Educación para o desenvolvemento sostible como ferramenta de transformación social na Educación Primaria a propósito da LOMLOE.
Autoría
S.C.G.
Grao en Pedagoxía
S.C.G.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.02.2025 12:30
03.02.2025 12:30
Resumo
Este traballo analiza a integración da Educación para o Desenvolvemento Sostible na Educación Primaria, centrando a súa capacidade como ferramenta de transformación social no marco da LOMLOE. A través dunha revisión bibliográfica, abórdanse o concepto de sostibilidade, a súa evolución e a súa incorporación no currículo educativo español, destacando a súa conexión cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A sostibilidade ten unha presenza crecente na Educación Primaria, reflectida en materias como Educación en Valores Cívicos e Éticos, pero enfronta desafíos como a insuficiente formación docente e enfoques educativos superficiais. A LOMLOE fomenta a transversalidade dos ODS, vinculándoos con competencias clave como o pensamento crítico, a cidadanía global e a empatía. A EDS confírmase como unha ferramenta poderosa para a transformación social, ao conectar a aprendizaxe con problemáticas globais como o cambio climático e a desigualdade. Porén, a formación docente require fortalecerse, con maior énfase en metodoloxías activas e interdisciplinares. Este traballo resalta que, aínda que a LOMLOE representa un avance significativo, o éxito destas iniciativas depende do compromiso institucional, a preparación docente e a aplicación de propostas pedagóxicas innovadoras que promovan unha cidadanía crítica e responsable.

Dirección
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Coordinador)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titor do alumno)

O mito da “xeración de cristal”. A educación emocional como mostra de resiliencia e fortaleza na Xeración Z
Autoría
M.D.S.P.
Grao en Pedagoxía
M.D.S.P.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.02.2025 11:00
03.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo analiza a Xeración Z e a perspectiva negativa existente na actualidade cara dita xeración, analizando tamén a relación coas anteriores xeracións, as súas características e os desafíos que afrontan. A análise realízase tendo en conta conceptos clave como a intelixencia emocional e as novas tecnoloxías, explicando a orixe dos comportamentos e características representativas da Xeración Z, ao tempo que se comparan coas de grupos xeracionais previos, as súas respectivas características e visións do mundo. Explórase a perspectiva das anteriores xeracións e a súa visión sobre os cambios sociais que levan consigo as novas xeracións, así como a comunicación entre estes distintos grupos, a través dunha análise documental teórica, probando os beneficios do fomento da comunicación e das boas relacións interxeracionais, para poder afrontar de xeito colabo-rativo os retos da sociedade actual.

GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titoría)
Tribunal
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)
GOMEZ VAZQUEZ, BEGOÑA (Titor do alumno)
Análise de videoxogos en Educación Secundaria dende unha perspectiva pedagóxica
Autoría
M.L.A.
Grao en Pedagoxía
M.L.A.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
04.02.2025 13:00
04.02.2025 13:00
Resumo
Este Traballo de Final de Grao, cuxa modalidade é a dunha investigación de campo, foi realizado desde unha perspectiva pedagóxica centrándose na análise de videoxogos a través dunha guía específica para avalialos como ferramentas educativas. Examináronse 5 Serious Games seleccionados pola súa relevancia pedagóxica e a súa capacidade para promover a aprendizaxe en diferentes áreas e cuxos/as destinatarios/as son o alumnado de Educación Secundaria. Este estudo incluíu a análise de aspectos técnicos e pedagóxicos de cada xogo. Identificáronse tanto aspectos positivos como desafíos na implementación destes videoxogos no proceso educativo e na aula, destacando o seu potencial para mellorar a motivación, o compromiso e a compresión dos estudantes, entre outros aspectos. Saliéntase acerca da importancia dunha formación adecuada para os/as educadores/as no uso efectivo dos videoxogos en clase. Este TFG proporciona unha visión integral de como os videoxogos poden ser aproveitados como ferramentas pedagóxicas para enriquecer o proceso de Ensino-Aprendizaxe no contexto educativo actual.

RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ RODRIGUEZ, JESUS (Titor do alumno)

A Orientación Educativa como ferramenta para o empoderamento xuvenil na era dixital
Autoría
A.S.F.
Grao en Pedagoxía
A.S.F.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
04.02.2025 10:00
04.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a orientación educativa e o empoderamento xuvenil como elementos clave para o desenvolvemento integral da mocidade nunha sociedade en constante cambio. Examínase o concepto e a importancia da orientación educativa como un proceso continuo que aborda as dimensións académica, persoal, social e profesional dos/as estudantes. Explórase o empoderamento xuvenil como un proceso multidimensional que fomenta a autonomía e a participación activa dos mozos e mozas. Analízase o impacto da transformación dixital na educación e na vida dos mozos e mozas, destacando a necesidade de desenvolver competencias dixitais e sociais. O estudo enfatiza a importancia da orientación educativa como ferramenta para o empoderamento xuvenil, promovendo a toma de decisións informadas e a participación activa na comunidade. Conclúese que a integración efectiva destes enfoques nas prácticas pedagóxicas contribúe significativamente á mellora das competencias profesionais dos educadores/as e prepara aos/as estudantes para os desafíos futuros.

GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titor do alumno)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titor do alumno)
A soidade nas persoas maiores
Autoría
A.T.C.
Grao en Pedagoxía
A.T.C.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
03.02.2025 12:00
03.02.2025 12:00
Resumo
Cando unha persoa chega á vellez, atópase con diversos cambios en canto á súa fisioloxía, así como aos seus círculos próximos, o que leva a un sentimento de soidade que prexudica moito a vida das persoas maiores. Nas últimas décadas, debido aos cambios sociais e demográficos do noso territorio, as persoas maiores pasaron a constituír unha parte moi considerable da poboación do noso país. Así que os problemas relacionados coa soidade nesta etapa da vida van ser cada vez máis habituais. Para coñecer o tema con maior profundidade, farei unha análise bibliografica sobre o estado da cuestión para tratar de coñecer cales son os traballos dende o campo educativo que se están arealizar sobre esta temática.

RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titor do alumno)

Ciberacoso cero. Proxecto de prevención para o Ciberacoso nos primeiros ciclos da Educación Secundaria Obrigatoria.
Autoría
T.C.S.
Grao en Pedagoxía
T.C.S.
Grao en Pedagoxía
Data da defensa
06.02.2025 10:00
06.02.2025 10:00
Resumo
O ciberbullying trátase dunha forma de acoso con alta prevalencia e que está en constante aumento, alimentándose das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Este tipo de acoso está moi presente, sobre todo na adolescencia. Por estes motivos o presente Traballo de Fin de Grao (TFG), ten como obxectivo deseñar un programa de prevención para previr o ciberacoso, fomentando unha cultura de respecto a través de actividades de sensibilización, formación e acompañamento. Todo isto para implementar con alumnado dos primeiros ciclos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O programa está constituído por tres módulos, compostos por unha variedade de actividades deseñadas para abordar o fenómeno do ciberacoso dende unha perspectiva integral. Estas actividades teñen como obxectivo principal promover a concienciación e sensibilización do alumnado sobre esta problemática, dotándoos de coñecementos básicos sobre os seus riscos e consecuencias. Para isto impulsarase a aprendizaxe dunha serie de habilidades socioemocionais e estratexias de actuación para previlo e abordalo. Por outra banda, este proxecto conta cun sistema de avaliación estruturado. Mediante unha serie de instrumentos e métodos, permítenos medir tanto o grao de implicación e aprendizaxe do alumnado como a eficacia global do programa. Grazas a isto, poderemos identificar áreas de mellora. De cara ao futuro, resulta fundamental garantir a continuidade e ampliación de programas centrados nesta temática, adaptándoos a novas necesidades e as novas tecnoloxías que poidan xurdir. Sería necesario abarcar tanto ao alumnado, como as familias, profesorado e toda a comunidade educativa, fomentando un enfoque cooperativo e inclusivo. Tamén resultaría beneficioso traballar dunha forma interdisciplinaria, establecendo redes de colaboración entre centros educativos, entidades especializadas e outros profesionais, co obxectivo de crear recursos e boas prácticas que contribúan á prevención efectiva do ciberacoso nas aulas.

Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Mallo López, Sabela Carme (Titoría)
Tribunal
Mallo López, Sabela Carme (Titor do alumno)

Proposta dende a Educación Social para a inclusión da perspectiva de xénero en institucións de atención á primera infancia.
Autoría
M.C.C.
Grao en Educación Social
M.C.C.
Grao en Educación Social
Data da defensa
06.02.2025 16:00
06.02.2025 16:00
Resumo
O proxecto Conto con tod@s expón unha intervención socioeducativa destinada a fomentar a igualdade de xénero e a diversidade en institucións de atención á primeira infancia. Este Traballo de Fin de Grao combina os principios da educación en valores coa perspectiva de xénero, integrando actividades lúdicas e participativas como o contacontos e talleres creativos. O proxecto busca erradicar estereotipos de xénero desde as primeiras etapas da vida, facilitando unha contorna inclusiva onde nenos e nenas poidan desenvolverse plenamente. Ademais, promove a implicación das familias e o persoal educativo, destacando a colaboración como un eixo esencial para garantir o éxito das intervencións. Mediante unha metodoloxía baseada na participación activa, a creatividade e o traballo en equipo, trabállanse contidos como o feminismo, os roles de xénero e a diversidade. As actividades están deseñadas para ser accesibles e significativas, adaptadas ás características psicoevolutivas dos e das menores. Este proxecto non só reforza o papel do educador social como axente transformador, senón que tamén propón unha solución práctica para integrar a perspectiva de xénero en contextos educativos, contribuíndo ao desenvolvemento de comunidades máis igualitarias e respectuosas.

DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titoría)
Tribunal
DIZ LOPEZ, MARIA JULIA (Titor do alumno)

O uso da lingua galega e a súa presenza na Educación Infantil. Análise de dúas propostas de escola.
Autoría
I.G.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
I.G.G.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2025 10:15
05.02.2025 10:15
Resumo
Dende a entrada do século XXI, o mundo evolucionou vertixinosamente, mudando as nosas vidas a un ritmo frenético. Os avances tecnolóxicos e a dixitalización que vivimos nas últimas décadas deixaron obsoletos referentes históricos como foron, por exemplo, as tres grandes revolucións industriais. Así, as novas xeracións non son capaces de concibir unha sociedade sen tarxetas de crédito, códigos QR ou redes sociais. Posiblemente, sexa esta a gran condición que mudou ás sociedades actuais, interferindo nas formas de relación e de comunicación humanas, e manténdonos conectados as 24 horas. Irremediablemente, este feito condicionou a diversificación e mellora das destrezas lingüísticas da cidadanía, facendo posible que as persoas coñezan e dominen diferentes idiomas, independentemente da residencia, nacionalidade ou cultura. Centrándonos no contexto inmediato, este aspecto “positivo” da nosa sociedade actual pode estar afectando, de xeito decisivo, á vitalidade e perseveranza do noso idioma. Pode a crecente pluralidade converterse nunha ameaza para a lingua galega? Así, o presente traballo tratará de dar resposta a esta cuestión, afondando na realidade da situación galega e da súa lingua, sobre todo dende o ámbito familiar e escolar; á vez que se analizarán diferentes formas de resistencia e estratexias para o mantemento e revitalización lingüística.

ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titor do alumno)
A música e o baile tradicional dende unha perspectiva terapéutica. Proposta de intervención para o 2º ciclo de educación infantil.
Autoría
C.G.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
C.G.S.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
06.02.2025 10:00
06.02.2025 10:00
Resumo
O presente traballo de Fin de Grao afonda no potencial terapéutico e pedagóxico da música e o baile tradicional na etapa de educación infantil, explorando a súa aplicación e beneficios no desenvolvemento integral do alumnado nos seus primeiros anos de formación. O traballo comeza cun achegamento á música e ao baile para poder integralas dentro da proposta didáctica que xira arredor da pedagoxía terapéutica. O obxectivo deste traballo é ofrecer unha proposta de intervención que promova o benestar emocional, mental, físico e social dos individuos, empregando a música e o baile tradicional como ferramentas terapéuticas.

GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titor do alumno)

A inclusión do alumnado migrante en Educación Infantil
Autoría
A.M.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
A.M.A.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [S]
Data da defensa
06.02.2025 13:00
06.02.2025 13:00
Resumo
Nos últimos anos, o aumento da poboación inmigrante no noso país xerou a necesidade de implementar medidas de adaptación en todos os ámbitos, destacando o papel fundamental da sociedade e por suposto, o papel da educación. Como resultado destes cambios, a escola convértese nun espazo chave para a convivencia de todo tipo de estudantes, co obxectivo de lograr unha integración plena e efectiva para este alumnado. É por todo isto a necesidade do presente traballo de tipo documental, no cal abordarase a temática da diversidade cultural na Educación Infantil co propósito de investigar en que punto se atopa dita inclusión nas aulas. Levando a cabo unha revisión por diversas fontes documentais, analizarei e reflexionarei sobre as diferentes teorías e investigacións realizadas por diversos autores. Posteriormente, profundizarei en que punto se atopa a diversidade cultural hoxe en día e cales son os seus efectos na nosa sociedade. Por último, analizarei a perspectiva e os retos que deben afrontar o ámbito educativo e familiar ante esta inclusión

FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titoría)
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ TILVE, MARIA DOLORES (Titor do alumno)

Proxecto de intervención empregando o cine de animación como recurso na materia de Educación Plástica e Visual 6 Ed. Primaria
Autoría
L.I.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
L.I.B.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
05.02.2025 11:30
05.02.2025 11:30
Resumo
Este traballo de fin de grao consiste nun proxecto de intervención no que se emprega o cinema de animación como un recurso para a materia de Educación Plástica e Visual. Para iso, no marco teórico abórdase a historia da técnica de animación desde os seus inicios ata o seu momento actual, pasando polos diferentes tipos de técnicas utilizadas para a realización de curtos, así como tamén os diferentes acontecementos, épocas e etapas máis importantes da mesma. Seguidamente, abórdase o seu posible papel como medio de aprendizaxe dentro do actual marco curricular da LOMLOE. Ademais, esta técnica de cinema é a máis adecuada para o alumnado de Educación Primaria, tendo en conta as súas características psicolóxicas e emocionais. Esta fundamentación teórica integra unha proposta didáctica que podería implementarse nunha programación anual da materia Educación Plástica e Visual, ao longo de todo un trimestre académico. Para a realización do presente traballo de fin de grao realizouse unha procura documental, tanto de artigos académicos como de diferentes páxinas web e libros relacionados coa temática da animación. Para o deseño do proxecto de intervención educativo, téntase achegar ao alumnado de Educación Primaria a animación dun modo máis interactivo e didáctico, tal e como sería coa realización dun curto animado

PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titoría)
Tribunal
PERNAS MORADO, EULOGIO (Titor do alumno)

O problema do uso inadecuado das novas tecnoloxías e das redes sociais na actualidade. Deseño dunha proposta didáctica para o alumnado de Educación Primaria.
Autoría
J.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
J.V.P.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.02.2025 09:00
03.02.2025 09:00
Resumo
As redes sociais convertéronse nunha parte indispensable da nosa vida diaria, facilitando a comunicación e o acceso case ilimitado a calquera tipo de información. Porén, un uso inadecuado destas pode traer consigo unha infinidade de problemas, especialmente nas persoas máis novas, pola súa maior vulnerabilidade aos seus efectos negativos. O principal obxectivo deste proxecto é concienciar o alumnado de educación primaria sobre o uso responsable dos dispositivos electrónicos e das redes sociais, así como os perigos asociados ao seu mal uso. Ademais, búscase que o propio alumnado sexa capaz de transmitir o aprendido ás persoas adultas da súa contorna, promovendo unha conciencia social interxeracional. A metodoloxía proposta basearase no deseño dunha proposta didáctica en forma de proxecto de innovación. Este estará composto por actividades que comezarán cun proceso de motivación inicial para o alumnado. A través dun enfoque construtivista baseado na aprendizaxe por proxectos, o alumnado traballará de forma activa na procura de solucións ao problema formulado, co fin de que poidan aplicar e compartir os coñecementos adquiridos. A proposta didáctica irá precedida polo marco teórico, que estará dividido en tres bloques. O primeiro centrarase na intelixencia, a creatividade humana e as recompensas cerebrais. O segundo abordará as redes sociais, a súa definición, marco legal (tanto a nivel internacional como nacional) e impacto na sociedade. Finalmente, o terceiro bloque tratará os problemas derivados do uso excesivo da tecnoloxía e das redes sociais, con especial énfase na mocidade e nos efectos na sociedade en xeral.

Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE Cotitoría
Eirín Nemiña, Raúl (Titoría)
GARCIA MARIN, JORGE Cotitoría
Tribunal
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
Eirín Nemiña, Raúl (Titor do alumno)
GARCIA MARIN, JORGE (Titor do alumno)
A metodoloxía TPR (Total Physical Response) na aprendizaxe da lingua inglesa no primeiro ciclo de Educación Primaria: unha proposta didáctica para segundo curso de Educación Primaria.
Autoría
M.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
M.A.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
03.02.2025 17:00
03.02.2025 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao céntrase no método de Resposta Física Total e na súa aplicación na ensinanza de inglés en Educación Primaria. O seu obxectivo principal é investigar como este método, que combina a actividade física coa aprendizaxe lingüística, pode mellorar a adquisición da lingua inglesa nun grupo de nenas e nenos de Educación Primaria. Ademais de incluír unha fundamentación teórica sobre este método e sobre os métodos máis relevantes na ensinanza de lingua estranxeira ao longo da historia, desenvolve unha proposta didáctica baseada no método TPR que se leva a cabo no primeiro ciclo de Educación Primaria, concretamente no segundo curso. A proposta avalía a eficacia deste método, observando o impacto na motivación, participación e comprensión do alumnado e amosa os beneficios de reducir a ansiedade na aula e fomentar un ambiente seguro e lúdico para a aprendizaxe do inglés. A investigación conclúe que a pesar dalgunhas limitacións, o TPR é unha ferramenta válida para a aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira nos primeiros cursos de Educación Primaria.

FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
Tribunal
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titor do alumno)

O conto musical como recurso para a Lingua e Literatura e a Educación Musical. Proxecto interdisciplinar en Educación Primaria.
Autoría
A.I.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
A.I.D.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [S]
Data da defensa
06.02.2025 11:00
06.02.2025 11:00
Resumo
Este traballo de Fin de Grao tratará o conto musical como recurso para un proxecto interdisciplinario entre a Lingua e Literatura e a Educación Musical en Educación Primaria. O conto musical constitúe un enlace entre a linguaxe verbal e a musical, o que supón unha ferramenta moi útil para a formación do alumnado. A través do conto acompañado pola música, estarase incentivando a atención e a imaxinación dos nenos/as. Ademais a nivel musical a asociación de sons a situacións relatadas en contos, produce unha estimulación dentro do ámbito auditivo. Os obxectivos que se buscan alcanzar a través deste traballo serían: investigar a importancia do conto musical na Educación Primaria e o aporte á aprendizaxe do alumnado como recurso para un proxecto interdisciplinario. Para o desenvolvemento deste traballo aplicarase unha modalidade de deseño dunha proposta de intervención de carácter interdisciplinario que irá acompañado dun marco teórico fundamentado nunha indagación bibliográfica sobre o tema.

LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titor do alumno)