiada nunha base gráfica de datos reais.

O impacto dos Serious Games no desenvolvemento das competencias chave en Educación Primaria.
Autoría
O.H.A.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
O.H.A.E.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao, que adopta a modalidade de iniciación á investigación documental, nace co obxectivo de determinar o impacto que teñen os Serious Games no desenvolvementos das competencias chave en Educación Primaria. Despois de realizar unha selección de fontes, publicacións, libros e reportes, examinouse con qué obxectivo foron creados, as vantaxes que ofrecen e as diferentes maneiras de poder implementalos no ámbito educativo. Tendo en conta o desenvolvemento das novas tecnoloxías, os Serious Games son un recurso innovador que implica novas metodoloxías, adaptacións por parte do profesorado e unha nova visión do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Asemade, establécese a oportunidade de adaptar os videoxogos, un elemento presente na vida dos infantes e mozos, cunha finalidade formativa e menos lúdica. Finalmente, móstranse propostas e experiencias realizadas nas aulas de Educación Primaria que permiten obter unha visión de aplicación dos Serious Games na realidade da aula e a análise do seu impacto nas competencias chave a través dos resultados obtidos.

A era da Intelixencia Artificial
Autoría
M.G.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.G.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 10:00
04.09.2024 10:00
Resumo
A Intelixencia Artificial é un campo da informática que permite realizar actividades que podería facer a intelixencia humana. Dentro desta, a variante xenerativa é un tipo de sistema IA, encargados de xerar e crear contidos a partir de datos existentes. Con referencia a iso, este traballo pretende indagar como se está traballando a IA xenerativa nas aulas de educación primaria, e como se está formando aos docentes. Investigar duas cousas, primeiro se hai unha experiencia de uso e segundo a formación do profesorado O que se quere levar a cabo é ver e investigar como se está integrando a IA xenerativa nas aulas, e coñecer como se está formando ó profesorado neste tema. Dito isto, preténdese realizar unha revisión sistemática sobre a integración da IA xenerativa nas aulas de educación primaria e a experimentación neste campo, e profundizar na temática, co fin de extraer unhas conclusións claras e concisas. O obxectivo establecido é dobre, por un lado ver como se está integrando a IA xenerativa nas aulas, e por outro lado, que oferta formativa ten o profesorado para adquirir competencias no uso da IA xenerativa nas aulas. Para a realización deste traballo, seguirase a modalidade de investigación documental, baseándonos na busca de fontes, datos e artigos, para fundamentarnos na temática e facer unha análise reflexiva do tema.

CASAL OTERO, LORENA (Titoría)
CASAL OTERO, LORENA (Titoría)
Tribunal
CASAL OTERO, LORENA (Titor do alumno)
CASAL OTERO, LORENA (Titor do alumno)
Análise do impacto das redes sociais e os medios de comunicación na aparición dos Trastornos da Conduta Alimentaria na adolescencia
Autoría
M.R.S.
Grao en Educación Social
M.R.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 11:15
02.07.2024 11:15
Resumo
Fronte ao incremento da prevalecía dos Trastornos da Conduta Alimentaria na adolescencia e a diminución da idade na que ten lugar a súa aparición, ponse de manifesto a necesidade de investigar os factores que propician o seu xurdimento. O obxectivo principal deste traballo de fin de grao é analizar a investigación existente sobre a influencia dos factores contextuais, o efecto das redes sociais e os medios de comunicación, así como a perpetuación dos estereotipos de xénero a través das mensaxes difundidas nestas canles. Estes factores teñen como consecuencia o deterioro da saúde mental das adolescentes, inferindo no benestar dos mozos e mozas a todos os niveis. Así pois, preténdese expoñer a necesidade de promover a prevención na súa aparición dende o labor dos educadores e educadoras sociais, e intervir mediante o deseño de accións socioeducativas que permitan paliar as consecuencias destas patoloxías. Mediante a revisión sistemática de literatura científica a este respecto, conclúese que o consumo de contido a través das redes sociais e os medios de comunicación contribúe a facer unha valoración negativa do corpo, supoñendo un factor de risco para a mocidade en canto á súa saúde física e mental.

FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titor do alumno)

Percepción da variable espacial nas escolas segundo o alumnado do grao mestre/a en Educación Primaria.
Autoría
L.F.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.F.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.02.2024 12:00
01.02.2024 12:00
Resumo
O espazo é un elemento presente na educación que foi evolucionando ao longo da historia. Destaca o movemento da Escola Nova, grazas ao cal se comeza a ter en conta a influencia que este ten na educación e comeza a desenvolverse. Na actualidade, son diferentes ramas do coñecemento as que desenvolven teorías acerca dos espazos educativos. O obxectivo principal desta investigación é coñecer e analizar a perspectiva do alumnado do Grao Mestre/a en Educación Primaria sobre a influencia que teñen os espazos educativos no proceso de ensino aprendizaxe, así como tamén a súa percepción sobre a formación recibida ao redor de espazos educativos no Grao. Ademais, preténdese coñecer a formación ofrecida aos/as docentes en activo respecto á temática presentada. A mostra estivo composta por 83 alumnos/as de 4º curso e graduados do Grao Mestre/a en Educación Primaria. Os resultados obtidos a través dun cuestionario ad hoc mostran que o 98,8% do alumnado considera que o espazo é un factor para ter en conta, así como tamén o 100% cre condiciona o proceso de ensino-aprendizaxe. Tamén se revela que o 38,6% está nin satisfeito nin insatisfeito coa súa formación. Ademais, a formación do profesorado en activo sobre espazos educativos supón un 2,32%.

CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titoría)
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titoría)
Tribunal
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titor do alumno)

Avaliación da competencia motriz de escolares galegos da Educación Primaria: Comparativa con resultados estadounidenses
Autoría
N.C.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.C.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 09:45
02.07.2024 09:45
Resumo
Obxectivo: Avaliar a competencia motriz de nenos e nenas galegos correspondentes á etapa de Educación Primaria (6-12 anos) a través da ferramenta informática Alfamov e comparala coa de nenos e nenas estadounidenses avaliados a través do Test of Gross Motor Development. Metodoloxía: No presente estudo contouse coa colaboración de 47 participantes (22 nenas e 25 nenos) pertencentes a un centro escolar público da provincia de Pontevedra de Educación Primaria. Os participantes foron avaliados a través da gravación de vídeo de 14 habilidades motrices básicas. Unha vez obtidos os resultados en base aos criterios establecidos, levou a cabo unha comparativa co TGMD. Resultados: As nenas e nenos galegos obtiveron, en liñas xerais, porcentaxes de mestría máis elevados que os estadounidenses nas habilidades locomotrices. Nas habilidades manipulativas observouse maior similitude entre as porcentaxes de ambas as baterías. Conclusión: Os participantes obtiveron altas porcentaxes de mestría tanto nas habilidades como en cada criterio. É importante considerar que as diferenzas culturais ou metodolóxicas na avaliación e desenvolvemento das devanditas habilidades poden influír nestes resultados entre ambas as baterías.

Achegas do Modelo High-Scope á análise crítica da proposta sobre inclusión educativa no currículo da educación infantil en Galicia.
Autoría
C.P.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.P.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.09.2024 10:00
05.09.2024 10:00
Resumo
O presente traballo é de tipo documental no campo do currículo da educación infantil que contrasta a perspectiva sobre a inclusión educativa entre un modelo educativo, o High Scope, coa normativa vixente en Galicia. Os seus obxectivos principais son coñecer a metodoloxía cualitativa de análise documental e do discurso, definir o concepto de inclusión educativa e identificar tópicos relacionados que contribúen á súa mellor comprensión, coñecer a proposta curricular sobre inclusión educativa do Modelo High Scope, analizar o currículo vixente en Galicia para a Educación Infantil, contrastar as referencias sobre a inclusión educativa de ambas as fontes e, por último, elaborar unhas conclusións que orienten a intervención educativa. Así, levarase a cabo unha rigorosa revisión bibliográfica, co fin de explicar e comprender a importancia da inclusión educativa neste ámbito.

TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titor do alumno)

Exploración do enfoque Espertar ás Linguas na Educación Infantil a través da Aprendizaxe Baseada en Proxectos
Autoría
C.F.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.F.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 16:00
03.07.2024 16:00
Resumo
Neste traballo presentarase unha proposta dunha intervención educativa baseada na Aprendizaxe por Proxectos. Este enfoque permitiranos reflexionar sobre as súas utilidades, beneficios e usos no ámbito da Educación Infantil. Así mesmo, abordarase a integración do enfoque Espertar ás Linguas e trataranse temas como a diversidade cultural e lingüística que existe na nosa sociedade actual. A metodoloxía basearase en explorar como a introdución temperá de diferentes linguas nas aulas de infantil pode enriquecer a aprendizaxe de linguas. A través da creación dun posible proxecto, buscarase estimular a participación activa de todos os nenos da aula, fomentar a súa curiosidade e promover a aprendizaxe integrada de aspectos lingüísticos, culturais e cognitivos.

ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
A educación ao aire libre coma estratexia de prevención do Trastorno por Déficit de Natureza na etapa da infancia.
Autoría
A.D.A.C.
Grao en Educación Social
A.D.A.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
A educación ao aire libre consiste en desenvolver unha aprendizaxe nun entorno natural, que fomente a conexión co medio e preveña o Trastorno por Déficit de Natureza, entendido como a falta de contacto co mundo natural, o cal ten graves impactos no desenvolvemento infantil e afecta a moitas nenas e nenos da sociedade actual. O presente Traballo de Fin de Grao, que ten como obxectivo analizar investigacións que traten a educación ao aire libre na etapa da infancia coma estratexia de prevención ao Trastorno por Déficit de Natureza, parte dunha modalidade de investigación documental, que busca presentar un estudo sobre o marco teórico existente ao redor deste concepto e doutros termos relacionados como as escolas bosque. Ademais, tamén tratarase o papel dos profesionais e os desafíos que enfrontan estas prácticas pedagóxicas. Os resultados principais resaltarán unha ampla gama de beneficios asociados coa educación ao aire libre e o potencial das escolas bosque coma unha alternativa pedagóxica innovadora. Sen embargo, identificarase unha carencia significativa na presenza de profesionais en educación social especializados neste enfoque socioeducativo.

O desenvolvemento pragmático-comunicativo a partir da análise das narrativas orais infantís: un achegamento didáctico.
Autoría
L.S.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.S.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
O Traballo de Final de Grao que se presenta ten como obxectivo analizar o desenvolvemento da pragmática na narrativa oral en nenos e nenas de quinto de educación infantil, centrándose especificamente na interpretación das ilustracións do álbum ilustrado “A onda” de Suzy Le. Para levar a cabo esta análise, requirirase realizar unha serie de trámites, incluíndo a obtención da autorización por parte das familias para gravar as voces dos nenos e nenas. Os resultados obtidos serán interpretados e discutidos, e compararanse aspectos tales como o peche narrativo, o discurso referido, a integración de relacións temporais e espaciais e a verbalización das emocións e pensamentos dos personaxes, entre outros. Unha vez completada esta investigación, propoñeranse pautas para avaliar de maneira efectiva a competencia pragmática nas aulas de educación infantil. Estas pautas terán en conta o nivel de desenvolvemento lingüístico do alumnado segundo a súa idade e as características particulares do seu repertorio lingüístico. A partir destas consideracións, suxeriranse implicacións didácticas para a docencia. O obxectivo principal deste estudo é reflexionar sobre a importancia de incorporar tarefas baseadas en narrativas orais para mellorar a competencia comunicativa tanto dos alumnos como das alumnas. Así mesmo, búscase destacar a relevancia do uso de rúbricas específicas neste proceso.

O uso de material non estruturado no xogo en educación infantil
Autoría
A.L.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.L.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase na exploración e uso de material non estruturado como elemento central do xogo na etapa de Educación Infantil. A premisa fundamental desta investigación é mostrar a importancia e transcendencia do concepto aprender xogando, destacando os grandes beneficios que derivan do emprego de materiais non estruturados nesta etapa educativa. Este estudo propón profundar nos beneficios significativos e a relevancia do xogo con material non estruturado no desenvolvemento integral do alumnado. Levouse a cabo unha análise da filosofía de pezas soltas, así como a súa orixe e diversas correntes pedagóxicas que avogan pola incorporación deste tipo específico de material. O propósito é ilustrar como estas pezas inflúen e fomentan o desenvolvemento psicomotor, cognitivo, socio-afectivo-relacional e máis especificamente a creatividade e imaxinación. Para isto, destacouse o beneficio das pezas soltas para desenvolver os sentidos, e planificouse unha unidade didáctica destinada a unha aula de Educación Infantil, enfocada en aprender e traballar os sentidos a través destas pezas. Xunto coa revisión bibliográfica, elaborouse unha xustificación de dita intervención, o deseño dunha proposta e os procedementos de avaliación.

A relación familia-escola durante o período de adaptación: unha proposta de intervención para segundo ciclo de Educación Infantil
Autoría
A.O.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.O.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao centra a súa atención na importancia que ten a relación das familias coa escola durante o período de adaptación, un elemento chave para garantir que o alumnado incorpórese á nova etapa de forma satisfactoria. O apego debe ser central no pensamento docente para favorecer o éxito na adaptación dos nenos e nenas. Ademais, é imprescindible ter en conta as características individuais, así como a relación que tense con cada familia, xa que será fundamental á hora de desenvolver posibles estratexias de actuación e actividades que faciliten dita transición. Para abordar este tema realizarase en primeiro lugar unha revisión documental de aspectos claves como: que é o período de adaptación, que implica, por que é importante a relación familia-escola, etc. En segundo lugar, formularase unha proposta de intervención nun contexto dun centro de Educación Infantil.

Fotografía e memoria a través do álbum familiar
Autoría
Z.V.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Z.V.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 12:00
03.09.2024 12:00
Resumo
No presente traballo de fin de grao explórase a interrelación entre a fotografía, a memoria, a familia, o álbum familiar e a súa aplicación educativa nas aulas de educación infantil. Analízase como as fotografías familiares, ao capturar momentos significativos, actúan como vehículos de memoria e fortalecen os vínculos familiares. O álbum familiar, neste contexto, convértese nun obxecto valioso para o desenvolvemento da identidade e a memoria colectiva dos nenos e nenas. O traballo desenvolve unha proposta didáctica con diversas actividades deseñadas para traballar estes conceptos nas aulas de educación infantil. Estas actividades non só buscan fortalecer a memoria e a identidade individual dos cativos, se non que tamén procuran fomentar a empatía e o respecto pola diversidade familiar. O traballo conclúe que integrar a fotografía e o álbum familiar nas aulas de infantil pode enriquecer significativamente a aprendizaxe e o desenvolvemento socio emocional dos máis pequenos.

Deseño dunha proposta educativa a través da artista Sonia Delaunay: cor e abstracción
Autoría
N.T.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.T.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
Neste traballo a través das cores e a abstracción farei unha proposta de intervención nunha aula de educación infantil. Estará centrada na artista Sonia Delaunay, a través da cal o alumnado vai desenvolver habilidades cognitivas esenciais o mesmo tempo que desenvolva a motricidade fina coas actividades a realizar. A metodoloxía empregada será o traballo por proxectos a cal enriquece ó alumnado, na mesma aumentan o seu coñecemento, buscan información volvéndose expertos sobre o tema traballado. O obxectivo clave, coa proposta de deseño de intervención será conseguir que nas aulas de infantil se lle de a arte o gran valor que ten e ver todo o que as crianzas aprenden coa mesma; logran expresarse, adquiren competencias emocionais, desenvolven a súa imaxinación e creatividade…

CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titor do alumno)

Acción socio-educativa con agresores sexuais en prisión. Análise, desafíos e perspectivas.
Autoría
A.G.R.
Grao en Educación Social
A.G.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG), ten como obxectivo coñecer en profundidade o tratamento destinado aos agresores sexuais mediante os programas de intervención socio-educativa que se desenvolven dentro do sistema penitenciario español como por institucións externas. Lévase a cabo un análise exhaustivo do programa Control de la Agresión Sexual (SAC), para coñecer o tratamento que se lle ofrece ao agresores sexuais condenados a penas de liberdade. Ademais, do estudo de outras intervencións realizadas por institucións externas e colaboradoras de tipo comunitario como o programa PRIA-MA. Neste contexto, proponse avaliar o grao efectividade dos programas analizados como as súas posibles limitacións. Finalmente, formúlanse futuros desafíos que melloren a intervención así como, a reinserción social dos agresores sexuais.

Aprendizaxe Baseada no Xogo e implicacións na motivación dentro da aula de lingua inglesa: estudo de caso
Autoría
A.G.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.G.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 13:45
03.07.2024 13:45
Resumo
O xogo na Educación Primaria, a pesar de non ser considerado en moitas ocasións por diversos docentes, constitúe un recurso educativo cun gran potencial para unha educación significativa e de calidade. Na área de lingua inglesa, o proceso de ensinanza e aprendizaxe vese beneficiado en gran medida pola introducción do xogo na aula, favorecendo situacións comunicativas e incidindo de forma positiva na motivación do alumnado, na súa participación e no seu interese. De esta maneira, en este traballo preséntase unha proposta didáctica implementada en dous grupos de 2º de primaria, a cal se fundamenta na observación dos beneficios que se obteñen a partir da utilización do xogo na aula de lingua inglesa, contrapoñéndose á utilización de unha metodoloxía tradicional. Ademais nas seccións finais do traballo analízanse e discútense os resultados obtidos tras a realización da proposta, o que leva a establecer unhas conclusións que respaldan con claridade os beneficios expostos no marco teórico relativos á introducción do xogo na aula a través de unha metodoloxía ABX.
O xogo na Educación Primaria, a pesar de non ser considerado en moitas ocasións por diversos docentes, constitúe un recurso educativo cun gran potencial para unha educación significativa e de calidade. Na área de lingua inglesa, o proceso de ensinanza e aprendizaxe vese beneficiado en gran medida pola introducción do xogo na aula, favorecendo situacións comunicativas e incidindo de forma positiva na motivación do alumnado, na súa participación e no seu interese. De esta maneira, en este traballo preséntase unha proposta didáctica implementada en dous grupos de 2º de primaria, a cal se fundamenta na observación dos beneficios que se obteñen a partir da utilización do xogo na aula de lingua inglesa, contrapoñéndose á utilización de unha metodoloxía tradicional. Ademais nas seccións finais do traballo analízanse e discútense os resultados obtidos tras a realización da proposta, o que leva a establecer unhas conclusións que respaldan con claridade os beneficios expostos no marco teórico relativos á introducción do xogo na aula a través de unha metodoloxía ABX.
Dirección
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
Educación para a Paz na xestión pedagóxica dos conflitos bélicos do século XXI.
Autoría
Z.L.A.
Grao en Pedagoxía
Z.L.A.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 12:30
01.07.2024 12:30
Resumo
Vivimos nun mundo convulso aflixido por conflitos armados que fan que a humanidade sexa cuestionada na súa esencia mesma. Este é o motivo que forxou o nacemento deste Traballo Fin de Grao no marco do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, no que se realizou un estudo desde Educación para a Paz. Neste estudo afondouse na literatura existente para dar resposta a cuestións de interese na materia, e presentáronse os resultados a partir dunha revisión sistemática realizada seguindo o método PRISMA. Entre as conclusións obtidas, cómpre salientar que en moitos dos documentos analizados a é educación sinalada como a ferramenta por excelencia para a xestión de conflitos, promotora dos principios fundamentais que actúa desde, por e para os dereitos das persoas, na procura da dun cambio social que favoreza a convivencia e o entendemento mutuo.

SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titor do alumno)

Proxecto de intervención socioeducativa para persoas adultas con diversidade funcional no contexto rural
Autoría
A.P.M.
Grao en Educación Social
A.P.M.
Grao en Educación Social
Data da defensa
26.06.2024 11:30
26.06.2024 11:30
Resumo
Este Traballo Fin de Grao (TFG) trata sobre a atención a persoas adultas con diversidade funcional no contexto rural. Partindo desta temática, o obxectivo principal que persegue este TFG é elaborar un deseño, na forma dunha proposta de intervención socioeducativa, que dea resposta ás necesidades deste colectivo. Para isto levarase a cabo unha revisión bibliográfica sobre o tema que permite elaborar o marco teórico, a análise diagnóstica do contexto e a identificación e priorización de necesidades para o posterior deseño da proposta de intervención.
Este Traballo Fin de Grao (TFG) trata sobre a atención a persoas adultas con diversidade funcional no contexto rural. Partindo desta temática, o obxectivo principal que persegue este TFG é elaborar un deseño, na forma dunha proposta de intervención socioeducativa, que dea resposta ás necesidades deste colectivo. Para isto levarase a cabo unha revisión bibliográfica sobre o tema que permite elaborar o marco teórico, a análise diagnóstica do contexto e a identificación e priorización de necesidades para o posterior deseño da proposta de intervención.
Dirección
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
Un xogo de mesa para aprender Matemáticas e Inglés no terceiro ciclo de Educación Primaria
Autoría
L.L.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.L.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 13:15
03.07.2024 13:15
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao en Mestre/a de Educación Primaria preséntase una proposta didáctica de innovación enfocada ao terceiro ciclo de Educación Primaria. A través da mesma trabállanse contidos das áreas de Matemáticas e Lingua Estranxeira: Inglés dende unha dimensión proafectiva, xa que con ela se pretende espertar a motivación e o interese do alumnado de cara a estas materias. As metodoloxías empregadas nesta proposta son a Aprendizaxe Baseada en Proxectos, mediante a cal o alumnado constrúe os taboleiros para un xogo de mesa, e a Aprendizaxe Baseada en Xogos, para que os e as discentes aprendan contidos das dúas materias implicadas mentres xogan. A maiores, a proposta contempla o emprego de actividades manipulativas para que o alumnado posúa un papel protagonista no seu proceso de aprendizaxe. Finalmente, tras a súa posta en práctica, puidéronse recoller datos positivos acerca da validez da mesma. Empregando os métodos de avaliación do alumnado e de validación de dita proposta redactáronse os apartados de resultados e conclusións, onde se pode comprobar a súa efectividade.

A coeducación como ferramenta para a deconstrucción das masculinidades hexemónicas. Cara unha (r)evolución das aulas de Educación Primaria.
Autoría
M.L.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.L.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:30
01.07.2024 12:30
Resumo
A día de hoxe a liberación da muller está a ser un tema central na sociedade, poñendo en valor a loita pola igualdade de xénero e contra as desigualdades sistémicas nas que as mulleres se ven envoltas. Non obstante, un aspecto igualmente crucial e a miúdo pasado por alto é a liberación dos homes das constricións impostas pola masculinidade hexemónica. Desde unha idade temperá, os nenos e as nenas interiorizan roles e expectativas de xénero que poden limitar o seu desenvolvemento persoal e social. A masculinidade hexemónica, caracterizada por aptitudes como a competitividade, a violencia ou a dominación non só perpetúa desigualdades de xénero, senón que tamén impón restricións prexudiciais sobre os nenos, dificultando a súa capacidade para expresar emocións e desenvolver relacións saudables. Neste senso, é fundamental levar a cabo unha coeducación efectiva nas escolas primarias que integre unha perspectiva de xénero e permita aos estudantes explorar unha ampla gama de identidades e comportamentos sen a necesidade de estar suxeitos a estereotipos restritivos. No presente traballo, realízase unha investigación documental acerca da construción da masculinidade hexemónica e do papel que xoga a escola na mesma, así como da coeducación como ferramenta de intervención para a súa deconstrución.

Análise da accesibilidade dos libros de texto dixitais empregados na Educación Secundaria Obrigatoria ante a diversidade visual.
Autoría
A.S.G.
Grao en Pedagoxía
A.S.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 09:00
01.07.2024 09:00
Resumo
O presente documento recolle o Traballo Fin de Grao do Grao en Pedagoxía, o cal se enmarca na modalidade de traballo de iniciación á investigación de campo que neste caso se basea na análise de determinados libros de texto dixitais que se están a empregar na Educación Secundaria Obrigatoria, que se leva a cabo co obxectivo principal de coñecer o grao de accesiblidade documental que os mencionados materiais educativos amosan ás persoas con discapacidade visual. Por iso, co obxectivo de identificar as barreiras de accesibilidade ante o uso dos libros de texto das persoas con diversidade visual, ademais de dar a coñecer as diversas limitacións coas que ditas persoas se poden atopar e por último determinar os aspectos obxecto de posibles melloras para que poidan ser tidos en conta nos próximos procesos de edición dos libros de texto analizados. En primeiro lugar, elabórase unha guía de avaliación dos libros de texto dixitais en base aos parámetros que determinan a accesibilidade documental para as persoas con visión reducida. A continuación, analízanse algúns libros de texto dixitais que se están a empregar actualmente na Educación Secundaria Obrigatoria. Por último, analízanse os resultados obtidos e extráense certas conclusións que determinan a accesibilidade documental para as persoas con visión reducida. A continuación, analízanse algúns libros de texto dixitais que se están a empregar actualmente na Educación Secundaria Obrigatoria. Por último, analízanse os resultados obtidos e extráense certas conclusións.

Repercusións dos estilos educativos parentais no comportamento infantil
Autoría
A.G.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.G.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 10:45
03.07.2024 10:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao pretende analizar a influencia dos estilos parentales no comportamento infantil, abordando a relación entre as prácticas educativas das familias e as condutas dos nenos e nenas. A través dunha investigación bibliográfica, revisaranse diversos estudos, teorías psicolóxicas e datos empíricos relevantes que identifiquen patróns e tendencias que vinculen os estilos educativos coas repercusións na súa conduta. O obxectivo principal deste documento é destacar como as decisións de crianza dos pais e nais afectan as accións dos seus fillos/as e, en consecuencia, á dinámicas da aula. Búscase comprender como factores como a autoridade, a afectividade, a comunicación e a disciplina impactan na formación da personalidade, na adquisición de habilidades sociais e na presenza de condutas disruptivas, aspectos que o persoal docente de educación infantil pode observar na aula. Por iso, o traballo achega tamén unha serie de orientacións baseadas nos resultados da literatura analizada, que pretenden proporcionar pautas de actuación para abordar esta temática. Finalmente, conclúese cunha síntese dos achados que contribúen á comprensión da importancia dos estilos parentales no comportamento infantil.

Deseño, desenvolvemento e avaliación de Minacción: material didáctico para o Centro de Interpretación “A Mina”.
Autoría
A.G.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.G.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 17:45
03.07.2024 17:45
Resumo
Os materiais didácticos posúen unha gran relevancia no ámbito educativo, especialmente cando se dirixen á infancia. A súa importancia radica na capacidade para facilitar as aprendizaxes de maneira interactiva, contribuíndo a unha maior comprensión e curiosidade. O presente Traballo de Fin de Grao ten como propósito principal achegar un material didáctico que apoie e reforce o proceso de ensino e aprendizaxe das temáticas mineiras e enerxéticas. A proposta deseñada céntrase na elaboración dun xogo de cartas educativo para o Centro de Interpretación “A Mina” de As Pontes (A Coruña), co obxectivo de complementar e enriquecer a visita dos nenos e nenas do segundo ciclo de educación primaria que acudan a el. Con este fin, o material posúe un papel esencial ao proporcionar unha ferramenta educativa que mellore a experiencia dos/as visitantes máis novos/as, que tamén o poderán utilizar nas aulas. Neste contexto, lévase a cabo tamén unha análise de diversos estudos que amosen o valor destes recursos no desenvolvemento do alumnado, así como unha recompilación de información acerca do Centro de Interpretación e a súa influencia en As Pontes.

LOPEZ GOMEZ, SILVIA Cotitoría
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA Cotitoría
Tribunal
BLANCO SEOANE, VANESSA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
A adquisición da lectoescritura en inglés como lingua estranxeira.
Autoría
L.T.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.T.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:40
02.07.2024 12:40
Resumo
Ao longo do seguinte Traballo de Fin de Grao, correspondente ao Grao en Mestre/a de Educación Primaria, exponse en primeiro lugar un marco teórico no que se analizan diversas fontes bibliográficas sobre a adquisición da linguaxe na lingua materna, a aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira e a adquisición da lectoescritura tanto na lingua materna como na estranxeira. O obxectivo deste traballo é desenvolver unha proposta didáctica de innovación pedagóxica a partir da investigación do Whole Language Approach (Enfoque de Linguaxe Integral) coa finalidade de abordar a lectura e escritura na lingua inglesa fomentando a adquisición das catro destrezas básicas da lingua dunha forma contextualizada, significativa e motivadora para o alumnado. Esta proposta integra unha serie de obxectivos, contidos e competencias que se pretende que o alumnado acade coa súa posta en práctica, para seguidamente realizar unha avaliación que permita percibir o grao de consecución dos mesmos. Finalmente, preséntanse unhas conclusións nas que se reflexiona sobre a viabilidade do desenvolvemento da proposta e do enfoque pedagóxico que se pretende seguir, considerando as súas limitacións e beneficios para o alumnado.
Ao longo do seguinte Traballo de Fin de Grao, correspondente ao Grao en Mestre/a de Educación Primaria, exponse en primeiro lugar un marco teórico no que se analizan diversas fontes bibliográficas sobre a adquisición da linguaxe na lingua materna, a aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira e a adquisición da lectoescritura tanto na lingua materna como na estranxeira. O obxectivo deste traballo é desenvolver unha proposta didáctica de innovación pedagóxica a partir da investigación do Whole Language Approach (Enfoque de Linguaxe Integral) coa finalidade de abordar a lectura e escritura na lingua inglesa fomentando a adquisición das catro destrezas básicas da lingua dunha forma contextualizada, significativa e motivadora para o alumnado. Esta proposta integra unha serie de obxectivos, contidos e competencias que se pretende que o alumnado acade coa súa posta en práctica, para seguidamente realizar unha avaliación que permita percibir o grao de consecución dos mesmos. Finalmente, preséntanse unhas conclusións nas que se reflexiona sobre a viabilidade do desenvolvemento da proposta e do enfoque pedagóxico que se pretende seguir, considerando as súas limitacións e beneficios para o alumnado.
Dirección
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
Tribunal
LESTON OTERO, ANDREA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titor do alumno)
LESTON OTERO, ANDREA (Titor do alumno)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA (Titor do alumno)
A fotografía coma ferramenta pedagóxica para a educación medioambiental na Educación Infantil. Unha proposta didáctica
Autoría
N.M.R.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.M.R.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 12:30
03.07.2024 12:30
Resumo
A fotografía soe ser unha das técnicas artísticas menos empregadas nas aulas de Educación Infantil a pesar do seu potencial pedagóxico. Este traballo pretende demostrar a viabilidade do uso da fotografía coma ferramenta pedagóxica para a concienciación medioambiental en Educación Infantil a través dunha proposta educativa. A estreita relación entre fotografía e arte botánica levará a explorar as posibilidades de acción artística para a concepción de valores sostibles e de tipo científico. Para lograr o obxectivo de fomentar a conciencia ecolóxica e o respecto pola natureza en nenos de Educación Infantil mediante o uso da fotografía e a arte botánica, levouse a cabo unha investigación a partir dunha proposta educativa e avogando por unha metodoloxía de aprendizaxe activo. Coma resultado, o grupo de estudo, conformado por nenas e nenos de entre 5-6 anos, amosou cambios actitudinais de cara á natureza así coma as actividades artísticas. A proposta supuxo unha innovación didáctica a nivel de aula e para o conxunto da comunidade educativa (centro, familias e alumnado), demostrando o poder da fotografía de cara a educación medioambiental.
A fotografía soe ser unha das técnicas artísticas menos empregadas nas aulas de Educación Infantil a pesar do seu potencial pedagóxico. Este traballo pretende demostrar a viabilidade do uso da fotografía coma ferramenta pedagóxica para a concienciación medioambiental en Educación Infantil a través dunha proposta educativa. A estreita relación entre fotografía e arte botánica levará a explorar as posibilidades de acción artística para a concepción de valores sostibles e de tipo científico. Para lograr o obxectivo de fomentar a conciencia ecolóxica e o respecto pola natureza en nenos de Educación Infantil mediante o uso da fotografía e a arte botánica, levouse a cabo unha investigación a partir dunha proposta educativa e avogando por unha metodoloxía de aprendizaxe activo. Coma resultado, o grupo de estudo, conformado por nenas e nenos de entre 5-6 anos, amosou cambios actitudinais de cara á natureza así coma as actividades artísticas. A proposta supuxo unha innovación didáctica a nivel de aula e para o conxunto da comunidade educativa (centro, familias e alumnado), demostrando o poder da fotografía de cara a educación medioambiental.
Dirección
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titoría)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
GARCIA BERNADAL, LUIS MANUEL (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
GARCIA BERNADAL, LUIS MANUEL (Secretario/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Vogal)
Diversidade visual na aula
Autoría
M.A.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.A.L.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Coa intencionalidade de deseñar unha programación didáctica adaptada para o alumnado de 4º curso de educación primaria con diversidade visual, este traballo de final de grao apóiase, a nivel teórico, no marco lexislativo, partindo da modificación do artigo 49 da Constitución Española dos dereitos e deberes das persoas con discapacidade e as leis que o completan, así como os recursos e equipos coordinados pola Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) que, na súa maior parte, son adaptacións de materiais e metodolóxicas. Ademais, no desenvolvemento desta programación, trabállase a metodoloxía por proxectos e resolución de problemas, como a busca de referentes con diversidade visual para que os compañeiros/as poidan ter modelos nos que inspirarse; a interiorización do vocabulario mediante o emprego de materiais manipulables; e o desenvolvemento da empatía dende un punto de vista innovador.

A ansiedade en Educación Infantil: un enfoque preventivo. Causas, consecuencias, detección, prevención e intervención desde o ámbito escolar.
Autoría
L.G.O.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.G.O.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
A ansiedade, unha emoción inherente ao ser humano, xorde como resposta a situacións percibidas como ameazantes, xerando axitación e inquietude. Esta emoción, prevalente entre a poboación infantil, afecta ao benestar psicomotor, cognitivo e socioemocional dos nenos e nenas, influíndo no seu desempeño académico e na súa calidade de vida. Ante a crecente prevalencia da ansiedade na etapa preescolar nos últimos anos, este traballo realiza unha revisión exhaustiva e sistemática da literatura científica en diversas bases de datos como Iacobus, Dialnet, Eric, PsycInfo, Wos e Scopus. O obxectivo é explorar o impacto da ansiedade no desenvolvemento e aprendizaxe dos nenos e nenas preescolares, identificando os factores de risco asociados e propoñendo estratexias pedagóxicas para unha intervención temperá no ámbito escolar. Os achados da revisión destacan a necesidade de adoptar un enfoque integral que inclúa a comprensión de factores xenéticos, ambientais, familiares e educativos. Este enfoque holístico non só contribuirá a previr e/ou reducir a ansiedade dos nenos e nenas, senón que tamén fomentará o desenvolvemento de habilidades emocionais e sociais que contribuirán ao seu benestar integral.

Avaliación das habilidades motrices básicas en educación primaria. Un estudo comparativo de baterías.
Autoría
L.G.O.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.G.O.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 10:15
02.07.2024 10:15
Resumo
As habilidades motrices básicas (HMB) son fundamentais no desenvolvemento motor infantil, formando a base para o desenvolvemento de habilidades motrices máis complexas necesarias para a participación nunha ampla variedade de actividades físicas e deportivas. Este estudo de campo ten como obxectivo analizar as diferenzas entre tres baterías de avaliación de HMB orientadas ao proceso: o TGMD, o GSGA e o FMSA. Avaliáronse seis HMB: carreira, zancada, patada, lanzamento por arriba, recepción e bateo, nunha mostra de 120 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, de catro escolas públicas de Galicia. Os resultados revelaron correlacións significativas entre as puntuacións das baterías empregadas, indicando unha consistencia considerable entre as probas para as diferentes HMB. As correlacións máis altas observáronse entre o TGMD e o GSGA, seguidas polo GSGA e o FMSA. Tamén se identificaron diferenzas significativas entre as puntuacións estandarizadas segundo as HMB avaliadas, os instrumentos utilizados e factores demográficos como sexo, idade e ciclo escolar. Ademáis, atopáronse diferenzas na prevalencia de habilidades avanzadas, suxerindo que, a maior número de criterios de desempeño para unha habilidade, máis difícil resulta alcanzar a cualificación de maestría nesa habilidade.

Lorenzo Martínez, Miguel (Titoría)
Abelairas Gómez, Cristian Cotitoría
Lorenzo Martínez, Miguel (Titoría)
Abelairas Gómez, Cristian Cotitoría
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Titor do alumno)
Lorenzo Martínez, Miguel (Titor do alumno)

Estratexias da orientación educativa para promover a igualdade de xénero na educación obrigatoria.
Autoría
L.A.C.
Grao en Pedagoxía
L.A.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 17:30
02.07.2024 17:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) investigou a orientación educativa en relación coa igualdade de xénero en contornos educativos específicos, mediante unha revisión da literatura e análise documental. Centrouse nos roles e funcións do orientador educativo e nas estratexias prácticas utilizadas para abordar estas cuestións, co obxectivo de analizar estratexias e propostas para promover a igualdade de xénero na orientación educativa e avaliar a súa aplicabilidade en contextos educativos. A investigación incluíu unha revisión sistemática da literatura académica e unha análise de estudos relacionados coa orientación educativa e a igualdade de xénero. Examináronse os principais achados e extraéronse conclusións relevantes para os obxectivos da investigación. Os resultados mostraron que a orientación educativa desempeña un papel crucial na promoción da igualdade de xénero e a prevención da violencia. Os estudos revisados demostraron a efectividade de diversas estratexias prácticas, como obradoiros de sensibilización, programas de intelixencia emocional e actividades de coeducación. Ademais, identificáronse elementos teóricos que respaldan estas estratexias, destacando a importancia da sensibilización, a visibilización do papel do orientador educativo e un enfoque integral da identidade de xénero e a equidade no contexto educativo.

O xogo libre de estereotipos de xénero en Educación Infantil
Autoría
S.B.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.B.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 18:00
01.07.2024 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) ten como obxectivo investigar sobre o xogo e como se ve afectado polos estereotipos e roles de xénero. Esta idea nace por observar a súa presenza no alumnado de Educación Infantil. Ao tratarse dun TFG de deseño dun proxecto de intervención pedagóxica, realízase unha aproximación teórica ao xogo, definindo o que é e aclarando a súa importancia na etapa de Educación Infantil e o seu papel como ferramenta para transmitir valores. Así mesmo, profúndase no xogo cooperativo, contemplando os seus beneficios para o alumnado. Ademais, é preciso establecer a diferenza entre o sexo e o xénero para comprender a existencia dos estereotipos e roles de xénero, o que son e como se manifestan nas distintas situacións de xogo que se dan entre as crianzas. A continuación, exponse unha proposta de intervención cuxo obxectivo principal é axudar a erradicar os estereotipos e roles de xénero nos centros escolares, mediante diferentes medidas como o coidado da linguaxe, os materiais, os espazos e o deseño de actividades. Así, implántase dende unha perspectiva inclusiva, igualitaria e crítica, cuestionando estas actitudes e comportamentos que manifestan desigualdades por razóns de xénero en diferentes aspectos da vida cotiá.

A sobreexposición ás pantallas na primeira infancia. Un estudo socioeducativo.
Autoría
J.D.D.A.
Grao en Educación Social
J.D.D.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
28.06.2024 10:30
28.06.2024 10:30
Resumo
Este TFG aborda as implicacións que ten a sobreexposición ás pantallas que se está a producir na infancia en idades cada vez máis temperás. Por este motivo, o obxectivo principal do mesmo será coñecer as consecuencias da sobreexposición ás tecnoloxías na infancia, mais tamén coñecer o grao de concienciación sobre esta temática, observar os patróns de consumo tecnolóxico neste colectivo e tratar de achegarme ás posibles respostas que dende a Educación Social se lle poidan dar ás consecuencias negativas identificadas. Para o logro destes obxectivos, esta investigación desenvolveuse por medio dun estudo de caso, centrando a mesma no contexto dun centro de educación infantil, e aplicando un cuestionario, unha entrevista e un grupo de discusión nos que colaboraron pais, nais e docentes vinculados a dito contexto. Ademais, levouse a cabo unha revisión documental que permitiu unha aproximación teórica á temática, así como unha comprobación das hipóteses iniciais, feitos que xunto á información aportada polos instrumentos aplicados contribuíron a afinar a proposta dunha serie de posibles actuacións a desenvolver dende a profesión de cara a paliar os posibles efectos negativos da sobreexposición tecnolóxica na nenez.

Desenvolvemento da competencia pragmática na aula de educación infantil: estudo da influencia do contexto nos intercambios comunicativos infantís
Autoría
C.P.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.P.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 16:00
02.07.2024 16:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao estuda, mediante unha toma de datos, as competencias pragmáticas do alumnado a través de dous métodos: a observación natural nunha aula de idades mixtas e o xogo de roles dirixido. Concretamente céntrase no emprego das fórmulas de cortesía (saúdos, despedidas, agradecementos e peticións) en situación comunicativas con distinto grao de formalidade. Deste xeito, tendo en conta a condición inicial dos nenos e nenas, realizouse unha pequena intervención centrada na importancia do uso destas fórmulas e na adecuación ao contexto nos actos de fala. Despois da recollida de datos, efectuouse unha análise para sinalar as tendencias máis destacadas, neste caso, observouse a influencia que exerce a relación dos interlocutores xunto co grao de formalidade da situación, e os cambios de lingua producidos ao representar a unha persoa. Partindo deste resultados, propóñense implicacións didácticas para o traballo da linguaxe, concretamente da competencia pragmática, na aula de educación infantil, tendo en conta o xogo simbólico e o de roles para o emprego das fórmulas de cortesía, e o Tratamento Integrado de Linguas para o bilingüismo.

Violencia Filio-Parental: unha análise dende a perspectiva pedagóxica
Autoría
T.F.O.
Grao en Pedagoxía
T.F.O.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 09:30
01.07.2024 09:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é dar a coñecer o fenómeno da violencia filio-parental, indagando nas súas dimensións e principais teorías explicativas, así como nos factores de risco familiares, sociais e individuais desencadeantes e, deste xeito, abordar unha serie de aspectos pedagóxicos que nos guíen cara a posible solución do problema. O incremento da violencia exercida de fillos/as cara os seus proxenitores obliga a estudar este feito en profundidade. Así, este monográfico pretende achegarnos á multicausalidade da súa aparición, así como ás características das familias e os/as mozos/as agresores/as, o que permitirá axeitar a súa abordaxe psicosocial. Por tanto, trátase dunha revisión conceptual a nivel teórico, co fin de coñecer o estado actual da violencia filio-parental vinculando dita problemática coa Pedagoxía.
O obxectivo deste traballo é dar a coñecer o fenómeno da violencia filio-parental, indagando nas súas dimensións e principais teorías explicativas, así como nos factores de risco familiares, sociais e individuais desencadeantes e, deste xeito, abordar unha serie de aspectos pedagóxicos que nos guíen cara a posible solución do problema. O incremento da violencia exercida de fillos/as cara os seus proxenitores obliga a estudar este feito en profundidade. Así, este monográfico pretende achegarnos á multicausalidade da súa aparición, así como ás características das familias e os/as mozos/as agresores/as, o que permitirá axeitar a súa abordaxe psicosocial. Por tanto, trátase dunha revisión conceptual a nivel teórico, co fin de coñecer o estado actual da violencia filio-parental vinculando dita problemática coa Pedagoxía.
Dirección
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)
Programa de sensibilización en igualdade de xénero para profesionais do ámbito penitenciario.
Autoría
N.R.G.
Grao en Pedagoxía
N.R.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) aborda a mellora da situación das mulleres nas institucións penitenciarias mediante a sensibilización en igualdade de xénero, propoñendo un proxecto de intervención dirixido a profesionais do ámbito carcerario. Destácase a desigualdade de xénero derivada do trato diferente que reciben homes e mulleres reclusas por parte do persoal penitenciario. O compromiso coa xustiza social e a igualdade de xénero motiva a elección do tema, apoiado por experiencias prácticas en centros correcionais. A fundamentación teórica inclúe normativas e principios de dereitos humanos, utilizando programas existentes como referencia. Analízase o perfil delituoso das mulleres, caracterizado por delitos menos graves e menor reincidencia que os homes. Ademais, sinálase a dobre discriminación que enfrontan as mulleres en prisión con menos acceso a recursos e problemas como a separación dos seus fillos. O traballo en prisión reforza roles de xénero tradicionais, subliñando a necesidade de intervención educativa para fomentar a presenza feminina en todos os eidos laborais e desafiar estereotipos de xénero.

Orientación ás familias de nenos e nenas con trastorno do espectro autista (TEA)
Autoría
L.V.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.V.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 17:30
01.07.2024 17:30
Resumo
O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é un dos trastornos máis comúns nas aulas de educación obrigatoria, polo que é imprescindible realizar intervencións tanto con este tipo de alumnado como coas súas familias. Este Traballo de Fin de Grao (TFG) presenta o deseño dunha proposta de intervención baseada na orientación ás familias de nenos e nenas con TEA, co obxectivo de mellorar a comprensión das familias sobre as dificultades e necesidades dos seus fillos, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida. A proposta está pensada para o ámbito educativo, dirixida ás familias de nenos e nenas con TEA escolarizados en Educación Primaria. As actividades propoñen estratexias para intervir en tres áreas principais: alteracións na comunicación e linguaxe, deficiencias nas relacións sociais e inflexibilidade das rutinas. Antes do deseño, realízase un estudo sobre o TEA que inclúe a evolución terminolóxica, criterios diagnósticos, curso evolutivo, tipos existentes, causas, principais modelos de intervención e o papel das familias no transcurso deste trastorno

Estudos socioeducativos sobre mulleres inmigrantes en España. Período 2010-2023
Autoría
R.L.B.
Grao en Educación Social
R.L.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2024 11:30
03.07.2024 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao pon no foco ás mulleres inmigrantes no contexto español, establecendo como finalidade coñecer o estado da investigación sobre a inmigración feminina, realizada desde o ámbito socioeducativo e con perspectiva de xénero no noso país, no período 2010-2023. Polo tanto, atendendo á modalidade de revisión documental, empréndese unha procura sistemática nas bases de datos Dialnet, Iacobus e Rebiun, co fin de localizar estudos que, desde a perspectiva de xénero, analizan as particularidades, necesidades e integración das mulleres inmigrantes en diferentes ámbitos, como o laboral, familiar, social e/ou persoal. Os resultados acadados dos seis estudos analizados evidencian a vulnerabilidade e invisibilidade que sofren na actualidade as mulleres inmigrantes nos diversos contextos, realidade que, por tanto, significa un reto para a Educación Social.
O presente Traballo de Fin de Grao pon no foco ás mulleres inmigrantes no contexto español, establecendo como finalidade coñecer o estado da investigación sobre a inmigración feminina, realizada desde o ámbito socioeducativo e con perspectiva de xénero no noso país, no período 2010-2023. Polo tanto, atendendo á modalidade de revisión documental, empréndese unha procura sistemática nas bases de datos Dialnet, Iacobus e Rebiun, co fin de localizar estudos que, desde a perspectiva de xénero, analizan as particularidades, necesidades e integración das mulleres inmigrantes en diferentes ámbitos, como o laboral, familiar, social e/ou persoal. Os resultados acadados dos seis estudos analizados evidencian a vulnerabilidade e invisibilidade que sofren na actualidade as mulleres inmigrantes nos diversos contextos, realidade que, por tanto, significa un reto para a Educación Social.
Dirección
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Secretario/a)
Conde López, Julio José (Vogal)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Secretario/a)
Conde López, Julio José (Vogal)
Os Trastornos da Conduta Alimentaria no ámbito deportivo: unha análise desde a Educación Social
Autoría
A.G.G.
Grao en Educación Social
A.G.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2024 10:45
03.07.2024 10:45
Resumo
O presente traballo de fin de grao (TFG) aborda os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA) no ámbito deportivo, explorando a súa prevalencia, factores de risco e estratexias de prevención e intervención. Os TCA son trastornos mentais caracterizados por comportamentos alimentarios disfuncionais e unha preocupación excesiva polo peso e a imaxe corporal. O obxectivo principal é comprender o estado actual da investigación en España e analizar as propostas de intervención educativa existentes, a través dunha metodoloxía de revisión documental. Realizouse unha busca sistemática co fin de profundar na temática. Este TFG proporciona unha revisión exhaustiva da literatura existente, analizando estudos e propostas de intervención, e propoñendo recomendacións baseadas na evidencia para mellorar a prevención e sensibilización destes trastornos no ámbito deportivo. O estudo resalta unha alta prevalencia de TCA en deportistas, e entre os factores de risco atópanse a presión para manter un peso específico, as expectativas de rendemento e a imaxe corporal distorsionada. As estratexias de intervención recomendadas céntranse na sensibilización, a información e a prevención dos TCA no ámbito comunitario, dirixidas especialmente a mozos deportistas e o seu entorno.

Abordando a fenda de xénero en STEM: unha revisión bibliográfica de intervencións educativas.
Autoría
S.V.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.V.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 17:00
02.07.2024 17:00
Resumo
Actualmente, aínda persisten diferenzas de xénero altamente preocupantes para o desenvolvemento dunha sociedade igualitaria. No ámbito STEM existe unha notable subrepresentación feminina, influenciada polos estereotipos ou prexuízos de xénero que comezan a idades moi temperás. Coa realización deste traballo preténdese revisar a literatura existente para proceder a unha análise de intervencións educativas que busquen erradicar a brecha de xénero STEM. Así, búscase identificar e valorar aqueles elementos que poderían ser clave para o éxito destas propostas. Realizouse unha busca nunha base de datos que, trala aplicación dos criterios de exclusión e inclusión, derivou na selección de oito artigos para o seu estudo. Os resultados obtidos reportan datos alentadores, expondo o éxito das súas prácticas. Permiten, ademais, identificar catro elementos clave para a elaboración de propostas educativas que pretendan pechar a brecha de xénero en STEM. Estes serían: o uso de referentes femininos, contextos de aprendizaxe informal, estratexias de ensino que fomenten a aprendizaxe significativa e contextualizada e o fomento dun entorno seguro e sen estereotipos de xénero.

A literatura infantil e xuvenil como medio para o tratamento de temas tabús no contexto educativo.
Autoría
M.D.R.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.D.R.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
Este Traballo Fin de Grao (TFG), titulado “A literatura infantil e xuvenil como medio para o tratamento de temas tabús no contexto educativo”, enmárcase na modalidade “Traballo de iniciación á investigación documental” e ten como temática o tratamento da literatura infantil e xuvenil como instrumento para abordar dentro das aulas temas considerados tabús pola sociedade (a diversidade, a morte, a sexualidade, etc.).

NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titor do alumno)

Influencia dos estereotipos de xénero na forma de verse e percibirse dos nenos e nenas de educación infantil: revisión sistemática
Autoría
L.R.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.R.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 12:30
01.07.2024 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao recolle unha investigación documental dos estereotipos de xénero aprendidos e reproducidos na infancia, explorando a influencia destas crenzas e expectativas sobre os atributos, condutas e comportamentos en función do xénero no desenvolvemento do autoconcepto dos/as máis pequenos/as. Atendendo ao dito, o obxectivo principal do traballo é analizar como afectan os estereotipos de xénero á percepción que os nenos e nenas teñen sobre si mesmos/as. Para elo, realizouse unha revisión exhaustiva e sistemática da literatura científica, consultando bases de datos como Dialnet, Web of Science (WOS), Iacobus e Scopus, e seleccionando aqueles estudos que se consideraron relevantes para incluír na revisión. Os resultados obtidos revelan a prevalencia dos estereotipos de xénero dende idades temperás, así como o seu impacto significativo na formación do autoconcepto infantil. Neste sentido, sublíñase a importancia de implementar estratexias educativas que promovan unha percepción positiva e equitativa da persoa dende as primeiras etapas do desenvolvemento, co propósito de mitigar os efectos adversos dos estereotipos no proceso de crecemento e formación dos/as infantes.

Sementando equidade: un camiño cara a igualdade. Proposta de intervención para combater os estereotipos de xénero en educación primaria
Autoría
L.R.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
L.R.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao recolle unha proposta de intervención educativa dirixida a combater os estereotipos de xénero existentes nas aulas de Educación Primaria, abordando de xeito integral os estereotipos descritivos e prescritivos que continúan operando nos procesos de socialización diferencial. Por conseguinte, o obxectivo xeral do traballo é previr a reprodución dos estereotipos de xénero no alumnado, contribuíndo deste modo á construción dunha sociedade xusta, equitativa e igualitaria para todos e todas, onde as diferenzas por razón de xénero non teñan cabida. A primeira parte do documento, eminentemente teórica, recolle unha revisión exhaustiva sobre o tema, afondando no concepto de estereotipos de xénero e nos termos relacionados con este, e establecendo vínculos coa etapa de desenvolvemento de 6-12 anos. Para realizar dita revisión consultáronse bases de datos, tales como, Dialnet, Web of Science, Iacobus ou Google Scholar e seleccionáronse artigos relevantes. Na segunda parte do escrito preséntase o proxecto que articula a proposta en si mesma, xustificando o sentido deste en relación coa realidade educativa no noso país. Así, neste apartado concrétase o deseño da intervención e o procedemento de avaliación establecido para medir a súa efectividade.

Relaxación guiada na aula de Educación Primaria
Autoría
A.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 13:00
01.07.2024 13:00
Resumo
Este traballo final céntrase na relaxación e o coñecemento do corpo. Os beneficios da relaxación, tanto para adultos como para os máis pequenos, son innumerables. A través de distintas actividades, acompañadas ou non de música pódense chegar a controlar os momentos de máis alta excitación, pódense eliminar tensión mentais e corporais, pódese chegar a coñecer o corpo plenamente. O obxectivo final deste traballo será crear un manual onde se recollan diferentes técnicas e metodoloxías para a relaxación guiada na aula de Educación Primaria, que poidan ser útiles para o día a día na práctica docente. Na primeira parte do traballo realizarase unha revisión bibliográfica, para coñecer as diferentes aproximacións relacionadas coas técnicas de relaxación e conciencia corporal. Na segunda parte do traballo incluirase o deseño da proposta.

O impacto dos programas de inmersión lingüística en Educación Primaria
Autoría
S.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:30
02.07.2024 12:30
Resumo
Durante este traballo de fin de grao, tratarase o impacto da inmersión lingüística na etapa de Educación Primaria. Para iso, analizaranse diferentes documentos incluíndo diferentes teorías e habilidades propostas por diferentes lingüistas e profesores universitarios recoñecidos no campo, como a teoría do input (Krashen, 1985). Ademais, tamén se tratará a súa evolución histórica e a súa chegada ao noso país, así como os diferentes tipos de inmersión lingüística que podemos atopar e a súa eficacia nos contextos educativos. Tamén se tratarán os diferentes beneficios asociados á inmersión, incluíndo entre outros, a importancia do apoio na contorna familiar, ou os beneficios cognitivos e psicolóxicos. Por outra banda, analizaranse os diferentes decretos educativos da nosa Comunidade autónoma a favor do plurilingüismo e as diferentes problemáticas que estes decretos xeraron. Por último, comentaranse algúns dos desafíos aos que nos enfrontamos os docentes coa implementación desta metodoloxía, rematando cunha conclusión final. Este traballo pretende contribuír ao entendemento e valoración da inmersión lingüística como unha ferramenta pedagóxica fundamental.

MURIAS ROMAN, RUTH (Titoría)
MURIAS ROMAN, RUTH (Titoría)
Tribunal
MURIAS ROMAN, RUTH (Titor do alumno)
MURIAS ROMAN, RUTH (Titor do alumno)
Proposta didáctica sobre o aire en Educación Infantil
Autoría
S.F.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.F.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 13:00
02.07.2024 13:00
Resumo
Traballo de Fin de Grao concibido sobre o deseño dun proxecto de intervención sobre o aire para cada ciclo de Educación Infantil. Baixo o obxectivo de construír un modelo precursor sobre o aire para o desenvolvemento de aprendizaxe científica en idades temperás, expóñense dúas propostas didácticas, que compostas por diferentes actividades, fundamentadas en obxectivos, contidos e criterios avaliativos específicos, buscan facilitar o desenvolvemento de actividades de modelización sobre o aire, para crianzas de Educación Infantil. Esta intervención, estará avalada por unha revisión bibliográfica que, a través de aportacións de diferentes autores e autoras, ratificará a relevancia e procedemento de ensinar ciencias en Educación Infantil, en base á positiva implicación educativa que incorpora, e á predisposición evolutiva que manifestan nenos e nenas para súa aprendizaxe en idades temperás, así como de ensinanza centrada en modelización, expoñendo a súa concepción e coherencia como adecuada estratexia educativa para promover o cambio conceptual. Diferentes aportacións persoais en sección de introdución, xustificación e valoración de todo o comprimido sobre este Traballo de Fin de Grao, acabarán por completar o proxecto de intervención anteriormente comentado.

GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titor do alumno)

Mellora das competencias emocionais no alumnado con NEAE, ECOPHE: Deseño dunha proposta de intervención.
Autoría
M.D.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.D.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 10:00
03.07.2024 10:00
Resumo
A intelixencia emocional consta dunha serie de competencias fundamentais para o desenvolvemento integral e o benestar persoal. A súa inclusión nas aulas é recollida na lexislación vixente dirixida á etapa de infantil, onde se inclúe o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, cuxa intelixencia emocional pode verse afectada en maior medida. O alumnado con condicións persoais e de historia escolar enfróntase non só a limitacións socioculturais que afectan á súa confianza, autoestima, relacións e, por conseguinte, á súa integridade emocional, senón tamén a barreiras de participación e aceso na aula ordinaria que limitan a súa aprendizaxe e desenvolvemento. En busca de que a atención á diversidade sexa o eixe das aulas ordinarias, este traballo presenta unha proposta de intervención dirixida ao segundo ciclo de educación infantil, cuxa finalidade é achegar ao alumnado ao mundo da educación emocional, partindo dos principios DUA, de forma que se promova a participación da totalidade do alumnado en igualdade de condicións.
A intelixencia emocional consta dunha serie de competencias fundamentais para o desenvolvemento integral e o benestar persoal. A súa inclusión nas aulas é recollida na lexislación vixente dirixida á etapa de infantil, onde se inclúe o alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, cuxa intelixencia emocional pode verse afectada en maior medida. O alumnado con condicións persoais e de historia escolar enfróntase non só a limitacións socioculturais que afectan á súa confianza, autoestima, relacións e, por conseguinte, á súa integridade emocional, senón tamén a barreiras de participación e aceso na aula ordinaria que limitan a súa aprendizaxe e desenvolvemento. En busca de que a atención á diversidade sexa o eixe das aulas ordinarias, este traballo presenta unha proposta de intervención dirixida ao segundo ciclo de educación infantil, cuxa finalidade é achegar ao alumnado ao mundo da educación emocional, partindo dos principios DUA, de forma que se promova a participación da totalidade do alumnado en igualdade de condicións.
Dirección
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
Eirín Nemiña, Raúl (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
Eirín Nemiña, Raúl (Vogal)
A Aprendizaxe Baseada en Xogos aplicada á aprendizaxe do inglés. Unha proposta lúdica no contexto da Educación Infantil.
Autoría
N.N.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.N.T.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 13:15
03.07.2024 13:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao mostra un estudo sobre o proceso de aprendizaxe da primeira lingua estranxeira ao longo do segundo ciclo de Educación Infantil e a metodoloxía denominada Aprendizaxe Baseada en Xogos, aplicada ao mesmo proceso de aprendizaxe. Para a total compresión da temática abórdanse cuestións como teorías da adquisición da linguaxe -tanto en canto á lingua materna como á primeira lingua estranxeira- o bilingüismo e o xogo na infancia. Finalmente, exponse unha unidade didáctica na cal se pon en práctica a Aprendizaxe Baseada en Xogos na aprendizaxe do inglés no segundo ciclo de Educación Infantil. Desta forma exemplifícase de xeito práctico toda a teoría presente neste Traballo de Fin de Grao, cumprindo o obxectivo principal deste traballo: descubrir unha nova metodoloxía lúdica para o ensino na etapa de Educación Infantil.
Este Traballo de Fin de Grao mostra un estudo sobre o proceso de aprendizaxe da primeira lingua estranxeira ao longo do segundo ciclo de Educación Infantil e a metodoloxía denominada Aprendizaxe Baseada en Xogos, aplicada ao mesmo proceso de aprendizaxe. Para a total compresión da temática abórdanse cuestións como teorías da adquisición da linguaxe -tanto en canto á lingua materna como á primeira lingua estranxeira- o bilingüismo e o xogo na infancia. Finalmente, exponse unha unidade didáctica na cal se pon en práctica a Aprendizaxe Baseada en Xogos na aprendizaxe do inglés no segundo ciclo de Educación Infantil. Desta forma exemplifícase de xeito práctico toda a teoría presente neste Traballo de Fin de Grao, cumprindo o obxectivo principal deste traballo: descubrir unha nova metodoloxía lúdica para o ensino na etapa de Educación Infantil.
Dirección
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
Eirín Nemiña, Raúl (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
Eirín Nemiña, Raúl (Vogal)
Impacto das redes sociais nos/as adolescentes: o caso do cyberbullying
Autoría
I.D.R.
Grao en Educación Social
I.D.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
05.02.2024 12:30
05.02.2024 12:30
Resumo
Na actualidade o Cyberbullying é unha realidade cun gran impacto na vida dos adolescentes. Este fenómeno dixital, caracterizado polo acoso, a intimidación e a difamación a través de plataformas en liña, ten consecuencias emocionais, psicolóxicas e sociais negativas de cara a este grupo de idade. Tendo estes aspectos en conta, neste TFG presentamos unha proposta de intervención dende a Educación Social para abordar a problemática anteriormente citada, levando a cabo diversas actividades cuxo obxectivo é achegar as persoas participantes do centro de recursos, a concienciación e prevención do cyberbullying. Durante a posta en marcha do proxecto levaranse a cabo diversas sesións dirixidas ao asentamento, colaboración e difusión de distintos conceptos relacionados ca problemática; ademais, as persoas usuarias desenvolverán habilidades persoais e sociais. Con esta finalidade informarase, formarase e daráselles as ferramentas básicas e necesarias para un bo uso das redes.

A educación emocional como ferramenta de prevención. O caso do acoso escolar.
Autoría
C.M.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
C.M.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 09:30
02.07.2024 09:30
Resumo
O acoso escolar é unha problemática cada vez máis presente na sociedade e que xera unha gran preocupación entre o conxunto dos/as docentes españois/as. O presente TFG ten como principal obxectivo comprender a interrelación que existe entre a educación emocional e o acoso escolar, para poder comprobar a eficacia desta como ferramenta de prevención. Para iso, realizouse unha revisión teórica que permitiu afondar nos conceptos de acoso escolar e educación emocional. En base a esta, realizouse unha proposta de intervención co obxectivo de introducir de maneira práctica a educación emocional nas aulas de Educación Infantil de cara a previr o acoso escolar e favorecer as relacións interpersoais saudables. A totalidade do traballo realizado permitiu constatar a carencia de competencia emocional existente no sistema educativo español e a falta de consideración por este tipo de cuestións en Educación Infantil.

Análise dos plans de estudos de Educación Primaria: é a educación sexual unha prioridade?
Autoría
C.M.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
C.M.V.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
A educación sexual é unha necesidade e un dereito da infancia que debe ser garantido polo sistema educativo para asegurar a formación integral de nenos e nenas. O presente TFG ten como principal obxectivo avaliar a presenza da educación sexual nos plans de estudos do Grao de Mestra/o en Educación Primaria e do Dobre Grao en Mestra/o de Educación Infantil e Primaria, para así coñecer a capacitación que posúe o futuro profesorado español nesta materia e con que rigorosidade poderá levala ás aulas. Para isto, previamente realizouse unha revisión bibliográfica que permitiu afondar no concepto de educación sexual, coñecer en que situación se atopa no sistema educativo e que aspectos a converten tanto nun dereito como nunha necesidade. Para lograr dito obxectivo analizáronse os 147 plans de estudos de todas as universidades públicas e privadas de España nas que se ofertan os graos mencionados no último curso. Neles, analizouse a presenza da educación sexual nas guías docentes de todas as materias que articulan o plan de estudo de cada centro universitario. Os resultados apuntan que tan só 13 das 70 universidades proporcionan formación ao futuro profesorado en materia de educación sexual. En definitiva, a formación dos/as futuros/as docentes nin é suficiente, nin está garantida.

Actitudes das familias das persoas con discapacidade intelectual cara a súa sexualidade.
Autoría
M.M.R.T.
Grao en Educación Social
M.M.R.T.
Grao en Educación Social
Data da defensa
26.06.2024 12:45
26.06.2024 12:45
Resumo
Este Traballo Fin de Grao (TFG) persegue o obxectivo de analizar as actitudes ante a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual que teñen os seus familiares. Para cumprir con isto, realizarase unha investigación que adoptará como base a procura documental sobre a sexualidade deste colectivo e as actitudes da familia, analizando, a través de distintas fontes consultadas, o estado da cuestión sobre o tema, o que permitirá unha análise profunda da información que facilita unha conclusión sobre as posibilidades da Educación Social na Educación Sexual das familias de persoas con discapacidade intelectual.
Este Traballo Fin de Grao (TFG) persegue o obxectivo de analizar as actitudes ante a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual que teñen os seus familiares. Para cumprir con isto, realizarase unha investigación que adoptará como base a procura documental sobre a sexualidade deste colectivo e as actitudes da familia, analizando, a través de distintas fontes consultadas, o estado da cuestión sobre o tema, o que permitirá unha análise profunda da información que facilita unha conclusión sobre as posibilidades da Educación Social na Educación Sexual das familias de persoas con discapacidade intelectual.
Dirección
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA Cotitoría
Tribunal
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titor do alumno)
ZAMORA RODRIGUEZ, ELISA TERESA (Titor do alumno)
A práctica da oralidade: unha proposta de intervención educativa
Autoría
C.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
Neste traballo de fin de grao preséntase unha proposta de intervención educativa interdisciplinar para 5º e 6º curso de Educación Primaria que trata sobre o desenvolvemento da expresión oral. Aplicaranse metodoloxías activas e interactivas para a consecución dos obxectivos que promovan a participación do alumnado nas diferentes actividades propostas. Estas serán unicamente resoltas de xeito oral e racharán coas dinámicas que teñen maior vixencia no sistema educativo actual. Así mesmo, buscarase en todo momento a distensión dos e das estudantes á hora de producir discursos orais, ademais do fomento da opinión propia e o pensamento crítico. A xustificación do carácter interdisciplinar da proposta reside no deseño de sesións para as materias de Lingua Galega e Literatura, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Educación Plástica e Visual e Música e Danza. A pesca será a base temática de todas as sesións, mais abordarase dende diferentes ámbitos dependendo da materia seleccionada e da conexión que se establece entre dito tema e os contidos curriculares dos cursos elixidos.

HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)

Educar coas matemáticas. Investigación comparativa internacional: formación matemática en Educación Infantil.
Autoría
A.R.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.R.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 11:30
03.07.2024 11:30
Resumo
As matemáticas, materia que aparece referenciada no currículo educativo de forma internacional, establécese como un saber fundamental. En Educación Infantil, a preocupación por crear unha base nesta materia (que facilite a incorporación de novos saberes) está a reflectirse nun número elevado de países, buscando poder asentarse como “referentes en educación matemática” e, por tanto, un sistema educativo “exitoso”. Cada país enfronta este reto desde unha perspectiva diferente, por iso, este documento presenta unha análise descritiva de cinco países destacados nesta área (Estados Unidos, Australia, Singapur, Xapón e Países Baixos) e tamén do contexto nacional desde onde se realiza a investigación (España), tomando como base resultados de probas de avaliación e realizando unha análise de cinco aspectos fundamentais á hora de realizar propostas educativas: os contidos, os materiais, os roles na aula (profesorado e alumnado) e as actividades. Tendo como base esta información, exponse unha proposta en forma de decálogo que convida ao lector a reflexionar, e a ampliar a perspectiva a outras propostas que buscan mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe das matemáticas.

Cultivando Aprendizaxes: unha proposta interdisciplinar para Educación Primaria
Autoría
L.M.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.M.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:45
01.07.2024 10:45
Resumo
O obxectivo principal deste traballo de fin de grao é deseñar unha proposta educativa interdisciplinar que teña como eixo a metodoloxía de traballo por proxectos, resaltando a importancia desta como elemento útil para o ensino e aprendizaxe significativo do alumnado nas áreas de Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Lingua Galega e Literatura e Educación Plástica e Visual. O punto de partida deste documento é unha revisión bibliográfica relacionada co termo interdisciplinariedade no ámbito educativo e coa súa aplicación á aprendizaxe nas aulas, incluíndo referencias ás principais interpretacións por parte de diversos autores, e tamén os beneficios e dificultades deste enfoque. Inclúense a continuación unha serie de metodoloxías activas para o ensino e aprendizaxe das ciencias, xunto cos seus principios pedagóxicos. O obxectivo é deseñar unha proposta educativa mediante o emprego de proxectos e de cara á planificación deste, téñense en consideración varios autores e o marco pedagóxico Novos Contextos de Aprendizaxe (NCA). Finalmente, trala descrición da proposta e dos instrumentos e materiais necesarios para a súa avaliación, analízase o potencial que esta ten de cara á promoción da aprendizaxe interdisciplinar e o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.

A participación das persoas maiores en actividades de ocio para o envellecemento activo: O caso da localidade de Camelle
Autoría
N.P.S.
Grao en Educación Social
N.P.S.
Grao en Educación Social
Data da defensa
28.06.2024 11:00
28.06.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) examina o impacto das actividades de ocio ofertadas polo Concello de Camariñas na calidade de vida das persoas maiores, en concreto da parroquia de Camelle. Ten como finalidade a avaliación das actividades que se desenvolven e como estas contribúen ao benestar dos/as participantes. O estudo revela que a participación en actividades de ocio ten un efecto positivo, mellorando a condición física, as relación sociais e o benestar emocional dos/as maiores. En certo modo, obsérvanse barreiras horarias e económicas que limitan acceso ás persoas de baixos recursos. Ademais, atopáronse posibles melloras tanto na accesibilidade como en posibles novas actividades. Na metodoloxía explicouse o tipo de investigación, as técnicas de recollida de datos que foron o grupo focal e a entrevista e a mostra participantes. A recompilación dos datos cualitativos, ensinados dentro do apartado estudo de caso, xunto coa discusión, permitiron unha comprensión crítica das realidades socioeducativas que afectan o acceso a estas actividades. Resáltase a importancia de deseñar programas máis inclusivos e accesibles, cunha boa accesibilidade e diversidade de actividades, suxerindo que o propio concello teña en consideración os aspectos influínte para mellorar a calidade de vida das persoas maiores deste territorio dende unha perspectiva da Educación Social

O conto musical como recurso para a Lingua e Literatura e a Educación Musical. Proxecto interdisciplinar en Educación Primaria.
Autoría
A.I.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.I.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 13:30
02.09.2024 13:30
Resumo
Este traballo de Fin de Grao tratará o conto musical como recurso para un proxecto interdisciplinario entre a Lingua e Literatura e a Educación Musical en Educación Primaria. O conto musical constitúe un enlace entre a linguaxe verbal e a musical, o que supón unha ferramenta moi útil para a formación do alumnado. A través do conto acompañado pola música, estarase incentivando a atención e a imaxinación dos nenos/as. Ademais a nivel musical a asociación de sons a situacións relatadas en contos, produce unha estimulación dentro do ámbito auditivo. Os obxectivos que se buscan alcanzar a través deste traballo serían: investigar a importancia do conto musical na Educación Primaria e o aporte á aprendizaxe do alumnado como recurso para un proxecto interdisciplinario. Para o desenvolvemento deste traballo aplicarase unha modalidade de deseño dunha proposta de intervención de carácter interdisciplinario que irá acompañado dun marco teórico fundamentado nunha indagación bibliográfica sobre o tema.

Aprendendo música coas partituras non convencionais na Educación Primaria
Autoría
H.I.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
H.I.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.02.2024 11:00
02.02.2024 11:00
Resumo
O traballo de fin de grado que se vai a presentar tratará sobre como os nenos e nenas aprenden música a partir das partituras non convencionais na educación primaria. Para levar a cabo as clases, traballaremos describindo propostas artísticas musicais traba llaneo a curiosidade, recoñecendo os elementos básicos da lingüaxe musical mediante partituras non convencionais e comunicando ideas, sentimentos e emocións referidas a música. Por último e en canto á metodoloxía de traballo, ao iniciar a temática a traballar faranse pequenos grupos para que, durante as clases, traballen nos mesmos e desenvolvan a aprendizaxe dos obxectivos anteriormente ditos.

MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Titoría)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Titoría)
Tribunal
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Titor do alumno)

A intelixencia artificial como método para a mellora da aprendixaje
Autoría
A.V.R.
Grao en Pedagoxía
A.V.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O seguinte Traballo de Fin de Grao (TFG) céntrase en amosar como a Intelixencia Artificial (IA) pode ser empregada como elemento posibilitador e potenciador da aprendizaxe nas aulas e a súa estreita relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Para iso, presentamos unha proposta, a través dun plan de intervención educativa que combina a aprendizaxe teórica coa práctica, empregando a IA e o coñecemento dos ODS como eixos centrais.
O seguinte Traballo de Fin de Grao (TFG) céntrase en amosar como a Intelixencia Artificial (IA) pode ser empregada como elemento posibilitador e potenciador da aprendizaxe nas aulas e a súa estreita relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Para iso, presentamos unha proposta, a través dun plan de intervención educativa que combina a aprendizaxe teórica coa práctica, empregando a IA e o coñecemento dos ODS como eixos centrais.
Dirección
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
MAREQUE LEON, FRANCISCO (Titor do alumno)
Xogo e arte en educación infanti.l En busca da arte agochada: Unha proposta de breakout
Autoría
A.G.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.G.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 12:30
03.07.2024 12:30
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao expóñense as achegas positivas que supoñen o xogo e as metodoloxías lúdicas na aprendizaxe e na vida das crianzas. Para entender mellor ditas aportacións, faise unha aportación teórica sobre a coexistencia do xogo, a arte e a creatividade nun mesmo contexto educativo. O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao é elaborar unha proposta de intervención inspirada no xogo e na arte e que teña a creatividade do alumnado como fonte principal das actividades realizadas. Finalmente, exponse a proposta baseada nun breakout sobre a historia da arte, cuxos obxectivos principais son: introducirse na historia da arte e experimentar coas creacións artísticas a través do xogo. O alumnado debe realizar diferentes actividades a través da cooperación para conseguir abrir as caixas que o leven ata o final. Esta proposta esperta a motivación dos nenos e nenas e o seu interese e curiosidade pola arte e a súa historia.
Neste Traballo de Fin de Grao expóñense as achegas positivas que supoñen o xogo e as metodoloxías lúdicas na aprendizaxe e na vida das crianzas. Para entender mellor ditas aportacións, faise unha aportación teórica sobre a coexistencia do xogo, a arte e a creatividade nun mesmo contexto educativo. O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao é elaborar unha proposta de intervención inspirada no xogo e na arte e que teña a creatividade do alumnado como fonte principal das actividades realizadas. Finalmente, exponse a proposta baseada nun breakout sobre a historia da arte, cuxos obxectivos principais son: introducirse na historia da arte e experimentar coas creacións artísticas a través do xogo. O alumnado debe realizar diferentes actividades a través da cooperación para conseguir abrir as caixas que o leven ata o final. Esta proposta esperta a motivación dos nenos e nenas e o seu interese e curiosidade pola arte e a súa historia.
Dirección
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Titoría)
BASANTA CAMIÑO, SILVIA (Titoría)
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)
Prohibido pintar nas paredes: como transformar o espazo escolar a través do arte.
Autoría
C.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.F.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Prohibido pintar as paredes é un proxecto de intervención artística no que se pretende amosar como a transformación do espazo escolar, mediante diferentes propostas e técnicas artísticas, permite mellorar o sentimento de pertenza e comunidade no centro educativo. A importancia do espazo no desenvolvemento e na educación integral do alumnado, fai que sexa especialmente necesaria a creación de espazos harmoniosos, equilibrados, atractivos e estéticos; o alumnado, de tódalas etapas educativas, pode contribuír ao deseño e mellora dos espazos participando nun proceso de creación artística que implique a toda a comunidade educativa. Por todo isto, neste traballo propónse unha guía de intervención que pretende acompañar aos/ás docentes na posta en marcha de intervencións artísticas no espazo escolar que buscan, en maior ou menor medida, a conquista do espazo a través da arte.

Inclúe(tea). Proposta de intervención socioeducativa para a inclusión do alumnado de educación primaria de Galicia con trastorno do espectro do autismo en aulas regulares a través da educación social.
Autoría
I.B.L.
Grao en Educación Social
I.B.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O desafío da inclusión educativa do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) nas aulas regulares é crucial para avanzar cara unha educación equitativa. Aínda que a integración en contextos ordinarios é un paso importante, a verdadeira inclusión vai máis alá, requirindo políticas efectivas contra o acoso escolar, adaptacións curriculares e a presenza de profesionais capacitados para intervir. En España, o aumento do diagnóstico de TEA na idade escolar reflexa a necesidade de abordar esta cuestión. A Educación Social desempeña un papel fundamental na promoción da aceptación, a participación activa e o apoio emocional do alumnado con autismo. Sen embargo, a mera presenza nas aulas non garante a súa inclusión real. Para levar a cabo unha proposta de intervención adaptada ao contexto actual, estúdanse as necesidades presentes no fomento da inclusión efectiva nos centros educativos ordinarios dende un enfoque multidisciplinar. INCLÚE(TEA) ofrece un marco integral para fomentar unha educación inclusiva que responda ás necesidades dos nenos e nenas con TEA, promovendo unha sociedade equitativa e xusta, resaltando o papel da Educación Social na educación formal.

A integración das persoas con discapacidade en contextos ordinarios é un paso importante debido a que a inclusión vai máis alá: requírense políticas efectivas contra o acoso escolar, precísanse adaptación curriculares e necesítase a presenza de profesionais capacitados para a intervención socioeducativa. Porén, o desafío da inclusión educativa do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA) nas aulas regulares é crucial para avanzar cara unha educación equitativa. En España, o incremento do diagnóstico de TEA na idade escolar reflicte a necesidade de abordar esta cuestión para un adecuado desenvolvemento de ditas persoas. Para iso, vese preciso a intervención de profesionais da Educación Social, que desempeña un papel fundamental na promoción da aceptación, da participación activa e o apoio emocional de dito alumnado. Para dar resposta a esta realidade, deséñase unha proposta de intervención, INCLÚE(TEA), nun contexto de actualidade onde se estudan as necesidades presentes deste alumnado e se describe un marco integral para fomentar a educación inclusiva respondendo a ditas necesidades e promovendo a inclusión efectiva nos centros educativos ordinarios dende un enfoque multidisciplinar.

Desenvolvemento de habilidades comunicativas en Inglés mediante o ensino baseado na gamificación
Autoría
L.B.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.B.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:30
02.07.2024 11:30
Resumo
O principal tema de estudo deste Traballo Fin de Grao é o desenvolvemento das habilidades comunicativas en inglés mediante a docencia baseada na metodoloxía innovadora da gamificación, unha metodoloxía que trata de aplicar elementos dos xogos a contextos distintos a estes. Para iso, realizarase unha investigación teórica para apoiar o desenvolvemento do obxectivo principal deste traballo, a elaboración dunha proposta de intervención didáctica baseada na gamificación que supoña a mellora das habilidades comunicativas en inglés. Estudarase para tal fin de gamificación así como as súas principais características e as súas posibles implicacións na aula. A principal conclusión tras esta análise é a relevancia da metodoloxía empregada para promover a motivación, así como a importancia fundamental desta motivación para garantir a calidade do proceso educativo e a adquisición efectiva das competencias e destrezas comunicativas na lingua inglesa.

Corpos creativos. Unha proposta de debuxo e movemento corporal para un aula de Educación Infantil.
Autoría
N.V.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.V.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:30
01.07.2024 12:30
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao abordará o tema do debuxo e o movemento corporal na etapa de Educación Infantil. O seu principal obxectivo, é conseguir crear unha proposta de intervención que permita ás crianzas descubrir as posibilidades do propio corpo e do debuxo, vendo isto como unha forma de expresión e un modo de coñecemento artístico e de si mesmo. Ademais, tamén se pretende fomentar a creatividade e a imaxinación. Este traballo encaixa nunha modalidade mixta, pois nun primeiro lugar expón unha aproximación teórica que indague sobre o debuxo e o movemento corporal, así como tamén en algúns referentes artísticos como son Heather Hansen, Trisha Brown ou o proxecto Segni Mossi. En segundo lugar, o traballo contará cun deseño de proposta educativa para un aula de Educación Infantil. Con esta proposta preténdese achegar a arte as aulas dunha forma máis innovadora, rompendo co tradicional.

A educación - afectivo sexual como ferramenta educativa fronte á pornografía
Autoría
P.C.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.C.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
A Educación Afectivo - sexual é unha das materias pendentes nas nosas aulas, sobre todo nunha sociedade na que a pornografía se converteu nunha fonte de aprendizaxe para os máis pequenos e pequenas (xa que a idade de consumo é cada vez menor). Por este motivo, entre outros, é importante investigar esta temática e outorgarlle o lugar que se merece na formación integral dos nenos e nenas, dende idades temperás, e na formación do profesorado. Comezaremos cunha revisión bibliográfica sistemática do campo a través das principais bases de datos (Dialnet, Iacobus, Web of Science…) e dos referentes máis relevantes a nivel nacional, co obxectivo de explorar as súas posibilidades, beneficios e realidade. Posteriormente, extraeremos unhas pautas para mellorar e facilitar a práctica nas aulas de primaria do sistema educativo.

O aproveitamento dos recursos naturais na escola rural para a educación artística
Autoría
A.T.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.T.M.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
O Traballo que se presenta a continuación está centrado no aproveitamento dos recursos naturais na escola rural para a educación artística en Educación Infantil. O obxectivo principal que se pretende acadar con esta proposta de innovación educativa é poñer en valor a escola rural e dar unha visión máis ampla sobre a educación artística. A partir disto, procúrase proporcionarlles aos mestres e ás mestras de educación infantil, unha guía de recursos e actividades que lles axude a ser conscientes do beneficioso que pode chegar a ser o contexto rural no seu vínculo coa arte. Por iso, incluiranse propostas sobre como podemos aproveitar os recursos que este rico contexto nos ofrece para traballalos a través da educación artística co alumnado en diversos espazos.

Proposta de innovación educativa para guiar a práctica docente na investigación acción para afondar na evolución das representacións mentais e dificultades de aprendizaxe sobre os bivalvos e a súa vulnerabilidade ós impactos ambientais
Autoría
L.S.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.S.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
A actividade do marisqueo é unha realidade próxima en Galicia, a cal proporciona numerosos beneficios á comunidade, entre os que destaca principalmente o rendemento económico e o servizo gastronómico que ofrece. Porén, este sector marítimo estase vendo afectado negativamente polo cambio climático e por outros impactos ambientais, polo que a actividade do marisqueo loita por adaptarse e mitigar as negativas consecuencias destes impactos. Nesta mesma liña, este Traballo de Fin de Grao recolle unha proposta de intervención a modo de innovación educativa, a cal establece unha serie de pautas a modo de guía para conseguir que o alumnado dun centro próximo á costa poida chegar a coñecer, nun primeiro momento, os conceptos propios da ciencia escolar relativos á fisioloxía e anatomía dos bivalvos, así como o funcionamento do sector do marisqueo e os impactos que está a ter, como o aumento de mareas vermellas, baixada no recrutamento e mortandade por riadas, coas posibles relacións co cambio climático. Nesta proposta de intervención figuran as bases para guiar a práctica docente cara a investigación na acción centrada no proceso que o discente leva a cabo na adquisición da aprendizaxe, partindo das súas ideas previas, ata chegar á construción do coñecemento e desenvolvemento do pensamento crítico-reflexivo.

SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titor do alumno)

Proposta de innovación en indagacións para a modelización mediante procesos de argumentación sobre prácticas de laboratorio relativas á contaminación atmosférica
Autoría
H.S.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
H.S.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.09.2024 12:00
05.09.2024 12:00
Resumo
A presente preocupación global sobre a contaminación atmosférica, as actividades humanas que fomentan este proceso e as graves consecuencias para a saúde e o medio ambiente, son aspectos fundamentais que se deben aplicar nas aulas de ciencias de Educación Primaria, desde un punto de vista analítico e sensibilizador. O profesorado debe apostar pola posta en marcha de enfoques innovadores para abordar a ciencia escolar, facendo uso de modelos de indagación, argumentación e modelización nas súas propostas, para lograr que o alumnado adquira a competencia científica. Este traballo plantexa unha proposta de innovación educativa na que se empregan os tres modelos citados. Os obxectivos desta proposta son, por unha parte, animar ao profesorado na introdución de metodoloxías de ensino innovadoras, e fomentar no alumnado o desenvolvemento da competencia científica, así como a sensibilización ambiental, crítica e activa. Este traballo está apoiado por unha fundamentación teórica, centrada na análise de propostas didácticas sobre a Educación Ambiental (EA), asumindo un rol importante o estudo das ideas previas e concepcións alternativas do alumnado sobre as cuestións científicas abordadas ao longo da proposta.

Aportes dende a Educación Social cara a prevención da violencia sexual en adolescentes consumidores de pornografía
Autoría
E.T.V.
Grao en Educación Social
E.T.V.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2024 19:45
03.07.2024 19:45
Resumo
Este estudo, a través da investigación documental, aborda a relevancia de revisar a intervención socioeducativa en cuestións afectivo-sexuais para previr a violencia sexual. Unha revisión de investigacións da última década revela que o consumo de pornografía distorsiona a percepción da sexualidade en adolescentes, influíndo nas súas actitudes e condutas, especialmente entre os consumidores habituais. Na última década, a sociedade experimentou un proceso de pornificación que normalizou o consumo de pornografía, requirindo unha análise de conceptos chave relacionados coa socialización de xénero e o contexto. O estudo analiza a relación entre o consumo de pornografía e o aumento da violencia sexual en adolescentes, considerando factores históricos e contextuais, e aborda a problemática da Educación Afectivo-Sexual en España. Propóñense elementos esenciais para os programas educativos desde a Educación Social. Destácase a importancia de estudar a construción da masculinidade e a sexualidade masculina, dado que os homes son os principais consumidores de pornografía desde idades temperás. A pornografía tende a normalizar a violencia mediante a súa erotización. Finalmente, sublíñase a demanda social dunha educación afectivo-sexual para previr a violencia de xénero e mellorar o desenvolvemento sexual dos adolescentes.

Influencia do bilingüismo (galego e castelán) no desenvolvemento da dislexia: un estudo de casos.
Autoría
M.M.I.
Grao en Pedagoxía
M.M.I.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) está centrado en investigar a relación que existe entre o bilingüismo, máis concretamente no contexto galego-castelán e o desenvolvemento da dislexia. A investigación se levará a cabo a través da metodoloxía do estudo de casos, na que se analizarán individuos diagnosticados con dislexia que son bilingües en galego e castelán. O obxectivo principal do traballo é determinar se o bilingüismo ten un impacto significativo na gravidade dos síntomas da dislexia ou se, pola contra, podería modificalos dalgunha maneira chegando, incluso, a disminuir a seu nivel de gravidade. Para isto, as probas que se analizarían serían aquelas que estén relacionadas coa lectura e a escritura como son: WISC-V, Prolec-R, Proesc, DST-J e o Test de Dislexia Bangor, xunto coa revisión documental das actas de avaliación, cadernos de traballo, etc. A indagación sobre como poden estar vinculadas estas dúas variables axudaría ao proceso de identificación e intervención temprana en casos de dislexia en entornos bilingües.

Estimulación cognitiva para un envellecemento activo.
Autoría
X.N.L.
Grao en Educación Social
X.N.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.09.2024 17:00
02.09.2024 17:00
Resumo
O presente traballo céntrase na estimulación cognitiva das persoas maiores co obxectivo de lograr un envellecemento activo. Trátase dunha proposta de intervención orientada a usuarios con deterioro cognitivo leve do centro de día Net-avó. Esta, inclúe diferentes actividades na busca de manter e mellorar as habilidades cognitivas, tratando de influír positivamente na súa calidade de vida e no seu benestar persoal. Ao longo de toda a proposta de intervención realizarase un enfoque centrado na persoa, cubrindo as necesidades individuais dos participantes, garantindo unha atención personalizada e eficaz.
O presente traballo céntrase na estimulación cognitiva das persoas maiores co obxectivo de lograr un envellecemento activo. Trátase dunha proposta de intervención orientada a usuarios con deterioro cognitivo leve do centro de día Net-avó. Esta, inclúe diferentes actividades na busca de manter e mellorar as habilidades cognitivas, tratando de influír positivamente na súa calidade de vida e no seu benestar persoal. Ao longo de toda a proposta de intervención realizarase un enfoque centrado na persoa, cubrindo as necesidades individuais dos participantes, garantindo unha atención personalizada e eficaz.
Dirección
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
NOVOA PEREZ, MARIA ISABEL (Titor do alumno)
A loita contra os Trastornos da Conducta Alimentaria a través da Educación Emocional
Autoría
A.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 13:00
01.07.2024 13:00
Resumo
Ao longo deste documento poderemos ver como foi cambiando a imaxe da muller ao longo da historia, tomando como referencia a análise de distintas obras de arte, para promover a toma de conciencia sobre a necesidade de establecer estratexias de prevención dos Trastornos da Conducta Alimentaria. Os cambios sociais foron modificando e esixindo á muller ter unha forma corporal determinada. Dende a educación, podemos contribuír a que a sociedade desenvolva unha postura crítica en torno aos estereotipos referidos á imaxe ideal feminina. Os obxectivos educativos que se pretenderon acadar no desenvolvemento do traballo son os seguintes: 1. Identificar a codificación icónica da muller no pasado a través das obras de arte. 2. Realizar unha proposta educativa para previr os Trastornos da Conducta Alimentaria na Educación Primaria. A través dunha Proposta de Innovación Didáctica, baseada nunha metodoloxía activa e nun Aprendizaxe Baseado en Proxectos búscase un enfoque práctico e activo, co obxectivo de mellorar a calidade educativa. A proposta céntrase na educación emocional que busca formar a futuros cidadáns máis empáticos e cunha gran consciencia emoiconal, o que constribuirá a diminuír os TCA na sociedade.

A narración oral como recurso didáctico. Orientacións básicas dende a experiencia dos profesionais
Autoría
A.N.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.N.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.09.2024 12:00
02.09.2024 12:00
Resumo
Preséntase un Traballo de Fin de Grao que versa sobre o emprego da arte da narración oral como recurso educador para a etapa de educación infantil. O contacto lúdico coas historias en idades temperás postúlase como unha peza fundamental para a educación dos nenos e nenas, pois ofrece moi ricos aportes ao desenvolvemento integral. Non obstante, a literatura para o desfrute segue a ocupar un preocupante segundo plano no contexto escolar. No seu lugar, prímase o ensino dunha literatura instrumental e utilitaria. Ante esta realidade, o presente traballo nace co obxectivo de guiar ao profesorado no tratamento da literatura para o desfrute, mostrando a arte da narración oral como un recurso pedagoxicamente valioso que se postula como viable para o contexto escolar. Con este fin, procedeuse a realizar un labor de investigación de campo ao longo do oficio de narrador oral, en busca de recompilar as fórmulas e as consideracións que aplican os profesionais en contar historias para atrapar e conmover ao público. Como resultado, preséntase neste documento un corpus de orientacións e suxestións básicas nadas das experiencias directas de contistas galegos, coa pretensión de facilitar e incentivar no profesorado o labor de contar historias en calidade.

A narración oral como recurso didáctico en educación primaria
Autoría
A.N.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.N.C.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 13:00
02.07.2024 13:00
Resumo
Preséntase un Traballo de Fin de Grao que versa sobre a pertinencia de empregar a arte da narración oral como elemento educador na educación primaria. O contacto lúdico coas historias en idades temperás postúlase como unha peza fundamental para a educación dos nenos e nenas, pois ofrece moi ricos aportes ao desenvolvemento integral. Non obstante, a literatura para o desfrute segue a ocupar un preocupante segundo plano no contexto escolar. No seu lugar, prímase o ensino dunha literatura instrumental e utilitaria. Ante esta realidade, o presente traballo nace cun dobre obxectivo. Por unha parte, clarificar e xustificar as potencialidades da literatura para a infancia, co afán de alertar sobre a gravidade que supón relegar a súa integración na vida escolar. Por outra parte, mostrar un recurso pedagóxico que ademais de fortalecer os aportes da literatura, presenta grandes beneficios para o benestar persoal, social e escolar: a narración oral. Para iso, ofrécense orientacións didácticas que pretenden facilitar a introdución da narración oral nas escolas. Este traballo de busca bibliográfica, finalmente, deriva no deseño dunha proposta didáctica que suxire e configura a creación de espazos para escoitar e compartir historias por medio da oralidade.

Crecendo en conciencia: Unha proposta educativa para afrontar o cambio climático dende as aulas.
Autoría
L.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.R.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
A finalidade deste traballo está na formación inicial como mestra na investigación acción que permita reflexionar e indagar na práctica docente a través da creación dunha proposta de innovación sobre o cambio climático. Polo que este traballo consiste nunha guía de innovación que ten a súa reflexión no prácticum II do grao en mestre/a de educación primaria, de forma que se faga unha análise da evolución das representacións mentais na solución de problemas sociocientíficos relativos ao cambio climático, que impliquen a experimentación e a argumentación e unha posterior búsqueda de máis recursos e actividades que sirvan como guía a outros mestres e mestras. Esta proposta de innovación educativa ten como obxectivo, traballar sobre os modelos mentais do alumnado para chegar a un modelo científico relativo ao cambio climático, así como formar a un alumnado crítico e concienciado co medio ambiente.

O rol das películas máis vistas na infancia do segundo ciclo de Educación Infantil: unha análise con base na teoría crítica feminista.
Autoría
A.G.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.G.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 10:45
03.07.2024 10:45
Resumo
Durante a infancia as crianzas pasan por un proceso de socialización, no cal inflúen familia, escola, grupo de pares e medios de comunicación. En sociedades patriarcais a socialización resulta diferente en función do xénero, pois se interiorizan expectativas sociais, actitudes e comportamentos asociados aos xéneros. Tendo en conta o exposto, este estudo busca dar resposta a cal é o rol das películas máis vistas pola infancia do segundo ciclo do CEIP de Prácticas López Ferreiro na súa socialización de xénero. Para isto realizouse unha investigación cualitativa seguindo o paradigma socio-crítico, cuxo obxectivo xeneral é analizar as películas máis vistas do segundo ciclo dende a teoría crítica feminista. Para determinar as películas foi empregada a técnica da enquisa, e a análise de contido para o estudo das seis unidades seleccionadas. Os resultados mostran diferenzas de xénero na selección das películas e apréciase que reproducen a socialización de xénero. Aínda que existen melloras nas pezas actuais, con presenza de boas prácticas, se aprecia da mesma maneira transmisión de roles, estereotipos e mitos do amor romántico, entre outros, o cal propicia a desigualdade entre os xéneros e a transmisión dunha posición de subordinación feminina.

Impacto emocional e no rendemento académico do acoso na educación primaria: unha revisión.
Autoría
A.G.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.G.A.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
O acoso escolar é un comportamento agresivo, repetitivo e non desexado que implica un desequilibrio de poder entre os implicados. Aínda que a súa prevalencia en educación primaria é elevada, e as súas consecuencias poden ser profundas e duradeiras, non existen, no noso coñecemento, estudos de revisión que analicen as súas repercusións nesta etapa educativa. O obxectivo deste traballo foi analizar o impacto do acoso escolar sobre o desenvolvemento socioemocional e o rendemento académico en educación primaria. Realizouse una revisión sistemática da literatura científica publicada ata abril de 2024 nas bases de datos PsycInfo e ERIC, empregando palabras chave como bullying, desenvolvemento emocional, rendemento académico e educación primaria. Os resultados evidenciaron a existencia de relacións entre o acoso escolar e reaccións emocionais de inseguridade e medo, problemas de saúde mental (destacando os síntomas depresivos), problemas conductuais e de autoestima, déficits en habilidades sociais, que podían derivar en problemas na vida adulta, sobresaíndo a soidade e una maior incidencia de ideación suicida; así como a relación cun peor rendemento académico, afectando a variables como a motivación ou a concentración. Estes achados poñen de manifesto a necesidade de implementar medidas de prevención e de atención ás vítimas.

Innovación do concepto e uso do patio escolar en Educación Primaria
Autoría
L.G.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.G.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 12:30
03.07.2024 12:30
Resumo
Observouse ao longo dos anos, un notable crecemento da importancia que se lle ofrece a outros espazos máis alá do propio edificio escolar. Un destes espacios é o patio escolar, que foi presentando pequenas transformacións que abogan pola presenza da natureza ou a incorporación de zonas accesibles para todos os infantes. O presente Traballo de Final de Grao segue esta liña de actuación mediante un proxecto de innovación que pretende erradicar as problemáticas actuais do patio, en favor da renovación deste espazo para crear un adaptado ao contexto educativo do/a alumno/a, ademais de potenciar o desenvolvemento integral do mesmo. Para isto, realízase unha indagación de referentes para comprobar cales son as características do patio a través do tempo, e como as súas implicacións no desenvolvemento educativo e persoal do infante poden ser melloradas, ademais de crear unha guía detallada que funciona como un protocolo de actuación na que se recollen os aspectos necesarios para ofrecer ao equipo docente que esté disposto a transformar o patio.

Trigo Martínez, Cristina Cotitoría
Couce Santalla, Ana Isabel (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina Cotitoría
Tribunal
Guisande Couñago, María Adelina (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Guisande Couñago, María Adelina (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
É beneficiosa a participación das familias nos centros escolares? Unha revisión da literatura no marco da Educación Infantil.
Autoría
N.C.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.C.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2024 12:00
18.07.2024 12:00
Resumo
A participación das familias na educación escolar dos seus fillos e fillas é un dos factores que máis impacto produce sobre os resultados académicos dos nenos e nenas así como dun bo clima escolar ainda que non é algo que dependa soamente dos pais xa que, as escolas, deben de prestarlle axuda para que, entre ambas, poidan crear un nexo e unha conexión co fin de atender ás necesidades dos nenos e nenas. As relacións entre a familia e a escola poden considerarse un tema recorrente no estudo da educación xa que veñen sendo obxecto de análise dende fai bastante tempo. Sen embargo, soamente fai uns anos que ambas institucións comparten responsabilidades e perseguen un obxectivo común pois, anteriormente, familia e escola ían por camiños separados. No presente traballo, a través de dous puntos primordiais que son a familia e a relación entre esta e a escola, farase unha revisión bibliográfica do tema coa finalidade de plantexar posibles respostas á investigación sobre o beneficio da participación das familias na escola.

O rol da pornificación cultural na socialización de xénero das crianzas de Educación Infantil: unha mirada dende as familias e a contorna
Autoría
S.P.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.P.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 13:15
03.07.2024 13:15
Resumo
A pornificación cultural considérase un fenómeno social complexo, relativamente actual e omnipresente na sociedade e na vida das crianzas. Por elo, este traballo busca analizar coas familias do 2º ciclo de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, o seu imaxinario sobre a pornificación cultural e o rol deste fenómeno na socialización de xénero das crianzas. Para abordar dito obxectivo, realizouse unha Investigación-Acción-Participación utilizando como técnicas o grupo de discusión con 4 persoas participantes, o Fotovoz con 4 imaxes e a entrevista con 14 persoas da contorna. Así, a investigación involucrou a un total de 18 persoas e as unidades de análise foron 8 imaxes e 1 vídeo. Os resultados indican un descoñecemento xeneralizado do termo pornificación cultural entre as persoas participantes. Porén, estas perciben fenómenos asociados como a mercantilización e cousificación dos corpos. Asemade, as familias identifican os móbiles e as redes sociais coma perigosas e aluden a problemas de saúde e á reprodución de estereotipos de xénero nas crianzas derivados do fenómeno pornificador. Con todo, obsérvanse carencias na identificación de elementos propios da pornografía. En definitiva, é necesario seguir tratando este tema de forma máis exhaustiva e detallada para prever as consecuencias derivadas de devandito fenómeno.

Beneficios, facilitadores e barreiras da actividade física en nenos e nenas de 5 a 12 anos con discapacidade visual: unha revisión sistemática
Autoría
S.P.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
S.P.S.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 18:30
03.07.2024 18:30
Resumo
Numerosos estudos destacan os beneficios da actividade física no desenvolvemento integral das persoas con discapacidade visual, os facilitadores e as barreiras que este colectivo atopa á hora de realizala. Polo exposto, o obxectivo da presente revisión sistemática é identificar os beneficios da actividade física nos nenos e nenas de 5 a 12 anos con discapacidade visual, así coma os facilitadores e as barreiras que atopan ao practicala. Seguindo as pautas da declaración PRISMA para a realización de revisións sistemáticas, buscáronse artigos científicos en tres bases de datos internacionais: PsycInfo, Scopus e Web of Science. Dos estudos identificados, 10 cumpriron os criterios de inclusión establecidos. Os resultados obtidos indican que a actividade física contribúe positivamente ao desenvolvemento motor, social e emocional das crianzas con discapacidade visual. Identifícanse facilitadores como a execución de programas para mellorar as actitudes de discentes cara os seus iguais con discapacidade visual, o apoio familiar e a aplicación de adaptacións curriculares. Pola contra, a ausencia destas e a escasa formación do profesorado, preséntanse como barreiras. En definitiva, é importante que as crianzas con discapacidade visual realicen actividade física para aproveitar os seus beneficios, e se superen as barreiras existentes co obxectivo de garantir unha práctica deportiva inclusiva

RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
BLANCO SEOANE, VANESSA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
BLANCO SEOANE, VANESSA (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
Explorando o mundo dixital: unha proposta didáctica para integrar as redes sociais de forma educativa na aula de Primaria.
Autoría
J.B.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.B.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:50
02.07.2024 10:50
Resumo
A través deste Traballo Fin de Grao (TFG), coa mención en lingua estranxeira, vaise levar a cabo o deseño e a elaboración dunha proposta de intervención educativa que pretende tratar o uso das redes sociais dentro da aula de Educación Primaria, como un método de innovación educativa. Deste xeito, as redes coas que se traballará serán Instagram ou TikTok, dependendo da elección do alumnado. Así mesmo, tamén se van traballar outros temas de interese como a saúde mental e a convivencia escolar, ademais de empregar a lingua inglesa dentro do propio proxecto. As redes sociais, a saúde mental e a convivencia escolar son tres temáticas que están presentes de forma significativa, e cada vez gañan máis importancia na sociedade actual, así coma dentro do ámbito educativo e das aulas de Primaria. Polo que é necesario que o alumnado comece a ter contacto e a saber, a grandes rasgos, de que se trata cando nos estamos referindo a estes temas co obxectivo de previr posibles efectos negativos neles.

O ensino do pensamento crítico na aula
Autoría
M.P.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.P.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 16:00
01.07.2024 16:00
Resumo
O pensamento crítico é un concepto amplo e complexo que foi obxecto de estudo en diversos ámbitos, incluído o educativo. Co seguinte traballo pretendese dar unha definición propia do concepto, analizar cal é o mellor método para tratalo nas aulas e a súa vez argumentar como o seu fomento pode contribuír á solución de problemáticas sociais de actualidade profundamente inherentes ao ser humano. Como metodoloxía empregouse a investigación documental, apoiándose en artigos académicos, libros e datos estatísticos de fontes oficiais. Concluíuse a relevancia do pensamento crítico a nivel social e educativo, así como unha reflexión acerca de posibles obstáculos ou fenómenos que dificulten o seu desenvolvemento dende a dimensión dos valores.

POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Titoría)
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Titoría)
Tribunal
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Titor do alumno)

A inclusión educativa na Educación Primaria: Área de Educación Física
Autoría
A.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.R.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao inclúe diferentes achegas sobre os conceptos de inclusión e de atención á diversidade. Mostra diferentes autores e movementos que buscaron crear unha escola inclusiva a través da cal estea presente a participación dos estudantes no contexto escolar. Asemade, estes termos abórdanse desde a perspectiva das leis educativas. Este traballo céntrase na área de Educación Física, mediante a cal expoño unha unidade didáctica adaptada, na que a inclusión estará presente co fin de eliminar as barreiras e prexuízos que evitan un desenvolvemento pleno e unha inclusión total do alumnado dentro da etapa de Educación Primaria. Esta intervención realizarase nunha aula de 3º de Educación Primaria, onde as actividades estarán subordinadas polos valores da inclusión e a equidade.

Condición fisica, competencia motriz e estilos de vida saudables en futuros docentes de Educacion Primaria e Infantil
Autoría
A.G.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.G.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 10:00
03.07.2024 10:00
Resumo
A competencia motriz e a condición física están relacionadas coa alfabetización motriz, é dicir, o proceso a través do cal se logra ser fisicamente activo ao longo da vida. Tendo en conta que os estudantes universitarios representan unha poboación propensa a adoptar condutas sedentarias, propúxose este traballo de investigación co obxectivo de estudar as asociacións entre a competencia motriz, a condición física e os estilos de vida saudables en futuros docentes de educación primaria e infantil. Realizouse un estudo de observación transversal en alumnado do grao en Mestre en Educación Primaria e Infantil da Universidade de Santiago de Compostela, de entre 18 e 25 anos, se levaron a cabo probas de competencia motriz, condición física e se cumprimentaron tres cuestionarios sobre percepción de alfabetización motriz, hábitos saudables e práctica regular de actividade física. Atopáronse asociacións significativas entre as probas de condición física e competencia motriz. Ademais, aqueles que se percibían mellor alfabetizados na dimensión motora tendían a estar máis involucrados en actividade física. Todos estaban de acordo en que ser fisicamente activo repercutía positivamente na saúde, aínda así, o 24 por cento non o era. Estes resultados apoian a necesidade de promover a condición física e a competencia motriz desde a infancia.

CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Tribunal
Guisande Couñago, María Adelina (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Guisande Couñago, María Adelina (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
O cine e os videoxogos como recurso para o ensino da Historia na Educación Secundaria Obrigatoria.
Autoría
P.G.R.
Grao en Pedagoxía
P.G.R.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
05.02.2024 12:00
05.02.2024 12:00
Resumo
O Traballo de Fin de Grao que se desenvolverá a continuación, trata unha investigación documental sobre o ensino de Historia na Educación Secundaria Obrigatoria mediante o emprego de recursos como son o cine e os videoxogos. O principal obxectivo desta investigación é analizar o papel que poden desenvolver os videoxogos e o cine como recursos educativos. Ao mesmo tempo, trátase de ofrecer un lixeiro enfoque sobre a influencia do cine e os videoxogos na educación, dun xeito xeral, mentres que se profunda en cada recurso e na forma de empregalo para a aprendizaxe da historia. Ademais da procura de información nas diferentes bases de datos, tamén se trata de afondar en diferentes experiencias educativas que se levaron a cabo, ou se pretenden elaborar sobre esta temática.

A escritura creativa nas aulas de Educación Primaria
Autoría
L.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.S.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao pretende analizar a importancia de traballar a escritura creativa nas aulas de Educación Primaria. Este termo non ten unha definición clara, pero enténdese como a unión de creatividade e escritura que dá como resultado a produción de textos orixinais mediante a exploración libre de ideas. Tras unha análise das diferentes formas nas que se pode traballar na aula e unha investigación da súa concreción curricular, créase unha proposta didáctica que pretende fomentar a expresión escrita e a competencia literaria mediante unha serie de actividades cunha base creativa.
Este Traballo de Fin de Grao pretende analizar a importancia de traballar a escritura creativa nas aulas de Educación Primaria. Este termo non ten unha definición clara, pero enténdese como a unión de creatividade e escritura que dá como resultado a produción de textos orixinais mediante a exploración libre de ideas. Tras unha análise das diferentes formas nas que se pode traballar na aula e unha investigación da súa concreción curricular, créase unha proposta didáctica que pretende fomentar a expresión escrita e a competencia literaria mediante unha serie de actividades cunha base creativa.
Dirección
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titor do alumno)
O impacto do estilo parental na autoestima dos adolescentes: Unha mirada dende a Educación Social
Autoría
A.C.F.
Grao en Educación Social
A.C.F.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao, que parte da modalidade de investigación documental, ten como obxectivo abordar o impacto dos estilos parentais na autoestima dos adolescentes e pescudar que tipo de crianza ten mellores e peores efectos na autoestima dos mesmos. Cabe destacar a súa importancia xa que a familia é considerada o primeiro núcleo de socialización de todo ser humano, polo que, as súas implicacións na vida dos fillos e fillas son fundamentais para o seu correcto desenvolvemento. Desta maneira, os estilos democrático e permisivo preséntanse como as opcións de crianza que inciden de maneira máis positiva na autoestima dos adolescentes, diferindo do autoritario e neglixente, os cales se vertebran ao redor de implicacións maiormente negativas na mesma.

TDAH en Educación Infantil. Unha proposta de intervención para mellorar o coñecemento do profesorado sobre este trastorno
Autoría
D.A.D.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
D.A.D.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
O Trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) é un dos trastornos do neurodesenvolvemento máis frecuentes na infancia que provoca alteracións da atención, impulsividade e hiperactividade. Un dos principais problemas que hai respecto a este trastorno é que o profesorado, en xeral, ten poucos coñecementos e formación acerca do TDAH. En moitas ocasións, non saben actuar nin empregar as medidas adecuadas para proporcionarlle a este alumnado unha educación de calidade. Por esa razón, este Traballo Fin de Grao ten como obxectivo mellorar o coñecemento do profesorado sobre este trastorno, porque así antes se poderá determinar un tratamento e a axuda correspondente. Para iso, desenvólvese unha metodoloxía de traballo centrada no deseño dunha proposta de intervención educativa, partindo da revisión bibliográfica sobre a temática para elaborar o marco teórico e a identificación e priorización das necesidades deste alumnado. O deseño da proposta consiste en elaborar unha enquisa para medir o grao de coñecemento dos docentes sobre o TDAH, programar actividades como charlas, talleres e elaborar algún documento gráfico orientativo para aumentar o coñecemento do profesorado. Finalmente, facer unha avaliación final a través dun cuestionario para determinar o nivel de coñecemento acadado polos docentes.

Contorna, patrimonio e educación artística: unha proposta centrada na cidade de Tui.
Autoría
M.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.P.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 18:00
01.07.2024 18:00
Resumo
A escola debe alimentarse sempre do que sucede fóra dela, e viceversa. Este traballo pretende por en valor o patrimonio cultural local, e facer reflexionar sobre a importancia da riqueza artística dunha localidade concreta. A través de metodoloxías activas e actividades nas que colaboran expertos e institucións locais, o fin é crear un producto que axude a resolver un problema real dun contexto social determinado. Todo isto a través dun proxecto inclusivo, onde todo o alumnado pode demostrar as súas competencias e involucrarse aplicando contidos, destrezas e actitudes.
A escola debe alimentarse sempre do que sucede fóra dela, e viceversa. Este traballo pretende por en valor o patrimonio cultural local, e facer reflexionar sobre a importancia da riqueza artística dunha localidade concreta. A través de metodoloxías activas e actividades nas que colaboran expertos e institucións locais, o fin é crear un producto que axude a resolver un problema real dun contexto social determinado. Todo isto a través dun proxecto inclusivo, onde todo o alumnado pode demostrar as súas competencias e involucrarse aplicando contidos, destrezas e actitudes.
Dirección
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
Trigo Martínez, Cristina (Titor do alumno)
Trigo Martínez, Cristina (Titor do alumno)
O proceso de alfabetización motriz e a súa importancia desde idades temperás
Autoría
A.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.G.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 13:15
03.07.2024 13:15
Resumo
Obxectivo: Definir, explicar e analizar a alfabetización motriz e práctica de actividade física de nenos e nenas de 4º, 5º y 6º de Educación Primaria. Metodoloxía: Estudo observacional de corte transversal secuenciado en dúas fases: 1)Solicitude de colaboración a centros educativos e consentimento das respectivas familias; 2)Características e variables antropométricas e cumplimentación de dous cuestionarios (PL-C Quest y PAQ-C) relacionados coa alfabetización motriz e práctica de actividade física,respectivamente. A mostra estivo composta por 318 individuos. A súa participación consistiu en cubrir os cuestionarios mencionados anteriormente en formato físico, dentro do horario lectivo e nos propios centros escolares. Resultados: Respecto as variables obxecto de estudo atopáronse algunhas diferencias nas segregacións realizadas por sexo e por curso; aquelas analizadas en función do nivel de actividade (activos ou sedentarios) foron máis numerosas debido a existencia de diverxencias en todas as variables excepto na motivación extrínseca. Conclusións: Atopáronse maiores diferencias na distribución da mostra segundo o grao de actividade (activos o sedentarios).
Obxectivo: Definir, explicar e analizar a alfabetización motriz e práctica de actividade física de nenos e nenas de 4º, 5º y 6º de Educación Primaria. Metodoloxía: Estudo observacional de corte transversal secuenciado en dúas fases: 1)Solicitude de colaboración a centros educativos e consentimento das respectivas familias; 2)Características e variables antropométricas e cumplimentación de dous cuestionarios (PL-C Quest y PAQ-C) relacionados coa alfabetización motriz e práctica de actividade física,respectivamente. A mostra estivo composta por 318 individuos. A súa participación consistiu en cubrir os cuestionarios mencionados anteriormente en formato físico, dentro do horario lectivo e nos propios centros escolares. Resultados: Respecto as variables obxecto de estudo atopáronse algunhas diferencias nas segregacións realizadas por sexo e por curso; aquelas analizadas en función do nivel de actividade (activos ou sedentarios) foron máis numerosas debido a existencia de diverxencias en todas as variables excepto na motivación extrínseca. Conclusións: Atopáronse maiores diferencias na distribución da mostra segundo o grao de actividade (activos o sedentarios).
Dirección
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Abelairas Gómez, Cristian (Titoría)
CARBALLO FAZANES, AIDA Cotitoría
Tribunal
Guisande Couñago, María Adelina (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Guisande Couñago, María Adelina (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Programa de educación emocional para alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA)
Autoría
C.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.P.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 17:00
02.07.2024 17:00
Resumo
A educación emocional considérase unha parte fundamental do desenvolvemento pleno de todos os nenos e nenas. As persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) caracterízanse por presentar carencias en ámbitos coma o emocional e o social. Polo tanto, é importante implementar dende etapas temperás un programa dirixido á educación emocional en alumnado con TEA (encamiñado a favorecer o desenvolvemento de diferentes habilitades a través do autocoñecemento, o autocontrol ou a xestión emocional). Pois, avanzar no desenvolvemento de habilidades emocionais facilitará, posteriormente, o logro doutras competencias. Tendo en conta as características individuais e as necesidades particulares do alumnado diagnosticado de TEA, no presente Traballo de Fin de Grao (TFG) deseñarase unha proposta de intervención educativa. Esta proposta ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento emocional positivo e á adquisición daquelas competencias emocionais imprescindibles para conseguir unha boa calidade de vida. Preténdese, polo tanto, que a proposta educativa formulada permita garantir o benestar do alumnado con TEA e a súa participación efectiva nunha contorna educativa inclusiva.
A educación emocional considérase unha parte fundamental do desenvolvemento pleno de todos os nenos e nenas. As persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) caracterízanse por presentar carencias en ámbitos coma o emocional e o social. Polo tanto, é importante implementar dende etapas temperás un programa dirixido á educación emocional en alumnado con TEA (encamiñado a favorecer o desenvolvemento de diferentes habilitades a través do autocoñecemento, o autocontrol ou a xestión emocional). Pois, avanzar no desenvolvemento de habilidades emocionais facilitará, posteriormente, o logro doutras competencias. Tendo en conta as características individuais e as necesidades particulares do alumnado diagnosticado de TEA, no presente Traballo de Fin de Grao (TFG) deseñarase unha proposta de intervención educativa. Esta proposta ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento emocional positivo e á adquisición daquelas competencias emocionais imprescindibles para conseguir unha boa calidade de vida. Preténdese, polo tanto, que a proposta educativa formulada permita garantir o benestar do alumnado con TEA e a súa participación efectiva nunha contorna educativa inclusiva.
Dirección
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
Tribunal
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titor do alumno)
VILLAR GARCIA, EVA (Titor do alumno)
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titor do alumno)
VILLAR GARCIA, EVA (Titor do alumno)
Os referentes femininos en ciencias na Educación Primaria: proposta de intervención
Autoría
I.S.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.S.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 19:00
02.07.2024 19:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na invisibilidade que sufriron e, a día de hoxe aínda sofren, as mulleres no eido científico e tecnolóxico. Esta invisibilidade provoca que as nenas non teñan referentes femininos para interesarse nas materias de ciencias. O obxectivo do traballo, por tanto, é deseñar e analizar unha intervención para contribuír a reverter este fenómeno. No deseño deste traballo comezarase pola realización dunha revisión bibliográfica para valorar o impacto que ten a falta de referentes científicos femininos no alumnado de Educación Primaria. Ademais, buscaranse pautas para o deseño de intervencións coeducativas. En particular, centrarémonos na análise da metodoloxía STEAM e adaptarémola se é necesario para o deseño da nosa intervención. Para avaliar a efectividade da nosa proposta realizaremos unha avaliación inicial co fin de valorar os coñecementos sobre mulleres científicas do alumnado e contrastaremos os resultados cos da avaliación que realizaremos ao remate. Esta avaliación xunto coa observación directa permitiranos extraer unha serie de conclusións para valorar a efectividade da proposta e a súa contribución a mellora das competencias profesionais.

A educación emocional en segundo ciclo de Educación Infantil: unha proposta de intervención.
Autoría
N.P.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
N.P.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao parte da importancia de que nenos e nenas, no seu proceso de formación como persoas e de creación da personalidade futura, aprendan a recoñecer e xestionar as súas emocións. O traballo sobre as emocións dende idades temperás pode contribuir á prevención e xestión de diversas situacións de conflito, tanto dentro como fóra da aula, e tanto no momento presente como no futuro. Por iso, é importante o desenvolvemento de propostas, actividades e iniciativas de educación emocional nas aulas de educación infantil. Partindo destas consideracións, no TFG desenvolverase unha proposta de intervención acerca de xestión emocional para unha aula de 4º de Educación Infantil.
O presente Traballo Fin de Grao parte da importancia de que nenos e nenas, no seu proceso de formación como persoas e de creación da personalidade futura, aprendan a recoñecer e xestionar as súas emocións. O traballo sobre as emocións dende idades temperás pode contribuir á prevención e xestión de diversas situacións de conflito, tanto dentro como fóra da aula, e tanto no momento presente como no futuro. Por iso, é importante o desenvolvemento de propostas, actividades e iniciativas de educación emocional nas aulas de educación infantil. Partindo destas consideracións, no TFG desenvolverase unha proposta de intervención acerca de xestión emocional para unha aula de 4º de Educación Infantil.
Dirección
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titor do alumno)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Titor do alumno)
Análise e reflexión dos proxectos lingüísticos de Centro nas escolas de Vilagarcía de Arousa
Autoría
P.S.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.S.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 16:30
03.07.2024 16:30
Resumo
O presente traballo constitúe unha análise dos Proxectos Lingüísticos de Centro de catro escolas de Vilagarcía de Arousa. Está enfocado a reflexionar sobre o uso e o trato que se fai na educación da lingua e da cultura, e os efectos na nenez. Dita investigación completarase cun proxecto lingüístico deseñado en base ao CEIP Plurilingüe de Rubiáns, ao que súmase unha conclusión a preto a importancia de reflexionar sobre o ensino lingüístico e cultural.
O presente traballo constitúe unha análise dos Proxectos Lingüísticos de Centro de catro escolas de Vilagarcía de Arousa. Está enfocado a reflexionar sobre o uso e o trato que se fai na educación da lingua e da cultura, e os efectos na nenez. Dita investigación completarase cun proxecto lingüístico deseñado en base ao CEIP Plurilingüe de Rubiáns, ao que súmase unha conclusión a preto a importancia de reflexionar sobre o ensino lingüístico e cultural.
Dirección
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
A influencia da organización do espazo da aula na aprendizaxe do alumnado.
Autoría
A.M.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.M.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
A organización do espazo da aula é un aspecto crucial no desenvolvemento integral do alumnado e do proceso de ensino-aprendizaxe. Neste contexto, o presente traballo, centrado en dita temática, busca afondar nesta realidade a través dunha análise documental tanto do concepto e todo o que implica, como dunha análise exhaustiva e comparativa de 3 centros educativos que introducen modelos de organización do centro que rachan coas estruturas organizativas tradicionais a fin de ver incrementada a calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe dos mesmos. Con devandito traballo ponse de manifesto a verdadeira eficacia dos modelos por medio dos seus resultados, e incluso se da pé e invita a outros centros a seguir traballando a prol dunha boa organización do espazo da aula como elemento chave de progreso educativo e de ben.
A organización do espazo da aula é un aspecto crucial no desenvolvemento integral do alumnado e do proceso de ensino-aprendizaxe. Neste contexto, o presente traballo, centrado en dita temática, busca afondar nesta realidade a través dunha análise documental tanto do concepto e todo o que implica, como dunha análise exhaustiva e comparativa de 3 centros educativos que introducen modelos de organización do centro que rachan coas estruturas organizativas tradicionais a fin de ver incrementada a calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe dos mesmos. Con devandito traballo ponse de manifesto a verdadeira eficacia dos modelos por medio dos seus resultados, e incluso se da pé e invita a outros centros a seguir traballando a prol dunha boa organización do espazo da aula como elemento chave de progreso educativo e de ben.
Dirección
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR Cotitoría
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR Cotitoría
Tribunal
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titor do alumno)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR (Titor do alumno)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titor do alumno)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR (Titor do alumno)
En busca da pista a través dunha matemática realista.
Autoría
D.L.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
D.L.T.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
Neste traballo final do Grao en Mestre/a de Educación Primaria, proponse unha investigación-acción na que se valora o impacto do dominio afectivo nos estudantes. Deseñouse, para tal fin, unha intervención nunha aula de segundo curso de Educación Primaria. Esta foi concibida en base a unha problemática medioambiental e a unha metodoloxía STEAM, buscando abordar contidos de diferente tipoloxía de maneira interdisciplinaria. Os resultados extraídos amosan unha mellora na afectividade dos estudantes cara a materia de matemáticas, impactando de forma positiva na súa actitude cara esta disciplina.

NUÑEZ GARCIA, CRISTINA Cotitoría
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
ALBELLA MARTINEZ, JORGE (Titor do alumno)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titor do alumno)

Arte para todos: Estratexias inclusivas na Ensinanza das Artes Visuais
Autoría
J.Q.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.Q.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 11:00
04.09.2024 11:00
Resumo
Este traballo céntrase na integración efectiva das artes visuais dentro do contexto educativo da ensinanza primaria, co propósito de enriquecer a experiencia de aprendizaxe dos estudantes. Foron implementadas unha variedade de actividades innovadoras e dinámicas, como o collage, a fotografía, a escultura e o graffiti, co fin de estimular a creatividade, fomentar a expresión individual e promover o desenvolvemento integral dos alumnos. Estas actividades demostraron ser vehículos eficaces para o reforzo das habilidades artísticas dos estudantes, así como para fomentar o traballo en equipo e a colaboración entre compañeiros. Ademais, o uso estratéxico de ferramentas dixitais ampliou as posibilidades creativas e facilitou a exploración de novas formas de expresión artística, proporcionando aos estudantes unha plataforma para desenvolver habilidades técnicas e dixitais relevantes no mundo contemporáneo.

Desenvolvemento do pensamento crítico-reflexivo na aprendizaxe das ciencias sociais
Autoría
A.M.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.M.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:30
02.07.2024 11:30
Resumo
A través da análise e do estudo do pasado do fenómeno do cambio climático, pódese comprender a súa historia, a partir da cal se poden relacionar aspectos do presente, ademais de comprender a súa relevancia actual e a súa proxección futura. Este estudo aborda a relevancia dunha intervención didáctica centrada na educación para o cambio climático. O obxectivo principal é fomentar actitudes de responsabilidade cidadá, ademais de promover o pensamento crítico en todos os ámbitos que forman parte da vida do alumnado do ciclo superior de primaria. Durante o Practicum II púidose realizar unha actuación didáctica co alumnado de 6º de Educación Primaria. A partir desta experiencia académica, a través da que se desenvolveu unha metodoloxía innovadora, puidéronse recoller diferentes materiais que permitiron unha análise mixta: cualitativa e cuantitativa. A partir dos resultados obtidos, demóstrase que abordar esta problemática favorece o desenvolvemento do pensamento crítico e reflexivo no alumnado e, á súa vez, permítelle aumentar as súas habilidades cívico-sociais, favorables para o medio ambiente. O alumnado experimentou un desenvolvemento cognitivo, adoptou unha actitude crítica, baseada na conciencia cívica, cambiando os seus costumes en beneficio do medio ambiente.

Uso das redes sociais nas aulas de Educación Primaria empregando a metodoloxía AICLE
Autoría
C.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:10
02.07.2024 12:10
Resumo
O presente TFG, que segue a modalidade de investigación documental, abordará unha análise da metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning) mediante unha revisión bibliográfica de conceptos fundamentais, características específicas, principios e competencias clave no contexto das aulas de Educación Primaria. De seguido, realizarase unha revisión detallada das definicións de redes sociais, as súas clasificacións, aspectos legais e de privacidade, así como os seus usos contemporáneos e os rangos de idade dos usuarios. Posteriormente, examinarase o uso de Twitter como recurso educativo para a ensinanza de diversas materias baixo a aplicación dual do CLIL (lingua e contido), e exploraranse posibles alternativas a esta plataforma, como os xeradores de noticias falsas (fake generators). A continuación, analizaranse dúas experiencias de proxectos, un a nivel nacional e outro a nivel europeo, que proporcionan ao alumnado prácticas lingüísticas reais e contextualizadas. Contrastaranse os diferentes usos dunha lingua en contextos reais, promovendo a participación e interacción colaborativa coa comunidade nativa da lingua estranxeira. Estas experiencias, tanto nacionais como internacionais, servirán de apoio para ilustrar as vantaxes e posibles áreas de mellora desta metodoloxía, utilizando ferramentas da Web 2.0.

O bullying na etapa de Educación Primaria en diversos países europeos: unha investigación documental
Autoría
A.F.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.F.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
O bullying é un fenómeno persistente ao longo da historia, constituíndo unha pandemia silenciosa. Ser vítima de bullying pode ter numerosas consecuencias para todos os involucrados, non só no momento inmediato (sendo cada vez máis habitual na etapa de Educación Primaria), senón tamén a longo prazo. Aínda que moitos estudos céntranse no acoso escolar en Educación Secundaria, son menos frecuentes os que abordan esta problemática na infancia. Este traballo de fin de grao, baseado nunha modalidade de investigación documental, realiza unha revisión sistemática de publicacións sobre o bullying en Educación Primaria en Europa, centrándose en tres países: España, Finlandia e o Reino Unido. O estudo analiza a actualidade desta temática tan relevante, realizando primeiro unha aproximación conceptual e abordando as causas, os perfís (agresor/a, vítima e espectador/a), as consecuencias e a normativa legal a nivel internacional; para logo presentar os resultados por cada país atendendo á prevalencia do bullying, consecuencias, ciberbullying e programas de intervención. Finalmente establécense conclusións que apuntan a necesidade de maior investigación na etapa de Educación Primaria e a importancia de desenvolver accións conxuntas entre goberno, escola e familia.

VILA COUÑAGO, ESTHER (Titor do alumno)

O Uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no Ensino das Matemáticas en Educación Primaria: Impacto, Desafíos e Oportunidades. A robótica educativa na área das Matemáticas en Educación Primaria
Autoría
C.M.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.M.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo pretende investigar o potencial e o impacto da robótica educativa para a área das Matemáticas en Educación Primaria. Con este obxectivo, exponse a seguinte pregunta de investigación: Como se utiliza e que impacto ten a robótica educativa como ferramenta pedagóxica na área de Matemáticas na Educación Primaria, e cales son os resultados obtidos? Para dar resposta a esta pregunta realizouse unha revisión sistemática seguindo a metodoloxía PRISMA. Empregáronse as bases de datos ERIC e Scopus, e o xestor de referencias Zotero para organizar e xestionar a información. Finalmente, seleccionáronse 12 artigos que proporcionan unha visión detallada sobre o impacto académico da robótica educativa na área de matemáticas en Educación Primaria. Os resultados indican que a robótica mellora a comprensión de conceptos matemáticos, aumenta a motivación e fomenta unha actitude positiva cara á aprendizaxe. Adicionalmente, promove o desenvolvemento de habilidades colaborativas e de traballo en equipo. Estes resultados analízanse e discuten en canto ás súas implicacións para futuras investigacións, o que poden ofrecer información valiosa e relevante para educadores, profesionais do sector e investigadores.

O pemsamento abstracto nas ciencias co alumnado TEA
Autoría
N.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.M.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
06.02.2024 09:00
06.02.2024 09:00
Resumo
Unha análise na importancia crucial da formación especializada para mestres no manexo de estudantes con Trastorno do Espectro Autista (TEA). Resaltando a diversidade inherente ao TEA, as súas características distintivas e a variabilidade na manifestación dos seus síntomas, o cal plantexa retos significativos no ensino, especialmente en asignaturas como as ciencias, onde se requiren enfoques educativos adaptados para abordar o razoamento abstracto e conceptual. Para iso débese entender o razoamento contrafactual, e a neurodiversidade na educación de alumnos con TEA e as diferenzas no procesamento de información para entender a necesidade de adaptar as estratexias de ensino para facilitar a súa comprensión e aprendizaxe mediante exemplos prácticos de como ensinar conceptos complexos, como o ciclo da auga. Métodos adaptados ás necesidades dos alumnos con TEA para mellorar o seu aprendizaxe e desenvolvemento integral.

Recursos didácticos e estratexias educativas para atender ás necesidades específicas do alumnado con diversidade funcional visual en Educación Infantil
Autoría
P.L.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.L.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 10:00
02.07.2024 10:00
Resumo
A escola é un espazo aberto que acolle aos nenos/as dende a etapa infantil ata primaria. O seu obxectivo principal é contribuír ao desenvolvemento integral do alumno/a e formalo para que adquira as habilidades necesarias para vivir en sociedade e coñecer a cultura que lle rodea. O presente traballo consistirá nunha investigación sobre os recursos e estratexias dispoñibles para apoiar o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado da etapa infantil con diversidade funcional visual. A modalidade seleccionada é a aproximación á investigación documental da literatura existente sobre os tópicos mencionados. Realizarase unha análise dos recursos e estratexias para atender ás necesidades do alumnado con diversidade funcional visual e crearase un decálogo de boas prácticas para empregar nas aulas.

ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titor do alumno)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titor do alumno)
Camiños entrelazados: As bandas xuvenís como desafío e oportunidade na Educación Social
Autoría
S.L.R.
Grao en Educación Social
S.L.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 12:15
01.07.2024 12:15
Resumo
Preguntácheste algunha vez cal é a orixe dos actos ou factores que impulsan á mocidade a introducirse dentro das denominadas “bandas xuvenís”? Ou mesmo o papel que ocupa a Educación Social para previr ou intervir con determinadas condutas delituosas na infancia, adolescencia e xuventude? O presente Traballo de Fin de Grao pretende, a través da iniciación a unha investigación documental, expor brevemente respostas a estas e outras cuestións, analizando, ademais, cales son as manifestacións sociais que teñen lugar dentro das bandas xuvenís, e como o noso papel como educadoras e educadores sociais pode influír positivamente na intervención temperá con este colectivo. Así mesmo, preténdese abordar cales son as ferramentas e/ou recursos que están actualmente vixentes en España e que permiten a rápida actuación destes/as profesionais. Ao mesmo tempo, a parte conclusiva permitiranos realizar unha breve síntese que aborde os datos máis relevantes da análise, ademais de posibilitar a creación dunha perspectiva global do conxunto da investigación.

Abuso sexual na infancia: un estudo teórico dende os marcos da diversidade funcional.
Autoría
A.M.F.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.M.F.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
Os abusos sexuais infantís constitúen unha realidade silenciada, en parte polo descoñecemento e os prexuízos da sociedade. Esta problemática non ten unha presenza uniforme dentro do grupo das/os menores de idade, senón que existen colectivos con maior vulnerabilidade, como son as persoas con diversidade funcional. Un feito que avala a necesidade de realizar unha aproximación ao estudo deste tipo de violencia, o cal deriva en graves consecuencias e está máis próximo ao noso contexto do que cremos. Así, o obxectivo deste traballo céntrase en analizar os abusos sexuais na infancia atendendo especialmente á intersección desta violencia co ámbito da diversidade funcional. Os resultados deste estudo mostran unha alta prevalencia de abusos a partir dos once anos da vítima, así como un maior risco nas persoas con diversidade, sendo aínda máis notables no sexo feminino. Polo tanto, existe unha importante debilidade ante as situacións de abuso sexual infantil, pero os escasos estudos e a insuficiente visibilidade complican o coñecemento real.

Proposta de integración das características das escolas bosque a unha escola infantil.
Autoría
S.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
S.G.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
O Traballo de Fin de Grao que se presenta a continuación consiste nunha proposta de redeseño e reorganización dunha escola infantil convencional fundamentándose no modelo educativo e pedagóxico das escolas bosque ou escolas na natureza (os termos escolas bosque e escolas na natureza empregaranse indistintamente ao longo do traballo, así como permite a Asociación Nacional EdNa), tratando así de achegar as características dunha escola na natureza ao que sería a realidade dunha escola convencional de alumnado de idades entre 0 e 3 anos. Nesta proposta tócanse aspectos metodolóxicos, organizativos e estruturais, entre outros. Un estudo de caso para o cal se buscou e recolleu información, se contrastou a mesma e se deseñou unha proposta de redeseño e reestruturación dunha escola infantil convencional tomando como base as características e principios das escolas bosque. Ademais, presentouse e traballouse cun exemplo de escola infantil que leva funcionando xa varios anos e cuxas bases e prácticas se asemellan en gran medida á realidade das escolas na natureza; así, exemplificouse a posibilidade de implementación da proposta ofrecida.

As redes sociais en lingua galega e a súa implicación e uso no ámbito da educación primaria
Autoría
E.D.C.B.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
E.D.C.B.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 11:00
02.09.2024 11:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao (TFG), denominado As redes sociais en lingua galega e a súa implicación e uso no ámbito da educación primaria, enmárcase na modalidade Iniciación á investigación documental e ten como obxectivo xeral coñecer e empregar as redes sociais na etapa da Educación Primaria fomentando aquelas en lingua galega. Para a consecución do mesmo, divídese en tres grandes bloques: O primeiro A lingua galega na sociedade do século XXI. O segundo As redes sociais e outras ferramentas en lingua galega na Educación Primaria. O terceiro A atención á diversidade e novas tecnoloxías e finalízase, como é habitual neste tipo de traballos, coas conclusións e as referencias bibliográficas usadas.
Este Traballo Fin de Grao (TFG), denominado As redes sociais en lingua galega e a súa implicación e uso no ámbito da educación primaria, enmárcase na modalidade Iniciación á investigación documental e ten como obxectivo xeral coñecer e empregar as redes sociais na etapa da Educación Primaria fomentando aquelas en lingua galega. Para a consecución do mesmo, divídese en tres grandes bloques: O primeiro A lingua galega na sociedade do século XXI. O segundo As redes sociais e outras ferramentas en lingua galega na Educación Primaria. O terceiro A atención á diversidade e novas tecnoloxías e finalízase, como é habitual neste tipo de traballos, coas conclusións e as referencias bibliográficas usadas.
Dirección
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titoría)
Tribunal
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titor do alumno)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Titor do alumno)
A fotografía como medio de expresión da identidade cultural nun aula de Educación Infantil. Proposta de innovación.
Autoría
C.P.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.P.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
A fotografía é unha forma de expresión, pero tamén unha forma de recordo, sentimento e pertenza. As nosas experiencias están ligadas a determinados lugares nos que xeramos vínculos de apego e construímos o noso sentido do lugar describindo, caracterizando, interactuando e sentindo; aspectos que podemos promover e traballar a través da fotografía. Esta proposta de innovación pretende axudar na construción do sentido de lugar e da identidade cultural no alumnado de Educación Infantil, a través dunha secuencia de actividades progresivamente motivadoras relacionadas coa cultura de Galicia nas que se empregará unha metodoloxía de aprendizaxe cooperativa e baseada en proxectos.Todo isto terá como resultado a creación dun libro fotográfico no que se representen as fotografías aportadas polo alumnado, as súas familias e o profesorado, dando a coñecer festas ou lugares ao resto e xerando unha conciencia colectiva sobre o sentido do lugar e da identidade cultural.

O dó e o seu impacto na Educación Infantil: unha revisión
Autoría
A.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
O dó no contexto da Educación Infantil refírese á experiencia de perda que un/ha neno/a pode enfrontar. Este proceso pode ter repercusións importantes en diversos ámbitos do desenvolvemento e no desempeño escolar do alumnado. O tema da morte segue sendo tabú na nosa sociedade, polo que raramente é tratado nas escolas, existindo unha negación desta. A morte e o dó son aspectos inevitables que forman parte da vida, polo que é importante tratalos desde idades temperás. O obxectivo deste traballo é analizar como o dó pode afectar ou influír no desenvolvemento e desempeño de alumnado de Educación Infantil e como se debe responder dende o ámbito educativo. Para iso, lévase a cabo unha revisión sistemática da literatura científica en diferentes bases de datos como Dialnet, ERIC, Psycinfo, WOS e Scopus. Os resultados amosan que o impacto que ten o dó no neno/a variará dependendo da idade, tipo de morte ao que se enfrontan e relación co falecido. Sublíñase a importancia da formación desde o ámbito escolar e a aplicación de diferentes estratexias educativas para axudar ao alumnado para afrontar a perda.

O dó e o seu impacto na Educación Primaria: unha revisión
Autoría
A.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.P.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
A sociedade actual vive de costas ao tema da morte, considérao tabú, molesto ou incómodo e, con frecuencia, evítase ou se oculta polo que rara vez é tratado nas escolas. Con todo, a perda e o dó forman parte do desenvolvemento humano e deben asumirse como un proceso natural de adaptación. Na infancia, nenos e nenas, deben enfrontarse a experiencias de perda importantes que teñen un gran impacto e deben abordarse de forma adecuada e coordinada dende o ámbito familiar e escolar. Por iso, o obxectivo do presente traballo é identificar as situacións de perda e dó de maior impacto, persoal e académico, para o alumnado de Educación Primaria e analizar a resposta dende o ámbito educativo. A metodoloxía utilizada inclúese dentro da Modalidade de Iniciación á investigación documental, na que se realizará unha procura manual e unha revisión sistemática en diferentes bases de datos electrónicas (Dialnet, ERIC, Psycinfo e WOS) para identificar as investigacións máis relevantes para o tema obxecto de estudo. Os resultados amosan que o impacto que ten o dó no neno/a varía dependendo da idade, tipo de morte ao que se enfrontan e relación co falecido. Sublíñase a importancia da formación desde o ámbito escolar e a aplicación de diferentes estratexias educativas para axudar ao alumnado afrontar a perda.

Diversidade cultural e os seus desafíos na aula: o rol dos axentes educativos no desenvolvemento de competencias interculturais
Autoría
L.G.F.
Grao en Pedagoxía
L.G.F.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.07.2024 12:00
02.07.2024 12:00
Resumo
A diversidade cultural é, no contexto educativo actual, unha realidade que debe ser abordada dende a implicación dos distintos axentes educativos. Desta maneira, neste Traballo de Fin de Grao preséntase como alternativa de actuación un proxecto de formación do profesorado da comunidade de Galicia en competencias interculturais. Neste senso, a modalidade na que se englobaría este traballo sería o deseño dun proxecto de intervención. Así pois, o proceso estará conformado por unha revisión bibliográfica en relación á diversidade cultural na contorna educativa, abordando a formación inicial e continua do profesorado, así como os modelos e estratexias de xestión de conflitos en contextos multiculturais. A continuación, identificáronse as necesidades que xustifican a proposición do proxecto deseñado. Dito proxecto está orientado a desenvolver competencias interculturais no profesorado co fin de estar capacitado para intervir en conflitos interculturais e potenciar a inclusión de todo o alumnado.

Alumnado en risco de exclusión social: unha proposta dirixida ao profesorado.
Autoría
U.P.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
U.P.L.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2024 11:00
18.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao consiste nun plan de intervención que nace da necesidade de formar ao profesorado de Educación Infantil sobre alumnado en situación de risco e vulnerabilidade social. O obxectivo principal do traballo é conseguir un sistema educativo onde todo o alumnado teña as mesmas oportunidades, independentemente dos recursos dos que dispoña. Nos nosos días, cada vez xorden máis situacións ou casos de desigualdade social, especialmente notorios no alumnado de infantil. Isto débese a que se atopan nun período crucial para o seu desenvolvemento persoal, social, cognitivo, etc. e esta desfavorecedora situación pode influír gravemente nel. O profesorado, como primeiras persoas que crean un vínculo co/a menor fóra do núcleo familiar, debería de ser quen de identificar e intervir nestas situacións. Pero, a pesares da importancia disto, no propio Grao de formación apenas se menciona. É por isto que, despois da miña propia experiencia, me decatei da importancia de que os contidos previamente resumidos se aplicasen na formación do profesorado. E iso foi o que fixen, unha proposta dirixida ao profesorado sobre como identificar e intervir en situacións dentro ou fóra do centro que poidan supoñer un risco para o alumnado; así como se debe acompañar a este alumnado no ámbito educativo.

Unha mirada ás persoas maiores dende a pedagoxía hospitalaria.
Autoría
M.D.C.G.V.
Grao en Pedagoxía
M.D.C.G.V.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
A vellez é unha das etapas con maior porcentaxe poboacional, a cal se atopa en alza, polo que é preciso traballar e atender dende todas as perspectivas, incluída a hospitalaria, xa que durante a súa hospitalización sofren consecuencias tales como o deterioro físico, depresión e ansiedade, unha ruptura coa rutina diaria e unha falta de socialización. O obxectivo deste traballo académico é dar a coñecer as consecuencias que provoca a hospitalización nas persoas maiores, así como o papel da pedagoxía na redución das mesmas, mediante a proposta dun programa de intervención pedagóxica en centros hospitalarios, que sirva de referente e exemplo para o trato e educación das persoas maiores nos centros hospitalarios. Nace co obxectivo de satisfacer as necesidades educativas, emocionais e sociais, ademais das médicas, das persoas maiores, promovendo o seu benestar e calidade de vida durante a súa estancia no centro hospitalario, impulsar un envellecemento saudable, apoiar a autonomía, fomentar a educación ao longo da vida, mediante o emprego dun espazo multifuncional destinado á socialización e realización de actividades. A investigación realizada e a proposta de intervención elaborada buscan amosar un novo punto de vista da pedagoxía hospitalaria coas persoas maiores, ampliando o campo de traballo da mesma e eliminando barreiras educativas, demandando ademais maior investigación e formación específica da pedagoxía hospitalaria coas persoas maiores.

GARCIA ROMERO, DAVID (Titoría)
Teijeiro Boo, Yesica Cotitoría
GARCIA ROMERO, DAVID (Titoría)
Teijeiro Boo, Yesica Cotitoría
Tribunal
GARCIA ROMERO, DAVID (Titor do alumno)
Teijeiro Boo, Yesica (Titor do alumno)
GARCIA ROMERO, DAVID (Titor do alumno)
Teijeiro Boo, Yesica (Titor do alumno)
A educación inclusiva en contextos de diversidade cultural: unha revisión sistemática de estratexias pedagóxicas inclusivas realizadas en España
Autoría
M.C.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
M.C.B.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
04.09.2024 11:00
04.09.2024 11:00
Resumo
España é unha nación intercultural, e en gran parte por mor do fluxo migratorio intercontinental. Isto fainos entender cada vez máis a necesidade de ofrecer unha educación inclusiva de calidade. Con esta preocupación en mente, nace este traballo co obxectivo de analizar cales son as estratexias pedagóxicas de carácter inclusivo que se están efectuando no sistema educativo español para atender á diversidade cultural. A metodoloxía empregada consiste nunha revisión sistemática de documentación publicada na última década. Obtense que, malia existir unha ampla gama de documentación sobre a interculturalidade e a inclusión, moitos autores seguen a empregar indistintamente os termos de inclusión e integración levando a reprodución das prácticas segregadoras de antano. Ademais, evidenciase que axentes educativos seguen a reproducir os estereotipos estigmatizantes predominantes na nosa sociedade. Con isto, considérase que a inclusión inda segue a ser un ideal que o sistema educativo español non alcanza e que, polo tanto, se debe continuar con esta liña de estudos para identificar prácticas inclusivas reais e favorables para a diversidade cultural.

A importancia de traballar o patrimonio na escola: o caso da Ponte dos Cabalos na comarca do Deza (Pontevedra).
Autoría
L.J.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.J.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
Este traballo de fin de grao, encadrado na modalidade de deseño dunha proposta de innovación docente, pretende sensibilizar ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria cara elementos patrimoniais da súa contorna mostrando a importancia da educación patrimonial crítica. Preténdese fomentar no alumnado actitudes de compromiso, conservación e mellora do patrimonio tomando como referencia o complexo da Ponte dos Cabalos na Comarca do Deza (Pontevedra). Propóñense actividades baseadas na metodoloxía Aprendizaxe-Servizo, nas que o alumnado é o protagonista do seu proceso de ensino e aprendizaxe. A través delas preténdese que coñezan e valoren de forma compartida este complexo patrimonial e que deseñen unha acción social (plan de mellora) que sensibilice ao resto da comunidade local coa salvagarda deste ben cultural.
Este traballo de fin de grao, encadrado na modalidade de deseño dunha proposta de innovación docente, pretende sensibilizar ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria cara elementos patrimoniais da súa contorna mostrando a importancia da educación patrimonial crítica. Preténdese fomentar no alumnado actitudes de compromiso, conservación e mellora do patrimonio tomando como referencia o complexo da Ponte dos Cabalos na Comarca do Deza (Pontevedra). Propóñense actividades baseadas na metodoloxía Aprendizaxe-Servizo, nas que o alumnado é o protagonista do seu proceso de ensino e aprendizaxe. A través delas preténdese que coñezan e valoren de forma compartida este complexo patrimonial e que deseñen unha acción social (plan de mellora) que sensibilice ao resto da comunidade local coa salvagarda deste ben cultural.
Dirección
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Portela Fontán, Ana Cotitoría
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Portela Fontán, Ana Cotitoría
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Titor do alumno)
Portela Fontán, Ana (Titor do alumno)
Castro Fernández, Belén María (Titor do alumno)
Portela Fontán, Ana (Titor do alumno)
Tratamento da transmisión xeracional de traumas dende o franquismo ata a actual infancia.
Autoría
I.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:45
01.07.2024 11:45
Resumo
De que forma impactou a Guerra Civil Española e a posterior ditadura franquista nas xeracións posteriores, mesmo case un século despois? Este traballo aborda o legado psicolóxico e social deste período vivido no país nas xeracións actuais. Xa non só se pretende comprender como os traumas experimentados durante este tempo influíron nas xeracións posteriores (con especial atención na infancia contemporánea), senón que tamén se explora o impacto no tecido social e na construción da identidade colectiva. Así, aspírase a contribuír ao entendemento e a atención das secuelas persistentes do franquismo na sociedade española contemporánea, promovendo unha maior comprensión e empatía cara a aqueles que aínda cargan coas feridas invisibles do pasado.

IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Titor do alumno)

Os beneficios do xogo e o movemento en Educación Infantil: unha revisión bibliográfica.
Autoría
A.L.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.L.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 12:00
03.09.2024 12:00
Resumo
O xogo e o movemento xogan un papel crave na etapa de Educación Infantil, xa que ofrecen unha contorna enriquecedora que favorece o desenvolvemento integral das crianzas, potenciando as súas destrezas físicas, cognitivas, sociais e emocionais. O xogo proporciona un ambiente dinámico e significativo, mentres que o movemento permite aos infantes interactuar e expresarse na súa contorna. Con base no anterior, realizouse unha revisión bibliográfica narrativa para analizar a evidencia científica sobre o papel do xogo e o movemento na Educación Infantil. Utilizáronse bases de datos como Scopus, Web of Science e Dialnet, empregando a análise de contido para seleccionar a bibliografía relevante. Foron atopadas 290 referencias e analizáronse un total de 12 artigos que destacan o xogo como dereito infantil, a súa influencia no benestar emocional e social, e a súa relación co desenvolvemento cognitivo e físico. A investigación subliña a importancia de integrar intervencións estruturadas de xogo e motricidade no currículo educativo, enfocándose na formación docente e a inclusión equitativa. Proponse a súa inclusión nos currículos e a promoción de políticas educativas respecto diso, resaltando a necesidade de continuar investigando para garantir o desenvolvemento integral da infancia.

O xogo e o movemento como estratexias artísticas en Educación Infantil.
Autoría
A.L.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.L.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2024 10:30
05.02.2024 10:30
Resumo
O xogo é a acción e o efecto de xogar por entretemento. É unha actividade que non ofrece ningunha dificultade, é un exercicio recreativo ou de competición suxeito a unha serie de normas e nocal se pode gañar ou perder. O movemento é a acción e o efecto de mover, é dicir, facer que un corpodeixe o lugar que ocupa e pase a outro, pero no ámbito educativo, o movemento é algo máis que desprazarse no espazo, é unha linguaxe que permite aos nenos e nenas interactuar co seu entorno físico e social, expresándose a través del. O presente Traballo de Fin de Grao de Educación Infantil examina o papel do xogo e do movemento como estratexias artísticas na etapa de Educación Infantil, centrándose en enfoques baseados en proxectos como os de Montessori e Waldorf, entre outros. Estas pedagoxías alternativasgañaron recoñecemento nos últimos anos debido ao seu enfoque holístico e centrado nos nenos e nasnenas, que valoriza a creatividade, a expresión persoal e o desenvolvemento integral. Os obxectivos fundamentais son explorar os fundamentos teóricos que abalan a importancia do xogo e do movemento no desenvolvemento integral dos nenos e nenas na etapa de Educación Infantil, reflexionar sobre a importancia de integrar o xogo e o movemento como elementosfundamentais nesta etapa, identificar e describir as estratexias e actividades específicas utilizadas parafomentar o xogo e o movemento nas aulas, entre outros.

Análise da situación da atención á diversidade nun centro de educación primaria
Autoría
H.V.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
H.V.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 12:30
01.07.2024 12:30
Resumo
Este traballo céntrase en avaliar a atención á diversidade nun colexio de educación primaria, dividíndose en dúas partes principais. No marco teórico, abórdase o concepto de atención á diversidade, explorando a súa evolución ao longo da historia e tamén a lexislación relacionada con este tema. No marco práctico, realízase un estudo empírico mediante enquisas e entrevistas dirixidas ao profesorado do centro. Estas ferramentas permiten analizar e comprender como se trata a atención á diversidade no contorno escolar, identificando as fortalezas e tamén os aspectos nos que debe mellorar o centro para acadar unha educación inclusiva e de calidade para o alumnado.

FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Titoría)
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Titor do alumno)

A aprendizaxe a través da gamificación na educación primaria
Autoría
C.R.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.R.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
O traballo presentado nas seguintes liñas céntrase na investigación da gamificación como ferramenta de motivación no proceso de ensino-aprendizaxe na Educación Primaria. Ademais, desenvólvese unha proposta didáctica gamificada, especialmente deseñada para a área de Ciencias Sociais e dirixida ao primeiro curso de Educación Primaria. O obxectivo fundamental é introducir unha ferramenta educativa que se diferencie das metodoloxías convencionais xa establecidas no sistema educativo. Esta proposta busca adoptar unha perspectiva innovadora que implique o uso de recursos dixitais, ferramentas e mecanismos diferenciados, así como unha concepción renovada do proceso de aprendizaxe, centrada especificamente no estudo do sistema solar. A finalidade fundamental é incidir positivamente na motivación e interese do alumnado, co fin de aumentar a súa participación activa e, en consecuencia, mellorar a eficacia do proceso de aprendizaxe. Esta iniciativa busca transformar a forma na que o alumnado interactúa e se relaciona cos contidos educativos, convertendo a aprendizaxe nunha experiencia dinámica, participativa e significativa.

A narración oral nunha aula de Educación Infantil: Técnicas e aplicación práctica
Autoría
C.G.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.G.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 11:00
04.09.2024 11:00
Resumo
Este traballo propón a posta en práctica dunha actividade de narración oral nunha aula de Educación Infantil, en concreto no último nivel da etapa. Acompáñase dunha análise previa das características fundamentais da oralidade e a súa diferenza coas narracións literarias escritas, dun estudo das técnicas e recomendacións suxeridas por recoñecidos profesionais desa arte e, finalmente, deséñase e planifícase unha actividade concreta na aula, desde a escolla e composición do propio relato que se conta ata a descrición detallada da preparación e realización da mesma.
Este traballo propón a posta en práctica dunha actividade de narración oral nunha aula de Educación Infantil, en concreto no último nivel da etapa. Acompáñase dunha análise previa das características fundamentais da oralidade e a súa diferenza coas narracións literarias escritas, dun estudo das técnicas e recomendacións suxeridas por recoñecidos profesionais desa arte e, finalmente, deséñase e planifícase unha actividade concreta na aula, desde a escolla e composición do propio relato que se conta ata a descrición detallada da preparación e realización da mesma.
Dirección
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titor do alumno)
A música e a expresión corporal como elementos facilitadores da educación integral do alumnado en Educación Infantil: Proposta de intervención.
Autoría
L.M.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.M.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 10:30
03.09.2024 10:30
Resumo
O Traballo Fin de Grao (TFG) que presentamos pretende demostrar a importancia da música no proceso de ensino-aprendizaxe na etapa de educación infantil, así como os beneficios que esta aporta ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas, tendo en conta que a música é un dos principais referentes expresivos e comunicativos na infancia.
O Traballo Fin de Grao (TFG) que presentamos pretende demostrar a importancia da música no proceso de ensino-aprendizaxe na etapa de educación infantil, así como os beneficios que esta aporta ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas, tendo en conta que a música é un dos principais referentes expresivos e comunicativos na infancia.
Dirección
Abal Alonso, Nuria (Titoría)
Abal Alonso, Nuria (Titoría)
Tribunal
Abal Alonso, Nuria (Titor do alumno)
Abal Alonso, Nuria (Titor do alumno)
Maltrato infantil e trastornos mentais na idade adulta: unha revisión sistemática dende a Educación Social
Autoría
O.V.R.
Grao en Educación Social
O.V.R.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao (TFG) centrarase na análise da relación existente entre os malos tratos infantís e o impacto negativo na saúde mental e emocional na idade adulta das persoas, considerando estas feridas como potenciais factores de vulnerabilidade. Por iso, este estudo nace co obxectivo de coñecer se existe relación entre os malos tratos durante a primeira etapa de vida e a aparición de traumas na vida adulta, así como avaliar o papel das feridas emocionais como factores de vulnerabilidade na saúde mental e emocional. En canto á metodoloxía empregada, utilizarase a investigación que adopta como base a busca documental, analizando con estas fontes o estado da cuestión desta realidade socioeducativa, que presenta un informe claro e coherente sobre o obxectivo de estudo.

A violencia non é violeta: repercusións nos/as menores expostos á violencia de xénero.
Autoría
A.I.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.I.N.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 13:00
01.07.2024 13:00
Resumo
A violencia no fogar é unha problemática que afecta a un número moi elevado de familias no mundo, mais, especialmente, quen máis o sofre dentro delas son as mulleres e os/as menores. Estas vivencias repercuten notablemente no desenvolvemento integral dos/as infantes. Polo tanto, o obxectivo do traballo é analizar as repercusións sufridas polos/as menores que experimentan a violencia de xénero de preto e as formas de intervir desde o ámbito educativo. Primeiramente realízase unha aproximación aos conceptos relativos á temática, posteriormente realizarase un percorrido pola normativa que rexe esta problemática e as respectivas actuacións no ámbito educativo. A metodoloxía escollida para a realización do presente traballo encádrase dentro da Modalidade de Iniciación á investigación documental, levando a cabo unha revisión sitemática nas bases de datos Dialnet e PsycInfo. Os resultados obtidos indican que as repercusións máis notables que estes/as infantes poden chegar a sufrir son problemas condutuais (externalizantes e internalizantes), dificultades nas interaccións sociais e, en menor medida repercusións na saúde física, así tamén, chegouse ata diversos estudos sobre intervencións enfocadas neste colectivo. Conclúese que, malia que cada vez son máis os estudos sobre esta problemática, é preciso seguir afondando nela e nos xeitos de intervir para solventala. Para isto, son ámbitos fundamentais o da psicoloxía, do traballo social e o da educación. Co presente traballo procúrase aportar un enfoque multidisciplinar desta problemática, as súas repercusións nos/as menores, e as posibles vías de intervención desde a escola.

Mitos e estereotipos de xénero nas relacións de parella na adolescencia
Autoría
L.P.G.
Grao en Educación Social
L.P.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
03.07.2024 12:30
03.07.2024 12:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a temática das relacións entre adolescentes e a influencia que nelas teñen os mitos e estereotipos de xénero. Seguindo un enfoque cualitativo, lévanse a cabo unha serie de entrevistas complementadas por unha enquisa da que se analizaron as preguntas abertas, que permiten o achegamento á realidade e visión de adolescentes e profesionais sobre as relacións de parella, a influenza das redes sociais nas mesmas e a presenza de estratexias de carácter socioeducativo en cuestións de igualdade. Os resultados obtidos evidencian un cambio no mantemento e evolución das relacións, caracterizadas por unha excesiva dependencia interpersonal e cunha gran presenza das tecnoloxías, como ferramenta de conexión constante e inmediata, e establecéndose pautas estereotipadas de forma máis sutil. Neste cambio de paradigma, fanse precisas intervencións dende os eidos educativos reglados e non reglados, nos que profesionais da Educación Social teñan cabida dende unha óptica de prevención, acompañamento e mellora das relacións entre adolescentes.
O presente Traballo de Fin de Grao aborda a temática das relacións entre adolescentes e a influencia que nelas teñen os mitos e estereotipos de xénero. Seguindo un enfoque cualitativo, lévanse a cabo unha serie de entrevistas complementadas por unha enquisa da que se analizaron as preguntas abertas, que permiten o achegamento á realidade e visión de adolescentes e profesionais sobre as relacións de parella, a influenza das redes sociais nas mesmas e a presenza de estratexias de carácter socioeducativo en cuestións de igualdade. Os resultados obtidos evidencian un cambio no mantemento e evolución das relacións, caracterizadas por unha excesiva dependencia interpersonal e cunha gran presenza das tecnoloxías, como ferramenta de conexión constante e inmediata, e establecéndose pautas estereotipadas de forma máis sutil. Neste cambio de paradigma, fanse precisas intervencións dende os eidos educativos reglados e non reglados, nos que profesionais da Educación Social teñan cabida dende unha óptica de prevención, acompañamento e mellora das relacións entre adolescentes.
Dirección
Varela Crespo, Laura María (Titoría)
Varela Crespo, Laura María (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Secretario/a)
Conde López, Julio José (Vogal)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Presidente/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Secretario/a)
Conde López, Julio José (Vogal)
Construción social da infancia
Autoría
M.O.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.O.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.02.2024 09:30
01.02.2024 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao pretende mostrar que a atepa da infancia é algo cambiante co paso do tempo en función das diferentes sociedades nas que se desenvolve, abandonando desta forma a idea de que esta é algo estático e igual nas diferentes sociedades e culturas do mundo. Para isto, ademáis de recabar información a través de varias fontes, no traballo móstranse datos extraídos de entrevistas etnográficas, a través dos cales se analiza a evolución da infancia en Galicia. Polo que en liñas xerais, o que se pretende é mostrar que a infancia e unha construción social e para iso este traballo apóiase en información de distintas fontes e nos diferentes datos das entrevistas levadas a cabo.

BUSTO MIRAMONTES, BEATRIZ (Titor do alumno)

A gamificación, unha nova canle para ensinar matemáticas
Autoría
A.S.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.S.V.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 12:00
02.09.2024 12:00
Resumo
Co paso do tempo, as tecnoloxías son máis habituais no proceso de ensino-aprendizaxe, pero, tamén hai moitos casos nos que, a educación segue tendo un estilo tradicional. Unha das materias do currículo, na que os avances tecnolóxicos outorgan más posibilidades é a área de matemáticas. Polo que, é importante que se vaian implantando novas metodoloxías nas aulas e consecuentemente, adaptarse á actualidade. Para lograr isto, hai múltiples técnicas que se poden utilizar na aula, unha destas sería a gamificación. Este método consiste en empregar xogos, dinámicas ou elementos de carácter lúdico co fin de lograr obxectivos do ámbito educativo. Despois das ideas expostas anteriormente, os obxectivos deste traballo serían investigar as vantaxes que ten a gamificación na área de matemáticas e como afecta ao aprendizaxe do alumnado. Para chegar aos obxectivos propostos, realizarase unha investigación documental en diferentes fontes sobre a metodoloxía mencionada, para deste xeito tratar os diferentes aspectos da gamificación. En definitiva, determinar a necesidade da adaptación tecnolóxica no ámbito escolar.

NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titor do alumno)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titor do alumno)
As mulleres científicas. Unha proposta para educación infantil.
Autoría
E.L.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
E.L.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2024 10:15
18.07.2024 10:15
Resumo
Neste traballo de fin de grao deséñase unha proposta didáctica para educación infantil na que se traballa a ciencia, e máis concretamente as mulleres científicas, dunha maneira lúdica e motivadora, perseguindo dous obxectivos principais. Por unha parte que as mulleres, neste caso as científicas, non queden no esquecemento, dando a coñecer os seus descubrimentos así como ensinando a súa importancia e repercusión a día de hoxe, e pola outra parte, aumentar o interese dos pequenos e pequenas no ámbito da ciencia. Ademais, faise unha análise da importancia e dos beneficios que aporta traballar a ciencia dende as idades máis temperás, de como repercuten os estereotipos de xénero no futuro das crianzas e polo tanto da importancia da representación de mulleres científicas na escola, así como tamén se estuda a situación da muller na educación e no ámbito da ciencia ao longo dos anos.

Socioloxía da imaxe didáctica
Autoría
P.G.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.G.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 12:00
04.09.2024 12:00
Resumo
Este traballo analiza a influencia das imaxes didácticas no proceso educativo de hoxe en día desde unha perspectiva sociolóxica. Argumenta que as imaxes desempeñan un papel crucial na educación moderna, facilitando a comprensión de conceptos complexos e estimulando a motivación e a memoria dos estudantes. Fala do seu papel clave nos diferentes materiais didácticos, analizando a súa evolución dende o pasado, e analiza as implicacións necesarias para ao profesorado no presente e no futuro, sempre dende perspectiva sociolóxica.
Este traballo analiza a influencia das imaxes didácticas no proceso educativo de hoxe en día desde unha perspectiva sociolóxica. Argumenta que as imaxes desempeñan un papel crucial na educación moderna, facilitando a comprensión de conceptos complexos e estimulando a motivación e a memoria dos estudantes. Fala do seu papel clave nos diferentes materiais didácticos, analizando a súa evolución dende o pasado, e analiza as implicacións necesarias para ao profesorado no presente e no futuro, sempre dende perspectiva sociolóxica.
Dirección
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)
Programas de educación afectivo-sexual na adolescencia. España 2010-2023. Un estudio documental
Autoría
M.D.L.A.S.C.
Grao en Educación Social
M.D.L.A.S.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
O presente Traballo Fin de Grao titulado Programas para a Educación Afectivo-Sexual na adolescencia é un estudio de carácter documental-descriptivo realizado con dous obxectivos: O primeiro, elaborar un marco teórico que nos permita comprender os diversos modelos de educación afectivo-sexual, a situación da educación afectivo-sexual na lexislación educativa española, o concepto de sexualidade e a influencia da pornografía como principal axente de información sobre sexualidade na adolescencia. O segundo, atopar, recompilar e analizar programas de educación afectivo-sexual na adolescencia con perspectiva de xénero e elaborar fichas bibliográficas de cada un deles, para o que se levou a cabo unha procura documental en tres bases de datos que nos permite comprender como se está levando a cabo a educación afectivo-sexual en España na última década. É importante incidir en que o presente traballo ten como eixe transversal a igualdade de xénero, a cal consideramos fundamental á hora de levar a cabo programas de educación afectivo-sexual na adolescencia.

Espertando o interese pola física e a química: unidade didáctica baseada na práctica e experimentación para comprender conceptos fundamentais en situacións reais
Autoría
F.B.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
F.B.S.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 12:00
04.09.2024 12:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao enfócase na integración de metodoloxías prácticas e innovadoras no ensino das ciencias en 6º de Primaria, destacando a física e a química. O obxectivo principal é comprender os conceptos básicos mediante a práctica e a experimentación, deseñando unha proposta que esperte o interese do alumnado, mostrando a súa relevancia en situacións reais. No marco teórico, levouse a cabo unha investigación sobre os conceptos básicos de física e química, a importancia das ciencias na vida cotiá e revisouse a importancia da experimentación e a indagación no proceso de aprendizaxe. Tamén se analizou o impacto de estratexias didácticas innovadoras, como o uso das TIC, proxectos científicos e saídas de campo, no ensino das ciencias. Esta fundamentación teórica proporciona a base para a proposta de intervención que presenta actividades orientadas a incrementar a motivación dos estudantes, fomentar a súa participación activa e facilitar unha comprensión máis profunda dos conceptos científicos. De igual modo, abárcase nunhas conclusións finais as reflexións a efectividade destas actividades na implicación dos alumnos/as e na relevancia da aprendizaxe científica na vida cotiá. A aplicación destas estratexias demostra como a aprendizaxe da ciencia pode ser relevante e aplicable á vida cotiá do alumnado.

Unha nova ollada á aula
Autoría
M.M.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
M.M.N.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2024 12:00
05.02.2024 12:00
Resumo
Cando nos imaxinamos como mestras no segundo ciclo de Educación Infantil, poucas veces nos paramos a pensar na organización do espazo no que se levará a cabo a situación de aprendizaxe. Porén, a través deste Traballo de Fin de Grao, pretendemos darlle especial importancia ao valor que debería ter o espazo de ensino-aprendizaxe, centrándonos, na análise da metodoloxía da rede de centros lasalianos (La Salle). Con isto, neste Traballo de Fin de Grao, aspiramos a cumprir unha serie de obxectivos: entender o espazo da aula como un axente educativo que debe responder a todo tipo de necesidades que require o alumnado; estudar as características, vantaxes e inconvintes dunha nova pedagoxía que se centra máis no proceso que no aprendido; investigar se podemos estar a falar dunha metodoloxía de carácter innovador; analizar detalladamente se esta pedagoxía fai fincapé na planificación e organización da aula; e, para rematar, considerar se esta presenta unha planificación da aula adaptada e inclusiva para o alumnado con NEAE. Levaremos a cabo un traballo investigativo de campo, no que tomaremos como base unha revisión bibliográfica sobre a temática escollida, complementándoa con datos empíricos da propia experiencia e observación da realidade educativa do centro.

O fomento lector na etapa de educación primaria
Autoría
P.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 10:00
02.09.2024 10:00
Resumo
A lectura é indispensable para o desenvolvemento integral do alumnado de educación primaria, xa que propicia a adquisición doutras habilidades e competencias relacionadas coa linguaxe. O fomento lector é o que serve de estimulación para poder acadar un verdadeiro interese na lectura. Grazas a este fomento e motivando o alumnado, conseguirase que se consolide un hábito lector real nel. Neste Traballo Fin de Grao recóllese unha revisión sobre a evolución do fomento lector a través da historia, así coma unha análise das leis educativas españolas dende a LOE ata a actualidade, centrándonos máis concretamente no fomento lector e a lectura; ademais, afondarase no caso da comunidade autónoma de Galicia. Por outra parte, estudaranse os múltiples beneficios de posuír un hábito lector e as causas que propician a perda de interese na lectura. Para finalizar, expoñeranse varias posibles prácticas na aula de primaria para fomentar a lectura.

De-construindo estereotípos de xénero: proxecto de intervención socioeducativa con infancias
Autoría
K.M.B.A.
Grao en Educación Social
K.M.B.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 10:30
02.07.2024 10:30
Resumo
Os estereotipos de xénero, entendidos como as características socialmente asociadas aos homes e ás mulleres, así como a propia concepción que se ten do xénero como elemento unicamente binario naturaliza e perpetua desigualdades, discriminacións e violencias. O presente traballo versará na creación dunha proposta de intervención socioeducativa dirixida a infancias para a identificación e eliminación dos devanditos estereotipos de xénero a través dunha metodoloxía participativa e o desenvolvemento de pensamento crítico. Partiremos dunha revisión documental que esclareza os contidos para abordar no proxecto para a posterior presentación da proposta de intervención, a súa secuenciación, actividades concretas e modelo de avaliación.

GRADAILLE PERNAS, RITA (Titoría)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Titoría)
Tribunal
GRADAILLE PERNAS, RITA (Titor do alumno)

Ensino das Ciencias Sociais a partir de problemas socialmente relevantes.
Autoría
N.O.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
N.O.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao desenvólvese unha investigación educativa na que se leva a cabo un estudo focalizado na posta en práctica dunha actuación innovadora co alumnado do 1º curso de Educación Primaria dun colexio público de Santiago de Compostela. Esta proposta está centrada na sustentabilidade poñendo o foco de atención nun problema socialmente relevante: o dano que xera a industria alimenticia co aceite de palma e a industria téxtil. O que se pretende con isto é xerar, dende un principio, conmoción ao comprender o que está pasando no planeta para, posteriormente, espertar neles/as a necesidade de cambiar a realidade a través das súas accións. Isto conséguese con cinco sesións nas que se desenvolve o pensamento crítico con actividades significativas e de reflexión. Con elas, o alumnado adquire conciencia sobre o consumismo e o dano que xera o emprego de aceite de palma desenvolvendo, a súa vez, responsabilidade cívica. Polo tanto, estase a formar cidadáns capaces de pensar e actuar. Da actuación obtivéronse diferentes resultados que posibilitaron levar a cabo unha investigación cualitativa. Os resultados demostraron que o alumnado adquiriu coñecementos sobre o tema dende unha perspectiva crítica e desenvolveron conciencia cívica e responsabilidade social. Tamén se evidenciou que os/as discentes trasladaron o aprendido a súa vida podendo afirmar, deste xeito, que as aprendizaxes foron eficaces.

O rol do/a educador/a social con menores e mozos/as tutelados/as. Proposta de intervención socioeducativa para o fortalecemento da autoestima.
Autoría
J.A.G.
Grao en Educación Social
J.A.G.
Grao en Educación Social
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao achegaranse as funcións principais dos/as educadores/as sociais en vivendas tuteladas con menores e mozos/as en situación de desamparo ou desprotección. Mostrando a importancia dos/as profesionais da Educación Social con estes colectivos, destacando o seu papel esencial no desenvolvemento cognitivo e no acompañamento en diversas facetas vitais, como a formación, a inserción laboral e a creación de hábitos. Doutra banda, a partir da xustificación teórica evidenciarase o valor que pode ter traballar o fortalecemento da autoestima con estes colectivos para o seu desenvolvemento integral. Para iso deséñase unha proposta de intervención socioeducativa para previr e/o reverter as carencias xeradas polas situacións adversas que experimentaron. Neste Traballo de Fin de Grao preséntanse as funcións principais dos/as educadores/as sociais en vivendas tuteladas con menores e mozos/as en situación de desamparo ou desprotección. Móstrase a importancia dos/as profesionais da Educación Social nestes colectivos, destacando o seu papel esencial no desenvolvemento cognitivo e no acompañamento en diversas facetas vitais, como a formación, a inserción laboral e a creación de hábitos. Así mesmo, a partir da xustificación teórica, evidénciase o valor de traballar no fortalecemento da autoestima con estes colectivos para o seu desenvolvemento integral. Para iso, deséñase unha proposta de intervención socioeducativa destinada a previr e/o reverter as carencias xeradas polas situacións adversas que experimentaron.

A voz do docente: coidados e mantemento
Autoría
C.G.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.G.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
O seguinte documento presenta o Traballo de Fin para o Grao en Mestre de Educación Primaria (2ª Ed. USC) e, durante este, pretendemos expoñer a importancia da voz docente no ámbito educativo. Destacando os riesgos aos que exponse día a día e, por elo, a necesidade do seu coidado para previr situacións que xeren algún tipo de alteración vocal que poida incapacitar a principal ferramenta de traballo de un/unha docente: a súa voz. Para elo, explicamos as diferentes funcións e elementos da voz docente, xunto cos principais trastornos que pode sufrir o profesorado na súa voz e prevencións ou recomendacións que débense tomar para evitar o padecemento destas. Este termina cunha serie de métodos e estratexias que poidan servir como alternativa en aquelas situacións nas que o profesorado vese obligado ao sobreesforzo vocal.

Ensino da lingua estranxeira inglés a través dunha metodoloxía baseada na gamificación.
Autoría
M.F.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.F.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 10:00
03.07.2024 10:00
Resumo
O proceso de ensino-aprendizaxe constitúe un dos aspectos fundamentais do desenvolvemento infantil. Por iso, é fundamental que o alumnado comprenda a súa importancia e se sinta atraído por novos temas e contidos de aprendizaxe, fomentando así a busca dos seus intereses persoais. Así mesmo, o ensino e aprendizaxe da lingua inglesa pode resultar moi complexo para moitos, polo que é necesario crear metodoloxías adaptadas ás características do alumno. É moi importante ensinar tanto ao profesor como ao alumnado que a motivación, a aprendizaxe cooperativa, a dinamización da aula e o afastamento das rutinas son metodoloxías válidas e eficientes neste proceso. Pero, o ideal é reunilos a todos mediante o uso do xogo, máis concretamente grazas á gamificación. Por estes motivos, tanto pola importancia do proceso de ensino-aprendizaxe como polo reto de aprender inglés dun xeito diferente, este proxecto presenta unha proposta didáctica dirixida a tres colectivos de quinto curso de Educación Primaria, nun colexio público de carácter urbano, baseada na gamificación e co obxectivo de conseguir unha aprendizaxe significativa.

Incluíndo e comprendendo a Diversidade Funcional Cognitiva na aula: Unha proposta de intervención inclusiva
Autoría
M.R.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.R.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 12:30
03.07.2024 12:30
Resumo
O obxectivo do presente traballo de fin de grado identifícase co deseño dun programa de intervención individualizado para as características dunha alumna con diversidade funcional cognitiva baseado nos principio de inclusión e equidade. A fin de deseñar e planificar adecuadamente o plan de apoio, foi preciso afondar no coñecemento teórico que concirne á diversidade funcional cognitiva contextualizando e definindo as particularidades desta necesidade educativa especial. Para elo fíxose unha aproximación á conceptualización e descrición desta diversidade funcional, un percorrido histórico polos modelos e leis que rexeron a atención ás Necesidades de Apoio Educativo no territorio español e comunitario, e tamén revisáronse documentación específica na que se ofrece información fundamentada sobre os diferentes modelos, estratexias e recursos para a intervención educativa eficaz e inclusiva. Seguidamente, proponse o caso específico dunha alumna con esta afección e ofrécese un Proxecto de Intervención que se asenta nos principios do Deseño Universal de Aprendizaxe e que aposta por unha formación integral, baseada nas necesidades e intereses da alumna e que favorece a participación e a igualdade de oportunidades para todo o alumnado.

A función orientadora en escolas con pedagoxías alternativas.
Autoría
A.P.F.
Grao en Pedagoxía
A.P.F.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 11:00
01.07.2024 11:00
Resumo
Este documento presenta a investigación levada a cabo, en contexto de elaboración dun Traballo de Fin de Grao, sobre a función orientadora, presente en escolas e centros que basean a súa metodoloxía en correntes pedagóxicas alternativas ás presentes na escola tradicional, que conforma a maior parte do sistema público e privado da educación española. Deste xeito, pretende aportar unha nova perspectiva ligada á orientación educativa, baseada nas ideas e experiencias presentes nas realidades escolares dos centros que participan no estudo.

SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR Cotitoría
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR Cotitoría
Tribunal
LABANDEIRA SANCHEZ, JULIO CESAR (Titor do alumno)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titor do alumno)

Islamofobia nos medios de comunicación e oportunidades de inclusión a través da educación
Autoría
S.C.G.
Grao en Pedagoxía
S.C.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 11:30
01.07.2024 11:30
Resumo
O presente estudo busca definir e explicar os diferentes discursos de odio cara á poboación musulmá en España a través da análise cualitativa de noticias xornalísticas. Así mesmo establécense propostas de mellora ante esta problemática, centrándose na igualdade de acceso á educación, a formación do profesorado en base á competencia intercultural, a representación dos símbolos e costumes musulmás nas escolas, a mellora das capacidades lingüísticas do alumnado inmigrante, a cooperación familia-escola-comunidade e a coordinación estatal á hora de establecer un plan de atención ao alumnado musulmán.
O presente estudo busca definir e explicar os diferentes discursos de odio cara á poboación musulmá en España a través da análise cualitativa de noticias xornalísticas. Así mesmo establécense propostas de mellora ante esta problemática, centrándose na igualdade de acceso á educación, a formación do profesorado en base á competencia intercultural, a representación dos símbolos e costumes musulmás nas escolas, a mellora das capacidades lingüísticas do alumnado inmigrante, a cooperación familia-escola-comunidade e a coordinación estatal á hora de establecer un plan de atención ao alumnado musulmán.
Dirección
González Blanco, María (Titoría)
González Blanco, María (Titoría)
Tribunal
González Blanco, María (Titor do alumno)
González Blanco, María (Titor do alumno)
As potencialidades educativas dos videoxogos: presenza no ocio e a educación
Autoría
J.M.A.A.
Grao en Educación Social
J.M.A.A.
Grao en Educación Social
Data da defensa
28.06.2024 09:30
28.06.2024 09:30
Resumo
Este traballo céntrase en explorar as posibilidades educativas dos videoxogos, recoñecendo a súa relevancia como forma de entretemento contemporáneo. Investígase como estes poden aplicarse no ámbito socioeducativo, mediante o xogo serio e a gamificación, e analízanse os seus aspectos tanto positivos como negativos. Examínanse as tendencias actuais na industria dos videoxogos e estúdanse as influencias que exercen sobre as persoas usuarias, así como as estruturas de xogo que poden servir como ferramentas socioeducativas. Destácase a inmersión que os videoxogos ofrecen e os aspectos psicolóxicos que provocan efectos positivos nos xogadores, os seus compoñentes, como a narrativa, inmersión, niveis, logros, recompensas, análise de tipos de persoas usuarias e as súas posibilidades educativas. Ao mesmo tempo, sublíñase a importancia do control para mitigar os posibles efectos negativos, como a adición ou o comportamento agresivo. O obxectivo é proporcionar unha visión ampla e equilibrada sobre o potencial educativo dos videoxogos, promovendo o seu uso como recursos innovadores na educación. Búscase contribuír ao desenvolvemento de estratexias efectivas que aproveiten este potencial, ao tempo que se fomenta unha experiencia de xogo saudable e enriquecedora para as persoas usuarias.

Influenza da pornografía nos comportamentos e condutas sexuais dos/as adolescentes en España
Autoría
A.R.L.
Grao en Educación Social
A.R.L.
Grao en Educación Social
Data da defensa
01.07.2024 13:30
01.07.2024 13:30
Resumo
No presente documento preséntase unha análise documental a cerca da influenza da pornografía nas condutas e comportamentos sexuais das persoas adolescentes na actualidade, que abarcan entre os 14 e os 19 anos de idade. Dende a entrada das novas tecnoloxías na nosa sociedade, as persoas que dispoñen de aparellos electrónicos contan cunha gran facilidade para acceder ou atoparse involuntariamente con contido sexual ou pornográfico. Este non é educativo e, por tanto, resulta perigoso que acabe en mans do colectivo analizado, xa que se atopan nunha etapa de pleno desenvolvemento madurativo. Así, é convinte afondar en como é exercida esta influenza para que sexa posible aportar propostas de intervención dende a perspectiva da Educación Social que axuden a diminuír estes efectos.

A inserción sociolaboral dos mozos en risco de exclusión social: O papel dos centros de menores.
Autoría
M.L.D.
Grao en Pedagoxía
M.L.D.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
06.02.2024 10:00
06.02.2024 10:00
Resumo
Os mozos en risco de exclusión social experimentan unha situación vital moi complexa e viven a transición á vida activa como unha etapa complicada, ao ter que enfrontarse a unha serie de barreiras que dificultan a sua inserción na sociedade. O acollemento residencial é unha das medidas máis utilizadas coma resposta á situación de desamparo dos menores en exclusión, polo que ten un gran papel no desenvolvemento persoal e social do menor. Os mozos que se atopan en centros de menores presentan problemas asociados as súas circunstancias vitais que dificultan os procesos de inserción no mercado laboral. Dada a importancia que ten ter un emprego para o desenvolvemento persoal de calquera individuo e máis concretamente no caso dos mozos en risco de exclusión social que viven en situación de acollemento, este traballo, que se enmarca na modalidade de investigación documental, tratará de afondar acerca do papel que teñen os centros de menores e as actuacións e accións que levan a cabo para favorecer a inserción sociolaboral dos mozos en desinternamento. Para iso procederase a revisión da literatura sobre o tema a través da consulta de diferentes fontes e a análise da información recompilada desde unha perspectiva crítica.

MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titoría)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titoría)
Tribunal
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Titor do alumno)

Deseño e implantación dunha secuencia de indagación para a aprendizaxe de Ciencias da Natureza en educación primaria
Autoría
J.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.C.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 13:00
04.09.2024 13:00
Resumo
Este traballo trata sobre o deseño dunha secuencia didáctica estruturada arredor da práctica científica da indagación, que busca ver se inflúe na aparición, ou non, de mofo no pan que foi tocado coas mans lavadas, que é un comportamento que pode enmarcarse dentro de hábitos saudables. Realízase en cuarto curso de Educación Primaria nun centro educativo de Santiago de Compostela. Analiza como se promove a aprendizaxe e as dificultades que presentan os devanditos alumnos, analizando as súas actuacións durante as sesións. Esta secuencia realízase durante a realización do Prácticum II do Grao en Mestre de Educación Primaria. Tendo en conta que o actual profesor do devandito curso segue unha metodoloxía tradicional, esta actividade busca utilizar metodoloxías que favorezan a aprendizaxe significativa dos contidos e a adquisición de competencias relacionadas coas Ciencias da Natureza por parte do alumnado mediante unha secuencia de investigación de calidade e innovadora, baseada en literatura actual en didáctica da ciencia experimental.

Brocos Mosquera, Pablo (Titoría)
Brocos Mosquera, Pablo (Titoría)
Tribunal
Brocos Mosquera, Pablo (Titor do alumno)

Competencias Dixitais en Docentes de Educación Infantil. Percepcións e Repercusións na práctica.
Autoría
S.V.C.
Grao en Pedagoxía
S.V.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
02.09.2024 15:00
02.09.2024 15:00
Resumo
Neste traballo desenvólvese unha revisión da literatura relacionada coas Competencias Dixitais (CD) dos Docentes de Educación Infantil (EI). Faise unha concreción nas percepcións que teñen estes sobre as súas CD e a realidade que se observa por medio de avaliacións externas por expertos. Do mesmo xeito, exponse unha investigación sobre os diversos programas que se empregan nestas aulas e os proxectos específicos que se desenvolven para aumentar as Competencias chave do Currículum de EI.

FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN Cotitoría
Couce Santalla, Ana Isabel (Titoría)
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN Cotitoría
Tribunal
Couce Santalla, Ana Isabel (Titor do alumno)
FERNANDEZ DE LA IGLESIA, JOSEFA DEL CARMEN (Titor do alumno)

A presenza de contacontos no ámbito educativo galego: repositorio de recursos humanos e online
Autoría
L.V.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
L.V.R.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
04.09.2024 12:30
04.09.2024 12:30
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao mostra unha análise da presenza de contacontos profesionais como recurso nos colexios galegos, contrastando esta presenza de recursos humanos con recursos que podemos atopar online, reflexionando sobre as potencialidades e debilidades que nos ofrecen cada un dos mesmos. De acordo co anteriormente exposto, este estudo de carácter documental ten como principal obxectivo resaltar a importancia dos contacontos na educación infantil no ámbito educativo galego, explorando a oferta de contacontos e analizando a importancia e presenza dos mesmos, contrastándoa e comparándoa coa oferta de recursos que se ofrecen online. A miña liña temática desenvolverase a través dunha investigación documental, polo que a metodoloxía empregada consistirá nunha investigación cualitativa na que se recompila e selecciona información a través da lectura de documentos, libros, revistas, bibliografías e entrevistas.

A xestión pedagóxica da diversidade cultural na administración local de Galicia
Autoría
I.L.C.
Grao en Pedagoxía
I.L.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
05.09.2024 17:45
05.09.2024 17:45
Resumo
Os movementos migratorios experimentan no noso contexto histórico un momento de apoxeo por mor de diferentes factores como a globalización, a facilidade para desprazarse entre países ou a brecha social e económica entre nacións. Neste traballo deféndese a pedagoxía como unha vía para xestionar a diversidade cultural promovendo o desenvolvemento de competencias interculturais que redunden na mellora da calidade de vida de toda a comunidade. Para iso, realizamos un estudo sobre o tratamento desta realidade nos concellos galegos, co obxectivo de coñecer a súa situación e os proxectos socioeducativos que se están desenvolvendo neste contexto. Avaliamos os resultados atopados cunha rúbrica de boas prácticas validada por expertos/as no tópico. Deste xeito, estableceremos un mapeo da realidade municipal galega para poder extraer conclusións que permitan avanzar na mellora da intención profesional.
Os movementos migratorios experimentan no noso contexto histórico un momento de apoxeo por mor de diferentes factores como a globalización, a facilidade para desprazarse entre países ou a brecha social e económica entre nacións. Neste traballo deféndese a pedagoxía como unha vía para xestionar a diversidade cultural promovendo o desenvolvemento de competencias interculturais que redunden na mellora da calidade de vida de toda a comunidade. Para iso, realizamos un estudo sobre o tratamento desta realidade nos concellos galegos, co obxectivo de coñecer a súa situación e os proxectos socioeducativos que se están desenvolvendo neste contexto. Avaliamos os resultados atopados cunha rúbrica de boas prácticas validada por expertos/as no tópico. Deste xeito, estableceremos un mapeo da realidade municipal galega para poder extraer conclusións que permitan avanzar na mellora da intención profesional.
Dirección
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
GARCIA DOVAL, FATIMA MARIA (Secretario/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Vogal)
O papel da educación primaria ante a adición ás redes sociais.
Autoría
A.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 12:30
02.07.2024 12:30
Resumo
A Educación Primaria é unha etapa na que o mundo dixital comeza a formar parte da vida de moitos nenos e nenas. A medida que avanzan os anos, a súa chegada anticípase, e hai algunhas ferramentas que toman o protagonismo, como é no caso das redes sociais. No desenvolvemento deste TFG, que segue a modalidade de iniciación á investigación documental, analizaremos como un bo uso pode brindarnos excelentes oportunidades e abrirnos a porta do noso futuro, tanto a nivel persoal como de sociedade. Máis aló das súas vantaxes, debemos nomear a outra cara da moeda, xa que, noutras ocasións, un uso irresponsable pode traer consecuencias negativas, dende causar diferentes enfermidades como a ansiedade ou o estrés, ata causar unha adición. Observaremos a importancia dunha adecuada prevención e como a competencia dixital convértese nun dos núcleos desta investigación, examinando as súas partes e tendo en conta a súa relevancia. Dende o ámbito docente, e utilizando tódolos recursos que rodean a educación, xunto cos profesionais adecuados, mencionaremos diferentes ferramentas que nos permiten seguir investigando acerca do método de actuación máis correcto.

A Diversidade na aula a través da literatura infantil e xuvenil: unha proposta didáctica en Educación Primaria.
Autoría
C.F.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.F.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 10:00
03.09.2024 10:00
Resumo
Este traballo trata a importancia do respecto cara á diversidade na aula de Educación Primaria, resaltando os beneficios de usar a Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) para a promoción dunha contorna escolar inclusiva. Así pois, o presente persegue o obxectivo de deseñar unha proposta didáctica baseada no uso e na práctica da literatura para impulsar a inclusión nas escolas. Para conseguir este obxectivo fíxose un marco teórico que analiza a diversidade e a inclusión na escola, a literatura infantil e xuvenil e por último unha breve análise do currículo educativo galego. Como metodoloxía utilízase unha proposta didáctica dun trimestre académico de duración, xa que este enfoque é un impulso para a promoción dunha escola máis inclusiva.

Necesidades formativas en atención á diversidade na formación inicial dos mestres de Educación Primaria.
Autoría
T.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
T.R.M.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.02.2024 16:00
01.02.2024 16:00
Resumo
A formación inicial dos mestres ao longo dos anos foi unha temática amplamente tratada dende diversas perspectivas, son moitas as investigacións levadas a cabo que deron conta de aspectos relevantes para o seu futuro desempeño profesional. Estas aportacións ademais veñen refutadas polas Administracións educativas, sendo en moitas ocasións as impulsoras da indagación neste ámbito. A nova Lei de Educación (LOMLOE), un dos seus obxectivos é a normalización dunha escola inclusiva, é dicir, a inclusión e normalización do alumnado con Necesidades Educativas Específicas. Isto supón que os mestres terán que ter unha ampla formación neste ámbito, a fin de dar resposta nas súa práctica diaria ás necesidades específicas do alumnado, é dicir, saber levar a cabo prácticas inclusivas. Este aspecto xustifica a nosa motivación para abordar esta temática neste TFG, sendo o obxectivo fundamental o seguinte: - Analizar a valoración que fai o alumnado do Grao en mestre de Educación das súas necesidades formativas a hora de implementar practicas inclusivas. A metodoloxía será de carácter descritivo, empregando un cuestionario para recoller a información, e faranse entrevistas a fin de contrastar e ampliar a información.

Investigación documental sobre a importancia de tratar no ámbito educativo a organización do espazo escolar.
Autoría
I.D.A.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
I.D.A.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
18.07.2024 12:00
18.07.2024 12:00
Resumo
O presente traballo consiste nunha análise exhaustiva dos plans e programas educativos que inclúen contidos relacionados coa xestión do espazo escolar, fundamentais para a formación de mestres/as tanto durante a súa etapa universitaria como na súa formación continua. Examínase como diversos autores abordan a importancia do espazo escolar na práctica docente e a súa relevancia para o desempeño eficaz no ensino. Finalmente, preséntanse conclusións e propostas para mellorar e ampliar estes contidos nos programas de formación docente.
O presente traballo consiste nunha análise exhaustiva dos plans e programas educativos que inclúen contidos relacionados coa xestión do espazo escolar, fundamentais para a formación de mestres/as tanto durante a súa etapa universitaria como na súa formación continua. Examínase como diversos autores abordan a importancia do espazo escolar na práctica docente e a súa relevancia para o desempeño eficaz no ensino. Finalmente, preséntanse conclusións e propostas para mellorar e ampliar estes contidos nos programas de formación docente.
Dirección
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titoría)
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titoría)
Tribunal
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titor do alumno)
CRESPO COMESAÑA, JULIA MARIA (Titor do alumno)
Eficacia dos programas de intervención sobre a autoestima en educación primaria: unha revisión
Autoría
A.G.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.G.O.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.09.2024 17:45
05.09.2024 17:45
Resumo
Unha boa autoestima é indispensable para levar unha vida plena. Este recurso psicolóxico repercute en aspectos transcendentais da vida como a saúde mental, as relacións sociais ou o rendemento académico. Diversos factores interveñen no seu desenvolvemento, que alcanza o seu punto álxido no período de educación primaria, facendo da institución educativa o axente idóneo para intervir na súa correcta evolución. A pesar da existencia de programas efectivos para fomentar a autoestima nesta etapa, non existen, ao noso coñecemento, estudos de revisión pormenorizada que avaliasen a eficacia das intervencións psicoeducativas levadas a cabo por mestres. A presente revisión tivo como obxectivo analizar a eficacia dos programas implementados por mestres, deseñados para promover a autoestima nas aulas de educación primaria. Realizouse unha busca da literatura científica publicada ata maio de 2024, utilizando as bases de datos ERIC e PsycINFO, utilizando como palabras clave autoestima, educación primaria e intervención psicoeducativa e localizáronse 10 artigos que cumpriron cos criterios de elixibilidade. Os achados constataron a eficacia dos programas analizados para promover a autoestima e o autoconcepto, así como outras variables como a satisfacción corporal, a motivación, as relacións sociais, así como para diminuír a síntomatoloxía ansiosa e depresiva.

Xestión de praceres en festas de música electrónica: Estudo sobre o coñecemento dos participantes en raves e festas de música electrónica en relación á redución de danos no consumo de substancias ilegais e as súas connotacións socioeducativas.
Autoría
C.L.B.
Grao en Educación Social
C.L.B.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.07.2024 11:30
02.07.2024 11:30
Resumo
Existe un pracer asociado ao uso recreativo das drogas e as contornas de ocio son espazos nos que ten lugar este consumo. Ante esta realidade, proponse a perspectiva da redución de danos no consumo de substancias nos espazos festivos, como poden ser as festas de música electrónica. Para coñecer o impacto que a redución de danos pode ter neste contexto, deseñase un estudo sobre os hábitos de ocio das persoas participantes en raves ou festas, a prevalencia de consumo e o afondamento no coñecemento e a valoración que as persoas asistentes a festas de música electrónica fan da redución de danos no consumo de substancias ilícitas, independentemente de se estas consumen o non. Esta investigación pretende mostrar un marco favorable no que encaixar a labor socioeducativa no campo da redución de danos. Isto dáse ao existir unha mostra que as persoas asistentes a festas de música electrónica presentan unha sensibilidade ante a actuación en materia de redución de danos, xa que pese a que non se coñece o concepto, se ten unha valoración positiva desta clase de intervención ou mesmo se levan a cabo estratexias vinculados á minimización dos efectos negativos no consumo.

Explorando o potencial da metodoloxía AICLE: un estudo de caso en profundidade
Autoría
C.S.P.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
C.S.P.A.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 11:15
03.07.2024 11:15
Resumo
Tras realizar varios estudos onde se pode apreciar que os resultados do alumnado español de Educación Primaria en probas diagnósticas relativas á lingua estranxeira son notablemente baixos, iniciáronse dúas liñas de investigación, unha dirixida ao alumnado e outra ao profesorado, a través das cales se pretendía coñecer as dificultades que pode presentar a implementación da metodoloxía AICLE. Realizouse un estudo de caso utilizando como mostra o CEIP Jaime Balmes, da Comunidade de Madrid, sometendo ao alumnado participante no estudo a unhas probas escritas que examinaron os contidos impartidos en lingua inglesa nas sinaturas de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza, e deseñouse un cuestionario para o profesorado, que serviu para medir a súa experiencia e opinión con relación á metodoloxía mencionada. Os resultados das probas non foron favorables, e as opinións do profesorado foron considerablemente negativas, demostrando que non todos os alumnos, escolas e docentes están preparados para levar ás aulas esta metodoloxía de maneira exitosa.
Tras realizar varios estudos onde se pode apreciar que os resultados do alumnado español de Educación Primaria en probas diagnósticas relativas á lingua estranxeira son notablemente baixos, iniciáronse dúas liñas de investigación, unha dirixida ao alumnado e outra ao profesorado, a través das cales se pretendía coñecer as dificultades que pode presentar a implementación da metodoloxía AICLE. Realizouse un estudo de caso utilizando como mostra o CEIP Jaime Balmes, da Comunidade de Madrid, sometendo ao alumnado participante no estudo a unhas probas escritas que examinaron os contidos impartidos en lingua inglesa nas sinaturas de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza, e deseñouse un cuestionario para o profesorado, que serviu para medir a súa experiencia e opinión con relación á metodoloxía mencionada. Os resultados das probas non foron favorables, e as opinións do profesorado foron considerablemente negativas, demostrando que non todos os alumnos, escolas e docentes están preparados para levar ás aulas esta metodoloxía de maneira exitosa.
Dirección
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
Tribunal
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
Percepcións adolescentes sobre creadores de contido online e narrativas neoliberais: realidades e alternativas en chave pedagóxica.
Autoría
M.B.M.
Grao en Pedagoxía
M.B.M.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.09.2024 10:00
03.09.2024 10:00
Resumo
As redes sociais dixitais supuxeron un espazo para a amplificación de narrativas que correspóndense cos valores do capitalismo neoliberal, polos cales se configura un suxeito “empresa de si mesmo”, individualista e descomprometido con asuntos de carácter social. De forma consciente ou inconsciente e máis ou menos explícita, a figura do creador de contido online, popular especialmente entre a xente xove, con frecuencia reproduce estas narrativas. Este traballo ten como obxectivo, a través dunha metodoloxía cualitativa, comprender cales son as percepcións dos e das adolescentes sobre esta forma de comprender o mundo, promovida por figuras que habitualmente supoñen unha referencia para a configuración das súas identidades. Para iso, realizáronse catro grupos de discusión en dous institutos da localidade de A Coruña con alumnado de 4º da ESO. Os resultados amosan a diversidade de perspectivas e un acordo xeralizado sobre o individualismo que caracteriza á figura do “influencer”, que non necesariamente se percibe polo alumnado como algo negativo. Isto permite a reflexión sobre as responsabilidades que lle corresponden á educación nos tempos da era dixital.

Historias de vida: o consumo de substancias no colectivo LGBTIQ+
Autoría
S.F.C.
Grao en Educación Social
S.F.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
02.09.2024 11:00
02.09.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha iniciación á investigación de campo para comprobar se existe unha relación significativa entre o consumo de substancias e a pertenza ao colectivo LGBTIQ+. Para iso, lévase a cabo unha investigación cualitativa empregando a técnica das historias de vida. Así, realizáronse entrevistas abertas a cinco persoas diferentes que pertencen ao colectivo LGBTIQ+ e consumen ou consumiron substancias, transcribíndoas posteriormente. Ao mesmo tempo, obsérvase o fenómeno do chemsex, unha práctica que experimentou un recente auxe. Este estudo amosa unha relación entre esas dúas variables, sendo o feito de pertenecer ao colectivo LGBTIQ+ un factor de risco que pode levar ao consumo de substancias, pois este colectivo sofre unha estigmatización por parte da sociedade, sendo vítima de abusos e violencia física e verbal. Dende a Educación Social, pódese actuar en materia de adiccións, así como de igualdade e diversidade de xénero e sexual. Porén, dende esta profesión hai que poñer especial atención á diminución dos factores de risco, implementando unha pedagoxía queer, favorecendo a cohesión familiar e levando a cabo un traballo interdisciplinar para a mellora da saúde mental.

Deseño dunha proposta educativa para a prevención do acoso escolar mediante unha educación emocional e inclusiva en Educación Infantil.
Autoría
C.G.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.G.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 11:30
03.07.2024 11:30
Resumo
O presente traballo aborda o deseño dunha proposta educativa destinada á prevención do acoso escolar no contexto da Educación Infantil, a través da implementación de estratexias e actividades baseadas na educación emocional e inclusiva. O obxectivo principal é contribuír á creación dun ambiente escolar seguro e respectuoso, promovendo a importancia do desenvolvemento emocional dos nenos e nenas dende idades temperás. En primeiro lugar, se realiza unha revisión exhaustiva da literatura relacionada cos temas a abordar, co fin de comprender a orixe da problemática e identificar as mellores prácticas na prevención do acoso escolar. A partir de esta revisión, deséñase unha proposta que integra elementos da educación emocional e da educación inclusiva, para abordar a temática cun enfoque preventivo. Dita proposta inclúe unha serie de actividades, dinámicas e recursos didácticos adaptados ao desenvolvemento cognitivo, emocional e social do alumnado no nivel de Educación Infantil. Estas actividades están deseñadas para fomentar o autocoñecemento, a autorregulación de emocións, a resolución pacífica de conflitos e a promoción de relacións interpersoais saudables e respectuosas.

FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría
FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES Cotitoría
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)
A tradición galega en evolución. Proposta de intervención educativa
Autoría
P.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
P.P.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.07.2024 11:30
03.07.2024 11:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao integra danza, canto e instrumentación nunha proposta de intervención educativa baseada na música de tradición oral de Galicia. Para o seu deseño, relacionáronse tres áreas educativas: as Ciencias Sociais co desenvolvemento das competencias históricas, a Lingua Galega e Literatura traballando a fraseoloxía, e a Música e Danza reinterpretando a tradición. A comunidade educativa galega precisa enriquecerse do amplo patrimonio inmaterial que representa a súa tradición oral. As coplas populares son o froito da acción humana durante séculos, transmitidas nunha intelixente hipérbole e creadas para o ocio. Porén, a única barreira que separa á tradición da súa fosilización é a escola. Nun contexto onde os medios de comunicación e masas difunden a música comercial, un dos obxectivos educativos debe ser ofrecer experiencias de aprendizaxe para que o alumnado valore o folclore como un elemento útil, lúdico e que vincula á persoa cunha identidade colectiva. Para que as coplas non perdan funcionalidade social é necesario actualizalas aos valores presentes, nutríndoas de aportacións culturais foráneas e doutros estilos musicais. En definitiva, débese entender a música de tradición oral como un elemento vivo e transmitila de xeito creativo.

A fotografía como linguaxe das emocións
Autoría
P.A.L.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
P.A.L.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 11:00
03.09.2024 11:00
Resumo
O tema central deste TFG enmárcase na Educación Emocional coa fotografía como ferramenta pedagóxica. Figura un marco teórico, no cal se dá o coñecemento da importância da educación emocional en etapas temperás como é a de educación infantil. Para reflectir a repercusión da competencia emocional nos nenos e nenas, preséntase o deseño ducha unidade didáctica, dirixida a unha aula de 5º curso de educación infantil, na cal se traballa a educación emocional mediante a fotografía como linguaxe das emocións. Ofrecendo a oportunidade de traballar na aula de maneira construtiva, sendo o alumnado o protagonista do seu propio processo de ensino aprendizaxe. Utilizando a fotografía como unha táctica motivadora e creativa para o alumnado, ademais dun poderoso medio de expresión a través da arte. Á sua vez, esta está exposta para o seu comezo o 14 de febreiro como commemoración do día dos namorados.

A expresión corporal e a música como recurso educativo na Educación Primaria. Proposta de intervención a través do xogo musical
Autoría
L.V.D.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.V.D.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.09.2024 12:50
02.09.2024 12:50
Resumo
A integración da expresión corporal e a música mediante o xogo promoven un desenvolvemento amplo e enriquecedor no alumnado. Para o avance deste traballo, realizouse unha busca bibliográfica que fundamenta a importancia da temática principal e a relevancia destas prácticas, culminando coa creación dunha proposta didáctica que ten como propósito experimentar e sentir a música a través do movemento. Este enfoque integrador non só fortalece as habilidades musicais e corporais, senón que tamén brinda novas oportunidades para mellorar o rendemento académico mediante o fomento de competencias sociais e o desenvolvemento emocional e social, a través dunha maneira creativa e holística.
A integración da expresión corporal e a música mediante o xogo promoven un desenvolvemento amplo e enriquecedor no alumnado. Para o avance deste traballo, realizouse unha busca bibliográfica que fundamenta a importancia da temática principal e a relevancia destas prácticas, culminando coa creación dunha proposta didáctica que ten como propósito experimentar e sentir a música a través do movemento. Este enfoque integrador non só fortalece as habilidades musicais e corporais, senón que tamén brinda novas oportunidades para mellorar o rendemento académico mediante o fomento de competencias sociais e o desenvolvemento emocional e social, a través dunha maneira creativa e holística.
Dirección
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titor do alumno)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titor do alumno)
Proxecto de intervención para a prevención do acoso escolar.
Autoría
P.T.V.
Grao en Pedagoxía
P.T.V.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
01.07.2024 10:30
01.07.2024 10:30
Resumo
O acoso escolar tamén coñecido como bullying, é unha conducta repetitiva e violenta que ten lugar nas institucións educativas e que pode manifestarse de diversas formas, incluíndo agresións físicas, insultos, exclusión social, etc. Trátase dun fenómeno emerxente que afecta a toda a sociedade xa que as consecuencias non so afecta as persoas involucradas, se non que debilitan a cohesión e benestar da comunidade escolar no seu conxunto. É importante traballar esta problemática en idades temperás para inculcar actitudes e competencias que garanten a base de relacións saudábeis no futuro. O presente proxecto de intervención ten como principal propósito previr o acoso escolar no alumnado de 6º de Primaria, mediante a sensibilización dos destinatarios sobre o fenómeno e proporcionándolles estratexias que promovan un ambiente escolar seguro e inclusivo para todos os alumnos e alumnas. Para conseguilo propóñense catro sesións de traballo con actividades específicas para dotar ás persoas asistentes das competencias emocionias e valores relacionados cunha convivencia positiva, tomando como referencia un centro educativo situado na cidade de Ourense.

Desenvolver o pensamento crítico no alumnado de Educación Primaria a través da aprendizaxe baseada no xogo
Autoría
M.C.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.C.R.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 12:00
03.09.2024 12:00
Resumo
Para construir unha sociedade libre, xusta, diversa e respectuosa hai que comezar por educar á ciudadanía. A educación de todas as personas que conforman a sociedade do noso país na actualidade pasa pola escola, que ten que contar coas ferramentas necesarias para facer que o alumnado se desenvolva de forma integral, para eso é importante impulsar un pensamento crítico nos nosos estudantes. Este traballo ten como obxectivo deseñar unha proposta baseada en dinámicas e xogos coas que poidan contar os docentes á hora de traballar na aula co alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria. Destácase a necesidade de construir un pensamento non discriminatorio, desenvolver habilidades comunicativas e de resolución de clonfictos a través dun aprendizaxe significativo. A través destas actividades foméntase o desenvolvemento da habilidade de pensamento crítico no alumnado e impúlsase unha metodoloxía que estimula a reflexión e o razoamento nos nenos e nenas.

A importancia do desenvolvemento de habilidades vocais e o seu impacto na educación
Autoría
S.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
S.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 11:15
01.07.2024 11:15
Resumo
Neste Traballo de Fin de Grao, pertencente ao Grao en Mestre de Educación Primaria, investigamos o coidado da voz e o seu impacto na docencia. A voz é un tipo de instrumento que permítenos comunicarnos, mediante a emisión de palabras e sons que as acompañan, logrando difundir unha mensaxe. Como docentes e transmisores de coñecemento, debemos coñecer as múltiples formas de coidala e mantela saudable. Por iso, o obxectivo principal desta investigación baséase na formación do profesorado, con diferentes técnicas e hábitos, mediante unhas metodoloxías baseadas na busca bibliográfica e na experimental, para que sexan capaces de coñecer a súa voz e facer todo o posible para coidar a súa saúde. Por iso, realizouse unha busca exhaustiva de información e, en base a ela, elaborouse unha proposta didáctica. Esta proposta inclúe unha serie de actividades para realizar con grupos de profesores. Estas son necesarias para que comprendan a relevancia do coidado da voz, así como para axudarlles a adquirir estratexias para ser, por si mesmos, capaces de manter a súa saúde vocal. E, se remata cunhas conclusións clarificadoras sobre a temática, busca e elaboración deste traballo.

A implicación familiar dentro do contexto escolar nun centro de educación primaria: proposta de mellora
Autoría
R.F.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
R.F.C.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
01.07.2024 10:00
01.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo de investigación posúe como obxectivo prioritario indagar/estudar/analizar a importancia da relación establecida entre a institución educativa e o contexto familiar, e como esta afecta significativamente o éxito académico do alumnado. Coa finalidade de dar cumprida resposta a este obxectivo, en primeiro lugar realizouse unha fundamentación teórica que senta as bases conceptuais da devandita investigación. Neste contexto defínense unha relación de termos/conceptos que asintan o coñecemento de fronte ao deseño e suposta implementación dun proxecto de intervención que leva por título “A implicación familiar dentro do contexto escolar nun centro de educación primaria: Proposta de mellora”. O obxectivo desta proposta é lograr unha implicación activa e participativa por parte dos proxenitores no proceso de aprendizaxe do alumnado. O traballo conclúe cun apartado final de reflexións e propostas de mellora, onde se destaca a importancia dunha maior formación do profesorado en materia de colaboración coas familias, a fin de coñecer estratexias e pautas para fomentar esta cooperación. Por último, o apartado de referencias bríndanos unha variedade de estudos no ámbito nos que nos fundamentamos para a realización desta investigación.

GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
GARCIA MURIAS, REBECA (Titoría)
Tribunal
GARCIA MURIAS, REBECA (Titor do alumno)
GARCIA MURIAS, REBECA (Titor do alumno)
Metodoloxías innovadoras de ensino-aprendizaxe: Análise da práctica docente nunha escola unitaria de Educación Infantil do rural galego
Autoría
A.R.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.R.C.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.09.2024 11:00
03.09.2024 11:00
Resumo
A práctica docente de cada mestra de Educación Infantil na súa aula xoga un papel clave que non debe pasar desapercibido. Condiciona en gran medida a realidade nas escolas da nosa comunidade, as cales son plurais e diversas. Neste Traballo de Fin de Grao, a través dunha investigación de campo, estúdase a vida de aula nunha escola de Edecación Infantil dunha unidade do rural galego, cuxa titora leva a cabo metodoloxías activas, co seu alumnado de entre 2-3 anos e 5-6 anos. A través de diversas técnicas e instrumentos de observación, entre eles as escalas de observación DAVOPSI e ECERS-R, recóllense datos e analízanse os aspectos metodolóxicos, formativos, organizativos, ambientais e relacionais da escola, non sen antes presentar un marco teórico das metodoloxías actuais do noso país. Finalmente, expóñense os resultados xunto coas reflexións finais do traballo.

Cara á inclusión nas comunidades de acollida: o recoñecemento de competencias profesionais da poboación refuxiada.
Autoría
M.D.
Grao en Pedagoxía
M.D.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.07.2024 17:30
03.07.2024 17:30
Resumo
A crise migratoria recente xerou un notable fluxo de solicitantes de protección internacional cara Europa, presentando desafíos para os sistemas de acollida e inclusión. Un deles ten que ver coa relevancia que adquiren os sistemas de formación e/ou de orientación laboral nos países receptores. O recoñecemento das súas competencias convértese así en factor de crítica importancia no territorio da Unión. O propósito deste traballo é analizar o modo de proceder en áreas do recoñecemento das competencias, que xa posúen as persoas co status de refuxiado, identificando iniciativas e dificultades nos procesos de inclusión. Empregouse unha metodoloxía cualitativa, establecendo criterios de exclusión e inclusión na revisión documental. En definitiva, a pesar da existencia de estudos xerais sobre migrantes, a falta de datos específicos sobre a aplicación de procedementos para o contexto das persoas refuxiadas limita o desenvolvemento de estratexias de inclusión adaptadas ás particularidades deste colectivo, a fin de facilitar a súa inserción sociolaboral. Sendo a complexidade avaliativa, o mal funcionamento dos sistemas de xestión, ou a difícil conexión entre a documentación identitaria e a propiamente educativa, un reto na verificación documental.

Ciberacoso en nenos e nenas de Educación Primaria: impacto na saúde mental e a autoestima.
Autoría
A.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.C.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
02.07.2024 11:10
02.07.2024 11:10
Resumo
Este TFG, que adopta a modalidade de iniciación á investigación documental, ten como tema o ciberacoso en nenos e nenas de Educación Primaria. A violencia pode manifestarse de moitas formas diferentes e en todos os ámbitos da nosa vida. Un dos tipos de abuso que está crecendo de forma exponencial nos últimos anos, sobre todos dende a aparición da intelixencia artificial e a pandemia da COVID-19, é o ciberbullying, un acto violento que se da a través das TIC entre menores de idade. Está demostrado que o ciberacoso mantén unha estreita relación ca saúde mental e a autoestima, atopando aspectos destas que poden propiciar o feito de converterse en vítima ou acosador e as que tamén poden sufrir graves consecuencias. Por iso podemos identificar uns factores de protección e de risco que van a aumentar ou diminuír as posibilidades de formar parte desta situación. Así mesmo, hai uns factores de intervención que tanto as familias como a escola deben utilizar para evitar ou frear o ciberacoso. Para iso, analízanse unha serie de programas que mostran información de interese para as familias, así como ofrecen recursos e ferramentas eficaces para combater esta problemática dende o punto de vista dos docentes.

Beneficios da Educación ao Aire Libre no alumnado de Educación Primaria: Revisión Sistemática.
Autoría
A.L.D.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.L.D.R.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
02.07.2024 10:45
02.07.2024 10:45
Resumo
O espazo xoga un papel importante no proceso de aprendizaxe do alumnado. Recentemente aumentou a proposta de intervencións educativas realizadas ao aire libre. Porén, existe unha falta de coñecemento e concienciación sobre os efectos positivos da Educación ao Aire Libre no alumnado de Educación Primaria. O obxectivo desta revisión sistemática é identificar beneficios da Educación ao Aire Libre en nenos e nenas de 5 a 12 anos. Revisáronse artigos publicados entre o 2011 e o 2022, extraídos de tres bases de datos: Scopus, Web of Science e ProQuest. Dos 1.610 artigos seleccionados inicialmente, 8 deles cumpriron cos criterios de inclusión. Unha vez finalizada a súa análise, comprobouse que a Educación ao Aire Libre achega beneficios no ámbito social, curricular, persoal e físico. Así mesmo, observouse que non é necesario desprazar ao alumnado a zonas naturais fóra do centro escolar, senón que as intervencións ao aire libre pódense desenvolver no exterior dentro do recinto escolar, obtendo ganancias de igual maneira. Dada a súa importancia, sería conveniente analizar estudos comparativos de variables, coa finalidade de coñecer que elementos fan efectiva esta metodoloxía no alumnado.

RICO DIAZ, JAVIER (Titor do alumno)
RICO DIAZ, JAVIER (Titor do alumno)
Proxecto de intervención de habilidades sociais en persoas con Síndrome de Down
Autoría
E.G.F.
Grao en Pedagoxía
E.G.F.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
18.07.2024 16:30
18.07.2024 16:30
Resumo
As habilidades sociais son fundamentais para as relacións e o benestar das persoas. Estas habilidades inclúen a capacidade de relacionarse cos demais, mostrar empatía e comunicarse de xeito eficaz. Comprobouse que as persoas con Síndrome de Down pódense enfrontar a dificultades á hora de desenvolver as habilidades sociais. No presente Traballo de Fin de Grao realízase unha análise teórica dos termos Síndrome de Down e habilidades sociais e a súa importancia nas persoas con Síndrome de Down. Partindo deste enfoque teórico levarase a cabo unha proposta dun proxecto de intervención socioeducativa no ámbito das habilidades sociais coas persoas usuarias con Síndrome de Down da Fundación Down Compostela, en Santiago de Compostela. Este terá como fin mellorar as habilidades sociais das persoas usuarias no seu día a día e conseguir unha mellor calidade de vida e benestar social.

Inserción Sociolaboral de Persoas con Adiccións. Unha proposta de intervención socioeducativa para Fundación Cals - Proxecto Home (O Bierzo).
Autoría
S.C.A.
Grao en Pedagoxía
S.C.A.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
18.07.2024 10:00
18.07.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG) céntrase na inserción sociolaboral de persoas con adiccións, un reto que impacta tanto a saúde individual como a contorna laboral. Neste contexto, resáltase a orientación profesional como ferramenta clave para facilitar a integración deste grupo á vida laboral. Para iso, proponse un traballo na modalidade de proxecto de intervención socioeducativa enfocado na Asociación Proxecto Home (O Bierzo), co obxectivo de estudar a relación entre a orientación profesional e as adiccións, deseñar estratexias pedagóxicas adecuadas e brindar competencias para a estabilidade laboral. O traballo combina a teoría sobre orientación e adiccións coa proposta do proxecto de intervención. Os resultados indican que a inserción sociolaboral de persoas con adiccións é unha problemática complexa que require unha abordaxe integral. A orientación profesional, como parte deste proceso, ofrece un acompañamento personalizado que axuda a identificar as habilidades e aptitudes de cada individuo, a establecer metas laborais realistas e a desenvolver as competencias necesarias para acceder e manter un emprego. En conclusión, debido á súa relevancia, é necesario desenvolver proxectos de intervención encamiñados a optimizar a orientación profesional na inserción sociolaboral de persoas con adiccións.

A literatura infantil usada no segundo ciclo de Educación Infantil en Galicia: unha análise dende o marco interpretativo feminista.
Autoría
A.S.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.S.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
01.07.2024 12:00
01.07.2024 12:00
Resumo
A literatura infantil é un material transmisor de cultura, que ten unha grande influencia na construción do mundo das crianzas. Debido ao importante papel que xoga a literatura infantil na formación da infancia, neste traballo de iniciación á investigación búscase analizar as obras literarias lidas nas aulas de sexto de educación infantil do CEIP López Ferreiro dende o marco interpretativo feminista. Para dar resposta ao obxectivo anterior partiuse dunha investigación baseada na metodoloxía cualitativa, empregando a técnica de análise de contido tanto visual como textual das 17 obras de literatura infantil lidas durante o mes de febreiro do ano 2024 en dúas aulas de sexto de Educación Infantil. Os resultados amosan unha caracterización estereotipada das personaxes que reproduce os estereotipos e roles de xénero marcados pola sociedade patriarcal. As mulleres son representadas como figuras de coidado que ocupan o espazo doméstico, mentres que os homes son personaxes aventureiros que se desenvolven en ambientes diversos. Así, as obras introducen comportamentos e características propias de cada xénero, reforzando a división binaria dende a primeira infancia.

Estatísticas musicais: unha proposta proafectiva.
Autoría
A.S.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
A.S.P.
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e en Mestre de Educación Primaria (S)
Data da defensa
03.07.2024 13:15
03.07.2024 13:15
Resumo
O obxectivo deste traballo de fin de grao é deseñar unha intervención para traballar contidos estatísticos seguindo a metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), nunha clase de 6º de primaria. En primeiro lugar, realízase unha análise das dificultades e obstáculos que se atopan no proceso de ensino-aprendizaxe das matemáticas, que motivan a aplicación de novas formas de ensino. Nesa dirección, deséñase unha proposta baseada na metodoloxía ABP. Pártese da realización de enquisas sobre xéneros musicais, interese común do alumnado, para tratar os diferentes coñecementos e habilidades estatísticas establecidos no currículo e así traballar as competencias matemáticas correspondentes. Nesta proposta, inclúense procedementos e instrumentos de avaliación que permiten obter os resultados da intervención realizada, analizando o seu desenvolvemento e comprobando o impacto no dominio afectivo do alumnado e, por tanto, a eficacia da proposta levada a cabo.
O obxectivo deste traballo de fin de grao é deseñar unha intervención para traballar contidos estatísticos seguindo a metodoloxía da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), nunha clase de 6º de primaria. En primeiro lugar, realízase unha análise das dificultades e obstáculos que se atopan no proceso de ensino-aprendizaxe das matemáticas, que motivan a aplicación de novas formas de ensino. Nesa dirección, deséñase unha proposta baseada na metodoloxía ABP. Pártese da realización de enquisas sobre xéneros musicais, interese común do alumnado, para tratar os diferentes coñecementos e habilidades estatísticas establecidos no currículo e así traballar as competencias matemáticas correspondentes. Nesta proposta, inclúense procedementos e instrumentos de avaliación que permiten obter os resultados da intervención realizada, analizando o seu desenvolvemento e comprobando o impacto no dominio afectivo do alumnado e, por tanto, a eficacia da proposta levada a cabo.
Dirección
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
Tribunal
PERNAS MORADO, EULOGIO (Presidente/a)
MURIAS ROMAN, RUTH (Secretario/a)
CASAL OTERO, LORENA (Vogal)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Presidente/a)
MURIAS ROMAN, RUTH (Secretario/a)
CASAL OTERO, LORENA (Vogal)
Guía Didáctica Innovadora de Educación Ambiental en Medios Rurais e Costeiros: Un Proxecto de Intervención en Educación Primaria
Autoría
L.V.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.V.F.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.09.2024 13:00
05.09.2024 13:00
Resumo
Este traballo fin de grao presenta un proxecto de intervención e innovación educativa a través dunha guía didáctica destinada a promover a Educación Ambiental e a conservación do patrimonio natural e cultural en medio rural con vinculación entre a agricultura e a pesca. Inspirada nunha comunidade costeira con porto pesqueiro, a guía busca crear espazos expositivos comunitarios que poidan ser utilizados pola escola local, fomentando a colaboración coa comunidade. O proxecto está dirixido ao alumnado de quinto e sexto de primaria, adaptándose ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, entre as que destacan TEA, diversidade funcional cognitiva e TDAH. A metodoloxía inclúe saídas de campo, proxectos colaborativos e o uso de tecnoloxías innovadoras, promovendo unha aprendizaxe significativa e contextualizada. O obxectivo é reflexionar sobre educación relativa aos problemas ambientais e as súas solucións, para analizar o desenvolvemento no alumnado habilidades críticas, como a reflexión, a análise e a toma de decisións informadas. O traballo está aliñado cos obxectivos educativos e do Real decreto 157/2022 e do seu desenvolvemento en Galicia a través do Decreto 155/2022, promovendo unha educación baseada nos valores de respecto e coidado do medio ambiente, e desenvolvendo competencias fundamentais para afrontar os retos ambientais actuais e futuros que haberá que afrontar. enfrontados diante dos estudantes.