A extrema dereita, o caso de Vox e as eleccións do 23-X
Autoría
P.C.M.
Grao en Ciencia Política e da Administración

Data da defensa
05.02.2025 12:00
05.02.2025 12:00
Resumo
Este traballo céntrase na análise do fenómeno da extrema dereita en España, tomando como caso práctico Vox e as Eleccións Xerais do 23J. Como base teórica tómanse como referencia distintos termos cos que se denominou o fenómeno da extrema dereita, as distintas ondas que se deron en Europa e unha serie de teorías que explican o voto destes partidos políticos. Faise unha breve exposición das orixes da extrema dereita contemporánea en España e unha cronoloxía cos momentos máis importantes da historia de Vox, que inclúen as tres últimas eleccións xerais. Para a metodoloxía utilízase un enfoque cuantitativo mediante a realización dunha análise estatística do Estudo 3420-Barómetro de setembro de 2023. Eleccións Xerais postelectorais 2023 do CIS. O éxito de Vox responde a unha combinación de factores económicos e sociodemográficos, pero sobre todo ás predisposicións políticas dos cidadáns.

Dirección
CASTRO MARTINEZ, PALOMA (Titoría)
CASTRO MARTINEZ, PALOMA (Titoría)
Tribunal
CASTRO MARTINEZ, PALOMA (Titor do alumno)

A Forza do Cambio: Análise do discurso de Ana Pontón nas campañas de 2016, 2020 e 2024
Autoría
L.A.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
L.A.P.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
20.02.2025 12:30
20.02.2025 12:30
Resumo
O constante éxito do BNG nas sucesivas eleccións autonómicas fai que moitos autores se interesen pola fonte de dito éxito e pola muller que liderou este éxito, Ana Pontón. Nesta investigación buscarase analizar o discurso en campaña da candidata nas eleccións autonómicas dos anos 2016, 2020 e 2024. Para isto, empregaremos a análise crítica do discurso (ACD) e complementarémola con tres entrevistas á candidata Ana Pontón, ao coordinador da área de comunicación do BNG Xavier Campos e ao coordinador das campañas do 2016, 2020 e 2024 do BNG Rubén Cela. A partir desta investigación podemos falar do feminismo e o cambio político (construción da alternativa) como claves no discurso de Ana Pontón en campaña, podendo tamén destacar a importancia das emocións con vista a conectar dunha mellor forma co votante e o uso de recursos discursivos para apoiar a argumentación do mesmo.

PEREIRA LOPEZ, MARIA (Titoría)
PEREIRA LOPEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
Rivera Otero, Jose Manuel (Presidente/a)
NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO (Secretario/a)
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Vogal)

A Polarización en España: Unha análise en clave temporal (2018-2023)
Autoría
F.O.R.F.
Grao en Ciencia Política e da Administración
F.O.R.F.
Grao en Ciencia Política e da Administración
Data da defensa
13.02.2025 11:00
13.02.2025 11:00
Resumo
Nos últimos anos, o grado de animosidade entre os simpatizantes dos partidos que conforman o sistema político español aumentou notablemente. Partindo desta premisa, neste traballo analízase a evolución dos tres elementos que conforman a polarización política, é dicir, o extremismo ideolóxico, a polarización ideolóxica e a polarización afectiva. A partir do cálculo de indicadores para a avaliación destes compoñentes, da revisión bibliográfica do tema obxecto de estudo e da consecuente explicación das características do sistema político español e o seu correspondente sistema de medios, exponse unha análise que evidencia uns altos niveis de polarización dentro do electorado español. Ademais, os resultados de cada indicador segmentáronse para cada un dos principais partidos ó longo do período de tempo analizado, o que permitiu un estudo máis exhaustivo do fenómeno.

VOCES LOPEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
VOCES LOPEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
VOCES LOPEZ, MARIA DEL CARMEN (Titor do alumno)