Proposta de melloras para a xestión de proxectos con financiamento da Unión Europea en Galicia
Autoría
A.C.E.D.
Máster Universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras

Data da defensa
17.02.2025 11:30
17.02.2025 11:30
Resumo
O presente traballo aborda aspectos que mellorarían a xestión de proxectos que posúen financiamento da Unión europea en Galicia. Inicialmente explícanse cuestións teóricas que axudan a comprender os procesos de integración polos que pasou a Unión Europea ata a actualidade e como foi o proceso de representación rexional en Bruxelas. A continuación, o traballo achega datos financeiros extraídos dos informes de fiscalización de proxectos europeos elaborados polo Concello de Contas, para demostrar a relevancia económica que representan estes fondos tanto a nivel autonómico como local. Posteriormente, compleméntase con extraccións textuais das entrevistas realizadas a xestores e beneficiarios de proxectos con financiamento europeo en Galicia, co obxectivo de que determinen aquelas cuestións que coa súa experiencia consideran que se deben mellorar a partir dalgunhas das recomendacións elaboradas polo Concello de Contas nos informes de fiscalización. Logo realízase unha táboa composta por unha matriz DAFO e CAME, conxuntamente, a cal permite por unha banda identificar as cuestións para mellorar obtidas das entrevistas e os informes de fiscalización e expor estratexias e melloras específicas a desenvolver. Conclúe coa elaboración dunha proposta de suxestións de melloras, na cal se brindan exemplos concretos a implementar a futuro, a partir das cuestións identificadas anteriormente, coa intención de mellorar e axilizar desenvolvemento dos mesmos.

Dirección
BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)
BARRAL BUCETA, BRAN (Titoría)
Tribunal
ALONSO ALVAREZ, ALBA (Presidente/a)
BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL (Secretario/a)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Vogal)