Aplicación do Método de Implementación de Tarefas para Casa (MITCA) para o desenvolvemento dos deberes da asignatura de Física e Química
Autoría
A.R.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)

Data da defensa
12.07.2024 12:00
12.07.2024 12:00
Resumo
Atendendo á controversia aínda existente respecto dos deberes escolares e á dificultade que ten o alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para organizarse e xestionar o tempo, decidiuse aplicar o Método de Implementación de Tarefas para Casa (MITCA) durante a realización do Prácticum II do Máster de Profesorado, e avaliar a súa efectividade para dotar as tarefas para casa dun recurso valioso que melloren a aprendizaxe e autoxestión do alumnado. Para lograr ver dita efectividade, desenvolveuse unha proposta didáctica, precedida dun pre-test, na que se prescribiron tarefas para casa ao longo de tres semanas a un grupo de Física e Química de 2ºESO dun centro da provincia de A Coruña; e que finou cun post-test para a recollida de datos. Nos resultados obtidos ponse de manifesto que cun período tan curto de traballo non se aprecian diferencias nas variables medidas no grupo con respecto ao momento inicial, pero si se establecen as fontes e elementos necesarios para facer propostas de mellora sobre o emprego do tempo e a necesidade de coordinación entre o profesorado para que este resulte efectivo.

Dirección
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA Cotitoría
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA Cotitoría
Tribunal
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)

Intervencións educativas para a mellora do rendemento académico de alumnado con TDAH en Educación Secundaria
Autoría
J.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
J.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 13:00
12.09.2024 13:00
Resumo
O Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH) é, na actualidade, un dos máis prevalentes e ten un impacto negativo moi importante sobre o rendemento académico do alumnado de Educación Secundaria. A pesar da gran cantidade de intervencións descritas, disponse de pouca información acerca de cales, das aplicables no ámbito educativo, son realmente efectivas para mellorar o baixo rendemento académico deste alumnado. Por iso, os obxectivos deste Traballo de Fin de Máster foron identificar intervencións académicas eficaces para a mellora do rendemento académico do alumnado de Secundaria con TDAH e comparalas para determinar cales son máis beneficiosas. Para iso, levouse a cabo unha revisión da literatura que abarcou os últimos 15 anos, nas bases de datos WOS, Scopus, ERIC e PsycInfo. Incluíronse seis estudos que recolleron catro tipos de intervencións: apoio entre iguais, automonitorización, baseada nos deberes e no entrenamento de habilidades organizativas, e o Programa multicomponente Challenging Horizons. Os principais resultados indicaron que as dúas últimas parecen ter unha maior influencia sobre o rendemento académico do alumnado, se ben é necesaria máis investigación ao respecto.

IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
A brevidade e o seu potencial pedagóxico: una aproximación ao uso de formas breves na ensinanza-aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira
Autoría
S.L.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)

10.07.2024 18:00
10.07.2024 18:00
Resumo
O presente traballo aspira a contribuír ás discusións existentes sobre a brevidade, a xuventude e a educación en linguas estranxeiras a través do deseño dunha proposta didáctica construída sobre as fortalezas e potencialidades da forma curta como ferramenta educativa. Para logralo, esta investigación revisa as disquisicións académicas actuais entorno á brevidade e a literatura na ensinanza do inglés como lingua estranxeira, e propón unha constelación de actividades modelo que aspiran a introducir materiais (literarios) curtos na aula. A través da análise e despregamento destes, exponse que os materiais destas características contribúen activa e distintivamente ao desenvolvemento competencial do alumnado.

Pereira Ares, Noemí (Titoría)
Pereira Ares, Noemí (Titoría)
Tribunal
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Presidente/a)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Secretario/a)
LESTON OTERO, ANDREA (Vogal)

A narrativa visual nos procesos migratorios. Unha perspectiva de desenvolvemento educativo intercultural
Autoría
K.C.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
K.C.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
12.07.2024 10:00
12.07.2024 10:00
Resumo
Nas nosas sociedades actuais, a linguaxe textual e icónica conflúen e superpóñense como vehículos de comunicación, sendo ambos referentes materiais e simbólicos que nos definen como grupo social e cultural. Neste sentido, a irrupción e auxe das redes sociais, así como o desenvolvemento das novas tecnoloxías, propiciaron que as imaxes fotográficas adquiran cada vez máis protagonismo como medio de expresión e comunicación, especialmente nas últimas décadas. En canto a medio de comunicación, a linguaxe textual visual representada neste tipo de imaxes ten os seus propios códigos comunicativos, os cales dan forma e constrúen as narrativas visuais. Desde unha perspectiva de desenvolvemento intercultural, a análise de documentos fotográficos preséntase, pois, como unha oportunidade metodolóxica máis que apropiada co fin de adquirir unha maior comprensión sobre un determinado fenómeno social, neste caso, a migración. Para profundizar neste tema, formulamos como obxectivo principal nesta investigación coñecer os aspectos xerais representados nas fontes documentais visuais, concretamente, nas imaxes fotográficas, asociados ao fenómeno migratorio durante os séculos XX e XXI, dende e cara ao territorio español. A través dunha metodoloxía esencialmente cualitativa, baseada na análise documental -tanto descriptiva como interpretativa- de documentos visuais fotográficos, puidemos comprobar que esta non só propicia a profundización e concienciación sobre os elementos que caracterizan o fenómeno migratorio ao que se asocian, senón que estes, á súa vez, constitúen a súa propia narrativa visual. Do mesmo xeito, a intersubxectividade que media entre a función de rexistro fotográfico e a súa correspondente análise crítica, permite adquirir unha maior conciencia sobre os nosos propios sesgos culturais, confrontando a nosa percepción sobre o fenómeno en cuestión.

SANTOS REGO, MIGUEL ANGEL (Titoría)
SANTOS REGO, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Tribunal
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)

As competencias docentes na novela de fantasía actual
Autoría
M.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
O obxectivo deste TFM é contribuír á miña formación como docente no que respecta á interacción entre profesorado e alumnado e ás actitudes do profesorado. Para iso analizaranse tres novelas de fantasía actuais, La guerra de la amapola, La corona de hielo e La guardiana de las ciudades perdidas. Estas novelas inclúen escenarios de aula e personaxes que actúan como profesores. A metodoloxía do TFM será a formulación dunha serie de categorías competenciais a partir de diversas fontes e o contraste destas categorías coas accións e actitudes do profesorado seleccionado como exemplos nas novelas. A partir deste contraste, xeraranse unha serie de conclusións.

TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Presidente/a)
Pereira Ares, Noemí (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)

O impacto das pantallas na aprendizaxe de linguas estranxeiras: un estudo de caso no IES Campo de San Alberto
Autoría
A.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
Sábese que o uso de pantallas ten consecuencias negativas na saúde e no rendemento académico da poboación infantil e adolescente, o que levou a un debate sobre a súa eliminación das aulas. O obxectivo do presente traballo é analizar o impacto do uso de ferramentas propias das TIC e en particular das pantallas no alumnado de ESO e Bacharelato co fin de chegar a unha mellor comprensión do uso das TIC nas clases de linguas estranxeiras e fomentar a reflexión xa iniciada neste aspecto. Para iso realízanse dúas enquisas entre 108 alumnos/as de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos e 5 profesoras de linguas estranxeiras do IES Campo de San Alberto (Noia, A Coruña) e compleméntanse as respostas con observacións feitas na aula durante o período de prácticas do máster. Malia ofreceren unha visión limitada do tema, os resultados mostran un patrón de uso dos distintos dispositivos que posúe o alumnado, o contido que consome e realiza en linguas estranxeiras e a súa percepción sobre os procesos de lectoescritura ao ser realizados en papel ou pantalla, así como a perspectiva do profesorado sobre estas cuestións.

BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Titoría)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Titoría)
Tribunal
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Vogal)

O ensino do portugués nas aulas de galego: unha proposta de intervención educativa
Autoría
M.A.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.A.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 11:00
15.07.2024 11:00
Resumo
A partir da Lei nº1/2014, do 24 de marzo, (máis coñecida como Lei Valentín Paz Andrade), a lusofonía e os contidos de lingua portuguesa forman parte do currículo de Lingua e Literatura Galegas. A súa introdución ten entre os seus obxectivos conseguir que o portugués non sexa alleo ao galego, ca fin de avanzar no proceso de normalización e autoestima lingüística deste último. En consonancia, o presente traballo cuestiónase que significaría, na práctica, unha integración real do portugués durante un tempo prolongado nunha aula de 4º da ESO de Lingua Galega e Literatura, na certeza de que isto sería benéfico para o galego e para a visión que del ten o alumnado. No seu percurso, avaliaremos as consecuencias desta proposta para o ensino e aprendizaxe do galego, tanto dun punto de vista interno, no reforzo de unidades lingüísticas que, en relación ao español, son exclusivas, como externo, en termos de valor simbólico, proxección e utilidade internacional. Para o efecto, realizaranse actividades didácticas na aula orientadas a tal fin, sobre a base das novas metodoloxías activas e plurais para a didáctica de linguas e das directrices da Unión Europea relativas ao coñecemento das variedades lingüísticas próximas que presentan vínculos históricos e estruturais tan evidentes como é o caso do galego e do portugués.

ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
Giadás Quintela, Miguel (Vogal)

Deseño dunha proposta para acercar a música tradicional galega ás aulas de música de 4º da ESO: Os ritmos de xota, muiñeira, pasodobre e rumba.
Autoría
S.U.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)

15.07.2024 18:00
15.07.2024 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster explora a rica herdanza musical galega e favorece a súa integración na educación secundaria. Destaca a importancia de ensinar ritmos tradicionais como a muiñeira, a xota, o pasodobre e a rumba, subliñando o seu valor educativo e cultural. A proposta deseñada busca incorporar estes ritmos e instrumentos tradicionais no currículo escolar para reforzar a identidade musical galega e fomentar unha conexión máis profunda dos estudantes con estas prácticas musicais. A metodoloxía combina principios de Kodály e Orff, integrando actividades prácticas que inclúen o uso de instrumentos tradicionais e cotidiáfonos. Estas actividades están deseñadas para enriquecer a experiencia educativa, impulsando a creatividade, as habilidades analíticas e unha apreciación das tradicións musicais locais, facilitando así a transmisión de coñecementos culturais de xeración en xeración.

GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)

Pensamento sistémico e acción crítica fronte o cambio global na aula de ciencias
Autoría
M.A.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.A.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.07.2024 09:15
12.07.2024 09:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo estudar o pensamento crítico e sistémico que pon en práctica un grupo de estudantes de ciencias na aula de secundaria nunha situación de aprendizaxe baseada nunha cuestión socio-científica urxente: o cambio global. A investigación é cualitativa e implica a toma de datos nunha aula de 4º de secundaria durante o período de Prácticum II. Os resultados máis relevantes poñen de manifesto un baixo dominio xeral sobre o cambio global por parte do alumnado, así como niveis baixos de pensamento crítico e sistémico. Tampouco se identificou unha relación entre o coñecemento do cambio global e o desempeño de destrezas de pensamento sistémico e crítico.

PUIG MAURIZ, BLANCA (Titoría)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Titoría)
Tribunal
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Presidente/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)

Unha análise histórico-comparativa entre os sistemas educativos de Brasil e España
Autoría
L.A.R.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
L.A.R.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2024 12:00
17.07.2024 12:00
Resumo
O presente traballo compara os sistemas educativos de Brasil e España, a través do estudo da lexislación e das reformas, desde principios do século XX, ademais de retratar a evolución histórica da educación nestas nacións. A análise comparativa utiliza bibliografía especializada, lexislación nacional, informes e documentos gobernamentais. Co obxectivo de comprobar semellanzas no desenvolvemento da educación entre países, buscamos referencias de varios teóricos cuxos traballos abordan elementos que conflúen coa implantación dos sistemas educativos nacionais. Durante a investigación, os argumentos xurídicos e administrativos foron confrontados con estudos máis profundos que abordaban cuestións máis políticas e ideolóxicas sobre a educación nunha sociedade de clases en transformación. A investigación teórica baseada na revisión documental aplica o método comparativo, establecendo conexións entre indicadores para a súa posterior análise. Polo tanto, os resultados do estudo demostran que mentres, por unha banda, as semellanzas entre os sistemas educativos son claras, por outra, a medida do grao de autonomía, a eficiencia dos proxectos e a equidade na distribución dos recursos financeiros difiren. Destes feitos, concluímos que é necesario que Brasil e España promovan aínda máis a xestión democrática da educación fomentando a participación de todos nos procesos educativos. Promover o acceso universal e en igualdade de condicións ás políticas educativas públicas reforza a liberdade de ensino, a innovación e o respecto á diversidade. Observamos, polo tanto, que os sistemas educativos deben orientarse cara ao desenvolvemento humano na súa totalidade, e que as avaliacións institucionais son as principais fontes de datos necesarios para a posta en marcha de políticas públicas aliñadas coa realidade educativa de cada país.

RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Presidente/a)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Vogal)

Traballo Fin de Máster: Intervención educativa innovadora centrada na gamificación para o módulo de estudo da cavidade oral no ciclo superior de hixiene bucodental
Autoría
U.P.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
U.P.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
No presente Traballo Fin de Mestrado, proponse unha intervención educativa innovadora centrada na gamificación para o módulo de estudo da cavidade oral no ciclo superior de hixiene bucodental a través da integración de elementos de xogo, como puntos e táboas de clasificación coas que se pretende aumentar a motivación e o compromiso dos estudantes, mellorando así a retención de coñecementos e habilidades prácticas. A proposta inclúe actividades como xogos de role-playing, simulacións de casos clínicos e cuestionarios interactivos utilizando ferramentas dixitais como ClassDojo e Kahoot. A metodoloxía de avaliación contínua con feedback inmediato busca fomentar a participación activa e proporcionar un entorno de aprendizaxe dinámico e interactivo. Este enfoque innovador non só apoia a adquisición de coñecementos técnicos, senón tamén desenvolvemento de habilidades críticas como o pensamento analítico, a toma de decisións, e o traballo en equipo.

MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
CAAMAÑO LIÑARES, TANIA Cotitoría
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
CAAMAÑO LIÑARES, TANIA Cotitoría
Tribunal
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Secretario/a)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Vogal)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Presidente/a)
GARCIA VINUESA, ANTONIO (Secretario/a)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Vogal)
Coñecemento da contorna a través da aprendizaxe por descubrimento e a educación artística.
Autoría
A.R.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.R.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
09.07.2024 11:00
09.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster propón unha experiencia de educación artística centrada na contorna local mediante a aprendizaxe por descubrimento. O obxectivo é avaliar a eficacia deste tipo de experiencias para fomentar a creatividade e a comprensión da contorna, fortalecendo as habilidades artísticas e conectando a aprendizaxe coa realidade cultural e social nos alumnos de Educación Infantil. Para iso, elabórase unha fundamentación teórica e prantexase unha proposta didáctica, que se leva a cabo nunha aula con 23 estudantes. Esta implementación permite recoller datos para unha investigación-acción. Os resultados da investigación demostran que o uso de metodoloxías baseadas na arte e o descubrimento aumentan significativamente a motivación durante a aprendizaxe no alumnado.

Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)

(Re)coñecendo as linguas familiares do alumnado a través da reconstrución das súas biografías lingüísticas
Autoría
S.C.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
S.C.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 13:00
15.07.2024 13:00
Resumo
A era da posmodernidade, influenciada pola globalización, comporta novos desafíos sociocomunicativos que a escola debe abordar co obxectivo de fomentar unha valoración positiva cara á diversidade lingüística e desenvolver unha conciencia lingüística entre o alumnado. No contexto galego, unha comunidade oficialmente bilingüe (co galego como lingua minorada) e tradicionalmente marcada pola migración, ponse de manifesto a necesidade de trasladar a aula unha reflexión sociolingüística crítica. Neste traballo explóranse a (auto)biografía lingüística e o retrato lingüístico como ferramentas educativas para reflexionar sobre as traxectorias e os usos lingüísticos, axudando ao alumnado a recoñecer e valorar a diversidade lingüística e cultural. Amais, examinarase a socialización lingüística do alumando, revelando motivacións, ideoloxías e emocións vencelladas ao uso e aprendizaxe de linguas. A proposta alíñase coas directrices europeas e estatais que promoven unha actitude positiva cara á diversidade lingüística e o desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural.
A era da posmodernidade, influenciada pola globalización, comporta novos desafíos sociocomunicativos que a escola debe abordar co obxectivo de fomentar unha valoración positiva cara á diversidade lingüística e desenvolver unha conciencia lingüística entre o alumnado. No contexto galego, unha comunidade oficialmente bilingüe (co galego como lingua minorada) e tradicionalmente marcada pola migración, ponse de manifesto a necesidade de trasladar a aula unha reflexión sociolingüística crítica. Neste traballo explóranse a (auto)biografía lingüística e o retrato lingüístico como ferramentas educativas para reflexionar sobre as traxectorias e os usos lingüísticos, axudando ao alumnado a recoñecer e valorar a diversidade lingüística e cultural. Amais, examinarase a socialización lingüística do alumando, revelando motivacións, ideoloxías e emocións vencelladas ao uso e aprendizaxe de linguas. A proposta alíñase coas directrices europeas e estatais que promoven unha actitude positiva cara á diversidade lingüística e o desenvolvemento da competencia plurilingüe e intercultural.
Dirección
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Titoría)
Tribunal
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
Giadás Quintela, Miguel (Vogal)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
Giadás Quintela, Miguel (Vogal)
Análise das ideas previas e dificultades de aprendizaxe en Física e Química: Proposta didáctica sobre reaccións químicas
Autoría
P.P.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
P.P.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 18:00
04.07.2024 18:00
Resumo
Nesta investigación examinouse a proposta didáctica realizada durante o Prácticum II cun grupo de 4º da ESO nun instituto público de Galicia. O tema elixido para esta secuencia, as reaccións químicas, foi amplamente estudado para identificar as ideas previas e dificultades de aprendizaxe que presentan os estudantes no ensino secundario obrigatorio. É fundamental coñecer as ideas alternativas que teñen os/as alumnos/as para axudalos a comprender a materia. Con este obxectivo, deseñáronse dous cuestionarios. O primeiro revelará as ideas previas do grupo, e o segundo permitirá identificar as ideas superadas e as aínda persisten entre o alumnado. Non se atoparon diferenzas significativas nos resultados entre os estudantes deste centro e a bibliografía consultada. A proposta didáctica demostrou ser eficaz á hora de mellorar algunha das concepcións iniciais, aínda que outras cuestións parecen estar máis arraigadas dentro do grupo.

TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Secretario/a)
Gallástegui Otero, Juan Ramón (Vogal)

Acreditación de competencias e homologación de títulos de persoas refuxiadas: unha proposta educativa desde a Formación Profesional.
Autoría
M.R.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
M.R.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 10:00
11.09.2024 10:00
Resumo
Nun contexto global cada vez máis marcado polos desprazamentos forzosos, a inclusión da poboación refuxiada preséntase como un reto fundamental a abordar. É por iso que a acreditación e homologación das competencias e titulacións previas xorden como aspectos vitais para facilitar dita inclusión, permitindo á poboación refuxiada acceder á mellora socioeconómica, laboral e educativa no país de acollida e identificando as principais dificultades durante este proceso. O principal obxectivo deste traballo é deseñar una proposta educativa para o alumnado do Ciclo Superior de Integración Social sobre esta temática, a través de metodoloxías activas e participativas como a aprendizaxe cooperativa e a aprendizaxe-servizo, dando como resultado a creación dunha páxina web informativa sobre o proceso. Mediante esta proposta, promóvese una aprendizaxe significativa baseada nunha problemática real, que permite mellorar tanto a práctica docente como a calidade educativa, ademais de facilitar a adquisición de determinadas competencias e contribuír á inclusión desta poboación.

NUÑEZ GARCIA, JESICA (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Titoría)
Tribunal
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
A Aprendizaxe Baseada en Xogos para o traballo da comunicación oral e a mediación na aula de lingua estranxeira: Unha proposta seguindo a Taxonomía de Bloom
Autoría
P.M.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
P.M.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
16.07.2024 11:00
16.07.2024 11:00
Resumo
Considerando a importancia atribuída ao traballo da mediación por parte do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER), este Traballo de Fin de Máster presenta unha proposta de intervención didáctica na que se implementou a Aprendizaxe Baseada en Xogos (ABX) na aula de inglés de 1º de ESO. As actividades deseñáronse seguindo a Taxonomía de Bloom, de modo que incrementan progresivamente a súa dificultade ata culminar nunha actividade final de mediación oral. O obxectivo do mesmo é analizar a motivación e satisfacción do alumnado, así como traballar a comunicación oral e a mediación. Para iso, primeiro levouse a cabo unha revisión bibliográfica sobre a ABX, a Taxonomía de Bloom e a mediación oral. Finalmente, para avaliar a efectividade da intervención, empregouse a técnica de observación mediante listas de control e aplicouse un cuestionario ao final da unidade didáctica para recoller as opinións do alumnado. Os resultados indican un aumento significativo na motivación e satisfacción do alumnado, destacando a eficacia da ABX para mellorar a aprendizaxe da lingua estranxeira.

LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
Tribunal
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
Pereira Ares, Noemí (Secretario/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Vogal)

Descubrindo os microorganismos dende unha perspectiva crítica en 1º de bacharelato
Autoría
L.G.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
L.G.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2024 17:00
11.07.2024 17:00
Resumo
Ante o uso indiscriminado dos antibióticos na sociedade actual, decídese levar esta problemática ás aulas a través dunha proposta que busca fomentar a acción crítica e responsable respecto ao uso de antibióticos mediante un enfoque One Health. As preguntas de investigación son 1) Cal é o nivel de coñecemento previo dos estudantes sobre os antibióticos, a problemática da súa resistencia e en que medida a proposta deseñada permite resolver esas dificultades?, 2) Como xustifican os estudantes as accións que deben ter en conta para facer un uso adecuado dos antibióticos e a que axentes danlle máis responsabilidade? e 3) Como interpretan os estudantes o impacto do uso de antibióticos nas tres esferas do modelo One Heatlh? A metodoloxía desta investigación é de tipo cualitativo, na cal se realizou un estudo de caso nun instituto galego con 14 estudantes de 1º de Bacharelato, dos cales se analizaron as respostas ás actividades identificando a información relevante para dar resposta ás preguntas de investigación. As principais conclusións extraídas reflicten a necesidade de seguir incidindo na formación do alumnado respecto a RA.

Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
VILLAR LOPEZ, MARIA Cotitoría
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
VILLAR LOPEZ, MARIA Cotitoría
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)

Unha situación de aprendizaxe sobre a estética do feísmo
Autoría
A.P.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)

10.07.2024 13:00
10.07.2024 13:00
Resumo
Desde finais do século XVIII coa irrupción do romanticismo en Inglaterra ata o triunfo das vangardas a comezos do século XX e a súa deriva na arte contemporánea, o concepto do feo na arte gaña un predominio a estética para converterse nunha categoría estética autónoma, que á súa vez foi subdividida noutras: o sublime, o grotesco, o sinistro, o pintoresco ou a caricatura. Nesta situación de aprendizaxe, realizarase unha diagnose do feísmo na arte ao longo dos dous últimos séculos, e comprobarase o coñecemento a través da creación de obras artísticas, enmarcadas dentro das diferentes temáticas relacionadas coa estética da arte que conforma a actividades para facer na clase.

CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS (Vogal)

Educación, filosofía e emocións. Unha proposta de pedagoxía queer
Autoría
A.P.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.P.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
En que consiste a matriz binaria? Que supón a heteronorma? Propoñemos un estudo filosófico-pedagóxico que nos permite afondar nas complexidades das emocións e os afectos. Para isto, seguiremos a perspectiva de Sara Ahmed acompañada coas teorías de xénero e queer, co obxectivo de examinar como estas forzas afectivas non só moldean as nosas experiencias individuais, senón tamén como estruturan os espazos sociais e políticos. A intersección entre emocións, poder e resistencia analízase meticulosamente, destacando como estas dinámicas afectivas poden subverter normativas dominantes e abrir novas posibilidades de entendemento e acción en contextos educativos e máis alá.

GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Vogal)

Cochlea Domus: Proxecto para o aprendizaxe de conceptos sobre Ecoloxía e Zooloxía en 4º da ESO PDC.
Autoría
D.G.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
D.G.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2024 18:00
11.07.2024 18:00
Resumo
A educación ambiental debería ser un pilar fundamental na Educación superior, pois actualmente é un dos problemas máis relevantes para a humanidade e un dos que podería ter un maior impacto nas xeracións futuras. Por este motivo, é tan importante entender cómo afectan as actividades antropoxénicas, como é o caso da proliferación de especies invasoras ou a contaminación a través de biocidas. O presente Traballo de Fin de Máster (TFM) ten como principal obxectivo levar á práctica o proxecto “Cochlea Domus”, unha proposta didáctica construtivista que se fundamenta na Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP). Esta proposta foi levada a cabo utilizando un terrario con caracois comúns (Cornu aspersum). Durante o seu desenvolvemento, os estudantes foron os responsables, por unha banda, do mantemento diario que estes animais necesitaban, e, por outra, de deseñar un experimento que permitise atopar unha alternativa ao uso de pesticidas para combater as pragas de gasterópodos, reforzado todo itso cas clases expositivas. Inicialmente, puidose realizar unha análise dos coñecementos e das ideas previas dos estudantes por medio dun cuestionario previo ou pre-test. Unha vez finalizado o proxecto, analizouse a resposta dos estudantes e o grao de coñecemento que lograron adquirir, obtendo en ambos casos resultados positivos.

RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
A interculturalidade na aula de inglés: Unha proposta teórico-práctica.
Autoría
N.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
N.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
16.07.2024 12:00
16.07.2024 12:00
Resumo
Nas aulas de linguas estranxeiras, a aprendizaxe da cultura da comunidade obxecto de estudo estivo relegada a un segundo plano dende sempre, pois déuselle máis énfase á aprendizaxe dos aspectos lingüísticos. Ademais, nos poucos casos nos que se trataba este aspecto, facíase dende unha perspectiva occidental, é dicir, centrándose en territorios como Reino Unido ou Estados Unidos. Se a isto unimos que estamos rodeados de estereotipos, a introdución da interculturalidade na aula, co respecto e a superación de estereotipos como base, vólvese una necesidade. Desta forma, estre traballo nace da importancia da aplicación da interculturalidade nas aulas de inglés durante a educación secundaria obrigatoria, para crear alumnado capaz e convivir de forma adecuada no mundo globalizado actual. Para iso, o presente traballo dividirase en dúas partes. Unha delas, máis teórica, tratará os aspectos máis relevantes da interculturalidade relacionados coa docencia, mentres que a segunda parte constituirá unha proposta de aplicación didáctica que terá como punto de partida a introdución da interculturalidade e a superación de estereotipos na aula.

GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Titoría)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Titoría)
Tribunal
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
Pereira Ares, Noemí (Secretario/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Vogal)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
Pereira Ares, Noemí (Secretario/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Vogal)
Unha proposta didáctica: o problema da verdade na ciencia
Autoría
I.V.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
I.V.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 16:00
11.09.2024 16:00
Resumo
Esta proposta didáctica pretende profundar nos mecanismos que ten a ciencia para soster as súas verdades, mostrándolles aos alumnos as dificultades que isto entraña desde a filosofía da ciencia. Desta maneira, tentarase achegar ao alumnado posicións críticas co anti-positivismo, de grande importancia na filosofía da ciencia, para, en consecuencia de todo o anterior, promover unha actitude crítica ante o cientifismo, é dicir, a teoría segundo a cal os únicos coñecementos válidos son os que se adquiren mediante ciencias positivas. Para iso, coa motivación do pensamento crítico de fondo, este traballo baséase no recurso e lectura de textos filosóficos, o traballo colaborativo e o diálogo na aula como ferramentas pedagóxicas.

PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
A violencia 2.0 na adolescencia: unha análise documental
Autoría
L.G.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)

16.07.2024 10:15
16.07.2024 10:15
Resumo
O emprego da tecnoloxía por parte da adolescencia da lugar a unha transformación na forma que estes/as se relacionan, convertendo as contornas virtuais, nun novo espazo de comunicación, socialización e creación de relacións interpersoais. A raíz disto, os espazos virtuais dan pé a que a violencia de xénero se adapte, se transforme e reproduza comportamentos e patróns de conductas propios da realidade offline e apareza a chamada violencia 2.0. Este Traballo de Fin de Máster ten por obxectivo revisar e visibilizar os traballos e investigacións sobre a violencia 2.0 no colectivo adolescente, tendo en conta as relacións interpersoais que establecen no contexto online, todo elo dende a perspectiva de xénero. A través da modalidade de iniciación á investigación documental, e empregando a metodoloxía PRISMA, realizouse unha busca sistemática en tres bases de datos relevantes no ámbito educativo: Scopus, Web of Science e Dialnet. Os principais resultados obtidos amosan que o colectivo adolescente normaliza a violencia 2.0, existindo diferenzas de xénero en canto á conciencia e experiencias con esta violencia e percibindo a escola como unha institución carente de ferramentas para intervir nesta problemática. Finalmente, a modo de conclusión, remárcase a necesidade de realizar estudos que establezan medidas preventivas cara a violencia 2.0.

VILLAR VARELA, MILENA (Titoría)
VILLAR VARELA, MILENA (Titoría)
Tribunal
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)

A II Guerra Mundial más alá das batallas: Sensibilidade, reflexión e comprensión na aula de Historia. Proposta de situación de aprendizaxe para 1º de bacharelato.
Autoría
J.V.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
J.V.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
12.07.2024 12:00
12.07.2024 12:00
Resumo
O presente TFM consiste no desenvolvemento dunha proposta didáctica para a ensinanza da II Guerra Mundial dentro da materia de Historia do Mundo Contemporáneo para o curso de primeiro de bacharelato, centrándonos nos contidos, obxectivos e competencias establecidas pola lexislación para o ano proposto, e centrándonos en aquelas cuestión menos tratadas do mesmo. Os obxectivos do traballo radican en concienciar, dende unha perspectiva humanística, sobre a importancia do conflito, sensibilizar ao alumnado sobre as consecuencias da guerra, e educar sobre a empatía histórica. Levaremos a cabo unha metodoloxía activa baseada no uso de materiais diversos e o desenvolvemento de actividades dinámicas, tanto en grupo como individuais, que promovan a comprensión do alumnado das significacións que dito conflito tivo para a Historia. Os resultados previstos consisten no correcto uso de fontes por parte do alumando, o fomento da reflexión e o pensamento crítico, así como o traballo en equipo, a participación en aula e a comprensión profunda, máis alá do academicismo tradicional, da II Guerra Mundial e as súas consecuencias.

IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Titoría)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Titoría)
Tribunal
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
Blanco Anaya, Paloma (Vogal)

A danza no ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en educación infantil.
Autoría
U.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
U.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
Con este TFM, centrado no ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en educación infantil, preténdese lograr os seguintes obxectivos: analizar a estrutura deste ciclo formativo; identificar as competencias profesionais claves do título e aquelas que estean relacionadas coa danza; e analizar a importancia da danza dentro do antedito ciclo da formación profesional. Para a recollida de información empregaranse, ademais da revisión bibliográfica pertinente, a análise documental e comparativa dos decretos curriculares referidos ao ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en educación infantil das diferentes comunidades autónomas.

LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Titoría)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Titoría)
Tribunal
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
A cuestión patrimonial como dimensión educativa: os depósitos edafo- sedimentarios da costa galega como patrimonio
Autoría
V.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
V.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 17:00
10.09.2024 17:00
Resumo
A educación patrimonial ten demostrado ser un escenario esencial para conectar ao alumnado coa súa contorna inmediata, permitíndolles establecer vínculos directos co seu entorno natural e cultural. En particular, os depósitos edafosedimentarios, moi presentes na costa galega, ofrecen unha oportunidade única para esta conexión, cultivando un sentido máis profundo de pertenza e aprecio cara o patrimonio dende unha perspectiva holística e plural. Partindo deste marco referencial, este TFM, supón unha investigación educativa derivada unha actuación didáctica, centrada en alumnado de 1º da ESO. Seguindo un modelo metodolóxico de carácter cualitativo, combinado cun enfoque de análise mixta, esta investigación presenta como principais resultados unha nova comprensión do patrimonio, máis plural e aberta, así como o coñecemento e valoración dos depóstitos edafo- sedimentarios como patrimonio natural atendendo ao seu carácter científico.

DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Secretario/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Vogal)

Análise dos espazos dixitais dos Departamentos de Orientación na comarca de Santiago de Compostela.
Autoría
I.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
I.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 17:00
15.07.2024 17:00
Resumo
As plataformas dixitais son claves nunha sociedade hiperconectada, facilitan o acceso a información dunha forma simple e actualizada, así as administracións educativas, conscientes diso, fomentaron o desenvolvemento de espazos virtuais que faciliten o acceso á información por parte dos distintos membros da comunidade educativa (familias, alumnado, profesorado…). Os Departamentos de Orientación son esenciais na vida dos centros educativos; a súa finalidade é a de guiar ao alumnado, brindarlles apoio no seu proceso educativo dentro do sistema escolar e actuar como punto de unión e asesoramento coas familias -en etapas centrais do desenvolvemento-. Para iso, teñen, ademais do espazo físico e os tempos escolares, webs dentro dos centros educativos que lles permiten ocupar o espazo dixital facilitando o acceso a recursos, información e propostas aos distintos interesados/as. Nesta liña de traballo preténdese localizar e analizar os espazos web dos Departamentos de Orientación da comarca de Santiago de Compostela, profundando nos contidos e temática que maior peso teñen neste escenario e destacando aqueles espazos webs que dispoñen de máis recursos, información, programas e outra materiais clave para a comunidade educativa.

Rodríguez Groba, Ana (Titoría)
Rodríguez Groba, Ana (Titoría)
Tribunal
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
O uso do cinema na explicación da transición entre a Idade Antiga e a Idade Media
Autoría
A.M.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.M.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 18:00
12.09.2024 18:00
Resumo
O uso do cinema na aula é un recurso que leva sendo traballado e estudado por case máis de un século, atopando múltiples propostas para levar a cabo a explicacións de certas partes do temario de xeografía e historia. Máis neste traballo buscamos aplicalo a unha parte do temario que consideramos que sufre un certo maltrato, a Tardo-Antigüidade, a transición entre o Mundo Antigo e o Medieval. Considerando que o cine é unha forma innovadora de introducir este tema facéndoo máis sinxelo para o alumnado, pois non se encontrou ningún exemplo do uso de cine neste período da historia. Aplicarase durante as sesións un formato de clase activa e cooperativa, buscamos que o alumno comece o curso de 2º da ESO nunha aula na que o traballo cooperativo fomente un bo ambiente, e sobre todo que teña unha boa base histórica para comprender a evolución do home durante a Idade Media que senta as súas bases nestes séculos a tratar.
O uso do cinema na aula é un recurso que leva sendo traballado e estudado por case máis de un século, atopando múltiples propostas para levar a cabo a explicacións de certas partes do temario de xeografía e historia. Máis neste traballo buscamos aplicalo a unha parte do temario que consideramos que sufre un certo maltrato, a Tardo-Antigüidade, a transición entre o Mundo Antigo e o Medieval. Considerando que o cine é unha forma innovadora de introducir este tema facéndoo máis sinxelo para o alumnado, pois non se encontrou ningún exemplo do uso de cine neste período da historia. Aplicarase durante as sesións un formato de clase activa e cooperativa, buscamos que o alumno comece o curso de 2º da ESO nunha aula na que o traballo cooperativo fomente un bo ambiente, e sobre todo que teña unha boa base histórica para comprender a evolución do home durante a Idade Media que senta as súas bases nestes séculos a tratar.
Dirección
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Titoría)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Vogal)
Pequenos meteorólogos: Desenvolvendo prácticas científicas en Educación Infantil
Autoría
N.T.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
N.T.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
11.09.2024 13:30
11.09.2024 13:30
Resumo
O proxecto de investigación de educación infantil céntrase en introducir ao alumnado no estudo da meteoroloxía a través de prácticas científicas, como a modelización e a indagación. A través de actividades manipulativas e experimentais, o alumado aprende conceptos básicos de clima e tempo, observando fenómenos como a chuvia, o vento e as nubes. Utilízanse ferramentas sinxelas como termómetros, pluviómetros e anemómetros que facilitan a comprensión dos procesos meteorolóxicos. O alumnado emite hipóteses, formula preguntas poñendo así en práctica a indagación científica, así como obsérvase que a meirande parte do alumnado crea un modelo cunha visión máis complexa que a que tiñan inicialmente. Este enfoque promove unha aprendizaxe activa e significativa, sentando as bases para futuras competencias científicas.

Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Presidente/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)

Obxectivos e contidos da materia de Xeoloxía en segundo de bacharelato. Un estudo comparativo entre Francia e España.
Autoría
L.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
L.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2024 12:00
11.07.2024 12:00
Resumo
A Xeoloxía é unha disciplina que está a perder interese por parte do alumnado malia a súa relevancia no marco dunha formación científica completa. Ese fenómeno obsérvase, non só en España, mais tamén noutros países europeos como Francia. A partir desta observación, póñense en marcha distintas estratexias coa fin de mellorar a súa percepción por parte dos e das estudantes. Ditas estratexias dependerán de numerosos factores culturais, históricos, económicos e sociais. Este traballo de fin de máster pretende comparar o ensino da Xeoloxía no sistema educativo francés e español. Para iso, o estudo centrarase no curso de segundo de bacharelato e detallaranse as diferenzas a través da comparación das competencias que aparecen no currículo e dos contidos presentes no libro de texto nos dous países veciños.

PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Titoría)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Proposta educativa fundamentada na Aprendizaxe Baseada en Proxectos Colaborativos para a docencia no ámbito da empresa e do emprendemento no Ciclo Formativo de Administración de Sistemas Informáticos en Rede
Autoría
O.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
O.S.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
19.02.2023 10:00
19.02.2023 10:00
Resumo
A finalidade deste Traballo de Fin de Máster céntrase en deseñar unha proposta educativa para a docencia no ámbito da empresa e do emprendemento no Ciclo Formativo de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, centrada na Aprendizaxe Baseada en Proxectos Colaborativos que permita achegarse ao profesorado e ao alumnado para coñecer outras ideas e estratexias didácticas á hora de planificar as actividades escolares. Do mesmo xeito, faise fincapé na utilización de ferramentas e equipamentos informáticos que teñan como finalidade o tratamento e transmisión da información nos seus distintos formatos de presentación: textos, datos, voz, incluídas as imaxes de satélite. Sobre estas bases, este TFM busca a mellora educativa no proceso de ensino e aprendizaxe para crear novas iniciativas didácticas en relación á empresa e ao emprendemento.

Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)
Reforzando o Ensino da Lingua Castelá: Identificación e Abordaxe de Necesidades.
Autoría
V.C.M.
Máster Universitario en Procesos de Formación
V.C.M.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
10.09.2024 09:30
10.09.2024 09:30
Resumo
Este traballo estuda a formación do profesorado e destaca a importancia de identificar as necesidades formativas nunha contorna práctica real. Esta identificación é esencial para deseñar actividades de formación baseadas en demandas lexítimas que promovan unha mellora da calidade educativa e fomenten a aprendizaxe continua dos docentes. Abordaremos o tema contando, como suxeito de investigación, co profesorado de Lingua e Literatura Castelá no contexto educativo de secundaria, o que nos axudará a validar e esclarecer a teoría.

FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Titoría)
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
CASAL OTERO, LORENA (Presidente/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Secretario/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Vogal)

A controversia da enerxía eólica en Galicia. Proposta didáctica sobre unha cuestión socioambiental na Educación Secundaria Obrigatoria
Autoría
A.N.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.N.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 17:00
12.09.2024 17:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster recolle os resultados obtidos durante a aplicación dunha situación de aprendizaxe sobre a controversia da enerxía eólica en Galicia nas aulas de Educación Secundaria Obrigatoria. Esta proposta de intervención leva ás aulas un tema de actualidade e de certa polémica como unha forma de facer comprensible a mudanza climática desde un fenómeno concreto e próximo como é a multiplicación dos parques eólicos no territorio galego. Esta situación de aprendizaxe foi levada a cabo con tres grupos de primeiro da ESO nun centro da comarca de Santiago (A Coruña) co obxectivo de fomentar o desenvolvemento do pensamento crítico dos estudantes para analizar e reflexionar sobre as diferentes posturas existentes ante a controversia da enerxía eólica. Ademais, tamén se persegue aumentar a conciencia ambiental do alumnado analizando e valorando os impactos ambientais derivados da instalación dun parque eólico. Os resultados obtidos demostran, en primeiro lugar, que se poden introducir temas polémicos nas aulas de forma satisfactoria e, en segundo lugar, os materiais producidos permiten propoñer unha serie de melloras a ter en conta en futuras propostas didácticas similares.

ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS (Titoría)
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Vogal)
Cine e Música: unha proposta analítica, crítica e participativa na aula de secundaria
Autoría
R.L.R.S.D.L.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
R.L.R.S.D.L.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
Esta proposta de intervención educativa está deseñada para a materia de Música de 4º curso da ESO. Emprega o cine, e non só a música de cine, como unha ferramenta didáctica motivadora que facilite o proceso de ensinanza-aprendizaxe holístico e significativo, ofrecendo unha mostra dalgunhas das súas posibilidades. Cunha metodoloxía activa e participativa, a partir da película O Concerto (Radu Mihaileanu, 2010) abórdanse diversos contidos do Currículo mediante unha serie de actividades variadas. Estas abarcan dende o traballo individual e colectivo de busca de información, reflexión, debate e extracción de conclusións, ata a práctica da improvisación e da interpretación instrumentais na aula dunha parte da súa banda sonora, para integrala finalmente na propia escena do filme.
Esta proposta de intervención educativa está deseñada para a materia de Música de 4º curso da ESO. Emprega o cine, e non só a música de cine, como unha ferramenta didáctica motivadora que facilite o proceso de ensinanza-aprendizaxe holístico e significativo, ofrecendo unha mostra dalgunhas das súas posibilidades. Cunha metodoloxía activa e participativa, a partir da película O Concerto (Radu Mihaileanu, 2010) abórdanse diversos contidos do Currículo mediante unha serie de actividades variadas. Estas abarcan dende o traballo individual e colectivo de busca de información, reflexión, debate e extracción de conclusións, ata a práctica da improvisación e da interpretación instrumentais na aula dunha parte da súa banda sonora, para integrala finalmente na propia escena do filme.
Dirección
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
GILLANDERS , CAROL JEAN (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)

Estudo sobre o impacto dos problemas visuais e os dispositivos electrónicos no rendemento escolar. Guía de intervención para o persoal do contorno educativo.
Autoría
V.B.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
V.B.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
O elevado ritmo de desenvolvemento da tecnoloxía e a súa incorporación a cada vez máis ámbitos da vida diaria está a producir cambios significativos en tódolos sectores, e a educación non é unha excepción. A tecnoloxía é unha ferramenta de gran valor, cun enorme potencial e un sen fin de posibilidades. Por outra banda, isto leva a un cambio de costumes, cun maior carácter de traballo en distancias próximas (menor de 40-50 cm). Isto produce un incremento constante e progresivo de problemas visuais. Cada vez hai máis problemas visuais que non se corrixen ou que se corrixen de forma tardía. Este traballo ten como obxectivo recompilar as evidencias científicas que demostran estas afirmacións, confirmar que existe unha relación entre os problemas visuais, a autoestima e autopercepción e o rendemento académico. Móstrase a relevancia de detección e actuación para todo o alumnado de Formación Profesional e resáltase o caso do alumnado con necesidades especiais. Amósase tamén as alternativas e opcións de intervención levadas a cabo noutros países. Por último, elabórase unha guía de detección e intervención nas deficiencias visuais para o persoal do contorno educativo e amósase varios exemplos dun correcto uso das tecnoloxías na aula.

LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
Rodríguez Groba, Ana (Vogal)

Proposta didáctica: A necesidade de educar a mirada para un contexto de sobreproducción visual
Autoría
H.F.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
H.F.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 11:15
08.07.2024 11:15
Resumo
O presente traballo presenta unha proposta didáctica para a educación visual e mediática dos estudantes de secundaria. Nesta etapa crucial na que a construción da identidade tórnase especialmente relevante para os adolescentes, resulta fundamental que os mozos desenvolvan un pensamento crítico e unha sensibilidade ante os artefactos visuais da cultura dixital. Para iso, ofrécese unha proposta didáctica destinada a educar a sensibilidade e o pensamento crítico sobre os medios contemporáneos de autoexpresión dixital, situándoos dentro dun contexto máis amplo mediante a análise de autorretratos pictóricos, fotográficos, literarios e poéticos cos que se fai un percorrido pola representación da identidade ao longo da historia nas distintas linguaxes. A proposta aproveita as vantaxes da tecnoloxía para facilitar o acceso a recursos audiovisuais mediante un blog educativo de elaboración propia, e combínase con materiais impresos para a lectura de autorretratos literarios, permitindo unha experiencia de aprendizaxe enriquecida que combina o dixital e o físico. A metodoloxía proposta busca estimular a reflexión crítica e o debate a través de preguntas pedagóxicas e culmina cunha actividade práctica na que os estudantes elaboran o seu propio autorretrato combinando linguaxes tradicionais e dixitais. Así, esta proposta integral permite aos mozos involucrarse activamente no proceso de aprendizaxe e comprender mellor a relación entre as experiencias históricas e contemporáneas da autorrepresentación.

DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titoría)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
O golpe de 1936 e a represión na cidade da Coruña: unha proposta didáctica
Autoría
A.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
12.07.2024 10:00
12.07.2024 10:00
Resumo
O presente traballo aborda o deseño, desenvolvemento, aplicación (parcial) e resultados dunha situación de aprendizaxe centrada na represión violenta que seguiu ao golpe de xullo de 1936. Idéase para un centro da cidade da Coruña, cun enfoque centrado na memoria local como instrumento para conectar o contexto presente do alumnado (do derradeiro nivel de secundaria) cos procesos históricos do século pasado. Preténdese, así, espertar o seu interese ante un fenómeno descoñecido pero con fondas implicacións na súa realidade cotiá. A culminación da proposta materializaríase na gravación dun podcast, froito dunhas sesións de traballo onde se introducen métodos pedagóxicos de aprendizaxe significativa, cooperativa e por proxectos. Toda esta secuenciación é descrita e intenta ser respaldada por experiencias e especialistas no ensino das Ciencias Sociais ao longo do traballo que segue.
O presente traballo aborda o deseño, desenvolvemento, aplicación (parcial) e resultados dunha situación de aprendizaxe centrada na represión violenta que seguiu ao golpe de xullo de 1936. Idéase para un centro da cidade da Coruña, cun enfoque centrado na memoria local como instrumento para conectar o contexto presente do alumnado (do derradeiro nivel de secundaria) cos procesos históricos do século pasado. Preténdese, así, espertar o seu interese ante un fenómeno descoñecido pero con fondas implicacións na súa realidade cotiá. A culminación da proposta materializaríase na gravación dun podcast, froito dunhas sesións de traballo onde se introducen métodos pedagóxicos de aprendizaxe significativa, cooperativa e por proxectos. Toda esta secuenciación é descrita e intenta ser respaldada por experiencias e especialistas no ensino das Ciencias Sociais ao longo do traballo que segue.
Dirección
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Titoría)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Titoría)
Tribunal
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
Blanco Anaya, Paloma (Vogal)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
Blanco Anaya, Paloma (Vogal)
A pegada educativa nos semanarios anarcosindicalistas galegos. Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) e Solidaridad (1935-1936)
Autoría
I.M.F.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
I.M.F.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
12.07.2024 11:00
12.07.2024 11:00
Resumo
A investigación estuda a influencia educativa dos semanarios anarcosindicalistas galegos Solidaridad Obrera de La Coruña (1923-1935) e Solidaridad (1935-1936), co obxectivo de analizar o contido educativo destas publicacións. O estudo ten como propósito destacar a relevancia das prácticas e discursos educativos no contexto do movemento obreiro galego prefranquista, proporcionando unha perspectiva sobre o papel transformador da educación anarquista. A memoria histórica é esencial para preservar a identidade colectiva e recoñecer as loitas e prácticas educativas esquecidas do pasado. A metodoloxía empregada combina a análise histórico-educativa e a análise de contido dos mencionados semanarios. Este enfoque permitiu identificar e categorizar os temas educativos recorrentes, así como os valores promovidos polos xornais. Os resultados principais mostran que os semanarios non só proporcionaban información sobre educación regrada e popular, senón que tamén funcionaban como vehículos de emancipación social. Promovían un modelo educativo alternativo baseado na autoxestión, a formación integral das persoas e a transformación radical da sociedade. Este enfoque integrador e revolucionario destacaba pola súa capacidade de combinar a defensa de métodos pedagóxicos activos e libertarios cunha forte intención de cambio social. Ademais, a investigación subliña a capacidade do movemento anarcosindicalista galego para adaptarse e resistir ás circunstancias adversas, evidenciando a importancia da educación no proceso de emancipación obreira. Galicia, particularmente A Coruña, emerxe como un epicentro significativo de resistencia e innovación educativa obreira, desafiando a percepción estereotipada da rexión. A investigación conclúe que a visión educativa ácrata galega ofrece leccións valiosas sobre a educación como forza para o cambio social e a xustiza histórica, mantendo a súa relevancia e inspiración no contexto actual.

GRADAILLE PERNAS, RITA (Titoría)
GRADAILLE PERNAS, RITA (Titoría)
Tribunal
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
Pedagoxías escuras. Castigos físicos na escola a través da súa lexitimación histórica, a súa abolición e a súa visibilidade educativa actual.
Autoría
A.L.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.L.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 14:00
15.07.2024 14:00
Resumo
o seguinte traballo de fin de máster ten por obxectivo desenvolver unha investigación sociohistórica sobre os castigos corporais na infancia e explorar a súa aplicación didáctica na educación secundaria. Con tal obxecto, primeiro proponse un marco teórico e metodolóxico e, a continuación, explóranse historicamente dous momentos chave na educación: a lexitimación histórica do castigo físico na educación regulada e a loita contemporánea pola súa abolición legal e práctica como unha vitoria das sociedades actuais. A tese fundamental é defender a similitude entre o dereito de corrección e o dereito penal, entre a infancia e o mundo adulto como elementos símiles mutuamente influídos. A finalidade é explorar a utilidade didáctica e pedagóxica de tratar materias de historia por, para, e dende a infancia-mocidade co obxectivo de mobilizalo interese do alumnado pola empatía, o interese humano polo pasado como formación esencial ética, de cidadanía e de educación en valores.

MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
O uso da literatura na clase de inglés en Educación Primaria
Autoría
N.M.V.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
N.M.V.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
08.07.2024 17:00
08.07.2024 17:00
Resumo
Este traballo está enfocado na introdución da literatura para aprender a lingua estranxeira (inglés). Para iso, tras realizar unha revisión bibliográfica sobre a temática, e tendo a intención de observar as posibilidades da literatura nas clases de inglés, establécese unha proposta de intervención coa que se pretende traballar as diversas destrezas lingüísticas partindo da literatura. Esta proposta está deseñada para ser posta en práctica nas aulas de 6º de Educación Primaria, cunha duración de 4 sesións e consiste na creación dunha produción escrita, levada a cabo en grupos de tres ou catro. Establecéronse dous cuestionarios para o alumnado que, en colaboración coa intervención, permitiron observar un contraste entre a percepción do alumnado e a súa capacidade de escritura colaborativa.

FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LESTON OTERO, ANDREA (Secretario/a)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Vogal)

A animación como campo expandido de pensamento na educación secundaria
Autoría
J.Q.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
J.Q.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 13:00
08.07.2024 13:00
Resumo
Este estudo investiga como a animación e o deseño poden ampliar o pensamento na educación secundaria, enfocándose na reflexión e a proxección da miña identidade como docente durante o meu paso polo sistema educativo e o máster. Utilizo unha combinación de a/r/tografía e autoetnografía como metodoloxías crave. A a/r/tografía fusiona arte, investigación e ensino, permitíndome documentar e analizar a miña evolución docente a través de artefactos visuais e textos. A autoetnografía achega unha perspectiva introspectiva e contextualizada, situando as miñas experiencias persoais dentro dun marco sociocultural máis amplo. Inspirado polos métodos sensoriais e visuais de Sarah Pink, este estudo emprega animacións como ferramentas pedagóxicas e representacións dinámicas de procesos educativos. Ao integrar contido visual accesible e simplificado, busco mellorar a comprensión e retención da información educativa. Este enfoque holístico e creativo non só mellora a miña práctica docente, senón que tamén pretende inspirar a outros educadores para adoptar métodos máis reflexivos e auténticos no seu ensino.

CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titoría)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)
Ética da intelixencia artificial na educación a través da imaxe
Autoría
I.B.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
I.B.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 09:15
08.07.2024 09:15
Resumo
A irrupción da intelixencia artificial (IA) na escola, sobre todo a partir do xa mundialmente coñecido chatbot ChatGPT, derivou en novas frontes nas que o profesorado terá que adaptarse. Mais alá da escola, o alumnado utilizará este tipo de aplicacións tanto na súa vida profesional como persoal. Incluso nun futuro poden chegar a ser programadores e programadoras das mesmas. O obxectivo deste traballo é achegar dúas propostas que o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria de Galicia pode poñer en práctica nas súas aulas, nas que se relacionan a comprensión de que é unha IA, como son adestradas, e os seus usos; coa ética e valores como a diversidade, a inclusión e a empatía; tendo á imaxe como eixo central. A metodoloxía deste traballo baséase na elaboración, deseño, análise e reflexión de ditas propostas pedagóxicas. Unha das principais conclusións deste traballo é que estas aplicacións acompañarán, que non substituirán, ao profesorado cada vez máis no seu día a día lectivo. O seu primeiro reto a tratar co alumnado relacionado coa a IA é a súa ética de utilización.
A irrupción da intelixencia artificial (IA) na escola, sobre todo a partir do xa mundialmente coñecido chatbot ChatGPT, derivou en novas frontes nas que o profesorado terá que adaptarse. Mais alá da escola, o alumnado utilizará este tipo de aplicacións tanto na súa vida profesional como persoal. Incluso nun futuro poden chegar a ser programadores e programadoras das mesmas. O obxectivo deste traballo é achegar dúas propostas que o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria de Galicia pode poñer en práctica nas súas aulas, nas que se relacionan a comprensión de que é unha IA, como son adestradas, e os seus usos; coa ética e valores como a diversidade, a inclusión e a empatía; tendo á imaxe como eixo central. A metodoloxía deste traballo baséase na elaboración, deseño, análise e reflexión de ditas propostas pedagóxicas. Unha das principais conclusións deste traballo é que estas aplicacións acompañarán, que non substituirán, ao profesorado cada vez máis no seu día a día lectivo. O seu primeiro reto a tratar co alumnado relacionado coa a IA é a súa ética de utilización.
Dirección
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
Sen tabús: visibilizando o dó na adolescencia
Autoría
A.M.I.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
A.M.I.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
16.07.2024 11:15
16.07.2024 11:15
Resumo
O papel residual e a omisión da morte nos contextos formativos agocha un fenómeno cuxo vínculo co medo, a dor ou a ansiedade, complexiza a labor educativa. É por iso que o presente Traballo de Fin de Máster ten como principal obxectivo explorar a realidade dunha corrente pedagóxica emerxente e invisibilizada como é a Pedagoxía da Morte. Para a consecución deste, levouse a cabo unha revisión sistemática tendo en conta as recomendacións da Declaración PRISMA. A mostra definitiva do traballo está constituída por 14 artigos científicos dos que se analizaron diferentes variables, establecendo relacións mediante os procesos de dó no período da adolescencia. Porén, os principais resultados reúnen a perspectiva do conxunto da comunidade educativa, identificando unha necesidade formativa coa fin de evitar a exclusión da morte nos procesos de ensinanza e aprendizaxe. Finalmente, cos resultados obtidos e as conclusións xeradas, preténdese ofrecer unha serie de pautas de prevención e intervención para os centros educativos mediante a elaboración dunha guía.
O papel residual e a omisión da morte nos contextos formativos agocha un fenómeno cuxo vínculo co medo, a dor ou a ansiedade, complexiza a labor educativa. É por iso que o presente Traballo de Fin de Máster ten como principal obxectivo explorar a realidade dunha corrente pedagóxica emerxente e invisibilizada como é a Pedagoxía da Morte. Para a consecución deste, levouse a cabo unha revisión sistemática tendo en conta as recomendacións da Declaración PRISMA. A mostra definitiva do traballo está constituída por 14 artigos científicos dos que se analizaron diferentes variables, establecendo relacións mediante os procesos de dó no período da adolescencia. Porén, os principais resultados reúnen a perspectiva do conxunto da comunidade educativa, identificando unha necesidade formativa coa fin de evitar a exclusión da morte nos procesos de ensinanza e aprendizaxe. Finalmente, cos resultados obtidos e as conclusións xeradas, preténdese ofrecer unha serie de pautas de prevención e intervención para os centros educativos mediante a elaboración dunha guía.
Dirección
VILLAR VARELA, MILENA (Titoría)
VILLAR VARELA, MILENA (Titoría)
Tribunal
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)
Coñecendo o universo: Unha proposta baseada na educación artística.
Autoría
A.C.A.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.C.A.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
09.07.2024 12:00
09.07.2024 12:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster céntrase na creación dunha proposta de intervención baseada na educación artística como medio para desenvolver unha aprendizaxe significativa e contextualizada do alumnado sobre o universo; o sistema solar, as constelacións e as estrelas. Ademais, pretende poñer de relevancia tanto a educación das artes visuais e plásticas como elemento transversal como a relación e vinculación que se establece coa contorna. A metodoloxía da cal parte esta proposta é a Aprendizaxe Baseada en Proxectos, onde a creatividade, a exploración e a educación sensorial xogan un papel moi relevante no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado. Así mesmo, esta proposta pretrende servir de recurso para os futuros docentes xa que buscará a integración da educación artística, as ciencias e a aprendizaxe baseada en proxectos na aula de Educación Infantil.
Este Traballo Fin de Máster céntrase na creación dunha proposta de intervención baseada na educación artística como medio para desenvolver unha aprendizaxe significativa e contextualizada do alumnado sobre o universo; o sistema solar, as constelacións e as estrelas. Ademais, pretende poñer de relevancia tanto a educación das artes visuais e plásticas como elemento transversal como a relación e vinculación que se establece coa contorna. A metodoloxía da cal parte esta proposta é a Aprendizaxe Baseada en Proxectos, onde a creatividade, a exploración e a educación sensorial xogan un papel moi relevante no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado. Así mesmo, esta proposta pretrende servir de recurso para os futuros docentes xa que buscará a integración da educación artística, as ciencias e a aprendizaxe baseada en proxectos na aula de Educación Infantil.
Dirección
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Trigo Martínez, Cristina (Titoría)
Tribunal
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
NEIRA RODRIGUEZ, MARTA (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
Análise dos discursos multimodais na ensinanza de idiomas.
Autoría
R.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
R.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 19:00
04.07.2024 19:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é abordar a multimodalidade nas aulas de Ensinanza Secundaria, é dicir, o modo no que os estudantes interactúan e exprésanse en diferentes medios comunicativos. Trataranse cuestións que van máis alá da alfabetización tradicional, centrada na lectura e escritura do texto impreso ou en formato dixital, para indagar no modo no que diferentes formatos pasan a formar parte da escritura e lectura dos estudantes: textos, imaxes, sons, vídeo e medios dixitais. No ámbito educativo, a multiliteracidade considérase importante para preparar aos estudantes para participar de maneira efectiva na sociedade contemporánea, onde a información e a comunicación preséntanse nunha variedade de formatos e plataformas. Para iso analizaranse os diferentes discursos e textos multimodais que se encontran dentro dos diferentes materiais dos libros de texto da ensinanza de linguas. A finalidade deste traballo é realizar unha proposta didáctica que nos permita abordar a multimodalidade dende unha perspectiva da práctica docente e o currículo e as necesidades específicas dos estudantes. Deste xeito, pretendemos contribuír a unha ensinanza de linguas orientada á sociedade contemporánea, onde a información e a comunicación preséntanse en variedade de formatos e plataformas. Trátase, polo tanto, de traballar habilidades de comunicación oral, visual e dixital.

ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
Formación e inserción sociolaboral das persoas con Dano Cerebral Adquirido: a realidade da Formación Profesional en España.
Autoría
A.L.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
A.L.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 12:00
12.09.2024 12:00
Resumo
Obxectivo: Do mesmo xeito que sucede co acceso ao traballo, o dereito á educación tamén se recolle en numerosos documentos de gran relevancia a nivel internacional. Garantir unha educación inclusiva e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida é un dos obxectivos da Axenda 2030. Con todo, a Formación Profesional actual do noso país resulta, en gran parte, inaccesible para persoas con Dano Cerebral Adquirido. Método: Polo tanto, co obxectivo de organizar e analizar o estado da literatura científica ao redor da inserción sociolaboral e a formación profesional de persoas con Dano Cerebral Adquirido, levase a cabo unha revisión sistemática utilizando a declaración PRISMA 2020. Resultados: Os resultados da revisión sistemática mostran unha tendencia na investigación actual centrada na aplicación de estratexias compensatorios no ámbito educativo ou laboral, e a necesidade de formación ó profesorado. Conclusións: A pesar de todos os avances en materia de atención á diversidade experimentados nos últimos anos, non se garante un espazo inclusivo para as persoas con lesións cerebrais..

PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
Introdución aos Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA) a través da materia de Lingua Galega e Literatura. Unha proposta de unidade didáctica para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria
Autoría
M.F.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.F.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 17:00
04.07.2024 17:00
Resumo
Os trastornos da conduta alimentaria (TCA) son un conxunto de alteracións graves, relacionadas coa inxestión de comida e a imaxe corporal, que forman parte do día a día de moitas/os adolescentes e que cada vez están máis presentes en toda a sociedade, sendo o terceiro trastorno crónico máis frecuente entre a poboación española nova. A súa detección temperá é fundamental para o seu tratamento e aí é onde os centros educativos xogan un papel esencial, posto que é neles onde a xuventude pasa a maior parte do seu tempo. Tendo en conta o anterior, o presente Traballo Fin de Mestrado (TFM) afondará na prevención dos TCA co alumnado do primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) a través da realización de diversas actividades no contexto da materia de Lingua Galega e Literatura. Deste xeito, o obxectivo xeral das ditas tarefas será potenciar os factores de protección fronte aos TCA no alumnado ao que van dirixidas.

MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
As necesidades formativas do alumnado do IV Ciclo no Sistema Universitario Galego
Autoría
M.F.M.
Máster Universitario en Procesos de Formación
M.F.M.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
As necesidades formativas das persoas maiores son diversas e multifacéticas, o desexo de aprendizaxe continua, a actualización de coñecementos en áreas específicas, e o desenvolvemento de habilidades prácticas que poden mellorar a súa calidade de vida fan que os programas de formación sénior no sistema universitario galego desempeñen un papel crucial na promoción da aprendizaxe ao longo da vida e na inclusión social das persoas maiores. Este traballo ten como obxectivo principal concretar as necesidades formativas (NNFF) das persoas maiores de 50 anos desde a percepción das coordinadoras dos ciclos universitarios dos programas sénior. Ademais, este estudo busca comparar a percepción que se ten destas NNFF nas tres universidades galegas e enumerar as estratexias utilizadas para a súa detección entre os matriculados no sistema universitario galego. Para a consecución destes obxectivos utilizouse unha metodoloxía cualitativa, baseada na realización de entrevistas aos equipos de coordinación dos programas sénior das universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. A análise das entrevistas revelou que o factor socializadoré un dos máis importantes para as persoas que asisten a estes programas, ademais de adquirir novos coñecementos, os participantes buscan manterse activos e seguir formando parte do tecido social. As estratexias de detección das NNFF nas tres universidades galegas varían, pero todas elas comparten un enfoque orientado a mellorar a calidade de vida das persoas maiores a través da educación continua.

VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Titoría)
Tribunal
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Vogal)

A identidade docente na Formación Profesional: un estudo de caso na familia de sanidade
Autoría
L.A.I.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
L.A.I.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A identidade docente constrúese e evoluciona ao longo da vida profesional, véndose influída por múltiples factores e resultando determinante para un óptimo desempeño da actividade docente. Isto motivou a realización dunha investigación de campo co obxectivo xeral de comprender e analizar a identidade docente dunha profesora de Formación Profesional da rama sanitaria. Con esta finalidade, realizouse un estudo de caso empregando a entrevista semiestruturada para coñecer a súa traxectoria, identificar os fitos que a marcaron, analizar os factores que influíron na súa identidade docente e describir as súas dificultades e preocupacións. Os resultados puxeron de manifesto que a súa identidade docente non está completamente definida, senón que se atopa moi marcada por unha formación inicial afastada da idea de ser docente; o que se pode relacionar co modelo consecutivo no cal o profesorado de Formación Profesional se especializa primeiro nunha disciplina e logo se forma como docente. Algúns dos factores con maior influencia na configuración da súa identidade docente foron: os seus intereses, a metodoloxía docente como alumna e profesora ou as opcións que contemplou e escolleu na súa traxectoria, nas cales tiveron gran relevancia as persoas coas que se relacionou.

Estereotipos de xénero nos libros de texto de idiomas de 1 a 6 en China
Autoría
Y.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Y.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2024 13:15
15.07.2024 13:15
Resumo
O TFM analiza os estereotipos de xénero nos libros de texto de lingua chinesa para os cursos 1-6 de primaria. Utilizando un enfoque cualitativo, examináronse ilustracións e textos para identificar roles ocupacionais, trazos de personalidade e roles familiares e sociais. Descubriuse que os nenos eran retratados en ocupacións de alto status con calidades como a valentía e a independencia, mentres que as nenas eran retratadas en papeis tradicionais asociados á bondade e á dependencia. Estes retratos perpetúan as divisións tradicionais de xénero e afectan a autopercepción e as ambicións dos estudantes. O estudo recomenda revisar os libros de texto para eliminar os prexuízos de xénero, sensibilizar aos autores e editores sobre estas cuestións e promover a igualdade de xénero na educación. O estudo conclúe que estesestereotipos deben ser eliminados para promover unha educación máis equitativa e xusta, reflectindo a necesidade de que os educadores e os responsables das políticas educativas traballen xuntos.

VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Titoría)
Tribunal
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)

05.09.2024 11:00

Familia e Cambio Social. Calibrando os Desafíos en Clave Educativa
Autoría
I.V.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
I.V.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2024 12:15
15.07.2024 12:15
Resumo
A diversificación dos modos de convivencia familiar é resultado da interaccións de variables de distinta índole, caso daquelas de natureza sociodemográfica, que en maior ou menor medida, foron propiciando cambios en boa parte dos aspectos relacionados coa vida familiar. Como non podía ser doutro xeito, esta nova realidade veu acompañada de novas esixencias para as administracións publicas en xeral e, de maneira concreta, para aquelas con responsabilidades educativas. Precisamente ese é noso obxectivo: analizar en que medida podemos contribuír ao benestar das familias reconstituídas ou recompostas, poñendo en valor as súas particularidades e co traballo compartido de escola e da comunidade no seu conxunto. A consecución de tal propósito requiriu dende o punto de vista metodolóxico un ampla revisión bibliográfica.

PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Titoría)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Titoría)
Tribunal
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)
Unha proposta didáctica para a xeometría: deseño tridimensional a través das TIC
Autoría
E.D.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
E.D.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2024 11:00
11.07.2024 11:00
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é desenvolver unha proposta didáctica na área de Matemáticas na Educación Secundaria. O proxecto centraráse no ensino de conceptos e na consecución de competencias propias da xeometría, a través do uso de ferramentas TIC. Realizarase unha revisión bibliográfica relacionada coa ensinanza das matemáticas en secundaria e coas dificultades que se atopan, tratando de que a nosa proposta permita abordar esas dificultades. Con respecto ó uso das TIC, realizarase unha revisión de traballos sobre a súa relevancia como ferramenta no ensino-aprendizaxe das Matemáticas e a súa potencialidade para traballar a xeometría, en particular, o deseño 3D. Deseñaremos así unha proposta didáctica que permita afianzar de forma amena e eficaz os conceptos matemáticos impartidos, así como desenvolver outras habilidades e competencias, non só matemáticas, senón de todas as áreas. %salientando as súas posibilidades como un proxecto STEAM. Por último, preténdese levar a cabo as actividades do proxecto nunha aula. Mediante a recompilación de datos e o uso de cuestionarios antes e despois da intervención, poderánse analizar os resultados obtidos para avaliar a efectividade das actividades propostas.

CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
A Orientación Educativa e a súa importancia na prevención do abandono escolar temperá
Autoría
I.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
I.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 18:00
12.09.2024 18:00
Resumo
O abandono escolar é un desafío que afecta ao crecemento persoal e social do alumnado. Por iso, este TFM aborda a análise deste fenómeno e o papel crucial desta disciplina na súa prevención, así como se leva a cabo o deseño dunha proposta de intervención no ámbito da Orientación Educativa, dirixida á prevención do abandono escolar no IES Lama das Quendas. A análise deste fenómeno permite sinalar que entre as causas identificadas atópanse os factores persoais, familiares, escolares e sociais. Así mesmo, recoñécese a mala situación que vive o noso país ao ser un dos membros da UE con peores taxas de abandono escolar. En canto á proposta, cun enfoque participativo e multidisciplinario, consta de oito actividades dirixidas ao alumnado da ESO e as súas familias, co obxectivo de previr o abandono escolar a través de iniciativas que fortalezan a permanencia no sistema educativo. O presente traballo pon de relevo a importancia da Orientación Educativa na prevención do abandono escolar, confirmando que esta é crucial tanto para o desenvolvemento académico como na identificación e abordaxe dos factores de risco asociados a este fenómeno.

CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
Tribunal
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)

A Orientación Educativa e súa importancia na prevención do abandono escolar temperá
Autoría
I.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
I.L.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 16:00

Deseño dun programa de intervención para alumnado de 3º curso de Educación Secundaria para a mellora da competencia dixital a través do uso da intelixencia artificial e a través da música
Autoría
D.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
D.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 13:15
08.07.2024 13:15
Resumo
Dende hai dous anos ata agora, atopámonos inmersos nunha revolución tecnolóxica sen precedentes: o desenvolvemento dunha nova ferramenta, a Intelixencia Artificial. Cada vez o seu uso está máis estendido, polo que o mundo académico non pode ignorar esta realidade. Tamén a educación musical necesita renovarse dalgún xeito, xa que moitos dos métodos pedagóxicos que aínda se utilizan non están acordes coa realidade do século XXI. Baixo estas premisas, o proxecto que se pode observar nas seguintes páxinas componse dunha unidade didáctica deseñada para unha clase de 3º curso de Educación Secundaria, buscando desenvolver a competencia dixital do alumnado a través de dita ferramenta e a música.

DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
DIZ OTERO, MARIO (Titoría)
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
Outra forma de enfrontarse ó grego: a poesía como ferramenta de aprendizaxe
Autoría
E.B.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
E.B.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 16:00
04.07.2024 16:00
Resumo
Unha das formas máis empregadas e efectivas para a fixación de vocabulario, normas gramaticais e outros elementos lingüísticos á hora de enfrontarse a unha nova lingua é, sen dúbida, a práctica. A causa disto, a creación de textos orixinais nos que se permita traballar todos os aspectos mencionados anteriormente de forma cohesiva, unida e consoante; é unha ferramenta de grande valía para axudar ó alumnado á fixación destes de forma autónoma. En consecuencia, o presente traballo constitúe unha unidade didáctica pensada para a súa aplicación na materia de Grego I en Bacharelato, posto que se relaciona directamente co Bloque 1 desta tal e como aparece recollido no Decreto 157/2022, de 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta unidade didáctica propón un achegamento do alumnado á lingua grega a través do prisma da poesía, de forma que se lle permita coñecer o peso e a importancia deste xénero na cultura grega e algunhas das súas manifestacións, buscando culminar na elaboración dun breve poema orixinal que permita o emprego de todos os coñecementos adquiridos no desenvolvemento da materia.

Giadás Quintela, Miguel (Titoría)
Giadás Quintela, Miguel (Titoría)
Tribunal
Criado Boado, Cecilia (Presidente/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)
Criado Boado, Cecilia (Presidente/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)
De viaxe ao Olimpo: proposta didáctica sobre a relixión grega na materia de Cultura Clásica
Autoría
M.D.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.D.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 17:00
04.07.2024 17:00
Resumo
A relixión grega é un dos temas que máis chama a atención entre o alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria, debido ben ao seu descoñecemento, ben a que se trata dunha relixión na que coexistían múltiples divindades, e iso favorecía a creación de historias fantasiosas e cheas de aventuras. Por este motivo, o obxectivo principal deste traballo é expor unha unidade didáctica sobre o tema en cuestión ao alumnado da materia de Cultura Clásica. En primeiro lugar, trataranse os conceptos preliminares para comprender como era e funcionaba a relixión grega para proceder, a continuación, coa presentación das principais divindades, desde o Caos e os Titáns ata os doce olímpicos. Do mesmo xeito, tratarase de mostrar como se producía a comunicación entre a comunidade de homes cos deuses, e falarase entón de santuarios, oráculos e ofrendas, así como da supervivencia de todos estes elementos na sociedade actual. A metodoloxía incluirá exposicións de carácter teórico, pero, sobre todo, actividades nas que o alumnado sexa o axente principal, tales como actividades ludificadas. Así, o fin último é que o alumnado sexa capaz de comprender e valorar a importancia de la Cultura Clásica no seu conxunto, especialmente no contexto relixioso.

AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
Criado Boado, Cecilia (Presidente/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Giadás Quintela, Miguel (Vogal)
Criado Boado, Cecilia (Presidente/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Giadás Quintela, Miguel (Vogal)
CIVILIZACIÓN OU BARBARIE. Intervencións sociais sobre monumentos coloniais como reinvindicación antirracista e decolonial
Autoría
M.Z.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
M.Z.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2024 13:00
09.07.2024 13:00
Resumo
A través desta actividade, preténdese que o alumnado de 3º da ESO comprenda criticamente o pasado colonial español e algún dos seus efectos e resonancias na contemporaneidade. Desta maneria, persigo acercar a este grupo de estudantes non só a un coñecemento histórico.artístico-xeográfico específico -o colonialismo e a actualidade contemporánea dos seus vestixios-, senón tamén a cuestións relativas aos desafíos da vida en común, procurando un despertar da conciencia, empatía e respecto cara a alteridade. Este reto sería testeado a través dunha situación de aprendizaxe baseada en proxectos. En concreto, as e os estudantes elaborarían un produto de investigación sobre as visicitudes acontecidas con algún dos numerosos monumentos coloniais alterados no mundo a raíz das protestas antirracistas lideradas polo movemento Black Lives Matter (BLM): un colectivo orixinado en 2013, en Estados Unidos, como reacción á violencia indiscriminada contra persoas negras. Durante cinco sesións, este grupo de estudantes investigaría e reflexionaría sobre diferentes cuestións relativas aos monumentos e os seus contextos (quen aparecen representados, por que xeran malestar na sociedade…), recopilando información para crear un póster que se presentaría brevemente na última clase. Nesta última sesión, realizaríase unha cartografía grupal en papel, onde se marcarían con diferentes cores as cronoloxías e as xeografías desa ondada iconoclasta de monumentos con resonancias coloniais e racistas, co obxectivo de relacionar este problema global co seu entorno local

DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Presidente/a)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)

Adecuación dos libros de texto de Latín para o 4.º curso da ESO aos cambios curriculares na LOE
Autoría
A.N.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.N.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2024 12:00
09.07.2024 12:00
Resumo
Este traballo aproxímase á evolución dos currículos de Latín (4.º de ESO) enmarcados na Lei Orgánica 2/2006, de Educación, e nas súas posteriores reformas (Lei Orgánica 8/2013 e Lei Orgánica 3/2020). Para conseguilo, cotexáronse os elementos culturais establecidos nos desenvolvementos curriculares correspondentes para determinar cales se mantiveron e cales foron cambiando. Así, obtívose unha base sobre a que se puideron analizar os libros de texto de Latín de dúas editoriais para discernir se a súa publicación tivera lugar conforme aos parámetros marcados polos respectivos currículos: escolléronse os libros de Anaya e SM por ser representativos dos materiais empregados nas aulas españolas. En consecuencia, ao efectuar unha análise exhaustiva dos seus contidos, púidose valorar se as empresas realmente se foran adaptando á lexislación a medida que ían cambiando os elementos curriculares. En definitiva, o obxectivo último foi comprobar a calidade dos recursos didácticos e a súa adecuación ás ensinanzas mínimas, así como propoñer solucións aos posibles desaxustes (materializadas nunha proposta de índice dun libro de texto verdadeiramente adaptado á lexislación vixente).

NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Vogal)

Os principios da práctica filosófica e da filosofía para nenos como marco didáctico para a educación secundaria
Autoría
A.S.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.S.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 11:00
10.07.2024 11:00
Resumo
Este TFM defende a tese de que os principios da práctica filosófica e da filosofía para nenos/as, tal e como a entenden autores como Matthew Lipman e Oscar Brenifier, son aplicables ás situacións de aprendizaxe da materia de filosofía no bacharelato. En primeiro lugar, exporanse algúns principios metodolóxicos xerais para a práctica filosófica, que se basean no diálogo e no desenvolvemento do pensamento autónomo. A continuación, desenvolverase o fundamento teórico da filosofía práctica, partindo dunha reflexión sobre o debate como ferramenta pedagóxica para a construción do coñecemento, a partir da actividade do alumnado. Xunto á reflexión sobre o debate, explicarase como desenvolver a capacidade de defender hipóteses e facer boas preguntas, incluíndo aclaracións sobre como incorporar estes principios á realidade da práctica educativa. Por último, xustificarase a necesidade de adquirir determinadas competencias especificamente filosóficas que teñen un valor transversal na medida en que favorecen a comprensión de textos complexos sobre calquera tema e o desenvolvemento dunha argumentación coherente.

GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
Criado Boado, Cecilia (Secretario/a)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Vogal)

Libros de non ficción como motivación para a ensinanza da lectoescritura nunha aula multigrao de educación infantil
Autoría
M.S.L.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
M.S.L.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
O achegamento á lectoescritura é unha das tarefas que os mestres e mestras de educación infantil deben levar a cabo cos nenos e nenas. Por iso, no presente TFM vaise elaborar unha proposta de lectoescritura de corte construtivista na que os libros de non ficción serán os recursos principais dende os que se traballará. O obxectivo principal é comprobar se os libros de non ficción funcionan como motivación para o ensino da lectoescritura nunha aula multigrao de educación infantil. A metodoloxía partirá dunha proposta de investigación-acción que se xere a partir da aprendizaxe por descubrimento. As actividades deseñadas estarán fundamentadas no xogo e partirán dos libros de non ficción. Durante a súa realización, a docente en prácticas comprobará se se cumpren os resultados esperados: que os nenos e nenas melloren na lectoescritura e se interesen polos libros de non ficción como unha fonte de aprendizaxe e descubrimento.

PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)
Emprego de lecturas clásicas adaptadas para o estudo de elementos de cultura latina: unha proposta didáctica
Autoría
E.S.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
E.S.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 18:00
04.07.2024 18:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Máster reflexiónase sobre as posibilidades didácticas que encerra a lectura de clásicos adaptados para a materia de Latín en 4º ESO. Esta reflexión materialízase na elaboración dunha proposta didáctica que parte dunha nova adaptación do discurso Pro Archia poeta de Cicerón para traballar na aula a educación antiga e a aparición do Humanismo renacentista. A través de tales contidos pódese plantexar ao alumnado que constitue unha educación de calidade e que papel deben desempeñar nesta as humanidades. Para iso, en primeiro lugar examínase que importancia conceden á lectura a sociedade e lexislación españolas. A continuación, explóranse as posibilidades formativas da literatura clásica grecolatina e por que se decidiu traballar con adaptacións dos clásicos. Posteriormente recóllese a proposta didáctica e algunhas reflexións en torno ao seu deseño.
Neste Traballo de Fin de Máster reflexiónase sobre as posibilidades didácticas que encerra a lectura de clásicos adaptados para a materia de Latín en 4º ESO. Esta reflexión materialízase na elaboración dunha proposta didáctica que parte dunha nova adaptación do discurso Pro Archia poeta de Cicerón para traballar na aula a educación antiga e a aparición do Humanismo renacentista. A través de tales contidos pódese plantexar ao alumnado que constitue unha educación de calidade e que papel deben desempeñar nesta as humanidades. Para iso, en primeiro lugar examínase que importancia conceden á lectura a sociedade e lexislación españolas. A continuación, explóranse as posibilidades formativas da literatura clásica grecolatina e por que se decidiu traballar con adaptacións dos clásicos. Posteriormente recóllese a proposta didáctica e algunhas reflexións en torno ao seu deseño.
Dirección
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Titoría)
Tribunal
Criado Boado, Cecilia (Presidente/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Giadás Quintela, Miguel (Vogal)
Criado Boado, Cecilia (Presidente/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Secretario/a)
Giadás Quintela, Miguel (Vogal)
A educación emocional no Bacherelato. Proposta de intervención para a asignatura de Coro e Técnica Vocal I
Autoría
A.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
A.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 18:00
11.09.2024 18:00
Resumo
O presente traballo de fin de máster ten como principal obxectivo abordar a intelixencia emocional e a súa implementación na educación dos mozos actuais. A adolescencia resulta unha etapa de cambios e conflitos. Por iso, brindar aos estudantes adolescentes as competencias emocionais pertinentes podería garantir un maior benestar emocional na sociedade futura. A música resulta unha vía práctica para trasladar os coñecementos emocionais aos alumnos mentres reciben unha formación innovadora e de calidade. Por iso, na segunda parte do traballo realízase unha proposta de intervención na que se conxugan emocionalidad e música. O proxecto deseñado para a materia de Coro e Técnica Vocal I, reúne contidos emocionais e musicais que relacionan os dous ámbitos mencionados.

CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Vogal)

Accesibilidade Tecnolóxica e Educación: Perspectivas da Cuarta Idade (75-80 anos); unha revisión bibliográfica.
Autoría
M.D.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.D.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster (TFM) examina o impacto das tecnoloxías dixitais na educación de adultos maiores de 75-80 anos, explorando a posible existencia dunha fenda dixital neste contexto. A investigación sitúase nun escenario onde as ferramentas dixitais se integran progresivamente na educación, ofrecendo tanto oportunidades como retos para este grupo de idade. O obxectivo principal é avaliar o efecto destas tecnoloxías, identificar fortalezas e debilidades dos programas educativos que as empregan, e propoñer recomendacións para mellorar a súa adaptación. A metodoloxía empregada é un análise bibliográfica exhaustiva, abrangue estudos, informes e datos relevantes sobre programas educativos que incorporan tecnoloxía para adultos maiores. Este enfoque permite unha avaliación detallada do impacto das tecnoloxías dixitais na educación desta poboación e facilita a identificación de características clave para o éxito ou o fracaso de tales programas. Entre os achados máis significativos, atopouse que as tecnoloxías dixitais poden mellorar considerablemente a experiencia educativa dos adultos maiores, aínda que persisten barreiras relacionadas coa accesibilidade e a formación inicial. Os programas máis efectivos son aqueles que se adaptan ás necesidades específicas dos adultos maiores e ofrecen soporte continuo e personalizado. Este TFM proporciona unha comprensión profunda do impacto das tecnoloxías dixitais na educación de adultos maiores, destacando tanto as oportunidades como os desafíos. Preséntanse recomendacións prácticas para mellorar a inclusión e adaptación desta poboación ás novas ferramentas tecnolóxicas, contribuíndo así a reducir a fenda dixital e promover unha educación máis equitativa e accesible.

Análise didáctica de material docente clásico
Autoría
T.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
T.R.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 17:00
08.07.2024 17:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar algunhas características importantes da educación matemática do leste de Europa no século XX e a súa influencia na educación europea. Asemade, constátase a evidencia de que o feito de usar de libros máis antigos, a pesar de ser considerados tradicionais, non ten por que quedar desfasado e poden ademais servir como ferramentas didácticas moi interesantes e adaptables aos currículos e métodos de ensino actuais. A metodoloxía seguida foi a análise dos libros de texto de Tamás Varga, Yakov Perelman e Andrey Kiselev, así como un traballo de investigación en profundidade sobre os traballos realizados por estes autores. Desta revisión determínase o previsto: estes educadores xeraron un material infinitamente valioso e atemporal para o ensino das matemáticas.

LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Titoría)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Titoría)
Tribunal
Vázquez Abal, María Elena (Presidente/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)

Programa de intervención para fomentar a igualdade e a prevención da violencia de xénero nos colexios.
Autoría
A.O.P.
Máster Universitario en Procesos de Formación
A.O.P.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo de fin de máster céntrase na prevención de condutas machistas e sexistas na aula. A investigación analiza o papel da educación na promoción da igualdade de oportunidades, destacando a importancia da formación do profesorado e a colaboración de toda a comunidade educativa. A través dun enfoque cualitativo, identificáronse as barreiras e facilitadores na implementación de estratexias preventivas. As conclusións subliñan a necesidade de adaptar as intervencións aos contextos específicos de cada centro educativo e fomentar unha contorna de aprendizaxe inclusiva e respectuosa. O traballo propón recomendacións prácticas para integrar a perspectiva de xénero no currículo escolar e promover a corresponsabilidade na loita contra o sexismo.

PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)

Traballo fin de máster. Mediación parental e uso responsable das Tecnoloxías Dixitais en Educación Primaria: unha proposta de intervención.
Autoría
M.I.S.
Máster Universitario en Procesos de Formación
M.I.S.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Nun mundo plenamente dixitalizado, o uso que fan os menores das diferentes tecnoloxías e como se desenvolven con elas cobra especial importancia. O uso responsable dos diferentes medios dixitais non só depende dos nenos, senón que é fundamental a orientación, supervisión e guía dos adultos nesta labor. Este traballo persigue dous obxectivos. Por unha banda achegarse ao estado da cuestión sobre a influencia das Tecnoloxías Dixitais no desenvolvemento dos nenos en Educación Primaria e a relevancia da mediación parental. Por outra proporcionar coñecementos, recursos e ferramentas para que as familias poidan mediar eficazmente sobre o uso das Tecnoloxías Dixitais que fan os seus fillos, buscando mellorar a xestión dixital dentro dos fogares e fomentar un entorno dixital seguro e beneficioso para as familias a través do deseño dun programa de intervención. A metodoloxía utilizada inclúe unha revisión exhaustiva da literatura científica e a planificación dunha proposta de intervención nun contexto específico de Santiago de Compostela. O desenvolvemento do traballo evidencia a importancia de equipar ás familias con ferramentas para xestionar o uso destes medios, xa que as diferentes problemáticas e limitacións en canto ao uso dos medios dixitais, como o descoñecemento de como mediar e supervisar estas tecnoloxías, a falta de coñecementos sobre elas ou dificultade para manterse actualizados fronte aos cambios tecnolóxicos fan ver que se precisan programas de intervención con deseños específicos nestes contidos.

FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Vogal)
GEWERC BARUJEL, ADRIANA (Presidente/a)
MOSTEIRO GARCIA, MARIA JOSEFA (Secretario/a)
Couce Santalla, Ana Isabel (Vogal)
Deseño e implementación dunha secuencia didáctica sobre xenética en Bacharelato sobre un caso forense ficticio a través da participación en prácticas científicas.
Autoría
M.D.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.D.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2024 16:00
11.07.2024 16:00
Resumo
Neste traballo preséntase o deseño dunha secuencia didáctica e analízanse os resultados da súa implementación en dúas clases, unha de 1º e outra de 2º de Bacharelato. A secuencia cursa sobre o ensino en xenética, baseado na aprendizaxe mediante a participación dos alumnos en prácticas científicas. Esta proposta céntrase na resolución dun caso ficticio de xenética forense para ensinar xenética molecular a través da modelización e a argumentación. Na análise que se realiza neste traballo, utilízase unha metodoloxía cualitativa, examinando os produtos dos alumnos e as notas de campo rexistradas durante as sesións. A importancia de abordar a temática da enxeñería xenética radica en que inflúe en diversos campos, desde a saúde humana ata a agricultura e a conservación de especies. Ademais, a secuencia pretende fomentar a resolución de problemas e preparar aos estudantes para enfrontar desafíos do mundo real. Os resultados indican que, tras a súa participación na secuencia, o alumnado exhibe un coñecemento máis sofisticado sobre enxeñería xenética e a súa opinión sobre cuestiones socio-científicas evolucionou, apoiada por un maior número de argumentos.

Brocos Mosquera, Pablo (Titoría)
Brocos Mosquera, Pablo (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
Ser adolescente na sociedade da información e da comunicación
Autoría
H.O.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
H.O.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 18:00
10.09.2024 18:00
Resumo
O obxecto deste Traballo de Fin de Máster é comprender as condicións sociohistóricas que están dando forma á mentalidade das persoas mozas e adolescentes na actualidade. Entre as citadas condicións sociohistóricas queremos prestar especial atención ás tecnoloxías da información e da comunicación, posto que estas promoven cambios no seu mapa mental, que influirá en todos os ámbitos da súa vida. Dentro das tecnoloxías da información e comunicación podemos salientar as redes sociais, por ser o medio de comunicación que emprega na actualidade a xuventude. O traballo abórdase como unha revisión bibliográfica, que irá respondendo a medida do seu avance a diferentes preguntas en relación a como é ser adolescente na sociedade da información e da comunicación.

PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Titoría)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Titoría)
Tribunal
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)
Análise da situación educativa do alumnado con necesidades educativas especiais no sistema educativo ordinario en España e na Comunidade Autónoma de Galicia
Autoría
A.T.S.
Máster Universitario en Procesos de Formación
A.T.S.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
17.07.2024 16:30
17.07.2024 16:30
Resumo
Hoxe en día, os centros educativos caracterízanse por se gran diversidade, xa que cada alumno/a é único e irrepetible e ten unha forma diferente de chegar aos coñecementos básicos. Este aspecto traspasa os límites do ámbito educativo, xa que se reflicte tamén na sociedade en xeral. Por iso, para garantir un desenvolvemento óptimo da nosa sociedade, cómpre defender unha verdadeira educación inclusiva e pór o foco na atención daquees grupos con maior risco de exclusión, como o alumnado con necesidades educativas especiais. Desta maneira, este documento leva a cabo unha análise detallada da realidade deste alumnado no sistema educativo ordinario, tanto a nivel nacional como rexional na Comunidade Autónoma de Galicia. Os resultados mostran as evidencias sobre a escolarización deste alumnado nos diferentes niveis do ensino ordinario de réxime xeral.

PORTO CASTRO, ANA MARIA (Titoría)
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
FRAGA VARELA, FERNANDO (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
As escolas en contextos rurais no Perú. Unha revisión sistematizada do valor da identidade cultural e o reto da descolonización da educación
Autoría
M.S.V.H.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.S.V.H.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
12.07.2024 13:00
12.07.2024 13:00
Resumo
A ruralidade peruana caracterízase por presentar unha gran diversidade cultural e lingüística, ademais, consérvanse dinámicas organizativas colectivas que manteñen a existencia de comunidades vinculadas ao territorio; Adeicionalmente, aínda son realidades onde se manifestan grandes desigualdades sociais, como ocorre en termos educativos. No Perú, o 24% do alumnado de educación básica asiste a un centro educativo no rural, sen que as políticas educativas para abordar as características destes centros fosen suficientes para reducir a brecha educativa persistente entre este e o medio urbano. Un dos factores que acentúa esta fenda é a falta de valoración da identidade cultural dos contextos rurais, que repercute nas políticas e prácticas descontextualizadas que discriminan ditas realidades. Neste marco, este traballo pretende analizar o desenvolvemento de experiencias educativas nas escolas rurais do Perú que contribúan a poñer en valor a identidade cultural do contexto e se vinculen á perspectiva da descolonización da educación. Para cumprir con este propósito, utilízase unha metodoloxía de revisión sistematizada e séguense as recomendacións do protocolo PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses). Os principais resultados destacan a importancia de reforzar as prácticas educativas que vinculen a escola e a comunidade para garantir procesos de aprendizaxe contextualizados, interculturales e centrados no desenvolvemento local no rural. Conclúese que é necesario constituír unha axenda educativa con carácter transformador e emancipador desde unha perspectiva descolonizadora da educación para poñer en valor a identidade cultural nos centros.

MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
A formación en diversidade de xénero e afectivo sexual en titulacións psicosocioeducativas. Un estudo comparativo na Rede Universitaria de Chile.
Autoría
A.A.A.A.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.A.A.A.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A nosa sociedade é diversa, con grupos relegados a espazos de vulneración por hexemonía histórica fortemente enraizada en esferas sociais, polo que se fai necesario responder a ela de xeito multidisciplinario. Esta diversidade está presente en distintos espazos, un deles, a educación. Xerando así unha fenda, entre acordos internacionais sobre o respecto da identidade, equidade de xénero e a educación que se imparte actualmente. Sendo unha das raíces de aquelo a formación que se recibe e aquela que se deixa de recibir, especialmente en certos programas educativos chaves para o desenvolvemento e cambio social. Atendendo á necesidade de revisar a formación en materia de diversidade sexo-xénero, este traballo busca “determinar a presenza de materias centradas en xénero e diversidade afectivo sexual nos plans de estudo de titulacións psicosocioeducativas da Rede Universitaria Chilena, dende unha perspectiva postestruturalista”. O estudo se enmarca na liña de investigación de educación, xénero e equidade do máster, fundamentándose na perspectiva de xénero postestruturalista e da pedagoxía crítica. Os resultados amosan que só o 2,6% das materias ofertadas nas titulacións contén cuestiones relacionadas á temática, máis aínda, dende a revisión das guías docentes (n=43) maniféstase a escasa ou nula formación que recibe o estudantado ao respecto. A investigación busca contribuír ao coñecemento fundamentado sobre esta temática en Chile, sentando as bases para futuras investigacións que accionen os cambios necesarios no sistema educativo para responder ao desafío dunha educación integral para toda as personas dende o respecto de todas as identidades, cunha mirada de traballo interdisciplinario dende o psico socioeducativo.

ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
ALONSO RUIDO, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Presidente/a)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Vogal)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Presidente/a)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Vogal)
Arte contemporánea, un contexto socioeducativo para afrontar a crise eco-social. Tres estudos de caso: Joseph Beuys, Olafur Eliasson e Ana Laura López de la Torre
Autoría
P.G.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
P.G.A.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
12.09.2024 12:00
12.09.2024 12:00
Resumo
Ante a actual crise social e ambiental, vólvese imprescindible o incremento de contextos socioeducativos onde levar a cabo iniciativas e accións orientadas á transformación social e á transición ecolóxica. Neste TFM exponse, a través das prácticas artísticas de orientación social ou socially engaged art, o compromiso sociopolítico dos artistas como axentes sociais na procura dunha sociedade máis crítica, participativa, emancipada e sostible, destacando as súas principais obras e o emprego das súas metodoloxías pedagóxicas que unifican as ciencias para entender e atender a realidade como totalidade e a importancia da praxe como relación dialéctica entre a teoría e a práctica, como resposta á crise eco-social multifacética. Metodoloxicamente, emprégase o estudo de casos con revisión bibliográfica das experiencias de Joseph Beuys, Olafur Eliasson e Ana Laura López de la Torre, e as súas prácticas 7,000 Eichen, Future Assembly e Espazo de Formación Integral: Arte, Barrio e Acción Social (EFI). As conclusións destacan a relación da arte contemporánea e a educación para abordar a crise eco-social, promovendo prácticas artísticas que fomenten unha cidadanía crítica e activa fronte aos desafíos actuais. Por outra banda, pódese afirmar que as obras da arte contemporánea teñen o potencial de influír nas prácticas educativas e, á súa vez, promover accións que contrarresten a crise eco-social a través dunha maior integración das artes nos contextos educativos e comunitarios.

Varela Crespo, Laura María (Secretario/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Vogal)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Presidente/a)
Varela Crespo, Laura María (Secretario/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Vogal)
A xestión educativa da diversidade cultural en Galicia: unha análise de boas prácticas pedagóxicas
Autoría
A.N.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.N.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
05.09.2024 12:00
05.09.2024 12:00
Resumo
Actualmente, a diversidade cultural maniféstase de múltiples formas nos ámbitos de aprendizaxe. Este Traballo Fin de Máster ten como obxectivo explorar prácticas pedagóxicas que fomenten a interculturalidade en Galicia. O estudo céntrase na xestión educativa da diversidade cultural, analizando as boas prácticas pedagóxicas implantadas na comunidade galega entre os anos 2014 e 2024. O enfoque metodolóxico desta investigación é cualitativo e realiza unha análise descritiva de 23 prácticas pedagóxicas seleccionadas a través dun proceso que seguiu. tres fases: exploración en repositorios públicos, mostraxe focal nos concellos con alta representación de migrantes e revisión das páxinas web dos centros educativos. A avaliación das prácticas realizouse mediante unha rúbrica deseñada e validada para este estudo. Este instrumento de avaliación permitiu identificar as características establecidas nos criterios de logro, que permiten medir a calidade das prácticas pedagóxicas desde unha perspectiva intercultural. Os resultados obtidos demostran elementos salientables das prácticas analizadas, como a incorporación da interculturalidade nos contidos escolares ou a adaptación dos contidos á diversidade cultural e a atención ás necesidades específicas dos participantes. Ademais, identifícanse importantes retos, como a falta de formación específica do profesorado e a necesidade de avaliacións inclusivas que respondan ás diversas necesidades do alumnado. Así como, a importancia da actualización da normativa vixente en Galicia para a xestión educativa da diversidade cultural. As conclusións achegan reflexións sobre a educación intercultural en Galicia, ofrecendo recomendacións a partir dos achados que poden contribuír ao desenvolvemento de prácticas pedagóxicas máis inclusivas e eficaces.

SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
SOTELINO LOSADA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)
Traballar a historia en Educación Infantil a través das habilidades de pensamento: una experiencia práctica
Autoría
P.C.V.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
P.C.V.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
08.02.2024 12:00
08.02.2024 12:00
Resumo
O pensamento crítico é unha competencia que o alumnado debe adquirir nun tempo de cambio social e tecnolóxico acelerado. O proceso de ensino debe retar e apoiar ao alumnado nesta adquisición a través de procesos de modelado, interacción didáctica e propostas de traballo individual susceptíbeis de conducir a este obxectivo. Para acadar este fin, a proposta de intervención plantexada fundaméntase na Filosofía para nenos segundo os desenvolvementos da mesma de Lipman, De Puig e Sátiro. Partindo destes postulados traballaremos cos alumnos/as dunha aula mixta dunha escola rural do concello de Rianxo, tratando de favorecer o desenvolvemento de habilidades de pensamento crítico a través do traballo sobre feitos e conceptos da historia local.

ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)
E fomos ficando SOS, sen planeta, só nós. Unha proposta didática para o ensino da literatura medioambiental galega no primeiro ciclo da ESO
Autoría
M.F.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.F.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 10:00
15.07.2024 10:00
Resumo
O actual contexto de emerxencia climática obriga ó ser humano a repensar a súa relación co planeta e co medio natural. O quecemento global, a perda de biodiversidade ou a falta de dispoñibilidade de recursos hídricos son algúns dos efectos dunha crise sen paragón. Neste contexto, a colaboración entre distintos axentes sociais así como unha mudanza no paradigma do sistema educativo convértense nunha necesidade. A aula preséntase así como un espazo onde reivindicar unha alternativa e un modelo de vida sostíbel. No marco do ensino de linguas, a literatura e a escrita activista eríxense como ventás dende as que traballar a ollada ecoloxista. Sendo consciente do potencial didáctico que posúe esta disciplina, o presente traballo ten como obxectivo elaborar unha proposta educativa incluída dentro dos contidos da materia de Lingua galega e literatura no primeiro ciclo da ESO que explote a literatura como unha ferramenta de transmisión de valores. Con esta fin traballarase cun corpus de obras que abrangue diferentes modalidades textuais, como o relato curto, a novela ou o teatro e cuxo eixo vertebrador é a conexión entre as accións humanas e súa pegada no mundo ó tempo que se explorará a plasticidade e a maleabilidade da literatura

NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Titoría)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Titoría)
Tribunal
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
Análise de materiais didácticos utilizados para o ensino e a aprendizaxe no Ciclo Formativo de Grao Medio de Técnico en Farmacia e Parafarmacia.
Autoría
L.B.Y.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
L.B.Y.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 11:00
17.07.2024 11:00
Resumo
Os materiais didácticos constitúen elementos clave no proceso de ensino e aprendizaxe. O desenvolvemento de recursos cada vez máis diversos e innovadores fai necesario analizar a súa calidade antes de incorporalos ao ámbito educativo. No que respecta á Formación Profesional (FP), evidénciase unha escaseza de estudos e iniciativas que avalíen estes elementos. Por iso, o presente traballo pretende abrir camiño no relativo á investigación educativa de materiais didácticos de FP a partir da análise e avaliación dos recursos didácticos empregados no CFGM de Técnico en Farmacia e Parafarmacia. Os resultados obtidos do estudo poñen de manifesto a necesidade de continuar investigando neste campo dada a falta de variedade de recursos destinados a este ciclo. Ademais, a investigación e análise destes elementos deixa patente a premura de que sexan revisados dado que a súa calidade demostrou ser bastante mellorable. Conclúese que a mellora destes recursos didácticos, así como o desenvolvemento de materiais innovadores, son fundamentais para garantir a eficiencia e a calidade educativa.
Os materiais didácticos constitúen elementos clave no proceso de ensino e aprendizaxe. O desenvolvemento de recursos cada vez máis diversos e innovadores fai necesario analizar a súa calidade antes de incorporalos ao ámbito educativo. No que respecta á Formación Profesional (FP), evidénciase unha escaseza de estudos e iniciativas que avalíen estes elementos. Por iso, o presente traballo pretende abrir camiño no relativo á investigación educativa de materiais didácticos de FP a partir da análise e avaliación dos recursos didácticos empregados no CFGM de Técnico en Farmacia e Parafarmacia. Os resultados obtidos do estudo poñen de manifesto a necesidade de continuar investigando neste campo dada a falta de variedade de recursos destinados a este ciclo. Ademais, a investigación e análise destes elementos deixa patente a premura de que sexan revisados dado que a súa calidade demostrou ser bastante mellorable. Conclúese que a mellora destes recursos didácticos, así como o desenvolvemento de materiais innovadores, son fundamentais para garantir a eficiencia e a calidade educativa.
Dirección
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Titoría)
Tribunal
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
Rodríguez Groba, Ana (Vogal)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
Rodríguez Groba, Ana (Vogal)
Proposta de ensinanza do medio rural na Educación Secundaria Obrigatoria
Autoría
J.F.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
J.F.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 10:00
10.07.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Master (TFM) contén unha proposta de ensinanza que toma como referencia as carencias específicas observadas no currículo da materia de Xeografía e Historia, no primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), no 3º curso da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). A mesma ten como finalidade a preparación do alumnado para que poida entender a riqueza e oportunidades dos espazos rurais con respecto dos urbanos, nunha perspectiva interdisciplinaria das oportunidades educativas que emerxen en ámbolos dous. Na primeira parte abórdase unha revisión teórica do concepto de ‘necesidade’, da caracterización do grupo destinatario da proposta, e do que emana do currículo vixente. Na segunda, desde a indagación das oportunidades derivadas das fortalezas mais destacadas do medio rural, a planificación, desenvolvemento e avaliación da proposta: obxectivos, contidos, actividades, metodoloxía, temporalización e avaliación. Finalmente, inclúense as conclusións acadadas e algunhas recomendacións derivadas da reflexión crítica feita ao longo do proceso de deseño.
Este Traballo de Fin de Master (TFM) contén unha proposta de ensinanza que toma como referencia as carencias específicas observadas no currículo da materia de Xeografía e Historia, no primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), no 3º curso da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). A mesma ten como finalidade a preparación do alumnado para que poida entender a riqueza e oportunidades dos espazos rurais con respecto dos urbanos, nunha perspectiva interdisciplinaria das oportunidades educativas que emerxen en ámbolos dous. Na primeira parte abórdase unha revisión teórica do concepto de ‘necesidade’, da caracterización do grupo destinatario da proposta, e do que emana do currículo vixente. Na segunda, desde a indagación das oportunidades derivadas das fortalezas mais destacadas do medio rural, a planificación, desenvolvemento e avaliación da proposta: obxectivos, contidos, actividades, metodoloxía, temporalización e avaliación. Finalmente, inclúense as conclusións acadadas e algunhas recomendacións derivadas da reflexión crítica feita ao longo do proceso de deseño.
Dirección
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Titoría)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS (Vogal)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS (Vogal)
Conexións socioambientais: o achegamento ao arte e á natureza como medio para sensibilizar e facer presente a emerxencia climática na educación secundaria.
Autoría
C.B.I.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
C.B.I.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 10:15
08.07.2024 10:15
Resumo
Neste traballo de fin de máster abordarase o panorama socioambiental actual e o modo en que podemos educar para a transición ecolóxica mediante unha enseñanza artística con valores de sustentabilidade ante a situación de emerxencia climática actual. No presente proxecto, queremos fomentar unha actitude de cambio de carácter urxente, incidindo nas novas xeracións, que serán as portadoras dos valores que transmitamos. Propoñémonos tamén investigar como as prácticas artísticas axudan a esta sensibilización, achegándonos ao medio natural co uso de materiais e obxectos atopados ou reutilizados e inspirándonos nos propios procesos da natureza, de modo que a práctica artística nos conecte co noso lado máis natural, espertando e destacando o amor e o espírito de coidar o planeta e preservar toda a biosfera.

Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Titoría)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Titoría)
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
Percepción do Alumnado do Mestrado de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre a Formación Recibida para a Atención á Diversidade
Autoría
A.G.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
A.G.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 13:00
17.07.2024 13:00
Resumo
As necesidades e demandas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (A.N.E.A.E.) deben ser inescusablemente atendidas, sendo imprescindible que os/as docentes reciban a formación necesaria para poder garantir unha adecuada atención á diversidade e ofrecer un ensino de calidade. Por tal motivo, o presente traballo ten como obxectivo principal analizar a percepción do alumnado do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre a formación inicial recibida en relación coa atención á diversidade. Para elo, seguíuse unha metodoloxía descriptiva, empregando para a recollida de datos un cuestionario online sobre a autopercepción do alumnado do citado Máster acerca dos contidos e coñecementos adquiridos no ámbito da atención á diversidade. En líneas xerais, os resultados obtidos indican que os/as alumnos/as detectan importantes deficiencias formativas, non sentíndose preparados/as para afrontar a súa futura labor docente de xeito inclusivo, e coinciden en demandar maior formación tanto de xeito transversal en todos os contidos do título como de xeito específico mediante materias concretas.
As necesidades e demandas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (A.N.E.A.E.) deben ser inescusablemente atendidas, sendo imprescindible que os/as docentes reciban a formación necesaria para poder garantir unha adecuada atención á diversidade e ofrecer un ensino de calidade. Por tal motivo, o presente traballo ten como obxectivo principal analizar a percepción do alumnado do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre a formación inicial recibida en relación coa atención á diversidade. Para elo, seguíuse unha metodoloxía descriptiva, empregando para a recollida de datos un cuestionario online sobre a autopercepción do alumnado do citado Máster acerca dos contidos e coñecementos adquiridos no ámbito da atención á diversidade. En líneas xerais, os resultados obtidos indican que os/as alumnos/as detectan importantes deficiencias formativas, non sentíndose preparados/as para afrontar a súa futura labor docente de xeito inclusivo, e coinciden en demandar maior formación tanto de xeito transversal en todos os contidos do título como de xeito específico mediante materias concretas.
Dirección
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
Tribunal
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
Rodríguez Groba, Ana (Vogal)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
Rodríguez Groba, Ana (Vogal)
O impacto das técnicas de preactivación na aprendizaxe de sustantivos na L2: un estudo a través dun xogo competitivo en Lingua inglesa
Autoría
B.G.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
B.G.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 16:00
10.07.2024 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Mestrado presenta unha intervención pedagóxica para estudantes de 1º de Bacharelato nun instituto público español centrada no uso de xogos e técnicas de preactivación para facilitar a aprendizaxe de substantivos na aula de inglés. Para iso, deseñáronse cinco sesións empregando dúas condicións de aprendizaxe: preactivación xunto con xogos, e só xogos. O alumnado participou voluntariamente nun cuestionario en liña para consolidar os seus coñecementos a través dun xogo competitivo. O cuestionario, que empregaba dúas modalidades de preactivación (léxica e visual), incluía frases con ocos e catro respostas posibles, e requiría que o alumnado seleccionasen a única correcta. Os datos do cuestionario foron analizados para determinar o impacto das modalidades de preactivación na aprendizaxe. Estes resultados comparáronse co rendemento posterior do alumnado nunha proba escrita para avaliar os efectos a medio prazo das diferentes condicións de aprendizaxe. As análises revelaron que a combinación de técnicas de preactivación con xogos resultaron nun maior nivel de acerto na proba escrita en comparación co emprego illado de xogos. Isto indica que as técnicas de preactivación xunto coa aprendizaxe baseada en xogos constitúen unha ferramenta eficaz para ensinar vocabulario nas aulas de inglés para estudantes de 1º de Bacharelato.

PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Titoría)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Titoría)
Tribunal
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Presidente/a)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Secretario/a)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Vogal)
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Presidente/a)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Secretario/a)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Vogal)
Deseño de propostas didácticas innovadoras no contexto da materia de Física e Química
Autoría
J.G.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
J.G.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
09.02.2023 09:00
09.02.2023 09:00
Resumo
A Enxeñaría Química é unha disciplina que traballa sobre a aplicación dos coñecementos desenvolvidos pola física e pola química no eido industrial. Con base a esta premisa, supón a aplicación práctica das ciencias básicas sobre a transformación de materias primas en produtos de alto valor engadido. A proposta didáctica desenvolvida ao longo deste documento aplica parte dos conceptos deste ámbito de cara a mellorar as competencias tecnolóxicas dun alumnado obxectivo de 4º de ESO. A partires de exemplos prácticos sobre a aplicación da química á sociedade preténdese que o alumnado adquira non so competencias STEM, senón que desenvolva unha concienciación ambiental así como social. Deste xeito, por medio das reaccións químicas que envolven a produción dun fertilizante, o alumnado realizará diferentes actividades para acadar os obxectivos da aprendizaxe propostos relativos ás reaccións químicas e ao bloque do cambio.

Gallástegui Otero, Juan Ramón (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)

Os contos musicalizados: literatura, música e dramatización na Educación Infantil.
Autoría
L.P.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
L.P.B.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
10.07.2024 10:00
10.07.2024 10:00
Resumo
A música, a literatura e a dramatización, son elementos que rara vez aparecen fusionados nas propostas de aula de Educación Infantil. Este TFM ten como principal obxectivo investigar se a aplicación de contos musicalizados e dramatizados na aula beneficia ao alumnado na atención, motivación e comprensión. Para isto elaborouse e aplicouse unha proposta didáctica interdisciplinar que aportou os datos necesarios para a extracción dos resultados, realizándose este estudo de carácter cualitativo nun CRA cun total de 14 crianzas. A investigación demostra que se producen melloras nestes aspectos pola aplicación de contos dramatizados e musicalizados mais depende tamén doutros factores como a temporalización das sesións ou a novidade.

LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)

A orientación profesional na FP na creación do proxecto de vida
Autoría
N.F.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
N.F.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 18:00
17.07.2024 18:00
Resumo
Neste traballo preséntase a páxina web PortOrienta, un banco de recursos de orientación profesional no CIFP Porta da Auga co que se pretende dar resposta ás necesidades detectadas na formulación da orientación profesional do centro. Para acadar o resultado final, o proxecto céntrase no estudo das características da orientación profesional nos estudos de Formación Profesional e máis especificamente na importancia da orientación profesional nas ensinanzas impartidas polo Departamento de Formación e Orientación Laboral e nas propostas orientadoras do Departamento de Información e Orientación Profesional, tanto a nivel xeral como, concretamente, no centro educativo que é obxecto desta proposta. Como tal, a ferramenta constitúe un banco de recursos baseado na metodoloxía E-learning e centrado en cinco aspectos fundamentais: estudos, obxectivo profesional, autocoñecemento, busca de emprego e contacto con empresas. Así pois, o proxecto engloba a unha comunidade ampla permitindo o acceso tanto ao alumnado e o profesorado do CIFP Porta da Auga, como á comunidade que o rodea. En definitiva, o traballo responde á investigación e detección de necesidades da orientación profesional no CIFP Porta da Auga para finalmente ofrecer unha ferramenta dinámica que permita aos usuarios e usuarias levar a cabo un proceso de autorientación profesional dende calquera localización.

DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Mulleres na Historia da Arte: desafiando o silencio. Unha proposta de intervención educativa para 2º de Bacharelato
Autoría
T.C.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
T.C.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 18:00
10.07.2024 18:00
Resumo
O presente traballo desenvolve unha proposta de intervención educativa para a materia de Historia da Arte de 2º de Bacharelato. A historia das mulleres artistas sempre foi unha historia ‘de segunda’ e ata fai moi pouco tempo non comezou a terse minimamente en conta no currículo. Por iso, este traballo xustifícase dentro dese contexto, de interese en continuar demostrando a importancia deses contidos e de levar á aula propostas rigorosas en liña cos estudos de xénero. Xa que logo, a proposta de intervención educativa Desafiando o silencio ten como obxectivo principal a recuperación das figuras de distintas mulleres artistas ao longo da Historia da Arte. A importancia de traballar esta temática radica na necesidade de evidenciar as omisións e nesgos de xénero nos relatos históricos. A invisibilización e o olvido de moitas artistas femininas reclama unha actuación pola nosa parte, que aínda será máis forte e efectiva se desde o ensino se estimula a formación de alumnado comprometido coa causa.

FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Secretario/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Vogal)

A Musicoloxía na aula: unha proposta de intervención educativa
Autoría
S.L.O.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
S.L.O.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 16:00
15.07.2024 16:00
Resumo
A Musicoloxía é unha disciplina amplamente recoñecida na actualidade e consiste en sí mesma nun compendio de enfoques de gran relevancia para o coñecemento e o mundo da música, polo que a súa presenza no ámbito educativo como carreira na Universidade ou nun Conservatorio Superior convértese en necesaria e nunha saída profesional moi interesante para calquera estudante. A pesar disto, esta posibilidade é descoñecida para gran parte dos alumnos que non proceden dunha traxectoria musical. É por iso que a través deste Traballo de Fin de Máster se pretende deseñar unha intervención educativa sobre musicoloxía en Historia da Música e da Danza, asignatura de segundo no Bacharelato de Música e Artes Escénicas. A través desta búscase non só ofrecer unha orientación profesional e darlles a coñecer esta disciplina, senón introducilos ás perspectivas reflexivas e postulados da mesma, que motivarán un pensamento crítico e necesario en torno á música.

GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
GARBAYO MONTABES, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
GILLANDERS , CAROL JEAN (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Vogal)

Influencia do contexto familiar no rendemento académico en estudantes de Formación Profesional
Autoría
E.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
E.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
O presente traballo pretende arroxar luz sobre os factores do contexto familiar que contan cunha implicación destacable no rendemento académico do alumnado que cursa estudos nos diferentes itinerarios da Formación Profesional (FP). No inicio do camiño didáctico emprendido con esta tarefa, considerouse de interese dar resposta a dúas cuestións básicas co obxecto de servir base á nosa investigación: : Que é a familia e que podemos entender por contexto familiar? e Que relación ten o contexto familiar co desempeño académico do alumnado? Coa pretensión de dar resposta aos interrogantes referido e con base na literatura académica que foi revisada, destácanse cinco eidos, que son destacados por innúmeros autores como de suma relevancia neste marco, a saber: nivel socioeconómico, clase social, nivel educativo dos proxenitores, clima e expectativas familiares. Os resultados arroxados apuntan para a correlación positiva de tódalas variables consideradas, xa que logo, cada unha amosaron unha influencia (actuando como factor protector ou de risco) no rendemento académico do alumnado.
O presente traballo pretende arroxar luz sobre os factores do contexto familiar que contan cunha implicación destacable no rendemento académico do alumnado que cursa estudos nos diferentes itinerarios da Formación Profesional (FP). No inicio do camiño didáctico emprendido con esta tarefa, considerouse de interese dar resposta a dúas cuestións básicas co obxecto de servir base á nosa investigación: : Que é a familia e que podemos entender por contexto familiar? e Que relación ten o contexto familiar co desempeño académico do alumnado? Coa pretensión de dar resposta aos interrogantes referido e con base na literatura académica que foi revisada, destácanse cinco eidos, que son destacados por innúmeros autores como de suma relevancia neste marco, a saber: nivel socioeconómico, clase social, nivel educativo dos proxenitores, clima e expectativas familiares. Os resultados arroxados apuntan para a correlación positiva de tódalas variables consideradas, xa que logo, cada unha amosaron unha influencia (actuando como factor protector ou de risco) no rendemento académico do alumnado.
Dirección
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Titoría)
Tribunal
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
Mediación entre cine e infancia. Resultados dunha proposta de investigación-acción en Educación Infantil.
Autoría
A.M.F.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.M.F.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
O consumo de producións cinematográficas pola infancia sufriu un gran aumento nas últimas décadas como consecuencia da xeneralización da internet. Debido a isto, as producións audiovisuais foron asimiladas nas escolas como recurso educativo, mais en moitos casos a súa selección non está sometida a criterios de calidade. Así, non sempre se realiza a necesaria mediación entre cinema e infancia. A investigación partirá da revisión da bibliografía sobre cinema infantil, a mediación no contexto educativo e de como e para que se empregan as producións audiovisuais en educación infantil. En consecuencia con isto, o obxectivo principal desta investigación será analizar como a selección de curtametraxes redunda na educación estética das crianzas e nos valores que se promoven na aula. Isto realizarase deseñando unha proposta de investigación-acción, partindo dunha secuencia didáctica con curtametraxes e aplicándoa nunha aula de Educación Infantil.
O consumo de producións cinematográficas pola infancia sufriu un gran aumento nas últimas décadas como consecuencia da xeneralización da internet. Debido a isto, as producións audiovisuais foron asimiladas nas escolas como recurso educativo, mais en moitos casos a súa selección non está sometida a criterios de calidade. Así, non sempre se realiza a necesaria mediación entre cinema e infancia. A investigación partirá da revisión da bibliografía sobre cinema infantil, a mediación no contexto educativo e de como e para que se empregan as producións audiovisuais en educación infantil. En consecuencia con isto, o obxectivo principal desta investigación será analizar como a selección de curtametraxes redunda na educación estética das crianzas e nos valores que se promoven na aula. Isto realizarase deseñando unha proposta de investigación-acción, partindo dunha secuencia didáctica con curtametraxes e aplicándoa nunha aula de Educación Infantil.
Dirección
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)
GARCIA ANTELO, BEATRIZ (Presidente/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)
Ensinanza e aprendizaxe da medida
Autoría
P.C.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
P.C.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
05.07.2024 10:00
05.07.2024 10:00
Resumo
O principal obxectivo deste traballo será desenvolver unha proposta didáctica enmarcada dentro do sentido da medida da materia de Matemáticas. En concreto, proporanse unha serie de actividades relacionadas coa estimación de lonxitudes aos estudantes do segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria. Para contextualizar o deseño da proposta didáctica elaborarase un marco teórico baseado nunha axustada revisión bibliográfica. Ademais, a actividade será enlazada cos distintos elementos curriculares da materia. Analizarase a proposta didáctica a través dos seus resultados, apuntando distintos aspectos de mellora que tiveran optimizado a súa posta en práctica. Ademais, incluirase un cuestionario no que os alumnos e alumnas expoñerán a súa consideración afectiva cara as Matemáticas e valorarán as actividades realizadas baixo a proposta.

Rodríguez Vivero, Dolores (Titoría)
Rodríguez Vivero, Dolores (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Presidente/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Presidente/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
O impacto do dominio afectivo na aprendizaxe das matemáticas en educación primaria
Autoría
P.G.V.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
P.G.V.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
As matemáticas están presentes en prácticamente todos os ámbitos, dentro e fóra das aulas. Por iso, nos últimos anos o estudo do dominio afectivo na educación matemática adquiriu gran importancia, ao incluirse como unha variable determinante no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumnado. Por conseguinte, no presente traballo de fin de máster, realizarase unha análise rigurosa de varias investigación e teorías centradas no ámbito emocional, co obxectivo de identificar a súa natureza, avaliar o seu impacto no proceso de ensinanza-aprendizaxe e establecer a súa conexión co estudo das matemáticas. Posteriormente, presentarase unha proposta educativa deseñada para intervir nunha aula de educación primaria, co propósito de mellorar ou redirixir as crenzas e actitudes dos estudantes que presentan unha perspectiva máis negativa, ao mesmo tempo que se abordan contidos relacionados coa medida.

NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
SALGADO SOMOZA, MARIA (Presidente/a)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Presidente/a)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Secretario/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Vogal)
A inclusión de adolescentes que residen en recursos de protección nas aulas de secundaria. Propostas para os departamentos de orientación educativa.
Autoría
M.A.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
M.A.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
16.07.2024 09:15
16.07.2024 09:15
Resumo
A inadaptación escolar das nenas, nenos e adolescentes que residen en recursos de protección continúa sendo un dos maiores desafíos para os centros educativos de secundaria. Para lograr unha verdadeira inclusión educativa do alumnado tutelado, resulta esencial sensibilizar, formar e concienciar ao profesorado e ás orientadoras educativas. Este labor convértese nun factor chave para o desenvolvemento integral das persoas mozas, facilitando a súa adaptación e inclusión escolar. Neste traballo analízanse as funcións e competencias dos Departamentos de Orientación en Galicia e examínanse unha serie de boas prácticas (mirada consciente, prácticas restaurativas, disciplina positiva, guía para a acollida de alumnado institucionalizado) que demostran que se pode promover a inclusión e o benestar nas aulas deste alumnado, que elas non son responsables das súas circunstancias de vida e que forman parte da diversidade que enriquece as aulas, a pesar das escasas facilidades que se lles presentan.
A inadaptación escolar das nenas, nenos e adolescentes que residen en recursos de protección continúa sendo un dos maiores desafíos para os centros educativos de secundaria. Para lograr unha verdadeira inclusión educativa do alumnado tutelado, resulta esencial sensibilizar, formar e concienciar ao profesorado e ás orientadoras educativas. Este labor convértese nun factor chave para o desenvolvemento integral das persoas mozas, facilitando a súa adaptación e inclusión escolar. Neste traballo analízanse as funcións e competencias dos Departamentos de Orientación en Galicia e examínanse unha serie de boas prácticas (mirada consciente, prácticas restaurativas, disciplina positiva, guía para a acollida de alumnado institucionalizado) que demostran que se pode promover a inclusión e o benestar nas aulas deste alumnado, que elas non son responsables das súas circunstancias de vida e que forman parte da diversidade que enriquece as aulas, a pesar das escasas facilidades que se lles presentan.
Dirección
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)
O podcast coma recurso didáctico na ensinanza de francés nivel B1 para unha EOI de Galicia: Proposta didáctica.
Autoría
R.M.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
R.M.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.02.2023 11:00
15.02.2023 11:00
Resumo
Este traballo propón a elaboración dun podcast de entrevistas a persoas migrantes francófonas realizado por alumnado de B1 de francés da Escola de Idiomas de Santiago de Compostela. O podcast será o produto final dun traballo con enfoques metodolóxicos orientados á acción e fundamentados na Aprendizaxe Baseada en Proxectos. Durante catorce sesións repartidas ao longo dos dous últimos meses de curso, o alumnado adquirirá coñecementos sobre contidos procedimentais, conceptuais e actitudinais que van dende os principios básicos do Xornalismo e da elaboración de podcasts de entrevistas ata vocabulario sobre migracións; sempre co obxectivo principal da aprendizaxe da lingua francesa. Ao longo das fases de elaboración do podcast, o alumnado desenvolverá non só as competencias de comprensión e expresión oral e escrita, senón tamén a competencia mediática e a conciencia intercultural, coñecendo a realidade de persoas migrantes e de países francófonos.

LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Titoría)
Tribunal
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
O Teatro na Ensinanza do Inglés
Autoría
S.A.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
S.A.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 11:00
10.09.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster é unha investigación sobre o uso do teatro como ferramenta na ensinanza da lingua inglesa na educación secundaria. O seu obxectivo principal é demostrar que aquelas actividades máis interactivas propias desta arte escénica poden dinamizar a docencia dun idioma e beneficiar a adquisición de distintas competencias. En primeiro lugar, analizarase brevemente a súa introdución como instrumento na ensinanza das linguas, examinarase o seu uso cada vez máis estendido na aula, ponderando as súas vantaxes e desvantaxes e, finalmente, presentarase unha proposta da súa posible aplicación. Unha vez levado a cabo este estudio, espérase ter demostrado como os métodos e as actividades tradicionais poden ser compatibles con outras máis creativas e innovadoras que enriquezan e melloren o proceso de aprendizaxe dun idioma.

RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Titoría)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Titoría)
Tribunal
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Presidente/a)
Giadás Quintela, Miguel (Secretario/a)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Vogal)

O enfoque CTS na Educación Secundaria
Autoría
J.M.G.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
J.M.G.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 16:00
10.09.2024 16:00
Resumo
O proxecto que se presenta neste Traballo de Fin de Máster céntrase na análise das técnicas de ensino empregadas nas aulas de ciencias da Educación Secundaria Obrigatoria, concretamente no enfoque Ciencia-Tecnoloxía e Sociedade (STS), que foi cobrando relevancia nos centros educativos do continente europeo e no España como forma innovadora de ensino que busca conectar a ciencia e a tecnoloxía co seu impacto na sociedade actual. O traballo que nos ocupa realizouse de xeito teórico, tomando como referencia o alumnado de 4o da ESO dun colexio da zona de Santiago de Compostela onde realicei as prácticas formativas do máster. O obxectivo principal desta proposta didáctica foi analizar e ao mesmo tempo comparar diferentes proxectos centrados nas ciencias e tecnoloxías e a súa aplicación na aula, identificando técnicas de ensino como a ensinanza por problemas, a indagación e a participación activa do alumnado na toma de decisións. Os resultados preliminares deste traballo demostran que a implantación dos proxectos CTS en Secundaria xerou un maior interese e participación entre o alumnado, permitíndolle comprender a importancia da ciencia e a tecnoloxía na sociedade e desenvolver habilidades críticas e reflexivas.

Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Secretario/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Secretario/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Vogal)
O desenvolvemento da autoestima na adolescencia con perspectiva de xénero: unha aproximación a partir da lectura
Autoría
R.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
R.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
16.02.2023 09:00
16.02.2023 09:00
Resumo
Esta investigación explora as interconexións entre a percepción propia, a influencia de modelos corporais ideais na valoración de tal percepción e a lectura, focalizándose dende unha perspectiva de xénero na adolescencia e na literatura como axente de socialización. Así, mediante o uso de ferramentas como a Escala de Autoestima de Rosenberg e o Cuestionario de Autoconcepto Físico (CAF), complementadas por unha enquisa de elaboración propia, analízanse as dimensións psicosociais e de lectura en estudantes de 3º da ESO co obxectivo de profundizar en se os hábitos lectores afectan á autoestima e ao autoconcepto da mostra. En base a iso, a investigación pretende contribuír na promoción dunha literatura que colabore positivamente na autopercepción e autovaloración adolescente dende entornos educativos.

CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Presidente/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Presidente/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
A educación musical en China na educación xeral
Autoría
Y.Y.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Y.Y.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
13.09.2024 10:30
13.09.2024 10:30
Resumo
Este traballo analiza a evolución recente e a situación actual da educación musical no ensino básico en China. A educación musical neste país conta con máis de 3.000 anos de historia e segue tendo unha forte presenza na educación básica e na cultura. Na sociedade moderna, a educación musical ha ido gañando aos poucos relevancia xa que posúe o potencial de cultivar o desenvolvemento integral do alumnado, favorecer a construción da identidade e o sentimento de pertenza, e transmitir valores culturais e sociais. Para a elaboración do traballo realizáronse unha procura, selección e estudo de documentación relevante nesta temática, destacando a revisión da normativa máis recente que regula a educación musical básica en China a través dos estándares curriculares publicados en 2011 e 2022. Este percorrido axuda a comprender a influencia do cambiante contexto social e cultural e o papel da educación musical. Ademais, o traballo compleméntase coa revisión doutras achegas de autores/as relevantes no tema.

LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Titoría)
Tribunal
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
Adestrando a autoestima. Proposta de acción titorial para mellorar a autoestima no ámbito da formación profesional.
Autoría
H.F.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
H.F.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 17:00
17.07.2024 17:00
Resumo
A autoestima considérase un elemento esencial no crecemento académico e persoal do alumnado. Este constructo defínese como a visión persoal (positiva ou negativa) sobre a propia valía, é multidimensional, inflúe nas características persoais e afecta á saúde, ás relacións persoais e ao rendemento académico. Ademais, na adolescencia e na formación profesional, os seus valores tenden a diminuír notablemente. Sen embargo, son limitados os programas de intervención que teñen como obxectivo principal fortalecer a autoestima e aqueles que a traballan en todas as súas dimensións só resultaron eficaces para mellorar algunha dimensión concreta. Ademais, estes non inclúen estratexias de modificación de estilos atribucionais e non foron aplicadas no ámbito da formación profesional. Polo tanto, preséntase unha proposta de acción titorial deseñada co obxectivo de mellorar a autoestima xeral do alumnado de FP mellorando as diferentes dimensións da autoestima e modificando o estilo atribucional do alumnado. Esta proposta consta de seis módulos diferentes formados por catro actividades cada un e pode ser adaptada en función dos valores iniciais de autoestima do grupo no que se aplicará.
A autoestima considérase un elemento esencial no crecemento académico e persoal do alumnado. Este constructo defínese como a visión persoal (positiva ou negativa) sobre a propia valía, é multidimensional, inflúe nas características persoais e afecta á saúde, ás relacións persoais e ao rendemento académico. Ademais, na adolescencia e na formación profesional, os seus valores tenden a diminuír notablemente. Sen embargo, son limitados os programas de intervención que teñen como obxectivo principal fortalecer a autoestima e aqueles que a traballan en todas as súas dimensións só resultaron eficaces para mellorar algunha dimensión concreta. Ademais, estes non inclúen estratexias de modificación de estilos atribucionais e non foron aplicadas no ámbito da formación profesional. Polo tanto, preséntase unha proposta de acción titorial deseñada co obxectivo de mellorar a autoestima xeral do alumnado de FP mellorando as diferentes dimensións da autoestima e modificando o estilo atribucional do alumnado. Esta proposta consta de seis módulos diferentes formados por catro actividades cada un e pode ser adaptada en función dos valores iniciais de autoestima do grupo no que se aplicará.
Dirección
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
Tribunal
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Desenvolvemento e identidade profesional dun orientador educativo: cambios afrontados e por afrontar
Autoría
L.V.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.V.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 18:00
15.07.2024 18:00
Resumo
A identidade profesional docente é fundamental, pois define a este colectivo fronte a outros, constrúese e redefínese ao longo de toda a traxectoria laboral afectando á mesma e está condicionada por numerosos factores que configuran a visión que os profesionais do sistema educativo teñen de si mesmos/as. Por este motivo, este traballo ten como obxectivo xeral indagar na identidade profesional dun orientador educativo cunha longa traxectoria. Concretamente, preséntase un proposta de investigación de campo, que parte dun enfoque cualitativo. Así, a partir dun relato de vida e utilizando a técnica de entrevista en profundidade, indágase en aspectos clave do percorrido dun profesional da orientación no sistema educativo. Os datos obtidos, que foron analizados e codificados a través dun software de análise cualitativa nun proceso de codificación indutivo-dedutivo, mostran que hai grandes eixes que axudan á construción desa identidade: a formación inicial e permanente, as organizacións educativas nas que traballou ou os cambios lexislativos e sociais, entre outros. As conclusións poñen de manifesto como as transformacións sufridas nos Departamentos de Orientación nas últimas décadas, os diferentes enfoques do orientación percorridos e a necesidade constante de actualizacións para afrontar cada vez un maior número de retos e funcións, acaban afectando na construción da identidade dun orientador cunha longa traxectoria.

O papel da orientación vocacional nas aulas de secundaria e Bacharelato
Autoría
T.S.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
T.S.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 11:00
10.09.2024 11:00
Resumo
Aínda que a lexislación educativa outorga ao profesorado o deber de orientar o alumnado de secundaria e Bacharelato acerca do seu futuro académico-profesional, este dereito inherente a cada estudante revelouse como unha necesidade descoidada e vulnerada en numerosas ocasións. Para contribuír a paliar esa circunstancia, este traballo de fin de máster trata a relevancia de garantir que o alumnado español reciba unha orientación vocacional axeitada. A metodoloxía seguida, en consecuencia, baseouse en abordar o estado da cuestión revisando certa bibliografía para esclarecer as nocións teóricas sobre esta rama da orientación (que busca guiar o futuro académico-profesional do estudantado a través do descubrimento dos seus intereses). A continuación, foi ineludible atender o tratamento da orientación vocacional no plano legal e determinar cales son os axentes involucrados no seu bo desenvolvemento para poder suxerir certas liñas de mellora na conxuntura actual. Así mesmo, ofreceuse unha aproximación á evolución e situación presente dalgunhas ferramentas de orientación e definíronse certas limitacións que dificultan que a orientación vocacional non sexa aínda un piar do sistema educativo, unha circunstancia que, en conclusión, deberá ser paliada no futuro.

Alfabetización para o consumo de medios dende o ensino
Autoría
A.F.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
A.F.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 12:00
15.07.2024 12:00
Resumo
Manterse ao tanto do que ocorre é fundamental para tomar decisións informadas e alcanzar unha posición razoada sobre temas sociais, políticos, bioéticos, ou de calquera outra natureza. Neste Traballo de Fin de Mestrado abordarase a cuestión da alfabetización para o consumo de medios dende o ensino. Estudaremos en que medida se contempla a lectura da prensa, a diversidade de fontes, a identificación de fake news, e en definitiva, o desenvolvemento do espírito crítico, como ferramentas para preparar ao alumnado para discernir a información relevante da que non o é. Para iso, faremos unha análise do currículo da ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) e de Bacharelato, e comprobaremos de que xeito se incorpora a cuestión mediática nas distintas etapas polas que pasa o alumno, dende que comeza a súa Educación Secundaria ata que remata o Bacharelato. Por outro lado, revisaremos un libro de texto de Lingua Galega e Literatura do 4º curso da ESO, para coñecer máis de preto se nos materiais se fomenta o espírito crítico e a alfabetización para o consumo de medios na aula.

LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
A importancia da acción colectiva e dos movementos sociais nos cambios da Historia
Autoría
M.D.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
M.D.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2024 10:00
11.07.2024 10:00
Resumo
Ó longo da historia podemos atopar diferentes exemplos de acción colectiva, e dos cambios que esta favorece. Sen embargo, na Época Contemporánea, coa conversión do individuo a cidadán, esta forma de mobilización se consolidou como ferramenta para reivindicar dereitos e promover cambios. Debido a elementos característicos, como a súa duración prolongada, as súas diversas formas de actuación e organización destas accións, ou a súa capacidade de negociación con outros suxeitos, podemos falar de movementos sociais e non só de acción colectiva. En todo caso, estes son fundamentais para entender como se consolidan os dereitos dos sistemas democráticos e para coñecer as diferentes formas ás que poden recorrer os cidadáns para defender as súas ideas na actualidade. Consideramos que este resulta un tema moi adecuado para que os estudantes de secundaria coñezan como se obtiveron e defenderon os dereitos dos que gozan na actualidade, para que se formen como cidadáns responsables, e para que entendan o papel que estes movementos gozan na conformación de identidades.

12.09.2024 19:00

Pontes sobre o tempo: unha proposta para o tratamento da vellez nas aulas de filosofía
Autoría
R.P.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
R.P.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 10:00
10.07.2024 10:00
Resumo
A crecente atomización dos núcleos familiares xunto coa falta de políticas públicas específicas determinan que parte da poboación da terceira idade pase a última etapa da súa vida en soidade ou en centros residenciais. Ademais, a tendencia ao envellecemento demográfico contrasta cun relato social lastrado de estereotipos e prexuízos cara á vellez que podemos englobar baixo os termos idadismo e xerontofobia. Esta situación abre unha serie de problemas e desafíos que, pola súa natureza, permiten e demandan unha abordaxe filosófica. O tratamento destas cuestións co alumnado de secundaria cubre un baleiro na didáctica da filosofía, ao tempo que fomenta unha visión crítica desta problemática social. Esta proposta de ensinanza explora as posibilidades dun achegamento filosófico ao fenómeno da vellez nas aulas de filosofía a través da combinación de diferentes metodoloxías activas. O núcleo da proposta é unha actividade de aprendizaxe-servizo que promove o diálogo interxeracional. Os resultados obtidos na súa implementación parcial confirman a pertinencia e actualidade do proxecto e o potencial educativo dos encontros interxeracionais.

O papel do océano no cambio climático. Cultura Oceánica para combatir a crise climática na aula de ciencias
Autoría
A.C.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.C.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.07.2024 11:15
12.07.2024 11:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster aborda o análise dunha secuencia didáctica levada a cabo nunha aula de 4º da ESO sobre Cultura Oceánica e a súa relación co cambio climático. As preguntas de investigación son as seguintes: 1. Como son os modelos de circulación oceánica que elabora o alumnado segundo as propiedades fisicoquímicas do océano? 2. Como utilizan os seus modelos de circulación oceánica para elaborar predicións climáticas? 3. Que modelo de afloramento mariño é capaz de elaborar o alumnado ao completar a secuencia? ¿En que medida se apoia nas nocións introducidas? A metodoloxía utilizada é de corte cualitativo, sendo o contido das respostas escritas e os modelos elaborados polo alumnado analizados na interacción cos datos. Os resultados mostran que o alumnado ten dificultades na comprensión de certos conceptos clave de Cultura Oceánica, como a formación de correntes oceánicas e a súa relación co clima, o que deriva en implicacións didácticas e futuras propostas de mellora.
Este Traballo de Fin de Máster aborda o análise dunha secuencia didáctica levada a cabo nunha aula de 4º da ESO sobre Cultura Oceánica e a súa relación co cambio climático. As preguntas de investigación son as seguintes: 1. Como son os modelos de circulación oceánica que elabora o alumnado segundo as propiedades fisicoquímicas do océano? 2. Como utilizan os seus modelos de circulación oceánica para elaborar predicións climáticas? 3. Que modelo de afloramento mariño é capaz de elaborar o alumnado ao completar a secuencia? ¿En que medida se apoia nas nocións introducidas? A metodoloxía utilizada é de corte cualitativo, sendo o contido das respostas escritas e os modelos elaborados polo alumnado analizados na interacción cos datos. Os resultados mostran que o alumnado ten dificultades na comprensión de certos conceptos clave de Cultura Oceánica, como a formación de correntes oceánicas e a súa relación co clima, o que deriva en implicacións didácticas e futuras propostas de mellora.
Dirección
PUIG MAURIZ, BLANCA (Titoría)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Titoría)
Tribunal
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Presidente/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Presidente/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)
Perímetro e área: unha proposta didáctica para 1º de ESO
Autoría
M.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
05.07.2024 11:00
05.07.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo Fin de Máster desenvolve unha proposta didáctica na área de matemáticas para o primeiro curso da educación secundaria obrigatoria. A proposta céntrase no traballo dos conceptos de área e perímetro de figuras planas sen empregar fórmulas e busca a consecuión das competencias asociadas ao estudo da xeometría. Nesta memoria realízase unha revisión bibliográfica de investigacións relevantes sobre os procesos de ensinanza-aprendizaxe da xeometría, en concreto dos conceptos de área e perímetro, en busca das principais ideas previas e dficultades que se atopan no alumnado no relativo a estes dous conceptos para enfocar a actividade de maneira que estas se compensen. Esta proposta didáctica levouse é práctica nunha aula de 1º de ESO e nesta memoria tamén se pode atopar unha análise desta posta en práctica e os resultados obtidos.

Vázquez Abal, María Elena (Titoría)
Vázquez Abal, María Elena (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Presidente/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Presidente/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
A paisaxe como ferramenta de ensino para o coñecemento e a comprensión do entorno: unha intervención didáctica
Autoría
M.G.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
M.G.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 17:00
10.07.2024 17:00
Resumo
A paisaxe pode constituír unha ferramenta didáctica de gran potencial para o ensino. O seu estudo permítenos achegarnos á nosa realidade territorial, posto que se trata dun elemento cotiá, que forma parte do noso espazo vivido, e accesible, co que estamos en continuo contacto. Así pois, este traballo de investigación baséase na interpretación dos resultados acadados na intervención didáctica proposta. Os aspectos centrais que se traballaron están vencellados á interpretación e valorización da paisaxe e á súa relevancia na calidade de vida e benestar social, moi próximos á concepción acollida polo Convenio Europeo da Paisaxe (CEP). As actividades deseñadas para esta unidade didáctica non só se orientaron a mellorar e potenciar o pensamento xeográfico do alumnado a través da análise e interpretación da paisaxe do seu entorno. Tamén se centran en desmontar vellos prexuízos, aínda patentes na súa percepción, próximos a perspectivas tradicionais e clásicas sobre a paisaxe que dificultan a súa comprensión contemporánea. Na execución da unidade didáctica seguiuse unha Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), no que o alumnado puxo en práctica todos estes contidos, para a creación dun catálogo da paisaxe da súa vila.

LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Presidente/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Presidente/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Secretario/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Vogal)
Educación e comunidade en Alfoz: A importancia das escolas rurais
Autoría
M.O.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.O.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
13.09.2024 11:30
13.09.2024 11:30
Resumo
A escola é un dos principais activos dos que dispoñen os concellos rurais para fixar e asentar poboación, ao tempo que funcionan como centros de dinamización da vida social, por iso a seguinte investigación tratará de comprender o papel que desenvolve e as relacións que mantén no seu contexto. Realízase un estudo de caso con metodoloxía mixta no concello de Alfoz; a perspectiva cualitativa apóiase na técnica da entrevista semieestruturada que se desenvolve con tres axentes educativos clave do territorio: profesorado, asociacións e concello. A cuantitativa concrétase na aplicación dun cuestionario a un cuarto actor, as familias das nenas e nenos escolarizados na escola rural deste municipio. Unha vez obtidos os datos realizarase unha triangulación metodolóxica e de contido para analizar a información e perfilar os resultados desta investigación. As conclusións apuntan a que a escola rural é un dos elementos máis importantes dos que dispón este contexto para dinamizar a vida dos veciños e veciñas, ao mesmo tempo que se observou que as colaboracións entre as asociacións e o centro educativo favorece a oferta de servizos, que doutra forma non se poderían prestar. As relacións que manteñen o colexio, as familias, as asociacións e o concello axudan a fortalecer o sentimento de pertenza a este municipio, o que significa que os máis novos sentiranse parte da comunidade e nun futuro poden decantarse por manterse no rural. O dato máis esperanzador deste estudo é que todos os axentes consultados consideran o rural como un espazo ideal tanto para a educación dos seus nenos e nenas como para que podan desenvolver a súa vida nun futuro.

CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
CABALLO VILLAR, MARIA BELEN (Titoría)
Tribunal
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
Estratexias de ensinanza para alumnos/as de ESO e Bacharelato con dificultades de aprendizaxe: a dislexia, una revisión sistemática
Autoría
L.F.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
L.F.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
A dislexia, un trastorno específico da aprendizaxe, representa un problema significativo no ámbito educativo, especialmente no proceso de ensino e aprendizaxe nos adolescentes con este trastorno. O obxectivo deste estudo foi analizar mediante unha revisión sistemática as estratexias de ensino dirixidas ao alumnado de ESO e Bacharelato con dislexia. Para iso, realizouse unha procura nas bases de datos Dialnet, Scielo, Web of Science (WOS) e ERIC, na que se seleccionaron 12 estudos publicados entre 2013-2024. Conclúese que a dislexia afecta ás habilidades de lectura, escritura e ortografía, pero non á intelixencia. En ESO e Bacharelato, pode manifestarse como lectura lenta e con erros, dificultades coa ortografía e a gramática, e problemas de comprensión. As intervencións fonolóxicas melloran a lectura e a escritura, e outros enfoques eficaces inclúen a instrucción multisensorial, a tecnoloxía e as adaptacións curriculares. É crucial adaptar un enfoque integral que aborde as necesidades individuais. Os enfoques pedagóxicos efectivos inclúen a instrucción explícita, a multisensorial e a cognitiva. A colaboración entre profesores/as, pais e alumnos/as é esencial para programas educativos inclusivos e eficaces.
A dislexia, un trastorno específico da aprendizaxe, representa un problema significativo no ámbito educativo, especialmente no proceso de ensino e aprendizaxe nos adolescentes con este trastorno. O obxectivo deste estudo foi analizar mediante unha revisión sistemática as estratexias de ensino dirixidas ao alumnado de ESO e Bacharelato con dislexia. Para iso, realizouse unha procura nas bases de datos Dialnet, Scielo, Web of Science (WOS) e ERIC, na que se seleccionaron 12 estudos publicados entre 2013-2024. Conclúese que a dislexia afecta ás habilidades de lectura, escritura e ortografía, pero non á intelixencia. En ESO e Bacharelato, pode manifestarse como lectura lenta e con erros, dificultades coa ortografía e a gramática, e problemas de comprensión. As intervencións fonolóxicas melloran a lectura e a escritura, e outros enfoques eficaces inclúen a instrucción multisensorial, a tecnoloxía e as adaptacións curriculares. É crucial adaptar un enfoque integral que aborde as necesidades individuais. Os enfoques pedagóxicos efectivos inclúen a instrucción explícita, a multisensorial e a cognitiva. A colaboración entre profesores/as, pais e alumnos/as é esencial para programas educativos inclusivos e eficaces.
Dirección
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA Cotitoría
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA Cotitoría
Tribunal
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
CEINOS SANZ, MARIA CRISTINA (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
Proxecto de Aprendizaxe-Servizo: Economía para todas as persoas
Autoría
M.C.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
M.C.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 12:00
17.07.2024 12:00
Resumo
A economía supón unha competencia cidadá global, pois o seu carácter transversal implica que forme parte da vida diaria de todas as persoas. En ocasións, as persoas con diversidade intelectual non teñen a oportunidade de recibir unha formación básica en conceptos económicos, o que pode resultar unha limitación adicional en canto ao seu desenvolvemento autónomo. Ante esta situación, o proxecto aquí proposto consiste nunha colaboración entre o alumnado da materia “Economía e Emprendemento”, cursada en 4º da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) no IES María Soliño, e o centro ocupacional Juan XXIII, pertencente ao mesmo concello e dedicado a persoas con diversidade intelectual. A través da metodoloxía Aprendizaxe-Servizo, o obxectivo desta proxecto é achegar ao alumnado participante ás realidades da súa contorna mentres experimenta unha aprendizaxe significativa de diferentes conceptos económicos establecidos no currículo da ESO (Decreto 156/2022). Para conseguilo, a partir das necesidades trasladadas polo centro ocupacional, o alumnado deseñou, por equipos, diversas actividades sobre diferentes contidos de interese para favorecer unha autonomía cotiá, que foron desenvolvidas en dúas xuntanzas intercentros. Como resultado, realizouse unha aprendizaxe conxunta e transversal, destacando non só os contidos económicos traballados nas actividades, senón tamén o desenvolvemento persoal que supón responsabilizarse dunha educación inclusiva.

Revisión sistemática sobre a relación entre o bullying LGTBIfóbico e o absentismo escolar no estudantado LGTBIQ+ de educación secundaria
Autoría
J.M.G.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
J.M.G.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 20:00
10.09.2024 20:00
Resumo
O bullying LGTBIQfóbico é unha forma de acoso escolar sufrido especificamente por estudantes da comunidade LGTBIQ+, baseado na súa orientación sexual ou identidade de xénero. Esta problemática non só afecta o benestar emocional e físico das vítimas, senón que tamén pode conducir ao absentismo escolar. O absentismo, definido como a ausencia reiterada e non xustificada ás clases, é un fenómeno complexo que pode ter graves consecuencias no rendemento académico e no desenvolvemento social dos estudantes. Neste traballo de fin de máster preténdese abordar a relación entre o acoso LGTBIQfóbico e o absentismo escolar no alumnado de educación secundaria. Para iso, realizouse unha revisión da evidencia científica actual que examina o vínculo entre estas dúas cuestións e aspectos asociados, confirmando unha prevalencia maior do absentismo escolar no colectivo LGTBIQ+ en comparación con estudantes non-LGTBIQ+. Ademais, analizáronse diferentes estratexias e programas de prevención implementados para abordar esta situación en diversos contextos educativos, apuntando ás gay-straight alliances (GSAs) como unha ferramenta con potencial na loita contra o absentismo escolar no colectivo LGTBIQ+.
O bullying LGTBIQfóbico é unha forma de acoso escolar sufrido especificamente por estudantes da comunidade LGTBIQ+, baseado na súa orientación sexual ou identidade de xénero. Esta problemática non só afecta o benestar emocional e físico das vítimas, senón que tamén pode conducir ao absentismo escolar. O absentismo, definido como a ausencia reiterada e non xustificada ás clases, é un fenómeno complexo que pode ter graves consecuencias no rendemento académico e no desenvolvemento social dos estudantes. Neste traballo de fin de máster preténdese abordar a relación entre o acoso LGTBIQfóbico e o absentismo escolar no alumnado de educación secundaria. Para iso, realizouse unha revisión da evidencia científica actual que examina o vínculo entre estas dúas cuestións e aspectos asociados, confirmando unha prevalencia maior do absentismo escolar no colectivo LGTBIQ+ en comparación con estudantes non-LGTBIQ+. Ademais, analizáronse diferentes estratexias e programas de prevención implementados para abordar esta situación en diversos contextos educativos, apuntando ás gay-straight alliances (GSAs) como unha ferramenta con potencial na loita contra o absentismo escolar no colectivo LGTBIQ+.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Secretario/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Secretario/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Vogal)
Estudio do modelo pedagóxico de Aula Invertida para a súa implementación na Educación Secundaria Obrigatoria
Autoría
D.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
D.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 11:00
12.09.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster céntrase no estudo do modelo de aula invertida, tamén coñecido como Flipped Classroom, no ámbito da Educación Secundaria Obrigatoria, desenvolvendo unha proposta didáctica baseada nesta metodoloxía. Este enfoque pedagóxico promove unha aprendizaxe activa e significativa ao trasladar a instrución directa fóra da aula, permitindo que os estudantes accedan ao contido mediante recursos dixitais como vídeos e lecturas antes de cada sesión presencial. Así, búscase maximizar o tempo na clase para actividades colaborativas, discusións profundas e resolución de problemas, facilitando unha interacción máis significativa entre estudantes e profesores. Aínda que inicialmente se plantexou implementar e analizar os resultados desta proposta, a implementación non se puido levar a cabo. No seu lugar, o documento discute posibles melloras e analiza hipotéticos desafíos que poderían xurdir, como a falta de compromiso do alumnado coa visualización dos vídeos, propoñendo axustes na proposta para fomentar unha maior participación e un mellor desenvolvemento desta para futuras implementacións.

CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titoría)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
Afondamento das bases da xenética na educación secundaria para a resolución de conflitos socio-científicos
Autoría
D.V.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
D.V.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.07.2024 11:00
12.07.2024 11:00
Resumo
Na actualidade a biotecnoloxía e a enxeñaría xenética son protagonistas dunha revolución novidosa que impacta directamente na sociedade, constituíndo unha información susceptible de boatos e “fake news”. Debido a isto, a educación secundaria debe cubrir estes contidos e formar á cidadanía para facer fronte, interpretar e interpelar esta realidade. O obxectivo desta investigación cualitativa é mellorar o coñecemento de biotecnoloxía, identificando as súas utilidades e riscos. Para iso, avaliouse unha secuencia didáctica entre 28 alumnos e alumnas de 4º de ESO que intenta abordar estes contidos, destacando o valor de prácticas como a modelización e a argumentación. A análise dos resultados da proposta amosa como o alumnado evoluciona as súas ideas previas, cun coñecemento limitado arredor desta rama, cara unha explicación salientable das súas utilidades, as técnicas máis representativas e a construción dunha postura consolidada baseada en argumentos científicos e contrastados. Ademais, o alumnado tamén identifica e explica os riscos asociados aos organismos modificados xeneticamente, relacionándoos co concepto “OneHealth”. Finalmente, parte destas aprendizaxes son utilizadas para contrastar adecuadamente a veracidade de información de distintas noticias vencelladas. Conclúese que a secuencia ofrece uns resultados moi favorables e permite a adquisición de certas competencias esenciais para a vida cotiá do alumnado.

Posta en práctica dunha proposta STEAM en educación primaria: deseño e construción de xoguetes a través de circuítos eléctricos
Autoría
C.A.C.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
C.A.C.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
12.07.2024 10:00
12.07.2024 10:00
Resumo
O presente TFM desenvolve unha investigación cualitativa cuxa base é a implementación dunha proposta STEAM nunha aula de 24 nenos e nenas de quinto de Educación Primaria. O obxectivo é estimular e aumentar o interese do alumnado polos circuítos eléctricos e por consecuente, cara ás ciencias. As preguntas de investigación que guían o traballo son: 1) cales son as emocións iniciais dos participantes ao enfrontarse a un proxecto STEAM, e como varían ao final do proxecto?, 2) cales son os coñecementos adquiridos sobre circuítos eléctricos tras o proxecto?, 3) cales son os aspectos que propón o alumnado para avaliar os xoguetes realizados por outros grupos? Os resultados obtidos mostran como a utilización de metodoloxías innovadoras, participativas e dinámicas como é a metodoloxía STEAM, xeran emocións positivas nos estudantes, aumentando así o entusiasmo dos mesmos polas ciencias, promovendo unha aprendizaxe máis efectiva e significativo.

Abelairas Gómez, Cristian (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)

A Illa de Arousa a través de República sideral: o roteiro como proposta de educación literaria para o alumnado do segundo ciclo da ESO e Bacharelato
Autoría
I.F.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
I.F.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 18:00
04.07.2024 18:00
Resumo
Falar da Illa de Arousa significa falar dun espazo único da xeografía galega. Sobre o mar da Arousa paira un hálito literario senlleiro, ben sexa polo seu illamento histórico do continente ou pola identidade das súas xentes. Con todo, a produción textual abrollada neste recanto do Atlántico non só se limita a aquelas figuras oriúndas da illa, senón que foron numerosas as voces autoriais que se achegaron a ela a través das súas obras. O innegábel potencial didáctico para ensinar literatura a través das súas rúas é a razón pola cal o obxectivo deste traballo é deseñar unha secuencia didáctica con enfoque comunicativo arredor da peza de teatro República sideral, de Esther F. Carrodeguas. Concretamente, esta secuencia titúlase Viaxe á República sideral da Illa de Arousa e ten como produto final o desenvolvemento dun roteiro literario pola vila, polo que todas as tarefas están encamiñadas á súa elaboración. Esta proposta está dirixida ao alumnado do segundo ciclo da ESO e de Bacharelato no marco da materia de Lingua Galega e Literatura como unha poderosa ferramenta para traballar o patrimonio literario e lingüístico dende unha ollada innovadora.
Falar da Illa de Arousa significa falar dun espazo único da xeografía galega. Sobre o mar da Arousa paira un hálito literario senlleiro, ben sexa polo seu illamento histórico do continente ou pola identidade das súas xentes. Con todo, a produción textual abrollada neste recanto do Atlántico non só se limita a aquelas figuras oriúndas da illa, senón que foron numerosas as voces autoriais que se achegaron a ela a través das súas obras. O innegábel potencial didáctico para ensinar literatura a través das súas rúas é a razón pola cal o obxectivo deste traballo é deseñar unha secuencia didáctica con enfoque comunicativo arredor da peza de teatro República sideral, de Esther F. Carrodeguas. Concretamente, esta secuencia titúlase Viaxe á República sideral da Illa de Arousa e ten como produto final o desenvolvemento dun roteiro literario pola vila, polo que todas as tarefas están encamiñadas á súa elaboración. Esta proposta está dirixida ao alumnado do segundo ciclo da ESO e de Bacharelato no marco da materia de Lingua Galega e Literatura como unha poderosa ferramenta para traballar o patrimonio literario e lingüístico dende unha ollada innovadora.
Dirección
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Titoría)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
Nunca máis: un programa de prevención do acoso escolar nas aulas da Educación Secundaria Obrigatoria a través da Lingua Galega e Literatura
Autoría
N.F.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
N.F.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 11:00
15.07.2024 11:00
Resumo
O bullying ou acoso escolar é unha das formas máis xeneralizadas de violencia escolar xa que afecta a un de cada catro alumnos/as de educación primaria e secundaria do Estado español. Trátase dun problema grave, duradeiro e moi estendido, o cal ten efectos negativos na saúde física, no benestar emocional e no rendemento académico dos/as rapaces/zas. Ademais, inflúe no clima escolar do centro educativo. Por este motivo, o presente Traballo de Fin de Mestrado pretende informar e concienciar sobre esta problemática e abordar un programa de prevención para sensibilizar o alumnado e previr o acoso escolar nas aulas de Educación Secundaria Obrigatoria a través da lingua e da literatura galegas. Con este fin, realizarase unha revisión exhaustiva da bibliografía sobre o concepto, a incidencia e as consecuencias do bullying e dos programas existentes nos centros arredor deste tema. A partir desta información, levarase a cabo unha proposta educativa.

NIETO VIEITES, ANA (Titoría)
NIETO VIEITES, ANA (Titoría)
Tribunal
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
A ensinanza das matemáticas ao alumnado que presenta discapacidade visual
Autoría
L.A.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
L.A.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 16:00
08.07.2024 16:00
Resumo
O sentido da vista é un dos sentidos máis importantes para o ser humano, pois aproximadamente o 80% da información que recibe o noso cerebro é información visual. Segundo datos da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), no ano 2023 había en Galicia un total de 212 persoas, entre os 0 e os 17 anos, con discapacidade visual, dos cales 112 eran homes e 100 mulleres. A pesares disto, é escasa a información e a documentación que se pode atopar sobre o traballo na aula con alumnado con discapacidade visual (deficiencia visual e/ou cegueira). Por este motivo, o propósito do presente traballo de fin de Máster (TFM) é elaborar una proposta didáctica para traballar a materia de matemáticas, na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), con alumnado que presenta unha discapacidade visual. Para iso, o traballo dividirase en dúas partes: unha primeira na que se establecerá o marco teórico do traballo describindo, entre outros, os conceptos básicos relacionados coa discapacidade visual e centrando o tema na aprendizaxe das matemáticas; e unha segunda parte na que se desenvolverá a proposta didáctica.
O sentido da vista é un dos sentidos máis importantes para o ser humano, pois aproximadamente o 80% da información que recibe o noso cerebro é información visual. Segundo datos da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE), no ano 2023 había en Galicia un total de 212 persoas, entre os 0 e os 17 anos, con discapacidade visual, dos cales 112 eran homes e 100 mulleres. A pesares disto, é escasa a información e a documentación que se pode atopar sobre o traballo na aula con alumnado con discapacidade visual (deficiencia visual e/ou cegueira). Por este motivo, o propósito do presente traballo de fin de Máster (TFM) é elaborar una proposta didáctica para traballar a materia de matemáticas, na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), con alumnado que presenta unha discapacidade visual. Para iso, o traballo dividirase en dúas partes: unha primeira na que se establecerá o marco teórico do traballo describindo, entre outros, os conceptos básicos relacionados coa discapacidade visual e centrando o tema na aprendizaxe das matemáticas; e unha segunda parte na que se desenvolverá a proposta didáctica.
Dirección
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
Tribunal
Vázquez Abal, María Elena (Presidente/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
Vázquez Abal, María Elena (Presidente/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
Potencialidades da literatura de tradición oral para a didáctica da lingua e a literatura: o Cancioneiro Popular Galego, Dorothé Schubarth
Autoría
P.G.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
P.G.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 13:00
10.09.2024 13:00
Resumo
No campo dos estudos literarios, a literatura oral estivo sempre nas marxes, eclipsada e subordinada á literatura escrita: o popular fronte ao culto. No ámbito educativo a realidade non é moi diferente e, consecuentemente, a presenza que esta disciplina ten no currículo de Lingua Galega e Literatura é escasa, ou nula. Pese a todo, no ámbito galego existe unha obra de referencia mundial que semella ter pasado inadvertida para moitos: o Cancioneiro Popular Galego de Dorothée Shcubarth e Antón Santamarina. No presente traballo preténdese achegar esta obra e os seus contidos ás aulas de educación secundaria do país para dar conta do potencial didáctico da literatura oral e fomentar no alumnado a afectividade e a valoración -entre outras cousas- por esta parte fundamental da cultura galega tradicional.

REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Titoría)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Titoría)
Tribunal
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Presidente/a)
Giadás Quintela, Miguel (Secretario/a)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Vogal)
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Presidente/a)
Giadás Quintela, Miguel (Secretario/a)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Vogal)
Análise dunha proposta didáctica para tratar os hábitos saudables en 1º de BAC, basada na estratexia de aprendizaxe basado en problemas
Autoría
I.C.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
I.C.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 18:00
04.07.2024 18:00
Resumo
Na sociedade hai unha situación preocupación en canto a hábitos e as súas consecuencias para a saúde. Levar isto ao ámbito educativo pode supoñer unha mellora nos estilos de vida das futuras xeracións, xa que en varios estudos demostráronse os beneficios da súa ensinanza. Neste traballo preténdese concienciar aos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, na materia de Bioloxía, sobre a importancia de ter hábitos saudables, así como educar sobre como telos, concretamente na dieta e actividade física. Para iso diseñouse unha actividade que se basa na estratexia didáctica ABP, coa cal búscase, ademáis da adquisición de coñecemento, unha actitude positiva dos estudantes e unha mellora da competencia en ciencias. Os resultados obtidos e as posteriores conclusións extraídas, confirman que grazas a proposta diseñada alcanzáronse os objetivos xerais e específicos.
Na sociedade hai unha situación preocupación en canto a hábitos e as súas consecuencias para a saúde. Levar isto ao ámbito educativo pode supoñer unha mellora nos estilos de vida das futuras xeracións, xa que en varios estudos demostráronse os beneficios da súa ensinanza. Neste traballo preténdese concienciar aos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, na materia de Bioloxía, sobre a importancia de ter hábitos saudables, así como educar sobre como telos, concretamente na dieta e actividade física. Para iso diseñouse unha actividade que se basa na estratexia didáctica ABP, coa cal búscase, ademáis da adquisición de coñecemento, unha actitude positiva dos estudantes e unha mellora da competencia en ciencias. Os resultados obtidos e as posteriores conclusións extraídas, confirman que grazas a proposta diseñada alcanzáronse os objetivos xerais e específicos.
Dirección
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Vogal)

Aprendizaxe da dinámica utilizando o cinema como recurso didáctico
Autoría
I.R.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
I.R.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 09:00
12.09.2024 09:00
Resumo
Esta investigación céntrase na análise da capacidade do alumnado para aplicar o coñecemento científico sobre dinámica na interpretación de escenas cinematográficas e tamén na análise da calidade dos argumentos que elabora o alumnado para explicar este tipo de escenas. Para iso, deséñanse dúas actividades nas que participan 17 estudantes de 1º de Bacharelato que cursan a materia de Física e Química nun instituto urbano da comarca de Santiago de Compostela. As producións escritas realizadas polo alumnado analízanse mediante rúbricas elaboradas en base ás respostas de referencia e ás respostas do alumnado. Os resultados obtidos demostran que o alumnado ten dificultades para aplicar o coñecemento científico sobre dinámica na interpretación de escenas cinematográficas. Ademais, o alumnado elabora argumentos de baixa calidade en contextos cinematográficos. Estes resultados débense por unha banda, á complexidade da tarefa e por outra, a que o alumnado non está afeito a realizar este tipo de actividades na aula.
Esta investigación céntrase na análise da capacidade do alumnado para aplicar o coñecemento científico sobre dinámica na interpretación de escenas cinematográficas e tamén na análise da calidade dos argumentos que elabora o alumnado para explicar este tipo de escenas. Para iso, deséñanse dúas actividades nas que participan 17 estudantes de 1º de Bacharelato que cursan a materia de Física e Química nun instituto urbano da comarca de Santiago de Compostela. As producións escritas realizadas polo alumnado analízanse mediante rúbricas elaboradas en base ás respostas de referencia e ás respostas do alumnado. Os resultados obtidos demostran que o alumnado ten dificultades para aplicar o coñecemento científico sobre dinámica na interpretación de escenas cinematográficas. Ademais, o alumnado elabora argumentos de baixa calidade en contextos cinematográficos. Estes resultados débense por unha banda, á complexidade da tarefa e por outra, a que o alumnado non está afeito a realizar este tipo de actividades na aula.
Dirección
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
O uso do breakout educativo para a aprendizaxe do inglés: unha proposta didáctica
Autoría
N.L.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
N.L.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
As metodoloxías activas proporcionan unha marxe de innovación co obxectivo de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe. Entre elas atópase a Aprendizaxe Baseada en Xogos (ABX) que, ademais de ser unha forma de entretemento, captou a atención no ámbito educativo ao permitir o desenvolvemento de diferentes habilidades e contidos. Como consecuencia, a presenza do xogo ou dos seus elementos nos ámbitos de aprendizaxe é cada vez máis habitual a medida que se comproba a súa efectividade. Ademais, as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) xogan un papel importante na implantación destas metodoloxías ao, entre outros aspectos, facilitar o acceso a unha cantidade ilimitada de recursos educativos e permitir a creación de situacións de aprendizaxe significativas. Este traballo analiza o breakout educativo, un recurso enmarcado dentro da ABX, e explora a súa idoneidade nun contexto educativo como parte dunha metodoloxía activa e innovadora. Este recurso, apoiado polas TIC, ofrece unha experiencia envolvente que desafía a resolución de problemas nun contexto lúdico e colaborativo e o principal obxectivo deste traballo radica en demostrar a eficacia que pode chegar a acadar na aprendizaxe de linguas.
As metodoloxías activas proporcionan unha marxe de innovación co obxectivo de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe. Entre elas atópase a Aprendizaxe Baseada en Xogos (ABX) que, ademais de ser unha forma de entretemento, captou a atención no ámbito educativo ao permitir o desenvolvemento de diferentes habilidades e contidos. Como consecuencia, a presenza do xogo ou dos seus elementos nos ámbitos de aprendizaxe é cada vez máis habitual a medida que se comproba a súa efectividade. Ademais, as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) xogan un papel importante na implantación destas metodoloxías ao, entre outros aspectos, facilitar o acceso a unha cantidade ilimitada de recursos educativos e permitir a creación de situacións de aprendizaxe significativas. Este traballo analiza o breakout educativo, un recurso enmarcado dentro da ABX, e explora a súa idoneidade nun contexto educativo como parte dunha metodoloxía activa e innovadora. Este recurso, apoiado polas TIC, ofrece unha experiencia envolvente que desafía a resolución de problemas nun contexto lúdico e colaborativo e o principal obxectivo deste traballo radica en demostrar a eficacia que pode chegar a acadar na aprendizaxe de linguas.
Dirección
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
Tribunal
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
Pereira Ares, Noemí (Secretario/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Vogal)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
Pereira Ares, Noemí (Secretario/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Vogal)
Programas de educación emocional en alumnado con TEA: Unha revisión rápida
Autoría
L.B.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
L.B.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.07.2024 10:15
12.07.2024 10:15
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo revisar os programas psicoeducativos en materia de educación emocional para adolescentes con Trastorno do Espectro Autista (TEA). A través dunha revisión sistemática da literatura dispoñible nas bases de datos Dialnet, Eric e Web of Science, seleccionáronse e analizáronse estudos relevantes nos que se levaron a cabo intervencións que buscaban mellorar a educación emocional de adolescentes e adultos emerxentes con TEA. Os resultados da revisión indican que estes programas poden mellorar significativamente as competencias emocionais e sociais nestas persoas, en tanto que os/as participantes mostraron avances notables no recoñecemento e a regulación de emocións, así como nas interaccións sociais diarias. Conclúese que as intervencións en educación emocional son efectivas para este grupo de estudantes, destacando a necesidade de adaptar os programas ás características individuais de cada estudante. Ademais, resalta a importancia dun entorno educativo inclusivo e da formación continua dos profesionais da educación para implementar estas estratexias de maneira efectiva. En conclusión, este traballo ofrece unha visión actualizada sobre algúns dos programas psicoeducativos de educación emocional, a partir da cal se subliña a necesidade dun compromiso constante para mellorar o benestar e o desenvolvemento integral dos/as adolescentes con TEA.

VILLAR GARCIA, EVA (Titoría)
MAYO PAIS, MARIA EMMA Cotitoría
VILLAR GARCIA, EVA (Titoría)
MAYO PAIS, MARIA EMMA Cotitoría
Tribunal
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Presidente/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Presidente/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)
A Segunda República española (1931-1936) e a aprendizaxe da democracia. Unha proposta didáctica a partir da análise historiográfica e educativa do período republicano
Autoría
A.B.N.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.B.N.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 20:00
11.09.2024 20:00
Resumo
Este traballo consta de dúas partes: na primeira, examínanse o tratamento historiográfico (principais tendencias historiográficas) e educativo (currículo e libros de texto) da Segunda República española; na segunda, preséntase unha proposta didáctica sobre a democracia republicana. O obxectivo é identificar os principais obstáculos que afectan ao coñecemento e a comprensión do período republicano e, en consecuencia, desenvolver unha proposta didáctica.
Este traballo consta de dúas partes: na primeira, examínanse o tratamento historiográfico (principais tendencias historiográficas) e educativo (currículo e libros de texto) da Segunda República española; na segunda, preséntase unha proposta didáctica sobre a democracia republicana. O obxectivo é identificar os principais obstáculos que afectan ao coñecemento e a comprensión do período republicano e, en consecuencia, desenvolver unha proposta didáctica.
Dirección
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
Ensinanza da Microbiota en Educación Secundaria: Un enfoque One Health para fomentar Hábitos Saudables e o Pensamento Crítico
Autoría
A.C.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.C.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 18:00
10.09.2024 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster aborda a ensinanza da microbiota na educación secundaria, integrándoa desde un enfoque One Health para estudantes de 3º da ESO. Desenvolveuse no Instituto de Educación Secundaria Arcebispo Xélmirez I, onde se implementou unha secuencia didáctica de catro sesións combinando clases teóricas e prácticas. O obxectivo destas sesións foi mellorar a comprensión sobre a microbiota e a súa importancia para a saúde, fomentando hábitos saudables e o pensamento crítico nos estudantes. Os resultados mostraron que os alumnos deste curso presentaban un claro descoñecemento inicial sobre os microorganismos e a microbiota, pero demostraron unha mellora significativa tras as sesións na comprensión da microbiota, podendo identificar distintos factores que inflúen no seu desenvolvemento.
Este Traballo de Fin de Máster aborda a ensinanza da microbiota na educación secundaria, integrándoa desde un enfoque One Health para estudantes de 3º da ESO. Desenvolveuse no Instituto de Educación Secundaria Arcebispo Xélmirez I, onde se implementou unha secuencia didáctica de catro sesións combinando clases teóricas e prácticas. O obxectivo destas sesións foi mellorar a comprensión sobre a microbiota e a súa importancia para a saúde, fomentando hábitos saudables e o pensamento crítico nos estudantes. Os resultados mostraron que os alumnos deste curso presentaban un claro descoñecemento inicial sobre os microorganismos e a microbiota, pero demostraron unha mellora significativa tras as sesións na comprensión da microbiota, podendo identificar distintos factores que inflúen no seu desenvolvemento.
Dirección
PUIG MAURIZ, BLANCA (Titoría)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Secretario/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Secretario/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Vogal)
A Historia sen límites: pensando o xénero como categoría analítica
Autoría
J.C.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
J.C.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 16:00
10.07.2024 16:00
Resumo
Ante a existencia de estudos historiográficos e didácticos que revelan unha tradicional ausencia das mulleres no ensino da Historia, o presente traballo de fin de máster consiste no deseño dunha proposta diáctica pensada para a materia de Xeografía e Historia de 4º da ESO, a cal parte do período de entreguerras (1919-1939) como eixo temático e explicativo. Propónse como obxectivo fundamental é aplicar unha perspectiva de xénero mediante a introdución do concepto de xénero como categoría de análise transversal. Para dita proposta empréganse metodoloxías que conceden un rol activo e participativo ao alumnado como a aula invertida, a gamificación e a aprendizaxe cooperativa; o que se traduce nunha proposta conformada por seis actividades correspondentes a dez sesións nas cales se traballa o dito período histórico a través de ámbitos de estudo (economía, sociedade, política e cultura), dende unha visión integral e totalizadora do mesmo. Esta proposta pon de manifesto a necesidade de formar ao alumnado para que sexa capaz de normalizar o feito de cuestionarse a si mesmo/a polas diferentes implicacións de homes e mulleres nos diferentes contextos espazo-temporais do devir histórico e social.
Ante a existencia de estudos historiográficos e didácticos que revelan unha tradicional ausencia das mulleres no ensino da Historia, o presente traballo de fin de máster consiste no deseño dunha proposta diáctica pensada para a materia de Xeografía e Historia de 4º da ESO, a cal parte do período de entreguerras (1919-1939) como eixo temático e explicativo. Propónse como obxectivo fundamental é aplicar unha perspectiva de xénero mediante a introdución do concepto de xénero como categoría de análise transversal. Para dita proposta empréganse metodoloxías que conceden un rol activo e participativo ao alumnado como a aula invertida, a gamificación e a aprendizaxe cooperativa; o que se traduce nunha proposta conformada por seis actividades correspondentes a dez sesións nas cales se traballa o dito período histórico a través de ámbitos de estudo (economía, sociedade, política e cultura), dende unha visión integral e totalizadora do mesmo. Esta proposta pon de manifesto a necesidade de formar ao alumnado para que sexa capaz de normalizar o feito de cuestionarse a si mesmo/a polas diferentes implicacións de homes e mulleres nos diferentes contextos espazo-temporais do devir histórico e social.
Dirección
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA Cotitoría
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Titoría)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA Cotitoría
Tribunal
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Secretario/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Vogal)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Secretario/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Vogal)
Calidade da educación e xerencialismo: O control neoliberal do profesorado
Autoría
C.A.D.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
C.A.D.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 17:00
10.09.2024 17:00
Resumo
Este estudo analiza o impacto do neoliberalismo no sistema educativo, destacando como reestruturou as escolas baixo unha lóxica de mercado. A consolidación do neoliberalismo levou á privatización e desregulación dos servizos públicos, incluída a educación. Implementáronse modelos de xestión empresarial nas escolas, centrados na calidade, eficiencia e competitividade. Isto resultou na adopción de políticas xestionais que buscan reducir a inversión estatal e aumentar a autonomía financeira das institucións educativas, transformándoas en entidades que operan como empresas. As avaliacións estandarizadas e os rankings internacionais, como os informes PISA da OCDE, xogan un papel crucial nesta nova configuración, promovendo unha homoxeneización do sistema educativo e un control baseado en resultados. Todo iso implicou a reconfiguración da identidade do profesorado como técnico executor encargado de responder ás directrices e demandas externas. Deste xeito, relegouse o valor da educación como dereito público e mecanismo de cohesión social.
Este estudo analiza o impacto do neoliberalismo no sistema educativo, destacando como reestruturou as escolas baixo unha lóxica de mercado. A consolidación do neoliberalismo levou á privatización e desregulación dos servizos públicos, incluída a educación. Implementáronse modelos de xestión empresarial nas escolas, centrados na calidade, eficiencia e competitividade. Isto resultou na adopción de políticas xestionais que buscan reducir a inversión estatal e aumentar a autonomía financeira das institucións educativas, transformándoas en entidades que operan como empresas. As avaliacións estandarizadas e os rankings internacionais, como os informes PISA da OCDE, xogan un papel crucial nesta nova configuración, promovendo unha homoxeneización do sistema educativo e un control baseado en resultados. Todo iso implicou a reconfiguración da identidade do profesorado como técnico executor encargado de responder ás directrices e demandas externas. Deste xeito, relegouse o valor da educación como dereito público e mecanismo de cohesión social.
Dirección
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Titoría)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Titoría)
Tribunal
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)
A relación entre o consumo de alcohol e cannabis co rendemento académico durante a adolescencia
Autoría
P.B.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
P.B.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
16.02.2023 10:00
16.02.2023 10:00
Resumo
Introdución. A adolescencia é un período de gran vulnerabilidade no inicio de moitos comportamentos nocivos, entre os que se atopa o consumo de sustancias. Ademais, as e os adolescentes son considerados poboación en risco polos danos que se poden producir, sobre todo no sistema nervioso, ao estar nunha etapa de desenvolvemento e maduración. Estos prexuízos tamén se ven reflectidos na área escolar, obtendo uns peores resultados académicos. Método. Nun intento por actualizar o coñecemento sobre un tema de tal relevancia na nosa sociedade, realizouse esta revisión bibliográfica, co principal obxectivo de identificar a posible relación entre o consumo de alcol e/ou cannabis co rendemento académico do alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria. Resultados e conclusión. Finalmente, os resultados obtidos das distintas investigacións recopiladas nesta investigación mostraron como o consumo de alcol e/ou cannabis relaciónanse negativamente co rendemento académico. Ademais, outras variables como a asistencia ás clases ou o consumo de tabaco parecen mediar nesta relación. Por outra parte, en canto ao papel do sexo nesta asociación, os resultados aínda son contraditorios. É por iso que serían necesarias futuras investigacións para profundizar no tema en cuestión.

Eficacia dos programas de prevención e intervención en acoso escolar no contexto nacional e internacional
Autoría
R.J.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
R.J.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
16.02.2024 12:00
16.02.2024 12:00
Resumo
Na actualidade, un dos problemas sociais que está a afectar a nivel mundial aos centros educativos, é o acoso escolar, unha forma de violencia que sucede de maneira recorrente nos centros educativos e que pode afectar á saúde física, psicolóxica e social das vítimas, principalmente alumnos. Respecto diso, a UNESCO apoia a prevención da violencia nos centros educativos a través da formación, co propósito de crear contornas de aprendizaxe máis seguras para os alumnos no que busca a participación activa dos diversos actores que conforman a comunidade escolar. Con todo, actualmente as cifras alarmantes de acoso escolar poñen de manifesto a necesidade de tomar medidas para previr e abordar a violencia nos centros educativos. Neste contexto, o profesorado é peza clave na prevención e intervención nestes casos de violencia, xa que pode detectar as situacións de risco, poñer en marcha programas para previr situacións de acoso escolar, intervir a través da aplicación de medidas correctivas, sensibilizar ao alumnado e fomentar unha convivencia escolar positiva. Este traballo consiste en analizar programas de prevención e intervención de acoso escolar en centros educativos nacionais e internacionais, dos cales se publicaron os seus resultados nas últimas dúas décadas. Para levar a cabo este obxectivo, fíxose unha revisión bibliográfica seguindo os estándares do protocolo de investigación PRISMA, destacando entre os resultados que os centros educativos están orientando esforzos para previr e combater o acoso escolar, moitos dos cales se ilustran a través de estratexias e programas con resultados positivos e significativos que conseguiron diminuír os índices de casos, tanto no contexto nacional como no internacional.

TOURIÑAN LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
TOURIÑAN LOPEZ, JOSE MANUEL (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
Prevención do suicidio a través do bo emprego da intelixencia emocional
Autoría
E.R.P.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
E.R.P.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
16.02.2023 11:00
16.02.2023 11:00
Resumo
Este traballo de fin de mestrado enfócase na modalidade proxecto de innovación docente e investigación educativa. Trátase dun proxecto que ten como obxectivo principal valorar a eficacia da educación sanitaria e a xestión e intelixencia emocionais na prevención do risco de suicidio no alumnado do Ciclo Medio en Coidados Auxiliares de Enfermería, que actualmente cursan os módulos de Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente e Relacións no Equipo de Traballo no CIFP Politécnico de Lugo. Co obxectivo de que a proposta se adapte ás necesidades do alumnado propuxéronse unha batería de cuestionarios que miden o risco de suicidio e os seus factores precipitantes que recollen información cuantitativa. Ademais, levarase a cabo unha entrevista aos principais profesionais implicados na prevención e promoción da saúde, así como unha parrilla de observación que monitorice as actitudes necesarias para levar a cabo o programa. A proposta educativa baséase nos datos analizados dos cuestionarios, entrevista e parrilla de análise e incorpora metodoloxías activas de aprendizaxe desenvolvendo unha unidade didáctica interdisciplinar que se fundamenta nos contidos específicos (procedimentais, conceptuais e actitudinais) de ambos módulos elexidos, cunha dobre vertente, previr e promocionar a saúde no propio alumnado e doutra banda na población susceptible no ámbito socio-sanitario e asistencial.

SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
A pedagoxía invisible da vestimenta. Deseño dunha proposta educativa para a aula de Educación Secundaria.
Autoría
P.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
P.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 19:00
15.07.2024 19:00
Resumo
Ao longo da historia a vestimenta foi unha canle de comunicación non verbal e de diferenciación a nivel persoal e social, así como un elemento que contribuíu a definir as diferentes culturas do mundo. Este traballo pretende abordar o impacto que ten o traxe a nivel persoal e na sociedade, a través dun acto tan común como o vestirse, segundo as cores ou as formas que se empreguen. A pedagoxía que resulta desta comunicación é invisible, sobre todo na educación e máis concretamente, no currículo de Educación Secundaria Obrigatoria, por iso, neste TFM preséntase o deseño dunha proposta didáctica coa finalidade de introducir a vestimenta na aula e paralelamente crear conciencia sobre a importancia que ten a roupa no desenvolvemento persoal, social e cultural.

CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
MOREIRA ARINCON, REMIGIO (Secretario/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Vogal)
As autoras e os subxéneros encubertos do barroco literario español: unha proposta didáctica
Autoría
I.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
I.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 12:00
15.07.2024 12:00
Resumo
Xeralmente, a aprendizaxe da literatura española do Século de Ouro na ESO e bacharelato está orientada ao tratamento dun reducido número de autores (Cervantes, Góngora, Lope de Vega, Quevedo) e de xéneros ou estilos literarios (culteranismo, sátira, conceptismo). Atendendo a isto, o presente traballo suxire a elaboración dunha proposta didáctica dirixida a 1.º de bacharelato, cuxo desenvolvemento se fundamenta no estudo de autoras e a súa visión dos subxéneros, todo isto pouco contemplado no currículo de dito nivel de enseñanza. Deste modo, o fin que se intenta acadar é presentar ao alumnado figuras femeninas e categorías literarias novedosas e, polo tanto, afastadas das canónicas, para reivindicar o seu valor cultural e artístico.

Fuentes Ríos, Aránzazu (Titoría)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Titoría)
Tribunal
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
Giadás Quintela, Miguel (Vogal)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
Giadás Quintela, Miguel (Vogal)
Formando ao profesorado de Educación Secundaria para o fomento da implicación parental
Autoría
Y.G.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Y.G.O.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 18:00
11.09.2024 18:00
Resumo
A participación activa das familias na escola contribúe á mellora da educación. Os centros educativos deben traballar na creación dunha estrutura eficaz que favoreza o encontro coas familias, e unha liña estratéxica para iso radica en impulsar a formación do profesorado no ámbito. No presente traballo desenvólvese o deseño dun programa de intervención dirixido a mellorar a capacitación do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) no fomento da implicación parental. Tras unha primeira fase na que se abordan contidos de carácter teórico e práctico, desenvólvese unha iniciativa de participación familiar para a súa posterior implementación nos Institutos de Educación Secundaria (IES). Deste xeito, increméntanse as competencias participativas no profesorado, á vez que se crean oportunidades efectivas de implicación familiar.
A participación activa das familias na escola contribúe á mellora da educación. Os centros educativos deben traballar na creación dunha estrutura eficaz que favoreza o encontro coas familias, e unha liña estratéxica para iso radica en impulsar a formación do profesorado no ámbito. No presente traballo desenvólvese o deseño dun programa de intervención dirixido a mellorar a capacitación do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) no fomento da implicación parental. Tras unha primeira fase na que se abordan contidos de carácter teórico e práctico, desenvólvese unha iniciativa de participación familiar para a súa posterior implementación nos Institutos de Educación Secundaria (IES). Deste xeito, increméntanse as competencias participativas no profesorado, á vez que se crean oportunidades efectivas de implicación familiar.
Dirección
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Titoría)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Titoría)
Tribunal
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Vogal)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Vogal)
A emerxencia climática na educación secundaria: percepción, comprensión e liñas de acción
Autoría
E.B.Z.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
E.B.Z.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 17:00
04.07.2024 17:00
Resumo
Na actual situación de emerxencia climática é urxente a acción colectiva para mitigar e limitar os efectos do cambio climático. Nesta liña, o presente TFM ten o obxectivo de coñecer a abordaxe da emerxencia climática entre o alumnado de bacharelato dun instituto de educación secundaria da provincia de A Coruña. Para a recolección de datos optouse pola metodoloxía cualitativa, destacando a aplicación da técnica do grupo de discusión. Este estudo permitiu comprobar que os alumnos coñecen de forma xeral o problema do cambio climático e desenvolven actividades individuais para facer fronte a este problema, así mesmo, no centro 5 La emergencia climática en la educación secundaria: percepción, comprensión y líneas de acción educativo, en función da vontade e o compromiso dos docentes realízanse accións para afrontar o cambio climático. Non obstante, a maioría dos estudantes non son conscientes das implicacións e consecuencias da emerxencia climática e tampouco existe unha acción planificada no centro educativo para afrontar este problema. Conclúese que a formación dos estudantes neste campo é limitada e confusa, e que dende o centro educativo deberían desenvolverse máis accións de formación e concienciación sobre a emerxencia climática.

Ensinando a Marx en Historia da Filosofía
Autoría
U.S.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
U.S.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 11:00
10.07.2024 11:00
Resumo
o uso exclusivo de metodoloxías tradicionais da lugar a diversas problemáticas no proceso de ensino-aprendizaxe debido ao pouco foco que estes métodos fan nos estudantes. Para superar este tipo de problemas é fundamental adoptar outro tipo de enfoques pedagóxicos máis flexibles e inclusivos á hora de deseñar as actividades das unidades didácticas. Por isto, neste TFM deseñouse unha proposta didáctica sobre o pensamento filosófico de Karl Marx, ideada coa finalidade de propoñer unha forma activa e participativa de dar clase na materia de Historia da Filosofía a través de metodoloxías activas, sen deixar de lado a importancia de traballar o coñecemento teórico da materia e a necesidade de preparar aos alumnos de 2º de Bacharelato para a proba de ABAU.

REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)

O dobre fracaso do ensino da filosofía moral na educación secundaria obrigatoria.
Autoría
D.A.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
D.A.J.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 10:00
10.07.2024 10:00
Resumo
O propósito deste traballo é identificar e analizar algunhas das principais razóns sistémicas polas que o ensino da filosofía moral no sistema educativo obrigatorio español fracasa en dous sentidos: non interesa aos/ás alumnos/as en tanto que non desafía a súa visión do mundo; e non proporciona ferramentas ou criterios que motiven a acción ético-política e a implicación moral do alumnado. Isto lévanos a unha crítica do modelo educativo actual baseado en competencias e a algúns dos seus elementos máis definitorios como o sistema de avaliación por cualificacións numéricas, e a propoñer unha metodoloxía alternativa, o ungrading. A idea central do traballo é que os principais obstáculos que dificultan o ensino efectivo da filosofía moral derivan da concepción neoliberal da educación secundaria, que alinea a experiencia académica cos intereses económicos das empresas e converte a escola nun espazo para a produción de suxeitos afíns ás necesidades do sistema produtivo neoliberal.

O paso do tempo e a memoria a través da fotografía en Educación Infantil. O álbum familiar
Autoría
A.L.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.L.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
08.07.2024 16:00
08.07.2024 16:00
Resumo
O tempo é un termo complexo para os nenos e nenas de Educación Infantil. Para entender dito concepto, o desenvolvemento psicolóxico do neno ou a nena desempeñará un papel crucial, estando influenciado polas súas experiencias e os costumes inculcados na súa contorna. Dende a presente temática abórdase a importancia de integrar a noción do tempo e o concepto da memoria na educación empregando como ferramenta pedagóxica o álbum familiar. Este enfoque busca desenvolver a conciencia temporal e fomentar a memoria autobiográfica, permitíndolles comprender a súa propia historia e a das súas familias. A través da exploración das diferentes fotografías preténdese fortalecer a identidade individual e o sentido de pertenza, contribuíndo desta forma ao desenvolvemento integral dos nenos dentro do contexto educativo.
O tempo é un termo complexo para os nenos e nenas de Educación Infantil. Para entender dito concepto, o desenvolvemento psicolóxico do neno ou a nena desempeñará un papel crucial, estando influenciado polas súas experiencias e os costumes inculcados na súa contorna. Dende a presente temática abórdase a importancia de integrar a noción do tempo e o concepto da memoria na educación empregando como ferramenta pedagóxica o álbum familiar. Este enfoque busca desenvolver a conciencia temporal e fomentar a memoria autobiográfica, permitíndolles comprender a súa propia historia e a das súas familias. A través da exploración das diferentes fotografías preténdese fortalecer a identidade individual e o sentido de pertenza, contribuíndo desta forma ao desenvolvemento integral dos nenos dentro do contexto educativo.
Dirección
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titoría)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
PENA PRESAS, MONSERRAT (Secretario/a)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Vogal)

Revisión sistemática exploratoria da investigación educativa sobre a comprensión do cambio climático en estudantes de educación secundaria
Autoría
M.S.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.S.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 19:00
04.07.2024 19:00
Resumo
O cambio climático antrópico é a alteración da dinámica meteorolóxica terrestre debida a actividades humanas. Na actualidade, a gravidade do seu impacto exixe a adopción inmediata de medidas dirixidas tanto a súa mitigación como á adaptación das persoas as súas múltiples consecuencias. Diversas institucións nacionais e internacionais conceden á educación un rol central na consecución de tales obxectivos e insisten na urxencia de transmitir á xuventude os coñecementos e valores ambientais necesarios para construír un futuro digno. Para conseguilo, o ámbito pedagóxico debe dirixir o seu foco ó tópico climático. Este Traballo de Fin de Máster, que parte dunha modalidade de iniciación á investigación documental, tenta caracterizar a investigación educativa centrada no cambio climático. En primeiro lugar, contextualizarase o cambio climático como contido imperativo no currículo educativo. Posteriormente, cunha aproximación de systematic scoping review, caracterizarase a investigación relativa á comprensión do cambio climático entre alumnado de educación secundaria. A revisión limitarase ó período 2017-2024, actualizando un estudo previo realizado para o período 1993-2017. Finalmente, discutiranse os resultados máis destacados.
O cambio climático antrópico é a alteración da dinámica meteorolóxica terrestre debida a actividades humanas. Na actualidade, a gravidade do seu impacto exixe a adopción inmediata de medidas dirixidas tanto a súa mitigación como á adaptación das persoas as súas múltiples consecuencias. Diversas institucións nacionais e internacionais conceden á educación un rol central na consecución de tales obxectivos e insisten na urxencia de transmitir á xuventude os coñecementos e valores ambientais necesarios para construír un futuro digno. Para conseguilo, o ámbito pedagóxico debe dirixir o seu foco ó tópico climático. Este Traballo de Fin de Máster, que parte dunha modalidade de iniciación á investigación documental, tenta caracterizar a investigación educativa centrada no cambio climático. En primeiro lugar, contextualizarase o cambio climático como contido imperativo no currículo educativo. Posteriormente, cunha aproximación de systematic scoping review, caracterizarase a investigación relativa á comprensión do cambio climático entre alumnado de educación secundaria. A revisión limitarase ó período 2017-2024, actualizando un estudo previo realizado para o período 1993-2017. Finalmente, discutiranse os resultados máis destacados.
Dirección
Rodríguez Groba, Ana (Titoría)
Rodríguez Groba, Ana (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Vogal)
Ao redor da fraxilidade do ser humano: unha mirada pedagóxica sobre a traxedia grega e as paixóns tráxicas
Autoría
V.A.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
V.A.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 17:00
11.09.2024 17:00
Resumo
O presente traballo explora a educación desde unha perspectiva que integra o estudo da traxedia grega e as paixóns tráxicas coa creación de situacións de aprendizaxe significativas. A proposta fundaméntase na hipótese de que a análise filosófica das paixóns tráxicas e, en concreto, do estudo e lectura da Hécuba de Eurípides, pode ofrecer un marco valioso para a educación emocional e crítica dos estudantes. Deste xeito, tomando como referencia fundamental as ideas de Philippe Meirieu sobre as «situacións-problema» analizaremos, en primeiro lugar, as metodoloxías que consideramos máis adecuadas para o desenvolvemento deste proxecto, dándolle primacía a aquelas nas que se prioriza o diálogo cooperativo e respectuoso. Seguidamente, iremos circunscribindo de modo máis detallado o lugar no que nos queremos situar para xustificar o nexo e complementariedade que atopamos entre traxedia, filosofía e pedagoxía. Con este fin, comentaremos algunhas das características capitais deste xénero, e aproximarémonos ao mesmo a través de Aristóteles e da noción de catarse. Para concluír, describiremos as actividades programadas, xunto co produto final, para a posible posta en práctica desta SA. Ao mesmo tempo, o conxunto deste traballo facilitará que se poida levar a cabo unha reflexión final acerca daquilo que entendemos por educación, en coherencia coa formulación e deseño proposto.

Competencias docentes para a ensinanza de valores: aprendendo da figura do mentor na literatura
Autoría
B.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
B.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 12:00
10.09.2024 12:00
Resumo
Unha das facetas menos visibles, pero a súa vez máis relevantes do proceso educativo é a transmisión de valores por parte do equipo docente fronte ao seu alumnado. Os valores informan as actitudes que, a súa vez, configuran as competencias docentes. Xeralmente, o discurso que se refire a este ámbito de formación presentase mediante principios xerais de actuación, que non se concretan na práctica. A literatura, pola súa parte, sí que presenta a posibilidade de reflectir a cristalización destos valores na acción, ao ser capaz de recrear situacións que o lector vivencia de forma vicaria. Sendo así, este TFM pretende exemplificar a formación en valores que require a actividade docente mediante unha comparativa do mentor en tres obras de referencia da literatura española. Desta maneira, analizarase de que modo os valores están presentes e orientan a actividade docente.
Unha das facetas menos visibles, pero a súa vez máis relevantes do proceso educativo é a transmisión de valores por parte do equipo docente fronte ao seu alumnado. Os valores informan as actitudes que, a súa vez, configuran as competencias docentes. Xeralmente, o discurso que se refire a este ámbito de formación presentase mediante principios xerais de actuación, que non se concretan na práctica. A literatura, pola súa parte, sí que presenta a posibilidade de reflectir a cristalización destos valores na acción, ao ser capaz de recrear situacións que o lector vivencia de forma vicaria. Sendo así, este TFM pretende exemplificar a formación en valores que require a actividade docente mediante unha comparativa do mentor en tres obras de referencia da literatura española. Desta maneira, analizarase de que modo os valores están presentes e orientan a actividade docente.
Dirección
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Titoría)
Tribunal
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Presidente/a)
Giadás Quintela, Miguel (Secretario/a)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Vogal)
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Presidente/a)
Giadás Quintela, Miguel (Secretario/a)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Vogal)
Ortografía puntual no contexto bilingüe galego: análise do uso de signos de puntuación nos textos de estudantes da Educación Secundaria
Autoría
I.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
I.R.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 10:00
17.07.2024 10:00
Resumo
Sen lugar a dúbidas, o ensino da puntuación é un factor chave á hora de desenvolver a competencia redactora dos alumnos, pois unha correcta aprendizaxe da mesma é vital para poder organizar as ideas dun texto. Con todo, a puntuación é unha destreza de adquisición máis ben tardía, cuxa aprendizaxe supón moi diversos problemas ao alumnado. Neste TFM, trazarase unha tipoloxía dos principais problemas de puntuación do alumnado adolescente en Galicia, prestando especial atención a aqueles que se poidan derivar do contexto bilingüe propio deste territorio. Con este obxectivo, analizaranse mostras en galego, provenientes do corpus CORTEGAL, e en castelán, recollidas durante o Prácticum II. O traballo constará de tres partes. Primeiro, trataranse certos fundamentos teóricos do tema: principalmente, a normativización da ortografía puntual, o lugar que ocupa no sistema educativo actual e aspectos diferenciais entre as linguas castelá e galega. A continuación, a segunda parte do traballo terá como obxectivo a análise e comparación dos datos obtidos. Por último, a partir das tendencias observadas neste estudo, tratarase de chegar a conclusións sobre as causas posibles dos erros e como palialos.

Lorenzo Herrera, Lara (Titoría)
Lorenzo Herrera, Lara (Titoría)
Tribunal
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Vogal)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Vogal)
A implicación familiar no caso de alumnado con Dificultades Específicas de Aprendizaxe: unha revisión sistemática 2013-2024 segundo a Declaración PRISMA
Autoría
S.E.S.
Máster Universitario en Procesos de Formación
S.E.S.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
10.09.2024 09:30
10.09.2024 09:30
Resumo
As Dificultades Específicas de Aprendizaxe (DEA) son una das cuestión que precisan de maior atención no eido educativo para garantir o principio de equidade e inclusión. A implicación familiar, neste senso, vólvese un constructo que é preciso ter en conta para o seu tratamento, debido á relevancia que toman as figuras familias no desenvolvemento do alumnado. Así, nesta revisión sistemática, rexida polos principios da Declaración PRISMA, pretendeuse afondar no coñecemento científico acerca da relación existente entre a implicación familiar e as variables psico-emocionais e o rendemento académico do alumnado con DEA en Educación Primaria (EP) e Secundaria (ESO), recuperando, analizando e sintetizando o corpus documental xerado na última década. Seguindo criterios de elixibilidade, inclusión e exclusión, foron obxecto de estudo artigos de investigación empírica en inglés ou español, con texto completo dispoñible, publicados entre 2013 e 2024 en Scopus, Web of Science e Dialnet. Despois de diferentes fases de cribado e depuración, seleccionáronse, finalmente, 16 publicacións. A redacción dos resultados realizouse mediante a codificación temática, segundo o esquema de formulación dos obxectivos e as preguntas de investigación deste traballo. Entre os principais resultados destacan a mediación do profesorado na relación familias-alumnado, a influencia do estado emocional dos pais no rendemento académico e no benestar psico-emocional dos fillos/as, o impacto dos estilos educativos parentais, e a participación do alumnado con DEA e das súas familias en actividades culturais ou recreativas. Así mesmo, expóñense as limitacións deste estudo, as implicacións prácticas dos achados e as futuras liñas de investigación.

ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Titoría)
Tribunal
CASAL OTERO, LORENA (Presidente/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Secretario/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Vogal)
CASAL OTERO, LORENA (Presidente/a)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Secretario/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Vogal)
Análise da acción titorial. O exemplo particular dun IES
Autoría
A.L.I.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.L.I.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2024 19:00
11.07.2024 19:00
Resumo
Debido á importancia que se lle atribúe á acción titorial para o desenvolvemento integral do alumnado, considérase oportuno realizar unha análise da realidade e dos obstáculos que xurden neste ámbito, de xeito xeral en España e Galicia, e no caso particular dun instituto da provincia da Coruña. Para dar resposta a esta temática, a través da modalidade de investigación de campo realízase un estudo descriptivo empregando unha metodoloxía mixta mediante un cuestionario ao alumnado de 3º de secundaria e realizando dúas entrevistas a dous docentes do centro. Con isto, preténdese analizar a situación da acción titorial e aproximarse a unha realidade concreta, profundizando na perspectiva de diferentes axentes da comunidade educativa. En termos xerais, evidénciase que a implementación actual da titoría enfrenta varias barreiras, como a falta de tempo e recursos e a escasa preparación psicopedagóxica dos docentes, o que deriva nunha actividade titorial que non logra cubrir todas as necesidades dos estudantes.
Debido á importancia que se lle atribúe á acción titorial para o desenvolvemento integral do alumnado, considérase oportuno realizar unha análise da realidade e dos obstáculos que xurden neste ámbito, de xeito xeral en España e Galicia, e no caso particular dun instituto da provincia da Coruña. Para dar resposta a esta temática, a través da modalidade de investigación de campo realízase un estudo descriptivo empregando unha metodoloxía mixta mediante un cuestionario ao alumnado de 3º de secundaria e realizando dúas entrevistas a dous docentes do centro. Con isto, preténdese analizar a situación da acción titorial e aproximarse a unha realidade concreta, profundizando na perspectiva de diferentes axentes da comunidade educativa. En termos xerais, evidénciase que a implementación actual da titoría enfrenta varias barreiras, como a falta de tempo e recursos e a escasa preparación psicopedagóxica dos docentes, o que deriva nunha actividade titorial que non logra cubrir todas as necesidades dos estudantes.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Secretario/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Vogal)
Linguaxe, creación e imaxe: a dimensión interartística da modalidade descritiva na intelixencia artificial
Autoría
J.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
J.R.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 17:00
11.09.2024 17:00
Resumo
A confluencia que se xera entre a linguaxe, a tecnoloxía e a creatividade a través da intelixencia artificial abre unha nova vía de investigación relacionada con técnicas e estratexias que permitan utilizar a IA como instrumento educativo. Neste traballo achegámonos de xeito específico á modalidade textual descritiva a través dos prompts e das IAs xenerativas, explorando as potencialidades da descrición como elemento instaurador de ideoloxía, así como de punto de converxencia entre a linguaxe, a imaxe e a creación. Explorouse tamén a IA como ferramenta para traballar contidos do currículo de maneira novidosa, abordando a través dela outras cuestións transversais na educación do século XXI como poden ser a ecoloxía, o feminismo ou os nesgos imperantes de xeito implícito nas creacións humanas.
A confluencia que se xera entre a linguaxe, a tecnoloxía e a creatividade a través da intelixencia artificial abre unha nova vía de investigación relacionada con técnicas e estratexias que permitan utilizar a IA como instrumento educativo. Neste traballo achegámonos de xeito específico á modalidade textual descritiva a través dos prompts e das IAs xenerativas, explorando as potencialidades da descrición como elemento instaurador de ideoloxía, así como de punto de converxencia entre a linguaxe, a imaxe e a creación. Explorouse tamén a IA como ferramenta para traballar contidos do currículo de maneira novidosa, abordando a través dela outras cuestións transversais na educación do século XXI como poden ser a ecoloxía, o feminismo ou os nesgos imperantes de xeito implícito nas creacións humanas.
Dirección
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Vogal)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Vogal)
Propostas educativas e aproveitamento das TIC na materia de Historia: unha revisión sistemática
Autoría
J.N.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
J.N.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 12:00
10.07.2024 12:00
Resumo
Nunha sociedade dixital, onde as tecnoloxías nos acompañan en todos os ámbitos das nosas vidas, parece evidente que a educación non se poda quedar á marxe das mesmas, participando das múltiples ventaxas que estas nos poden aportar (ubicuidade, conectividade e coordinación, entre outras). Nesta liña, este traballo pretende realizar unha revisión sistemática -baseada no método SALSA- na que se analicen, aquelas propostas educativas que, abordando os contidos relacionados coa materia de Historia a través de recursos e dispositivos dixitais, viñéronse levando a cabo nos centros educativos de Secundaria dende o estalido da Pandemia de 2020. Así, tras a análise das publicacións seleccionadas, destácanse os diversos obxectivos para os que poden utilizarse no ámbito da Historia, a multitude de ferramentas dixitais e as súas posibilidades, pero tamén algunhas das limitacións que este tipo de propostas implican. As conclusións abordan a necesidade de repensar, primeiramente, o contido e obxectivos desta materia e plantexarse despois recursos que axuden a conseguilos, sacando proveito das potencialidades destes medios, cada vez máis refinados e frecuentes.
Nunha sociedade dixital, onde as tecnoloxías nos acompañan en todos os ámbitos das nosas vidas, parece evidente que a educación non se poda quedar á marxe das mesmas, participando das múltiples ventaxas que estas nos poden aportar (ubicuidade, conectividade e coordinación, entre outras). Nesta liña, este traballo pretende realizar unha revisión sistemática -baseada no método SALSA- na que se analicen, aquelas propostas educativas que, abordando os contidos relacionados coa materia de Historia a través de recursos e dispositivos dixitais, viñéronse levando a cabo nos centros educativos de Secundaria dende o estalido da Pandemia de 2020. Así, tras a análise das publicacións seleccionadas, destácanse os diversos obxectivos para os que poden utilizarse no ámbito da Historia, a multitude de ferramentas dixitais e as súas posibilidades, pero tamén algunhas das limitacións que este tipo de propostas implican. As conclusións abordan a necesidade de repensar, primeiramente, o contido e obxectivos desta materia e plantexarse despois recursos que axuden a conseguilos, sacando proveito das potencialidades destes medios, cada vez máis refinados e frecuentes.
Dirección
Rodríguez Groba, Ana (Titoría)
Rodríguez Groba, Ana (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS (Vogal)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS (Vogal)
Matemáticas proafectivas en educación secundaria
Autoría
S.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
S.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 18:00
08.07.2024 18:00
Resumo
Neste Traballo de Fin de Máster preséntase un estudo realizado en dous grupos de segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria, nos que se desenvolveron distintas actividades con vocación proafectiva, implementadas como parte dunha proposta didáctica integrada nun contexto de ensinanza tradicional. A través deste ensaio preténdese identificar os feitos afectivos que permitiron ou dificultaron o progreso nas distintas actividades realizadas. Para lograr isto, levouse a cabo un estudo comparativo das emocións experimentadas polo alumnado ao longo das distintas sesións, entre as que se inclúen tanto unha de tipo teórico-práctico, en liña coa metodoloxía habitual seguida nestes dous grupos, como tres actividades innovadoras de distinto tipo (de motivación con material manipulativo, de emprego das TIC e de resolución cooperativa de problemas matemáticos en contexto). Os resultados obtidos evidencian os efectos da metodoloxía empregada e dos contidos traballados nas reaccións emocionais experimentadas polo alumnado.

GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titoría)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titoría)
Tribunal
Vázquez Abal, María Elena (Presidente/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
Vázquez Abal, María Elena (Presidente/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
O pensamento computacional na Educación Secundaria: unha proposta didáctica de introdución de contidos en aritmética modular e teoría de grafos
Autoría
J.P.N.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
J.P.N.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
16.07.2024 19:00
16.07.2024 19:00
Resumo
O pensamento computacional é un conxunto de procesos mentais involucrados na formulación e resolución de problemas co que se relacionan habilidades e destrezas como o pensamento algorítmico, o razoamento lóxico ou a descomposición de problemas. Podemos atopalo en diversas materias do ámbito científico no currículo de Educación Secundaria. Este traballo de fin de máster pretende elaborar unha proposta didáctica para tratar especificamente o pensamento computacional na Educación Secundaria a través de contidos propios da matemática discreta que non se abordan habitualmente a este nivel, como a aritmética modular e a teoría de grafos. Está deseñada para levarse a cabo con alumnado de 4º de ESO. A proposta non se puido desenvolver ao completo, pero levouse a cabo parcialmente a través de dúas sesións adaptadas. Para rematar, formulouse un pequeno cuestionario ao alumnado sobre o realizado para coñecer as súas impresións.

RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
Tribunal
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
A gamificación e os dinamizadores da aprendizaxe na área das Matemáticas
Autoría
A.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
05.07.2024 12:00
05.07.2024 12:00
Resumo
Neste traballo de fin de máster vaise propoñer unha actividade orientada para a aprendizaxe das Matemáticas de 2º da ESO na que se van tomar elementos das metodoloxías da aprendizaxe cooperativa e da gamificación. Nunha primeira parte, describiranse as bases destas dúas metodoloxías. Nun segundo apartado, xustificaranse os feitos que van a definir a actividade en cuestión. E, para rematar, describirase a actividade proposta, que se trata dun xogo de fuga tipo break out basado na saga de videoxogos de El Profesor Layton.
Neste traballo de fin de máster vaise propoñer unha actividade orientada para a aprendizaxe das Matemáticas de 2º da ESO na que se van tomar elementos das metodoloxías da aprendizaxe cooperativa e da gamificación. Nunha primeira parte, describiranse as bases destas dúas metodoloxías. Nun segundo apartado, xustificaranse os feitos que van a definir a actividade en cuestión. E, para rematar, describirase a actividade proposta, que se trata dun xogo de fuga tipo break out basado na saga de videoxogos de El Profesor Layton.
Dirección
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titoría)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Presidente/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Presidente/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
Proposta de gamificación en matemáticas para a ensinanza media a través de Fantasy Class
Autoría
L.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
L.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
16.07.2024 18:00
16.07.2024 18:00
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é o desenvolvemento dunha proposta didáctica para a ensinanza das matemáticas na ensinanza media a través da Gamificación. Ademais, esta proposta fará uso de elementos TIC como a plataforma Fantasy Class, contribuíndo tamén ao desenvolvemento da competencia dixital do alumnado. En primeiro lugar, realizarase unha revisión bibliográfica relacionada ca ensinanza e aprendizaxe das matemáticas na aula e as dificultades que se atopan respecto á asimilación de contidos, á motivación e a afectividade do alumnado. Despois, farase unha busca de traballos sobre a relevancia da gamificación e o uso de TICs como elementos eficaces na ensinanza e aprendizaxe das matemáticas na aula. Desta forma, desenvolverase unha proposta didáctica a través da plataforma Fantasy Class que permita abordar os contidos matemáticos correspondentes de forma amena e eficaz. Por último, a proposta tamén contará con elementos de avaliación que permitan comprobar a eficacia da aprendizaxe do alumnado dos contidos matemáticos traballados, así como o control e desenvolvemento da mesma proposta para a súa mellora e actualización.
O obxectivo principal deste traballo é o desenvolvemento dunha proposta didáctica para a ensinanza das matemáticas na ensinanza media a través da Gamificación. Ademais, esta proposta fará uso de elementos TIC como a plataforma Fantasy Class, contribuíndo tamén ao desenvolvemento da competencia dixital do alumnado. En primeiro lugar, realizarase unha revisión bibliográfica relacionada ca ensinanza e aprendizaxe das matemáticas na aula e as dificultades que se atopan respecto á asimilación de contidos, á motivación e a afectividade do alumnado. Despois, farase unha busca de traballos sobre a relevancia da gamificación e o uso de TICs como elementos eficaces na ensinanza e aprendizaxe das matemáticas na aula. Desta forma, desenvolverase unha proposta didáctica a través da plataforma Fantasy Class que permita abordar os contidos matemáticos correspondentes de forma amena e eficaz. Por último, a proposta tamén contará con elementos de avaliación que permitan comprobar a eficacia da aprendizaxe do alumnado dos contidos matemáticos traballados, así como o control e desenvolvemento da mesma proposta para a súa mellora e actualización.
Dirección
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Titoría)
Tribunal
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
A discapacidade visual nas aulas de Historia da Arte: un paso mais cara a inclusión educativa
Autoría
D.D.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
D.D.S.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.02.2023 12:00
09.02.2023 12:00
Resumo
A educación presenta distintas realidades que deben de estudarse con detemento co fin de acadar unha escola realmente preparada para a atención á diversidade e para favorecer a inclusión educativa. O alumnado con discapacidade visual, incluído en España nas aulas ordinarias, constitúe un exemplo de dita diversidade e, dadas as súas características específicas, este colectivo demanda respostas pedagóxicas concretas, especialmente nas materias cun elevado contido visual, como no caso da historia da arte. Partindo deste contexto, o obxectivo principal do presente Traballo de Fin de Mestrado é ofrecer unha proposta didáctica adaptada para a aprendizaxe da materia de Historia da Arte por parte do alumnado que presenta discapacidade visual. Para acadar dito obxectivo, o traballo divídese en dúas partes. Na primeira parte, de revisión documental, profundízase no coñecemento da discapacidade visual (conecto, tipos, clasificación, necesidades do alumnado que presenta discapacidade visual, etc.) e na relación existente entre o alumnado con discapacidade visual e a arte (como a perciben, como se conectan con ela, como a entenden, etc.). Na segunda parte, preséntanse diferentes materiais e recursos cuxo uso na materia de Historia da Arte permite levar a cabo unha ensinanza flexible e adaptada a discapacidade visual. Finalmente, con toda a información recompilada, elabórase unha proposta de unidade didáctica para a ensinanza da materia de Historia da Arte en segundo de bacharelato dun centro ordinario de Galicia, nunha aula na que se atopa escolarizada unha alumna con discapacidade visual.

Memoria Histórica e Represión Franquista: Unha experiencia de innovación didáctica referida o franquismo nunha clase de 4º da ESO
Autoría
X.P.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
X.P.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2024 12:00
11.07.2024 12:00
Resumo
O sur de Pontevedra conta cun recordo e memoria inesquecible da represión cometida polo réxime franquista (1939-1975), marcando a estrutura, identidade e realidade social, xerando implicacións que se manteñen ate o presente. Nas aulas de 4º da ESO dun centro da contorna do Baixo Miño abordamos o fenómeno problemático da memoria histórica resultante da represión franquista. Esta investigación baseada nunha experiencia en aula mediante unha metodoloxía mixta (cualitativa e cuantitativa) implica a aplicación dunha actuación didáctica baseada en metodoloxías innovadoras fundamentadas no desenvolvemento do diálogo, conciencia histórica, pensamento crítico-reflexivo e a educación patrimonial. Xerando unha conciencia histórica e pensamento crítico-reflexivo polo cal os alumnos desenvolven posturas de comprensión das construcións sociais que conforman a memoria, patrimonio e identidade da súa contorna e localidade. Desenvolvendo nestes unha capacidade cognitiva e actitudes cívicas, logrando problematizar o presente mediante o entendemento do pasado.
O sur de Pontevedra conta cun recordo e memoria inesquecible da represión cometida polo réxime franquista (1939-1975), marcando a estrutura, identidade e realidade social, xerando implicacións que se manteñen ate o presente. Nas aulas de 4º da ESO dun centro da contorna do Baixo Miño abordamos o fenómeno problemático da memoria histórica resultante da represión franquista. Esta investigación baseada nunha experiencia en aula mediante unha metodoloxía mixta (cualitativa e cuantitativa) implica a aplicación dunha actuación didáctica baseada en metodoloxías innovadoras fundamentadas no desenvolvemento do diálogo, conciencia histórica, pensamento crítico-reflexivo e a educación patrimonial. Xerando unha conciencia histórica e pensamento crítico-reflexivo polo cal os alumnos desenvolven posturas de comprensión das construcións sociais que conforman a memoria, patrimonio e identidade da súa contorna e localidade. Desenvolvendo nestes unha capacidade cognitiva e actitudes cívicas, logrando problematizar o presente mediante o entendemento do pasado.
Dirección
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)
Adolescencia, autoconcepto e redes sociais: Proposta de intervención para profesorado e familias
Autoría
A.D.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
A.D.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 10:00
12.09.2024 10:00
Resumo
A chegada das redes sociais supuxo unha revolución no paradigma relacional e de socialización da última década. Para os e as adolescentes, estas convertéronse nun prezado medio de comunicación entre pares, cunha influencia moi significativa na súa formación de identidade e benestar. Porén, a súa irrupción implica riscos que poden afectar ao autoconcepto, á autoestima e mesmo ter consecuencias na saúde mental dos e das menores. O presente Traballo de Fin de Máster atende a un dobre obxectivo: por un lado, analizar a realidade da influencia que as redes sociais teñen na construción identitaria e no benestar das adolescencias. Por outro, deseñar unha proposta de intervención dirixida ao profesorado da Comunidade Autónoma de Galicia, impartida polos departamentos de orientación dos centros, que proporcione ferramentas que capaciten ao profesorado para poder formar ás familias no acompañamento ás adolescencias nun emprego san, consciente e crítico das redes sociais. Malia basearse nunha investigación teórica e non empírica e contar cun risco de baixa participación, o deseño da proposta atende a unha demanda dos e das docentes, así como unha necesidade detectada nas familias a través da análise literaria da realidade da cues- tión.

Proxecto formativo sobre educación emocional nun centro de Educación Secundaria Obrigatoria.
Autoría
M.B.C.
Máster Universitario en Procesos de Formación
M.B.C.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
A partir da Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, establécese un novo modelo de avaliación en educación baseado na avaliación por competencias. Isto comezou un cambio nas metodoloxías de ensinaza dentro dos currículos. Outra das modificacións que propiciou, foi a inclusión da educación emocional nos currículos dunha forma máis activa e directa. Esta proposta busca exemplificar a posta en práctica da educación emocional dentro dos currículos formativos, destacando o papel de toda a comunidade educativa.

PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Titoría)
Tribunal
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)
O ensino do tándem arte-relixión na nova lei de educación (LOMLOE)
Autoría
M.J.I.E.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
M.J.I.E.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 11:00
10.07.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo de fin de Máster examina a relación consubstancial entre arte e relixión dentro da historia, destacando a súa evolución en Europa a partir do cristianismo. A arte modelada por esta crenza relixiosa foi a súa forma de expresión espiritual, ademais dun instrumento político-ideolóxico e de transmisión dos valores occidentais que conformaron o noso modo de ser actual. A valía do ensino destes contidos analízase no ámbito da nova lei de educación LOMLOE, Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Así mesmo, abórdanse dous dos valores que esta lei promove: a igualdade de xénero e o respecto á diversidade, necesarios para a formación dunha cidadanía cohesionada e responsable; que se transforman nun desafío pedagóxico ao chocar con sociedades configuradas en base a principios diferentes aos europeos. Por último, exponse un suscinto traballo de campo no que se valoran os coñecementos que alumnos de Historia da arte, posúen sobre islam, cristianismo e temática relixiosa en arte, pois a nova lei de educación avoga por unha implementación do seu coñecemento dentro da competencia en conciencia e expresión culturais.

MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Titoría)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Titoría)
Tribunal
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS (Vogal)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Secretario/a)
ESTEVEZ VILLARINO, BRAIS (Vogal)
Aa Violencias Sexuais Online e Offline en España: Unha Revisión Sistemática dende 2010 a 2022
Autoría
M.V.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.V.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
16.02.2024 12:00
16.02.2024 12:00
Resumo
A violencia sexual é o tema central da investigación e o foco central do movemento feminista, debido á relevancia e alta incidencia das violencias sexuais na última década en España, ademais de ser unha realidade común en todas as mulleres, que existe de forma continuada ao longo de toda a súa vida, actuando esta violencia como unha forma de control sobre o corpo das mulleres. O obxectivo principal do traballo é coñecer a prevalencia e variables relacionadas (lugar, xénero, idade, situación sentimental) das violencias sexuais online e offline no contexto español, centrada no período 2010-2022, para conseguir este obxectivo realízase unha revisión sistemática segundo o método PRISMA, obtendo en total 25 artigos para ser incluídos na investigación. Como resultados principais, atópanse artigos referidos a violencias offline (agresión sexual, acoso sexual) e violencias online (sextorsion, grooming, ciberacoso sexual), centrados en poboación adolescente e universitaria, resultando nunha maior relevancia de violencias online nos adolescentes, un maior número de vítimas identificadas como mulleres con parella, e homes como agresores, alta desinformación en canto á violencia sexual e as súas diferentes formas, e cómo estas funcionan, ademais da relación entre a expresión da violencia sexual cos mitos do amor romántico. Finalmente, conclúese coa violencia sexual como un fenómeno de especial importancia socioeducativa debido á prevalencia estudada e á desinformación que existe entre a poboación, poñendo o foco na necesidade dunha mellora na educación sexual e na implicación dos/as educadores/as sociais como principais formadores/as.

O cómic coma recurso didáctico na ensinanza do inglés: unha proposta para 4º de ESO
Autoría
L.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
L.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
16.07.2024 13:00
16.07.2024 13:00
Resumo
No ámbito educativo, a integración de recursos innovadores é crucial para renovar as metodoloxías actuais e desenvolver as habilidades lingüísticas dos estudantes. Este Traballo de Fin de Máster (TFM) busca demostrar a potencialidade didáctica dos cómics e reivindicar a súa validez como ferramenta educativa na aula de inglés. Con este fin, analízase o emprego da literatura na ensinanza de linguas estranxeiras e a evolución do cómic como medio narrativo e recurso didáctico. Este marco teórico contextualiza unha proposta de unidade didáctica para 4º de ESO baseada nun cómic de superheroes, deseñada para captar o interese dos estudantes e promover o desenvolvemento de competencias lingüísticas e interculturais.
No ámbito educativo, a integración de recursos innovadores é crucial para renovar as metodoloxías actuais e desenvolver as habilidades lingüísticas dos estudantes. Este Traballo de Fin de Máster (TFM) busca demostrar a potencialidade didáctica dos cómics e reivindicar a súa validez como ferramenta educativa na aula de inglés. Con este fin, analízase o emprego da literatura na ensinanza de linguas estranxeiras e a evolución do cómic como medio narrativo e recurso didáctico. Este marco teórico contextualiza unha proposta de unidade didáctica para 4º de ESO baseada nun cómic de superheroes, deseñada para captar o interese dos estudantes e promover o desenvolvemento de competencias lingüísticas e interculturais.
Dirección
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
LESTON OTERO, ANDREA (Titoría)
RODRIGUEZ ABRUÑEIRAS, PAULA Cotitoría
Tribunal
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
Pereira Ares, Noemí (Secretario/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Vogal)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
Pereira Ares, Noemí (Secretario/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Vogal)
A Enfermeira Escolar; Educación Sexual
Autoría
A.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
A.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 10:00
08.07.2024 10:00
Resumo
Este traballo de fin de máster aborda a importancia da educación sexual na saúde e o benestar, centrándose na intervención da enfermaría no ámbito escolar. Use o método PRISMA para revisar a literatura recente sobre este tema. Destácase a relevancia da educación sexual na prevención de riscos como os embarazos non desexados e as enfermidades de transmisión sexual, destacando o papel crucial da enfermaría na impartición efectiva desta educación. O estudo integra datos para obter unha comprensión completa da literatura dispoñible, culminando en conclusións sobre tendencias emerxentes e propostas futuras. Ademais, realízase unha entrevista con informantes clave para obter unha perspectiva máis ampla sobre os desafíos e oportunidades neste campo e o papel crítico da enfermaría na promoción da saúde sexual e reprodutiva nos ámbitos escolares.
Este traballo de fin de máster aborda a importancia da educación sexual na saúde e o benestar, centrándose na intervención da enfermaría no ámbito escolar. Use o método PRISMA para revisar a literatura recente sobre este tema. Destácase a relevancia da educación sexual na prevención de riscos como os embarazos non desexados e as enfermidades de transmisión sexual, destacando o papel crucial da enfermaría na impartición efectiva desta educación. O estudo integra datos para obter unha comprensión completa da literatura dispoñible, culminando en conclusións sobre tendencias emerxentes e propostas futuras. Ademais, realízase unha entrevista con informantes clave para obter unha perspectiva máis ampla sobre os desafíos e oportunidades neste campo e o papel crítico da enfermaría na promoción da saúde sexual e reprodutiva nos ámbitos escolares.
Dirección
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
CAAMAÑO LIÑARES, TANIA Cotitoría
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
CAAMAÑO LIÑARES, TANIA Cotitoría
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)
A competencia intercultural no profesorado de Educación Secundaria: unha proposta educativa a través da arte
Autoría
R.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
R.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2024 10:00
09.07.2024 10:00
Resumo
A Educación Intercultural emerxe nos escenarios educativos contemporáneos como unha alternativa inclusiva e respectuosa coa diversidade cultural, un fenómeno cada vez máis presente nas aulas de todo o estado español. A súa posta en práctica é fundamental para a mellora das comunidades educativas, mais é preciso para iso que o corpo docente sexa formado nela. Cos obxectivos de identificar a realidade existente no sistema educativo en materia de inclusión, analizar o alcance da competencia intercultural entre o profesorado e valorar a arte como recurso educativo inclusivo, este traballo examina as cuestións que afectan á introdución da interculturalidade nas aulas, tales como as dificultades educativas do alumnado estranxeiro ou a participación familiar na escola, e pon o foco nas prácticas artísticas como estratexias educativas válidas. Entendida a necesidade de formar aos e ás docentes neste eido, realízase tamén un estudo no ámbito galego sobre a presenza da cuestión intercultural tanto nos Másteres de Formación do Profesorado como dos cursos ofertados polo CAFI. A partir dos resultados, deséñase unha proposta de formación que busca desenvolver a competencia intercultural entre o profesorado, poñendo á vez en valor a arte como un recurso axeitado para o desenvolvemento da cuestión intercultural. Conclúese a utilidade da mediación artística como estratexia adaptable ás demandas da Educación Intercultural, así como a necesidade de ampliación dos procesos de formación docente neste ámbito.

A innovación no ensino da sintaxe nos programas de diversificación curricular a través da gamificación e a aprendizaxe baseada en xogos: unha proposta didáctica
Autoría
I.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
I.A.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 10:00
15.07.2024 10:00
Resumo
A sintaxe foi historicamente unha rama da gramática con moito peso nas aulas de secundaria, porén, o seu ensino concibiuse, polo xeral, desde un enfoque formal e tradicional no que se estudiaba de maneira descontextualizada. Ademais de revisar as distintas formas de ensinar gramática na actualidade, o presente traballo pretende amosar que o uso da gamificación e a aprendizaxe baseada en xogos pode ser moi útil para o tratamento desta disciplina nas aulas de diversificación desde unha óptica máis comunicativa e en consonancia coas metodoloxías activas. Para iso, levarase a cabo una proposta de intervención docente na que se abordará a oración simple mediante actividades que permitirán observar a importancia do compoñente lúdico para a motivación do alumnado.
A sintaxe foi historicamente unha rama da gramática con moito peso nas aulas de secundaria, porén, o seu ensino concibiuse, polo xeral, desde un enfoque formal e tradicional no que se estudiaba de maneira descontextualizada. Ademais de revisar as distintas formas de ensinar gramática na actualidade, o presente traballo pretende amosar que o uso da gamificación e a aprendizaxe baseada en xogos pode ser moi útil para o tratamento desta disciplina nas aulas de diversificación desde unha óptica máis comunicativa e en consonancia coas metodoloxías activas. Para iso, levarase a cabo una proposta de intervención docente na que se abordará a oración simple mediante actividades que permitirán observar a importancia do compoñente lúdico para a motivación do alumnado.
Dirección
Lorenzo Herrera, Lara (Titoría)
Lorenzo Herrera, Lara (Titoría)
Tribunal
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
LESTON OTERO, ANDREA (Vogal)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
FERNANDEZ VAZQUEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
LESTON OTERO, ANDREA (Vogal)
A represión franquista na Ribeira Sacra: recuperación da memoria histórica a través da educación patrimonial crítica.
Autoría
L.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
L.V.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2024 12:00
09.07.2024 12:00
Resumo
A educación patrimonial crítica é un enfoque didáctico que facilita ao alumnado reconsiderar a súa relación co patrimonio. Busca promover o sentido de pertenza, a empatía e o respecto pola diversidade de perspectivas, empoderando aos estudantes como axentes de cambio social, a través do exercicio da cidadanía democrática. Deste xeito, favorece o cuestionamento de narrativas dominantes e a recuperación da memoria democrática, dándolle voz a todas aquelas historias ocultas e sometidas ao esquecemento. O presente traballo pretende contribuír á reparación de pasados difíciles mediante unha situación de aprendizaxe que emprega métodos activos de ensino-aprendizaxe e se leva a cabo nas aulas de Bacharelato dun centro educativo rural, localizado na Ribeira Sacra ourensá. Os resultados parecen indicar que a través da mesma se puido non só recuperar a memoria democrática da zona, senón que se acadou á súa patrimonialización. Xunto a isto, promoveuse o diálogo interxeracional e desenvolveuse un pensamento crítico no alumnado.

Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Castro Fernández, Belén María (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Presidente/a)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Presidente/a)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)
O potencial educativo dos videoxogos nas aulas de historia de secundaria: Estudo da cuestión.
Autoría
P.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
P.V.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 19:00
11.09.2024 19:00
Resumo
Mediante a revisión dunha variedade de estudos de diferente natureza (cuantitativa, cualitativa, situacións de aprendizaxe...) elaborouse este traballo coa intención de ponderar a potencialidade dos videoxogos como ferramenta didáctica, con especial interese na súa aplicación na ensinanza da historia. A través da investigación resultante descóbrese que ademais de existir unha cantidade destacable de argumentos que defenden o seu uso educativo, a meirande parte de críticas que lle realizan, ao contrario do que buscan, xustifican a necesidade da presenza destes na educación institucional. Realizando un estudo das experiencias que se levaron a cabo con este medio nas aulas, en concreto no campo de historia, obsérvase que as experiencias didácticas deste tipo vense afectadas pola escasa tradición no uso deste recurso na educación e pola reducida comunicación que existe entre os/as estudosos/as doutras disciplinas (neste caso historia) e os/as expertos/as en educación que afondan nesta liña. Esixindo esta situación traballos investigativos máis interdisciplinares e un aumento das postas en prácticas, as cales deberían probar enfoques innovadores e variados coa intención de espremer todo o potencial deste medio e poder realizar unha delimitación das capacidades deste para educar.

Landscapes and Soundscapes: World Tour. Unha proposta didáctica para o tratamento de variedades, acentos e culturas do mundo anglófono para a aula de nivel C2 de EOI.
Autoría
M.B.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.B.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
Ás veces aínda relegados a un segundo plano, o(s) contexto(s) sociocultural(is) asociado a calquera lingua meta e as relacións interculturais da mesma co contexto do/a aprendente estranxeiro/a constitúen unha parte integral da aprendizaxe de linguas. Así o recollen os currícula para as Escolas Oficiais de Idiomas de España, e particularmente para as galegas. Os/as aprendentes de inglés como lingua estranxeira nun nivel Avanzado C2 deben non só entrar en contacto, senón tamén comprender un amplo conxunto de variedades lingüísticas da lingua e a idea de contínuum dialectal asociada á mesma. Do mesmo modo, deberán ser conscientes dos aspectos socioculturais e sociolingüísticos vencellados a cada variedade e como estes se comparan ou relacionan co propio contexto. O presente traballo contén as bases teóricas, desenvolvemento e secuenciación dunha proposta didáctica deseñada para afrontar todas estas cuestións, con énfase no traballo da habilidade de comprensión oral a través do tratamento de diversas variedades do inglés ao longo dun curso académico. Para esta fin, elaboraranse catro sesións caracterizadas polo uso de materiais maiormente de natureza audiovisual, así como dun enfoque dinámico e comunicativo.
Ás veces aínda relegados a un segundo plano, o(s) contexto(s) sociocultural(is) asociado a calquera lingua meta e as relacións interculturais da mesma co contexto do/a aprendente estranxeiro/a constitúen unha parte integral da aprendizaxe de linguas. Así o recollen os currícula para as Escolas Oficiais de Idiomas de España, e particularmente para as galegas. Os/as aprendentes de inglés como lingua estranxeira nun nivel Avanzado C2 deben non só entrar en contacto, senón tamén comprender un amplo conxunto de variedades lingüísticas da lingua e a idea de contínuum dialectal asociada á mesma. Do mesmo modo, deberán ser conscientes dos aspectos socioculturais e sociolingüísticos vencellados a cada variedade e como estes se comparan ou relacionan co propio contexto. O presente traballo contén as bases teóricas, desenvolvemento e secuenciación dunha proposta didáctica deseñada para afrontar todas estas cuestións, con énfase no traballo da habilidade de comprensión oral a través do tratamento de diversas variedades do inglés ao longo dun curso académico. Para esta fin, elaboraranse catro sesións caracterizadas polo uso de materiais maiormente de natureza audiovisual, así como dun enfoque dinámico e comunicativo.
Dirección
Pereira Ares, Noemí (Titoría)
Pereira Ares, Noemí (Titoría)
Tribunal
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Presidente/a)
Giadás Quintela, Miguel (Secretario/a)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Vogal)
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Presidente/a)
Giadás Quintela, Miguel (Secretario/a)
GONZALEZ ALVAREZ, ELSA MARIA (Vogal)
O coidado e o ser humano: Unha (re)lectura educativa da ética do coidado.
Autoría
E.L.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
E.L.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
12.09.2024 10:00
12.09.2024 10:00
Resumo
O coidado é un concepto que quedou relegado a un segundo plano nunha sociedade rexida polas estruturas e os valores do mercado neoliberalista, con todo, é a crise de coidados a problemática que caracteriza ao século XXI. Son poucos os autores e as autoras que abordaron a ética do coidado cunha perspectiva educativa (fuxindo das anteriores estruturas), predominando o seu tratamento no ámbito de enfermería. Neste traballo quixemos analizar a relevancia deste concepto e a súa relación co ser humano, estudar a ética do coidado en perspectiva educativa (baixo o pensamento de Nel Noddings), así como, desde esta ética, determinar pautas educativas que, no contexto actual permita abordar o coidado. Para iso levouse a cabo unha análise crítica hermenéutico mediante o cal se establece un diálogo entre principais autores e autoras do campo. Tras a análise, concluíuse que o coidado é o modo de relacionarse do ser humano co resto do mundo, presentada como responsabilidade e deber ético (que precede á ontoloxía). Así mesmo, a ética do coidado, baixo o pensamento de Noddings, pon a este concepto como o central e máis relevante para o desenvolvemento moral das persoas, sendo, por tanto, necesario que a educación se expoña desde a perspectiva desta ética, abordándoo como elemento básico sobre o que se articula. Finalmente, a pesar de que se defende unha reformulación educativa xeral onde os coidados tomen un papel protagonista no currículo, exponse a metodoloxía de aprendizaxe-servizo como vía adecuada que, dun modo compatible co currículo, permite abordar o coidado seguindo os principios da súa ética.

LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
LORENZO MOLEDO, MARIA DEL MAR (Titoría)
Tribunal
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Presidente/a)
Varela Crespo, Laura María (Secretario/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Vogal)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Presidente/a)
Varela Crespo, Laura María (Secretario/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Vogal)
Achegamento ás ciencias da Terra e proposta didáctica: Exploramos o mundo dos volcáns!
Autoría
M.A.R.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
M.A.R.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
12.07.2024 11:00
12.07.2024 11:00
Resumo
O presente traballo realiza unha análise do emprego da modelización como práctica científica dentro da educación infantil nunha proposta didáctica sobre os volcáns. Para iso realízase un estudo de caso nunha aula de 5º de Educación Infantil con 20 nenos e nenas. Analízanse as ideas previas do alumnado sobre esta temática e os modelos iniciais e finais dos cativos ce cativas a través do debuxo. Os resultados mostran os coñecementos adquiridos sobre a temática dos volcáns durante o desenvolvemento do proxecto. Conclúese que o emprego de prácticas científicas como a modelización fan que a aprendizaxe de cuestións que poden resultar complexas ou abstractas como os volcáns ou o funcionamento do interior da Terra, sexan máis significativas e comprensibles para o alumnado.
O presente traballo realiza unha análise do emprego da modelización como práctica científica dentro da educación infantil nunha proposta didáctica sobre os volcáns. Para iso realízase un estudo de caso nunha aula de 5º de Educación Infantil con 20 nenos e nenas. Analízanse as ideas previas do alumnado sobre esta temática e os modelos iniciais e finais dos cativos ce cativas a través do debuxo. Os resultados mostran os coñecementos adquiridos sobre a temática dos volcáns durante o desenvolvemento do proxecto. Conclúese que o emprego de prácticas científicas como a modelización fan que a aprendizaxe de cuestións que poden resultar complexas ou abstractas como os volcáns ou o funcionamento do interior da Terra, sexan máis significativas e comprensibles para o alumnado.
Dirección
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
Blanco Anaya, Paloma (Titoría)
Tribunal
Abelairas Gómez, Cristian (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)
Abelairas Gómez, Cristian (Presidente/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Secretario/a)
NUÑEZ GARCIA, CRISTINA (Vogal)
Investigación documental partindo dos currículos da Familia Profesional Servizos Socioculturais e á Comunidade: Pautas para incorporar a perspectiva de xénero e linguaxe inclusiva na FP de Atención a Persoas en Situación de Dependencia
Autoría
V.G.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
V.G.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 11:00
12.09.2024 11:00
Resumo
O presente traballo consiste na realización dunha investigación documental co obxectivo de analizar a presenza da perspectiva de xénero nos contidos dos currículos estatais e autonómicos de Galiza da Familia Profesional Servizos Socioculturais e á Comunidade, así como o uso e a introdución da linguaxe inclusiva na redacción dos mesmos. Tamén se expón a demanda formativa de cada un dos ciclos formativos que a compoñen que, en efecto, corrobora a influencia da socialización diferencial na matriculación, ao presentar un maior número de persoas identificadas co xénero feminino. Non obstante, isto non é verificable nun dos ciclos formativos a nivel estatal ao non haber datos estatísticos. Así mesmo, o uso da linguaxe inclusiva na redacción dos contidos curriculares é máis abundante na normativa autonómica que na estatal, ademais de que hai unha presenza considerable da perspectiva de xénero nos contidos curriculares tanto a nivel estatal como autonómico. Estas cuestións tampouco son verificables nos currículos autonómicos de tres ciclos formativos ao non ser ofertados en Galiza. Nesta liña, é posible implementar procesos de ensinanza-aprendizaxe na Formación Profesional que introduzan a linguaxe inclusiva e a perspectiva de xénero, o cal garante a igualdade de oportunidades e de xéneros e o acceso á formación respectuosa coa igualdade de trato.

Abaixo a cuarta parede! Un proxecto de alfabetización audiovisual a través da Guerra Fría
Autoría
A.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
A.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 17:00
10.07.2024 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster consiste no deseño dunha proposta de intervención educativa sobre alfabetización audiovisual con poboación adolescente estudante do 4º curso da Educación Secundaria Obrigatoria. O obxectivo da proposta é aumentar o nivel de alfabetización audiovisual do grupo ao tempo que se traballan os contidos curriculares da LOMLOE correspondentes á Guerra Fría. Para iso, propóñense unha serie de actividades fundamentadas na produción de contidos orixinais e no visionado de fragmentos cinematográficos contemporáneos ao tempo histórico que se aborda na clase
O presente Traballo de Fin de Máster consiste no deseño dunha proposta de intervención educativa sobre alfabetización audiovisual con poboación adolescente estudante do 4º curso da Educación Secundaria Obrigatoria. O obxectivo da proposta é aumentar o nivel de alfabetización audiovisual do grupo ao tempo que se traballan os contidos curriculares da LOMLOE correspondentes á Guerra Fría. Para iso, propóñense unha serie de actividades fundamentadas na produción de contidos orixinais e no visionado de fragmentos cinematográficos contemporáneos ao tempo histórico que se aborda na clase
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Secretario/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Vogal)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Secretario/a)
REQUEIXO CUBA, ARMANDO (Vogal)
Aplicación didáctica das redes sociais e a súa influencia na motivación do alumnado de secundaria. Unha revisión sistemática.
Autoría
M.B.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.B.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 19:00
04.07.2024 19:00
Resumo
As redes sociais desempeñan un papel fundamental na vida dos estudantes, mediante as posibilidades de interacción e de establecer e manter relacións interpersoais. A aplicación de metodoloxías activas baseadas nelas podería aumentar a motivación académica do alumnado, ao integrar ferramentas e plataformas que forman parte da realidade social das estudantes. Neste traballo, a modo de investigación documental, preténdese afondar nesta temática, en primeira instancia mediante un marco teórico no que se presentan estas cuestión, e posteriormente, mediante unha revisión sistemática, explórase a actualidade deste tema mediante a análise de traballos académicos que relacionen a aplicación das redes sociais nas aulas coa motivación do alumnado, establecendo unha serie de categorías que permitan unha análise mais pormenorizada das diferentes dimensións destes traballos.
As redes sociais desempeñan un papel fundamental na vida dos estudantes, mediante as posibilidades de interacción e de establecer e manter relacións interpersoais. A aplicación de metodoloxías activas baseadas nelas podería aumentar a motivación académica do alumnado, ao integrar ferramentas e plataformas que forman parte da realidade social das estudantes. Neste traballo, a modo de investigación documental, preténdese afondar nesta temática, en primeira instancia mediante un marco teórico no que se presentan estas cuestión, e posteriormente, mediante unha revisión sistemática, explórase a actualidade deste tema mediante a análise de traballos académicos que relacionen a aplicación das redes sociais nas aulas coa motivación do alumnado, establecendo unha serie de categorías que permitan unha análise mais pormenorizada das diferentes dimensións destes traballos.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Secretario/a)
Gallástegui Otero, Juan Ramón (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Secretario/a)
Gallástegui Otero, Juan Ramón (Vogal)
A responsabilidade dos Departamentos Municipais de Educación no vínculo centros escolares e comunidade.
Autoría
M.C.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
M.C.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 10:00
15.07.2024 10:00
Resumo
A educación ten como fin último a formación integral das persoas. Por este motivo, non pode entenderse a educación restrinxida ó sistema escolar, sendo unha tarefa compartida entre todos os axentes implicados. A comunidade posúe un papel educador fundamental, instrumentalizándose coma un servizo nos Departamentos Municipais de Educación (DME). Nesta liña, este Traballo de Fin de Mestrado (TFM), desenvolto coa modalidade de iniciación á investigación, a través dun estudo de casos, ten por obxectivo principal analizar prácticas educativas efectivas favorecedoras dunha educación comunitaria en dous DME galegos, o de Santiago de Compostela e o de Allariz, tendo en conta o vínculo cos centros educativos e, concretamente, cos Departamentos de Orientación. Os resultados obtidos deste TFM, derivados da realización das entrevistas ás profesionais dos Departamentos, así como coa busca documental, evidencian que ambos DME empregan diversas estratexias para promover unha educación comunitaria, aínda que se pon de manifesto as dificultades para a conexión cos centros educativos e, máis aínda, cos Departamentos de Orientación.

VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Análise do ensino da álxebra matricial en segundo de bacharelato a través dos libros de texto
Autoría
A.F.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.F.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 12:00
12.09.2024 12:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é analizar como contribúen os libros de texto de segundo de Bacharelato ao aprendizaxe da álxebra matricial. Realizaremos unha revisión bibliográfica estudando cales son os aspectos que máis afectan a dito aprendizaxe e estableceremos uns criterios para analizar un conxunto de libros de texto. Analizaremos o seu contido, estrutura, a súa contextualización, así como as actividades que propoñen e as ilustracións que utilizan. O noso análise preliminar mostra que os libros analizados compren en boa medida cos criterios que buscamos.
O obxectivo deste traballo é analizar como contribúen os libros de texto de segundo de Bacharelato ao aprendizaxe da álxebra matricial. Realizaremos unha revisión bibliográfica estudando cales son os aspectos que máis afectan a dito aprendizaxe e estableceremos uns criterios para analizar un conxunto de libros de texto. Analizaremos o seu contido, estrutura, a súa contextualización, así como as actividades que propoñen e as ilustracións que utilizan. O noso análise preliminar mostra que os libros analizados compren en boa medida cos criterios que buscamos.
Dirección
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
TORRON CASAL, CAROLINA (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
Mulleres coleccionistas e mecenas. Unha mirada en feminino na ensinanza da arte para educar en igualdade
Autoría
I.O.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
I.O.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 18:00
10.07.2024 18:00
Resumo
A ausencia de materiais curriculares en materia de xénero non fai senón contribuír ás desigualdades sociais. Un dos eixes vertebradores da sociedade é a educación, que funciona como transmisor de patróns culturais; a escola debe reformular os seus principios en materia de xénero, para construír unha verdadeira sociedade democrática. Neste estudo, preténdese pór de manifesto a necesidade de incluír a perspectiva de xénero na materia de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, a través dunha proposta educativa que se fundamenta no estudo do coleccionismo e mecenado feminino. Por medio da investigación das figuras de Isabella Stewart Gardner, Peggy Guggenheim e Helga de Alvear, percorreranse os panoramas artísticos dos séculos XIX, XX e XXI. Proporase unha secuenciación de actividades baseadas en metodoloxías de innovación educativa, como a creación dun blog, campañas de sensibilización, elaboración de guións teatrais, xeración de itinerarios museísticos, etc.; para concluir cun proxecto final de escritura creativa de cartas, no que o alumnado poderá converterse nunha destas mulleres coleccionistas, establecendo así unha correspondencia na aula. Esta proposta non se puido levar a cabo no periodo de prácticas curriculares establecido no Master Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas, por causas alleas a autora, pero o seu deseño permite facer un exercicio reflexivo sobre a relevancia socioeducativa do tema obxecto de estudo e a selección dun enfoque metodolóxico crítico para o seu tratamento nas aulas de Bacharelato.

A calidade educativa: unha ferramenta neoliberal para transformar a educación
Autoría
R.G.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
R.G.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 16:00
10.07.2024 16:00
Resumo
Ao longo deste traballo tratararemos de abordar a forma en que o neoliberalismo foi influíndo e actuando na educación a partir da instrumentalización do concepto de calidade educativa, traendo ao sector educativo a adopción de termos e nocións empresariais como competitividade, rendibilidade e eficiencia. Baixo este contexto, a calidade educativa converteuse nun eixo central das reformas educativas de todo o mundo, presentándose baixo unha perpetua necesidade de mellora que xustifica e lexitima diversas medidas políticas. Este discurso tivo un gran éxito na normalización da idea de que a educación debe ser continuamente avaliada para satisfacer as demandas do mercado global, levando en definitiva a unha mercantilización da educación que insire aos centros educativos nunha competencia entre si pola atracción dunhas familias agora convertidas en clientes. Deste xeito, a visión transformadora da educación queda limitada e considérase como un investimento económico máis. Este estudo trata polo tanto de revelar como un discurso aparentemente neutro, como é o da calidade educativa, é en realidade unha ferramenta das doutrinas neoliberais para lexitimar e consolidar a súa influencia na educación.

O desenvolvemento de competencias clave en adolescentes a través da implicación en actividades extracurriculares. Unha revisión sistemática da literatura
Autoría
M.L.V.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.L.V.M.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
12.09.2024 11:00
12.09.2024 11:00
Resumo
Ante a complexidade global contemporánea, resulta imprescindible impulsar accións socioeducativas, como as actividades extraescolares (AE), orientadas ao desenvolvemento de competencias clave que permitan ás persoas, especialmente ás máis novas, facer fronte á incerteza e aos retos que expón o desenvolvemento sostible. Neste contexto, o obxectivo principal do estudo é analizar as competencias clave que desenvolven os e as adolescentes a través da súa participación en actividades extraescolares en perspectiva internacional. Para iso, desde un enfoque cualitativo, procedeuse cunha revisión sistemática da literatura científica sobre o tema, seguindo a declaración PRISMA. A recollida de datos achegou 14 estudos das bases de datos Scopus e Web of Science, considerando o período temporal contemplado entre 2015 e 2024. As análises realizadas arredor das preguntas de investigación centráronse nas competencias clave desenvolvidas, as actividades extraescolares, os perfís dos e das participantes, e os instrumentos e técnicas de avaliación empregados. No seu conxunto, os resultados revelan a diversidade e complexidade de propostas extraescolares que apuntan a desenvolver competencias clave en adolescentes, xerando un diferencial nas súas experiencias educativas para a vida. No estudo, ademais de identificar as limitacións á hora de desenvolver competencias clave desde unha perspectiva internacional que consideren as particularidades de cada contexto, a discusión e conclusións resaltan a necesidade de seguir promovendo experiencias extraescolares que contribúan ao desenvolvemento integral de todas as persoas nunha óptica de aprendizaxe ao longo da vida e, aínda máis, na procura dun desenvolvemento sostible ante os retos sociais que expón o futuro.

VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Titoría)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Titoría)
Tribunal
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Presidente/a)
Varela Crespo, Laura María (Secretario/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Vogal)
PRIEGUE CAAMAÑO, DIANA (Presidente/a)
Varela Crespo, Laura María (Secretario/a)
LONGUEIRA MATOS, SILVANA (Vogal)
Revisión documental sobre o fracaso escolar e o abandono educativo na etapa de educación secundaria
Autoría
L.G.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.G.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 19:00
11.09.2024 19:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster aborda a problemática do fracaso escolar e do abandono educativo, enfocándose nos factores académicos e non académicos do alumnado de educación secundaria que fracasa e abandona a escola. O obxectivo principal deste traballo é o de identificar as causas que inciden no fracaso escolar e abandono educativo en estudantes de secundaria, así como coñecer os programas implementados pola administración para paliar o fracaso escolar e o abandono educativo. Este traballo parte dunha modalidade de investigación documental a partir da que se analizan 18 estudos previos respecto ao fracaso escolar e o abandono educativo. Os resultados evidencian que as e os estudantes que fracasan e abandonan a escola adoitan ter familias con baixo nivel económico e nivel educativo. Ademais, conclúese que os programas implementados pola administración educativa requiren melloras para abordar de maneira efectiva as diferentes necesidades que presenta o alumnado que cursan estos programas.
Este Traballo de Fin de Máster aborda a problemática do fracaso escolar e do abandono educativo, enfocándose nos factores académicos e non académicos do alumnado de educación secundaria que fracasa e abandona a escola. O obxectivo principal deste traballo é o de identificar as causas que inciden no fracaso escolar e abandono educativo en estudantes de secundaria, así como coñecer os programas implementados pola administración para paliar o fracaso escolar e o abandono educativo. Este traballo parte dunha modalidade de investigación documental a partir da que se analizan 18 estudos previos respecto ao fracaso escolar e o abandono educativo. Os resultados evidencian que as e os estudantes que fracasan e abandonan a escola adoitan ter familias con baixo nivel económico e nivel educativo. Ademais, conclúese que os programas implementados pola administración educativa requiren melloras para abordar de maneira efectiva as diferentes necesidades que presenta o alumnado que cursan estos programas.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Vogal)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Vogal)
Deseño dunha secuencia didáctica sobre a cinética das reaccións químicas: estudo dos factores implicados na velocidade de reacción mediante prácticas científicas de indagación e modelización.
Autoría
M.V.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
M.V.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.07.2024 12:15
12.07.2024 12:15
Resumo
Unha das múltiples dificultades que presenta a química a nivel escolar son as distintas escalas que traballa: nesta disciplina, estudanse fenómenos microscópicos, pero cuxos efectos manifestanse de forma notable na nosa realidade. Esta yuxtaposición de niveis sole ser difícil de entender por parte do alumnado. Un exemplo claro desta problemática é a compresión das reaccións e o seu funcionamento. As reaccións químicas son un dos piares da química estudantil, xa que están relacionadas con múltiples fenómenos do noso contorno. Vendo a importancia e interdisciplinariedade do tema, debe ser unha prioridade que este se entenda coa finalidade engadida de poder establecer unha base que permita afondar nel en cursos posteriores. Este TFM empregará un enfoque activo basado na aprendizaxe mediante prácticas científicas, concretamente a indagación e a modelización, para elaborar unha secuencia de actividades centradas na comprensión os factores que inflúen na velocidade das reaccións. Os datos obtidos ao longo destas sesións serán tomados das interaccións orais e escritas do alumnado e posteriormente analizados de forma cualitativa para comprender cales son as dificultades da clase relacionadas co tema que se vai tratar.
Unha das múltiples dificultades que presenta a química a nivel escolar son as distintas escalas que traballa: nesta disciplina, estudanse fenómenos microscópicos, pero cuxos efectos manifestanse de forma notable na nosa realidade. Esta yuxtaposición de niveis sole ser difícil de entender por parte do alumnado. Un exemplo claro desta problemática é a compresión das reaccións e o seu funcionamento. As reaccións químicas son un dos piares da química estudantil, xa que están relacionadas con múltiples fenómenos do noso contorno. Vendo a importancia e interdisciplinariedade do tema, debe ser unha prioridade que este se entenda coa finalidade engadida de poder establecer unha base que permita afondar nel en cursos posteriores. Este TFM empregará un enfoque activo basado na aprendizaxe mediante prácticas científicas, concretamente a indagación e a modelización, para elaborar unha secuencia de actividades centradas na comprensión os factores que inflúen na velocidade das reaccións. Os datos obtidos ao longo destas sesións serán tomados das interaccións orais e escritas do alumnado e posteriormente analizados de forma cualitativa para comprender cales son as dificultades da clase relacionadas co tema que se vai tratar.
Dirección
Brocos Mosquera, Pablo (Titoría)
Brocos Mosquera, Pablo (Titoría)
Tribunal
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Presidente/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Presidente/a)
RODRIGUEZ GACIO, MARIA DEL CARMEN (Secretario/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Vogal)
¡Coitados coelliños! Vixencia da crítica unamuniana da pedagoxía
Autoría
C.D.S.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
C.D.S.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 12:00
10.07.2024 12:00
Resumo
A realidade das aulas e do sistema educativo actual está marcada por unha pedagoxía obsesionada coa ciencia. A pedagoxía extremadamente científica, filla do positivismo e nai das metodoloxías, supón un perigo contra o que a propia educación debería ser: unha educación baseada no amor, así como na ciencia. Así, verase como a crítica de Unamuno á pedagoxía do seu tempo segue sendo necesaria na realidade actual, defendendo unha pedagoxía baseada no amor ou, máis ben, defendendo facer do amor pedagoxía, mantendo vida e razón nas aulas. A pedagoxía que pretende facer dos alumnos «suxeitos de proba» será posta en xuízo. Verase como en Amor e pedagoxía Unamuno expón a crítica de maneira «nivolesca», apoiando así todos os puntos expostos.
A realidade das aulas e do sistema educativo actual está marcada por unha pedagoxía obsesionada coa ciencia. A pedagoxía extremadamente científica, filla do positivismo e nai das metodoloxías, supón un perigo contra o que a propia educación debería ser: unha educación baseada no amor, así como na ciencia. Así, verase como a crítica de Unamuno á pedagoxía do seu tempo segue sendo necesaria na realidade actual, defendendo unha pedagoxía baseada no amor ou, máis ben, defendendo facer do amor pedagoxía, mantendo vida e razón nas aulas. A pedagoxía que pretende facer dos alumnos «suxeitos de proba» será posta en xuízo. Verase como en Amor e pedagoxía Unamuno expón a crítica de maneira «nivolesca», apoiando así todos os puntos expostos.
Dirección
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Titoría)
Tribunal
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)
AMADO RODRIGUEZ, MARIA TERESA (Presidente/a)
REGUEIRO FERNANDEZ, BIBIANA (Secretario/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Vogal)
Hábitos, consecuencias e control do uso de Internet en adolescentes da educación secundaria.
Autoría
X.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
X.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 10:00
12.09.2024 10:00
Resumo
Internet é unha ferramenta moi útil que se estableceu como imprescindible na nosa sociedade. O seu uso estendido e normalizado, xunto co escaso control que se exerce sobre el, derivou en que algunhas persoas desenvolvan condutas abusivas e dependencia cara á rede. As e os adolescentes atópanse entre a poboación de risco predisposta a sufrir estes problemas. No presente traballo realízase un estudo descritivo empregando unha metodoloxía mixta a través dun cuestionario ao alumnado de 4º de secundaria dun instituto da provincia da Coruña. Con este instrumento preténdense analizar os hábitos, consecuencias e control do uso que as e os adolescentes dan a Internet. Os resultados mostran, en liñas xerais, que as e os estudantes utilizan Internet amplamente, interferindo con varios aspectos da vida diaria, e que o control exercido pola familia e a escola é bastante limitado, derivando en que o alumnado se atope menos preparado para afrontar o uso da rede de maneira responsable.
Internet é unha ferramenta moi útil que se estableceu como imprescindible na nosa sociedade. O seu uso estendido e normalizado, xunto co escaso control que se exerce sobre el, derivou en que algunhas persoas desenvolvan condutas abusivas e dependencia cara á rede. As e os adolescentes atópanse entre a poboación de risco predisposta a sufrir estes problemas. No presente traballo realízase un estudo descritivo empregando unha metodoloxía mixta a través dun cuestionario ao alumnado de 4º de secundaria dun instituto da provincia da Coruña. Con este instrumento preténdense analizar os hábitos, consecuencias e control do uso que as e os adolescentes dan a Internet. Os resultados mostran, en liñas xerais, que as e os estudantes utilizan Internet amplamente, interferindo con varios aspectos da vida diaria, e que o control exercido pola familia e a escola é bastante limitado, derivando en que o alumnado se atope menos preparado para afrontar o uso da rede de maneira responsable.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
PUIG MAURIZ, BLANCA (Presidente/a)
NUÑEZ GARCIA, JESICA (Secretario/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Vogal)
A Educación Musical nas escolas de música en Galicia. Retos e oportunidades.
Autoría
F.J.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
F.J.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2024 09:00
15.07.2024 09:00
Resumo
Este Traballo Fin de Máster (TFM) céntrase no papel das escolas de música no ámbito da educación musical. Estes centros tiveron unha importante evolución en Galicia nos últimos 25 anos, implican unha tipoloxía específica de ensinanzas e apuntan unha previsible evolución no marco do noso sistema educativo. Trátase dun ámbito educativo que ten unha orixe social, entendida como un núcleo arraigado de cultura popular. Estas propostas educativas evolucionan a partir de iniciativas informais, xestionadas por asociacións de diferente orixe e índole, e que alimentaban agrupacións instrumentais, normalmente bandas de música populares, para constituír escolas estruturadas e cun catálogo de especialidades máis amplo. O obxectivo xeral que orienta o desenvolvemento da investigación é achegarse ao valor educativo das escolas de música en Galicia, o cal se concreta en tres obxectivos específicos: revisar o marco normativo que regula as escolas de música; aproximarse á capacidade das escolas de música para desenvolver procesos de educación musical integrais; e explorar a música como ferramenta educativa e a xeración do ámbito educativo a través de procesos de educación non formal. A metodoloxía do traballo baseouse na procura e revisión documental, contemplando dúas fontes fundamentais que dan lugar ás dúas seccións do traballo: a revisión da normativa que aplica ás Escolas de música, coa intención de rastrexar as diferencias que establece a propia lexislación respecto das ensinanzas con finalidade profesionalizadora impartidas nos Conservatorios e a revisión dos principios pedagóxicos que singularizan as ensinanzas de música non regradas, en Galicia impartidas, sobre todo en escolas de música de titularidade municipal.

A educación literaria nas aulas de secundaria. Do marco normativo ao desenvolvemento do intertexto lector
Autoría
E.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
E.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 12:00
10.09.2024 12:00
Resumo
No sistema educativo hai poucos aspectos que poidan igualar a lectura e a súa pro-moción respecto ao grao de consenso que concitan e a importancia que se lles outorga. A miúdo a ansiedade pola lectura é a base dun discurso que, instrumentalizándoa para fins didácticos, esquece o compoñente do pracer, renunciando de forma máis ou menos consciente a actuar sobre a motivación primaria dos alumnos. O presente traballo atopa a súa xustificación na relevancia formativa da promoción do hábito lector e da educación literaria na etapa de secundaria, focalizándose sobre todo en dous factores interdepen-dentes: a competencia literaria, o intertexto lector e as súas respectivas relacións coa lite-ratura comparada. Terase en conta unha evolución metodolóxica centrada na construción do sentido do texto, que, desde os supostos teóricos da estética da recepción, delinea o papel alumno-lector cos seus recursos persoais como a clave para a interpretación do tex-to. É o interese representado polo seu peso formativo o que guía a parte final deste tra-ballo xunto coas reflexións sobre as posibilidades de conxugar teoría e práctica nun itine-rario educativo deseñado segundo as novas directrices ministeriais.

La Atención a la Diversidad Funcional. Guía para el profesorado de Formación Profesional
Autoría
J.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
J.M.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 09:00
11.09.2024 09:00
Resumo
El propósito del presente Trabajo de Fin de Máster se concentra en explorar la relación y participación de las personas con diversidad funcional dentro del sistema educativo y, concretamente, en la Formación Profesional. Para ello, se analizaron las diferentes barreras detectadas en el proceso de educación, la formación del profesorado y los recursos de los centros educativos. Partiendo de este contexto, se concluye en el diseño de una guía en atención a la diversidad funcional en las aulas de FP. Este documento se dirige principalmente al profesorado, sin embargo, su contenido podría utilizarse tanto por el centro educativo, como por los centros formativos de prácticas. Esta guía enfatiza en el alumnado con diversidad funcional y propone herramientas y recursos útiles para aplicar en las aulas, mejorando con ello, la participación del propio colectivo. De esta forma, el presente TFM busca favorecer la inclusión educativa en el proceso de enseñanza y aprendizaje, objetivos propuestos por la Ley Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración de la Formación Profesional y los ODS 4 Educación de calidad y ODS 10 Reducción de desigualdades.

VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Presidente/a)
NIETO VIEITES, ANA (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
La fundación como recurso didáctico: análise e proposta
Autoría
E.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
E.R.B.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2024 13:00
09.07.2024 13:00
Resumo
O presente traballo baséase nunha análise da obra La Fundación como recurso didáctico obrigatorio en 2º de Bacharelato. Preténdese demostrar como esta obra se adecúa ao currículo escolar e como axuda a desenvolver múltiples competencias transversais, máis aló da competencia lingüística. Ademais, realizarase unha proposta didáctica para levar a obra á aula de xeito que se interioricen os contidos, pero tamén se estimule a lectura e se fomente a motivación e o interese do alumnado. Para a realización deste TFM investigarase a obra en profundidade, tendo en conta as análises académicas, materiais e propostas didácticas existentes, e farase un estudo crítico de todos os aspectos e temas doutros ámbitos extraliterarios que se poden aprender en base á súa lectura. Por último, crearase unha proposta de autoría propia que pretenda achegar esta obra ao alumnado de 2º de Bacharelato, atendendo ás súas particularidades.
O presente traballo baséase nunha análise da obra La Fundación como recurso didáctico obrigatorio en 2º de Bacharelato. Preténdese demostrar como esta obra se adecúa ao currículo escolar e como axuda a desenvolver múltiples competencias transversais, máis aló da competencia lingüística. Ademais, realizarase unha proposta didáctica para levar a obra á aula de xeito que se interioricen os contidos, pero tamén se estimule a lectura e se fomente a motivación e o interese do alumnado. Para a realización deste TFM investigarase a obra en profundidade, tendo en conta as análises académicas, materiais e propostas didácticas existentes, e farase un estudo crítico de todos os aspectos e temas doutros ámbitos extraliterarios que se poden aprender en base á súa lectura. Por último, crearase unha proposta de autoría propia que pretenda achegar esta obra ao alumnado de 2º de Bacharelato, atendendo ás súas particularidades.
Dirección
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titoría)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Vogal)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Vogal)
O emprego do cine como ferramenta auxiliar para a ensinanza das Ciencias Sociais
Autoría
E.S.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
E.S.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2024 11:00
09.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo de fin de master realiza unha proposta de intervención didáctica partindo do deseño dunha situación de aprendizaxe na que o uso do cine é un elemento chave na ensinanza das Ciencias Sociais. Escollendo como tema central o conflito palestino-israelí, este TFM analiza como introducir películas sobre esta temática no marco da súa ensinanza pode axudar o alumnado a comprender mellor un conflito destas características. Empregar o cine para o tratamento de temas controvertidos ou polémicos como este é unha maneira de tratar este tipo de contidos dunha forma máis transcendente que só a través dunha exposición de contidos tradicional. Para facelo, propón a súa aplicación práctica con alumnado de 4º da ESO recollendo e comentando os resultados de aplicación desta intervención didáctica.
Este traballo de fin de master realiza unha proposta de intervención didáctica partindo do deseño dunha situación de aprendizaxe na que o uso do cine é un elemento chave na ensinanza das Ciencias Sociais. Escollendo como tema central o conflito palestino-israelí, este TFM analiza como introducir películas sobre esta temática no marco da súa ensinanza pode axudar o alumnado a comprender mellor un conflito destas características. Empregar o cine para o tratamento de temas controvertidos ou polémicos como este é unha maneira de tratar este tipo de contidos dunha forma máis transcendente que só a través dunha exposición de contidos tradicional. Para facelo, propón a súa aplicación práctica con alumnado de 4º da ESO recollendo e comentando os resultados de aplicación desta intervención didáctica.
Dirección
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Presidente/a)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Presidente/a)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Secretario/a)
LOPEZ MONDEJAR, MARIA LETICIA (Vogal)
A importancia da figura do/a educador/a social nos departamentos de orientación dos centros de educación secundaria
Autoría
C.V.N.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
C.V.N.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 16:00
12.09.2024 16:00
Resumo
A incorporación da figura do/a educador/a social nos centros de educación secundaria é un tema en auxe. Esta investigación trata de xustificar o porqué da necesidade de dita incorporación en base a unha revisión xeral sobre a temática (función, localización, marcos lexislativos…), acompañado dun estudo cualitativo centrado na localidade de Ribadavia (Ourense). Realizáronse tres entrevistas co fin de coñecer cal era a opinión de diferentes profesionais que interveñen no IES O Ribeiro e cal é a postura que opta o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) ao respecto. Finalmente, a través dunha análise exhaustiva dos datos obtidos, móstrase que nos centros de educación secundaria hai moitas necesidades e problemáticas que abordar de carácter soioeducativo, as cales son difíciles de abarcar na súa totalidade únicamente por parte do orientador. Así, con diversos argumentos, os/as entrevistados/as xustifican en base á súa experiencia profesional que, efectivamente, a incorporación de figura do/a educador/a social nos IES é una necesidade.
A incorporación da figura do/a educador/a social nos centros de educación secundaria é un tema en auxe. Esta investigación trata de xustificar o porqué da necesidade de dita incorporación en base a unha revisión xeral sobre a temática (función, localización, marcos lexislativos…), acompañado dun estudo cualitativo centrado na localidade de Ribadavia (Ourense). Realizáronse tres entrevistas co fin de coñecer cal era a opinión de diferentes profesionais que interveñen no IES O Ribeiro e cal é a postura que opta o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) ao respecto. Finalmente, a través dunha análise exhaustiva dos datos obtidos, móstrase que nos centros de educación secundaria hai moitas necesidades e problemáticas que abordar de carácter soioeducativo, as cales son difíciles de abarcar na súa totalidade únicamente por parte do orientador. Así, con diversos argumentos, os/as entrevistados/as xustifican en base á súa experiencia profesional que, efectivamente, a incorporación de figura do/a educador/a social nos IES é una necesidade.
Dirección
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
A relación das familias cos Departamentos de Orientación na ESO
Autoría
I.K.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
I.K.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 16:00
10.09.2024 16:00
Resumo
Unha das funcións dos Departamentos de Orientación (DO) é o fomento das relacións na comunidade educativa, da que un dos seus compoñentes clave son as familias. Porén, a sobrecarga de tarefas burocráticas e a influenza de factores políticos e sociais fan que a colaboración entre ambos os dous sistemas sexa escasa. Isto fundaméntase na revisión teórica, complementada cunha entrevista á investigadora Mª Luisa Rodríguez Moreno. Profundízase na temática a través dun cuestionario de corte cuantitativo ad hoc, co que se explora a percepción que as familias teñen da súa relación cos DO e aquelas estratexias que consideran necesarias para que se dean dunha forma máis satisfactoria. A análise descritiva demostra que a relación familia-escola é case inexistente, aínda que o desexo de participación das familias é alto. Conclúese que os DO requiren un cambio de estratexia onde se poñan en práctica modelos colaborativos e se atendan as demandas reais das familias. Ademais, valórase positivamente o aumento de persoal nos departamentos e a inclusión de profesionais doutras ramas, como os/as Educadores/as Sociais.

A relación entre o uso das redes sociais, a autoestima e o rendemento nunha mostra de adolescentes de Galiza
Autoría
R.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
R.C.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 17:00
11.09.2024 17:00
Resumo
O presente traballo de investigación explora a relación existente entre o uso de redes sociais, a autoestima e o rendemento dun grupo de adolescentes, analizando as diferenzas segundo a idade e o sexo. O estudo levouse a cabo nun instituto de Galicia, contando cunha mostra total de 58 alumnos e alumnas, 26 de 2º da ESO e 32 de 1º de Bacharelato, aos que se lles aplicou o cuestionario AF-5 e a escala ERA-RSI. Os resultados amosaron a existencia de relacións significativas entre a autoestima e o uso de redes sociais diferentes dependendo do grupo analizado, nalgúns casos negativas e noutros positivas. Ademais, atopouse unha relación positiva entre o rendemento académico e a autoestima académica. Por outra banda, a comparación entre os distintos grupos non evidenciou variacións significativas respecto á idade, pero si respecto ao sexo, sendo os homes os que teñen niveis superiores de autoestima en xeral, e as mulleres as que destacan por un maior uso de redes. En definitiva, amosouse a complexidade dos construtos estudados e as súas interaccións, así como a posible influencia de moitos outros factores persoais e contextuais.
O presente traballo de investigación explora a relación existente entre o uso de redes sociais, a autoestima e o rendemento dun grupo de adolescentes, analizando as diferenzas segundo a idade e o sexo. O estudo levouse a cabo nun instituto de Galicia, contando cunha mostra total de 58 alumnos e alumnas, 26 de 2º da ESO e 32 de 1º de Bacharelato, aos que se lles aplicou o cuestionario AF-5 e a escala ERA-RSI. Os resultados amosaron a existencia de relacións significativas entre a autoestima e o uso de redes sociais diferentes dependendo do grupo analizado, nalgúns casos negativas e noutros positivas. Ademais, atopouse unha relación positiva entre o rendemento académico e a autoestima académica. Por outra banda, a comparación entre os distintos grupos non evidenciou variacións significativas respecto á idade, pero si respecto ao sexo, sendo os homes os que teñen niveis superiores de autoestima en xeral, e as mulleres as que destacan por un maior uso de redes. En definitiva, amosouse a complexidade dos construtos estudados e as súas interaccións, así como a posible influencia de moitos outros factores persoais e contextuais.
Dirección
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Titoría)
Tribunal
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Vogal)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Vogal)
O xogo motor como recurso educativo para o traballo transversal dos contidos na Educación Infantil
Autoría
S.G.V.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
S.G.V.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
05.07.2024 11:00
05.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster explora a importancia de implementar o xogo motor nas aulas de Educación Infantil, destacando os seus múltiples beneficios para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas. Para isto, levarase a cabo unha proposta didáctica que ten como principal obxectivo o emprego do xogo motor nas aulas para o traballo transversal de contidos como as emocións, o esquema corporal o traballo en equipo ou a resolución de conflitos. Deste xeito, tratarase de promover o movemento das crianzas máis alá das clases específicas de motricidade, aspecto que cobra unha especial importancia no noso país ao situarse nun contexto de crecente sedentarismo e altas cifras de sobrepeso e obesidade infantil. Ademais, vanse proporcionar recomendacións e ferramentas para a implementación eficaz do xogo motor nas aulas, asegurando unha aprendizaxe activa e significativa por parte do alumnado.

Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Titoría)
Tribunal
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Presidente/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Secretario/a)
Blanco Anaya, Paloma (Vogal)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Presidente/a)
RICO DIAZ, JAVIER (Secretario/a)
Blanco Anaya, Paloma (Vogal)
Enfoques metodolóxicos do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional con respecto ao bacharelato LOMLOE no ensino da literatura
Autoría
L.G.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
L.G.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
09.07.2024 11:00
09.07.2024 11:00
Resumo
O presente TFM consiste na elaboración dunha análise comparativa entre os enfoques metodolóxicos empregados na área da literatura polo Programa do Diploma do Bacharelato Internacional e polo bacharelato LOMLOE, tomando como referencia o establecido no currículo 157/2022 polo que se regula o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Para iso, realizarase unha lectura en profundidade da documentación pertinente de ambos modelos, así como un estudo minucioso dos mesmos, co obxectivo de explorar as súas principais semellanzas e diferenzas. Previamente ao análise, elaborarase unha breve introdución sobre o Bacharelato Internacional na quede reflexada a filosofía desta educación, o que nos permitirá poder afondar posteriormente nos enfoques metodolóxicos seguidos no ensino da literatura.
O presente TFM consiste na elaboración dunha análise comparativa entre os enfoques metodolóxicos empregados na área da literatura polo Programa do Diploma do Bacharelato Internacional e polo bacharelato LOMLOE, tomando como referencia o establecido no currículo 157/2022 polo que se regula o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Para iso, realizarase unha lectura en profundidade da documentación pertinente de ambos modelos, así como un estudo minucioso dos mesmos, co obxectivo de explorar as súas principais semellanzas e diferenzas. Previamente ao análise, elaborarase unha breve introdución sobre o Bacharelato Internacional na quede reflexada a filosofía desta educación, o que nos permitirá poder afondar posteriormente nos enfoques metodolóxicos seguidos no ensino da literatura.
Dirección
Fuentes Ríos, Aránzazu (Titoría)
Fuentes Ríos, Aránzazu (Titoría)
Tribunal
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Vogal)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Presidente/a)
RODRIGUEZ NIETO, SANDRA (Secretario/a)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Vogal)
O teatro en clase de FLE: unha proposta de intervención didáctica
Autoría
F.M.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
F.M.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.07.2024 19:00
10.07.2024 19:00
Resumo
Contextualizada no Marco común de referencia para as linguas e o Marco de referencia que establece as competencias clave, a ensinanza de linguas estranxeiras ha perseguir un enfoque transferible e multifuncional. Para acadar tal obxectivo, a introdución de proxectos teatrais e xogos de rol transforma a aula nun ambiente de inmersión lingüística onde o alumnado adquire coñecemento léxico e mellora as súas competencias orais, ademais de descubrir a cultura francesa e desenvolver as súas intelixencias múltiples. Trátase, en definitiva, da posibilidade de alcanzar un desenvolvemento integral do alumnado a través de actividades que susciten a súa interese e acrecenten a súa participación na aula. O presente traballo indaga sobra as posibilidades didácticas do teatro e o role-playing na ensinanza de FLE (Francés Lingua Estranxeira) en secundaria. Nun primeiro intre, investigarase a potencialidade do teatro como elemento dinamizador na aula de ESO. Esta revisión bibliográfica permitirá igualmente dotar ao traballo dunha contextualización e un marco teórico operable. A continuación, deseñarase e planificarase unha proposta didáctica na que se apliquen os contidos teóricos, para posteriormente levalos á práctica mediante unha intervención didáctica realizada durante o Prácticum. Por último, analizaranse os resultados da intervención de maneira crítica, na procura de potencialidades e límites desa metodoloxía.

Empregabilidade, formación e inclusión: Un estudo centrado no estudantado universitario con diversidade funcional en Honduras
Autoría
A.P.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.P.G.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
12.07.2024 12:00
12.07.2024 12:00
Resumo
No panorama latinoamericano, a inclusión sociolaboral das persoas con diversidade funcional (PcDF) configúrase como un desafío inaprazable. Aínda que se lograron avances na inclusión deste estudantado con diversidade funcional na educación superior de América Latina, resulta imperioso continuar traballando para garantir a súa plena incorporación no mercado laboral. É neste marco no que a súa empregabilidade emerxe como un eixo fundamental para alcanzar unha sociedade máis xusta e inclusiva. Considerando o anterior, o propósito deste estudo céntrase na análise da posibilidade de emprego do estudantado universitario con diversidade funcional no contexto hondureño. Para isto, seguiuse unha metodoloxía de corte cualitativo, centrada na revisión sistemática a través do protocolo PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses), o cal permitiu seleccionar un total de 19 documentos, a partir das bases de datos Dialnet, Scielo, Reladyc, Google Académico e Scopus. Os principais resultados revelan unha elevada falta de datos actualizados sobre as condicións e perfil do estudantado con diversidade funcional nas universidades hondureñas. Esta ausencia de información precisa dificulta a comprensión da realidade actual ademais de orientar estratexias efectivas para promover a súa inclusión e empregabilidade. Asemade, obsérvase unha preocupante falta de coñecemento sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional, ligada a unha baixa implementación e difusión dos marcos normativos existentes. Neste contexto, as institucións de educación superior xogan un rol fundamental no fortalecemento de políticas públicas efectivas, así como na promoción da investigación e o desenvolvemento de estratexias integrais como elementos clave para avanzar cara unha sociedade máis inclusiva e equitativa.

GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
GARCIA ALVAREZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
Gutierrez Moar, María del Carmen (Presidente/a)
MEIRA CARTEA, PABLO ANGEL (Secretario/a)
Mella Núñez, Igor (Vogal)
A morte na urbe. Tratamento filosófico-educativo dunha fatalidade invisibilizada
Autoría
B.G.H.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
B.G.H.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 18:00
11.09.2024 18:00
Resumo
Este traballo consiste na descrición do proxecto dunha situación de aprendizaxe que trata o problema da morte dende a súa comprensión no marco da forma de vida propia da cidade ou vila. Ofrécese unha exposición sobre as circunstancias arredor da creación do traballo, que xustifican algunhas das súas orientacións. Despois, trátanse as presentacións e xustificacións do seu fundamento bibliográfico e da súa metodoloxía consistente no discurso sobre a visibilización da morte na cidade e outras comprensións posibles da mesma a través do diálogo, do traballo con textos e da elaboración dun diario creativo de pensamento propio ó respecto do tema. Finalmente explóranse as posibilidades internas do traballo e as alternativas para complementalo.
Este traballo consiste na descrición do proxecto dunha situación de aprendizaxe que trata o problema da morte dende a súa comprensión no marco da forma de vida propia da cidade ou vila. Ofrécese unha exposición sobre as circunstancias arredor da creación do traballo, que xustifican algunhas das súas orientacións. Despois, trátanse as presentacións e xustificacións do seu fundamento bibliográfico e da súa metodoloxía consistente no discurso sobre a visibilización da morte na cidade e outras comprensións posibles da mesma a través do diálogo, do traballo con textos e da elaboración dun diario creativo de pensamento propio ó respecto do tema. Finalmente explóranse as posibilidades internas do traballo e as alternativas para complementalo.
Dirección
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Presidente/a)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Secretario/a)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Vogal)
Aproximación ao efecto invernadoiro e ao cambio climático a través das prácticas científicas en secundaria
Autoría
J.P.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
J.P.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 17:00
04.07.2024 17:00
Resumo
Neste traballo de Fin de Máster deséñase eanalízase a implementación dunha secuencia para abordar o efecto invernadoiro e o cambio climático dirixida aoalumnado desegundo de bacharelato, analizándose os resultados do desempeñodo alumnadoá hora de deseñar un modelo que represente o desxeo, recollendo ao mesmo tempo as principais dificultades que lles van xurdindo. A necesidade deste traballo nace das limitacións e dificultades de aprendizaxe descritas na literatura sobre o coñecemento do alumnado de secundaria sobre o efecto invernadoiro e o cambio climático, un dos maiores retos aos que se enfronta a sociedade actual. Os principais obxectivos de investigacióndeste estudo de casorelaciónanse coa caracterización das dificultades de aprendizaxe, examinando o desenvolvemento da competencia STEM através da participación do alumnado en prácticas de indagación. Escolleuseun estudo de caso, debido a oportunidade brindada durante o prácticum, sendo unha ocasión idónea para estudar as dificultades nun contexto real. O enfoque didáctico baséase naaprendizaxe de ciencias experimentais mediante a participación en prácticas científicas. Máis concretamente, a través de tarefas de indagación e modelización o alumnado achegarase ás causas e consecuencias destes fenómenos, prestando especial atención ao papeldo CO2. A través dunha metodoloxía de investigación cualitativa, analizáronse os produtos escritos do alumnado e notas de campo rexistradas polo investigador. Os principais resultados inclúen mellorar o coñecemento sobre as principais dificultades específicas do alumnado á hora de familiarizarse coas causas e consecuencias do cambio climático e do efecto invernadoiro e á hora de participar nas prácticas de indagación e modelización, así como detectar as fortalezas e debilidades da secuencia implementada a fin de desenvolver criterios para un mellor deseño de secuencias para o ensino de ciencias.

A participación na comunidade universitaria como proceso formativo en Ciencias Sociais. Un estudo na Universidade de Santiago de Compostela
Autoría
D.L.S.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
D.L.S.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
05.09.2024 13:00
05.09.2024 13:00
Resumo
A participación do estudantado universitario é un obxecto de estudo que atrae a atención dentro da investigación en Ciencias Sociais, de xeito que múltiples investigacións aportaron perspectivas moi distintas sobre a mesma. A idiosincrasia do colectivo universitario implica que a súa participación na comunidade universitaria sexa un factor clave no desenvolvemento da mesma e no proceso formativo que ten lugar nela. Esta investigación vén analizar en profundidade as implicacións da participación na universidade vivida polo estudantado de titulacións pertencentes á rama das Ciencias Sociais, indagando en como inflúe a participación na formación integral do estudantado desta rama en diferentes dimensións formativas. Para acadar os obxectivos da investigación realizarase un estudo de caso na Universidade de Santiago de Compostela. A base teórica deste estudo constrúese arredor dunha revisión documental sobre as teorías principais arredor do obxecto de estudo, complementada cunha análise exhaustiva da lexislación que afecta ao desenvolvemento de procesos participativos na comunidade universitaria. A metodoloxía seguida é de corte cualitativo, tratando de indagar en profundidade sobre o obxecto de estudo seguindo paradigma da complexidade. O instrumento a través do cal se recada a información a discutir co marco teórico son dúas entrevistas grupais nas que se analizan as percepcións e experiencias de estudantes e persoas egresadas das titulacións desta rama do coñecemento. Así pois, a análise do marco teórico e as testemuñas recabadas nas entrevistas grupais coinciden: a participación na comunidade universitaria é unha peza clave na formación do estudantado da rama das Ciencias Sociais que toma parte na Vida Universitaria, contribuíndo significativamente á adquisición das competencias propias de cada unha das titulacións.

A gamificación aplicada á aprendizaxe da lingua castelá nas aulas de secundaria: unha proposta didáctica
Autoría
M.F.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.F.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 09:00
10.09.2024 09:00
Resumo
Con este traballo de fin de máster preténdese ofrecer, en primeiro lugar, un marco teórico sobre as dimensións da gramática e as distintas teorías lingüísticas coas súas respectivas trasposicións didácticas. Por outra parte, parece que a gramática non se ensina de maneira correcta nas aulas de secundaria e é por isto que se intentaron encontrar cales son os problemas que existen na ensinanza-aprendizaxe desta disciplina por parte de diferentes especialistas. Unha das opcións para resolver as dificultades que presentan os contidos de lingua, e en xeral a asignatura de Lingua Castelá e Literatura, é a introdución de metodoloxías activas como a gamificación, que motivan ao alumnado e o fan partícipe dun proceso contextualizado, lúdico e cooperativo. Para exemplificalo, diseñouse unha proposta didáctica basada nun Breakout educativo con doce sesións nas que se abordan diferentes actividades ludificadas para os primeiros cursos da Educación Secundaria.
Con este traballo de fin de máster preténdese ofrecer, en primeiro lugar, un marco teórico sobre as dimensións da gramática e as distintas teorías lingüísticas coas súas respectivas trasposicións didácticas. Por outra parte, parece que a gramática non se ensina de maneira correcta nas aulas de secundaria e é por isto que se intentaron encontrar cales son os problemas que existen na ensinanza-aprendizaxe desta disciplina por parte de diferentes especialistas. Unha das opcións para resolver as dificultades que presentan os contidos de lingua, e en xeral a asignatura de Lingua Castelá e Literatura, é a introdución de metodoloxías activas como a gamificación, que motivan ao alumnado e o fan partícipe dun proceso contextualizado, lúdico e cooperativo. Para exemplificalo, diseñouse unha proposta didáctica basada nun Breakout educativo con doce sesións nas que se abordan diferentes actividades ludificadas para os primeiros cursos da Educación Secundaria.
Dirección
Lorenzo Herrera, Lara (Titoría)
Lorenzo Herrera, Lara (Titoría)
Tribunal
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Presidente/a)
Pereira Ares, Noemí (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Presidente/a)
Pereira Ares, Noemí (Secretario/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Vogal)
Barreiras para a actividade física en menores con discapacidade visual: Revisión sistemática
Autoría
A.C.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
A.C.S.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
05.07.2024 10:00
05.07.2024 10:00
Resumo
A actividade física é esencial para calquera menor, con todo, aqueles con discapacidade visual tenden a practicar menos actividade física que os seus iguais videntes. O obxectivo desta revisión sistemática consistiu en identificar as barreiras ás que se enfrontan nenos e nenas de 0 a 12 anos con discapacidade visual para a realización de actividade física. Para iso, realizouse unha investigación documental, seleccionando artigos científicos extraídos de tres bases de datos (Web of Science, Scopus e Psycinfo), seguindo a Declaración PRISMA, para a súa posterior análise cualitativa. Así, de 2.130 artigos extraídos, só 8 deles cumpriron os criterios establecidos. Realizada a análise, identificáronse cinco categorías de barreiras: limitacións familiares, actitudes e prexuízos, falta de capacitación profesional, falta de oferta inclusiva e medos. Á vista dos resultados parece necesario lograr maior implicación da comunidade educativa para impulsar unha práctica da actividade física realmente inclusiva.

RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
RICO DIAZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
Deseño de proposta para a prevención dos trastornos alimenticios: rachando cos canóns de beleza heteronormativos.
Autoría
I.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
I.R.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 12:00
17.07.2024 12:00
Resumo
A anorexia nerviosa é un trastorno alimentario caracterizado por dismorfia corporal e restrición de enerxía. Este trastorno é cada vez máis frecuente entre os mozos e a súa prevención é necesaria a idades temperás. Debe facerse a través da educación emocional, tendo sempre en conta os canons cisheteropatriarcais, os roles de xénero e o mito do amor romántico. Os obxectivos deste traballo son: deseñar unha proposta de prevención da anorexia nerviosa para o alumnado de FP en función da súa etioloxía, utilizar a educación emocional como base na prevención primaria da anorexia nerviosa no alumnado adolescente, destacar a importancia no deseño da proposta dos papeis da feminidade e dos canons cisheteropatriarcais, explicando a súa importancia na aparición do trastorno. e verificar a eficacia da proposta de prevención da anorexia nerviosa do alumnado de FP. Este deseño da proposta é aplicable ao alumnado de grao medio de Formación Profesional (entre 16 e 18 anos). Realizarase en cinco sesións con actividades enfocadas a mellorar a intelixencia emocional do individuo. Ao remate destas cinco sesións, realizarase unha sesión de recordatorio un mes e tres meses despois. Todo isto executarase no primeiro/segundo trimestre. Avaliarase de forma continuada e, ao remate, cunha xornada de portas abertas onde o alumnado imparta os contidos a outros ciclos/centros. En conclusión, a prevención da anorexia nerviosa debe levarse a cabo durante a adolescencia. Por iso, propúxose este deseño de proposta baseado na educación emocional, os roles de xénero e o mito do amor romántico. Fundamentalmente, a súa avaliación será continua e mediante a observación.

Incendios forestais e o seu impacto nos ecosistemas acuáticos como consecuencia do cambio climático: unha experiencia didáctica para 1ºESO no contexto da Ecoloxía
Autoría
N.B.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
N.B.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 16:00
04.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo preséntase como unha guía, dentro da innovación educativa, para o profesorado que desexa implementar investigacións en acción relacionadas co cambio climático, concretamente coas variacións no réxime de incendios e as súas consecuencias. Para o seu desenvolvemento, tívose en conta a reflexión e a análise dos resultados obtidos durante a aplicación dunha experiencia didáctica no curso de 1º de ESO ao longo do Prácticum II. Esta proposta consistiu en presentar ao alumnado unha problemática relacionada coa afectación da calidade das augas dun ecosistema acuático tras un incendio forestal impulsado polo quecemento global. A través desta experiencia, os estudantes constrúen o seu propio coñecemento mediante a argumentación colectiva e a modelización, facendo evolucionar os seus modelos mentais iniciais cara a modelos mentais científicos e avanzados.

SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
SÓÑORA LUNA, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Vogal)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Presidente/a)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Secretario/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Vogal)
Opinión do alumnado, familias e profesorado sobre o poder de decisión familiar en charlas escolares de temática persoal, social e moral
Autoría
A.R.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.R.F.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
12.07.2024 10:00
12.07.2024 10:00
Resumo
O presente Traballo Fin de Máster pretende coñecer a percepción do alumnado, familias e profesorado sobre as charlas de temáticas persoal, social e moral (como a saúde mental, a educación afectivo-sexual, a discriminación...) que teñen lugar nos centros escolares e o poder de decisión que poden exercer as familias ao permitir á participación das e dos menores nelas ou a abordaxe de determinados temas. A xustificación para realizar esta análise reside na discusión pública actual sobre quen debe xestionar e elixir a educación social e moral da xuventude; as súas familias ou as escolas. Lévase a cabo unha investigación de campo que consiste nun estudo descritivo utilizando unha metodoloxía para obter datos cualitativos e cuantitativos. Para iso, emprégase un cuestionario destinado a cada un dos grupos anteriores para recoller os datos relevantes. Observouse que os grupos estudados coinciden na súa maioría en que as charlas sobre este tipo de temáticas son interesantes e necesarias para o desenvolvemento da personalidade do adolescente. Ademais, expoñen que independentemente da opinión das familias, a xuventude debe participar nelas polo ben do seu desenvolvemento íntegro.
O presente Traballo Fin de Máster pretende coñecer a percepción do alumnado, familias e profesorado sobre as charlas de temáticas persoal, social e moral (como a saúde mental, a educación afectivo-sexual, a discriminación...) que teñen lugar nos centros escolares e o poder de decisión que poden exercer as familias ao permitir á participación das e dos menores nelas ou a abordaxe de determinados temas. A xustificación para realizar esta análise reside na discusión pública actual sobre quen debe xestionar e elixir a educación social e moral da xuventude; as súas familias ou as escolas. Lévase a cabo unha investigación de campo que consiste nun estudo descritivo utilizando unha metodoloxía para obter datos cualitativos e cuantitativos. Para iso, emprégase un cuestionario destinado a cada un dos grupos anteriores para recoller os datos relevantes. Observouse que os grupos estudados coinciden na súa maioría en que as charlas sobre este tipo de temáticas son interesantes e necesarias para o desenvolvemento da personalidade do adolescente. Ademais, expoñen que independentemente da opinión das familias, a xuventude debe participar nelas polo ben do seu desenvolvemento íntegro.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
TORRON CASAL, CAROLINA (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
Estudo da Xeometría de 2º da ESO a través da arquitectura e o urbanismo
Autoría
L.L.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
L.L.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
16.07.2024 16:00
16.07.2024 16:00
Resumo
A educación no século XXI enfronta o desafío de xestionar o exceso de información e adaptarse a un mundo en constante cambio. A simple acumulación de coñecementos xa non é suficiente, senón que é fundamental cultivar habilidades como o traballo en equipo, a adaptabilidade ou a creatividade, mentres se promove un xenuíno interese por aprender máis. Este reto agudízase nas ciencias experimentais, onde informes da Comisión Europea amosan unha preocupante diminución do interese estudantil, atribuída principalmente a unha ensinanza descontextualizada das ciencias. En resposta a esta situación, preséntase neste Traballo de Fin de Máster unha proposta de intervención docente centrada en mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe da unidade didáctica Semellanza, impartida en 2º da ESO. Para conseguilo, utilizaranse as metodoloxías STEAM e a Aprendizaxe baseada en problemas, aproveitando a arquitectura e o urbanismo como recursos didácticos. Ademais, empregarase o modelo de razoamento xeométrico de Van Hiele como marco de referencia para o ensino e avaliación desta proposta. A implantación desta intervención levarase a cabo nunha aula para analizar a súa adecuación e o grao de adquisición dos contidos traballados.
A educación no século XXI enfronta o desafío de xestionar o exceso de información e adaptarse a un mundo en constante cambio. A simple acumulación de coñecementos xa non é suficiente, senón que é fundamental cultivar habilidades como o traballo en equipo, a adaptabilidade ou a creatividade, mentres se promove un xenuíno interese por aprender máis. Este reto agudízase nas ciencias experimentais, onde informes da Comisión Europea amosan unha preocupante diminución do interese estudantil, atribuída principalmente a unha ensinanza descontextualizada das ciencias. En resposta a esta situación, preséntase neste Traballo de Fin de Máster unha proposta de intervención docente centrada en mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe da unidade didáctica Semellanza, impartida en 2º da ESO. Para conseguilo, utilizaranse as metodoloxías STEAM e a Aprendizaxe baseada en problemas, aproveitando a arquitectura e o urbanismo como recursos didácticos. Ademais, empregarase o modelo de razoamento xeométrico de Van Hiele como marco de referencia para o ensino e avaliación desta proposta. A implantación desta intervención levarase a cabo nunha aula para analizar a súa adecuación e o grao de adquisición dos contidos traballados.
Dirección
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Titoría)
Tribunal
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
Educación Matemática Complexa
Autoría
A.V.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.V.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 19:00
08.07.2024 19:00
Resumo
A Educación Matemática Complexa, introducida por Tamás Varga en 1978, foi unha reforma educativa que supuxo un xiro drástico na concepción das matemáticas e da súa docencia. As grandes innovacións que conlevou na educación, sumado á cantidade de influencias -tanto nacionais como internacionais- que tivo, convértena nunha reforma particularmente interesante e complexa. Así, estudaremos os motivos polos que a concepción das matemáticas neste país difire da do resto de Europa, os aspectos que a caracterizan, e como isto rematou influíndo nas ideas de Varga. Estudarase o contexto económico, político, social e educativo no que se introduce a reforma, factores clave para entender as motivacións de Varga. Afondarase na reforma, explicando tanto os obxectivos que persegue como os cambios que introduce a nivel de contidos e de estructura, sendo esta última unha mostra exemplar da idea que tiñan das matemáticas como un todo entrelazado. Estudaremos a recepción que tivo no país, e como, a pesar das críticas e modificacións que sufriu, deixou un legado na educación matemática que perdura ata os nosos días.
A Educación Matemática Complexa, introducida por Tamás Varga en 1978, foi unha reforma educativa que supuxo un xiro drástico na concepción das matemáticas e da súa docencia. As grandes innovacións que conlevou na educación, sumado á cantidade de influencias -tanto nacionais como internacionais- que tivo, convértena nunha reforma particularmente interesante e complexa. Así, estudaremos os motivos polos que a concepción das matemáticas neste país difire da do resto de Europa, os aspectos que a caracterizan, e como isto rematou influíndo nas ideas de Varga. Estudarase o contexto económico, político, social e educativo no que se introduce a reforma, factores clave para entender as motivacións de Varga. Afondarase na reforma, explicando tanto os obxectivos que persegue como os cambios que introduce a nivel de contidos e de estructura, sendo esta última unha mostra exemplar da idea que tiñan das matemáticas como un todo entrelazado. Estudaremos a recepción que tivo no país, e como, a pesar das críticas e modificacións que sufriu, deixou un legado na educación matemática que perdura ata os nosos días.
Dirección
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Titoría)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Titoría)
Tribunal
Vázquez Abal, María Elena (Presidente/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
Vázquez Abal, María Elena (Presidente/a)
RODRIGUEZ RAPOSO, ANA BELEN (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
A inclusión do alumnado xitano na educación secundaria obligatoria.
Autoría
C.P.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
C.P.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 11:00
15.07.2024 11:00
Resumo
Este TFM sobre o alumando xitano na ESO procura dar unha visión das realidades que afrontan dentro do Sistema Escolar, así como indagar nas propostas previstas e desenvolvidas para favorecer a inclusión e éxito educativo deste colectivo. Para elo, optouse por unha investigación con metodoloxía cualitativa, realizándose tres entrevistas semiestruturadas a profesionais da educación vinculados con este colectivo, xa directamente no centro educativo ou externa e internamente a través da Fundación Secretariado Gitano (FSG). Os resultados apuntan, en primeiro lugar, á confirmación de que o alumnado xitano ten unha realidade diferente que o afasta da inclusión socioeducativa, como se recolle na literatura consultada. Por outro lado, verifícase que as propostas que chegan ós centros educativos, tanto por parte da Administración como da propia FSG, son moi escasas e insuficientes para completar unha inclusión real. Por último, destácase como estratexia principal diminuír a taxa de absentismo, problema prioritario no marco escolar, así como aportar recursos e mellorar as condicións dos docentes (baixar o número de horas lectivas, reducir a taxa de alumnado por clase, etc.) para mellorar a atención educativa deste alumnado.
Este TFM sobre o alumando xitano na ESO procura dar unha visión das realidades que afrontan dentro do Sistema Escolar, así como indagar nas propostas previstas e desenvolvidas para favorecer a inclusión e éxito educativo deste colectivo. Para elo, optouse por unha investigación con metodoloxía cualitativa, realizándose tres entrevistas semiestruturadas a profesionais da educación vinculados con este colectivo, xa directamente no centro educativo ou externa e internamente a través da Fundación Secretariado Gitano (FSG). Os resultados apuntan, en primeiro lugar, á confirmación de que o alumnado xitano ten unha realidade diferente que o afasta da inclusión socioeducativa, como se recolle na literatura consultada. Por outro lado, verifícase que as propostas que chegan ós centros educativos, tanto por parte da Administración como da propia FSG, son moi escasas e insuficientes para completar unha inclusión real. Por último, destácase como estratexia principal diminuír a taxa de absentismo, problema prioritario no marco escolar, así como aportar recursos e mellorar as condicións dos docentes (baixar o número de horas lectivas, reducir a taxa de alumnado por clase, etc.) para mellorar a atención educativa deste alumnado.
Dirección
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
MORAN DE CASTRO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Memoria e identidade. Creación documental na aula
Autoría
Z.M.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Z.M.P.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 12:15
08.07.2024 12:15
Resumo
As sociedades contemporáneas presentan unha fenda xeracional cada vez maior, acrecentada pola sobreexposición tecnolóxica e informativa e a debilitación dos lazos comunitarios. Estas problemáticas derivan no descoñecemento da memoria colectiva e na perda do patrimonio cultural. Este Traballo de Fin de Máster ten por obxecto desenvolcer unha proposta pedagóxica orientada á implementación dun proxecto documental na materia de Cultura Audiovisual do 1º curso do Bacharelato, apoiándose na recollida e uso do material de arquivo fotográfico e videográfico para fomentar a curiosidade e a exploración en torno á historia e ás dinámicas sociais locais. Tanto a análise como a creación cinematográfica son expostas como procesos de gran valor para a defensa da diversidade e a busca da identidade.
As sociedades contemporáneas presentan unha fenda xeracional cada vez maior, acrecentada pola sobreexposición tecnolóxica e informativa e a debilitación dos lazos comunitarios. Estas problemáticas derivan no descoñecemento da memoria colectiva e na perda do patrimonio cultural. Este Traballo de Fin de Máster ten por obxecto desenvolcer unha proposta pedagóxica orientada á implementación dun proxecto documental na materia de Cultura Audiovisual do 1º curso do Bacharelato, apoiándose na recollida e uso do material de arquivo fotográfico e videográfico para fomentar a curiosidade e a exploración en torno á historia e ás dinámicas sociais locais. Tanto a análise como a creación cinematográfica son expostas como procesos de gran valor para a defensa da diversidade e a busca da identidade.
Dirección
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Titoría)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Titoría)
Tribunal
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
CORTIZAS VARELA, OLALLA (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Vogal)
Aprendizaxe da Historia e pensamento crítico: un achegamento interdisciplinario ao cambio climático en primeiro curso da ESO
Autoría
X.I.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
X.I.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2024 11:00
11.07.2024 11:00
Resumo
Partindo dos postulados teóricos da Xeografía física crítica, abórdase o tema do cambio climático nunha aula de primeiro curso da ESO, enmarcado na parte de xeografía física no currículo. A través dunha perspectiva interdisciplinaria, que vencella a Xeografía, a Historia e as Ciencias da Terra, trátase de enfocar un tema de gran actualidade como é o cambio climático dun xeito que se distancia dos discursos habituais que o relacionan exclusivamente co presente, partindo do local. Tras esta actuación didáctica, os resultados obtidos a través do emprego de cuestionarios anónimos e as anotacións do docente confirmaron que foi un éxito, na medida en que o alumnado progresou na comprensión do tema desde un plano cognitivo e, á vez, cívico.
Partindo dos postulados teóricos da Xeografía física crítica, abórdase o tema do cambio climático nunha aula de primeiro curso da ESO, enmarcado na parte de xeografía física no currículo. A través dunha perspectiva interdisciplinaria, que vencella a Xeografía, a Historia e as Ciencias da Terra, trátase de enfocar un tema de gran actualidade como é o cambio climático dun xeito que se distancia dos discursos habituais que o relacionan exclusivamente co presente, partindo do local. Tras esta actuación didáctica, os resultados obtidos a través do emprego de cuestionarios anónimos e as anotacións do docente confirmaron que foi un éxito, na medida en que o alumnado progresou na comprensión do tema desde un plano cognitivo e, á vez, cívico.
Dirección
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)
ARMAS CASTRO, JOSE ANGEL (Presidente/a)
IGLESIAS AMORIN, ALFONSO (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)
Aprendizaxe das forzas a través dos proxectos de deseño.
Autoría
S.M.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
S.M.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 16:00
04.07.2024 16:00
Resumo
Este traballo pretende examinar como son os desempeños do alumnado na práctica de indagación científica e nas distintas fases dos proxectos de deseño enxeñaril. A secuencia deseñada para tal fin foi levada a cabo en dúas aulas de 2 de ESO cun total de 58 alumnos e alumnas que cursaban a materia de Física e Química. Trátase dun estudo enmarcado nunha investigación cualitativa, no cal a toma de datos foi a través das producións escritas polo alumnado, debuxos e maquetas. Para a súa análise empregouse a estratexia de análise de contido e, a partir dela, elaboráronse as rúbricas finais de análise. Os resultados apuntan que o alumnado experimenta dificultades para planificar un procedemento experimental, elaborar un prototipo que corresponda co deseñado e pensar en como mellorar o deseño para conseguir mellores resultados, probablemente por tratarse de algo novidoso para eles.
Este traballo pretende examinar como son os desempeños do alumnado na práctica de indagación científica e nas distintas fases dos proxectos de deseño enxeñaril. A secuencia deseñada para tal fin foi levada a cabo en dúas aulas de 2 de ESO cun total de 58 alumnos e alumnas que cursaban a materia de Física e Química. Trátase dun estudo enmarcado nunha investigación cualitativa, no cal a toma de datos foi a través das producións escritas polo alumnado, debuxos e maquetas. Para a súa análise empregouse a estratexia de análise de contido e, a partir dela, elaboráronse as rúbricas finais de análise. Os resultados apuntan que o alumnado experimenta dificultades para planificar un procedemento experimental, elaborar un prototipo que corresponda co deseñado e pensar en como mellorar o deseño para conseguir mellores resultados, probablemente por tratarse de algo novidoso para eles.
Dirección
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Titoría)
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Secretario/a)
Gallástegui Otero, Juan Ramón (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Secretario/a)
Gallástegui Otero, Juan Ramón (Vogal)
Absentismo escolar: perspectivas, causas, impacto e estratexias de prevención en contextos educativos.
Autoría
J.A.C.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
J.A.C.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
17.07.2024 16:00
17.07.2024 16:00
Resumo
O absentismo escolar defínese como a ausencia reiterada e inxustificada dunha ou dun estudante ás clases ou ás actividades escolares. Esta situación enmárcase como un problema crucial na educación, acentuándose coa evolución da sociedade e as transformacións nas dinámicas educativas. Co paso do tempo, experimentou notables variacións, afrontando novos aspectos e retos na época actual. Os cambios na sociedade, as dinámicas familiais e os factores socioeconómicos influíron significativamente na manifestación e persistencia do absentismo escolar. Este Traballo Fin de Máster enmárcase na modalidade de iniciación á investigación documental. O obxectivo xeral do estudo é describir e analizar o fenómeno do absentismo escolar na educación secundaria. Para iso, levarase a cabo unha revisión bibliográfica sistemática mediante a metodoloxía SALSA (Search, Appraisal, Analysis, and Synthesis). Avaliaranse as principais causas, consecuencias, perfís e programas de intervención destinados a previr ou reducir o absentismo. Nas conclusións e debates finais poranse en evidencia os aspectos máis relevantes do estudo, subliñando a importancia de abordar o absentismo escolar para garantir o éxito educativo e o desenvolvemento integral do alumnado de educación secundaria.
O absentismo escolar defínese como a ausencia reiterada e inxustificada dunha ou dun estudante ás clases ou ás actividades escolares. Esta situación enmárcase como un problema crucial na educación, acentuándose coa evolución da sociedade e as transformacións nas dinámicas educativas. Co paso do tempo, experimentou notables variacións, afrontando novos aspectos e retos na época actual. Os cambios na sociedade, as dinámicas familiais e os factores socioeconómicos influíron significativamente na manifestación e persistencia do absentismo escolar. Este Traballo Fin de Máster enmárcase na modalidade de iniciación á investigación documental. O obxectivo xeral do estudo é describir e analizar o fenómeno do absentismo escolar na educación secundaria. Para iso, levarase a cabo unha revisión bibliográfica sistemática mediante a metodoloxía SALSA (Search, Appraisal, Analysis, and Synthesis). Avaliaranse as principais causas, consecuencias, perfís e programas de intervención destinados a previr ou reducir o absentismo. Nas conclusións e debates finais poranse en evidencia os aspectos máis relevantes do estudo, subliñando a importancia de abordar o absentismo escolar para garantir o éxito educativo e o desenvolvemento integral do alumnado de educación secundaria.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Presidente/a)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
A gran decisión académica na ESO: en que medida inflúe a orientación académica?
Autoría
U.T.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
U.T.T.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 17:00
12.09.2024 17:00
Resumo
A orientación académica, como parte indispensable da orientación educativa, forma parte do proceso de desenvolvemento académico, e tamén madurativo, de todo o alumnado de secundaria. Consiste en articular unha resposta que prevé e resolve interrogantes que xorden en relación a un futuro académico e profesional, cercano ou lonxano, baseada no autocoñecemento e coñecemento da contorna para potenciar e facilitar a toma de decisións. Asimesmo, a orientación académica non é o único proceso que inflúe ao suxeito, se non que forma parte dun entramado de aspectos sociais que afectan directamente ao mesmo. O obxectivo principal da presente investigación de campo é coñecer en que medida a orientación académica que recibiron os rapaces e rapazas do centro, ao longo da súa traxectoria académica, influenciou a elección de escoller itinerario formativo ou acceder ao mundo laboral ao rematar a ESO. Para iso, deséñanse un cuestionario dirixido ao alumnado de 4º da ESO dun centro público galego. Ademais, lévase a cabo unha entrevista á orientadora do mesmo para coñecer a súa perspectiva acerca do tema proposto. Con isto, evidénciase que a orientación académica que recibe o alumnado no seu centro non ocupa un papel principal na escolla dun itinerario académico.
A orientación académica, como parte indispensable da orientación educativa, forma parte do proceso de desenvolvemento académico, e tamén madurativo, de todo o alumnado de secundaria. Consiste en articular unha resposta que prevé e resolve interrogantes que xorden en relación a un futuro académico e profesional, cercano ou lonxano, baseada no autocoñecemento e coñecemento da contorna para potenciar e facilitar a toma de decisións. Asimesmo, a orientación académica non é o único proceso que inflúe ao suxeito, se non que forma parte dun entramado de aspectos sociais que afectan directamente ao mesmo. O obxectivo principal da presente investigación de campo é coñecer en que medida a orientación académica que recibiron os rapaces e rapazas do centro, ao longo da súa traxectoria académica, influenciou a elección de escoller itinerario formativo ou acceder ao mundo laboral ao rematar a ESO. Para iso, deséñanse un cuestionario dirixido ao alumnado de 4º da ESO dun centro público galego. Ademais, lévase a cabo unha entrevista á orientadora do mesmo para coñecer a súa perspectiva acerca do tema proposto. Con isto, evidénciase que a orientación académica que recibe o alumnado no seu centro non ocupa un papel principal na escolla dun itinerario académico.
Dirección
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
FRANCO LOPEZ, JOSE PABLO (Titoría)
Tribunal
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
TRILLO ALONSO, JOSE FELIPE (Presidente/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Secretario/a)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Vogal)
Cultura do emprendemento e innovación. Un reto na Educación Secundaria.
Autoría
M.D.V.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
M.D.V.D.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
12.07.2024 11:00
12.07.2024 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Mestrado ten como obxectivo estudar o enfoque da cultura do emprendemento na educación secundaria a través dunha revisión bibliométrica. A cultura do emprendemento é un pilar fundamental na educación dos máis novos para poder afrontar os obstáculos do século XXI, permitindo o aprendizaxe de habilidades e competencias como a toma de decisións, o manexo de información, a resolución de problemas, a innovación e a creatividade. Esta revisión bibliométrica, centrada na literatura científica recente, resalta a importancia de integrar a competencia emprendedora na educación secundaria, promovendo a aprendizaxe activa e participativa para un desenvolvemento integral do alumnado. Os resultados lévannos a identificar tres funcións esenciais da cultura emprendedora no ámbito educativo. En primeiro lugar, é unha ferramenta de desenvolvemento persoal; en segundo lugar, é un medio para expresar as capacidades individuais e, por último, é un mecanismo de adaptación e resposta aos aspectos socioeconómicos globais. Este traballo analiza os programas educativos existentes para identificar as prácticas máis eficientes e propor novos métodos didácticos que respondan ás necesidades da sociedade e permitan que os máis novos se desenvolvan de maneira holística, adaptándose así ao mundo actual cambiante e complexo.
O presente Traballo de Fin de Mestrado ten como obxectivo estudar o enfoque da cultura do emprendemento na educación secundaria a través dunha revisión bibliométrica. A cultura do emprendemento é un pilar fundamental na educación dos máis novos para poder afrontar os obstáculos do século XXI, permitindo o aprendizaxe de habilidades e competencias como a toma de decisións, o manexo de información, a resolución de problemas, a innovación e a creatividade. Esta revisión bibliométrica, centrada na literatura científica recente, resalta a importancia de integrar a competencia emprendedora na educación secundaria, promovendo a aprendizaxe activa e participativa para un desenvolvemento integral do alumnado. Os resultados lévannos a identificar tres funcións esenciais da cultura emprendedora no ámbito educativo. En primeiro lugar, é unha ferramenta de desenvolvemento persoal; en segundo lugar, é un medio para expresar as capacidades individuais e, por último, é un mecanismo de adaptación e resposta aos aspectos socioeconómicos globais. Este traballo analiza os programas educativos existentes para identificar as prácticas máis eficientes e propor novos métodos didácticos que respondan ás necesidades da sociedade e permitan que os máis novos se desenvolvan de maneira holística, adaptándose así ao mundo actual cambiante e complexo.
Dirección
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
VARELA PORTELA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
Blanco Anaya, Paloma (Vogal)
ARMAS QUINTA, FRANCISCO JOSE (Presidente/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Secretario/a)
Blanco Anaya, Paloma (Vogal)
A Historia da Arte na ESO: Idea educativa, revisión de manuais e proposta de actuación didáctica
Autoría
S.M.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
S.M.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Sociais e Humanidades (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 19:00
12.09.2024 19:00
Resumo
O presente traballo constitúese como unha investigación teórico-práctica da situación formativa actual da Historia da Arte nos currículos da Ensinanza Secundaria Obrigatoria. A pretensión do mesmo é, a través dunha revisión histórica da materia, así como dun análise curricular dos manuais da Lei educativa actual, realizar unha proposta de actuación didáctica que cumpra cos principios expostos. Estes principios nacen das eivas de coñecemento artístico que xorden en relación á materia de Xeografía e Historia no seu desempeñar no último ciclo da ESO. Así, constrúense en torno á necesidade de reformulación dos contidos entre a Historia e a Historia da Arte, buscando neles un campo de estudo interdisciplinario e intersectorial.
O presente traballo constitúese como unha investigación teórico-práctica da situación formativa actual da Historia da Arte nos currículos da Ensinanza Secundaria Obrigatoria. A pretensión do mesmo é, a través dunha revisión histórica da materia, así como dun análise curricular dos manuais da Lei educativa actual, realizar unha proposta de actuación didáctica que cumpra cos principios expostos. Estes principios nacen das eivas de coñecemento artístico que xorden en relación á materia de Xeografía e Historia no seu desempeñar no último ciclo da ESO. Así, constrúense en torno á necesidade de reformulación dos contidos entre a Historia e a Historia da Arte, buscando neles un campo de estudo interdisciplinario e intersectorial.
Dirección
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
DOMINGUEZ ALMANSA, ANDRES (Titoría)
Tribunal
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Vogal)
Castro Fernández, Belén María (Presidente/a)
MIGUEZ MACHO, ANTONIO (Secretario/a)
MIGUES RODRIGUEZ, VITOR MANUEL (Vogal)
O ensino de linguas estranxeiras ao alumnado con trastorno do espectro autista en secundaria: unha revisión
Autoría
I.F.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
I.F.L.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.02.2023 10:00
15.02.2023 10:00
Resumo
O trastorno do espectro autista (TEA) está cada vez máis presente nas aulas de secundaria. Na maioría dos casos, o profesorado, en xeral, e o de lingua estranxeira (LE) en particular, non sabe como dar resposta adecuadamente ás súas necesidades. Por esta razón, o obxectivo do presente traballo é analizar a situación do proceso de ensino-aprendizaxe de LE en adolescentes con este diagnóstico. A metodoloxía empregada é unha revisión da literatura a través de bases de datos internacionais xunto cunha busca manual. Seleccionáronse 18 traballos publicados entre 2005 e 2023. Os resultados arroxan que os coñecementos do persoal docente sobre o tema son limitados e que existen técnicas ou estratexias de diversos tipos, como os xogos ou o uso das TIC, que poden aplicar na aula. A principal conclusión é que cada estudante con TEA é diferente e as técnicas ou estratexias descritas non serven para todos. Do mesmo xeito, o profesorado ten a responsabilidade de seguir formándose para contribuír a unha educación máis inclusiva.

CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Secretario/a)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Vogal)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Presidente/a)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Secretario/a)
LOPEZ SANDEZ, MARIA (Vogal)
Proposta didáctica para o alumnado con discapacidade auditiva na materia de Bioloxía
Autoría
I.A.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
I.A.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
11.07.2024 10:00
11.07.2024 10:00
Resumo
Pese á gran heteroxeneidade existente, no alumnado con discapacidade auditiva obsérvase, en termos xerais, unha menor adquisición da lingua oral, que implica a fala, a lectura e a escritura, nas diferentes dimensións da linguaxe (fonoloxía, léxico, morfoloxía e sintaxe). Algunhas das dificultades que podemos observar neste alumnado son, entre outras, o uso de estruturas sintácticas pouco complexas, falta de concordancia de número, xénero, persoa e verbo, ritmo lento de adquisición de vocabulario, dificultade para unir a palabra ao seu significado... etc. Dado que para proporcionar unha educación de calidade é fundamental a atención á diversidade, a través do presente traballo de fin de máster (TFM) preténdese levar a cabo unha proposta didáctica dirixida a mellorar os contidos teóricos que se imparten na ensinanza da bioloxía, facéndoos accesibles e atractivos para o alumnado que presenta discapacidade auditiva. Dita proposta didáctica será deseñada co fin de garantir a inclusión educativa do alumnado ao que se dirixe.
Pese á gran heteroxeneidade existente, no alumnado con discapacidade auditiva obsérvase, en termos xerais, unha menor adquisición da lingua oral, que implica a fala, a lectura e a escritura, nas diferentes dimensións da linguaxe (fonoloxía, léxico, morfoloxía e sintaxe). Algunhas das dificultades que podemos observar neste alumnado son, entre outras, o uso de estruturas sintácticas pouco complexas, falta de concordancia de número, xénero, persoa e verbo, ritmo lento de adquisición de vocabulario, dificultade para unir a palabra ao seu significado... etc. Dado que para proporcionar unha educación de calidade é fundamental a atención á diversidade, a través do presente traballo de fin de máster (TFM) preténdese levar a cabo unha proposta didáctica dirixida a mellorar os contidos teóricos que se imparten na ensinanza da bioloxía, facéndoos accesibles e atractivos para o alumnado que presenta discapacidade auditiva. Dita proposta didáctica será deseñada co fin de garantir a inclusión educativa do alumnado ao que se dirixe.
Dirección
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
MAYO PAIS, MARIA EMMA (Titoría)
VILLAR GARCIA, EVA Cotitoría
Tribunal
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Blanco Anaya, Paloma (Presidente/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Secretario/a)
GERPE PEREZ, ENELINA MARIA (Vogal)
Proposta didáctica sobre estética xaponesa
Autoría
J.M.L.I.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
J.M.L.I.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 16:00
11.09.2024 16:00
Resumo
Este traballo de fin de máster foi elaborado coa intención de recompilar os principais valores estéticos da cultura xaponesa, co fin de fundamentar unha unidade didáctica proposta para o debuxo artístico no primeiro curso de bacharelato. A estética e os valores xaponeses derivados dunha tradición arcaica e posteriormente a absorción de elementos culturais de países próximos, deron lugar a unha arte cun carácter moi marcado e que tivo e ten gran influencia en Occidente, especialmente dende a apertura desde o país. A obra é unha procura que enmarca, recompila e sitúa a estética do Xapón para posibilitar a súa difusión ao alumnado de debuxo artístico, a intención deste é promover a diversidade cultural e poñer o foco fóra da perspectiva histórica desde un único punto de vista occidental vista.
Este traballo de fin de máster foi elaborado coa intención de recompilar os principais valores estéticos da cultura xaponesa, co fin de fundamentar unha unidade didáctica proposta para o debuxo artístico no primeiro curso de bacharelato. A estética e os valores xaponeses derivados dunha tradición arcaica e posteriormente a absorción de elementos culturais de países próximos, deron lugar a unha arte cun carácter moi marcado e que tivo e ten gran influencia en Occidente, especialmente dende a apertura desde o país. A obra é unha procura que enmarca, recompila e sitúa a estética do Xapón para posibilitar a súa difusión ao alumnado de debuxo artístico, a intención deste é promover a diversidade cultural e poñer o foco fóra da perspectiva histórica desde un único punto de vista occidental vista.
Dirección
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
CABO VILLAVERDE, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Vogal)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Presidente/a)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Secretario/a)
Clavero Ibañez de Garayo, Sergio (Vogal)
A resolución de problemas matemáticos e o análise do sentido socioafectivo na educación secundaria
Autoría
C.F.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
C.F.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
05.07.2024 13:00
05.07.2024 13:00
Resumo
Proponse un estudo da creación dunha actividade de gamificación baseada nun Escape Room, e a súa aplicación práctica nun centro educativo público co alumnado de 3º da ESO. Con esta proposta, inténtase loitar contra o rexeitamento existente cara as matemáticas aumentando a motivación, extrínseca e intrínseca, e diminuíndo a ansiedade que produce a materia grazas ao compoñente lúdico da actividade. Ademais, analízanse a capacidade do alumnado na resolución de problemas apoiados en retos matemáticos. Por outro lado, a actividade compleméntase con cuestionarios para observar as emocións e autopercepcións do alumnado antes, durante e despois da realización da actividade.

BARJA PEREZ, JAVIER (Titoría)
BARJA PEREZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Presidente/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Presidente/a)
LOSADA RODRIGUEZ, JORGE (Secretario/a)
CASTIÑEIRA VEIGA, GONZALO (Vogal)
A transformación dixital do sistema educativo. Recursos didácticos para a ensinanza e aprendizaxe de latín
Autoría
M.A.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
M.A.A.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.02.2023 09:00
15.02.2023 09:00
Resumo
Despois da crise da COVID-19, fíxose patente a necesidade de afondar na dixitalización do sistema educativo para garantir a súa calidade. Neste traballo analizaremos como se afrontou este reto desde as institucións e faremos unha selección de recursos didácticos dixitais útiles para o ensino da lingua latina. Co seu uso, o alumnado non só poderá traballar máis facilmente os contidos curriculares da materia, senón que tamén aumentará o seu nivel de competencia dixital. Ao mesmo tempo, aprendendo a empregar os recursos seleccionados, o alumnado acadará unha maior capacidade para seguir aprendendo de xeito autónomo, fóra da aula, mesmo despois de rematar a Educación Secundaria. Así, este traballo pretende demostrar que o uso de recursos non tradicionais facilita a aprendizaxe e aumenta a motivación e o interese do alumnado pola materia.
Despois da crise da COVID-19, fíxose patente a necesidade de afondar na dixitalización do sistema educativo para garantir a súa calidade. Neste traballo analizaremos como se afrontou este reto desde as institucións e faremos unha selección de recursos didácticos dixitais útiles para o ensino da lingua latina. Co seu uso, o alumnado non só poderá traballar máis facilmente os contidos curriculares da materia, senón que tamén aumentará o seu nivel de competencia dixital. Ao mesmo tempo, aprendendo a empregar os recursos seleccionados, o alumnado acadará unha maior capacidade para seguir aprendendo de xeito autónomo, fóra da aula, mesmo despois de rematar a Educación Secundaria. Así, este traballo pretende demostrar que o uso de recursos non tradicionais facilita a aprendizaxe e aumenta a motivación e o interese do alumnado pola materia.
Dirección
Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Criado Boado, Cecilia (Titoría)
Tribunal
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
ZAS VARELA, MARIA LUZ (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
A importancia da Educación Sexual na adolescencia: Deseño dunha proposta de Educación Sexual dende a Orientación educativa nos centros de Educación Secundaria da área de Cee.
Autoría
F.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
F.F.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 16:00
15.07.2024 16:00
Resumo
A educación e orientación sexual na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é case inexistente. As poucas veces que se levou a cabo foi, case sempre, dende a vontade dos institutos, do profesorado ou das propias institucións municipais, sendo en numerosas ocasións accións dende a prevención. Moitas veces estas actividades foron impartidas por persoas carentes de formación, a través de accións de voluntariado ou similares. Na maioría dos casos eran charlas para previr embarazos ou enfermidades, polo tanto un dos grandes erros foi que a educación sexual impartida ata o momento foi sen sexoloxía e sen pedagoxía. (Romo, 2003). Esta falta de educación e orientación sexual ten efectos negativos sobre as persoas, o que se traduce en que a poboación en xeral non teña adquiridos coñecementos sobre a verdadeira dimensionalidade do sexo, afectando na súa vida e no seu xeito de relacionarse e convivir cos demais. Este traballo consiste, nunha proposta de educación sexual dirixida aos institutos de Educación Secundaria da área de Cee, nos cales se realizou un proceso de identificación de necesidades nas que asentar a intervención posterior.
A educación e orientación sexual na etapa da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é case inexistente. As poucas veces que se levou a cabo foi, case sempre, dende a vontade dos institutos, do profesorado ou das propias institucións municipais, sendo en numerosas ocasións accións dende a prevención. Moitas veces estas actividades foron impartidas por persoas carentes de formación, a través de accións de voluntariado ou similares. Na maioría dos casos eran charlas para previr embarazos ou enfermidades, polo tanto un dos grandes erros foi que a educación sexual impartida ata o momento foi sen sexoloxía e sen pedagoxía. (Romo, 2003). Esta falta de educación e orientación sexual ten efectos negativos sobre as persoas, o que se traduce en que a poboación en xeral non teña adquiridos coñecementos sobre a verdadeira dimensionalidade do sexo, afectando na súa vida e no seu xeito de relacionarse e convivir cos demais. Este traballo consiste, nunha proposta de educación sexual dirixida aos institutos de Educación Secundaria da área de Cee, nos cales se realizou un proceso de identificación de necesidades nas que asentar a intervención posterior.
Dirección
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
CAAMAÑO LIÑARES, TANIA Cotitoría
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
CAAMAÑO LIÑARES, TANIA Cotitoría
Tribunal
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
SANJUAN ROCA, MARIA DEL MAR (Presidente/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Secretario/a)
CID FERNANDEZ, SUSANA (Vogal)
Do erro ao acontecemento: Por un uso pedagóxico da imaxe pobre
Autoría
B.T.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
B.T.G.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade en Artes (Campus Santiago)
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
Este traballo parte do concepto de “imaxe pobre”, acuñado pola artista alemá Hito Steyerl para referirse a aquelas imaxes de baixa calidade que substitúen resolución por mobilidade na era dixital. Con isto como base, proporanse actividades que empreguen o presuposto cero como ferramenta coa que experimentar. Así, os alumnos poderán escoller libremente entre dúas modalidades de exercicio que xorderám destas lóxicas de apropiacionismo e intervención, a partir de imaxes que ocupen un escalón baixo na xerarquía visual. Ao longo do percorrido, emplearase o uso de referentes como Hito Steyerl, Jon Mikel Euba, Arthur Jafa o Erlea Maneros Zabala para ilustrar as potencialidades da proposta e intentar estimular a creatividade dos alumnos.
Este traballo parte do concepto de “imaxe pobre”, acuñado pola artista alemá Hito Steyerl para referirse a aquelas imaxes de baixa calidade que substitúen resolución por mobilidade na era dixital. Con isto como base, proporanse actividades que empreguen o presuposto cero como ferramenta coa que experimentar. Así, os alumnos poderán escoller libremente entre dúas modalidades de exercicio que xorderám destas lóxicas de apropiacionismo e intervención, a partir de imaxes que ocupen un escalón baixo na xerarquía visual. Ao longo do percorrido, emplearase o uso de referentes como Hito Steyerl, Jon Mikel Euba, Arthur Jafa o Erlea Maneros Zabala para ilustrar as potencialidades da proposta e intentar estimular a creatividade dos alumnos.
Dirección
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titoría)
CALVIÑO SANTOS, GUILLERMO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)
FRANCO VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN (Presidente/a)
LOPEZ GOMEZ, SILVIA (Secretario/a)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Vogal)
A cuestión temporal no mundo académico contemporáneo. Unha revisión sistematizada sobre a súa incidencia na vida persoal e profesional das e dos mozos investigadores.
Autoría
K.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
K.R.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
16.02.2024 13:00
16.02.2024 13:00
Resumo
O presente traballo, enmarcado na liña temática dos tempos educativos e sociais, pretende explorar o impacto das paisaxes académicas temporais na vida persoal e profesional das e dos mozos investigadores das universidades. Baseándose principalmente no traballo de Adam, Ylijoki e Alhadeff-Jones, componse unha panorámica das conceptualizacións dos tempos e das temporalidades nas ciencias sociais nas últimas décadas. Metodoloxicamente, realízase unha revisión sistemática a través da declaración PRISMA, de investigacións empíricas publicadas entre os anos 2016-2023. Non se rexistran publicacións en castelán, analizando un total de dez documentos anglófonos que sintetizan investigacións realizadas en universidades europeas, asiáticas, australianas e norteamericanas, a través dos que se identifican orientacións teóricas na investigación das paisaxes académicas persoais; descríbense os vínculos entre as demandas políticas, económicas, académicas e investigadoras e a experiencia de temporalidade dos mozos investigadores; finalmente, detéctanse propostas e estratexias de mellora na organización das paisaxes temporais na poboación investigadora. Os resultados apuntan a unha escasa teorización e investigación educativa sobre a cuestión dos tempos académicos; á progresiva expansión temporal e espacial da vida profesional, cuestionando a autonomía temporal dos e das investigadoras; á precariedade xerada pola experiencia temporal identificada nos discursos de loita, déficit, dependencia e presión temporal; á colonización invasora dos tempos académicos na vida social; á falta de transparencia na definición do termo investigadores mozos, e á escasa definición das estratexias de mellora organizativa das paisaxes académicas na investigación analizada.

Ensinanza das matemáticas a alumnado con Trastorno do Espectro Autista en Educación Secundaria: unha proposta didáctica
Autoría
A.P.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
A.P.M.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
16.07.2024 17:00
16.07.2024 17:00
Resumo
O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) está cada vez máis presente na aula ordinaria. Segundo os principios da educación inclusiva, proporcionar unha educación de calidade, que considere as características individuais de cada estudante, é un deber ineludible do profesorado. Para cumprilo, necesítase formación específica sobre este trastorno. Este Traballo de Fin de Máster (TFM) ten dous obxectivos: identificar estratexias que permitan adaptar o ensino das matemáticas para alumnado con TEA leve e, téndoas en conta, deseñar unha proposta didáctica, adecuada a este tipo de estudante, que desenvolva o sentido da medida presente no currículo de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria. Detectáronse tres métodos específicos para aplicar na aula: o Concreto-Representacional-Abstracto, o Modified Schema-Based-Instruction e o Conceptual Model-Based Problem Solving. Os exemplos atopados enmárcanse, predominantemente, no ámbito da Educación Primaria ou en adaptacións curriculares na Educación Secundaria; deseñouse unha proposta didáctica xenérica enfocada na adaptación dos contidos de niveis superiores ao alumnado con TEA.
O Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) está cada vez máis presente na aula ordinaria. Segundo os principios da educación inclusiva, proporcionar unha educación de calidade, que considere as características individuais de cada estudante, é un deber ineludible do profesorado. Para cumprilo, necesítase formación específica sobre este trastorno. Este Traballo de Fin de Máster (TFM) ten dous obxectivos: identificar estratexias que permitan adaptar o ensino das matemáticas para alumnado con TEA leve e, téndoas en conta, deseñar unha proposta didáctica, adecuada a este tipo de estudante, que desenvolva o sentido da medida presente no currículo de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria. Detectáronse tres métodos específicos para aplicar na aula: o Concreto-Representacional-Abstracto, o Modified Schema-Based-Instruction e o Conceptual Model-Based Problem Solving. Os exemplos atopados enmárcanse, predominantemente, no ámbito da Educación Primaria ou en adaptacións curriculares na Educación Secundaria; deseñouse unha proposta didáctica xenérica enfocada na adaptación dos contidos de niveis superiores ao alumnado con TEA.
Dirección
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Titoría)
Tribunal
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
SALGADO SOMOZA, MARIA (Secretario/a)
Rodríguez Vivero, Dolores (Vogal)
Alfabetización mediática e pensamento crítico, unha revisión sistemática
Autoría
C.G.G.
Máster Universitario en Procesos de Formación
C.G.G.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
17.07.2024 16:30
17.07.2024 16:30
Resumo
Este traballo aborda o tema da alfabetización mediática e os seus vínculos co pensamento crítico. Inicialmente, lévase a cabo un enfoque non sistemático para desenvolver o marco teórico. Este marco abrangue varios termos utilizados na literatura científica, como a educomunicación, a educación mediática, a alfabetización mediática e informativa, a alfabetización dixital e a competencia dixital. Os obxectivos da investigación céntranse en establecer pontes e vínculos entre a alfabetización mediática e o pensamento crítico nas prácticas educativas e nas producións científicas en España, buscando achegar un estado da arte que axude a comprender o fenómeno estudado. A metodoloxía empregada é unha revisión sistemática deseñada con atención ao marco SALSA (Search, Evaluation, Synthesis and Analysis). Os resultados presentarán o resultado de cada parte da metodoloxía, incluíndo buscas sistemáticas, selección, avaliación de artigos, síntese e análise. As conclusións recapitularán os resultados relacionados cos obxectivos da investigación. En síntese, determínase que a alfabetización mediática require, sen dúbida, a función analítica que está implícita no pensamento crítico, polo que para proporcionar as ferramentas necesarias para avaliar a información e os contidos é necesaria unha formación nesta.

FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
FERNANDEZ MORANTE, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
FRAGA VARELA, FERNANDO (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
FRAGA VARELA, FERNANDO (Presidente/a)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
Revisión exploratoria da Fenda dixital no profesorado de Formación Profesional
Autoría
P.B.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
P.B.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Servizos (Campus Santiago)
Data da defensa
12.09.2024 09:00
12.09.2024 09:00
Resumo
A tecnoloxía converteuse nun recurso educativo crucial na última década, así como nunha ferramenta esencial para o desempeño de diversas funcións no ámbito laboral. Por iso, resulta fundamental que a educación pública se adapte e proporcione coñecementos tecnolóxicos básicos que respondan ás necesidades e demandas do entorno educativo e profesional. Con todo, esta adaptación pode verse comprometida pola fenda dixital existente entre parte do profesorado en España. Neste traballo, revisamos o estado actual da competencia e o acceso dixital do profesorado de Formación Profesional en relación coas habilidades dixitais, a dispoñibilidade de recursos e a integración tecnolóxica no seu desempeño educativo, baseándonos na literatura e nos informes gobernamentais dispoñibles. A análise revela diferenzas na fenda dixital relacionadas coa idade, a ubicación xeográfica e as condicións socioeconómicas. Para levalo a cabo utilizouse o protocolo PRISMA 2020 e a búsqueda realízase nas bases de datos Web of Science, Scopus e Dialnet. No proceso de selección identificáronse 148 artigos, dos cales se incluiron finalmente 27. Estes resultados subliñan a necesidade de implementar programas de formación específicos para o profesorado de Formación Profesional no ámbito dixital. Abordar estas carencias do profesorado é crucial para fomentar un sistema educativo de formación profesional preparado para a integración laboral do alumnado en España
A tecnoloxía converteuse nun recurso educativo crucial na última década, así como nunha ferramenta esencial para o desempeño de diversas funcións no ámbito laboral. Por iso, resulta fundamental que a educación pública se adapte e proporcione coñecementos tecnolóxicos básicos que respondan ás necesidades e demandas do entorno educativo e profesional. Con todo, esta adaptación pode verse comprometida pola fenda dixital existente entre parte do profesorado en España. Neste traballo, revisamos o estado actual da competencia e o acceso dixital do profesorado de Formación Profesional en relación coas habilidades dixitais, a dispoñibilidade de recursos e a integración tecnolóxica no seu desempeño educativo, baseándonos na literatura e nos informes gobernamentais dispoñibles. A análise revela diferenzas na fenda dixital relacionadas coa idade, a ubicación xeográfica e as condicións socioeconómicas. Para levalo a cabo utilizouse o protocolo PRISMA 2020 e a búsqueda realízase nas bases de datos Web of Science, Scopus e Dialnet. No proceso de selección identificáronse 148 artigos, dos cales se incluiron finalmente 27. Estes resultados subliñan a necesidade de implementar programas de formación específicos para o profesorado de Formación Profesional no ámbito dixital. Abordar estas carencias do profesorado é crucial para fomentar un sistema educativo de formación profesional preparado para a integración laboral do alumnado en España
Dirección
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titoría)
DANS ALVAREZ DE SOTOMAYOR, MARIA ISABEL (Titoría)
Tribunal
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
VARGAS CALLEJAS, GERMAN (Secretario/a)
CAMBEIRO LOURIDO, MARIA DO CARMEN (Vogal)
Optimización do Benestar Emocional e o Desenvolvemento da Intelixencia Emocional en Estudantes de Secundaria: Deseño dunha Intervención Educativa Innovadora
Autoría
L.G.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
L.G.Q.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 12:00
15.07.2024 12:00
Resumo
O concepto de intelixencia emocional desempeñou un papel fundamental na aparición da educación emocional no ámbito educativo. Na actualidade, as investigacións recoñecen a importancia da educación emocional como unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento integral dos adolescentes e a súa importancia radica no impacto positivo que ten o desenvolvemento das competencias emocionais nesta etapa crucial na vida das persoas. Preséntase unha proposta concreta e detallada de actuación con relación ao desenvolvemento de competencias emocionais no ámbito da orientación educativa. Proponse un marco estruturado para a súa implementación efectiva no contexto dunha escola secundaria, dirixido ao alumnado de primeiro da ESO, desde a acción titorial como o contexto idóneo para potenciar o impacto positivo no alumnado. Este traballo recoñece a importancia das emocións na aprendizaxe e o desenvolvemento persoal, trata de brindar aos alumnos ferramentas nesta etapa na que se producen tantos cambios, tanto físicos como emocionais e, como consecuencia, sociais. A implementación desta proposta promovería o benestar integral dos adolescentes, favorecería un clima escolar máis positivo e prepararía ás novas xeracións para os desafíos dunha sociedade tan cambiante.
O concepto de intelixencia emocional desempeñou un papel fundamental na aparición da educación emocional no ámbito educativo. Na actualidade, as investigacións recoñecen a importancia da educación emocional como unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento integral dos adolescentes e a súa importancia radica no impacto positivo que ten o desenvolvemento das competencias emocionais nesta etapa crucial na vida das persoas. Preséntase unha proposta concreta e detallada de actuación con relación ao desenvolvemento de competencias emocionais no ámbito da orientación educativa. Proponse un marco estruturado para a súa implementación efectiva no contexto dunha escola secundaria, dirixido ao alumnado de primeiro da ESO, desde a acción titorial como o contexto idóneo para potenciar o impacto positivo no alumnado. Este traballo recoñece a importancia das emocións na aprendizaxe e o desenvolvemento persoal, trata de brindar aos alumnos ferramentas nesta etapa na que se producen tantos cambios, tanto físicos como emocionais e, como consecuencia, sociais. A implementación desta proposta promovería o benestar integral dos adolescentes, favorecería un clima escolar máis positivo e prepararía ás novas xeracións para os desafíos dunha sociedade tan cambiante.
Dirección
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Secretario/a)
VILLAR VARELA, MILENA (Vogal)
Utilización das TIC en Física e Química
Autoría
J.A.V.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
J.A.V.V.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
14.02.2023 16:00
14.02.2023 16:00
Resumo
Nos últimos anos está a darse un salto tecnolóxico disruptivo en numerosos ámbitos e sectores debido á presenza das Tecnoloxías de Información e Comunicacións. O presente traballo realiza unha visión destas na educación. Faise unha revisión de libros de texto de Física e Química respecto a o seu contido en ferramentas dixitais e, para finalizar, realízase unha proposta didáctica con TIC.

Gallástegui Otero, Juan Ramón (Titoría)
Gallástegui Otero, Juan Ramón (Titoría)
Tribunal
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
Rodríguez Groba, Ana (Secretario/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Vogal)
TORRON CASAL, CAROLINA (Presidente/a)
Rodríguez Groba, Ana (Secretario/a)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Vogal)
Proposta inclusiva en Ciencias da Natureza para o alumnado conTDAH de 6º de Educación Primaria
Autoría
A.C.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.C.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2024 11:15
15.07.2024 11:15
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster (TFM) recolle como temática principal o deseño dunha proposta inclusiva na área de Ciencias da Natureza en 6º de Educación Primaria (EP). Máis concretamente, trátase dunha proposta de intervención enfocada ao alumnado diagnosticado co Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). Así, iniciase o traballo cunha investigación documental para elaborar o marco teórico. Este recolle elementos como o desenvolvemento histórico da atención á diversidade, a educación inclusiva, as definición de alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) e do TDAH e as características do deseño de actividades inclusivas. Posteriormente dáse paso á proposta educativa mencionada anteriormente, que trata da elaboración dun museo dentro do centro educativo. Este TFM ten como obxectivo principal o deseño dunha proposta didáctica inclusiva que aborde as necesidades educativas dos/as alumnos/as con TDAH. Espérase que a presente proposta sexa de utilidade para os/as mestres/as de Educación Primaria e que supoña unha ferramenta de apoio no desenvolvemento das tarefas docentes. Deste modo estarase a contribuír na mellora da inclusión no sistema educativo do alumnado que padece este trastorno, logrando unha educación máis xusta, accesible e equitativa para todos/as os/as nenos/as. Hai que ter en conta que a inclusión e o TDAH son dous conceptos que están a ser investigados na actualidade, este traballo aporta outra perspectiva a esta área. Finalmente, esta proposta non puido ser aplicada, polo que queda a posibilidade de seguir esta liña de investigación.

Mella Núñez, Igor (Titoría)
Mella Núñez, Igor (Titoría)
Tribunal
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)
CARIDE GOMEZ, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
VAZQUEZ RODRIGUEZ, ANA (Secretario/a)
RODRIGUEZ MARTINEZ, ANTONIO (Vogal)
Avaliación das percepcións e crenzas en materia de xénero das futuras/os docentes de Educación Primaria: estudo comparativo
Autoría
A.R.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
A.R.C.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
16.02.2024 11:00
16.02.2024 11:00
Resumo
No presente Traballo de Fin de Máster (TFM) recóllese como temática principal a realización dunha investigación de campo cuantitativa fundamentada na recompilación directa de datos, cuxo obxectivo principal é analizar as percepcións e crenzas sexistas e estereotipadas das/os futuras/os docentes de Educación Primaria, así como examinar o grao de sensibilización das/os estudantes en canto a súa formación en igualdade de xénero. Este estudo analizou unha mostra de 449 estudantes universitarias/os (81,3% mulleres e 18,7% homes) de tódolos cursos do Grao de Mestre/a en Educación Primaria da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade Complutense de Madrid, con idades comprendidas entre 18 e 42 anos (DT: 2,45). Os resultados apuntan a subsistencia das crenzas dos estereotipos de xénero e condutas sexistas por parte das/os futuras/os docentes. Ademais, o alumnado cree que ambas universidades teñen una sensibilidade institucional en canto á igualdade de xénero, así como a inclusión da perspectiva de xénero no currículum. Non obstante, o estudantado non mostra evidencias claras sobre as conciencias de desigualdades de xénero na súa formación académica. Polo tanto, resalta a supervivencia das crenzas estereotipadas, pero evidencia baixos niveis de sexismo ambivalente. Porén, as puntuacións tenden a ser maiores no colectivo masculino e nas/os estudantes da UCM. Polo tanto, é importante estabelecer a implantación dunha planificación educativa dirixida ao alumnado ca fin de integrar a perspectiva de xénero en tódolos ámbitos educativos e sociais para conseguir unha educación igualitaria que emane tódalas crenzas sexistas e estereotipadas.

Necesidades formativas do profesorado de formación profesional para o emprego en relación ao alumnado con necesidades educativas especiais.
Autoría
F.B.S.
Máster Universitario en Procesos de Formación
F.B.S.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
14.02.2024 16:00
14.02.2024 16:00
Resumo
Este traballo enmárcase na formación profesional para o emprego, centrándose en abordar as necesidades educativas especiais (NEE) dos estudantes para asegurar o seu desenvolvemento pleno e inclusión no ámbito laboral. Realizado durante a estancia de prácticas na Fundación Laboral da Construción (FLC) de Santiago de Compostela, destácase a importancia desta entidade na formación especializada para profesionais da construción, a promoción da seguridade laboral e o impulso ao desenvolvemento do sector. A investigación xustifícase na necesidade de mellorar a preparación dos docentes para abordar eficazmente as NEE, seguindo o principio de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade. O traballo organízase desde o marco teórico ata as conclusións, abordando aspectos legais, boas prácticas e o perfil do docente de formación profesional. A metodoloxía de enquisa, apoiada por un enfoque cuantitativo, utilízase para analizar os datos. Isto, unha vez presentado, tradúcese en achegas e recomendacións para a mellora da formación e apoio aos docentes, proporcionando datos cuantitativos que reforzan a validez e fiabilidade das conclusións.

MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Titoría)
Tribunal
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Presidente/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Presidente/a)
GARCIA MURIAS, REBECA (Secretario/a)
PERMUY MARTINEZ, AIXA (Vogal)
Investigacións sobre a luz nas etapas escolares iniciais: unha revisión sistemática coutada.
Autoría
E.G.M.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
E.G.M.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
12.09.2024 10:30
12.09.2024 10:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo realizar unha revisión sistemática coutada baixo o modelo PRISMA 2020 das investigacións sobre a ensino-aprendizaxe da luz nas etapas escolares iniciais. Busca establecer aspectos bibliométricos, metodolóxicos e de contido destas investigacións. Determinouse unha mostra de oito rexistros, publicados en Dialnet e Web of Science desde 2018, elaborándose unha base de datos secundaría a partir deles. Os resultados indican que se seguen liñas de investigación marcadas pola didáctica das ciencias experimentais como a preferencia polo estudo de propostas de intervención innovadora, enfocadas maioritariamente ao alumnado universitario de Grao de Primaria. Conclúe que o número de investigacións sobre o tema é baixo, e non inciden en Educación Infantil. Unha das súas principais implicacións sería a de promover novas investigacións como, por exemplo, investigar na liña de investigación-acción dentro da etapa de Educación Infantil.

GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
GARCIA-RODEJA GAYOSO, ISABEL (Titoría)
Tribunal
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)
Crujeiras Pérez, Beatriz (Presidente/a)
Rodríguez Fernández, José Eugenio (Secretario/a)
FAYA CERQUEIRO, FATIMA MARIA (Vogal)
Relacións entre formación profesional e socialización laboral
Autoría
R.G.M.
Máster Universitario en Procesos de Formación
R.G.M.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
11.09.2024 16:30
11.09.2024 16:30
Resumo
Neste traballo de fin de master (TFM) desenvólvese un estudo teórico coa finalidade de reflexionar sobre as relacións entre a formación profesional e a socialización laboral desde diversos puntos de vista extraídos de diferentes documentos, obtidos de fontes primarias, seleccionadas no período dos últimos vinte anos. A intención é explicar aspectos relevantes e significativos que poidan contribuír a unha mellor comprensión das devanditas relacións, acoutando a súa orixe, as causas e o que as caracteriza, co obxectivo de saber máis acerca de como contribúe a formación profesional á socialización laboral nos contextos do traballo, desde as construcións teóricas de ambos os conceptos. Dos documentos estudados constatouse respecto diso que a relación entre a formación profesional e a socialización laboral é fundamental para entender como os individuos e integran e desenvolven na contorna laboral. Os achados revelan que a formación profesional non só proporciona habilidades técnicas, senón que tamén xoga un papel crucial na preparación de competencias sociais e adaptativas necesarias para a inserción efectiva no mercado laboral. Ademais, identificouse que a socialización laboral non é un proceso estático, senón dinámico e en constante evolución, influenciado por factores culturais, organizacionais e económicos. Este estudo teórico subliña a importancia de entender as complexidades destas interrelacións para optimizar os programas educativos e mellorar as prácticas laborais, en beneficio tanto dos individuos como das organizacións.

O emprego da música como ferramenta pedagóxica e a sua relación ca formación dos docentes
Autoría
J.P.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
J.P.G.
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Data da defensa
10.07.2024 11:00
10.07.2024 11:00
Resumo
A música foi historicamente considerada unha ferramenta pedagóxica no proceso de ensino- aprendizaxe do alumnado. Os obxectivos deste estudo son estudar o uso da música que o profesorado de educación primaria fai en xeral en diferentes ámbitos e comprobar se a formación e valoración desta ferramenta inflúe nos centros públicos da comunidade autónoma de Galicia. Trátase dun estudo descritivo e transversal mediante unha enquisa a través dun cuestionario ad- hoc no que o profesorado debe reflexionar sobre o uso e valoración da música nas súas clases. Os resultados mostran que existen diferenzas no uso da música en función das áreas onde se imparte a docencia. Por último, fálase dos datos e xustifica a necesidade de mellorar a formación musical do profesorado de Educación Primaria.
A música foi historicamente considerada unha ferramenta pedagóxica no proceso de ensino- aprendizaxe do alumnado. Os obxectivos deste estudo son estudar o uso da música que o profesorado de educación primaria fai en xeral en diferentes ámbitos e comprobar se a formación e valoración desta ferramenta inflúe nos centros públicos da comunidade autónoma de Galicia. Trátase dun estudo descritivo e transversal mediante unha enquisa a través dun cuestionario ad- hoc no que o profesorado debe reflexionar sobre o uso e valoración da música nas súas clases. Os resultados mostran que existen diferenzas no uso da música en función das áreas onde se imparte a docencia. Por último, fálase dos datos e xustifica a necesidade de mellorar a formación musical do profesorado de Educación Primaria.
Dirección
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
LOPEZ FERNANDEZ, CARME (Titoría)
Tribunal
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
LERANOZ IGLESIAS, MARTIN MANUEL (Presidente/a)
LOPEZ CARRETERO, XOSÉ MARÍA (Secretario/a)
Trigo Martínez, Cristina (Vogal)
Adestramento da linguaxe non verbal motivadora no profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato
Autoría
M.B.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
M.B.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Orientación Educativa (2ª ed - Campus Santiago)
Data da defensa
11.09.2024 16:00
11.09.2024 16:00
Resumo
A comunicación non verbal do profesorado é un aspecto moi importante para a educación. Sen embargo, existe unha falta de consciencia do seu uso por parte dos/as docentes que se ve potenciada pola falta de formación de estes/as nesta competencia. Estas carencias prexudican o seu desempeño profesional o que leva a un aumento da desmotivación do alumnado e un descenso da súa implicación e, dificultades no clima do aula e problemas na relación profesorado-alumnado. Todo isto en conxunto, estaría afectando ao proceso de ensinanza-aprendizaxe. Aínda que na literatura científica recóllense traballos enfocados en mellorar este aspecto é necesario contar con máis programas que integren os recursos necesarios e as ferramentas que resultaron eficaces e seguir mellorando neste sentido. Neste Traballo Fin de Master, preséntase o deseño dunha proposta formativa para profesoras e profesores, que ten como obxectivo explorar e facer un uso consciente das competencias relacionadas ca linguaxe non verbal.
A comunicación non verbal do profesorado é un aspecto moi importante para a educación. Sen embargo, existe unha falta de consciencia do seu uso por parte dos/as docentes que se ve potenciada pola falta de formación de estes/as nesta competencia. Estas carencias prexudican o seu desempeño profesional o que leva a un aumento da desmotivación do alumnado e un descenso da súa implicación e, dificultades no clima do aula e problemas na relación profesorado-alumnado. Todo isto en conxunto, estaría afectando ao proceso de ensinanza-aprendizaxe. Aínda que na literatura científica recóllense traballos enfocados en mellorar este aspecto é necesario contar con máis programas que integren os recursos necesarios e as ferramentas que resultaron eficaces e seguir mellorando neste sentido. Neste Traballo Fin de Master, preséntase o deseño dunha proposta formativa para profesoras e profesores, que ten como obxectivo explorar e facer un uso consciente das competencias relacionadas ca linguaxe non verbal.
Dirección
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Nogueira Pérez, Miguel Ángel (Titoría)
Tribunal
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Vogal)
PARDO PEREZ, JUAN CARLOS (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
VALCARCE FERNANDEZ, MARGARITA (Vogal)
Benestar e reinserción das mulleres nais no sistema penitenciario español. Unha aposta da educación marental
Autoría
M.B.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
M.B.P.
Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario
Data da defensa
15.07.2024 10:00
15.07.2024 10:00
Resumo
A reeducación debería ser o eixo de acción e o principio reitor do sistema penitenciario, procurando a reinserción social de quen están privados/as de liberdade. As nais en prisión enfrontan desafíos únicos como mulleres, proxenitoras e internas, polo que é necesario implementar programas educativos adaptados, formación en habilidades parentais, e brindar apoio emocional e social. Deste xeito, prantexamos como obxectivo analizar a situación e realidade das mulleres nais no contexto penitenciario español, para comprender as súas necesidades específicas e propoñer estratexias educativas efectivas que fomenten o seu benestar persoal, fortalezcan os lazos familiares e contribúan a construír un futuro máis prometedor tanto para elas como para os seus fillos/as. Para cumprir con tal propósito emprégase unha metodoloxía de enfoque cualitativo dende unha perspectiva hermenéutica para realizar unha análise documental dos artigos e narrativas da Revista Vis a Vis, escritos polos/as reclusos/as do Módulo 1 Nelson Mandela, do Centro Penitenciario de Teixeiro. Para levar a cabo a análise e codificación de datos, utilízase o software especializado ATLAS. Ti. Os textos códificanse e, posteriormente, establécense categorías de análise para interpretar a información. O estudo revela as complexidades e necesidades específicas das mulleres nais no sistema penitenciario español. Os resultados evidencian que é crucial desenvolver estratexias integrais de educación marental para enfrontar desafíos como a invisibilización, o estigma social e a ruptura de vínculos familiares deste colectivo e así, acadar o benestar propio, o dos seus fillos/as e a reintegración. Conclúese subliñando a urxencia de mellorar a formación marental e o apoio emocional, que se poden iniciar con programas de preparación para a vida en liberdade pero que teñan continuidade fóra dos centros penitenciarios.

O Romanticismo na composición histórica de conflitos: unha proposta didáctica
Autoría
R.E.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
R.E.C.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
04.07.2024 16:00
04.07.2024 16:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster é unha proposta didáctica que emprega a arte para traballar a composición histórica na materia de Historia de España. Na obra de Mariano Fortuny (1838-1874) o alumnado atopará un exemplo do movemento romántico do século XIX na representación da guerra de África (1859-1860). Coa finalidade de exaltar o valor da arte como documento histórico, e fomentando a metodoloxía interartes, o traballo pretende favorecer o uso de fontes primarias na aula e reivindicar a composición histórica como método de aprendizaxe. Esta proposta responde á necesidade de corrixir a visión superficial e deshumanizada que o alumnado de bacharelato ten da materia; pretende pechar o libro de texto e achegarlle ao alumnado unha realidade en tres dimensións a modo de inmersión cultural. A este propósito, a proposta estira a liña do tempo ata o presente e establece un paralelismo entre a representación que teñen as guerras na arte e nos medios dixitais. Pretende, así, fomentar a reflexión e o espírito crítico no tratamento dos conflitos no pasado e na actualidade.

Competencia dixital autopercibida do futuro profesorado de educación secundaria
Autoría
E.S.R.
Máster Universitario en Procesos de Formación
E.S.R.
Máster Universitario en Procesos de Formación
Data da defensa
19.07.2024 10:00
19.07.2024 10:00
Resumo
O ámbito educativo atópase en constante evolución dende a orixe das escolas, non obstante, coa chegada das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), esta evolución acelerouse aínda más, facendo que o profesorado precise de novos coñecementos e destrezas, acordes ás novas formas de entender a sociedade e os procesos de formación nesta época tan convulsa. Así pois, o presente estudo busca poñer o foco de atención nos futuros docentes e a súa relación coas TIC, concretamente indágase na autopercepción da Competencia Dixital Docente (CDD) do alumnado do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A mostra está composta por 122 estudantes do referido máster. Aplicouse un cuestionario adaptado a partir da rúbrica establecida nun dos programas de avaliación da CDD máis relevantes a nivel nacional, o COMDID. Analízanse os datos tendo en conta a mostra no seu conxunto e tomando en consideración elementos de interese como son o xénero, a idade e a especialidade á que pertencen os participantes do estudo. Os resultados mostran unha tendencia valorativa alta da CDD global, aínda que con diferenzas entre dimensións e con variacións en función das variables analizadas. O estudo permite concluír a necesidade de desenvolver actuacións para a mellora da CDD dos futuros docentes de educación secundaria, poñendo especial énfase na utilización das TIC para a atención á diversidade e a elaboración de programacións didácticas contextualizadas.

VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
VILA COUÑAGO, ESTHER (Titoría)
Tribunal
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)
PORTO CASTRO, ANA MARIA (Presidente/a)
MARTINEZ PIÑEIRO, MARIA ESTHER (Secretario/a)
ESTEVEZ BLANCO, IRIS (Vogal)
A perspectiva de xénero nas materias STEM en educación secundaria
Autoría
V.B.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
V.B.S.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 19:00
10.09.2024 19:00
Resumo
Neste estudo preséntase unha revisión sistemática da literatura centrada nas crenzas e actitudes dos docentes de educación secundaria sobre a perspectiva de xénero nas áreas de STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas, polas súas siglas en inglés). Para iso, usouse unha metodoloxía PRISMA, onde se examina estudos publicados entre 2019 e 2024 nas bases de datos Dialnet, Scopus e WoS. A investigación identificou persistentes estereotipos de xénero na área que afectan tanto os estudantes como á perpetuación de brechas educativas. Ao longo da análise do contido dos artigos (n=14) provenientes de diferentes contextos xeográficos científico unha necesidade urxente dun enfoque multifacético que inclúa políticas educativas inclusivas e a capacitación docente en sensibilización de xénero. Os estudos máis recentes salientan a importancia de eliminar os rumbos e estereotipos de xénero na aula fomentando con iso unha participación equitativa e xusta dentro e fóra das áreas STEM. Unha forma de eliminar os devanditos rumbos está dada a partir da representación feminina, onde se identificou que a súa incorporación en roles de liderado e modelos a seguir xeran unha transformación, pero aínda seguen sendo un desafío significativo onde debe procurarse unha atención específica nas políticas e prácticas escolares. Conclúese que para a transformación da sociedade en materia de xénero é importante a abordaxe doutros rumbos culturais arraigados e promocionar unha contorna educativa máis inclusivo e equitativo, onde todas as persoas independentes do seu xénero, raza, clase, etnia, etc. desenvolvan o seu potencial de maneira plena
Neste estudo preséntase unha revisión sistemática da literatura centrada nas crenzas e actitudes dos docentes de educación secundaria sobre a perspectiva de xénero nas áreas de STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas, polas súas siglas en inglés). Para iso, usouse unha metodoloxía PRISMA, onde se examina estudos publicados entre 2019 e 2024 nas bases de datos Dialnet, Scopus e WoS. A investigación identificou persistentes estereotipos de xénero na área que afectan tanto os estudantes como á perpetuación de brechas educativas. Ao longo da análise do contido dos artigos (n=14) provenientes de diferentes contextos xeográficos científico unha necesidade urxente dun enfoque multifacético que inclúa políticas educativas inclusivas e a capacitación docente en sensibilización de xénero. Os estudos máis recentes salientan a importancia de eliminar os rumbos e estereotipos de xénero na aula fomentando con iso unha participación equitativa e xusta dentro e fóra das áreas STEM. Unha forma de eliminar os devanditos rumbos está dada a partir da representación feminina, onde se identificou que a súa incorporación en roles de liderado e modelos a seguir xeran unha transformación, pero aínda seguen sendo un desafío significativo onde debe procurarse unha atención específica nas políticas e prácticas escolares. Conclúese que para a transformación da sociedade en materia de xénero é importante a abordaxe doutros rumbos culturais arraigados e promocionar unha contorna educativa máis inclusivo e equitativo, onde todas as persoas independentes do seu xénero, raza, clase, etnia, etc. desenvolvan o seu potencial de maneira plena
Dirección
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
CAAMAÑO LIÑARES, TANIA Cotitoría
MARIÑO FERNANDEZ, RAQUEL (Titoría)
CAAMAÑO LIÑARES, TANIA Cotitoría
Tribunal
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Secretario/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Vogal)
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA (Presidente/a)
CASTELLANO MENDEZ, VALENTIN TOMAS (Secretario/a)
Brocos Mosquera, Pablo (Vogal)
O discurso persuasivo na publicidade: unha proposta didáctica para Lingua Castelá e Literatura
Autoría
L.P.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
L.P.R.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
15.07.2024 13:00
15.07.2024 13:00
Resumo
O obxectivo fundamental do presente Traballo de Fin de Mestrado é poñer en valor a relevancia de coñecer e empregar nos discursos verbais distintas estratexias persuasivas para mellorar a eficacia comunicativa. En concreto, tendo en conta que un dos propósitos principais da materia de Lingua Castelá e Literatura é fomentar a adquisión da competencia comunicativa dos estudantes, considérase importante que estes sexan capaces de manexar os mecanismos lingüísticos persuasivos necesarios para lograr obxectivos comunicativos que pretenden alcanzar en cada situación. De feito, dominar a persuasión verbal pode facilitar incluiso a futura inserción laboral dos alumnos, xa que hoxe en día é esencial para moitos postos de traballo ter esta destreza comunicativa. Ademais de evidenciar a necesidade de utilizar medios convincentes para mellorar a eficacia das mensaxes comunicativas, neste traballo inclúese unha proposta didáctica que permite potenciar nos discentes de 4º da ESO a habilidade de argumentación na comunicación para chegar á convicción. Así, por medio da análise de distintos discursos publicitarios, preténdese que os estudantes descubran diversas estratexias para mellorar a persuasión no discurso e que as poñan en práctica posteriormente nun proxecto de creación de anuncios publicitarios, onde deben presentar productos comerciais inventados por eles mesmos.

HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
HERMIDA GULÍAS, MARÍA DO CARME (Titoría)
Tribunal
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
CAAMAÑO ROJO, MARIA JOSE (Presidente/a)
LOPEZ PENA, ZOSIMO (Secretario/a)
Lorenzo Herrera, Lara (Vogal)
O Bios, a Vitamina Elemental da Vida
Autoría
C.L.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
C.L.P.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas (Campus Santiago)
Data da defensa
10.09.2024 09:00
10.09.2024 09:00
Resumo
Letras ou Ciencia? A priori Ciencia, pois neste proxecto pedagóxico de natureza hermafrodita, imos tratar unha introdución da terminoloxía científica, en especial dalgunhas das Ciencias Naturais, e do mesmo xeito tamén Letras, dado que que a Ciencia precisa dun soporte para ser manifestada, polo que o eixo central deste proxecto se focaliza nas raíces latinas e sobre todo gregas desta terminoloxía; que abarca o vocabulario médico básico, a etimoloxía dos elementos da Táboa Periódica, ademais dos termos científicos derivados do tema de Ecosistemas da Bioloxía. Por conseguinte, a materia que presenciará o escenario desta alienación entre as Letras e as Ciencias será CULTURA CLÁSICA de 4º E.S.O, onde ao alumnado se lle vai conceder unha ferramenta lingüística, co obxectivo de que poidan coller confianza cos termos científicos. Ademais de reforzaren ou mesmo aprender aspectos culturais da propia Cultura Clásica, como a Mitoloxía, que se extraen das conexións culturais desta materia e das raíces de ditos termos.

VIEJO SOMOANO, MARCOS (Titoría)